Participa na catequese · 3 LLLemaLemaema Descubre a tenrura de Deus Participa na catequese Desde...

8
1 Participa na catequese

Transcript of Participa na catequese · 3 LLLemaLemaema Descubre a tenrura de Deus Participa na catequese Desde...

Page 1: Participa na catequese · 3 LLLemaLemaema Descubre a tenrura de Deus Participa na catequese Desde os Secretariados de Catequese de Galicia queremos unirnos á feliz iniciativa do

1

Participa na catequese

Page 2: Participa na catequese · 3 LLLemaLemaema Descubre a tenrura de Deus Participa na catequese Desde os Secretariados de Catequese de Galicia queremos unirnos á feliz iniciativa do

2

O rostro da misericordiaO rostro da misericordiaO rostro da misericordiaO rostro da misericordia

Cinco preguntas á luz do documento Misericordiae vultus (O rostro da misericordia) publicado polo Papa Francisco o 11 de abril de 2015.

1. Cando e por que se celebrará o Xubileo Extraordinario da Misericordia? Comezará o 8 de decembro de 2015 (Inmaculada Concepción) e rematará o 20 de novembro de 2016 (Cristo Rei do Universo) (Cf. MV, nº 3-5). O Santo Padre, que ten por lema episcopal a misericordia (miserando atque eligendo), quere que a misericordia estea no corazón da vida da Igrexa:

«Canto desexo que os anos futuros estean impregnados de misericordia para poder ir ao encontro de cada persoa levándolle a bondade e a tenrura de Deus!» (MV, nº 5).

2. Que é a Misericordia? «Misericordia: é a palabra que revela o misterio da Santísima Trindade. Misericordia: é o acto último e supremo polo que Deus ven ao noso encontro. Misericordia: é a lei fundamental que mora no corazón de cada persoa, cando mira con ollos sinceros ao irmán que atopa no camiño da vida. Misericordia: é o camiño que une a Deus e ao home, porque nos abre o corazón á esperanza de sermos amados para sempre, a pesar da limitación do noso pecado» (MV, nº 2).

3. Por que os cristiáns debemos ser misericordiosos? «Xesús declara que a misericordia non só afecta ao obrar do Pai, senón que se converte en criterio para saber quen son os seus verdadeiros fillos. En suma, somos chamados a vivir en misericordia porque, primeiro, foi usada misericordia para connosco» (MV, nº 9).

4. Que función exerce a Misericordia na vida da Igrexa? «A arquitrabe que soporta a vida da Igrexa é a misericordia. Toda a súa acción pastoral debería estar envolvida pola tenrura con que se dirixe aos crentes; no anuncio e testemuño que ofrece ao mundo, nada pode ser desprovisto de misericordia. A credibilidade da Igrexa pasa pola estrada do amor misericordioso e compasivo» (MV, nº 10).

«Onde a Igrexa estea presente, aí debe ser evidente a misericordia do Pai. Nas nosas parroquias, nas comunidades, nas asociacións e nos movementos –en fin, onde haxa cristiáns–, calquera debería poder atopar un oasis de misericordia» (MV, nº 12).

5. Que camiños nos propón o Papa para vivir a Misericordia? • A escoita e meditación da Palabra de Deus (Cf. MV, nº 13 e 17). • A peregrinación como expresión de saír de si mesmos (Cf. MV, nº 14).

• A exercitación nas obras de misericordia (Cf. MV, nº 15). • A vivencia intensa do tempo coresmal (Cf. MV, nº 17).

• A participación na iniciativa 24 horas co Señor (Cf. MV, nº 17).

• A celebración do sacramento da Reconciliación (Cf. MV, nº 17).

Page 3: Participa na catequese · 3 LLLemaLemaema Descubre a tenrura de Deus Participa na catequese Desde os Secretariados de Catequese de Galicia queremos unirnos á feliz iniciativa do

3

LLLLemaemaemaema Descubre a tenrura de Deus

Participa na catequese Desde os Secretariados de Catequese de Galicia queremos unirnos á feliz iniciativa do Papa; por iso propoñemos a Misericordia como tema nuclear do curso catequético 2015-2016.

Na Misericordiae vultus Francisco fala en dous sentidos da relación entre Misericordia e acción pastoral:

Por unha banda toda a acción da Igrexa debe estar revestida de misericordia e tenrura (Cf. MV, nº 10).

Por outra: «o tema da misericordia esixe ser proposto unha vez máis con novo entusiasmo e cunha acción pastoral renovada» (MV, nº 12).

Estas dúas claves pastorais son aplicables tamén á catequese, e latexan detrás do lema do curso.

Descubrir a tenrura de Deus implica: transmitir a fe con amor, abrirse a unha relación de confianza e cordialidade cos catequizandos, preocuparnos con afecto dos seus problemas e alentar con entusiasmo as súas esperanzas.

