OPERACIONS CON EFECTOS A COBRAR

2
I.E.S. DE ARZÚA C.S. DE ADMINSTRACIÓN E FINANZAS MÓDULO DE CONTABILIDADE E FISCALIDADE EXERCICIOS DE CONTABILIDADE DE REPASO OPERACIÓNS CON EFECTOS COMERCIAIS Facer todos os asentos que se derivan das situacións que se describen en cada punto, apuntando a data que corresponde a cada un deles. Os datos indicados a continuación son sen IVE a non ser que se ofreza algún dato que indique o contrario. 1. INSTRUMUSIC, S.A. é unha empresa dedicada á comercialización de instrumentos musicais de todo tipo e realizou durante o mes de xaneiro vendas por importe de 21.000 €, IVE incluído (8.000 € de pianos, 7.000 € de guitarras eléctricas e 6.000 € de frautas e clarinetes), cobro ao contado. 2. O 1 de febreiro presenta á aceptación diversas letras polos importes das vendas anteriores segundo o detalle seguinte: NOMINAL VENCEMENTO 5.000 € 15 de febreiro 3.000 € 28 de febreiro 4.000 € 15 de marzo 7.000 € 31 de marzo 2.000 € 15 de abril Todas as letras son aceptadas polo cliente nesa data. 3. O día 10 de febreiro levan o primeiro dos efectos ao banco en xestión de cobro. As condicións son: comisións de 0,5%, correo 0,50 €. Impago no seu caso: 0,2%, que se cobrará todo o que corresponda na data de vencemento 4. A data de vencemento o cliente abona o importe da letra e o banco actúa en consecuencia. 5. O 16 de febreiro endosa a seguinte letra a un provedor ao que lle debe 3.000 € e leva o resto das letras a descontar ao banco. Condicións: xuros 8%, comisións 0,50%, correo 0,50 €. Impago no seu caso: 0,2%. (Atención aos efectos endosados: hai risco de que se o cliente non paga o provedor exerza a acción de regreso e teñamos que pagarlle o importe. Debes crear unha conta nova para recoller esta situación que non está recollida no PXC PEMES. Como pista pensa que é unha conta parecida á 5208, pero que non se refira a entidades financeiras...) Páxina 1

description

Facer todos os asentos que se derivan das situacións que se describen en cada punto, apuntando a data que corresponde a cada un deles. 1. INSTRUMUSIC, S.A. é unha empresa dedicada á comercialización de 9. O 5º efecto tampouco é pagado. Falando coa empresa coñecemos que acaba Páxina 1 2. O 1 de febreiro presenta á aceptación diversas letras polos importes das 6. Supoñemos que chegado o vencemento do efecto endosado ao provedor iste é esperando a resolución do concurso .

Transcript of OPERACIONS CON EFECTOS A COBRAR

Page 1: OPERACIONS CON EFECTOS A COBRAR

I.E.S. DE ARZÚAC.S. DE ADMINSTRACIÓN E FINANZAS

MÓDULO DE CONTABILIDADE E FISCALIDADE

EXERCICIOS DE CONTABILIDADE DE REPASOOPERACIÓNS CON EFECTOS COMERCIAIS

Facer todos os asentos que se derivan das situacións que se describen en cada punto, apuntando a data que corresponde a cada un deles.

Os datos indicados a continuación son sen IVE a non ser que se ofreza algún dato que indique o contrario.

1. INSTRUMUSIC, S.A. é unha empresa dedicada á comercialización de instrumentos musicais de todo tipo e realizou durante o mes de xaneiro vendas por importe de 21.000 €, IVE incluído (8.000 € de pianos, 7.000 € de guitarras eléctricas e 6.000 € de frautas e clarinetes), cobro ao contado.

2. O 1 de febreiro presenta á aceptación diversas letras polos importes das vendas anteriores segundo o detalle seguinte:

NOMINAL VENCEMENTO5.000 € 15 de febreiro3.000 € 28 de febreiro4.000 € 15 de marzo7.000 € 31 de marzo2.000 € 15 de abril

Todas as letras son aceptadas polo cliente nesa data.3. O día 10 de febreiro levan o primeiro dos efectos ao banco en xestión de cobro.

As condicións son: comisións de 0,5%, correo 0,50 €. Impago no seu caso: 0,2%, que se cobrará todo o que corresponda na data de vencemento

4. A data de vencemento o cliente abona o importe da letra e o banco actúa en consecuencia.

5. O 16 de febreiro endosa a seguinte letra a un provedor ao que lle debe 3.000 € e leva o resto das letras a descontar ao banco. Condicións: xuros 8%, comisións 0,50%, correo 0,50 €. Impago no seu caso: 0,2%.(Atención aos efectos endosados: hai risco de que se o cliente non paga o provedor exerza a acción de regreso e teñamos que pagarlle o importe. Debes crear unha conta nova para recoller esta situación que non está recollida no PXC PEMES. Como pista pensa que é unha conta parecida á 5208, pero que non se refira a entidades financeiras...)

6. Supoñemos que chegado o vencemento do efecto endosado ao provedor iste é pagado polo cliente porque non recibimos devolución do mesmo do noso provedor.

7. O 3º efecto é cobrado polo banco porque tampouco ven devolto.8. O 4º efecto é devolto polo banco. Chamamos por teléfono ao cliente e

acordamos facer unha nova letra con vencemento o 3o de abril próximo máis os gastos de comisións e devolución orixinados por este efecto.

9. O 5º efecto tampouco é pagado. Falando coa empresa coñecemos que acaba de declararse en concurso de acredores porque non pode facer fronte ás súas débedas. Non nos dan esperanzas de cobrar. Contabilizamos en consecuencia esperando a resolución do concurso.

Páxina 1