ORIENTACIÓN NA ESO
-
Upload
pedrofloriani -
Category
Education
-
view
29 -
download
2
Transcript of ORIENTACIÓN NA ESO
NORMAS BÁSICAS DA AULA
O alumnado deberá:
1. Pedir permiso para entrar na aula, saudar educadamente e amosar un trato respectuoso co resto das persoas.
2. Non deambular pola clase sen autorización do profesorado e sentar correctamente, evitando bambearse e facer ruídos.
3. Respectar as regras da comunicación no que se refire a escoitar a quen fala, respectar a quenda de palabra e ter en conta as opinións dos demais.
4. Os papeis e outro lixo non deberán ser botados nunca ao chan nin polas ventás.
5. Non pintar as mesas nin as cadeiras.
6. Evitar as condutas que alteran a atención da clase: rir de maneira indebida, berrar, mascar chicle, consumir alimentos, usar aparatos de música ou teléfonos móbiles (agás uso didáctico supervisado polo profesor/a).
7. Agardar a autorización do/a profesor/a para abandonar a aula; e antes de saír, deixar as mesas e as cadeiras en orde, a luz apagada e a porta pechada.
8. Está prohibido permanecer nas aulas durante o recreo (agás se se conta coa supervisión do profesorado).
9. Os traslados, entradas e saídas das aulas faranse de forma silenciosa e ordenada.
10. O alumnado, agás que cambie de aula, ten que permanecer dentro das aulas entre clases. Queda terminantemente prohibido ir ao baño nos cambios de clase; se precisa ir, agardará ao profesor que chegue e pediralle permiso.
NOTA: Este documento ten un carácter simplemente informativo e orientador
IES PEDRO FLORIANI
Rúa Pedro Floriani nº 2, C.P.: 36800
REDONDELA (Pontevedra)Telf: 986 40 19 11 Fax: 986 40 39 44
Correo electrónico: [email protected]
1º ESO (LOMCE)
A EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA:A ESO é una nova etapa educativa que se cursa despois da educación primaria e que se estrutura en dous ciclos: o 1º ciclo consta de 3 cursos (1º, 2º e 3º ESO) e o 2º ciclo que consta de 1 curso (4º ESO).
O alumnado promocionará de curso cando superase todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo e repetirán curso cando teñan avaliación negativa en tres ou máis materias, ou en dúas materias que sexan Lingua Galega e Literatura ou Lingua castelá e Literatura ou Matemática de forma simultánea.
HORARIO: Luns: de 9:00 h ás 14:30 h e de 16:50 h ás 18:30 hResto dos días: de 9:00 h ás 14:30 h
MATERIAS: En cada curso da ESO hai un conxunto de materias que todo alumnado debe cursar (troncais) e outras específicas e de libre configuración.
1º ESO
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4 h
MATEMÁTICAS 5 h
XEOGRAFÍA E HISTORIA 3 h
LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 4 h
1ª LINGUA ESTRANXEIRA 3 h
LINGUA GALEGA E LITERATURA 4 h
EDUCACIÓN FÍSICA 2 h
RELIXIÓN OU VALORES ÉTICOS 1 h
EDUCACIÓN PLÁSTICA, VISUAL E AUDIOVISUAL 2 h
2º LINGUA ESTRANXEIRA 2 h
TITORÍA 1 h
LIBRE CONFIGURACIÓN DO CENTRO 1 h
Total 32 h