Pero tamén esixe: propoñer o tema da Misericordia facendo un humilde recoñecemento dos nosos pecados, abrirnos á graza de Deus expresada no sacramento da Reconciliación, fomentar unha praxe cristiá atenta ás persoas que máis sofren e padecen.

A catequese é un ámbito privilexiado para expresar a misericordia divina, e os catequistas as persoas que visibilizan cos seus xestos e palabras a tenrura de Deus.

CCCCartelartelartelartel Na parte superior do cartel aparece o lema, Descubre a tenrura de Deus, impreso en cores vivas; quérese así chamar a atención sobre a frase que sintetiza as ideas esenciais do curso catequético.

Resalta cunha tipografía maior a palabra DESCUBRE. A tenrura de Deus é o tesouro escondido que debemos atopar no interior de nós mesmos, no noso corazón. Por iso a imaxe elixida ten forma de corazón, de corazón palpitante e cheo de vida.

O centro está ocupado por un debuxo de Fano. Francisco Javier Velasco Fano (Oviedo 1973) está casado e vive en Málaga. Desde 2001 colabora cos seus debuxos na revista diocesana malacitana. El mesmo di: “Yo me siento primero padre de familia, luego maestro, me gusta ser maestro, me gusta mi colegio, y luego hago “dibujillos”. No me siento ilustrador, sino que dibujo cosas de Dios, puedo dibujar otras cosas, pero yo lo que siento es una manera de compartir y de vivir lo que creo”.

A imaxe representa a Deus abrazando ao mundo e á humanidade. O abrazo como expresión de amor, de tenrura, de misericordia e comprensión.

Chama a atención do actual Papa Francisco a proximidade que manifesta con todos por medio dos abrazos. Podemos dicir que pasou do abrazo pastoral, xesto litúrxico algo frío, a unha pastoral do abrazo que expresa empatía, afecto e apertura. Pastoral decisiva na catequese.

Remata o cartel cunha chamada á participación na catequese como ámbito privilexiado para descubrir a tenrura e a misericordia de Deus.

Page 4: Participa na catequese · 3 LLLemaLemaema Descubre a tenrura de Deus Participa na catequese Desde os Secretariados de Catequese de Galicia queremos unirnos á feliz iniciativa do

4

Celebración de inicio de cursoCelebración de inicio de cursoCelebración de inicio de cursoCelebración de inicio de curso

As lecturas que se propoñen parecen as máis adecuadas co sentido da celebración. Os cantos poderanse elixir entre aqueles que sexan máis apropiados e coñecidos pola comunidade.

� Monición inicial

Benvidos irmáns a esta celebración gozosa e festiva. Deus invítanos a iniciar este curso, que quere ser un camiño de aprendizaxe e, sobre todo, de experiencia de amizade con Xesús. El invítanos a descubrir a tenrura de Deus nas súas palabras e feitos.

Estamos aquí reunidos os pais, avós, catequistas e educadores. Co noso testemuño de cristiáns, queremos acompañar a estes nenos, adolescentes e mozos para que coñezan e sigan a Cristo, mediante a catequese e a iniciación aos Sacramentos. Dispoñámonos a participar todos.

� Acto penitencial

Pai/nai: Polas veces que deixamos sós aos nosos fillos na vivencia da súa fe e non damos testemuño de Deus coa nosa vida. Señor ten piedade de nós.

Catequista: Porque ás veces non anunciamos a Cristo con alegría, deixándonos levar polo desalento e a pouca creatividade nas nosas catequeses. Cristo ten piedade de nós.

Neno/a: Pola nosa pouca perseveranza e interese nas actividades da catequese. Señor ten piedade de nós.

� Monición á primeira lectura: O profeta Oseas fálanos do amor tenro e delicado de Deus. Como un pai ama ao seu fillo, Deus ámanos a cada un de nós. Escoitemos.

� 1ª Lectura: do libro do Profeta Oseas (11,1. 3-4. 8c-9) (Leccionario I: Domingos e festas do Señor, Ano B, páx. 171)

� Salmo 32, 4-5. 6-7. 12-13. 20 e 22 (R.: 5b A misericordia do Señor enche a terra. (Leccionario I: Domingos e festas do Señor, Ano B, páx. 111 – 2º) � Monición ao Evanxeo: No Evanxeo de Lucas, Deus fálanos da necesidade de volver a

El, como fai o fillo pródigo cando retorna á casa. Escoitemos.

� Lectura do Evanxeo de Lucas (Lc 15, 1-3. 11-32) (Leccionario I: Domingos e festas do Señor, Ano C, páx. 71) � Suxestións para a homilía 1. A Palabra dinos que Deus é Amor. Ese Amor e a súa misericordia é a palabra crave para

indicar a actitude e o actuar de Deus cara a nós. 2. O Amor de Deus fíxose visible no seu Fillo Xesucristo, nas súas palabras, nas súas obras, na

súa mesma persoa. Desde ese amor perdoa aos pecadores, atende aos pobres e cura aos enfermos. Todo nel é compaixón e misericordia. E a súa mensaxe sempre é: amádevos e perdoádevos uns a outros.

