O Home Almofada

11
Texto do Dossier:

description

teatro

Transcript of O Home Almofada

TEXTO DO CARTEL:

Texto do Dossier:

Texto do cartel:

ilMaquinario presenta:

Visveis na Estrada Atravs da Orla do Bosque

De Martin McDonagh

Con:

Melania Cruz

Fernando Gonzlez

Fran Lareu

Laura MguezDirixida por: Tito AsoreyiLMaquinario Teatro unha compaa conformada por Titulados Superiores pola ESAD de Galicia. No panorama socioeconmico actual, asumimos o risco de crear un proxecto que nos permita desenvolver a nosa propia linguaxe escnica, construda por artistas novos pero con experiencia en diversas compaas (Ur Teatro, Sarabela Teatro, Teatro de Adro, Teatro do Noroeste, Viravolta, Escnate ou La Imagina Machina). Unha compaa con vocacin de continuidade, que privilexa o traballo do actor como explorador da natureza humana, afondando en temticas que susciten debate e controversia. Un teatro de intenso, sustentado no traballo colectivo e que persegue un novo tipo de relacin co pblico. O HOME ALMOFADANun pas totalitario sen nome, Katurian, unha escritora de macabros contos infants, est sendo interrogada por unha parella de policas a causa da aparicin na cidade dunha serie de cadveres de nenos. O modus operandi do suxeito que leva a cabo estes crimes sospeitosamente similar ao que ela describe nalgns dos seus relatos. Con todo, ela loita por defender a sa inocencia. Todo cambia cando descobre que na cela contigua est presa a sa irm, que padece un forte trastorno psicolxico a causa dos malos tratos que sufru sendo nena, e que vai ser tamn interrogada. O resultado do encontro entre as das irms disipar as dbidas sobre eses asasinatos, pero abrir outras incgnitas, anda mis intensas e preocupantes...O Home Almofada un espectculo teatral de gran intensidade, que afonda no influxo que a violencia xoga no desenvolvemento do individuo dende unha perspectiva tenra e sarcstica. Profunda tamn na necesidade humana de imaxinar ficcins, de contar historias como medio para a redencin ou a pura supervivencia en circunstancias lmite, como va para combater a fugacidade e a brutalidade da vida. Como un xeito de perdurar deixando unha forte pegada do noso paso polo mundo. O difcil saber que prezo estamos dispostos a pagar por ese afn de inmortalidade. Un thriller trepidante e malvadamente cmico.

O Home Almofada transportar ao espectador da gargallada ao medo en dcimas de segundo, nunha sorte de montaa rusa emocional que incitar reflexijn sen ofrecer unh anica desposta. Unha peza de alto contido social repleta de intriga e humor negro na que a fronteira entre a verdade e a mentira, entre realidade e ficcin, acaban por se diluir como nun grotesco pesadelo.

O Home Almofada est considerada a peza mis exitosa do seu autor. Estreouse no ano 2003 no Royal National Theater sendo galardoada no ano 2004 cos premios Laurence Olivier, o premio Tony e o Premio da Crtica de Nova Iorque mellor peza extranxeira. Tras este xito converteuse no autor anglosaxn mis representado en Amrica do Norte despois de Shakespeare. As sas pezas estreronse en 39 pases e en 29 idiomas.

O AUTOR

Martin McDonagh (1970) un dramaturgo angloirlands pertencente xeracin de autores coecida polo apelativo de In-yer-Face e na cal se inclen nomes como Sarah Kane, Mark Ravenhill ou Patrick Marber, que convulsionaron a escena teatral britnica nos ltimos quince anos e cuxas pezas estanse a representar en multitude de pases ao longo de todo o mundo. En Galicia foron postas en escena ata o momento tres pezas mis deste autor: A raa da beleza de Leenane, Un crneo furado e Oeste Solitario. PARA QUEN ?

