Os triángulos
Transcript of Os triángulos
![Page 1: Os triángulos](https://reader037.fdocumento.com/reader037/viewer/2022103017/557baa09d8b42aa6638b4704/html5/thumbnails/1.jpg)
Os triángulosOs triángulos
Educación plástica e visual4º ESO
![Page 2: Os triángulos](https://reader037.fdocumento.com/reader037/viewer/2022103017/557baa09d8b42aa6638b4704/html5/thumbnails/2.jpg)
Os triángulos
- Un triángulo é a figura plana limitada por tres rectas que se cortan dúas a dúas, polo tanto é o polígono de tres lados e tres vértices.- Os seus vértices, chámanse A, B, e C e son os puntos de corte das rectas que o definen.
- Os seus lados, a, b e c son os segmentos de ditas rectas limitados polos vértices.- Os ángulos noméanse polas letras gregas a (alfa), b (beta) e g (gamma) de vértices os do triángulo A, B e C.- Para nomear os elementos dun triángulo, lados e vértices opostos levarán o mesmo nome.
4º ESO - repaso
![Page 3: Os triángulos](https://reader037.fdocumento.com/reader037/viewer/2022103017/557baa09d8b42aa6638b4704/html5/thumbnails/3.jpg)
Os triángulos
- É o único polígono que non ten diagonais.- A suma dos tres ángulos interiores é igual o ángulo chan (180º) e poderá considerarse
sempre como a metade dun cadrilátero.
a + b + g = 180°- En todo triángulo o lado maior oponse ó ángulo máis grande e o máis pequeno é oposto ó ángulo menor.
- Para que tres segmentos sexan lados dun triángulo, a medida de calquera deles debe ser inferior á suma dos outros dous e maior que a súa diferencia. No caso contrario non é posible a existencia do triángulo (o triángulo non pecha).
a+b > c > a-b
![Page 4: Os triángulos](https://reader037.fdocumento.com/reader037/viewer/2022103017/557baa09d8b42aa6638b4704/html5/thumbnails/4.jpg)
\\ \
- Os triángulos clasifícanse polos seus lados e polos seus ángulos, en función desta clasificación reciben diferentes nomes:- polos seus lados: - equilátero a = b = c
- isóscele a = b = c - escaleno a = b = c
Polos seus ángulos: - acutángulo A, B e C < 90° - rectángulo A, B ou C = 90° - obtusángulo A, B ou C > 90°
4º ESO - repaso
![Page 5: Os triángulos](https://reader037.fdocumento.com/reader037/viewer/2022103017/557baa09d8b42aa6638b4704/html5/thumbnails/5.jpg)
- É imposible construír un triángulo con dous ángulos rectos ou con dous ángulos obtusos.
- É imposible a existencia dun triángulo equilátero rectángulo nin dun equilátero obtusángulo.
- Nos triángulos rectángulos o lado oposto ó ángulo recto chámase hipotenusa e sempre será o lado maior, os outros lados, contiguos ao ángulo recto chámanse catetos.
triángulos
![Page 6: Os triángulos](https://reader037.fdocumento.com/reader037/viewer/2022103017/557baa09d8b42aa6638b4704/html5/thumbnails/6.jpg)
4º ESO - repaso
- O ESCUADRO. É a metade dun cadrado dividido por unha diagonal.
- O CARTABÓN. É a metade dun triángulo equilátero dividido por unha altura.
![Page 7: Os triángulos](https://reader037.fdocumento.com/reader037/viewer/2022103017/557baa09d8b42aa6638b4704/html5/thumbnails/7.jpg)
Rectas e puntos notables
dun triángulo
Rectas e puntos notables
dun triángulo
![Page 8: Os triángulos](https://reader037.fdocumento.com/reader037/viewer/2022103017/557baa09d8b42aa6638b4704/html5/thumbnails/8.jpg)
Mediatriz dun lado
- É a recta perpendicular ó lado no seu punto medio.
Todo triángulo ten tres mediatrices, que se cortan nun punto chamado circuncentro.
O circuncentro equidista dos tres vértices, será polo tanto, o centro da chamada circunferencia circunscrita ó triángulo, que é aquela que pasa polos tres vértices.
triángulos – rectas e puntos notables
![Page 9: Os triángulos](https://reader037.fdocumento.com/reader037/viewer/2022103017/557baa09d8b42aa6638b4704/html5/thumbnails/9.jpg)
Altura relativa a un lado
- É o segmento da perpendicular a un lado que pasa polo vértice oposto, comprendido entre o vértice e o punto de intersección co lado.
Todo triángulo ten tres alturas que se cortan nun punto chamado ortocentro.
triángulos – rectas e puntos notables
![Page 10: Os triángulos](https://reader037.fdocumento.com/reader037/viewer/2022103017/557baa09d8b42aa6638b4704/html5/thumbnails/10.jpg)
Mediana relativa a un lado
- É o segmento que une o punto medio dun lado co seu vértice oposto.
Todo triángulo ten tres medianas que se cortan nun punto chamado baricentro.
O baricentro é o centro de gravidade dun triángulo.
triángulos – rectas e puntos notables
![Page 11: Os triángulos](https://reader037.fdocumento.com/reader037/viewer/2022103017/557baa09d8b42aa6638b4704/html5/thumbnails/11.jpg)
Bisectriz dun ángulo do triángulo
- É o segmento da bisectriz do ángulo comprendido entre o vértice e o punto de intersección co lado oposto.
Todo triángulo ten tres bisectrices, que se cortan nun punto chamado incentro.
O incentro equidista dos tres lados, polo que é o centro da circunferencia inscrita no triángulo e tanxente ós tres lados.
triángulos – rectas e puntos notables