O Humanismo.

10
2 de ESO Humanismo.

description

Breve presentación para analizar o fenomeno do Humanismo durante a Idade Moderna. Presentación feita en galego.

Transcript of O Humanismo.

2 de ESO

Humanismo.

O Humanismo.Un cambio de mentalidade.

Corrente pensamento ou movemento intelectual que comezou en Italia no século XV, que caracterizase pola revalorización da cultura grecolatina, o antropocentrismo, a exaltación da razón e a lóxica e o coñecemento científico.

Características do Humanismo.

●Rexeita o Teocentrismo Medieval.●Exalta o ser humano, considerándoo como o centro do mundo e a cultura: Antropocentrismo.●Exalta a razón (única do ser humano) e a liberdade.●Revaloriza a Cultura Grecolatina. Especialmente no mundo da literatura (Platón, Aristóteles, Cicerón, etc.) e na arte.●Busca fusiona-los conceptos e elementos propias da cultura clásica cos ideais do cristianismo, tendo como máximo expoñente a Érasmo de Rotterdam.

Conceptos.No Humanismo.Antropocentrismo.

O Ser Humano é o centro do Universo.

Idade Media.

Teocentrismo:

Deus é o centro de todo o coñecemento e a sociedade.

Antropocentrismo: consideran que o Home debe ser a o centro da ciencia e da sociedade.

Durante o Humanismo non se renega de Deus, segue sendo un elemento importante da sociedade e do coñecemento, pero comeza a centrarse na posición do ser humano dentro desa relación.

Revalorización da Cultura Grecolatina.● Consideran como modelos de referencia as civilización

da Grecia clásica e a sociedade romana.● Estudaron toda a literatura clásica (filosofía, ciencias,

historia, ....).● Consideran a arte clásica como modelo a seguir.● Renegan dos modelos culturais da Idade Media.

Antropocentrismo.

Exalta o ser humano e valores como:● A Liberdade.● A Razón.● O Individualismo.● A busca da gloria, éxito, fama, prestixio ou poder.

Expansión do Pensamento Humanista.1ª Parte.

● Academias ou Centros Culturais. Realízanse estudos de sobre lingua, filosofía, literatura, etc. Nelas os eruditos traballan grazas a protección económica dun mecenas.

● Imprenta. Inventada por Gutemberg a finais do s. XIV (1448), e esta permitiu a difusión das ideas e conceptos propios do humanismo e o renacemento, grazas a facilitar a copia de libros por un prezo asequible..

Expansión do Pensamento Humanista.2ª Parte.

● Universidades. Promove a difusión e investigación dos coñecementos e ciencia. Destacan entre as máis salientables: Bolonia, Florencia, Alcalá de Henares, Santiago de Compostela, etc.

● Viaxes realizados polos pensadores Humanistas. Difundiron as súas ideas a novas persoas e países.

As Correntes Humanistas.

Corrente Filosófica e Literaria. Dante, Pico della Mirandola e Maquiavelo.

Corrente Relixiosa: Na que se fuxionan as ideas clásicas e o cristianismo. Pensadores como Erasmo de Rotterdam ou Thomas More.

Corrente científica No que se intenta explicar a natureza por medio do uso da Razón e o pensamento científico Destaca Nicolas Copérnico e Leonardo da Vinci.

As Correntes Humanistas.

Corrente Filosófica e Literaria. Dante, Pico della Mirandola e Maquiavelo.

Corrente Relixiosa: Na que se fuxionan as ideas clásicas e o cristianismo. Pensadores como Erasmo de Rotterdam ou Thomas More.

Corrente científica No que se intenta explicar a natureza por medio do uso da Razón e o pensamento científico Destaca Nicolas Copérnico e Leonardo da Vinci.