Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de...
-
Upload
vuongthuan -
Category
Documents
-
view
216 -
download
0
Transcript of Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de...
![Page 1: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/1.jpg)
Papá bolechas doa sanguePapá bolechas doa sangue
![Page 2: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/2.jpg)
Papá bolechas doa sanguePapá bolechas doa sangue
Club
Podes informarte de todo o que acontece na familia Bolechas no noso teléfono 902 18 20 10
Terás vantaxes especiais, descontos, agasallos e poderás acceder aos divertidos xogos dos Bolechas.
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro / Estudio CarreiroDepósito Legal: C 766-2018Impreso en Galicia
Entra na nosa web e faite do club!
![Page 3: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/3.jpg)
4
Papá Bolechas vai doar sanguenunha unidade móbil daAxencia de Doazón deÓrganos e Sangue (ADOS).Mamá Bolechas xa doou hai un mes.Os fillos non poden doar, porqueaínda son pequenos.Uxía, a doutora da unidade móbil,espéraos na porta.
5
![Page 4: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/4.jpg)
6
Antes da doazón, a doutora Uxíarevisa a saúde de papá Bolechas.Tómalle a tensión, mídelle opulso sanguíneo, o pesocorporal e desbota que teña unhaanemia.
Zona derevisión médica
Doutora
Zona deespera
Persoalsanitario
Chofer
Zona dedoazón
Zona derecuperación
7
![Page 5: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/5.jpg)
98
Os homes poden doar sanguecada 3 meses e as mullerescada 4, pero sempredeixando pasar alomenos 2meses entre cada doazón.Poden doar as persoasmaiores que teñan o pesoadecuado e non padezanenfermidades que se poidantransmitir polo sangue.
Poden doar as persoas maiores de 18 anos. Deben de estar ben de saúde. Deben de pesar máis de 50 kg.
![Page 6: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/6.jpg)
10
O sangue é un líquido vermello que circulapolas veas e arterias. A cantidade de sanguedunha persoa adulta depende da súa altura edo seu peso. Normalmente, teñen entre 4 e 5litros de sangue.
O sangue realiza funcións vitais para o nosoorganismo:Nutritivas: leva os alimentos e elimina os residuos.Respiratorias: transporta osíxeno a todas as partes do corpoe tamén leva o aire malo aos pulmóns, para eliminalo.Termorreguladoras: regula a temperatura do corpo.
CORAZÓN
VEAS: levan o sangue aocorazón e tamén o aire usado
aos pulmóns.
ARTERIAS: levan o sanguedesde o corazón ao resto docorpo con osíxeno e alimentos.
11
![Page 7: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/7.jpg)
1312
O sangue está formado polo plasma eas células sanguíneas.
O plasma é a parte líquida do sangue,por onde circulan as células sanguíneas.
As células sanguíneas son:–Os glóbulos vermellos ou hemacias.–Os glóbulos brancos ou leucocitos.–E as plaquetas.
As persoas temos millóns de célulassanguíneas.
PLAQUETA
GLÓBULO VERMELLOOU HEMACIA
GLÓBULO BRANCOOU LEUCOCITO
PLASMA
![Page 8: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/8.jpg)
PLASMAÉ o líquido que leva as células do sangue, os
alimentos, as vitaminas...
GLÓBULOS VERMELLOSTransportan osíxeno a todas as partes do corpo.Tamén levan o aire malo aos pulmóns, para
eliminalo.
GLÓBULOS BRANCOSSon os encargados de defender o corpo contraas bacterias que producen as enfermidades.
PLAQUETASSon as encargadas de pechar as feridas, paraque non saia o sangue fóra do noso corpo.
1514
![Page 9: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/9.jpg)
16
Non se pode acudir a doarsangue en xaxún e despois de
comer ao mediodía hai queesperar alomenos 2 horas.
Antes da doazón, a doutoraUxía informa a papá Bolechas
das causas que impiden doar.
Zona deespera
Zona dedoazón
Zona derecuperación
17
![Page 10: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/10.jpg)
1918
Papá Bolechas di que aextracción de sangue nondoe nada nin debilita onoso organismo.A doazón dura
entre 7 e 10minutos.
Tamén se recollenuns tubos consangue para asanálises.
Na doazón utilízasematerial esterilizado
e dun só uso.
![Page 11: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/11.jpg)
2021
Papá e mamá Bolechas doan sangue porquequeren axudar a persoas enfermas eferidas que o necesiten.
