Pautas para desenvolvemento da linguaxe

9
PAUTAS PARA UN DESENVOLVEMENTO FAVORABLE DA LINGUAXE E A FALA

Transcript of Pautas para desenvolvemento da linguaxe

Page 1: Pautas para desenvolvemento da linguaxe

PAUTAS PARA UN DESENVOLVEMENTO FAVORABLE

DA LINGUAXE E A FALA

Page 2: Pautas para desenvolvemento da linguaxe

Os seres humanos dispoñemos de diversos órganos

(lingua, ouvidos, nariz, boca) e dun sistema nervioso que son fundamentais na adquisición e na utilización da linguaxe.

Pero para que este proceso sexa o adecuado,é moi importante o patrón lingüistico que se lle dá ao neno-a por parte da familia e a xente que o rodea. Hai que suliñar que un entorno lingüistico desfavorable non é a única causa dun retraso na linguaxe ou na fala.

Page 3: Pautas para desenvolvemento da linguaxe

COMO DEBEMOS FALARLLES PARA QUE TEÑAN UN DESENROLO FAVORABLE DA SÚA LINGUAXE?

Falarlles cun ritmo normal (nin moi rápido nin demasiado lento). Hai que falar con claridade e articulando ben. Non lle fale cando teña un ruido forte cerca. Moi a miudo hai nenos-as xogando nunha habitación co ruído da tele de fondo. Neste ambiente ningún mensaxe que se lles dea aos cativos pode ser analizado adecuadamente.

Utilizar unha linguaxe apropiada ao nivel de desenvolvemento do neno-a. As palabras novas deberán ser introducidas unha de cada vez e acompañadas dunha explicación que poidan comprender. A partir dos 4 ou 5 anos xa piden explicacións sobre as cosas que os rodean.

Page 4: Pautas para desenvolvemento da linguaxe

Falarlle de cousas que lle interesen. Haberá que centrarse nos intereses que teñen os cativos para pouco a pouco ampliar temas e aumentar vocabulario. É importante ter conversacións nas que poidan aprender e utilizar vocabulario variado e familiarizarse cas regras básicas da conversación (turnos de escoita-fala, escoitar ao outro e pensar antes de falar, respostar ao que se lle pregunta…)

Non repetir a linguaxe errónea do neno-a. Ainda que nos pareza “simpático”non debemos repetir aquelas palabras mal pronunciadas pois estaremos proporcionando un modelo de fala erróneo. Deste xeito estaremos fixando esa palabra que é incorrecta, resultandolle máis dificil aprender a correcta.

Page 5: Pautas para desenvolvemento da linguaxe

O Utilizar a corrección indirecta. Consiste en

devolverlle ao neno-a o que dixo mal, cando nos toque o turno, de xeito correcto, por exemplo : si dí “teno sinco reros” nos contestaremos “si, tes cinco dedos”.

Deixar que conten o que fixeron e o que pensan. Evitaremos facerlles excesivas preguntas e animarémolos a falar , sempre en situacións relaxadas.

Eliminar as preguntas, interrupcións e exixencias de falar. As preguntas fan que o neno-a teña que emitir necesariamente unha resposta o que fai que aumente a tensión no intre da comunicación. As interrupcións provocan cortes na comunicación do cativo, tendo que voltar a comenzar as súas emisións o que resulta ser unha dificultade añadida.

Page 6: Pautas para desenvolvemento da linguaxe

Non adiantarse rematando as palabras ou frases que lle custe pronunciar.

Falarse a un mesmo ou “fala paralela”. Cando estemos xogando co neno-a, non deberemos centrar a atención en que este fale constantemente. As nosas emisións deben ser comentarios en voz alta, tanto para falar das nosas accións como das que faga él. Estes comentarios farán que se dé unha comunicación verbal sin que se vexa obrigado a falar disminuído así o nivel de exixencia.

Darlle confianza. E importante que sinta que o que dí vai ser escoitado.

Page 7: Pautas para desenvolvemento da linguaxe

Eliminar todo intento de que fale correctamente. Si estamos continuamente correxindo, pode suceder que o cativo fale cada vez menos.

Non pedirlle que conte algo ou que fale diante doutras persoas, si él non quere.

Evitar calquer comentario ou expresión facial que mostre desaprobación ante a súa fala.

Non castigar nin chamar a atención ante os erros.

Verbalizar con él todas as conductas. No intre de vestirse podemos nomear as partes do corpo, as prendas…

Lerlle contos adaptados a súa edade para incrementar o seu vocabulario e aficionalo á lectura.

Page 8: Pautas para desenvolvemento da linguaxe

EXERCICIOS QUE AXUDAN A FALAR MILLOR

Articular ben é algo complexo. As veces non basta con repetir a palabra ben pronunciada. É necesario que o neno-a teña certa maduración nos seus órganos fonadores ( lingua, beizos, velo do padal…). Este proceso de maduración pode estar relentizado por varios aspectos:

Malos hábitos alimenticios: prolongar o uso do chupete o biberón máis alá dos doce meses, chupar o dedo, alimentación a base de líquidos e papillas.

Feble musculatura dos órganos que interveñen na fala. Para fortalecer eses músculos pódense facer na casa os seguintes exercicios:

Page 9: Pautas para desenvolvemento da linguaxe

Durante as comidas é importante que os cativos mastiquen ben. Para elo son necesarios alimentos sólidos e masticar con calma antes de tragar.

Cando se peinan, diante do espello , podemos aproveitar para facer muecas ca boca, sorir exaxeradamente, decir «a,e,i», «a,o u», exaxerando moito os movementos dos beizos, abrir a boca como si fóramos a bostezar, poñer cara de susto…

O baño pódese aproveitar para facer pompas de xabrón. Cando se cepillan os dentes deberán cepillar tamén a lingua e a parte interna das meixelas, os beizos e o padal, con un cepillo suave e dando masaxes. Ensinar a facer gárgaras.