Ola son lecra!

1
Ola son Lecra! Unha aperta moi forte Gústame moito estar entre os contos que tedes na escola. Gústame moito imaxinar aventuras con Cocorico, A Cebra Camila, Elmer,Tamén me encanta coñecer novos lugares e cousas novas. Nas vacacións de nadal fixen unha excursión a sitios fantásticos. Pasei por Baroña, Campo Lameiro e Ribeira. Alí atopei cousas curiosas que nunca antes vira: debuxos nas rochas, unha especie de casa feita de rochas e todo un campo cheo de círculos feitos con pedras. Fixen unhas fotos moi chulas que vos envío. Óscar, o señor de vermello que aparece nunha das fotos, contoume que todas esas cousas as fixeron uns homes que viviron hai moito, moitísimo tempo. Moitísimo antes que os avós dos vosos avós. Como Óscar tiña moita présa non me puido contestar as mil preguntas que se me ocorrían. Como vivían? Como se vestían? Que comían? Seguro que a vós tamén se vos ocorren moitas preguntas sobre estes homes e mulleres tan antigos. Seica que lle chaman o home pres... prestórico, ou algo así. Non me lembro ben. Que vos parece se me axudades a coñecer máis cousas destes homes que viviron hai tanto tempo nos mesmos sitios que nós? Como sei que os de Dodro sodes unhas nenas e nenos moi listos de seguro que atopades moita información. Agardo saber das vosas pesquisas. A vosa amiga da biblioteca

Transcript of Ola son lecra!

Page 1: Ola son lecra!

Ola son Lecra!

Unha aperta moi forte

Gústame moito estar entre os contos que tedes na escola. Gústame moitoimaxinar aventuras con Cocorico, A Cebra Camila, Elmer,…

Tamén me encanta coñecer novos lugares e cousas novas. Nas vacaciónsde nadal fixen unha excursión a sitios fantásticos. Pasei por Baroña,Campo Lameiro e Ribeira. Alí atopei cousas curiosas que nunca antesvira: debuxos nas rochas, unha especie de casa feita de rochas e todo uncampo cheo de círculos feitos con pedras.

Fixen unhas fotos moi chulas que vos envío. Óscar, o señor de vermelloque aparece nunha das fotos, contoume que todas esas cousas as fixeronuns homes que viviron hai moito, moitísimo tempo. Moitísimo antes queos avós dos vosos avós.

Como Óscar tiña moita présa non me puido contestar as mil preguntasque se me ocorrían. Como vivían? Como se vestían? Que comían? Seguroque a vós tamén se vos ocorren moitas preguntas sobre estes homes emulleres tan antigos. Seica que lle chaman o home pres... prestórico, oualgo así. Non me lembro ben.

Que vos parece se me axudades a coñecer máis cousas destes homes queviviron hai tanto tempo nos mesmos sitios que nós? Como sei que os deDodro sodes unhas nenas e nenos moi listos de seguro que atopadesmoita información.

Agardo saber das vosas pesquisas.

A vosa amiga da biblioteca