O silencio
-
Upload
nuria-m-nunez-elissetche -
Category
Documents
-
view
311 -
download
12
Transcript of O silencio
Se os españois falásemos só e exclusivamente do que sabemos, produciríase un gran silencio que nos permitiría pensar.(Manuel Azaña)
Nada fortifica tanto as almas como o silencio; que é como unha oración íntima en que ofrecemos a Deus as nosas tristezas.(Jacinto Benavente)
A nosa xeración non se terá lamentado tanto dos crimes dos perversos, como do estremecedor silencio dos bondadosos.(Martin Luther King)
Custa máis responder con graza e mansedume, que calar con desprezo. O silencio é, ás veces, unha mala resposta, unha resposta amarguísima.(Gar Mar)
A democracia non é o silencio, é a claridade con que se expoñen os problemas e a existencia de medios para resolverlos.(Enrique Múgica Herzog)
A palabra máis soez e a carta máis groseira son mellores, son máis educadas que o silencio.(Friedrich Wilhelm Nietzsche)
A area do deserto é para o viaxeiro fatigado o mesmo que a conversación incesante para o amante do silencio.(Proverbio persa)
De todas as reaccións posibles ante unha inxuria, a máis hábil e económica é o silencio.(Santiago Ramón y Cajal)
A poesía foxe, ás veces, dos libros para aniñar extramuros, na rúa, no silencio, nos soños, na pel, nos entullos, incluso no lixo. Onde non adoita gorecerse nunca é no verbo dos subsecretarios, dos comerciantes ou dos lambidos de televisión.(Joaquín Sabina)
Son tan partidario da disciplina do silencio que podería falar horas enteiras sobre ela.(George Bernard Shaw)