O SECTOR SECUNDARIO ESPAÑOL

16
XEOGRAFIA DA INDUSTRIA I.- AS MATERIAS PRIMAS . Os recursos dos que se obteñen productos cun maior valor engadido poden ser de orixe orgánica ou mineral. -As materias primas de orixe orgánica proceden da actividade agraria e nalgunhas España é deficitaria (agrícolas como algodón, gandeiras como lá de calidade ou forestais como madeira). -As materias primas minerais extráense dos xacementos (concentracións con alto contido de mineral). España foi históricamente productora de minerais, pero desde finais do s.XIX, (minería industrial) os productos son de baixa calidade e o acusado minifundismo empresarial fai pouco rendible a explotación. a) Os minerais metálicos en zonas do zócolo herciniano.O seu destino principal é a industria básica e a industria d transformación. b) Os minerais non metálicos en formacións paleozoicas e concas terciarias. Empréganse na construcción e na industria química. c) As rochas industriais, repartidos de forma hetereoxénea, empréganse principalmente na industria química. A producción de minerais metálicos ou non metálicos é insuficiente para o autoabastecemento. A producción de rochas industriais cobren a demanda interna e xeran excedentes para exportar. O valor global das exportacións minerais é moi inferior ó das importacións. Os obxectivos da política mineira española ten como marco a da Union Europea e seus son : incrementar a competitividade da minería nacional, mellorar o medio e o hábitat mineiro, e formentar a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico. Esta política determinou o peche de minas e problemas ambientais derivados.

description

Resumos de alumnos, material de aula, manual de texto anaya 2006

Transcript of O SECTOR SECUNDARIO ESPAÑOL

Page 1: O SECTOR SECUNDARIO ESPAÑOL

XEOGRAFIA DA INDUSTRIA

I.- AS MATERIAS PRIMAS.

Os recursos dos que se obteñen productos cun maior valor engadido poden ser de orixe orgánica ou mineral.

-As materias primas de orixe orgánica proceden da actividade agraria e nalgunhas España é deficitaria (agrícolas como algodón, gandeiras como lá de calidade ou forestais como madeira).

-As materias primas minerais extráense dos xacementos (concentracións con alto contido de mineral). España foi históricamente productora de minerais, pero desde finais do s.XIX, (minería industrial) os productos son de baixa calidade e o acusado minifundismo empresarial fai pouco rendible a explotación.

a) Os minerais metálicos en zonas do zócolo herciniano.O seu destino principal é a industria básica e a industria d transformación.

b) Os minerais non metálicos en formacións paleozoicas e concas terciarias. Empréganse na construcción e na industria química.

c) As rochas industriais, repartidos de forma hetereoxénea, empréganse principalmente na industria química.

A producción de minerais metálicos ou non metálicos é insuficiente para o autoabastecemento. A producción de rochas industriais cobren a demanda interna e xeran excedentes para exportar. O valor global das exportacións minerais é moi inferior ó das importacións.

Os obxectivos da política mineira española ten como marco a da Union Europea e seus son : incrementar a competitividade da minería nacional, mellorar o medio e o hábitat mineiro, e formentar a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico. Esta política determinou o peche de minas e problemas ambientais derivados.

Page 2: O SECTOR SECUNDARIO ESPAÑOL

AS FONTES DE ENERXÍA.

Os recursos que proporcionan enerxía útil para as aplicacións industriais constituen un indicador do desenvolvemento industrial.

-España, exemplo de desequilibrio e dependencia enerxética (o consumo de enerxía supera á producción). Autoabastecemento enerxético a partir da enerxía nuclear e do carbón, dada a pobreza de hidrocarburos. As principais fontes de enerxía de abastecemento externo son petróleo, gas natural e carbón.

PRINCIPAIS FONTES DE ENERXÍA PRIMARIA:

1.- O carbón: Fórmase pola descomposición de vexetais ó longo de millóns de anos. Durante a primeira revolución industrial o carbón tivo un papel hexemónico. A crise enerxética de 1975 impulsou de novo o consumo de carbón para reducir a dependencia do petróleo. Pero, desde 1984, a producción descendeu de novo a causa dos numerosos problemas que presenta a minería do carbón:

- Algúns ricos xacementos esgotáronse e outros son de baixa calidade.

