OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de...

19
OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 Agosto de 2013 Félix Rodríguez Míguez [email protected]

Transcript of OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de...

Page 1: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

OBRADOIRO DE GAITA GALEGA

Andanças 2013

Agosto de 2013 Félix Rodríguez Míguez

[email protected]

Page 2: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 2

Índice

Comezando............................................................................................................................. 3

Dixitación............................................................................................................................... 3

Tempero.................................................................................................................................. 8

Afinación................................................................................................................................ 9

Afinación do ronco......................................................................................................................................9

Afinación con outra gaita...........................................................................................................................10

Ornamentación.....................................................................................................................11

Repertorio............................................................................................................................. 12

Documentos..........................................................................................................................19

Page 3: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 3

Comezando

A dúbida é sempre que explicar en tan pouco tempo, como no obradoiro no que estamos. Unobradoiro no que non se sabe a priori quen vai asistir, nin que nivel vai ter, nin que busca nunobradoiro deste tipo. O ideal sería saber con antelación o que procura cada un e adecuar o obradoiroa ese tema en concreto. Como non é así, a idea é por o obxectivo naquelas cousas nas que o músicoque aprende soe ter máis problemas.

Queda entón por escrito aquilo que non dará tempo a explicar no propio obradoiro deixandoaberto o proceso a futuras cuestións.

Búscase un saber compartido, un cruce de coñecementos. Trátase de aprender. Nos doussentidos. A verdade absoluta non existe, e menos nun instrumento popular/tradicional como é agaita, onde cada gaiteiro ten o seu libriño, a súa maneira de tocar, a súa maneira de expresarse.Tendo isto en conta, tratade este obradoiro como unha guía, e mantede sempre ollos, e ouvidos,críticos, collede o que vos gusta, deixade o que non. Non hai nada que non sexa cuestionable.

Para comezar imos dicir que imos falar da gaita de fol, de punteiro cónico de lingüeta dobre(palleta). Porque tamén existen outros tipos de gaitas na Galiza (Consultar Instrumentostradicionais galegos de Pablo Carpintero)

Dixitación

Hai dous tipos de dixitación, simplificando o tema, na gaita galega. A dixitación aberta e apechada.

Para cada dixitación necesitamos dun punteiro distinto. Isto é, tamén existen instrumentos enaberto e en pechado. Isto non evita que se poidan usar algunhas posturas dunha dixitación ou outraen calquera dos punteiros, pero hai que saber que algunhas posturas non son intercambiables. Émáis, nalgunhas notas haberá que buscar a mellor postura que soe en cada punteiro, e incluso haberáque usar distintas posturas en función do fraseo da melodía ou da ornamentación que se queiraconseguir. No toque pechado existen distintos grados, de tal forma que se fala de tocar en pechadoou semi-pechado. No toque aberto é moi habitual incluír algunhas posturas do pechado porpresentar unha mellor afinación.

Estas son algunhas das dixitacións que se poden usar. As táboas son as usadas por DanielBellón e Juan Luna (extraída do seu libro “O gaiteiro técnico”). No libro “Cancionero musical deGalicia” tamén se inclúen táboas de dixitación.

Page 4: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 4

Page 5: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 5

Page 6: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 6

Page 7: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 7

Page 8: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 8

Tempero

O tempero é tremendamente importante á hora de tocar a gaita. Sen un bo tempero de nadavale mover moi ben os dedos. Aquí van uns consellos a ter en conta:

- A presión que ten que haber no fol provocada polo brazo ten que ser sempre a mesma, da igual sese está introducindo ar ou non.

- É aconsellable non encher de todo o fol. Teremos máis control sobre a presión de ar se temos quepremer sempre un pouco. Tamén nos dará facilidade á hora de facer cortes de son (silencios).

- Soprar de maneira profunda e longa sen provocar cambios bruscos na presión do fol.

- Non deixar que o fol se baleire en exceso. O control faise máis difícil e pode provocar variaciónsno tempero.

- A presión coa que se comeza a tocar provócase co brazo de maneira que o ronco non comece asoar antes que o punteiro. Esta presión será a que se manteña durante todo o tempo que se toque. Nocaso de tocar con outra gaita, o tempero buscará afinar coa outra gaita, de maneira que antes detocar se buscará o tempero ideal para tocar. O tempero que se use para afinar haberá que usalotamén para tocar.

- O ronco, e a ronqueta e/ou o chión, soarán en todo momento co punteiro. O son da gaita estáformado por todos os tubos sonoros. (Son excepcións os casos nos que se procuren efectos distintose se provoque o son do ronco en momentos distintos ao do punteiro).

