Pec vea 2013
-
Upload
joserodriguez0000 -
Category
Documents
-
view
110 -
download
5
Transcript of Pec vea 2013
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 1
PROXECTO EDUCATIVO
DE
CENTRO
CEIP MANUEL VILLAR
PARAMÁ
CURSO 2012/2013
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 2
ÍNDICE
ASPECTOS XERAIS 5-16
1.-INTRODUCIÓN 5
2.-CARACTERÍSTICAS DO CONTORNO 5-9
2.1.-NOTAS DE IDENTIDADE 5-7
2.2.-OFERTA EDUCATIVA 7
2.3.-OFERTA DOCENTE 7-8
2.4.-RECURSOS EDUCATIVOS 8
2.5.-SERVIZO DE ORIENTACIÓN 8-9
2.6.-SERVIZOS COMPLEMENTARIOS 9
2.7.-ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS 9
2.8.-ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 9
3.-PRIORIDADES DE ACTUACIÓN 10-13
3.1.-PUNTO DE PARTIDA 10-11
3.2.-PRINCIPAIS NECESIDADES EDUCATIVAS 11
3.3.-OBXECTIVOS 11
3.3.1.-OBXECTIVOS INSTRUTIVOS 11
3.3.2.-OBXECTIVOS FORMATIVOS 12
3.3.3.-OBXECTIVOS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA 12
3.3.4.-OBXECTIVOS PARA A MELLORA ORGANIZATIVA 12-13
3.3.5.-OBXECTIVOS PARA A MELLORA DAS INSTALACIÓNS 13
4.-PRIORIDADES DE ACTUACIÓN DAS DINAMIZACIÓNS 13-16
4.1.-EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA 13
4.2.-EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES 13-14
4.3.-EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA 14
4.4.-EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DAS TICS 15
4.5.-DINAMIZACIÓN DA CONVIVENCIA ESCOLAR 16
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 3
ASPECTOS ORGANIZATIVOS 16-26
5.-MEDIDAS ORGANIZATIVAS PARA ALUMNOS QUE NON OPTEN POLA
ENSINANZA DE RELIXIÓN
16-17
6.-AGRUPAMENTO DO ALUMNADO E PLANIFICACIÓN EDUCATIVA DOS
ESPAZOS E A ORGANIZACIÓN DO TEMPO EN EDUCACIÓN INFANTIL
17-19
6.1.-AGRUPAMENTO E ADSCRICIÓN DE ALUMNOS/AS 17-18
6.2.-PLANIFICACIÓN EDUCATIVA DE ESPAZOS 18-19
7.-MEDIDAS ORGANIZATIVAS E PEDAGÓXICAS PARA O PERÍODO DE
ADAPTACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL
20-21
7.1.-NORMAS DE ORGANIZACIÓN 20-21
7.2.-DESENVOLVEMENTO DA ADAPTACIÓN 21
8.-ESTRUCTURA E FUNCIONAMENTO DO CENTRO 22-26
8.1.-ÓRGANOS DE GOBERNO 22-23
8.2.-ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE 23-26
ASPECTOS CURRICULARES 26-36
9.-ADECUACIÓN DOS OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA AO CONTEXTO
SOCIOECONÓMICO E CULTURAL DO CENTRO E ÁS CARACTERÍSTICAS
DO ALUMNADO
26
10.-LIÑA METODOLÓXICA DO CENTRO E A SÚA CONTRIBUCIÓN Á
CONSECUCIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS
26-29
10.1.-CRITERIOS BÁSICOS 26-27
10.2.-COORDINACIÓN, COOPERACIÓN E PARTICIPACIÓN 27-28
10.3.-DIVERSIDADE E INTEGRACIÓN 28-29
10.4.-NOVAS TECNOLOXÍAS 29
10.5.-RENOVACIÓN E ACTUALIZACIÓN PROFESIONAL 29
10.6.-RELACIÓN E COLABORACIÓN CO CONTORNO E AS DIFERENTES
INSTITUCIÓNS
29
11.-TRATAMENTO TRANSVERSAL DA EDUCACIÓN EN VALORES 30-31
11.1.-PLURALISMO E VALORES DEMOCRÁTICOS 30-31
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 4
12.-AVALIACIÓN E PROMOCIÓN DO ALUMNADO 31-34
12.1.-FASES 31-32
12.2.-CRITERIOS DE AVALIACIÓN 32
12.3.-PROMOCIÓN DOS ALUMNOS/AS 33-34
12.4.-MEDIDAS A ADOPTAR NO CASO DE QUE ALGÚN ALUMNO/A NON
PROMOCIONE
34
13.-ASPECTOS XERAIS PARA A ELABORACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS
DIDÁCTICAS
34-35
14.-CRITERIOS PARA A SELECCIÓN E USO DOS RECURSOS MATERIAIS 35-36
ANEXOS 37
1.- ANEXO I.- DOCUMENTO DE CONCRECIÓN CURRICULAR
2.-ANEXO II.- PLAN DE ORIENTACIÓN
2.1.-ANEXO II.- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL
2.2.- ANEXO II.- PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
3.- ANEXO III.- PLAN DE CONVIVENCIA
4.-ANEXO IV.- PROXECTO LINGÜÍSTICO
5.- ANEXO V.- PROXECTO LECTOR
6.- ANEXO VI.- PLAN ANUAL DE LECTURA – PROXECTO LECTOR
7.-ANEXO VII.- PLAN DE INTRODUCIÓN DAS TICs
8.- ANEXO VIII.- PLAN DE ACOLLIDA
9.- ANEXO IX.- PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO
10.- ANEXO X.- PLAN DE CONVIVENCIA
11.- ANEXO XI.- REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 5
ASPECTOS XERAIS
NOME DO CENTRO.- CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ
DIRECCIÓN.- Outeiro de Vea, 6 / San Xurxo de Vea (A Estrada – Pontevedra) CP 36683
TELÉFONO.- 986/586493
DATA DE APROBACIÓN DO PEC.- 28/06/2013
1.- INTRODUCIÓN
Este Proxecto Educativo do CEIP Manuel Villar Paramá é o documento no que se recolle a
vida do centro, definindo o seu estilo educativo, organizativo e pedagóxico.
Trátase dun instrumento de traballo que, partindo dunha análise do contexto no que está
ubicado o noso centro, serve como base para establecer a identidade propia do centro en
función duns condicionantes iniciais e duns obxectivos a acadar.
Así mesmo, é o documento que enmarca o sistema de relacións persoais e organizativas do
centro, establecendo os criterios de coordinación docente, os niveis de participación dos
distintos estamentos da comunidade educativa e as normas de convivencia que se
establecen no centro para crear un clima cordial e agradable para todos os seus membros.
O presente Proxecto Educativo de Centro será o marco que guíe as actuacións que, curso a
curso, deben formar parte das diferentes programacións anuais.
2.-CARACTERÍSTICAS DO CONTORNO
2.1.- NOTAS DE IDENTIDADE
->Lingua. Plan de Potenciación do uso do Galego no Ensino.
O alumnado deste centro é maioritariamente galego-falante, polo que procede:
A.-Instituír o galego, de xeito paulatino, como lingua normal para todas as actividades que
teñan lugar no centro, agás na área de lingua castelá.
B.-Empregar o galego normativo, tanto no ensino como nos enunciados de xestión
administrativa e académica.
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 6
C.-Para o caso de que alguén non sexa galego-falante, adecuaranse os medios necesarios
para que a súa integración se realice sen traumas.
D.-Os textos e demais material impreso que se utilice no centro será elixido tendo en
conta, ademais das esixencias metodolóxicas, que estean, preferentemente, escritos en
galego.
Non descoidaremos o uso do castelán, procurando que o alumnado sexa capaz de
expresarse nesta lingua, tanto de forma oral como escrita.