- Moitos presentan dificultades de explotación.

- Existe un acusado minifundismo empresarial.

- Diminuiu a demanda doméstica e industrial.

- A entrada na Unión Europea liberalizou os prezos e obrigou a presentar en 1990 un plan de recorvensión para acabar progresivamente coas axudas estatais que finalizarán definitivamente en 2010.

2- O petróleo: Fórmase pola descomposición de organismos mariños vexetais e animais ó longo de millóns de anos. O petróleo ocupa o primeiro lugar no consumo enerxético español. As súas aplicacións son numerosas, especialmente para o transporte e a industria. O problema da refinería é o cambio da demanda, a favor dos productos lixeiros, obrigou a reestructurar o sector, o que cristalizou na creación de Repsol posteriormente privatizada.

3.- O gas natural: Hidrocarburo gaseoso, no que predomina o metano, que se encontra en xacementos subterráneos asociado ao petróleo. As súas

Page 3: O SECTOR SECUNDARIO ESPAÑOL

vantaxes son o seu alto poder calorífico, o seu baixo prezo e que é o combustible fósil menos contaminante. Os productos obtidos, propano, o butano e as naftas, teñen diversas aplicacións: transformación en electricidade, uso industrial, e uso doméstico.

4.- A enerxía nuclear: Obtense actualmente por fisión, cunha producción vinculada á necesidade de disminuir a dependencia do petróleo trala crise dos 70. Actualmente en España existe unha moratoria que limita o seu crecemento.

5.- A enerxía hidraúlica: Forma de enerxía renovable a partir da auga embalsada que transforma a forza mecánica en electricidade. Ofrece as ventaxas de ser renovable, limpa e instantánea; pero tamén presenta problemas, como as fluctuacións de producción ou o conflicto con outros usos da auga.

6.- As novas fontes de enerxía renovables: A crise do petróleo fixo necesario aumentar o autoabastecemento. Cabe distinguir diversos tipos de enerxías renovables:- as minicentrais hidraulicas,-a enerxía eólica,-a enerxía de biomasa,-a enerxía solar,-a enerxía xeotérmica.A súa aplicación principal é proporcionar enerxía térmica, eléctrica ou mecánica.

A PRODUCCIÓN DE ELECTRICIDADE

As fontes de enerxía primaria necesitan ser transformadas en formas de enerxía utilizables como a electricidade. En España, algo máis da metade da producción eléctrica obtense en centrais térmicas clásicas (carbón, gas natural e petróleo); o resto procede de centrais nucleares de fisión e de centrais hidroelectricas.

A POLÍTICA ENERXÉTICA:Iniciouse con retraso ao non considerarse que a crise fora un problema duradeiro.A política enerxética actual está marcada pola política da Unión Europea que se iniciou cos seguintes obxectivos:

- Garantir o abastecemento.

- Incentivar o aforro enerxético e as fontes de enerxía renovables.

- Culminar o mercado interior da enerxía

Page 4: O SECTOR SECUNDARIO ESPAÑOL

- Evitar o impacto ambiental negativo relacionado coa producción.

O novo PEN, aumenta de forma importante o consumo de gas, moderadamente o de enerxías renovables e lixeiramente o de petróleo; mantén a producción nuclear, e reduce a de carbón.

O plan de Fomento de Enerxías Renovables 1999-2006 proponse alcanzar o obxectivo marcado pola UE (12% de enerxía de orixe renovable) a través das primas á venda de “enerxía verde”.

AUTORÍA: Vanessa Martínez Estévez (2004-05)

Page 5: O SECTOR SECUNDARIO ESPAÑOL

II.- ETAPAS DA INDUSTRIALIZACION ESPAÑOLA

A INDUSTRIA ESPAÑOLA ENTRE 1855-1975

Pasou por distintas etapas, cada unha delas marcada por innovacións tecnolóxicas, uns sectores industriais dominantes, unha estructura productiva, uns factores e tendencias de localización (formación de áreas industriais de diversos tipos e por unha política industrial).

EVOLUCIÓN HISTÓRICA:

A) O inicio da industrialización española: (1855-1900) tivo lugar con atraso respecto a outros países de Europa.