- A colocación do fol baixo o brazo é moi importante. Buscar sempre unha postura cómoda paratocar sen subir o ombreiro e mantendo unha postura o máis estable posible. O músico coloca o seuinstrumento para tocar, non se “adapta” a el.

- En moitas ocasións provócase unha presión maior ao final da peza para evitar que soe o ronco aorematar. Tamén se producen “golpes” xusto cando se remata. Isto é provocado por querer desfacersedo ar sobrante ao final. Provócase deste xeito unha desafinación e un efecto brusco que haberá queevitar. Todo isto evítase se non se enche de todo o fol e a acción que hai que procurar é a de separaro brazo cando se deixa de tocar, e non ao revés.

- O tempero que se use será tal que faga que todas as notas soen afinadas e sen estridencias,incluíndo aquí ornamentación e picados. Se para afinar temos que premer inadecuadamente será omomento de manipular a palleta para conseguir a afinación correcta.

Page 9: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 9

Afinación

O tema da afinación da gaita é moi extenso e non será posible abordala nun tempo tanpequeno. Traballar a afinación é un proceso continuado e constante que implicará un traballo enmoitos aspectos da aprendizaxe da gaita: afinación do punteiro, afinación do ronco, tempero,manipulación da palleta, escoita atenta e permanente. En definitiva, un traballo completo que taménirá incidindo na percepción da propia afinación.

Ao ser un instrumento de vento no que se provoca o son a través de lingüetas simples(ronco, ronqueta, chión) e lingüetas dobres (punteiros, chión) as vibracións no son indican cando seproduce unha afinación (non hai vibración, non hai choques entre frecuencias) e unha desafinación(choques de frecuencias que provocan que o son vibra). Esta afinación non coincidirá coa escalatemperada, pois para que non se produzan variacións as frecuencias teñen que ser múltiplas unhasdas outras. Na escala temperada, ao forzar que entre unha nota e outra exista a mesma distancia, asfrecuencias deixan de ter unha relación de múltiplo. Para profundar máis neste campo consultar odocumento Afinación: Escala natural ou temperada.

Sempre que se fala de afinación hai que falar de dedicarlle moito tempo. De feito, diríaseque hai que dedicarlle todo o tempo: Cando se toca, cando se escoita a outro gaiteiro.

A afinación do propio punteiro é un proceso que excede este obradoiro. A modo de guíapódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta.

(Nota: Imos considerar a gaita como un instrumento transpositor de tal maneira que calqueraque sexa a tonalidade do punteiro, chamaráselle do á posición da tónica do punteiro)

Afinación do ronco

Supomos que o punteiro está compensado e afinado. O son do ronco debe ser a tónica dopunteiro pero dúas oitavas por debaixo. Afinar o ronco consiste en buscar exactamente esta nota.

Para subir o ton do ronco, hai que pechalo. E para baixar o ton do ronco, hai que abrilo. Ousexa canto máis grande sexa a vara do ronco, máis grave soará, e canto máis pequeno, máis agudo.

Partimos do son do punteiro, que non vai variar, e que trataremos de tocar cun temperoconstante, pois se o tempero varía, varía tamén a afinación do punteiro e do ronco.

O ronco pode estar máis agudo ou máis grave que o punteiro (tendo en conta as dúas oitavasde diferencia) e haberá que conseguir que coincidan. Non hai máis que pechar o ronco se este seatopa máis grave, e abrilo se está agudo, sempre en relación co son do punteiro. Se “escoitamos”estas diferenzas e somos conscientes das alturas dos sons, só hai que mover o ronco para afinalo.

Vexamos como afinar o ronco se non somos capaces de escoitar estas diferenzas.

Se o son varía (prodúcense vibracións) coa posición de do o ronco non está afinado. Comosaber se está agudo ou grave? Probaremos:

- Tapamos a modo co dedo meniño o buraco do si. Se a vibración é menor quere dicir que oson aproxímase máis a este ton que ao de do. Polo tanto o ronco está máis grave que o punteiro.Para conseguir que soe máis agudo, pecharemos un pouco o ronco.

Page 10: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 10

- Destapamos a modo o dedo da tónica (posición de do) variando a afinación cara o agudo.Se a vibración é menor é que o son aproxímase ao son do ronco. Polo tanto o ronco está máis agudoque o punteiro e haberá que abrir un pouco o ronco.