CEIP Manuel Villar Paramá
Educación Infantil 2 Unidades para 3, 4 e 5 anos de Educación Infantil
2 Mestras P.D.
Educación Primaria
6 Unidades para Educación Primaria
5 Mestras Educación Primaria (P.D.)
1 Mestre (P.D.) Inglés
1 Mestre (P.D.) E.F
1 Mestre (P.D.) PT
2 Mestras Relixión
1 Ed. Musical, 1 Ed. Francés, 1 Orientadora
Tipoloxía escolar.-
O CEIP Manuel Villar Paramá é un centro público dependente da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Está formado:
Na actualidade o centro consta de tres edificios independientes:
->Edificio A:
Planta baixa:
Dirección, Secretaría, Xefatura de Estudos, despacho de conserxería e botiquín, educación
infantil 1, educación infantil 2, aula da ANPA e servizos.
Primeira planta:
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 7
Aula de informática, servizos de nenos/as, 5 aulas, sala de traballo de profesores, sala de
fotocopiadora e material e despacho de orientación.
->Edificio B:
Planta baixa:
Salón de actos, biblioteca, sala de audiovisuais e almacén.
Primeira planta:
Servizos de nenos/as, servicios Mestres/as e 5 aulas.
->Polideportivo
Biblioteca:
No colexio contamos cunha biblioteca de aula en cada nivel de primaria, todas elas bastante
ben dotadas.
Temos tamén unha biblioteca común onde van os alumnos/as sempre acompañados dos seus
profesores/as para consultar ou facer certos traballos.
Cada titor/a coida e organiza a biblioteca da súa aula.
2.2.- OFERTA EDUCATIVA
Os recursos cos que conta o centro para dar resposta ás necesidades percibidas, dentro do
marco dos obxectivos establecidos e do estilo educativo propio, son os que, dunha forma
máis ben xenérica, figuran deseguido.
2.3.- OFERTA DOCENTE.
A oferta docente deste centro concrétase no seguinte:
Este é un centro de Educación Infantil e Primaria. Atópase adscrito ao IES “Nº 1” da
Estrada.
No último catálogo de postos de traballo, publicado na Orde do 12 de agosto do 2010 (DOG
nº 161 do 23 de agosto de 2010), o centro consta de 8 unidades.
Postos de traballo segundo o catálogo:
Educación Primaria: 5 profesores.
Filoloxía Inglesa: 1 profesor.
Filoloxía Francesa: 1 profesor.
Educación Musical: 1 profesores.
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 8
Educación Física: 1 profesores:
Pedagoxía Terapéutica: 1 profesor.
Audición e Linguaxe: 0 profesores.
Linguas estranxeiras: malia haber un profesor de lingua francesa, non hai demanda deste
idioma para formar ningún grupo.
O centro conta cun orientador escolar, que é profesor definitivo no centro.
A asignatura de relixión é impartida por dous profesores, que teñen outro centro base, e
acoden ao noso centro tres días á semana.
2.4.-RECURSOS EDUCATIVOS
->Amplo patio de recreo, axardinado, no que hai unha zona para os alumnos/as de infantil,
aínda que non está materialmente separada do resto do patio.
->A Educación Física impártese no pavillón do centro.
->Biblioteca escolar, a disposición do profesorado e do alumnado.
->Aula de audiovisuais.
->Aula de música.
->Aula de Informática, destinada a promover o uso das TICs no proceso de ensino-
aprendizaxe.
->Aula de Inglés.
->Aula de AL.
->Dpto. Orientación.
->Salón de Actos.
2.5.-SERVIZO DE ORIENTACIÓN
Creado no centro desde o curso 1998-1999, está dirixido a:
->O alumnado, coa finalidade de facilitarlle o desenvolvemento de todas as súas
capacidades.
->O profesorado, prestándolle apoio e asesoramento.
->As familias, informándoas e asesorándoas.
O Departamento asumiu a súa función de servizo para a mellora da calidade e atención
educativa, que se plasma no enfoque preventivo e de intervención temperá, actuacións
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 9
definidas no Plan de Orientación e concretadas curso a curso no Plan Anual de Actividades
do Departamento de Orientación.
O DO está formado polo xefe de departamento, o profesorado de apoio (PT e AL) e os
coordinadores de ciclo.
En cumprimento do establecido nos art. 3º e 13º da Orde do 24/7/98, este Departamento
está adscrito (coordinado) á xefatura do departamento de orientación do IES Nº 1 da
Estrada.
2.6.-SERVIZOS COMPLEMENTARIOS (TRANSPORTE)
O servizo realiza catro rutas con cadanseus autobuses, pertencentes ás seguintes
empresas:
· Exprés de Vea S. L.
· Autobuses de Pontevedra S.A.
· Donado Campos S.L. “La Estradense”.
· Autocares Aguiones S.L.
2.7.-ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Entendendo por este tipo de actividades o que establece a Orde do 22 de xullo de 1997, da
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, este centro valora enormemente o
seu carácter formativo, mesmo motivador e de innovación didáctica. Por iso deben
promoverse e planificarse anualmente este tipo de actividades, para o que se potenciará a
conformación dun equipo de actividades complementarias e extraescolares amplo e se
destinarán os recursos necesarios para o desenvolvemento das mesmas.
Un aspecto relevante na configuración destas actividades deriva da relación coas distintas
institucións municipais, que todos os anos ofertan diferentes actividades nas que o centro
participa en maior ou menor medida.
2.8.-ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Como complemento ao labor docente, e nunha liña plenamente formativa, entre as
actividades extraescolares deberán diferenciarse tres tipos:
1.-As que organiza e desenvolve o propio centro, segundo a proposta do Equipo de
Actividades Complementarias e Extraescolares.
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 10
2.–A participación en diferentes proxectos, Deporte Escolar, Plan Proxecta, Plans de
Formación do Profesorado, etc…
3.–As actividades propostas dende a ANPA e o Concello.
3.- PRIORIDADES DE ACTUACIÓN
3.1.- PUNTO DE PARTIDA
->MARCO LEGAL
Entendemos que o presente Proxecto Educativo debe ter como referente a lexislación
educativa vixente.
A Constitución Española de 1978 atribúe a todos os españois o dereito á educación e
recoñece a participación de pais/nais, profesores/as e alumnos/as no control e xestión dos
centros sostidos con fondos públicos.
Así mesmo, no artigo dezanove e no título terceiro da LODE Lei Orgánica 8/ 1985 do 3
de xullo reguladora do dereito á educación, establécese que o principio de participación dos
membros da comunidade escolar inspirará as actividades educativas, a organización e o
funcionamento dos centros públicos e a intervención dos profesores/as, dos pais/nais, e no
seu caso, dos alumnos/as no control e xestión dos mesmos.
Na LOXSE Lei Orgánica 1/1990 do 3 de outubro de Ordenación Xeral do Sistema
Educativo, no artigo 57.1, establécese que as Administracións Educativas fomentarán a
autonomía pedagóxica e organizativa dos centros e poderán colaborar cos mesmos para
promover a relación entre a programación dos centros e o entorno socioeconómico no que
estes desenvolvan o seu labor.
A LOE Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio dedícalle o artigo 121 ao Proxecto Educativo de
Centro. Entre outros aspectos, sinala que o proxecto educativo do centro recollerá os
valores, os obxectivos e as prioridades de actuación.
Así mesmo, incorporará a concreción dos currículos establecidos pola Administración
educativa, que corresponde fixar e aprobar ao Claustro, así como o tratamento transversal
nas áreas, materias ou módulos da educación en valores e outros ensinos.
O devandito proxecto, que deberá ter en conta as características do contorno social e
cultural do centro, recollerá a forma de atención á diversidade do alumnado e a acción
titorial, así como o plan de convivencia, e deberá respectar o principio de non discriminación
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 11
e de inclusión educativa como valores fundamentais, así como os principios e obxectivos
recollidos nesta Lei e na Lei Orgánica 8/1985, de 3 de xullo, reguladora do Dereito á
Educación.
Actualmente, na nosa comunidade autónoma, os decretos e ordes que desenvolven estes
marcos legais xerais e que se refiren ao Proxecto Educativo de Centro como un documento
de xestión do centro educativo son:
-Capítulo I do D.374/ 1996 do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento das
escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria
- Capítulo I da Orde do 22 de xullo de 1997, pola que se regulan determinados
aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios
de educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
3.2.- PRINCIPAIS NECESIDADES EDUCATIVAS
Da información obtida na análise xeral do contorno, do coñecemento da realidade do centro
educativo e das súas actividades, neste centro sería necesario mellorar:
->As infraestruturas existentes.
