O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas...

35
XORNADA: “O SECTOR LÁCTEO EN GALICIA: RETOS E ESTRATEXIAS ANTE A DESAPARICIÓN DAS COTAS” 27 de marzo de 2015 O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas Edelmiro López Iglesias Profesor Titular do Departamento de Economía Aplicada Universidade de Santiago de Compostela

Transcript of O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas...

Page 1: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

XORNADA: “O SECTOR LÁCTEO EN GALICIA: RETOS E ESTRATEXIAS ANTE

A DESAPARICIÓN DAS COTAS”

27 de marzo de 2015

O complexo lácteo en Galicia:

situación actual e perspectivas

Edelmiro López Iglesias

Profesor Titular do Departamento de Economía Aplicada

Universidade de Santiago de Compostela

Page 2: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

2

ESQUEMA

1. A importancia do complexo lácteo na economía

galega; algúns datos iniciais

2. O marco xeral que vai condicionar o futuro deste

complexo

3. Explotacións lácteas: necesidade dunha reorientación

cara a sistemas produtivos máis ligados á terra

4. Industria láctea e mercados: situación actual e

reflexións para o futuro

5. A (des)articulación da cadea; relacións entre

produtores, industrias e distribución

6. Que actuacións son prioritarias ?. Propostas para un

futuro posible

Page 3: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

3

1. A importancia do complexo lácteo na economía galega; algúns datos iniciais

Un sector lácteo dinámico, cun importante peso económico, pero unha

industria débil

Nas 3 décadas transcorridas desde a integración na UE o sector lácteo proseguiu

en Galicia cun notable dinamismo: a produción multiplicouse por 1,5 e o volume

de entregas á industria duplicouse (de 1.206 millóns de litros en 1985 a uns 2.500

na actualidade).

Como consecuencia:

• Incrementouse a participación de Galicia na produción láctea española: do

26,9% en 1985 ao 38,0% na actualidade.

• Esta rama consolidouse como a principal liña de especialización do agro galego:

24,1% da produción agraria en 1990, 30,8% en 2008.

Page 4: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

4

Estimación do peso no PIB

Con datos de 2011, o complexo lácteo (conxunto de actividades ligadas á

produción e transformación do leite) aporta o 1,42% do PIB: 1,26% (645 millóns

de euros) o VAB das explotacións e 0,16% (80 millóns) o da industria láctea.

Ademais, a aportación ao PIB non dá unha medida da relevancia do complexo,

dados os fortes encadeamentos con outras actividades. Así, segundo a Táboa

Input-Output de 2005, a industria láctea ten un impacto global no PIB que

multiplica por 9 o seu peso directo.

Non obstante, estes datos ilustran xa a debilidade estrutural do complexo: a

carencia dunha industria transformadora á altura do sector produtor. Do VAB

deste complexo o 90% procede das explotacións; a industria unicamente engade

12 céntimos a cada euro de VAB da produción láctea Cadea produtiva

“truncada”, que se limita esencialmente á obtención de materias primas.

Page 5: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

5

Cadro 1. Aproximación ao peso do complexo lácteo no PIB de Galicia 2011

VEB (millóns de euros)

% VEB da economía galega

Total economía galega

51.118,5

100,0%

Sector agrario (Agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados) 1.395,6

2,7%

% explotacións lácteas na produción agraria 46,2%

1. Explotacións lácteas

644,8

1,26%

2. Industria láctea

80,3

0,16%

Complexo lácteo (1+2)

725,1

1,42%

Fonte: Elaboración propia a partir de IGE, Contas económicas de Galicia 2011

e INE, Censo agrario 2009.

Page 6: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

6

2. O marco xeral que vai condicionar o futuro deste complexo

Partindo desa realidade, o contexto nos próximos anos estará marcado por catro

elementos:

a. Tendencias dos mercados mundiais de produtos lácteos: previsible un

incremento da demanda e prezos altos; pero cunha forte volatilidade.

b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza

e a volatilidade que se constatan desde 2007.

c. Mudanzas na demanda en España como consecuencia da crise económica:

evolución desigual do consumo dos diferentes produtos lácteos; atención dos

consumidores ao prezo fronte á calidade; peso crecente das marcas de

distribuidor.

d. Reforma da PAC 2014-2020: desaparición do sistema de cuotas e

consolidación da liberalización interna e externa do mercado lácteo europeo;

modificacións nas axudas directas ás explotacións (tendencia á igualación dos

pagos por hectárea; busca dunha nova lexitimidade das axudas).

