OPERACIONS VARIAS 2

2
I.E.S. DE ARZÚA C.S. ADMINISTRACIÓN E FINANZAS MÓDULO DE CONTABILIDADE E FISCALIDADE EXERCICIOS DE REPASO 1 As cantidades son sen IVE, a non ser que se indique o contrario. Debes engadilo ti cando o consideres. IVE ao 18% para os cálculos que necesites. REPA,S.A. fai as seguintes operacións durante o trimestre: 1. Compra mercaderías a crédito por 10.000 €. En factura aparece un desconto por promoción de 100 €. O provedor factura ao mesmo tempo 200 € dun seguro e 250 € polos portes ata o almacén do cliente. 2. Venda de produtos transformados por REPA,S.A. por 18.000 €. Tamén vende envases para os mesmos por 180 € e portes por 300 € . A crédito. 3. O cliente anterior devolve un 10% do envío (1.800 €) cos seus correspondentes envases (….€) porque considera que están mal fabricados. Faise a factura de abono ou rectificativa correspondente. 4. Os gastos dos portes da devolución anterior dende o almacén do cliente ata os nosos almacéns van ao noso cargo e ascenderon a 60 € (IVE incluído) que pagamos en efectivo ao transportista. 5. Vendemos produtos fabricados na nosa empresa por 10.000 € e outros produtos que vendemos sen transformación por nós, por 5.000 €, seguro de transporte por 50 €. Cobramos ao contado polo banco, e debido a isto último facemos un desconto de 120 €. 6. Pagamos 100 € polo seguro das compras de mercaderías que realizamos durante todo o trimestre a AXA Seguros, S.A. 7. Enviamos un cheque de 2.000 € (total cheque) por un anticipo dun pedido de materias primas de 10.000 € 8. Recibimos as materias primas anteriores máis outras 3.000 € que pedimos despois. Aceptamos unha letra polo importe a pagar.

description

10.Recibimos unha nota de abono dun provedor por 950 € (en total) polas compras que lle fixemos durante o trimestre. 9. Pagamos 200 € polo transporte das compras de materias primas que realizamos durante o trimestre a Portes Mallón, S.A. 4. Os gastos dos portes da devolución anterior dende o almacén do cliente ata os nosos almacéns van ao noso cargo e ascenderon a 60 € (IVE incluído) que pagamos en efectivo ao transportista.

Transcript of OPERACIONS VARIAS 2

Page 1: OPERACIONS VARIAS 2

I.E.S. DE ARZÚAC.S. ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

MÓDULO DE CONTABILIDADE E FISCALIDADE

EXERCICIOS DE REPASO 1

As cantidades son sen IVE, a non ser que se indique o contrario. Debes engadilo ti cando o consideres. IVE ao 18% para os cálculos que necesites.

REPA,S.A. fai as seguintes operacións durante o trimestre:

1. Compra mercaderías a crédito por 10.000 €. En factura aparece un desconto por promoción de 100 €. O provedor factura ao mesmo tempo 200 € dun seguro e 250 € polos portes ata o almacén do cliente.

2. Venda de produtos transformados por REPA,S.A. por 18.000 €. Tamén vende envases para os mesmos por 180 € e portes por 300 € . A crédito.

3. O cliente anterior devolve un 10% do envío (1.800 €) cos seus correspondentes envases (….€) porque considera que están mal fabricados. Faise a factura de abono ou rectificativa correspondente.

4. Os gastos dos portes da devolución anterior dende o almacén do cliente ata os nosos almacéns van ao noso cargo e ascenderon a 60 € (IVE incluído) que pagamos en efectivo ao transportista.

5. Vendemos produtos fabricados na nosa empresa por 10.000 € e outros produtos que vendemos sen transformación por nós, por 5.000 €, seguro de transporte por 50 €. Cobramos ao contado polo banco, e debido a isto último facemos un desconto de 120 €.

6. Pagamos 100 € polo seguro das compras de mercaderías que realizamos durante todo o trimestre a AXA Seguros, S.A.

7. Enviamos un cheque de 2.000 € (total cheque) por un anticipo dun pedido de materias primas de 10.000 €

8. Recibimos as materias primas anteriores máis outras 3.000 € que pedimos despois. Aceptamos unha letra polo importe a pagar.

9. Pagamos 200 € polo transporte das compras de materias primas que realizamos durante o trimestre a Portes Mallón, S.A.

10. Recibimos unha nota de abono dun provedor por 950 € (en total) polas compras que lle fixemos durante o trimestre.