Orientacions para alumnos_velocidad-concentracin
-
Upload
ceip-saco-e-arce -
Category
Education
-
view
70 -
download
5
Transcript of Orientacions para alumnos_velocidad-concentracin
Existen varios tipos de lectura :
Prelectura. Consiste en botar unha ollada ao texto. Serve para saber de qué trata.
Lectura Comprensiva. Realizase despois da prelectura. Lemos tranquilamente e enterándonos ben. Se temos dúbidas buscamos no dicionario ou preguntamos.
Lectura Informativa. Serve para buscar unha información concreta
Lectura Recreativa. É a lectura de textos que nos divirten ou entreteñen.
A VELOCIDADE E A CONCENTRACIÓN LECTORA
Si queres chegar a ser un bo lector, debes evitar algúns obstáculos: • Evita a vocalización. Consiste en mover os labios ou ler en voz alta. Se non vocalizas lerás máis rápido xa que a vista vai máis rápido que os labios. • Non movas a cabeza. Ten en conta que os ollos móvense máis rápido que a cabeza. A cabeza cansa antes que os ollos. • Evita ler seguindo o renglón con dedo. O dedo é máis lento que os ollos. O dedo pode tapar o texto. • Coidado coas regresións. As regresións consisten en volver atrás na lectura para ler lo que xa tiñas lido; para evitalas, non volvas a vista atrás e utiliza a técnica da tarxeta. • Evita a “repetición mental”. Consiste en pronunciar mentalmente cada palabra que lemos. Para evitala, le o máis rápido posible, estate atento e comprende o que les.
A continuación, veremos uns cantos TRUCOS para ler máis apresa: • TÉCNICA DA TARXETA. Consiste en acostumarte a mirar a parte de arriba das letras. • REDUCE O NÚMERO DE FIXACIONS. Cada parada que fan os ollos chámase fixación. Os ollos non ven durante o salto, so ven nas paradas, nas fixacións. Se reducimos o número de fixacións leremos máis apresa. • AMPLÍA O TeU CAMPO VISUAL. O campo visual é a distancia recorrida entre unha parada e a seguinte . Canto máis amplo sexa o teu campo visual, con maior rapidez lerás.
RECORDA QUE CANTO MÁIS EXERCITES A LECTURA, MELLOR LERÁS.