->Actualización dos recursos materiais existentes no centro.
->O uso das tecnoloxías da información e comunicación, así como os correspondentes
equipamentos.
->Os procesos de coordinación interna.
3.3.-OBXECTIVOS
3.3.1.- OBXECTIVOS INSTRUTIVOS
1. Potenciar a comprensión lectora.
2. Partindo da mellora da expresión oral, promover a calidade da expresión escrita do
alumnado.
3. Deseñar e coordinar actuacións metodolóxicas que promovan unha mellora da atención e
da autonomía no proceso de ensino-aprendizaxe.
4. Potenciar o emprego de técnicas de estudo.
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 12
5. Elaborar un plan de uso das TIC no apoio ao desenvolvemento curricular.
6. Elaborar un proxecto de funcionamento da biblioteca do centro, que atenda aos
aspectos organizativos e dinamizadores.
3.3.2.- OBXECTIVOS FORMATIVOS
1. Facer do centro un lugar para a práctica dos valores democráticos, de convivencia na
diversidade e interculturalidade, de solidariedade e de paz.
2. Tratar de que o deseño e execución de todas as actuacións educativas estean presididos
polos principios dunha formación integral da persoa.
3. Potenciar un modelo de ensino baseado na diversidade para dar resposta aos intereses e
ás necesidades de todos os alumnos e alumnas mediante unha acción educativa centrada nos
principios de integración e individualización.
4. Favorecer accións educativas que dean resposta diferenciada ás distintas necesidades
do alumnado, sexa por condicións persoais de discapacidade, sobredotación, procedencia
do estranxeiro ou diferenzas carenciais de tipo sociocultural.
5. Fomentar a participación da maioría ou da totalidade do alumnado nalgunha actividade
extraescolar.
6. Deseñar e poñer en práctica programas de adestramento en habilidades de interacción
social.
7. Promover os principios dunha educación cooperativa, que fomente a participación, a
responsabilidade e a creatividade.
3.3.3.- OBXECTIVOS PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
1. Sensibilizar á comunidade educativa respecto das vantaxes de contar cunha lingua
propia e da necesidade de coñecela e usala.
2. Potenciar o plan de Normalización Lingüística entre os distintos membros da
Comunidade Educativa.
3. Fomentar o uso da lingua galega en todas as actividades docentes.
4. Que, ao remate da Primaria, os alumnos/as utilicen con fluidez as dúas linguas oficiais,
tanto dun xeito oral como escrito.
5. Acomodar os distintos tipos de documentos á normativa ortográfica e morfolóxica da
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 13
Lingua Galega, establecida en 2003.
3.3.4.- OBXECTIVOS PARA A MELLORA ORGANIZATIVA
1. Promover a participación do profesorado nos diferentes elementos da estrutura
organizativa.
2. Potenciar a implicación do profesorado en tarefas de innovación e dinamización.
3. Deseñar estratexias de coordinación entre os distintos equipos.
4. Informatizar todo tipo de documentos administrativos do centro.
3.3.5.-OBXECTIVOS PARA A MELLORA DAS INSTALACIÓNS
1. Velar pola conservación das infraestruturas existentes e solicitar as melloras
necesarias aos organismos correspondentes.
2. Comprometer fondos propios para a actualización e mellora dos recursos.
4.- PRIORIDADES DE ACTUACIÓN DAS DINAMIZACIÓNS
4.1.- EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
De acordo co disposto no artigo 63 do Regulamento dos centros de primaria e infantil, co
obxecto de potenciar o uso da lingua galega, constituirase en cada centro un equipo de
normalización lingüística.
Este equipo estará formado por un profesor de cada ciclo, nomeado polo director por
proposta da comisión de coordinación pedagóxica, podendo incorporarse ao traballo do
equipo, para temas puntuais, outros membros da comunidade escolar.
No artigo 64 e seguintes do devandito regulamento fíxanse a súas competencias, así como
as do coordinador, que será nomeado polo director, por proposta dos membros do equipo
por un período de dous anos renovables.
O equipo de normalización lingüística reunirase cunha periodicidade mensual e realizará
unha sesión extraordinaria ao comezo do curso e outra ao finalizar este, así como cantas
outras se consideren necesarias. As actividades que se van realizar polo equipo de
normalización lingüística incluiranse na programación xeral anual.
4.2.- EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 14
No título 111, capítulo IV, artigo 69 e seguintes do Regulamento das escolas de educación
infantil e colexios de educación primaria, defínese o que se entende por actividades
complementarias e extraescolares e sinálanse as competencias do equipo e as do seu
coordinador.
Este equipo estará constituído por un xefe, nomeado polo director por proposta do xefe de
estudios, oída a comisión de coordinación pedagóxica e, para cada actividade concreta,
polos profesores que participen nela.
O equipo de actividades complementarias e extraescolares reunirase cunha periodicidade
trimestral e realizará unha sesión extraordinaria ao comezo do curso e outra ao finalizar
este, así como cantas outras se consideren necesarias. As actividades que se van realizar
polo equipo de actividades complementarias e extraescolares incluiranse na programación
xeral anual.
A participación do alumnado nelas é voluntaria e requirirá autorización previa por escrito
dos pais ou titores sempre que se desenvolvan fóra da localidade. No suposto de que esta
non sexa outorgada, a dirección arbitrará a forma máis conveniente para atender os
alumnos/as que non participen nelas.
4.3.- EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR
A biblioteca escolar é un recurso educativo imprescindible para a consecución dos
obxectivos educativos en todas as áreas. Facilita o acceso aos recursos informativos e
culturais necesarios nos procesos de ensino e aprendizaxe, favorece un uso contextualizado
das tecnoloxías da comunicación e da información e resulta imprescindible para a
capacitación e o fomento da lectura, de todo tipo de textos, en todo tipo de soportes.
4.3.1.-Funcións da dinamización de biblioteca.
En colaboración co profesorado de apoio, serán as seguintes:
1. Elaborar, en colaboración co profesorado de apoio, o proxecto anual de biblioteca escolar
e a memoria final.
2. Coordinar, seguindo as directrices da consellería, a elaboración e posta en práctica do
proxecto lector de centro, coa participación de todo o profesorado.
3. Realizar o tratamento técnico dos fondos (seleccionar, organizar, clasificar e catalogar).
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 15
4. Informar o claustro das actividades da biblioteca e integrar a súas suxestións.
5. Difundir os fondos existentes e as súas posibilidades de consulta entre toda a
comunidade escolar.
6. Definir os criterios para o préstamo e atender o servizo xunto co equipo de apoio.
7. Asesorar o profesorado en técnicas de animación á lectura, estratexias de dinamización,
formación de usuarios e traballo documental, seleccionando e elaborando materiais, xunto
co resto do profesorado, para a formación do alumnado nestes aspectos.
8. Coordinar o equipo de apoio á biblioteca escolar.
9. Representar o equipo de biblioteca na Comisión de Coordinación Pedagóxica.
10. Aqueloutras funcións que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
estableza na súa normativa específica sobre bibliotecas escolares.
4.4.-EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DAS TICs
Nos centros educativos poderá designarse unha persoa encargada das tecnoloxías da
información e da comunicación, que terá como obxectivo o mantemento cotián dos
equipamentos informáticos do centro, así como o apoio no seu uso didáctico ao resto dos
profesores/as do claustro.
4.4.1.-Funcións da dinamización das tecnoloxías da información e a comunicación.
En colaboración co profesorado de apoio, serán as seguintes:
1. Dinamizar e impulsar o uso das TIC do centro.
2. Realizar o mantemento cotián dos equipamentos informáticos do centro, constituíndo o
primeiro nivel de soporte destes, contando co apoio, nesta tarefa, do asesor/a TIC da
zona, sempre que as circunstancias así o requiran.
3. Dar soporte, no uso didáctico, do equipamento informático do centro ao resto do
claustro, contando co apoio, nesta tarefa, do asesor/a TIC da zona, sempre que as
circunstancias así o requiran.