Page 7: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

7

Necesidade de dar resposta aos cambios no escenario dos mercados e as

políticas os tres grandes retos a abordar

Para afrontar ese escenario partimos, como principal activo, dun “núcleo duro” de

explotacións cun nivel tecnolóxico comparable ás zonas desenvolvidas da UE.

Pero hai tres problemas que é preciso abordar (polos axentes privados do

complexo e as políticas públicas –dos Gobernos español e galego-):

i. O modelo produtivo das explotacións.

ii. A debilidade da industria (do tecido industrial e cooperativo).

iii. A organización da cadea; relacións entre gandeiros, industrias e distribución.

Page 8: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

8

3. Explotacións lácteas: necesidade dunha reorientación cara a sistemas produtivos máis ligados á terra

3.1. O modelo produtivo que se configurou nas últimas décadas

Un modelo produtivo mal orientado, pero racional desde a perspectiva

microeconómica

a. As limitacións estruturais das explotacións (reducida superficie, fragmentación

parcelaria) fixeron que nas últimas décadas se consolidara como dominante no

sector lácteo galego un modelo intensivo, fortemente dependente das

importacións de alimentos para o gando; un modelo construido “de espaldas” ao

factor terra.

Reflexo estatístico: elevado peso das compras de alimentos para o gando.

Page 9: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

9

Mapa 1. Porcentaxe que supoñen os custes na compra de alimentos para o gando sobre o prezo do

leite nas rexións da UE

Page 10: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

10

b. Ese modelo presentaba (e presenta) importantes problemas desde unha óptica

colectiva; tanto no plano económico como no ambiental.

Problemas económicos

Crecente dependencia das importacións de alimentos para o gando, ao tempo que se

desaproveitan os recursos propios (miles de hectáreas abandonadas).

Problemas ambientais

Estes derívanse da coexistencia de dous fenómenos:

-Crecente intensificación nunha parte limitada do territorio; o que orixina problemas de

contaminación das augas e de sobreexplotación dos solos.

-Abandono ou subutilización de grandes extensións cun elevado potencial agrario. O que

contribúe a alimentar o risco de incendios forestais.

c. Pero o modelo era racional a nivel microeconómico, desde a perspectiva dos

gandeiros individuais; e permitía obter resultados económicos aceptables (relación

favorable “prezo do leite/ prezo do concentrado”; primas por cantidade no pago do

leite; axudas da PAC vinculadas ao volume de produción –prima láctea, integrada

no Pago Único-).

Page 11: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

11

3.2. O novo contexto que se perfila a medio prazo

Os tempos están cambiando, e o que serviu até agora non vai servir no futuro

Desde 2007, sen embargo, o contexto experimentou cambios substanciais que se

van acentuar no futuro. Tres novidades a destacar:

a. Prezos das materias primas para a alimentación animal: alza e forte volatilidade

-O que se constata a partir de 2007: crecente volatilidade dos prezos destas

materiais primas nos mercados internacionais, dentro dunha tendencia alcista.

Incremento maior dos custes dos fertilizantes e a enerxía.

-A medio prazo: as previsións son que eses prezos se van manter altos.

-Forte impacto deste encarecemento dos custes nas explotacións lácteas

españolas e galegas.

Page 12: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

12

Gráfico 1. Evolución dos prezos do leite, pensos, fertilizantes e enerxía.

España (Índices, base 2000 = 100)

Page 13: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

13

b. Desaparición das cuotas, culminando a liberalización do sector lácteo na UE

Efectos das reformas na regulación do sector a partir de 2003 (redución dos prezos de

intervención, debilitamento das medidas públicas de intervención): volatilidade dos prezos,

vinculación coas oscilacións dos produtos industriais nos mercados internacionais.

100

150

200

250

300

350

400

450

500

2001

2002

2003

2004

2005

2006

2007

2008

2009

2010

2011

2012

2013

pr leite UE pr intervención pr internacional

Page 14: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

14

Impacto da desaparición das cuotas en 2015. Dúas cousas parecen claras:

-Vai orixinar un aumento da produción na UE, coa conseguinte presión á baixa

sobre os prezos. Facilitará que a produción se concentre nas zonas con maiores

vantaxes competitivas (menores custes de produción, proximidade aos centros de

consumo, industria láctea sólida).