As causas deste feito foron as difíciles condicións para o despegue industrial:

- Mala dotación nalgunhas materias primas e productos enerxéticos básicos.

- Escaso espírito de empresa (posesión da terra como valor social dominante)

- Pouco capital dispoñible para a creación de industrias: os particulares investían na compra da terra.

- O notable atraso tecnolóxico (importación de novas máquinas).

- A limitada demanda de productos industriais como consecuencia do baixo crecemento demográfico e da pobreza da rendas campesiñas.

- A desfavorable situación exterior, debido a perda das colonias americanas.

- A inadecuada política industrial. No Sexenio Revolucionario permitíronse concesión mineiras a empresas estranxeiras. A Restauración impuxo o proteccionismo, que facilitou o desenvolvemento.

B) No primeiro tercio do século XX (1900-1936) produciuse un crecemento industrial. As causas:

Page 6: O SECTOR SECUNDARIO ESPAÑOL

- O auxe da minería de carbón.

- A decadencia das exportacións de minerais.

- A incorporación dos avances da segunda revolución industrial.

- O auxe de investimento industrial (repatriación de capitais e dos beneficios obtidos polas exportacións europeas durante a I Guerra Mundial.

- O impulso da obras publicas durante a Dictadura de Primo de Rivera.

- O proteccionismo industrial eliminou a competencia exterior.

C) Durante a Guerra Civil e a larga postguerra (1936-59) o crecemento industrial interrompeuse. A Guerra Civil causou destruccións de industrias, e a política autárquica de posguerra privou a industria dos necesarios recursos enerxéticos o que conduciu a unha situación de crise que obrigou a suavizala e posteriormente o seu abandono definitivo.

D) Entre 1960 e 1975 “etapa de desenvolvemento industrial” produciuse un enorme crecemento da industria causado por:

- A liberdade das importacións que permitiu o abastecemento dos recursos necesarios.

- A expansión da economía capitalista mundial e a vantaxosa situación española atraeron capitais a industria.

- O baixo prezo da enerxía repercutía positivamente nos custos de producción.

- O Estado fomentou a industria a través dos plans de desenvolvemento.

AUTORÍA: Noelia Campos Rguez, Beatriz Freaza e María Rita Gayoso Galiñanes

Page 7: O SECTOR SECUNDARIO ESPAÑOL

CRISE E REESTRUTURACIÓN INDUSTRIAL: 1975-1985

A CRISE INDUSTRIAL: A crise industrial que afectou a tódolos países industrializados a partir do 1975, incidiu duramente sobre a industria española debido a :

1.- Causas externas

- O encarecemento da enerxía pola suba dos prezos do petróleo en 1973

- O esgotamento do ciclo tecnolóxico anterior e o inicio doutro novo ciclo, deixou ás tecnoloxías, sectores e sistemas de producción anteriores atrasados

- As novas tecnologías: microelectrónica, informática e telecomunicacións

- Os novos sectores industriais (como por exemplo a robótica) que sustitúen ós anteriores: electrometalúrxico e químico

- Os novos sistemas de producción flexible (descentralizada en pequenos establecementos) sustitúen ó sistema fordista

- As novas características da demanda requírese innovación e diversificación dos productos.

- A mundialización da economía e a competencia dos novos países industrializados os diversos territorios especialízanse nos sectores nos que teñan vantaxes , este feito provocou a alteración tradicional da industria, pois xurdiron novos países industrializados (maioritariamente asiáticos), especializados moitos deles en industrias tradicionais e en sectores de montaxe moi competitivos polo baixo custo da man de obra, facendo deste xeito que os prezos de venda sexan máis baratos que noutros países industrializados e impedindo competir con eles.

2.- Causas internas

- Diferencias estructurais da industria española que consumía moita enerxía e traballo, os máis afetados pola crise, a insuficiente modernización tecnolóxica, a dependencia exterior e o endebedamento…

- Conxuntura histórica (morte de Franco) xenerando incertidume.