Este proceso haberá que repetilo ata que escoitemos como o ronco e o punteiro fan soar amesma nota e non haxa batemento no son.

Require moita atención e moitas repeticións para poder captar cando se atopa afinado ecando non.

Afinación con outra gaita

Esta proposta de exercicio pode axudarnos a ser conscientes do son da gaita e da súaafinación:

- Partimos de dúas gaitas o máis compensadas posible e afinadas á mesma altura. Éaconsellable que estean afinadas cun afinador a 440Hz, mais non é imprescindible.

- Unha das gaitas mantense soando na tónica do punteiro. Terá que manter o tempero o máisconstante posible.

- A outra gaita comezará soando na tónica. Cando escoite que soan afinadas, mudará a notasubindo unha. Cando escoite que soan afinadas, mudará outra vez a nota.

- Hai intervalos moi complicados, e pódese comezar coas notas do arpexo principal (do, mi,sol, do) e despois ir facendo soar as demais notas.

- Os dous gaiteiros escoitan e teñen que sentir que se atopan afinados antes de cambiar denota.

- Intercámbianse os papeis. O que foi mudando de nota, mantense na tónica, e o que semantiña na tónica, vai mudando de nota.

- A escoita consciente e a percepción da afinación/non afinación tamén se realiza dende fóra,de tal maneira que o exercicio tamén serve para os que non tocan nese momento.

Page 11: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 11

Ornamentación

A ornamentación na gaita é o carácter de cada gaiteiro e, polo tanto, os recursos serán usadossegundo o gusto de cada un. Aínda así hai recursos moi habituais que conforman a linguaxe da gaitagalega. Vemos uns poucos para ir aplicando aos temas do repertorio:

- Apoiatura. Paso por unha nota superior ou inferior á nota que se da. É moi habitual resolverdesta forma na tónica.

- Picado. Realízanse con dedos que se atopan por riba da nota que se está dando. Poden serpara repetir unha nota ou como efecto de ornamentación para destacar unha nota.

- Batemento. Realízanse con dedos que se atopan por debaixo da nota que se está dando.Resultan máis suaves que os picados para repetir unha nota.

- Cando se repite unha nota máis dunha vez poden usarse picados e/ou batementos, ou unhacombinación dos dous.

- Mordente. Alternancia rápida da nota principal coa nota inmediatamente superior ouinferior por grados conxuntos. Normalmente en parte forte do compás, pero tamén pode ser en partedébil.

Existen moitas formas de ornamentar. Aquí vense unhas poucas. O máis importante é serconsciente completamente do movemento dos dedos cando se está tocando. A ornamentación nondebe interferir na melodía que se está a tocar, tan só debe adornala.

A proposta de exercicio é tocar unha melodía sen ningún adorno, completamente lisa. Antesde introducir ningún adorno asegurarse de que o ritmo non sufre ningunha modificación. Só entón iradornando pouco a pouco sen que o ritmo se vexa interferido.

Page 12: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 12

Repertorio

Page 13: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 13

Page 14: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 14

Page 15: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 15

Page 16: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 16

Page 17: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 17

Page 18: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 18

Page 19: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA Andanças 2013 · A modo de guía pódese consultar o Manual Linares de manipulación da palleta. (Nota: ... Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013

Obradoiro de gaita galega – Andanças 2013 19

Documentos

Fanse referencia a varios documentos que se entregan tamén:

• Afinación – Escala natural ou temperada• Cancionero Musical de Galicia – Casto Sampedro• Instrumentos tradicionais galegos – Pablo Carpintero• Manual Linares de manipulación da palleta• Palletas e pallóns

Arquivos de audio (en mp3)

• A Carrasqueira – Os Campaneiros de Vilagarcía de Arousa• Jota Muxicas - Muxicas• Muiñeira da costa – Ricardo Portela• Muiñeira dos Dezas I – Os Dezas de Moneixas• Muiñeira dos Dezas II – Os Dezas de Moneixas• Pasodobre dos Areeiras / Pachín, pachín – Os Irmandiños de Vincios• Vals dos vellos – Airiños do Parque de Castrelos• Xa non te quero / Entrenzado de Allariz – Os Irmandiños de Vincios

Partituras

• A carrasqueira• Foliada de Asén• Foliada de Campelo• Foliada dos Morenos• Jota Muxicas• Muiñeira do Morrazo• Muiñeira dos Dezas I• Muiñeira dos Dezas II• Pachín, pachín• Pasodobre dos Areeiras• Ruada de Rebordelo• Valse dos vellos• Valse no Quinteiro• Xa non te quero