4. Elaborar, por requirimento do equipo directivo e das liñas directrices da Comisión de
Coordinación Pedagóxica, o proxecto TIC e a organización e xestión dos medios e recursos
tecnolóxicos do centro.
5. Asesorar, de ser o caso, no mantemento do sitio web do centro.
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 16
6. Aqueloutras funcións que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
estableza na súa normativa específica.
4.5.-DINAMIZACIÓN DE CONVIVENCIA ESCOLAR
A persoa dinamizadora da convivencia coordinará a mellora do clima escolar, a través da
función titorial e propoñendo accións cooperativas. Asesorará o resto do profesorado na
inclusión de dinámicas de aula, que propicien a mellora da convivencia e a resolución pacífica
de conflitos.
4.5.1.-Funcións da dinamización de convivencia escolar.
En colaboración co profesorado de apoio, serán as seguintes:
1. Seleccionar aqueles ámbitos do PAT que máis inciden na convivencia e revisar a súa
adecuación.
2. Velar pola incorporación e o tratamento no PAT de contidos relacionados coas
habilidades sociais, a intelixencia emocional, a autoestima, a resolución pacífica de
conflitos, a mediación e as dinámicas de grupo.
3. Colaborar na dinamización do plan de convivencia xunto co Observatorio da Convivencia
do centro.
ASPECTOS ORGANIZATIVOS
5.- MEDIDAS ORGANIZATIVAS PARA OS ALUMNOS/AS QUE NON OPTEN POLAS
ENSINANZAS DE RELIXIÓN
->Actividades alternativas á relixión
En Educación infantil.-traballo en valores a través de contos.
En Educación Primaria.-as actividades alternativas á relixión serán as siguientes:
1ºCICLO.-
->Lecturas extraídas de contos de valores, outros contos e libros, fichas, etc.
->Traballo en valores con contos, lecturas e xogos.
->Pequenas obras de teatro.
->Carteis para a decoración de corredores, aulas, etc.
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 17
2º CICLO.-
->Estudo dirixido.
->Fomento da lectura.
->Educación en valores.
->Fomento de habilidades sociais.
->Dramatizacións.
->Activación da intelixencia.
->Xogos cooperativos e tradicionais.
->Talleres de prensa, etc.
3º CICLO.-
->Teatro.
->Valores a través de fichas, contos, películas…
->Xogos de mesa, ao aire libre, etc.
->Decoración de corredores, murais, poemas, etc.
Actualmente, no centro apoiámonos no Proxecto Valorandia, xa que cremos que a formación
en valores debe comezar canto antes e a etapa de infantil preséntase como a máis idónea
para que os nenos/as se inicien neles.
Este proxecto consta dunha serie de contos cun personaxe central, Pepo Valores, que vive
nunha cidade chamada Valorandia, na que nos ensina a vivir en harmonía cos demais e
descubrir que así somos moito máis felices.
OBXECTIVO XERAL
O fin último é que os nenos/as cheguen a ser persoas íntegras, responsables, capaces de
dar e recibir amizade, solidariedade e respecto; con desexos de vivir para mellorar a
sociedade na que viven.
6.- AGRUPAMENTO DO ALUMNADO E PLANIFICACIÓN EDUCATIVA DOS
ESPAZOS E A ORGANIZACIÓN DO TEMPO NA EDUCACIÓN INFANTIL
6.1.- AGRUPAMENTO E ADSCRICIÓN DE ALUMNOS/AS
->AGRUPAMENTO DO ALUMNADO
O agrupamento dos alumnos/as será mixto e flexible e favorecerá a coeducación e a
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 18
aprendizaxe cooperativa, evitando calquera tipo de discriminación por razón de raza, sexo,
relixión, rendemento escolar, etc.
Na formación dos grupos de alumnos evitarase calquera clasificación deles polos seus
coñecementos, nivel intelectual ou rendemento, así como os grupos estables de
recuperación, de repetidores ou de alumnos avantaxados.
Sempre que a dispoñibilidade horaria do profesorado e mais a organización do centro o
permitan, os grupos poderanse desdobrar para a realización de determinadas actividades.
De maneira especial debe de prestarse antención á flexibilidade que permita a aplicación
de adaptacións curriculares co alumnado que teña necesidades educativas especiais
(minusvalías, dificultades de aprendizaxe, sobredotación intelectual, etc.)
Partindo do feito de que a escola é unha institución que debe poñer os alumnos en relación
coa sociedade, é conveniente a colaboración dos distintos estamentos sociais que
interveñan na educación, participando ao nivel que a cada un lle corresponde.
->AGRUPAMENTO DO ALUMNADO EN EDUCACIÓN INFANTIL
O centro conta con dúas aulas mixtas de infantil, unha de 3/4 anos e outra de 4/5 anos. O
criterio para realizar o agrupamento vai ser tendo en conta o exposto anteriormente, a
idade e a data de nacemento do alumnado.
As titoras continúan cos seus alumnos/as até o termo do 2º ciclo de infantil.
->ADSCRIPCIÓN AO IES.
O CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ está adscrito ao IES Nº 1, a efectos de alumnado de
primaria que accede á ESO.
Antes de finalizar o último curso da etapa, os alumnos/as do centro farán unha visita ao
IES, como toma de contacto co seu próximo centro, para desta maneira favorecer a
transición dunha etapa a outra. Nesta visita, na que estarán acompañados polos xefes/as de
orientación de cada centro e o seu respectivo titor/a, poderán facer preguntas e aclarar
posibles dúbidas e inquedanzas que lles xurdan.
6.2.- PLANIFICACIÓN EDUCATIVA DE ESPAZOS
->Garda/custodia e distribución de espazos do alumnado antes do comezo da xornada
lectiva.
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 19
O portal de entrada ao centro abrirase ás 8.45 horas; nese momento, os alumnos/as
usuarios do transporte escolar accederán ao centro.
A distribución do alumnado, para favorecer o mellor control do mesmo, será o seguinte:
->Alumnado de infantil, permanecerá na parte dianteira do centro, custodiado por dous
profesores de garda.
->Alumnado de primaria, permanecerá na parte traseira do centro, custodiado tamén por
outros dous profesores de garda.
O número de profesorado de garda e custodia será o necesario, segundo o disposto na orde
de 22 de xullo de 1997.
->Distribución de espazos durante a xornada lectiva.
Os alumnos/as recibirán as súas clases na súa aula correspondente, únicamente cambiarán
de aula naquelas sesións nas que se teña que impartir unha especialidade, como pode ser o
caso de lingua estranxeira, educación física, educación musical ou relixión. No caso da
atención educativa, impartirase na súa aula habitual (aula de titoría).
->Aula de Informática (TICs), Biblioteca, Aula de Vídeo e Aula Dixital.
Calquera grupo de alumnos poderá utilizar ditas aulas, a condición de que o seu titor/a ou
especialista se anote nun calendario colocado para tal fin.
Así mesmo, estas aulas e espazos poderán ser utilizados no tempo de recreo, sobre todo
cando as condicións climatolóxicas non sexan propicias para saír ao patio. Para iso, cada
grupo-clase contará cun calendario que indicará o espazo ao que terán que acudir. Este
calendario irase cambiando cada mes, de forma que os alumnos vaian rotando duns espazos
a outros.
->Outros espazos e instalacións (pavillón, salón de actos, etc.).
As instalacións do centro, necesitadas a maioría delas dunha importante reforma e
acondicionamento, forman parte dos recursos necesarios para atender á formación integral
do noso alumnado. Por iso, o seu uso racional, o valor do que hai que compartir e o coidado
do que pertence a todos/as debe aproveitarse coma un instrumento formativo máis.
De igual forma que as instalacións están a disposisición do alumnado e do profesorado,
éstas poderanse usar pola totalidade da comunidade educativa no restante horario.
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 20
Así, facilitaranse eses recursos para as actividades extraescolares, para as reunións da
Asociación de Nais e Pais do Alumnado, para reunións, titorías…, para todo o que facilite o
desenvolvemento do contorno e sempre que se faga un uso adecuado deles.
En todo caso, nas Normas de Organización e Funcionamento (NOF), deberá explicitarse o
procedemento para acceder ao uso das instalacións do centro fóra do horario lectivo.