Page 8: O SECTOR SECUNDARIO ESPAÑOL

CONSECUENCIAS DA CRISE

Como consecuencia da crise pecháronse moitas empresas, caeron os beneficios, aumentando o endebedamento e o paro, diminuiu a aportación industrial ó PIB. Para frear a crise, os países da OCDE, tomaron unha serie de medidas:

1. - Reconversión industrial

- O seu obxectivo foi garantir a viabilidade a medio plazo das industrias en crise, mediante reformas necesarias para adaptalas ó novo ciclo tecnolóxico e ó mercado en condicións de competitividade

- As actuacións baseáronse no axuste entre oferta e demanda, eliminando o exceso de capacidade, regulando a platilla…

- A reconversión afectou a sectores maduros ( naval, metalmecánico…), os resultados,foron os seguintes: o calzado e confección e outras pequenas industrias, afectados duramente pola crise quedaron excluídas, a e a reducción do emprego, afectou principalmente ás ramas metalmecánicas e ás grandes empresas.

2.- Reindustrialización: Levouse a cabo en dous vertentes:

- A modernización tecnológica dos sectores que, sometidos á reconversión presentasen viabilidade futura.

- A creación de novas actividades de futuro, creándose a ZUR ( Zonas de Urxente Reindustrialización). Delimitáronse seis ( Galicia, Asturias, a zona de Nervión, Barcelona, Madrid e Cádiz), podía solicitar a súa inclusión nunca ZUR, as empresas que realizasen a instalación, ampliación ou translado de fábricas a estas áreas, sempre e cando xenerasen postos de traballo e fosen viables, a cambio recibirían subvencións.

- Como resultado, creceu a inversión a diversificación industrial de zonas que antes estaban moi especializadas. Pero, tamén xenerou menos emprego do previsto, as axudas beneficiaban ás grandes empresas, ocasionándose graves desequilibrios rexionais.

AUTORÍA: Ainara Lizarralde e María Villar

Page 9: O SECTOR SECUNDARIO ESPAÑOL

III.- PRODUCCIÓN INDUSTRIAL E ESTRUCTURA INDUSTRIAL

1.- PRODUCCIÓN INDUSTRIAL:

Durante 1855- 1975 adoptáronse as innovacións técnicas da primeira e da segunda revolución industrial.

Na segunda metade do século XIX a primeira revolución industrial potenciou a industria siderometalúrxica, localizada en Andalucía e no País Vasco e a industria téxtil do algodón en Cataluña.Desde o primeiro tercio do século XX os sectores motrices foron os relacionados coa segunda revolución industrial:

- Os sectores básicos foron impulsados polo Estado na época franquista a través do Instituto Nacional de Industria. O INI organizado como un holding estatal, fomentaba os sectores estratéxicos que requirían fortes investimentos e proporcionaban escasas rendibilidades, polo que non resultaban atractivos para o investimento privado.

- As industrias de bens de consumo medraron en paralelo o nivel de vida da poboación.

- As industrias de bens de equipo tiveron un desenvolvemento menor, reflexo do atraso tecnolóxico español.

2.- ESTRUCTURA INDUSTRIAL:

Cristalizou en 1855-1975 cos seguintes trazos:

A) O sistema de producción adoptou a fabricación en serie, que elaboraba grandes cantidades de artigos homoxéneos e baratos pero existían numerosas pequenas fábricas que utilizaban sistemas de producción tradicionais.

B) A man de obra requirida por este sistema era abundante e pouco cualificada.

C) O tamaño das empresas caracterizouse por:

- As pequenas empresas orientaron cara a producción de bens de consumo e en moitos casos sobreviviron gracias a política proteccionista.

Page 10: O SECTOR SECUNDARIO ESPAÑOL

- Grandes empresas: estiveron vinculadas a industria pesada.

D) O atraso tecnolóxico e a dependencia tecnolóxica, financeira e enerxética do exterior foi favorecido pola política proteccionista que, non estimulou ao empresariado a adoptar as innovacións técnicas necesarias:

- A dependencia tecnolóxica debíase a escasa capacidade de innovación propia.

- A dependencia financeira motivada polo insuficiente investimento de capitais nacionais e o escaso autofinanciamento das empresas.

- A dependencia enerxética proviña da incapacidade da producción nacional de carbón e de hidrocarburos. En consecuencia, as múltiples limitacións da súa industria situárona nunha situación periférica no contexto mundial.