Page 5: Participa na catequese · 3 LLLemaLemaema Descubre a tenrura de Deus Participa na catequese Desde os Secretariados de Catequese de Galicia queremos unirnos á feliz iniciativa do

5

3. A Igrexa, depositaria desa mensaxe de Xesús, ha de anunciar a todos ese amor e misericordia. Todo na súa pastoral ha de estar orientado a facer chegar ese amor e misericordia a todos: aos crentes e aos afastados e, sobre todo, aos pobres e necesitados.

4. O Papa, para facer máis visible esta tarefa estableceu este ano o Xubileo da Misericordia. 5. Na catequese imos ter moi presente este tema. Así o sinalamos no cartel (pódese ensinar) co

lema “Descubre a tenrura de Deus” e invitamos a todos a participar nas tarefas da catequese, tanto para nenos e mozos como para os adultos nas distintas actividades de formación cristiá.

6. Queremos facer unha invitación especial aos nenos que fixeron este ano a Primeira Comuñón. Para eles temos este curso un novo Catecismo “Testigos del Señor”. Con el poderán continuar a súa formación cristiá.

7. Queira Deus que, co esforzo de todos, logremos neste curso facer realidade o desexo de Xesús: Amar a Deus Pai e amarnos uns a outros como irmáns.

� Oración dos fieis A cada petición diremos: Señor danos a túa tenrura e a túa paz.

1. Por toda a Igrexa, para que neste Ano Xubilar da Misericordia, viva a misión de anunciar a misericordia de Deus, corazón palpitante do Evanxeo. Oremos.

2. Por todas as familias, para que vivamos o amor de Deus e o perdón constante nas dificultades que se nos presenten. Oremos.

3. Por todos os catequistas e educadores, para que sexamos testemuñas de misericordia ante aqueles que Deus nos confía para acompañar no seu crecemento de fe. Oremos.

4. Por todos os que iniciamos este curso de catequese, para que abramos o noso corazón a Deus que nos ama incondicionalmente e nos mostra a súa tenrura en todo o que vivimos. Oremos.

5. Pola nosa parroquia, para que a palabra do perdón poida chegar a todos e a chamada a experimentar a misericordia non deixe a ninguén indiferente. Oremos.

� Procesión de ofrendas

Signos a ofrecer: Viño e pan. Materiais do catecismo.

Ofrecemos a Deus este pan e viño que serán transformados no seu Corpo e no seu Sangue; así como estes materiais de catequese que no seu estudo e afondamento irán transformando o noso corazón para que Deus viva nel.

� Monición ao noso Pai: Unimos as nosas mans pedindo que a tenrura de Deus chegue a todos e nos acompañe sempre.

� Xesto de envío

O sacerdote chama a un catequista e entrégalle un corazón recortado nunha cartolina.

Sacerdote: “Recibe este corazón, símbolo do amor de Deus, para que os nenos da catequese descubran ese amor e o vivan na vida de cada día”.

Catequista: “Así o farei coa axuda do Señor”.

� Monición final: Coa mirada fixa en Xesús e no seu rostro misericordioso, iniciemos este curso e

deamos grazas a Deus por esta celebración vivida na fe e na alegría.

Page 6: Participa na catequese · 3 LLLemaLemaema Descubre a tenrura de Deus Participa na catequese Desde os Secretariados de Catequese de Galicia queremos unirnos á feliz iniciativa do

6

Materiais caMateriais caMateriais caMateriais catequéticostequéticostequéticostequéticos

NENOS/AS 6-7 anos

“Los primeros pasos en la fe”

CEE

Castelán

Libro de actividades “Espertamos á fe” Secret. Galicia Galego/Castelán

NENOS/AS 7-9 anos

Catecismo “Xesús é o Señor”

CEE

Galego/Castelán

Libro de actividades 1º ano “Creo en Xesús” Sc. Galicia/PPC Galego/Castelán

Libro de actividades 2º ano “Creo en Xesús” Sc. Galicia/PPC Galego/Castelán

Guía pedagóxica 1º e 2º ano “Creo en Xesús” Sc. Galicia/PPC Castelán

PREPARACIÓN INTENSIVA 1ª COMUÑÓN

Carpeta de actividades “Camiñamos ó encontro de Xesús”

Secret. Galicia

Galego/Castelán

Guía pedagóxica “Camiñamos ó encontro de Xesús” Secret. Galicia Galego/Castelán

POSTCOMUÑÓN (Nenos/as 10-14 anos)

Catecismo “Testigos del Señor”

