O tempo segue pasando, as pegadas no camiño nunca rematan · de Touriñán conflúen as principais...

2
MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR Concello de Muxía Muxía C O S T A D A M O R T E O tempo segue pasando, as pegadas no camiño nunca rematan Oficina de información turística e de atención ao peregrino: 981 742 001 981 742 563 A través das voces dos que son e viven aquí, dos que traballan a carón ou no noso mar, dos que gozan nel no seu tempo de ocio; e tamén a través das voces de quen aquí chegou e se sentiu atraído pola esencia desta terra salga- da... A través de todas estas voces, queremos contarvos que é Muxía! Entra na nosa canle de YouTube para escoitalas e ver que máis teñen que dicir! Gonzalo López Abente, o poeta do mar ¡O mar! ¡O meu mar! ¡O mar que eu vexo, nestes días de inverno, gris, abalante, inquedo, forte e rexo, a cólera a roubar do fondo averno e a bater na orelas, escumante de rabia e de furore, nun épico loitar! www.youtube.com/caminandocaraomar TV TV www.caminandocaraomar.com

Transcript of O tempo segue pasando, as pegadas no camiño nunca rematan · de Touriñán conflúen as principais...

MINISTERIODE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓNY MEDIO AMBIENTE

CONSELLERÍA DO MEDIO RURALE DO MAR

Concellode Muxía

MuxíaCO

ST A

D A M O R T E

O tempo segue pasando, as pegadas no camiño nunca rematan

Oficina deinformación turística

e de atenciónao peregrino:

981 742 001981 742 563

A través das voces dos que son e viven aquí, dos que traballan a carón ou no noso mar, dos que gozan nel no seu tempo de ocio; e tamén a través das voces de quen aquí chegou e se sentiu atraído pola esencia desta terra salga-da... A través de todas estas voces, queremos contarvos que é Muxía! Entra na nosa canle de YouTube para escoitalas e ver que máis teñen que dicir!

Gonzalo López Abente,o poeta do mar

¡O mar!¡O meu mar!¡O mar que eu vexo,

nestes días de inverno,

gris, abalante,

inquedo, forte e rexo,

a cólera a roubar do fondo averno

e a bater na orelas, escumante

de rabia e de furore, nun épico loitar!

www.youtube.com/caminandocaraomar

TV

TV

www.caminandocaraomar.com

“O percebe de Muxía é moi bo, en calidade e en sabor. Ás veces,

próboo cando o estou collendo e ten unha frescura, un sabor

a mar inexplicable.”

Mª del Mar Campos VilelaPercebeira

“Muxía é todo mar. O mar inflúe de tal maneira que a xente está totalmente condicionada polo mar: a terminoloxía lingüística, as referencias no tempo…”

Xan Fernández CarreraHistoriador

“Moraime estivo habitado desde a Idade de Bronce, despois foi unha

vila romana e un asentamento xermánico. Foron os monxes bieitos quen autorizaron as primeiras casas

na península de Muxía.”

Manuel Vilar ÁlvarezAntropólogo e autor do estudo “Moraime. O tesouro escondido da Costa da Morte”

María Domínguez VentínAsociación de Mulleres Encaixeiras de Muxía

“Aquí pódese pescar de todo porque na zona de Touriñán conflúen as principais correntes oceánicas: a de Humboldt, a de Groenlandia

e a que vén de Ciudad del Cabo.”

Xosé Búa Trillo Mariñeiro

“Touriñán ocupa o trono de ser o último mirador do sol de Europa.”

Jorge Mira PérezCatedrático de Física Aplicada (USC)Autor do estudo “Análise de liñas de ocasono occidente de Europa”

“Os albergues son case unha embaixada para os que veñen de fóra.”

Enrique Antonio Álvarez LodeiroHospitaleiro no Albergue de peregrinos do Xacobeo

“Muxía non ten nada que ver coa miña obra pero, inconscien-temente, en toda ela se percibe a sensación do mar.”

Yoshiro TachibanaPintor xaponés afincado en Muxía

“Desde os 4 anos, levo sesenta palillando todos os días. O encaixe é unha vida e non se debía perder. Aquí en Muxía sacou a moita xente da fame, sobre todo na guerra. Había moitos compradores e exportábase a varios países de Suramérica.”

Chete Pose GonzálezGardián do legado do fotógrafo Ramón Caamaño

“Ramón Caamaño era a persoa máis namorada de Muxía que podía haber.

O seu legado suma moitas máis de 50.000 fotos.”

“Nemiña é un paraíso para a práctica do surf. É moi diferente

a outras praias rodeadas de urbanización. É un sitio moi

solitario, tranquilo e en contacto coa natureza.”

Felipe Sar MarcoteSurfista

Juan Diz MartínezProdutor artesanal de congro

“O congro non se prepara de calquera maneira e os buratos hai que saber facelos... É artesanía pura e dura.”

Alexandro Pintor ourensán afincado en Muxía

“A miña relación con Muxía é a paz que me dá. Non teño problemas con nada nin con ninguén e isto é unha maravilla para un pintor.”

Judith Edward BurrowsVoluntaria escocesa do Camiño de Santiago

“En Muxía hai moita beleza e camiñar por aquí é unha delicia. Os veciños xa empezan a darse conta. Tamén os turistas e os peregrinos, que volven e recomendan vir.”

Muxía é...