7.- MEDIDAS ORGANIZATIVAS E PEDAGÓXICAS PARA O PERÍODO DE
ADAPTACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL
Antes de finais do mes de xuño, farase unha reunión coas familias dos alumnos/as que
entran no centro no curso seguinte. Así mesmo, convidarase os alumnos/as a vir un día para
facer a súa visita ao colexio.
Na reunión coas familias daráselles unhas directrices para planificar a incorporación dos
alumnos/as ao colexio, para que desta forma sufran o menos posible e se adapten
facilmente.
Algúns consellos prácticos:
->Transmitir sentimentos de seguridade e confianza na escola.- É importante motivalo
e manifestar unha actitude positiva cara ao colexio, xa que, deste xeito, estarase
transmitindo a idea de que non hai motivo para preocuparse.
->Darlle información respecto da vida escolar.- Comentar cos fillos o que hai na escola,
as actividades que van facer, as persoas que haberá, con quen van xogar, os materiais e
xoguetes que van atopar, etc., amosando tranquilidade e alegría coa incorporación do
neno/a ao colexio.
->Non facer comentarios negativos sobre a actividade escolar.
->Intercambiar cos mestres toda a información que facilite un mellor coñecemento dos
fillos/as.
->Dar importancia ás actividades que conte o neno/a.
->Deitarse todos os días á mesma hora.- Durmir o suficiente para afrontar a xornada
escolar, erguéndose con tempo suficiente para asearse, preparar a merenda e tomar un bo
almorzo.
->Favorecer a autonomía dos nenos/as.- Para que poidan valerse por si mesmos sen
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 21
depender en todo momento dos adultos.
7.1.- NORMAS DE ORGANIZACIÓN
->Asistencia regular, que axuda os nenos/as a axustarse ao horario de clase e a aprender
os seus procesos e rutinas diarias, facilitándolles a organización dos seus esquemas
mentais.
É necesario que comuniquen a ausencia dos seus fillos/as á súa titora.
Vixiar as cabezas dos seus fillos/as e, en caso de lendias ou piollos, comunicalo ao colexio.
Se o neno/a está enfermo (febre, diarrea, infeccións…), é mellor que o deixen na casa, xa
que non poderá seguir o ritmo dos seus compañeiros/as e, asemade, podería contaxialos.
->Control de esfínteres, será obrigatorio. Chamarase por teléfono se teñen algún
“despiste”.
->Mandilón, deben traer un mandilón que sexa adaptado á súa medida.
->Roupa, que sexa cómoda e fácil de poñer e sacar para que vaia aprendendo só a vestirse e
espirse, adquirindo máis autonomía.
->Merendas, debe ser pouca cantidade e o máis autónomas posibles. Traeranas xunto cunha
botella de auga co seu nome nunha bolsa de tea ou mochila pequeña sen rodas e
respectando, sempre que sexa posible, o menú orientativo. Tomarase na clase.
->Aniversarios, celebraranse o mesmo día en que naceu. Se coinciden cun día non lectivo,
faranse o seguinte día que sexa lectivo. Non se traen chuches.
->Entrada.- É importante coidar o momento da despedida, amosando unha actitude
tranquila e de confianza.
->Saídas.- faranse 5 minutos antes que o resto do alumnado. Dos nenos/as que non vaian
no autobús deberase facer cargo un maior (irmán, veciño…). No caso de saír antes da hora,
débese notificar á titora a hora de recollida e a persoa que ven buscar o alumno/a. Cando
non sexa a persoa habitual, deberá traer autorización escrita dos pais/titores (segundo o
modelo).
->As saídas do centro para facer actividades educativas realizaranse previa
autorización, sen a que non poderá saír do colexio.
->Teléfonos de urxencia: é moi importante que, ademais do teléfono da casa, deixen outro
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 22
de contacto, por se se dá o caso dalgún incidente.
7.2.-DESENVOLVEMENTO DA ADAPTACIÓN
Primeira semana.- primeiro día, “presentación”, en días posteriores se irán incorporando
dous alumnos/as por día con redución horaria (de 10.30 a 12.00 horas), para comezar a
seguinte semana co horario habitual do centro (de 9.00 a 14.00 horas).
8.- ESTRUTURA E FUNCIONAMENTO DO CENTRO
O CEIP Manuel Villar Paramá deberá contar cunha estrutura organizativa que promova a
participación, a transparencia, o reparto do traballo, o aproveitamento dos recursos, a
asunción de responsabilidades, a autonomía, a cooperación, etc.
Nesa liña de participación e reparto de tarefas e responsabilidades é na que deben
fundamentarse os diferentes equipos que se constitúan. En todo caso, deberán
considerarse os que establecen o Decreto 374/1996, do 17 de outubro, e a Orde do 22 de
xullo de 1997, da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.
Seguidamente figuran os órganos de goberno, participación no control e xestión e
coordinación que, polo menos, deberán existir; asumindo todos eles a composición e as
funcións que veñen determinadas nas disposicións legais; porén, nas epígrafes seguintes
figuran certos matices que interesa destacar en cada un, aínda que as Normas de
Organización e Funcionamento deberán concretar: integrantes, funcións, procedementos
das convocatorias, etc.
8.1.-ÓRGANOS DE GOBERNO
8.1.1.-UNIPERSONAIS
As funcións do Director, o Xefe de Estudos e o Secretario están explícitas no Decreto
374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico das escolas de Ed.
Infantil e dos Colexios de Ed. Primaria, e que se concreta na orde 22 de xullo de 1997.
8.1.2.-COLEXIADOS
8.1.2.1.-O CONSELLO ESCOLAR
Este órgano deberá implicarse a fondo nos procesos de mellora -tanto desde o punto de
vista educativo coma infraestrutural- que se estimen necesarios para facilitar unha
educación integral e de calidade para a totalidade do profesorado e do alumnado.
E nesta responsabilidade deberá buscar a opinión e participación dos distintos sectores,
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 23
sexan do propio centro, sexan do contorno. Reunirase preceptivamente en sesión ordinaria
unha vez por trimestre e sempre que o convoque o seu presidente ou o solicite un terzo,
polo menos, dos seus membros. En todo caso reunirase ao inicio e ao remate do curso.
A súa composición é a seguinte:
1. O Director/a, que será o seu presidente.
2. O/A Xefe/a de estudos.
3. Un concelleiro ou representante do concello.
4. Un representante do persoal de administración e servizos.
5. Cinco mestres/as elixidos/as polo claustro.
6. Cinco representantes dos pais/nais de alumnos/as.
7. O Secretario/a do centro, que actuará como secretario do consello, con voz, pero sen
voto.
8.1.2.2.-O CLAUSTRO DE PROFESORES
O Claustro de profesores é o órgano propio de participación destes no goberno do centro e
ten a responsabilidade de planificar, coordinar, decidir e, se é o caso, informar sobre todos
os aspectos docentes del.
O claustro reunirase, como é preceptivo, unha vez por trimestre e sempre que o considere
necesario o Equipo Directivo ou cando sexa solicitado por un terzo dos seus membros. En
todo caso, reunirase ao inicio e ao remate do curso.
Son membros do claustro a totalidade dos profesores que presten servizo no centro e
estará presidido polo director.
Forman tamén parte do claustro os profesores de relixión propostos pola comisión
episcopal de ensino e nomeados pola delegación provincial.
8.2.- ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE.
8.2.1.- EQUIPOS DE CICLO.
Os equipos de ciclo deben velar para que o proceso de ensino-aprendizaxe teña unha
coherencia metodolóxica, un proceso en permanente progresión, un axuste ao momento
evolutivo, unha adaptación ás circunstancias de cada quen e unha actualización permanente.
O equipo estará formado polos titores e titoras respectivos do ciclo, así como polos
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 24
mestres e mestras especialistas adscritos a cada un dos ciclos. De cada un dos equipos de
ciclo sairá un coordinador ou coordinadora.
8.2.2.- COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA.
A comisión de coordinación pedagóxica estará integrada por :
O Director/a do centro, que actuará como presidente.
O Xefe/a de Estudos.
Os Coordinadores/as de Ciclo.
O profesorado de Educación Especial.