AUTORÍA: Noelia Campos Rguez, Beatriz Freaza e María Rita Gayoso Galiñanes

Page 11: O SECTOR SECUNDARIO ESPAÑOL

IV.- FACTORES DE LOCALIZACIÓN E AREAS INDUSTRIAIS:

1.- FACTORES E TENDENCIAS DE LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL

A localización, función da maximización do beneficio e minimización dos custos.

A) Factores clásicos da localización industrial: Entre 1855-1975 destacaron os factores “ clásicos” de localización industrial::

- A proximidade ás materias primas e fontes de enerxía.

- A existencia dun mercado de consumo amplo que lles asegura ás empresas un mínimo de rendibilidade e propicia as economías de escala.

- A presencia de man de obra preparada, abundante e barata

- A existencia de bos sistemas de transporte para os productos.

- A dispoñibilidade de capital ou a capacidade de atraelo.

- A existencia de sectores de apoio, industriais e de servicios que funcionen de forma eficiente e de boas infraestructuras e equipamentos.

- A política industrial do Estado que pode favorecer a implantación industrial en determinadas áreas mediante a concesión de incentivos.

Ata a crise industrial de 1975, os factores que máis pesaban na localización eran a proximidade os recursos naturais, a existencia de mercados de traballo e consumo e de bos sistemas de transporte.

Deron lugar a localizacións diferentes: áreas de base extractiva xunto ós recursos naturais, áreas de base portuaria e núcleos urbanos.

B) A tendencia á concentración industrial:A industria tendeu a concentrarse en grandes aglomeracións urbano-industriais, onde as empresas podían beneficiarse dunha acumulación de vantaxes e das economías externas: facilidades para o abastecemento, o transporte, a obtención de man de obra, as vendas; a existencia de servizos para a xestión e o mantemento; a abundancia de equipamentos;o acceso de información e a innovación, etc..... Son as vantaxes das economías de aglomeración (tenden a atraer a estes lugares a un numero crecente de industrias dependentes ou relacionadas coas existentes)

Page 12: O SECTOR SECUNDARIO ESPAÑOL

2.- ÁREAS INDUSTRIAIS A) Desde os seus inicios a industria española concentrouse na periferia peninsular e en Madrid. Nelas, xurdiron areas industriais de diversos tipos relacionados coa localización:

- As áreas de base extractiva, vinculadas á transformación dun recurso voluminoso localizáronse xunto ós xacementos da materia prima.

- As áreas de base portuaria organizáronse xunto a varios portos que aseguraban o aprovisionamento ou a saída dos productos.

- As áreas urbano-industriais xurdiron nas cidades preto da estación ferroviaria, que actuaba como punto de ruptura de carga de mercadorías.

B) Durante o primeiro tercio do século XX e na época franquista os desequilibrios territoriais no reparto da industria.

- As rexións industriais anteriores afianzaron a súa hexemonía ó concentrar un nº crecente de industriais.

- As rexións da franxa cantábrica amosaron unha acusada especialización en sectores básicos e predominio da gran fábrica, en casos de titularidade pública, baixo o control do INI.

- As rexións mediterráneas tiveron máis diversificación e maior peso da industria lixeira e das pequenas empresas.

- A área de Madrid consolidou a súas industrias grazas á política centralista do franquismo e á súa posición como nó de comunicacións.

- Ademais apareceron algúns espazos industriais novos: eixes industriais nacionais ó longo das principais vías de comunicación entre as rexións máis industrializadas; eixes de promoción industrial e enclaves industriais illados resultantes da política industrial que fomentou os Polos de promoción ou de desenvolvemento.

- No resto do espacio español a industrialización foi escasa.

AUTORÍA: Noelia Campos Rguez, Beatriz Freaza e María Rita Gayoso Galiñanes

Page 13: O SECTOR SECUNDARIO ESPAÑOL

V.- PROBLEMAS E POLITICA INDUSTRIAL

PROBLEMAS DA INDUSTRIA

Diferenciamos entre problemas estructurais, territoriais e ambientais.

PROBLEMAS ESTRUCTURAIS:

1.- Predominio dos sectores industriais en crise.

