O DEREITO EN TOLKIEN

3

Click here to load reader

description

Bibliografía sobre a obra de Tolkien. Exposición 20/04/2013

Transcript of O DEREITO EN TOLKIEN

Page 1: O DEREITO EN TOLKIEN

CATÁLOGO DA EXPOSICIÓN

A edición do Centenario, mercada en Londres en Waterstone’s en 1992. Un momento para descubrir que o mundo era ancho e o Camiño seguía…

Houbo un tempo anterior ás películas no que o gran mundo de Terra Media xa estaba plasmado en mapas e ilustracións.

Xa no século XXI comezaron a aparecer mapas oficiais de gran tamaño. Pero quen non fixera no século pasado o seu propio mapa completo da Terra Media a man non é un verdadeiro fan…

Os tres relatos curtos. Só Egidio paga verdadeiramente a pena, de acordo coa opinión iconoclasta do coleccionista.

A cuidada edición, en castelán (Oviedo, 1992)

Unha auténtica obra de sabedoría, que recopila o mal que se ilustrou este Libro

O Hobbit, en danés (Copenhague, 2009)

O Hobbit, en húngaro (Budapest, 1999)

O Regreso do Rei, en grego. É un dos dos exemplares da colección non mercado polo propietario, senon regalado (neste caso, polos seus curmáns)

A Comunidade do Anel, en francés (Nantes, 1996)

A Comunidade do Anel, en galego (Santiago de Compostela, 2002). Primeira edición, regalada pola que co tempo sería muller do coleccionista, con dubidosas intencións

As Dúas Torres, en sueco (Malmoe, 2009). O coleccionista cruzou a poderosa ponte do Estreito da Sonda desde Copenhague para poder dcir que pisara Suecia. Ao atoparse co volume na librería, sin unha soa moeda nacional, tentou pagalo con tarxeta de crédito. O libreiro negouse a elo, polo seu ínfimo prezo. Tras explicarlle o coleccionista a súa afección e o efímero do seu paso por Suecia, o amable sueco regaloullo.

As Dúas Torres, en portugués (Lisboa, 2007)

O Regreso do Rei, en checo (Praga, 1999)

O Señor dos Aneis, en alemán (Bochum, 1996). Unha edición verdadeiramente espantosa.

O Regreso do Rei, de novo en francés (Luxemburgo, 2002). Estaba barato e o coleccionista non tiña nada entretido que facer no Gran Ducado despois das cinco da tarde.

O Regreso do Rei, en euskera (Pamplona, 2008)

Page 2: O DEREITO EN TOLKIEN

O Regreso do Rei, en catalán (Barcelona, 2004)

“A Historia da Terra Media”, ou cómo Christopher Tolkien ia ordenando os papeis que aparecían nas caixas do trasteiro…

Os Apéndices, soltos, dado que a chafalleira edición do Círculo de Lectores non os incluira.

O Antigo Testamento. A principios dos noventa, pero sen precisión algunha.

Antes de Internet, os libros como éste eran pezas de coleccionista que viñan do Reino Unido como auténticos tesouros.

O xénero epistolar, unha obra imprescindible para achegarse á [chiflada] personalidade de Tolkien.

O primeiro que tomou en serio a Tolkien. Despois xurdiu moita ponzoña aproveitando o tirón das películas.

Os Contos Inconclusos, ou “Todo o que Vd. debería saber sobre a Terra Media pero non entraba nos Tres Libros”.

O Libro dos Contos Perdidos. Se o Silmarillion parece ao amable visitante pesado, millor non intentalo con este… A peor cuberta que xamáis se ten feito! Destinguía.

Triste homenaxe: só se salva Terry Pratchett

A novela gráfica de O Hobbit. Unha xoia de ilustración.

Máis irreverencia…

Un punto de irreverencia nas adaptacións de Jesús Martínez del Vas da obra de Tolkien. Para botarse a rir.

O Hobbit, en castelán. Sabe Deus cando chegou a mans do coleccionista. Eran os oitenta e ninguén anotaba as cousas…