O noso corpo

4
TEMA 1 O NOSO CORPO O noso corpo ten tres partes: cabeza, tronco e extremidades. (pegar debuxo 1 e completar) Na cabeza está o cerebro e moitos dos órganos dos sentidos: o nariz, os ollos, a boca, as orellas... (Completar debuxo 2) No tronco están órganos moi importantes do noso corpo: os pulmóns, o corazón e o estómago. As extremidades superiores son os brazos e as inferiores son as pernas. O noso corpo non é ríxido senón que se pode dobrar por unhas partes que se chaman articulacións. As articulacións máis importantes son o ombreiro, o cóbado, o pulso, o xeonllo, o nocello, a cintura e o pescozo. (Completa co vocabulario anterior o debuxo 3) OS SENTIDOS As persoas temos cinco sentidos que nos permiten coñecer o mundo: A vista serve para ver o mundo que nos rodea. O órgano da vista son os ollos. O gusto serve para percibir os sabores. O órgano do gusto é a lingua. O olfacto serve para percibir os olores. O órgano do olfacto é a nariz. O oído serve para percibir os sons que nos rodean. O órgano do oído son os oídos. O tacto serve para percibir como son as cousas que tocamos: duras, brandas, suaves, ásperas... O órgano do tacto está na pel.

Transcript of O noso corpo

Page 1: O noso corpo

TEMA 1

O NOSO CORPO

O noso corpo ten tres partes: cabeza, tronco e extremidades.

(pegar debuxo 1 e completar)

Na cabeza está o cerebro e moitos dos órganos dos sentidos:

o nariz, os ollos, a boca, as orellas...

(Completar debuxo 2)

No tronco están órganos moi importantes do noso corpo: os

pulmóns, o corazón e o estómago.

As extremidades superiores son os brazos e as inferiores son

as pernas.

O noso corpo non é ríxido senón que se pode dobrar por

unhas partes que se chaman articulacións. As articulacións

máis importantes son o ombreiro, o cóbado, o pulso, o xeonllo,

o nocello, a cintura e o pescozo.

(Completa co vocabulario anterior o debuxo 3)

OS SENTIDOS

As persoas temos cinco sentidos que nos permiten coñecer o

mundo:

A vista serve para ver o mundo que nos rodea. O órgano

da vista son os ollos.

O gusto serve para percibir os sabores. O órgano do

gusto é a lingua.

O olfacto serve para percibir os olores. O órgano do

olfacto é a nariz.

O oído serve para percibir os sons que nos rodean. O

órgano do oído son os oídos.

O tacto serve para percibir como son as cousas que

tocamos: duras, brandas, suaves, ásperas... O órgano do

tacto está na pel.

Page 2: O noso corpo

(1.-Copia e completa co sentido que usas para percibir cada cousa:

a cor vermella

unha canción

o olor dun perfume

a suavidade dun peluche

o sabor dunha mazá

2.-Fala cos teus compañeiros e escribe nomes de sabores diferentes:

3.-Escribe tres cousas que molestan ou danan os sentidos

4.-CONTESTA

Sabes como se chaman as persoas que non poden ver?

Sabes como se chama unha persoa que non pode oír?

Pensas que a vida destas persoas é máis fácil ou máis dificil ca dos demais.

Page 3: O noso corpo

Debuxo1

Debuxo2

Page 4: O noso corpo

Debuxo3