2.- Dimensión inadecuada das empresas e en consecuencia os seus productos son máis caros e menos competitivos.As empresas españolas son pequenas ou medianas, pero xeran emprego ao reaccionar con mayor axilidade e flexibilidade aos cambios e presentar menor conflictividade laboral.

3.- Escasa investigación. O investimento en I+D é moi reducido (Actualmente, é menor do 1% do PIB) e concentrados sectorial, empresarial e territorialmente.

4.- Tecnoloxía atrasada e dependente de patentes extranxeiras, o que reduce a exportación.

As principais consecuencias desta estructura son a baixa productividade e calidade, o maior prezo dos productos e menor competitividade, así como a consolidación da posición semiperiférica de España no contexto internacional.

DESEQUILIBRIOS TERRITORIAIS:

Existen claros contrastes agravados pola tendencia dos sectores máis dinámicos a localizarse nas rexións máis avanzadas.

As desigualdades no repartimento espacial da industria son á súa vez fontes doutros desequilibrios territorias no repartamento da poboación, na riqueza, na dotación de infraestructuras, equipamentos e servicios sociais e no peso político.

Page 14: O SECTOR SECUNDARIO ESPAÑOL

PROBLEMAS AMBIENTAIS:

1.- O uso abusivo dos recursos naturais que leva á sobreexplotación e ó seu esgotamento.

2.- Contaminación do medio (emisións de gases e de residuos). Os seus principais efectos son: a contaminación atmosférica, a contaminación das augas mariñas e continentais e a contaminación do solo.

3.- Degradación do valor estético da paisaxe durante a construcción das instalacións que o posterior baleirado industrial, derivado do abandono ou obsolescencia da actividade, inutiliza para outros usos.

AUTORIA: Laura González Collazo

Page 15: O SECTOR SECUNDARIO ESPAÑOL

POLÍTICA INDUSTRIAL

A forte intervención estatal caracterizouse polos seguintes trazos:

a) A política proteccionista que libraba a industria española da competencia externa e estimulaba o crecemento da industria, desincentivou a súa modernización técnica.

b) Creáronse empresas públicas en sectores estratéxicos ao marxe da iniciativa privada.

c) Adoptáronse medidas para corrixir os desequilibrios territoriais na distribución da industria e do desenvolvemento da etapa franquista.

Para levar a cabo a promoción industrial emprendéronse diversas accións:

- Os polos de promoción e de desenvolvemento, inspirados na planificación industrial francesa. Partiuse de que era inevitable a polarización territorial do crecemento.

- Os polos do desenvolvemento industrial implantáronse en cidades con certa base industrial. Os polos de promoción leváronse a cabo en áreas deprimidas, que esixían maiores investimentos en infraestructuras e subvencións. As industrias que se instalaron nelas debían axustarse ó tipo de actividade pola que recibían os diversos incentivos.

Resultados:

- Os investimentos e os postos de traballo creados foron inferiores ás previsións e escaso efecto dinamizador sobre as industrias do contorno.

- Incapaz de frear as tendencias espontáneas da industria a se concentrar nas zonas tradicionais, esta política acrecentou as desigualdades intrarrexionais nas áreas máis desfavorecidas, ó concentrar demasiado a actividade industrial en determinadas zonas.

- Outras actuacións encamiñadas concederon un trato preferente e incentivos ás industrias que se instalasen en certas áreas ou polígonos industriais; son as chamadas Zonas de preferente localización industrial, Polígonos de preferente localización industrial e Grandes áreas de

Page 16: O SECTOR SECUNDARIO ESPAÑOL

expansión industrial (GAEI), creadas no III Plan de Desenvolvemento e que abarcaban todo o territorio das rexións atrasadas. Nelas fomentouse a creación de eixes de desenvolvemento, unha sucesión de núcleos urbanos e industriais interrelacionados mediante redes de comunicación.

- Para desconxestionar as grandes aglomeracións urbano-industriais creáronse polígonos de desconxestionamento industrial, próximos a elas, incentivándose o traslado de parte da industria procedente das áreas máis saturadas.

AUTORÍA: Noelia Campos Rguez, Beatriz Freaza e María Rita Gayoso Galiñanes