OS GREGOS NA PENÍNSULA IBÉRICA
description
Transcript of OS GREGOS NA PENÍNSULA IBÉRICA
OS GREGOS NA PENÍNSULA IBÉRICA
María Esther Rabuñal Bermúdez.
A TRAVÉS DOS MITOS
A 1ª viaxe dos gregos á P. Ibérica foi a través dos mitos, cando Heracles navegou á illa Eritía para roubarlle o rebaño de bois ó tricéfalo Xerión. Logo Xerión chegou ata Punta Herminia (A Coruña) e subiu ó cumio da torre onde loitou con Heracles 3 días e 3 noites, vencendo Heracles.
Como ofrenda pola victoria acendeuse unha fogueira que daría lugar ó actual faro.
A partir deso moitas xentes se acercaron para vivir alí.
PRIMEIROS VESTIXIOS GREGOS NA PENÍNSULA IBÉRICA
Durante os séculos VIII e VII, tras a fundación de Gadir e doutros enclaves dende Málaga ata Almería os fenicios estableceron un comercio para obter prata e surtir a demanda mediterránea e asiria.
O máis antigo achado na P. Ibérica é un fragmento dunha cerámica ática (770-760), que se atopou en Huelva.
PRIMEIRAS VIAXES DOS GREGOS.
Seguindo as rutas fenicias,os Focenses foron os primeiros en vir á P. Ibérica e utilizar grandes naves para descubrir o Adriático, o Tirreno, Iberia e Tartessos.
AMPURIAS.
Os Focenses tamén fundaron o Emporión (Ampurias) na baía de Rodas. A actividade concentrouse na zona limítrofe.
Estes establecementos da costa mediterránea non foron colonias, senón establecementos indíxenas abertos ó tráfico comercial, situados cara as rutas de penetración cara ó interior.
Foron a base politica, económica e financeira do sistema comercial grego en Iberia, o punto central das importacións áticas e exportacións destinadas ó Mediterráneo .
Templo de Asclepio.
A partir do s.V a.C. os territorios cercanos a Ampurias son explotados para obter productos demandados en Atenas,o que leva a aumentar as importacións.
Atopáronse dúas esculturas en 1909, consideradas como Daimon-Serapis e Apolo.
MOEDAS DE AMPURIAS
Os gregos tamén difundiron a moeda de prata cunha amplia gama de valores.
Óbolo acuñado en Ampurias.
<<
Dracma cuñado en
Ampurias.
>>
SIMBOLISMO DA CERÁMICA NA PENÍNSULA IBÉRICA
Era de uso cotiá, pero en Iberia aparece nun contexto funerario, como recipiente de cinzas dos mortos.
A decoración máis habitual eran escenas dionísicas de Eros, de banquetes, grifomaquias e amazomaquias.
Tamén aparece Ariadna, que atinxe á inmortalidade ó aceptar o amor de deus.
A partir do s. IV os Iberos fixeron imitacións dos gregos, pero con carácter propio.
OS GREGOS EN GALICIA.
Estrabón cría que Asclepiades de Mirtea estivo en Turdetania (Andalucía), e que os compañeiros de Tucro vivían entre os galaicos. Había unha moda que inventaba a orixe dos pobos enraizándoos con Grecia.
Bartolomé Sagrario de Molina (1550)dinos que Anfíloco fundou “Ourense”, Diomedes “Tui”,etc.
Efectivamnete hai indicios en topónimos e costumes, aínda que puido ser por contacto indirecto.
FIN