De feito, iso é o que ven sucedendo desde 2008, a raíz dos sucesivos incrementos

das cuotas.

-As explotacións galegas afrontan esa liberalización desde unha posición de

desvantaxe, por catro factores: tamaño inferior ao comunitario, endebedamento de

parte delas, nivel baixo de axudas directas, altos custes na compra de alimentos.

Ao que hai que engadir: debilidade da industria; lonxanía aos principais centros de

consumo.

Fronte a esas debilidades, a grande baza das explotacións galegas: potencial para

reducir os custes de produción, en base aos recursos forraxeiros e os alimentos

producidos na explotación.

Page 15: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

15

c. Reforma das axudas directas da PAC; tendencia á igualación dos pagos por

hectárea

O esquema que se perfila a medio prazo presenta un perigo para as explotacións

lácteas galegas: que as axudas da PAC, que alcanzan unha cuantía

comparativamente baixa por unidade de traballo e por explotación, se vexan

reducidas, ao tender a pagos por hectárea uniformes.

Xa nos próximos anos: a pesar do modelo de aplicación da PAC 2014-2020

aprobado en España, non será posible escapar dunha certa igualación dos pagos

por hectárea dentro de cada “rexión” (no pago base e o “pago verde”). O que vai

penalizar ás explotacións lácteas máis intensivas.

Page 16: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

16

3.3. Consecuencia: papel central que vai adquirir a terra

como condicionante da viabilidade das explotacións

A terra importa. O aproveitamento da base territorial volve ser un factor de

vantaxe competitiva

Os tres factores citados (alza dos prezos das materias primas para a alimentación

do gando, desaparición das cuotas, igualación das axudas por hectárea) apuntan

na mesma dirección:

-O modelo produtivo imperante nas explotacións lácteas galegas vaise enfrontar a

crecentes dificultades.

-Por esta razón, faise necesario reorientar ese modelo cara a sistemas que

dependan en menor medida de alimentos externos.

Conceptos clave no novo contexto: autonomía da explotación na alimentación do

gando e minimización dos custes por litro de leite.

O importante non será ter as vacas que producen máis leite, senón os menores

custes por litro.

Page 17: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

17

Imaxe global:

-Hoxe temos unhas 10.000 explotacións lácteas e 350.000 vacas de leite

concentradas en 220.000 hectáreas de SAU (7,5% do territorio galego).

-Obxectivo realista: manter un número de vacas similar (e con toda seguridade

unha cifra menor de explotacións) sobre unha SAU de 350.000 hectáreas.

Requeriría que 130.000 hectáreas actualmente abandonadas foran

incorporadas, preferiblemente mediante arrendamento, ás explotacións de leite

para ampliar a súa base territorial.

Page 18: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

18

4. Industria láctea e mercados: situación actual

e reflexións para o futuro

4.1. A debilidade da industria láctea en Galicia

Recordatorio do que todo o mundo coñece

Dous grandes problemas da situación actual:

-Unha parte significativa da produción láctea (mínimo do 25%, con tendencia a

aumentar) continúa exportándose en bruto (esencialmente ao resto de España).

-As industrias localizadas en Galicia están especializadas nos derivados máis

simples (leite envasado), que xeran menor valor acrecentado e contan cunha

demanda menos dinámica; sendo ademais os produtos nos que é maior o poder

das cadeas de distribución, cun dominio crecente das “marcas de distribuidor”.

Resultado: Galicia produce case o 40% do leite de España; pero a industria

láctea supón o 10% da española (en VAB e emprego). Debilidade muito maior

das industrias de capital galego: transforman o 25% do leite producido na nosa

Comunidade.

Page 19: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

19

Notas adicionais:

• Escasa relevancia das marcas oficiais de calidade: as 4 DOP de queixos só

transforman o 2% do leite, e unicamente unha DOP pequena (San Simón da

Costa) presenta unha dinámica relativamente sólida; a produción ecolóxica ten

unha presenza testemuñal (0,5% das vacas de leite).

• Debilidade da estrutura cooperativa: atomización, escasa implicación dos

gandeiros, limitadas funcións das cooperativas (reducidas case todas á

actuación como primeiros compradores e o subministro de insumos e servizos).

