Parque Rosalia

36

description

Contra a desfeita urbanística. http://www.parquerosalia.es

Transcript of Parque Rosalia

Page 1: Parque Rosalia
Page 2: Parque Rosalia

O Plan Xeral do ano 1.991 cando gobernabano Concello de Lugo o Partido Popular,

cualificou como urbanizábel a unidade deactuación Centro Sur nº 5 (CS-5) no lateral

das costas do Parque, na que hoxese pretenden construír

6 BLOQUES DE 9 PLANTASpero sabiades que…

Page 3: Parque Rosalia

Dende o anuncio no BOP (Boletín Oficial da Provincia)da cualificación da parcela segundo o Plan Xeral, danse

4 anos para o planeamento e 4 anos para a urbanización.Dado que se publica en maio de 1.993, pasados 8 anos,

en 2.001 o Concello puido reordenar esta parcelapor non ser executada ¿por que non o fixo?

Page 4: Parque Rosalia
Page 5: Parque Rosalia

E así chegamos ao 7 de novembro de 2005:apróbase o PERI (Plan Especial de Reforma Interior)presentado polo promotor e o Convenio Urbanístico

firmado polo Sr. Orozco e o promotor,cos únicos votos a favor do PSOEabrindo as portas á construción

das 6 torres no lateral das costas do Parque.

Page 6: Parque Rosalia

¿Por que se aproba días antes da entrada envigor da nova Lei do Solo, que tería reducido

a edificabilidade en aproximadamente un 25% ?

Page 7: Parque Rosalia

Obter do Concello unha licenza para aapertura dun quiosco pode tardar ano e medio.

A firma deste convenio urbanístico e a aprobación do PERI fíxose en menos de 4 meses:

• firma do Convenio Urbanístico: 22 de xullo de 2.005• aprobación inicial do PERI: 17 de agosto

• aprobación definitiva do PERI: 7 de novembro

Page 8: Parque Rosalia

O Convenio establecía como prazo límite para fechar oproxecto de equidistribución o 31 de decembro de 2.005:

Page 9: Parque Rosalia

Atendendo á data fixada, escritúrase fora de plazo(6 de abril de 2006) unha das fincas que forman

parte da unidade CS-5, o que fai nulo o PERI.

Page 10: Parque Rosalia
Page 11: Parque Rosalia

Outro motivo que anula o PERI:o Concello non solicitou á Consellaría de

de Industria os informes preceptivos paraa realización de calquera traballo subterráneo

que se leve a cabo dentro do perímetro deprotección das augas.

Terceiro motivo de nulidade:tampouco concedeu audiencia

ao titular da concesión das Termas, o quetamén establece a lei como indica o seguinte

informe emitido pola Consellaríaa petición do Xulgado.

Page 12: Parque Rosalia
Page 13: Parque Rosalia

O titular da concesión das Termas – que se decatou polaprensa – delegou nesta Asociación para que se fixesenos estudios xeolóxicos pertinentes, ante a posibilidadede que as edificacións puidesen afectar ós manantiais.

Page 14: Parque Rosalia
Page 15: Parque Rosalia

A día de hoxe o Sr. Orozco segue a manifestar quenon hai nada que facer e o concelleiro de urbanismo,Sr. Besteiro, afirma que a parcela non está afectada

por ningunha protección, cando a Asociación xainformara ó Concello que esta parcela está dentro do

perímetro de protección das Termas Romanas(B.I.C. Ben de Interese Cultural) e do Sanatorio Portela,

por ser estes bens catalogados.

Page 16: Parque Rosalia
Page 17: Parque Rosalia

Semella que o Concello e o Sr. Besteironon estaban no certo, porque hai

un cuarto punto que fai nulode pleno dereito o PERI, e é que

si existe ese perímetro de protección.Podédelo ver a continuación.

Page 18: Parque Rosalia

A petición da Asociación, a Consellaría de Cultura ven deremitir ó Xulgado de Lugo, a documentación que indica

que para a aprobación do PERI no ano 2005, era preceptivoe vinculante o informe da Consellaría, por atoparse a

parcela no perímetro de protección que vos indicábamos.

Non se podía emitir ese informe sen que o Concello osolicitase previamente, e nunca chegou a facelo (agora

xa é tarde para informar porqué o PERI se aprobousen contar con ese documento). A continuación podes

ve-la documentación remitida ó Xulgado eque demostra o que estamos a dicir.