Os hospitais galegos precisan 500doazóns todos os días.
Zona dedoazón
O sangue non se pode fabricar.
![Page 12: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/12.jpg)
2322
Todas as doazóns desangue que se recollencada día en Galiciavan as dependenciascentrais de ADOS. Alí analizan o sangue,sepárano nos 3compoñentes ealmacénano.
Os tubos pasan pormoitas análises e controis
de calidade.
O sangue sepárase en3 compoñentes.
GlóbulosVermellos
Plaquetas
Plasma
Centrifugadora
Axencia de Doazón de Órganos e Sangue Organismo público da Consellería de Sanidade
Bolsas de sangue
Tubos de sangueHospitaisde Galicia
![Page 13: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/13.jpg)
2524
Cada tipo de enfermidadeprecisa un compoñente dosangue. Unhas persoasprecisan plasma, outrasplaquetas e outras glóbulosvermellos. Así que, unha soadoazón de sangue podeaxudar a tres persoasdiferentes.
As plaquetas son necesarias para axudara doentes con cancro ou leucemia, e tamén
nos transplantes de medula ósea, porexemplo.
O plasma dedícase ao tratamento degrandes queimados, nos transplantes defígado e en enfermos que perderon moito
sangue.
Os glóbulos vermellos axudan en moitasintervencións cirúrxicas, a persoas que sofren
accidentes de tráfico ou que precisan untransplante de órganos.
![Page 14: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/14.jpg)
2726
Os compoñentes do sangueconsérvanse na Axencia deDoazón de Órganos e Sangue eenvíanse cada día a todosos hospitais de Galicia, paraque as persoas enfermasrecuperen a sáude.Mais o sangue non dura moito,por iso precisamos doazónstodos os días.
Os glóbulos vermellos consérvansenunha neveira a 4°C.Duran 42 días.
As plaquetas consérvanse a 22°Cnunhas bandexas en movemento.
Duran 7 días.
O plasma consérvase nunconxelador a 30°C baixo cero.
Dura 2 anos.
![Page 15: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/15.jpg)
28
Non todas as persoas temos o mesmo sangue.Cada unha pertence a un grupo sanguíneo.
Os principais grupos sanguíneos son:
O + lese positivo e o – negativo.
A+ A- B+ B-
AB+ AB- O+ O-
A+A–B+B–
AB+AB–O+O–
29
![Page 16: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/16.jpg)
3130
Uns días despois de facer a súa doazón de sangue papá Bolechasrecibe unha carta na súa casa coas análises realizada s e o seugrupo sanguíneo.
Só 7 de cada 100 persoas son doadorasuniversais do grupo O –. Poden darllesangue a calquera doente. #súmatedoasangue
![Page 17: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/17.jpg)
3332
Papá Bolechas rematou a súadoazón de sangue. Agora vai ázona de recuperación para beberauga e comer un bocadillo.En poucos minutos xa podemarchar. A doutora Uxíadespídese de toda a familia edálle as grazas a papá Bolechas.–Cando cumprades 18 anosespérovos nesta unidademóbil –dilles aos Bolechas.
Zona derecuperación
![Page 18: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/18.jpg)
A Axencia Galegade Doazón de
Órganos e Sanguedispón de locais de
doazón de sangue nas 7grandes cidades de
Galicia e 10 unidadesmóbiles que se achegan
cada día a concellos,parroquias, empresas ecentros docentes parafacilitar a doazón das
persoas solidarias.
FERROLLocal doazón:Hospital Arq. Marcide
A CORUÑALocal doazón: CHUAC
SANTIAGOLocal doazón: CHUS
LUGOLocal doazón:Hospital Lucus Augusti
OURENSELocal doazón: CHUO
PONTEVEDRALocal doazón:Hospital Provincial
VIGOLocal doazón:Hospital Nicolás Peña
#súmatedoasangue
Máis información en [email protected]
ou no teléfono 900 100 828
![Page 19: Papá bolechas doa sangue - gadis.es · 6 Antes da doazón, a doutora Uxía revisa a saúde de papá Bolechas. Tómalle a tensión, mídelle o pulso sanguíneo, o peso corporal e](https://reader031.fdocumento.com/reader031/viewer/2022020305/5cc8474e88c993fb538d2e08/html5/thumbnails/19.jpg)
A solidariedade está dentro de tihttps://ados.sergas.gal