CEE

Castelán

Libro de activ. 1º “La Verdad que nos hace libres” Sc. Galicia/PPC Castelán

Guía pedagóxica 1º (no mes de outubro 2015) Sc. Galicia/PPC Castelán

Libro 1: “A Alianza de Deus connosco” Sc. Galicia/PPC Galego/Castelán

Libro 2: “Deus dános unha nova vida” Sc. Galicia/PPC Galego/Castelán

Libro 3: “O Reino de Deus” Sc. Galicia/PPC Galego/Castelán

Guía Pedagóxica dos libros 1, 2 e 3 Sc. Galicia/PPC Castelán

“O Templo” (cómic) Secret. Galicia Galego

“Historia dos amigos de Deus” (cómic + fichas actividades) Secret. Galicia Galego

Page 7: Participa na catequese · 3 LLLemaLemaema Descubre a tenrura de Deus Participa na catequese Desde os Secretariados de Catequese de Galicia queremos unirnos á feliz iniciativa do

7

CONFIRMACIÓN

“Confirmados na fe” 1 e 2 Sc.Galicia/PPC Galego/Castelán

Guía pedagóxica Sc.Galicia/PPC Castelán

“Camino de fe” (para a confirmación de adultos) Sc.Galicia/PPC Castelán

CATEQUISTAS

“Escola de catequistas 1” (12 temas Cat. Fundamental) Secret. Galicia Galego/castelán

“A fe axuda a vivir” Secret. Galicia Galego

“Un novo impulso para a catequese” Secret. Galicia Galego

FAMILIA

“O bautismo do noso fillo” (5 temas prebautismais) Secret. Galicia Galego/castelán

Guía pedagóxica “O bautismo do noso fi l lo” Secret. Galicia Galego/castelán

“O espertar relixioso” (3 temas para a familia) Secret. Galicia Galego/castelán

“Iniciación na fe” (3 temas para pais dos nenos 6-7 anos) Secret. Galicia Galego/castelán

“Encontro con Xesús” (3 temas pais nenos 7-9 anos) Secret. Galicia Galego/castelán

“Iniciación sacramental” (5 temas pais de 1ªComuñón) Secret. Galicia Galego/castelán

Guía pedagóxica dos folletos anteriores Secret. Galicia Castelán

COLECCIÓN “EN FAMILIA”

“Para orar… en familia” Secret. Galicia Galego/castelán

“O Credo… en familia” Secret. Galicia Galego

“A Misa… en familia” Secret. Galicia Galego

“A Iniciación Cristiá… en familia” Secret. Galicia Galego

“A Biblia… en familia” Secret. Galicia Galego

“Os Mandamentos… en familia” Secret. Galicia Galego

AUDIOVISUAIS

Servizo de DVD, vídeos e montaxes para parroquias, grupos e colexios.

Servizo de edición de folletos, boletíns e outros materiais impresos.

Page 8: Participa na catequese · 3 LLLemaLemaema Descubre a tenrura de Deus Participa na catequese Desde os Secretariados de Catequese de Galicia queremos unirnos á feliz iniciativa do

8

Oración do ano da misericordiaOración do ano da misericordiaOración do ano da misericordiaOración do ano da misericordia

Señor Xesucristo,

ti ensináchesnos a ser misericordiosos como o Pai do ceo,

e dixéchesnos que quen te ve, tamén o ve a El.

Móstranos o teu rostro e obteremos a salvación.

A túa mirada chea de amor liberou a Zaqueo e a Mateo

da escravitude do diñeiro;

á adúltera e á Magdalena

do buscar a felicidade só nunha creatura;

fixo chorar a Pedro despois da traizón,

e asegurou o Paraíso ao ladrón arrepentido.

Fai que cada un de nós escoite como propias

as palabras que dixeches á samaritana:

¡Se coñeceses o don de Deus!

Ti es o rostro visible do Pai invisible,

do Deus que manifesta a súa omnipotencia

sobre todo co perdón e a misericordia:

fai que, no mundo,

a Igrexa sexa o rostro visible de Ti,

o seu Señor, resucitado e glorioso.

Ti quixeches que tamén os teus ministros

fosen revestidos de debilidade

para que sintan sincera compaixón

polos que se atopan na ignorancia ou no erro:

fai que quen se achegue a un deles

se senta esperado, amado e perdoado por Deus.

Manda o teu Espírito e conságranos a todos coa súa unción

para que o Xubileo da Misericordia sexa un ano de graza do Señor

e a túa Igrexa poida, con renovado entusiasmo,

levar a Boa Nova aos pobres,

proclamar a liberdade aos prisioneiros e oprimidos

e restituír a vista aos cegos.

Pedímoscho por intercesión de María, Nai da Misericordia,

a ti que vives e reinas co Pai e o Espírito Santo por sempre eternamente.

Amén.