Este espectculo est dirixido a un pblico adulto (maiores de 15 anos). Pola temtica que trata (a importancia da literatura, a violencia infantil, os malos tratos, o totalitarismo) est orientado tamn s campaas escolares, nas cales se proporcionar unha gua didctica con antelacin representacin para que os mestres poidan traballar os seus contidos na aula.

Ficha artstica

REPARTOKaturian: Melania Cruz

Ariel: Fernando Gonzlez

Tupolski: Fran Lareu

Michal: Laura Mguez

Ficha TcnicaESPAZO ESCNICO: Luis Iglesias Luchi

DESEO DE ILUMINACIN: Tito AsoreyDESEO E REALIZACIN DE VESTIARIO: Yaiza Pinillos

DESEO GRFICO: Jos Lameiras

FOTOGRAFA: AitorUve e Alfonso Blanco

TRADUCIN: Manuel Vieites

DRAMATURXIA E DIRECCIN: Tito Asorey

EQUIPAMENTO TCNICO: Arteficcin S.L.

PRODUCIN: ILMAQUINARIO e ARTEFICCIN S.L.

Requerimentos tcnicos

Espazo de 4x6 metros.

Toma trifsica

Polas propias caractersticas da peza, posible realizar este espectculo en espazos non convencionais. Pregamos se poan contacto con ns para calquera tipo de informacin a este respecto. BIOGRAFAS:

TITO ASOREY

Licenciado en Historia e Titulado Superior en Arte Dramtica, especialidade de Direccin de Escena e Dramaturxia. Comeza a sa carreira profesional como intrprete en Sarabela Teatro, compaa na que traballa de xeito ininterrompido dende o ano 2000 ata o 2010. No ano 2011 pasa a formar parte do elenco da ltima montaxe de Ur Teatro, Macbeth, dirixida por Helena Pimenta. Esta experiencia como actor foi complementada coa direccin de mltiples colectivos teatrais, entre os que destaca o Grupo de Teatro Tarumba, co que acadou nos anos 2007, 2008 e 2010 o Premio Nacional de Teatro Joven Buero ao mellor espectculo e mellor direccin polas sas montaxes Remanente #1, Mort e Don Juan, que foron representadas na sede do Centro Dramtico Nacional. No ano 2010 da o paso direccin profesional coa montaxe Ai Carmela!, da compaa Teatro de Adro.

FRAN LAREU

Fran Lareu Titulado Superior en Arte Dramtica na especialidade de Interpretacin Textual pola ESAD de Galicia. Despois de pasar pola escola Espazo Aberto de Santiago de Compostela, comeza a sa relacin profesional coa farndula da man das compaas Viravolta e Seisdedos. Seguirase formando no mundo das artes con mestres como Joseph Collard (clown), Nuria Montero ou ngel Almazn (voz), ademais de obter unha bolsa da Unin Europea para a realizacin dun curso de teatro e circo na Repblica Checa. Contina a sa carreira profesional coas compaas Teatro da Gavela, Zancalino Produs, Fantoches Baj, Boneca Lareta, Nasdrovia Producciones e Elefante Elegante, onde realiza obras como O Forno. Formouse ademais no conservatorio profesional de Laln como trompetista e traballou en diferentes cargos de direccin e producin en series de televisin e cine.

MELANIA CRUZ

Melania Cruz (Diplomada en Maxisterio por Lingua Estranxeira e Titulada Superior en Arte Dramtica, especialidade de Interpretacin Textual) intersase dende nova polo teatro afeccionado da sa cidade. Despois frmase na Aula Universitaria da USC no Campus de Lugo baixo a direccin de Paloma Lugilde e Quico Cadaval, asistindo tamn a diversos talleres impartidos por profesionais como Vicente Fuentes, Isabel beda, Fernando Soto, Manuel Lourenzo, Nuria Inglada, Ermel Morales, nxeles Cua, Jeremy James ou Eduardo Vasco. Finalmente, decide especializarse en Interpretacin Textual na ESAD de Galicia. Como actriz profesional, est vinculada produtora Escnate dende o 2009 con tres espectculos e a Teatro de Adro con Ai, Carmela!, estreado en 2010.

