O entroido
Transcript of O entroido
O entroido
Mon
Dap
orta
OS NENOS DA RATA LUÍSA
Na casa de Luisa e nas de arredor a semana de entroido é Festa Maior
e os que mellor o pasan son os rapaces que están todos días a armar disfraces.
E aínda que sempre fan para un día un disfraz
celébrano os máis días ao xeito tradicional. Vísten de choqueiros cunha roupa vella e tapan a cara para que non os coñezan.
Asustan aos nenos,
corren á rapazada
e pasan os días a facer trasnadas.
Métense nas casas de amigos e parentes
a comer orellas e filloas quentes.
Eles tamén fan flores
e filloas finiñas, douradas e doces… que boas!
E non rematan a cousa co enterro da sardiñaeles fanna durar ata o último día,
aproveitan aínda o domingo de Piñata para vestírense con algo e pasear pola praza.
Luísa, Roxelio e máis os ratiños agardan que vos gusten estes seus
contiños.Abur!