Page 19: Parque Rosalia
Page 20: Parque Rosalia
Page 21: Parque Rosalia
Page 22: Parque Rosalia

É bo lembrar tamén que o Sr. Orozco foi Delegadoda Consellaría de Cultura entre os anos 1.987 e 1.990,

co que tamén tivo a posibilidade e non o fixo, de delimitaro perímetro de protección das Termas Romanas.

E non só esta Consellaría debe delimitar o perímetro,no seguinte plano do Ministerio de Fomentotamén se establecen as áreas de protección

que afectan á parcela.

Page 23: Parque Rosalia
Page 24: Parque Rosalia

Encántanos escoitar que se elabora un decálogocontra o urbanismo salvaxe e a especulación

Punto 4: Preservar nuestro patrimonio naturalaplicable ás vistas desde o mirador do Parque

Reforzar la evaluación ambiental de los nuevos procesosurbanísticos. Preservar del proceso urbanizador los suelos

especialmente significativos por su valor ecológico, paisajísticoo cultural, así como los que se consideren necesarios comoreserva de futuro. (Tal y como se recoge en la nueva Ley de

Suelo que actualmente se encuentra en trámite parlamentario).

Punto 10: Cumplimiento escrupuloso de la legalidadaplicable ós 4 motivos que fan nula a aprobación do PERI

Potenciar en línea con lo que está haciendo el Gobierno todaslas medidas para luchar contra prácticas ilegales y fraudulentas:Nuevas Fiscalías, nuevas unidades de las fuerzas de seguridad

especializadas en delitos económicos, másy mejor inspección fiscal.

Page 25: Parque Rosalia

E seguindo co decálogo e o cumplimentoescrupuloso da legalidade do punto 10:

A Asociación do Parque solicitou medianteescrito ao Concello, o expediente da

unidade de actuación na que se pretendeedificar, sen recibir nunca resposta.

So tivemos acceso ao mesmo cando foi requeridovía Xudicial a petición da Asociación.

Page 26: Parque Rosalia
Page 27: Parque Rosalia

Tamén nos agrada moito que o Sr. Touriñolle diga ao Apóstolo: “atoparemos o camiñode reencontro co urbanismo responsable”

Page 28: Parque Rosalia

Confiando nos seus desexos ao Apóstolo,solicitamos unha entrevista co Sr. Touriñopara abordar solucións a este problema.

Page 29: Parque Rosalia
Page 30: Parque Rosalia

Pero supoñemos que a súa axendanon fixo posible este encontro.

Page 31: Parque Rosalia

Pero nós temos dúas preguntas:

• ¿por que o Sr. Besteiro afirma que as Termas non teñenperímetro de protección por ser un B.I.C. urbano,

e ao mesmo tempo insta á Consellaría de Cultura adeclarar B.I.C. o Parque (que tamén é urbano)

pagando ésta a indemnización?

• ¿por qué só fala da declaración do Parque como B.I.C.e non fala dos 4 motivos que anulan o PERI

aprobado polo seu equipo de goberno?

Page 32: Parque Rosalia

Son 4 MOTIVOS os que fan nulo de pleno dereitoo PERI desta aberración urbanística, pola forma

en que o Concello fixo a súa aprobación:

5. A escritura dunha parcela fíxose fora doprazo establecido no convenio urbanístico.

8. O Concello non deu audiencia ao titularda concesión de augas das Termas.

11. Tampouco se solicitou á Consellaría deIndustria autorización para a realización

de traballos dentro da área deprotección destas augas.

15. E non se solicita informe a Consellaría deCultura, que é preceptivo e vinculante, estando

afectada a parcela polo radio de protecciónde dous bens catalogados como son asTermas (B.I.C.) e o Sanatorio Portela.

Page 33: Parque Rosalia

De terse cumplido cos catro puntos anteriores,sería moi difícil en menos de 4 meses como se fixo,firmar un convenio urbanístico e aprobar un PERI.

Pero a realidade é que a tramitación nese curtoespacio de tempo, fixo posible que este proxecto

non se vise afectado por unha redución deedificabilidade, que traía consigo a novaLei do Solo a piques de entrar en vigor.

Page 34: Parque Rosalia

Por todo isto, agardamos que o Sr. Orozco e oSr. Besteiro den un xiro ás súas argumentacións,xa que consideramos claramente demostrado que

o PERI é contrario a dereito, polo que o proxecto deurbanización que non comezou, debe suspenderse

e non adxudicarse licenza de obra.

Page 35: Parque Rosalia

GRAZASpolas máis de10.000 FIRMASque vos opoñedes a este atentado

contra a paisaxe de Lugo

Page 36: Parque Rosalia

www.parquerosalia.es