4.2. Destino das vendas e comercio exterior

O destino das vendas da industria láctea ubicada en Galicia mostra unha rama

volcada ao mercado español: 30% cubre a demanda galega, 65% van ao resto de

España e só o 5% é exportado, na case totalidade a países da UE.

Conclusión: en termos de mercados, o complexo lácteo galego “ten todos os ovos

no mesmo cesto” leite fresco e envasado para o mercado español.

Page 20: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

20

4.3. Industria e mercados: reflexións sobre o futuro

Oportunidades e riscos derivados da desaparición das cuotas

a. Oportunidades que abre a desaparición do sistema de cuotas

Dado que a produción de leite en España é un 25% inferior ao consumo de

produtos lácteos (2,4 millóns de toneladas), ábrense posibilidades de:

i. Substituir parte das importacións das industrias lácteas españolas.

ii. Substituir importacións de queixos e produtos industriais (leite en po, manteiga).

Sendo máis ambiciosos: desenvolvemento potencial das exportacións (queixos e

produtos industriais) a outros países, principalmente de fóra da UE.

Factores limitantes:

-O aumento da produción dependerá da capacidade da industria para absorbela e

canalizala aos mercados (mercado español e mercados internacionais).

-Iso precisa de investimentos, que non estamos vendo nen en Galicia nen no resto

de España (contraste co que está sucedendo noutros países da UE).

Page 21: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

21

Gráfico 3. Produción e consumo de produtos lácteos en España

Page 22: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

22

b. Riscos derivados da eliminación das cuotas

Ao lado das oportunidades, a desaparición das cuotas orixina novos perigos.

O incremento da produción na UE vai elevar o risco de que parte do leite galego

encontre dificultades para ter asegurada a recollida, dado que será factible

abastecer o mercado español con produtos doutros Estados membros.

No novo contexto nen sequera o mantemento de Galicia como abastecedora de

materia prima e leite envasado, o statu quo, está asegurado.

Dadas as incógnitas, necesidade de prepararse para un duplo escenario:

-Que os gandeiros teñan que asumir un papel máis activo na transformación

industrial do leite. O que pasaría por modificar a estrutura cooperativa, incluindo un

compromiso de aportacións de capital moi superior ao actual.

-Que as institucións públicas deban implicarse no impulso (como catalizadoras) de

proxectos industriais.

Page 23: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

23

Ante esas incógnitas, que facer ? (ou non facemos nada ?)

c. Unha estratexia realista sobre produtos e mercados

Produtos: un horizonte realista consistiría en combinar dúas estratexias:

-Consolidación de Galicia como abastecedora de commodities (leite envasado e

produtos industriais) para o mercado español. Factor limitante: iso require

empresas de tamaño elevado.

-Desenvolvemento gradual da elaboración de queixos, derivados de maior valor

acrecentado e produtos con marcas de calidade, para nichos de mercado

específicos.

Mercados:

-Sen menosprezar as oportunidades de novos mercados na UE e terceiros países,

o futuro do complexo lácteo galego vai depender fundamentalmente da capacidade

para manter e reforzar as cuotas no mercado español.

-Liña complementaria, con certo recorrido: mercados de proximidade e

abastecemento do mercado galego, sobre todo en queixos e iogurts.

Page 24: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

24

5. A (des)articulación da cadea; relacións entre produtores, industrias e distribución

De novo: feitos coñecidos, aos que levamos dando voltas nos últimos anos

Os dous modelos de organización da cadea láctea nos países da UE:

-Organización baseada en cooperativas, que concentran a recollida e

transformación do leite. A articulación gandeiros-industria faise dentro das

estruturas cooperativas (Dinamarca ou Holanda).

-Articulación a través de organizacións interprofesionais, nas que se integran

gandeiros e industrias negociando as condicións de subministro. Modelo, sobre

todo, de Francia e Italia.

A realidade en Galicia e España: ausencia de organización das relacións entre

gandeiros e industrias; cadea láctea desestruturada e desequilibrada, que

favoreceu o dominio das empresas de distribución.

Page 25: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

25

Reflexo: distorsións na transmisión de prezos ao longo da cadea

-Cos mecanismos de regulación na UE limitados a unha rede de seguridade, a

volatilidade nos mercados internacionais de produtos industriais transmítese

rapidamente ao mercado europeo destes produtos.

-O prezo do “leite spot” (cisternas) recolle esa volatilidade das commodities.