LAURA MGUEZ

Titulada Superior en Arte Dramtica, Diplomada en Educacin Social, e con formacin na Escola de Arte Superior de Deseo. Inicia a sa andaina no teatro afeccionado en 2001 sendo dirixida por Mnica Sueiro, Tegra Carpenter ou Thelma Putnam. A nivel profesional protagoniza un musical con Cachuzo Teatro (Game Over), ademis de traballar con Boneca Lareta, Arteficcin e Teatro de Noroeste (Piratas). Frmase en Teatro Social, tcnica Roy Hart, tcnica Suzuki, Sistema Stanislavski, Zancos, Commedia dellArte e Clown con profesionais como Manuel Vieites, Nuria Inglada, Petra Hoffmann, Avelino Gonzlez ou Fina Calleja. Co fundadora da Asociacin cultural Maraao.

FERNANDO GONZLEZ

Fernando Gonzlez (Titulado Superior en Arte Dramtica na especialidade de Intepretacin Textual), coece o mundo do teatro na sa cidade natal, Ourense, da man de Mnica Sueiro. Frmase como actor dentro do grupo Teatro do Grilo entre os anos 2003 e 2006. A partires do ano 2006 comeza a sa formacin na Escola de Arte Dramtica de Galicia (ESAD). Nela forma parte do proxecto O dondo sabor das mazs, no que se puxeron por vez primeira en p os textos surrealistas de lvaro Cunqueiro. Traballa coma profesional dende o ano 2007 na compaa Teatro do Noroeste, coa que participou nas montaxes Romeo e Xulieta, Glass city, Historias Peregrinas e Piratas, todos dirixidos por Eduardo Alonso. No ano 2012 pasa a formar parte do elenco do musical Galicia Canbal, dirixido por Quico Cadaval.A CRTICA DIXO:

Un teatro substantivo e necesario, un teatro a favor do teatro e contrario polo tanto a esa dimensin meditica tan popular na actualidade, abeirada ao populismo, aos efetos especiais e plvora mollada. Un teatro a favor do pblico, considerando que o pblico tamn ten dereito intelixencia

Destaca o traballo de composicin do seu director, Tito Asorey, e a adecuada construccin dos personaxes que ofrecen Melania Cruz, Fernando Gonzlez, Laura Mguez e Fran Lareu. E hai na sa actualizacin na escena un certo pouso daquela dimensin ldica que Brook reclamaba para o teatro, cando sinalaba que non era mis que un xogo, senso o xogo unha das actividades humanas mis complexas

Un traballo que se realiza dende unha comprensin certa dos elementos de significacin da escena, e por iso ten unha coherencia notable, cousa pouco comn na nosa escena.

Tito Asorey na versin que fai do texto orixinal, acerta a recoller a esencia do texto para construir unha proposta escnica en boa medida marcada por unha tonalidade cruel, asentada en palabras que cortan como coitelos

Destacamos o traballo de actores e actrices tan novos como notables, que xogan a vontade coa palabra

Non se perdan o espectculo. Realmente paga a pena asistiren a el

MF VIEITES (Faro da Cultura, 20/09/2012)

Unha aposta por un teatro moi de actor, onde o actor ten que xogarse o tipo

O pblico ten que pensar que querer ser como pblico. Quere asistir a un espectculo e rir dos chistes, ou en realidade quere ser un espectador activo e pensar estes tos probablemente me fagan rir, pero o que est pasando en escena algo criminal, no sentido mis amplo da palabra. Ese un dos acertos da compaa.

Mvense con lixeireza entre o drama e a comedia

Traballo actoral considerable

Unha aposta acorde cos tempos que vivimos, onde nada comedia nin drama, depende da parte que che toque niso

CAMILO FRANCO, Diario Cultural (14/09/2012)