O Coordinador/a do Equipo de Normalización Lingüística.
O Xefe/a do Departamento de Orientación.
A representatividade existente debe aproveitarse para que este órgano se constitúa no
auténtico referente de asesoramento e adopción de decisións que afectan ao pleno
desenvolvemento do PEC e do PCC.
8.2.3.- EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega deberá promover o bo uso da Lingua Galega,
respectando o legalmente establecido e a sensibilidade pola variedade lingüística da nosa
Comunidade. Estes aspectos, entre outros, deben plasmarse no Plan Anual de Actividades
que este equipo elabore.
8.2.4.- EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES.
O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares deberá deseñar actividades
para cada curso, considerando os grupos de alumnos e alumnas, o contido da actividade e a
súa adecuación ás idades do alumnado e aos momentos do curso, así como a distribución ao
longo das etapas.
8.2.5.- COMISIÓN ECONÓMICA.
Este órgano, integrante á súa vez do Consello Escolar, deberá ocuparse de fundamentar as
propostas dos diferentes asuntos económicos sobre os que deba pronunciarse o Consello
Escolar. Polo tanto, as súas reunións deben convocarse en función da necesidade de
informar asuntos da súa competencia e serán sempre previas, naturalmente, ás do órgano
que debe adoptar decisións sobre eses asuntos: o Consello Escolar.
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 25
8.2.6.- OBSERVATORIO DE CONVIVENCIA ESCOLAR.
No centros educativos sostidos con fondos públicos de niveis non universitarios,
constituirase no seo do Consello Escolar un Observatorio de Convivencia Escolar. A
constitución, organización e funcionamento regúlase no Decreto 85/2007, do 12 de abril
(DOG do 8 de maio).
No curso escolar 2012/2013, comenza a funcionar no centro unha aula de convivencia.
Este aula sería un espazo reservado para aqueles alumnos/as con determinadas condutas
disruptivas, que, de maneira continuada, fan imposible un normal desenvolvemento das
sesións.
1.-Obxectivos
A.-Dotar o centro de espazos e tempos para axudar o alumnado a xestionar os conflitos de
xeito pacífico e reflexivo.
B.-Establecer un espazo que lle permita ao alumnado distanciarse do foco do conflito, ou
das circunstancias que orixinan. Conseguir o tempo necesario para poder axudarlle a
reflexionar e buscar posibles solucións.
C.-Mellorar o normal desenvolvento das aulas.
D.-Previr a posta en marcha de medidas máis extraordinarias de corrección, como pode ser
a expulsión do centro.
E.-Favorecer o entrenamento en habilidades sociais que preveñan condutas disruptivas no
futuro.
2.-Criterios de derivación do alumnado
A.-Comportamento disruptivo, que altera o normal desenvolvemento da convivencia do
grupo-clase, impedindo que o resto de compañeiros/as o aproveiten. Para elo é necesario
ter realizado os pasos previos (protocolo) e a comunicación aos pais/nais.
B.-Manifestar un comportamento irrespectuoso cara ao profesorado, sendo a criterio
deste necesario que non permanezca nese momento na aula de referencia.
8.2.7.- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.
Este órgano representativo, que debe asumir as súas responsabilidades na adecuación dos
recursos existentes ás necesidades do alumnado, estará en total coordinación coa CCP e
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 26
presente en todos os programas de mellora da calidade que se deseñen.
As súas principais actuacións e proxectos deberán establecerse no Plan de Orientación, o
cal será desenvolvido curso a curso mediante o Plan Anual de Actividades do Departamento
de Orientación.
Constituirase ao inicio de cada curso escolar e estará regulado polo Decreto 120/98 e a
Orde que o desenvolve, do 24 xullo do 98, que regulan a orientación en Galicia.
ASPECTOS CURRICULARES
9.- ADECUACIÓN DOS OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA AO CONTEXTO
SOCIOECONÓMICO E CULTURAL DO CENTRO E ÁS CARACTERÍSTICAS DO
ALUMNADO
A adecuación dos obxectivos xerais de etapa ao contexto socioeconómico do centro, así
como ás características do alumnado, quedará reflectida no anexo I, que recolle a
concreción curricular do centro. Neste documento aparecen os obxectivos de etapa e os
obxectivos xerais de área, así como a distribución e secuenciación de obxectivos de ciclo
realizada polo claustro do centro.
Asemade, o documento recolle os apartados referidos ás competencias básicas, bloques de
contidos, criterios de avaliación, mínimos esixibles, etc.
10.- LIÑA METODOLÓXICA DO CENTRO E A SÚA CONTRIBUCIÓN Á
CONSECUCIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS
10.1.- CRITERIOS BÁSICOS.
A metodoloxía irá sempre encamiñada e estará baseada nos seguintes aspectos:
1. Significatividade dos contidos. Os contidos recibidos polos alumnos/as lograrán
incorporarse ao seu esquema de coñecementos.
2. Coñecementos previos. Os alumnos/as disporán dos coñecementos previos necesarios
para poder integrar os novos contidos.
3. Motivación. Terá que existir sempre unha actitude favorable para a realización de
aprendizaxes e a súa realidade próxima será o punto de partida das actividades de
ensinanza-aprendizaxe.
A intervención educativa debe posibilitar que os alumnos/as constrúan aprendizaxes
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 27
significativas por si mesmos, é dicir, que sexan capaces de “aprender a aprender” de forma
activa e experimental.
4. Terase en conta o principio de globalización, camiñando xa ao remate da etapa cara a
unha interdisciplinariedade dos contidos.
5. O agrupamento dos alumnos/as será flexible, dependendo de cada actividade.
6. O plan de traballo deseñado polo profesorado terá en conta os distintos ritmos de
aprendizaxe, desenvolvendo estratexias diferentes que atendan á diversidade do alumnado
e á individualidade de cada un.
7. O papel do profesorado será, fundamentalmente, proporcionar información ao alumno/a,
favorecer o desenvolvemento de procesos autónomos de aprendizaxe, impulsar o traballo
cooperativo e promover o reparto de responsabilidades.
8. A formación será personalizada para acadar unha educación integral (coñecementos,
destrezas, valores).
9. Darase unha efectiva igualdade de dereitos entre sexos, o rexeitamento a todo tipo de
discriminación e o respecto a todas as culturas.
10. Fomentarase o desenvolvemento de capacidades creativas e espírito crítico.
11. Desenvolveranse hábitos de comportamento democrático e de autonomía persoal.
12. Procurarase unha aprendizaxe activa asegurando a participación de todo o alumnado no
proceso educativo.
13. Fomentarase a integración de experiencias de aprendizaxe para acadar un
desenvolvemento xeral “significativo” do alumno/a.
14. Desenvolverase unha ensinanza individualizada e adaptada aos ritmos de aprendizaxe de
cada alumno/a.
Todos estes aspectos ou principios metodolóxicos irán encamiñados á adquisición e
desenvolvemento das oito competencias básicas e a súa aplicación quedará plasmada no
documento de concreción curricular elaborado polo claustro de profesores (anexo I), onde
se concreta con maior detalle o traballo das devanditas competencias.
10.2.- COORDINACIÓN, COOPERACIÓN E PARTICIPACIÓN.
Unha mínima coordinación vertical e horizontal resultan indispensables no mellor
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 28
aproveitamento dos recursos humanos nun proceso continuo de mellora. Con isto
favorecerase o traballo en equipo dos profesores/as, utilizando distintos agrupamentos xa
establecidos (ciclo, nivel...), así como distintos grupos específicos, para garantir unha liña
metodolóxica coherente.
Tamén se intentará unha coordinación cos distintos centros de igual ou distinto nivel co fin
de consensuar liñas metodolóxicas.
Por iso, o espírito negociador, o cultivo das relacións persoais, a participación familiar, etc.
e o sentido democrático e de pertenza a unha institución colectiva son elementos que
deben coidarse permanentemente.
10.3.- DIVERSIDADE E INTEGRACIÓN.