-Consecuencia: os prezos aos gandeiros siguen as oscilacións nos mercados

internacionais.

-En cambio, os prezos dos produtos de grande consumo, nos que está

especializada a industria española, teñen unha rixidez muito maior, ligada aos

contratos coa distribución.

Efectos finais:

•Conxunturas de caída de prezos das commodities nos mercados internacionais:

a industria láctea española ve mellorar as marxes de explotación.

•O contrario nas fases de alza dos prezos internacionais: elévanse os prezos aos

gandeiros, sen que os maiores custes de aprovisionamiento da industria podan

ser trasladados á distribución.

Page 26: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

26

0

50

100

150

200

250

300

1995 1997 1999 2001 2003 2005 2007 2009 2011 2013

FAO Dairy Price Index

2002-2004=100

UE raw milk Index

(2002-2004 =100)

Page 27: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

27

80

85

90

95

100

105

110

115

120

125

en

e-1

1

abr-

11

jul-

11

oct

-11

en

e-1

2

abr-

12

jul-

12

oct

-12

en

e-1

3

abr-

13

jul-

13

oct

-13

en

e-1

4

Evolución de los precios de la leche al productor, a la industria y al consumo en España. Índices Base 2011=100

IPRI Leche y lácteos

Pr al productor

IPC Productos lácteos

Page 28: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

28

Esas distorsións afectan con especial intensidade a Galicia, ao ser a principal

abastecedora de materia prima en España e contar cunha estrutura industrial

especialmente débil.

Cuestións para o futuro

Seguimos “mareando a perdiz”, ou abordamos (con ambición, pero tamén

de forma pragmática e realista) o problema ?

-No horizonte sen cuotas, e cuns mecanismos na UE restrinxidos a unha rede de

seguridade, a única vía para introducir certa estabilidade son os acordos entre

gandeiros, industrias e distribución.

-Incógnitas:

•Grao de estabilidade que pode lograrse na cadea láctea española a través desa

autorregulación (dada a volatilidade dos mercados internacionais e sen medidas

máis potentes de regulación pública a escala europea) ?.

•Até onde pode chegar unha maior estabilidade e equilibrio nas relacións entre

gandeiros e industrias sen implicar á distribución ?.

Page 29: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

29

6. Que actuacións son prioritarias ?. Propostas para un futuro posible

Tendo en conta o exposto, o futuro do complexo lácteo galego vai depender da

capacidade, dos axentes privados e as políticas públicas, para afrontar as tres

cuestións citadas:

-Reorientación do sistema produtivo das explotacións.

-Reforzamento da industria láctea.

-Organización das relacións entre produtores, industrias e distribución.

Neste sentido, formulamos 6 propostas sobre as liñas de actuación prioritarias.

Page 30: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

30

a. Unha reforma agraria adaptada ás condicións do século XXI

Recoñecendo que se trata dun tema complexo, resulta imprescindible unha

“reforma agraria” adaptada ás necesidades actuais do agro galego. Reforma non

centrada na propiedade, senón na mobilización produtiva das superficies.

Para o conxunto do sector agrogandeiro o reto é lograr que as terras de 1.600.000

propietarios de fincas rústicas sexan postas a disposición de 25.000/40.000

explotacións. No caso das explotacións lácteas: ampliar a base territorial das

220.000 hectáreas de SAU actuais a unhas 350.000 has.

Algunhas medidas concretas:

-Reforma da lexislación sobre arrendamentos rústicos, para fomentar esta vía de

mobilidade da terra.

-Penalización aos propietarios de terras abandonadas, utilizando mecanismos xa

existentes desde a Lei de creación do Banco de Terras en 2007.

-Reactivación do Banco de Terras, como mecanismo para impulsar a mobilidade e

facilitar que as explotacións lácteas amplíen a súa superficie.

Page 31: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

31 31

b. Reorientación dos sistemas produtivos no sector lácteo cara a modelos

menos dependentes de insumos externos

A primeira condición é facilitar a ampliación da base territorial das explotacións.

Pero iso ten que acompañarse doutras medidas:

-Reorientación das axudas aos investimentos das explotacións, de tal modo que

se fomenten os sistemas ligados á terra e se priorice a redución de custes, fronte

aos investimentos en capital fixo (maquinaria, construcións).

-Utilización dos pagos agroambientais, quizá tamén dos pagos acoplados, para

estimular esa modificación dos sistemas produtivos, reforzando o camiño

emprendido no período 2007-2013 coas axudas incluidas no Contrato de

Explotación Sustentable.

Page 32: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

32 32

c. Incremento do tamaño das industrias, para afrontar os retos en materia de

innovación e mercados

Partindo da debilidade da industria láctea en Galicia, o futuro esixe concentrar os

esforzos en dous ámbitos:

• Innovación, dirixida ao desenvolvemento de novos produtos e/ou procesos.

• Mellora do posicionamento nos mercados, mediante estratexias diferenciadas por

segmentos (grande distribución, food service, gourmet). Complementado co acceso

a novos mercados internacionais.

Un condicionante fundamental é o tamaño. Dúas vías posibles para superar esta

limitación:

-Crecemento das empresas e concentración empresarial (adquisicións e/ou

fusións). A cuestión: que empresas poden xogar un papel relevante nestes

procesos nos próximos anos ?.

-Fórmulas de cooperación entre empresas (da industria láctea ou distintas ramas

da industria alimentaria), para proxectos colaborativos e accións conxuntas.

Page 33: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

33 33

d. Orientación máis selectiva do apoio público ás industrias

-Como criterio xeral, debe restrinxirse o apoio público aos investimentos de

incremento de capacidade en derivados simples con mercados saturados.

-Os fondos disponibles é necesario concentralos en tres ámbitos: liñas

produtivas en derivados de maior valor acrecentado; innovacións que permitan

reducir de modo significativo os custes; accións para o acceso a novos

mercados e a consolidación da presenza no mercado español.

-Dada a debilidade da iniciativa privada, debe deixarse aberta a posibilidade

dunha intervención pública directa (minoritaria e temporal) para impulsar

iniciativas empresariais cun carácter estratéxico (exemplo: proxectos de varias

empresas para a fabricación de leite en po e outros produtos industriais).

Page 34: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

34 34

e. Aposta pola diferenciación e as marcas de calidade

Filosofía xeral: nun contexto de mercados liberalizados, o futuro do complexo

agroalimentario galego pasa pola calidade e a diferenciación. Nas commodities,

competindo vía custes, temos en xeral pouco que facer.

Esa idea necesita ser moi matizada no sector lácteo dada a realidade da que

partimos: industria centrada nunha commodity (leite envasado).

Sendo pragmáticos, aposta por unha doble estratexia: consolidar as posicións no

leite envasado para o mercado español; acompañar iso do desenvolvemento de

produtos diferenciados, de calidade, para nichos de mercado específicos.

Medidas concretas desde as políticas públicas:

-Apoio á consolidación de empresas de elevado tamaño, ou proxectos conxuntos,

capaces de reforzar as cuotas de mercado no leite envasado e mellorar a posición

negociadora coas cadeas de distribución.

-Impulso das DOP de queixos; pero cunha óptica empresarial, buscando a creación

de estruturas de comercialización conxuntas e con maior atención á xeración de

valor (evitando a banalización dos produtos das DOP).

-Apoio á creación de marca por parte de empresas privadas.

Page 35: O complexo lácteo en Galicia: situación actual e perspectivas · b. Custes das materias primas para a alimentación animal: consolidación da alza e a volatilidade que se constatan

35 35

f. Impulso dos mecanismos de articulación da cadea láctea

Neste aspecto é esencial aproveitar as posibilidades abertas polo “paquete lácteo”,

tanto no relativo á negociación de prezos como á xestión dos volumes.

Pero hai que poñer sobre a mesa certos matices e consideracións adicionais:

-Sen unha modificación das políticas comerciais e a posición de dominio das cadeas

de distribución será difícil avanzar en relacións máis estables e equilibradas entre

gandeiros e industrias.

-A viabilidade de que as industrias modifiquen a súa “cultura” respecto ás relacións

contractuais cos gandeiros pasa pola mellora das súas estratexias empresariais

(con industrias dedicadas ao leite envasado, nunha porcentaxe elevada baixo marca

de distribuidor, iso é difícil).

-Cos condicionantes actuais, hai un alto risco de que as industrias lácteas busquen

a forma de eludir as obrigas derivadas do marco regulatorio. O forte aumento nos

últimos anos do leite recollido por primeiros compradores non transformadores

constitúe nese sentido un signo preocupante.