Este centro debe caracterizarse por entender a diversidade nun sentido amplo (colexio,
aulas, alumnado, profesorado, familias…), de xeito que o acto educativo debe considerar as
particularidades de cada un deses elementos. A integración e a normalización deben ser
factores presentes en todas as accións do centro e isto debe ter unha consideración máis
sensible, se cabe, co alumnado estranxeiro e co que ten algún tipo de deficiencia ou
dificultade na aprendizaxe.
O traballo no centro referido a estes aspectos da realidade educativa terá en conta a
lexislación vixente, destacando as seguintes disposicións legais:
Orde do 6 de outubro de 1995, pola que se regulan as adaptacións do currículo nas
ensinanzas de réxime xeral.
Decreto 320/1996, do 26 de xullo, de ordenación da educación de alumnos/as con
necesidades educativas especiais.
Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional
na Comunidade Autónoma de Galicia .
Decreto 229/2011 do 7 de decembro de Atención á Diversidade.
Orde do 24 de xullo de 1998, polo que se establece a organización e funcionamento da
orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, regulada polo
Decreto 120/1998.
Orde do 27 de decembro de 2002, polo que se establecen as condicións e criterios para a
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 29
escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensinanzas non
universitarias con necesidades educativas especiais.
Orde do 20 de febreiro de 2004, polo que se establecen as medidas de atención
específica ao alumnado procedente do estranxeiro.
Lei 4/2011 do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.
Decreto 229/2011 do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do
alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
10.4.- NOVAS TECNOLOXÍAS
A busca permanente da calidade educativa ten que ter moi presente o uso das tecnoloxías
da información e da comunicación, tanto desde o punto de vista da aprendizaxe do alumnado
coma da mellora profesional do profesorado.
Polo tanto, hai que formar e formarse no uso das novas tecnoloxías, hai que introducir na
aula os recursos informáticos; pero sempre desde unha posición de crítica e de control
persoal destes medios; onde as máquinas só serán recursos para facilitar a aprendizaxe, a
solidariedade, a colaboración e a busca de información, nunca o substituto da persoa nin
das súas decisións.
Para iso, o centro conta cun proxecto de uso dos recursos informáticos. Ese proxecto
contempla, igualmente, a dotación dos recursos necesarios.
10.5.- RENOVACIÓN E ACTUALIZACIÓN PROFESIONAL.
O profesorado precisa dunha actualización profesional permanente, polo que se fomentará
dende o propio centro a promoción de grupos de traballo, de seminarios permanentes e de
proxectos de formación, que deben constituír os foros auténticos da renovación e
actualización docente.
10.6.- RELACIÓN E COLABORACIÓN CO CONTORNO E AS DIFERENTES
INSTITUCIÓNS.
Fixaremos cauces de participación efectiva nos distintos compoñentes da comunidade
educativa, para favorecer o proceso de ensino e aprendizaxe, establecendo canles de
comunicación entre os distintos sectores que forman o centro e este e o contorno.
Trataremos de implicar a toda a comunidade educativa nun proxecto común: a colaboración
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 30
coa ANPA, co Concello, cos demais centros do contorno, coa Administración Educativa e con
organismos que poidan aportar algo á mellora do centro e do labor educativo serán
elementos que deben estar presentes en todos e cada un dos profesionais deste centro.
11.-TRATAMENTO TRANSVERSAL DA EDUCACIÓN EN VALORES
11.1.-PLURALISMO E VALORES DEMOCRÁTICOS
O labor educativo deste Centro baséase no respecto mutuo, o diálogo, a colaboración e a
solidariedade, tratando de acadar no noso Claustro o equilibrio e a complementariedade de
métodos diversos, nos que cada profesor/a aporte o seu propio estilo docente conforme
aos seus principios psicopedagóxicos.
Darase importancia ás condicións socio-económicas do alumnado, buscando ante todo a
integración do alumno/a na súa realidade; tamén se apoiará na adquisición de hábitos e
técnicas e terá en conta os ritmos evolutivos e as capacidades intelectuais de cada alumno.
Tratará de fomentar unha actitude curiosa, crítica e investigadora, que sexa a base da súa
formación e adquisición de aprendizaxes.
->PLURALISMO E VALORES DEMOCRÁTICOS
As actitudes, valores e normas que procuraremos desenvolver nos nosos alumnos/as son as
de respecto aos dereitos e liberdades fundamentais e o exercicio da tolerancia e liberdade
dentro dos principios democráticos de convivencia.
Este Centro maniféstase pluralista no senso de respecto ante calquera ideoloxía ou nivel
económico de pais/nais e alumnos/as. O profesor orientará ao alumnado para que este
aprenda a vivir cos demais, respectándose e fomentando a non violencia.
Baseará a súa formación ética e cívica nos dereitos humanos e fomentará a colaboración
entre os compañeiros/as e a non competitividade.
As concrecións básicas en relación con estes aspectos serán as seguintes :
1.-Respecto polo pluralismo ideolóxico.
2.-Rexeitamento de todo tipo de dogmatismo.
3.-Compromiso co conxunto de valores democráticos e respecto aos dereitos humanos.
4.-Respecto polos principios básicos da nosa Constitución e do Estatuto de Autonomía, así
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 31
como tamén polos Deberes e Dereitos de todos os membros da Comunidade Educativa.
Manifestámonos partidarios da coeducación, entendendo tal concepto como un compromiso
inequívoco cara a fomentar, de forma deliberada e consciente, actitudes de respecto,
dentro e fóra da aula, entre os membros da comunidade escolar.
Tentaremos practicar a coeducación dun xeito efectivo e real, eliminando calquera tipo de
trato diferencial por razón de sexo, raza ou crenzas.
Analizaremos con sentido autocrítico as actividades que puidesen estar en contraposición
coa coeducación para reorientalas e para fomentar unha educación non discriminatoria.
->INTEGRACIÓN
Este Centro defende un modelo de ensino baseado na diversidade, tentando dar resposta
aos intereses e ás necesidades educativas de todos os alumnos/as mediante unha acción
educativa centrada no principio de Integración e no principio de Individualización.
Buscarase unha educación que dea resposta axeitada ás distintas necesidades do alumnado,
derivadas de condicións persoais de discapacidade, sobredotación, orixe ou de situacións
desfavorables, co obxecto de lograr o máximo desenvolvemento das súas potencialidades.
12.- AVALIACIÓN E PROMOCIÓN DO ALUMNADO
A avaliación abrangue todos os elementos do proceso de ensinanza-aprendizaxe: alumnado,
profesorado, obxectivos, contidos, metodoloxía empregada, medios materiais e
organizativos do centro, etc.
A avaliación condiciona que, cando e como se ensina e tamén os axustes que se deben
introducir para atender á diversidade de necesidades que van xurdindo no proceso
educativo.
Terá que ser continua, global e individualizada, tendo en conta as particularidades especiais
do alumnado.
12.1. FASES OU MODALIDADES DA AVALIACIÓN.
a) AVALIACIÓN INICIAL.
Información do centro educativo e a valoración de cada profesor/a previa a traballar un
contido.
Trátase dunha avaliación que nos permita determinar a situación do alumnado
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 32
(coñecementos, contorno social e ambiental, familiar...) no momento de empezar o proceso
de ensino-aprendizaxe, co fin de adaptalo ás súas necesidades.
b) AVALIACIÓN CONTINUA.
Relizarase ao longo de todo o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Os seus resultados serven
para realizar os axustes e correccións necesarias.
c) AVALIACIÓN SUMATIVA.
Ten como finalidade comprobar os resultados de todo o proceso anterior.
Poderá utilizarse como avaliación inicial da fase seguinte e permitirá revisar a
programación prevista.
Mide os resultados da aprendizaxe ao final do proceso, tendo como referencia os
obxectivos fixados.
d) AVALIACIÓN CRITERIAL.
Serve para contrastar as metas alcanzadas polo alumnado individualmente considerado, a
partir dos criterios establecidos para a propia avaliación.
O resultado obtido polo individuo compárase con outros resultados conseguidos por el
mesmo, nas mesmas probas ou respecto dun criterio fixado de antemán. Valórase o
progreso realizado respecto da súa avaliación inicial.
e) AVALIACIÓN NORMATIVA.
Responde á formulación e ao modelo vixente na antiga Lei Xeral de Educación de 1970. Nela
o alumno é comparado/a de acordo cunha norma estatística que se considera
representativa do grupo-clase.
f) AVALIACIÓN FORMATIVA.
Proporciona a información necesaria para que o profesorado e o alumnado realicen os
axustes pertinentes para unha boa orientación e mellora no proceso de ensino-aprendizaxe.
A avaliación compételle, no fundamental, ao equipo docente, responsable directo da
definición de instrumentos para a recollida de datos necesarios, así como da interpretación
dos mesmos e da valoración que se faga de todo o proceso.
É preciso deseñar unha avaliación funcional, que sexa posible, tendo en conta en todo
momento as circunstancias nas que se vai desenvolver.
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 33
12.2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
1.-Os mínimos establecidos por ciclo.
2.-O progreso do alumno/a dentro do seu nivel (respecto aos distintos ritmos de
aprendizaxe e niveis iniciais dos alumnos/as).
3.-A capacidade do alumno/a.
4.-O interese por aprender (esforzo e actitude cara ao traballo).
5.-A adaptación social dentro do grupo e do centro.
12.3. PROMOCIÓN DOS ALUMNOS/AS.
O alumno/a que alcance os mínimos establecidos no Documento de Concreción Curricular
promocionará ao seguinte nivel, indicando nun informe individual as súas características,
seguindo criterios establecidos para tal fin.
O alumno/a que non alcance os criterios mínimos establecidos valorarase en conxunto e
tendo en conta os criterios que a continuación seguen :
->Se progresou dentro do seu nivel.
->Interese por aprender.
->Capacidade.
->Adaptación social dentro do grupo.
Tendo en conta esta información, decidirase a súa promoción ao curso seguinte ou a
conveniencia de permanecer un ano máis no ciclo, ou ben a adopción doutras medidas
pedagóxicas establecidas para tal fin.
Ao remate de cada un dos ciclos e como resultado do proceso de avaliación, o equipo de
mestras e mestres que imparten docencia en cada grupo, na sesión final de avaliación,
decidirá sobre a promoción do alumnado.
A decisión será adoptada de forma colexiada, primando o criterio da persoa titora.
Tal e como establece o artigo 9 do Decreto 130/2007, o alumnado promocionará ao ciclo
seguinte sempre que alcanzase o desenvolvemento adecuado das competencias básicas e un
axeitado grao de madurez consonte a súa idade. Accederase igualmente ao ciclo seguinte
cando as aprendizaxes non alcanzadas non sexan un obstáculo para seguir
satisfactoriamente o novo ciclo.
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 34
Neste caso, o centro educativo adoptará as medidas precisas para que o alumnado reciba
os reforzos e apoios necesarios para a recuperación das ditas aprendizaxes. O alumnado
que non cumpra as condicións anteriores ou non acade os obxectivos de ciclo nunha das
linguas e matemáticas ou en tres áreas curriculares, das que unha delas sexa instrumental,
permanecerá un ano máis no mesmo ciclo.
Esta medida só poderá ser adoptada unha soa vez ao longo de toda a etapa educativa e irá
acompañada dun plan específico de reforzo e recuperación organizado polo centro arredor
das competencias básicas e daquelas áreas que faciliten a superación das dificultades de
aprendizaxe.
Sen prexuízo do establecido no punto anterior, o alumnado que presente necesidades
educativas especiais poderá permanecer un ano máis na etapa de educación primaria, nos
termos previstos no artigo 16.6º do Decreto 130/2007 polo que se establece o currículo da
educación primaria na ComunidadeAutónoma galega, sempre que esta medida favoreza a súa
integración socioeducativa.
12.4.- MEDIDAS A ADOPTAR EN CASO DE QUE ALGÚN ALUMNO/A NON
PROMOCIONE
O alumnado repetidor seguirá un proceso específico personalizado, orientado á superación
das dificultades comunicadas polo seu profesor/a titor do curso anterior no informe de
avaliación final e considerando a información obtida no proceso de avaliación inicial.
Asemade, teranse en conta as medidas recollidas no plan de atención á diversidade.
13.-ASPECTOS XERAIS PARA A ELABORACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS
DIDÁCTICAS
Os coordinadores dos ciclos deben elaborar a programación didáctica de cada unha das
áreas, materias, módulos ou ámbitos que teñan asignadas.
Os aspectos que deben incluir ditas programacións serán:
a.- A contribución de cada materia ao logro das competencias básicas.
b.- Os obxectivos establecidos para cada curso / ciclo.
c.- Os contidos, secuencia e temporalización.
d.- Os criterios de avaliación, relacionados coas competencias básicas.
e.- A metodoloxía didáctica que se vai aplicar.
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 35
f.- Os materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar.
g.- Os procedementos e instrumentos de avaliación.
h.- Os criterios de cualificación.
i.- A especificación dos mínimos esixibles para obter unha avaliación positiva.
j.- As medidas de atención á diversidade.
k.- O programa de reforzo para a recuperación das materias pendentes de cursos
anteriores.
l.- Actividades complementarias e extraescolares.
m.- As accións previstas de acordo co proxecto lector.
n.- As accións previstas de acordo co plan de integración das TICs.
ñ.- Os criterios para avaliar a propia programación.
Para optimizar esforzos e recursos, sería aconsellable que as programacións docentes e
calquera outro documento pedagóxico se envíe á inspección educativa en soporte
informático.
14.- CRITERIOS PARA A SELECCIÓN E USO DOS RECURSOS MATERIAIS
Os recursos didácticos son todos os obxectos, accións ou situacións que nos son útiles para
favorecer a aprendizaxe da alumnado e permiten un bo desenvolvemento da tarefa docente
do profesorado. Por iso é preciso realizar unha selección e establecer uns criterios de uso
e que estes sexan compartidos polo equipo docente.
É importante diferenciar os que son de uso do profesorado e os que o son do alumnado. Os
primeiros deben servir para orientar o proceso de planificación do ensino.
Á hora de elixir os materiais dirixidos aos alumnos/as, deben terse en conta estes
criterios:
Que non sexan discriminatorios.
Que permitan un uso comunitario dos mesmos.
Que non degraden o medio ambiente.
Que cumpran as normas de seguridade que esixe o seu manexo.
Que sexan resistentes e duradeiros.
Que sexan atractivos e atraíntes.
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 36
Que sexan favorecedores do desenvolvemento das capacidades das distintas áreas.
Recursos materiais:
a) Material das distintas áreas do ciclo.
b) Material de psicomotricidade.
c) Xogos de Linguaxe, comprensión e lóxica matemática.
d) Outros xogos e materiais manipulativos: crebacabezas, poliedros, regletas, fichas
xeométricas, parchís, dominó, xogos de moedas, pictionary, tabú...)
e) Material de refugallo: cartolinas, cores, rotuladores, pinturas, xices de cores, papel
continuo…
Recursos audiovisuais:
a) Radio, CD, gravadora, casette.
b) Taboleiros, murais, fotografías.
c) Televisión, vídeo, DVD.
d) Diapositivas, cintas de vídeo.
Recursos informáticos:
a) Programas informáticos da aula Plumier para:
- Aprender o manexo do computador.
-Desenvolver contidos das diferentes áreas.
Recursos impresos:
a) Libros de texto.
PEC CEIP MANUEL VILLAR PARAMÁ Página 37
ANEXOS.-
1.- ANEXO I.- DOCUMENTO DE CONCRECIÓN CURRICULAR
2.-ANEXO II.- PLAN DE ORIENTACIÓN
2.1.-ANEXO II.- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL
2.2.- ANEXO II.- PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
3.- ANEXO III.- PLAN DE CONVIVENCIA
4.-ANEXO IV.- PROXECTO LINGÜÍSTICO
5.- ANEXO V.- PROXECTO LECTOR
6.- ANEXO VI.- PLAN ANUAL DE LECTURA – PROXECTO LECTOR
7.-ANEXO VII.- PLAN DE INTRODUCIÓN DAS TICs
8.- ANEXO VIII.- PLAN DE ACOLLIDA
9.- ANEXO IX.- PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO
10.- ANEXO X.- PLAN DE CONVIVENCIA
11.- ANEXO XI.- REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO