PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en...

25
PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* XUÑO 2019

Transcript of PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en...

Page 1: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* XUÑO 2019

Page 2: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

EDITORIAL

Se pode ser escrito ou pensado, pode se filmado

Stanley Kubrick

O cine convenceunos este ano de que non hai imposibles. Na diversidade das

imaxes proxectadas nunha pantalla colle a complexidade toda do mundo ata o

infinito e máis alá. Abriunos unha xanela ás cores da realidade e aos arcos da vella

doutros mundos imaxinados. Convenceunos de que todas e todos somos creadores,

de que podemos facer, contribuír, de que somos capaces, tamén dende este recuncho

do mundo. O cine deunos a oportunidade de demostrar que podemos aportar algo

ao mundo, nós, creadoras e creadores orixinais e con voz propia. Permitiunos

improvisar a nosa naturalidade, facernos espontáneos diante da cámara coma nas

curtametraxes que elaboramos ao longo deste ano.

Un fervedoiro de creatividade agromou diante e detrás das cámaras, nos

guións, nas rodaxes, cos actores e actrices...coma se un elenco cinematográfico de

cinco estrelas desfilase pola alfombra vermella do CPI A Picota neste curso 2018/19.

Descubrimos futuro, potencial artístico, quen sabe se desta experiencia de curso nace

o vindeiro Miguel de Lira. Agradecidas e agradecidos quedamos da súa visita, do

seu ánimo inspirador que deixou pegada nas olladas de todos nós.

Co zoótropo (palabra de orixe grega que ven a dicir: vida que xira) viaxamos a

paraxes exóticos da man das imaxes estáticas que xiran e xiran ata producir unha

sensación de movemento. Cativounos a maxia esencial deste invento precursor do

cine moderno que recuperamos do pasado.

Personaxes de película pasearon pola Picota adiante no día do Entroido

convertendo Mazaricos nunha pequena Hollywood, e bailamos e celebramos a

diversidade que nos une.

Remata un curso de cinco estrelas, intenso e cheo de actividades, e coma se

fose unha película que nos emocionou e da que fomos partícipes, levamos a certeza

de que non a esqueceremos.

CPI A Picota (Mazaricos), fin de curso do 2018/2019

Page 4: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

3

O venres, día 28 de setembro de 2018, todo o alumnado do CPI A Picota asistimos a unha obra de teatro organizada pola Casa da Cultura de Mazaricos e que levaba como título FALAR POR FALAR.

Esta representación, a cargo de Pepe Penabade e Carlos Santiago, era unha comedia na que se facían continuas referencias á nosa lingua a través de metáforas, dobres sentidos e frases feitas. Os personaxes dialogaban entre eles e interactuaban con nós, contándonos, por exemplo, a orixe da lingua galega ou reflexionando sobre o incerto futuro da mesma nos tempos actuais. A finalidade, ao meu parecer, era concienciarnos acerca da importancia do galego e da súa defensa.

Penso que o tema central da obra foi moi interesante, así como o enfoque que lle deron á mesma para que fose fácil de entender. Ámbolos dous actores conseguiron facernos rir a base de chistes malos e ironías, e tamén chamar a nosa atención utilizando unha linguaxe e unha forma de expresarse semellantes ás que nós adoitamos empregar no noso día a día. Estes recursos, e algúns máis, conseguiron manternos entretidos durante toda a función, que durou pouco menos dunha hora.

Julia Pereira Facal, 4º ESO

Page 5: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

4

É unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno. Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor.

De acordo coa mitoloxía irlandesa, o Samaín era un tempo no que as 'portas de entrada' ao outro mundo se abrían, permitindo aos seres sobrenaturais e ás almas dos mortos vir ao noso mundo.

En Galicia, é unha celebración que se está a recuperar e promocionar dende a década de 1990, que está baseada na tradición do Día dos Fieis Defuntos, na de

tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como espíritos ou pantasmas que eran deixadas nos camiños para

asustar ós viandantes. Tamén era habitual que a mesa non se recollese despois de cear, por se as ánimas dos defuntos acudían de visita durante a noite. Ademais, deixábase o lume aceso para que non pasasen frío.

No noso colexio da Picota o día 31 de outubro foi un día especial xa que tamén celebramos o samaín á nosa maneira.

Os alumnos acudimos ao colexio disfrazados de algo terrorífico e pola tarde pasamos polo “túnel do terror” que os profesores montaran o día anterior polos corredores e biblioteca do centro.

Ismael, o profesor de Educación Física, contábanos unha historia de medo mentres camiñabamos polo “túnel”, tropezándonos con teas de araña, bonecos diabólicos, candeas que se

Page 6: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

5

acendían e apagaban, zombies, pantasmas!... escoitando sons arrepiantes que poñían a pel de galiña. Moitos compañeiros estaban asustados e botaban berros de terror.

Igualmente tamén houbo concursos de relatos, concurso de postres e tamén gravamos unha curta sobre o conto gañador dos relatos.

Na sala de medios audiovisuais entregáronse os premios desta tremenda celebración. A cabaza de María de 6º foi a gañadora. O concurso de relatos gañouno Claudia Ferradás de 5º e, sobre o seu conto fíxose a gravación da curta que puidemos observar todos os alumnos e profesores na sala de medios audiovisuais.

Finalmente pasamos ao corredor central onde estaban expostos os doces e pasteis terroríficos: galletas con formas raras, madalenas con ollos, cerebros humanos... que fixemos nas casas coa axuda dos nosos pais e dos que demos conta nun plis-plas.

Despois de todas estas actividades marchamos para os nosos fogares, contentos e felices por ter pasado un día xenial.

ALUMN@S DE 5º DE PRIMARIA.

Page 7: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

6

Para celebrarmos o Samaín, desde a Biblioteca, convocamos un concurso de relatos curtos de terror ambientados na Picota. A gañadora do 1º premio foi a alumna Sheila Braña, de 1º ESO, co relato “Tormenta blanca”. Tamén entregamos unha Mención Especial a Alberto Rey (2º ESO) por “ O príncipe de Brandufe”.

TORMENTA BLANCA

En un pueblo de Toba, vivían dos niñas, dos gemelas de trece años. Todos los años, en Halloween, se disfrazaban de lo mismo: la niña de la curva.

Cuando sonaba el timbre por la noche, los vecinos ya sabían quiénes eran: las Fargo, las gemelas. Siempre tocaban a la puerta cinco veces seguidas.

Era un treinta de octubre, una tormenta fuerte se acercaba y los vecinos no salían de casa. Las Fargo estaban pensando que broma podían gastar a sus vecinos asustados.

El treinta y uno, el tiempo seguía igual. Los árboles volaban y el suelo temblaba. Los vecinos pensaban que las gemelas no saldrían de casa aquella noche, pero estaban muy equivocados. Las niñas cenaron y se retiraron a su habitación, diciéndoles a sus padres que estaban cansadas. Cuando llegaron a su cuarto, se disfrazaron y pusieron unos rellenos en su cama. Salieron por la ventana y fueron a pedir caramelos, pero por el camino… se encontraron con una niña que también iba a pedir caramelos. Esta, decía que tenía trece años, pero, no lo parecía porque tenía las manos todas rasgadas, y el pelo de punta.

OS GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS CURTOS DE SECUNDARIA

Page 8: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

7

Las tres niñas decidieron ir juntas a pedir caramelos a las casas próximas. Por el trayecto, las gemelas estaban muy interesadas en saber sobre la niña, pero ella tan solo les dijo que se llamaba Anabel. Las hermanas, en ese momento estremecieron, ya que no les gustaba nada la película de Anabel.

Llegaron a la primera casa, donde tocaron al timbre cinco veces, algo normal en ellas. Tardaron unos minutos en abrir la puerta, hasta que por fin una anciana apareció.

- ¿Qué os trae por aquí, preciosas?

- Venimos a por caramelos.

En ese momento, la señora abrió los ojos de tal manera que parecía que le iban a saltar de la cara. Con el pie izquierdo por delante, se giró y les pidió que la acompañaran a una vieja cocina, donde en un tarro tenía tres caramelos. Una de las gemelas se abalanzó sobre ellos, los tiró de golpe en la cesta y se dirigió hacia la puerta principal, que de repente se cerró. Entonces, se echó a correr, pero su hermana intentó abrir la puerta y, al ver que no se abría, empezaron a temblar las dos. Mientras, Anabel se reía de tal manera que claramente sabía que algo estaba pasando.

La que parecía ser una anciana se empezó a quitar una piel de la cara y la peluca, diciendo:

- Nunca más vais a disfrazaros de mí, ¿verdad?

Las niñas entraron en pánico y gritaron, hasta que uno de los cristales más altos de la casa se rompió.

- He venido aquí para ayudar a mi amiga. -Dijo Anabel, que en realidad era Anabel de terror.

- Nadie puede quitarme el puesto, así que vais a pagar por intentar hacerlo. -Dijo la que decía ser una anciana, con voz de terror.

En ese momento, se fundieron las luces y los gritos con eco inacabables, llegaron a los oídos de todo el pueblo.

Desde entonces, nadie ha vuelto a saber nada de las gemelas, ni a disfrazarse de la niña de la curva.

Page 9: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

8

O príncipe de Brandufe

Hai once séculos, neste territorio ó que hoxe chamamos Mazaricos, atopábase o reino de Monteagudo. Este estaba gobernado polo rei Alfredo o Nobre. O monarca era moi relixioso e , á vez, moi rico, poderoso e tirano. A súa poboación non lle quería ben, aínda que acataban as súas ordes a cambio da súa protección e das terras que rodeaban ó castelo de Brandufe, actualmente en ruínas, pero no seu tempo un luxoso castelo na montaña. No seguinte relato cóntase a súa historia e a do seu fillo. Todo comeza no 29 de outubro, cando Alfredo se encontraba sentado no seu trono e recibe unha mensaxe que poñía:

Socorro, necesitamos axuda, uns pobos nórdicos entraron polo sur, necesitamos reforzos. Bonifacio III, rei dos territorios de Catoira.

Entón deulle tempo a calcular que lle quedaban 3 días. Ao instante, chamou aos principais cónsules do exército, entraron na sala de reunións e empezaron a discutir. Ninguén sabe de que falaron, mais escoitáronse golpes na mesa e berros. Cando saíron da sala, parecían todos de acordo.

Ao día seguinte o rei preparou un adestramento militar e organizou as súas tropas para a batalla. El tamén quería loitar e defender o seu reino, por iso decidiu facer un testamento onde recolleu a repartición do seu territorio entre os seus dous fillos, Xoán o Nobre e Fernando XII o Pillo. Xoán quedaría con Arcos, Colúns e Monteagudo e Fernando, cos territorios da Picota, Cives e Pino de Val. Ademais tamén deixaba o goberno do seu castelo para a súa muller. Fernando queixouse moito deste documento, xa que os territorios máis importantes desa época non lle pertencían, pese a isto, o rei fíxolle caso omiso e continuou o seu adestramento. Ao día seguinte, o rei prepararía a defensa. Mentres o seu fillo Fernando, corrompido pola avaricia, maquinou un plan que

Page 10: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

9

OS GAÑADORES DO CONCURSO “PORTAS DE TERROR”:

2º ESO

se levaría a cabo na batalla. O día anterior á celebración desta, botaría arsénico no viño que tomaba súa nai, xerando unha gran inestabilidade.

Cando chegou o momento da batalla, apareceron os viquingos correndo armados con machadas, escudos e peles. Ao primeiro parecía que poderían aguantar; porén, entre o franco nórdico, apareceu un home que freou en seco ó rei e a Xoán, era Fernando, quen traizoara o seu reino a cambio de quedarse co castelo. Ao darse conta, deixaron de disparar e, mentres estaban pensativos, os viquingos dispararon dúas frechas, unha deulle a Alfredo no costado e a outra, a Xoán no peito.

Rematada a contenda, Fernando xuntou os cadáveres e enterrounos xuntos. Entón decatouse do erro que cometera, sacou o seu puñal e suicidouse ó lado dos seus familiares. Despois de que acabou coa súa vida, apareceu un espírito que o condenaría a vagar por eses territorios toda a eternidade.

Debido a isto, cada primeiro de novembro aparéceselles ás persoas do lugar e incítaos ao suicidio.

Page 11: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

10

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo. Tamén se reclaman políticas en todos os países para a súa erradicación.

Segundo datos estatísticos, en España houbo un total de corenta e oito vítimas no que levamos de ano. Destas, só doce presentaron denuncia e vinte e nove foron asasinadas polas que eran actualmente as súas parellas. Un número de denuncias que está aumentando respecto a anos anteriores.

Para que os alumnos e as alumnas tomásemos conciencia desta terrible realidade, fixéronse unha serie de actividades como a elabora dunha exposición na que aparecían o nome, idade e domicilio das mulleres maltratadas neste ano.

Ademais, o día vinte e tres, alumnado e profesorado quixemos conmemorar ese día. No recreo, reunímonos para falar deste tema tan importante e actual. Comentamos, grosso modo, como se manifesta este tipo de violencia e o que podemos facer ao respecto. Vestidos/as de negro e cun lazo de cor violeta, recitamos uns poemas que expresaban os sentimentos das mulleres maltratadas, violadas e ridiculizadas. Por último, gardamos un minuto de silencio por todas as vítimas, pensando tamén nas que virán se a situación non cambia.

A finalidade destes actos buscan educar para cambiar esta sociedade, facernos reflexionar sobre a cantidade de persoas que están sufrindo diariamente

Page 12: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

11

polo mal comportamento dos homes ante as mulleres, e non só fisicamente senón tamén psicoloxicamente.

As mulleres estamos xa fartas de que se nos considere inferiores, fartas de non poder vestir como queiramos, fartas de non poder saír tranquilas pola noite, fartas de que nos digan piropos machistas pola rúa, fartas de non poder ser libres. Así que, poñédevos na nosa pel e entenderedes o porqué estamos tan FARTAS.

Carme Suárez Franco, 3º ESO

Page 13: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

12

O día 9 de novembro, todos os alumnos de secundaria fomos desfrutar dunha obra de teatro adaptada por Tuéjele Teatro e inspirada nunha novela

escrita por Susan E. Hilton chamado Rebeldes.

A novela trata sobre un rapaz chamado Ponyboy Curtis de 14 anos, orfo, que vive nunha pequena cidade norteamericana cos seus dous irmáns. Os tres forman parte dunha tribo urbana, os “Greasers”, mozos pobres que viven ao límite da legalidade. Unha noite, Ponyboy discute co seu irmán maior e escápase de casa xunto co seu mellor amigo, Johnny; un rapaz de 16 anos, marcado física e psicoloxicamente pola malleira que lle deron os “Socs”, tribo rival dos “ Greasers”, os nenos ricos. Cando todo parecía que podía volver ao seu sitio, con Ponyboy decidido a regresar e enfrontar a situación co seu irmán, ambos os dous amigos vense envoltos nunha pelexa que cambiará totalmente as súas vidas e as dos que lles rodean.

A versión elaborada por Tuéjele tivo que adaptar o texto ás circunstancias específicas da representación, determinadas polos intérpretes do grupo. Como a maior parte dos integrantes son rapazas, decidiron levar a cabo unha inversión de xénero dos personaxes principais da obra, quedando as relacións entre as figuras dramáticas notablemente alteradas. Así, no libro practicamente todos os personaxes que interveñen son rapaces, en cambio, na obra de teatro a maioría das personaxes son mulleres.

O resultado foi fantástico, chegando a emocionar a un público totalmente entregado.

Andrea Labandeira Otero,

2º ESO

Page 14: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

13

A NOSA EXCURSIÓN AO COUREL

Este curso o alumnado de 3º e 4º da ESO e os profesores Cristina, Pilar, Álvaro e Iria emprendemos unha viaxe ás montañas luguesas, concretamente ao Courel. A excursión iniciouse o día 29 de outubro pola mañá e deuse por finalizada o día 31 pola noite.

O primeiro día aproveitamos para ir visitar A Coruña e Lugo. Na Coruña, fixemos unhas probas de orientación. A maioría delas consistían en buscar uns lugares ou estatuas concretas e sacarse unha foto, a última foi a máis divertida posto que para a maioría de nós foi unha nova experiencia; tratábase de facer kayak, remamos ata o castelo de San Antón e despois volvemos ao lugar de partida.

Ao rematar de comer todos xuntos regresamos ao autobús e seguimos camiño de Lugo cidade. Unha vez dentro das murallas, dirixímonos ao Museo Provincial de Lugo e vimos varias das exposicións alí presentes. Tamén contemplamos dúas esculturas de Álvaro, o noso profesor de Plástica.

Despois diso, volta ao autobús unhas horiñas máis ata que por fin chegamos a Seoane. Ceamos e, a continuación, asignáronnos as cabanas; unha especie de casa pequena con cociña, cuarto de baño e catro ou cinco camas.

O segundo día comezou á mañanciña cando nos viñeron espertar ás oito, posto que ás nove tiñamos que estar nas mesas do comedor, vestidos e con todo preparado para a andaina que logo fariamos. Pronto emprendemos camiño polas montañas luguesas. Os profesores acompañantes fixéronnos un concurso para tomar unha fotografía que representase o mellor posible esta viaxe. En pouco tempo xa tiñamos moitas feitas e un bo treito andado. Chegamos a unha pequena aldeíña onde nos entretemos falando cos campesiños. Logo volvemos ao camiño ata chegar a unha ermida onde comemos uns bocadillos e unha froita

que nos deran no cámping para repoñer forzas. Volvemos pórnos en ruta un tempo máis ata chegar xunta ao autobús e emprendemos camiño ao pobo de Seoane.

Unha vez chegado, deixáronnos un tempo

libre para ir a algún bar ou ao supermercado que había alí. Nós aproveitamos para comprar doces e comida para pasar a noite. Despois subimos ao autobús para dirixirnos ao

Page 15: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

14

cámping. Aínda nos quedaba practicamente toda a tarde para asearnos ou simplemente falar e descansar. Os profesores foron previsores e trouxeron xogos de mesa e quen quixo puido ir alí para pasar mellor o tempo. Eran as sete e xa había cerca de quince persoas xogando a un xogo de mesa chamado “Tabú”. Seguidamente, sobre as oito, empezaron a requisar os teléfonos móbiles

para cear máis tranquilos e rapidamente fomos ás cabanas para pasar o resto da noite.

Eran as oito e, de novo, os profesores estaban tocando nas portas; era o noso terceiro e último día nas montañas luguesas. Ás nove menos cuarto as nosas maletas debían estar na cabana número un e as habitacións debían ter as sabas retiradas e todo tiña que estar limpo. Sobre todo porque esa madrugada estivemos comendo chocolate, pistachos, patacas fritas, bombóns… Cando xa todo estaba en orde puidemos ir almorzar.

Decidimos ir dar unha volta mentres Álvaro, o noso profesor de Plástica, quedaba con algúns rapaces facendo a comida; o caldo.

O autobús deixounos ao inicio dun camiño e nós seguímolo con coidado posto que predominaban as pedras e o chan esvaradío. Unha vez completada a andaina do día, regresamos ao cámping para comer o exquisito caldo que xa estaba preparado. Pronto acabamos e empezamos a repartir as maletas para ir meténdoas no maleteiro do autobús.

Esperábanos unha longa viaxe que se faría máis liviá grazas ás risas e ás conversacións que mantivemos para divertirnos. Paramos na estación de servicio de Guitiriz corenta e cinco minutos, aquí puidemos comprar e tomar algo antes de retomar o camiño.

Pasadas unha horiñas chegamos a Mazaricos, destino final. Eran as nove da noite e varios coches agardaban no centro. Tan pronto como saímos, collemos as maletas e despedímonos.

E así foi a nosa inesquecible excursión ao Courel. Repetiríaa sen dubidalo posto que foi unha gran experiencia que nos permitiu conectar coa natureza. Ademais de ser unha boa forma de convivir e relacionarse cos nosos amigos e compañeiros saíndo da rutina estudantil.

L aura Antelo González, 3º ESO

Page 16: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

15

O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz para conmemorar a morte de Gandhi. No CPI A Picota, celebrámolo todos os anos. Este ano visitáronnos os curas Desiré e Xosé Manuel.

Cada clase escribiu unha mensaxe de paz en globos brancos, e o contrario en globos de cor negra. Logo, deixamos que os brancos subiran e rebentamos os negros para promover a paz e o cariño.

Despois diso, o cura Xosé Manuel ensinounos unhas fotos da súa viaxe a África para que puideramos ver como era a vida neses sitios. El é parte dunha ONG

chamada Égueire que axuda as nais pobres de Costa de Marfil.

Os alumnos e as alumnas do colexio tamén interpretamos un baile africano (chamado Funga Alafia) para Desiré, quen é de Costa de Marfil.

Para finalizar, Desiré falounos sobre a realidade destes países africanos e mostrounos distintas estatísticas comparando a vida alí coa que temos en países como España, Estados Unidos, China e outros.

Este Día da Paz estivo moi ben organizado e ensinounos moito sobre a vida noutros países máis pobres, o que nos axuda a entender o porqué a guerra é tan prexudicial e o afortunados que somos.

Manuel Pereiro Conde, 2º ESO

Page 17: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

16

O DÍA DA PAZ

ESTAS FORON AS VIVENCIAS SEGUNDO UN ALUMNO DE PRIMARIA

Tras un traballo previo nas semanas anteriores con exposicións nos taboleiros de diferentes actividades, chegou o momento.

Para festexar ese día infláronse globos de dúas cores: brancos e negros. Nos globos brancos usouse helio e os negros infláronse con aire.

Os nenos e nenas encargáronse de escribir palabras relacionadas coa Paz nos globos brancos e palabras cun significado contrario á Paz nos globos negros.

Cada persoa collía un globo de cada tipo e soltábaos. Os globos de Paz voaban pero os globos de guerra estoupámolos.

Page 18: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

17

Despois bailamos unha danza africana e cantamos unha canción sobre a Paz, do músico Paco Nogueiras titulada " Apertas que voan".

Todos os nenos sentimos o importante que é levarnos ben uns cos outros para facer un mundo mellor.

Os nosos profesores fannos ver todos os días que é necesario o compañeirismo e o respecto cara ós demais para poder construír a Paz.

Os alumn@s de ESO visitaron a exposición de fotos sobre Siria, a cal nos presentou a asociación benéfica Egueire que traballa aló e tamén lles deron unha charla sobre a vida nese país.

Mateo Cousillas Lema

6º Primaria

Page 19: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

18

O NADAL NO CPI A PICOTA

O Nadal no CPI A Picota

comeza cando as portas das

clases teñen algún que outro

adorno e as nais do

comedor se poñen gorro de

Papá Noel.

No segundo día, cólganse

as postais de Nadal xunto

cun buzón para votar SÓ

UNHA VEZ a postal que

queiras,

aínda que algúns votan 7 ou 8

veces... Pero bueeeno.

A próxima semana, máis ou menos,

enterámonos dos gañadores ou

supoñémolo, a verdade, nunca pensei que

podería gañar, pero así foi (e por iso estou

escribindo isto...)

Os próximos días ensaiamos case tódolos recreos.

O día do festival, vimos todos guapos, sen mochila e sen preocupacións por se

hai exame de inglés, antes do festival, ensaiamos un pouco e temos tempo

Page 20: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

19

libre. Logo, imos cara á casa da cultura onde, cando empeza a vir a xente,

sentámonos e empezamos a ver as actuacións, normalmente, de máis

pequenos a máis grandes coa única interrupción de entregar os premios de

Nadal.

Pódense ver tódalas actuacións no blog do cole, recomendo que a visitedes:

https://mazaricoteca.blogspot.com/2019/01/festival-de-nadal-2018.html

Ao rematar, imos ata a chocolatada, onde recibimos a visita dos Reis Magos,

recollemos as notas e para a casa cun doce sabor de boca.

Valeria Cerbán Moledo, 6º de Primaria

Page 21: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

20

O martes, 5 de decembro, fomos correr á Baña, ao Campo a Través. Primeiro correron as rapazas de 2º e 3º de primaria e logo os rapaces, tamén destes cursos; nos rapaces, quedou segundo un neno que se chama Aitor Arán.

Logo de 4º e 5º non gañou ningún do noso cole, por moi pouco, pero iso non importa, o importante é que o pasamos ben. Un deles, dos de 5º, quedou segundo, Fabio Gesto.

Por último foron os de 6º de primaria e 1º ESO, primeiro as rapazas; eu, Sara Fernández, era unha delas, e corremos todas un montón e esforzámonos moito, igual que o resto; eu quedei segunda.

Sentinme moi alegre por gañar unha medalla de prata.

Sara Fernández, 6º de Primaria

Page 22: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

21

FUNDACIÓN ÉGUEIRE

“O noso obxectivo é loitar pola dignidade humana” O pasado día 30 de xaneiro, en conmemoración do Día da Paz, achegouse ao

noso colexio o presidente e fundador da Fundación Égueire, Desiré Kouakou Tanoh, para falarnos un pouco desa asociación. Ademais del, tamén veu Xosé Manuel Pensado Figueiras, o párroco de Mazaricos, que tamén está afiliado á asociación.

• QUE É A FUNDACIÓN ÉGUEIRE?

A Fundación Égueire é unha asociación de persoas que axudan a Costa de Marfil, un país do continente africano. Este país é pobre e pouco desenvolto, polo que a Asociación Égueire intenta facer a vida dos habitantes de Costa de Marfil máis fácil. Foi creada en 2008 por Desiré Kouakou Tanoh xunto co cura de Mazaricos, Xosé Manuel Pensado, e cun grupo de persoas voluntarias da Costa da Morte.

• QUEN É DESIRÉ KOUAKOU TANOH?

Desiré Kouakou Tanoh naceu en 1972, en Costa de Marfil, e é o fundador e presidente da Fundación Egueire.

• CALES SON OS OBXECTIVOS DA FUNDACIÓN ÉGUEIRE?

Dende hai once anos, a fundación Égueire está intentando mellorar as condicións de vida dos habitantes de Costa de Marfil, un país subdesenvolvido no que a pobreza e o analfabetismo están presentes dende hai moitos anos. Ademais disto, as desigualdades sociais, as enfermidades e o clima fan que os principais factores negativos sexan peores.

Page 23: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

22

• PROXECTOS FEITOS E PROXECTOS FUTUROS

Ao longo dos anos, a ONG Éguei foi realizando proxectos que favoreceron a vida en Costa de Marfil con proxectos como os que nomeamos a continuación:

• Xornadas solidarias de sensibilización social. Boiro 2009 e Ribeira 2010.

• Xornadas de integración. Edicións anuais da Festa Africana en Mazaricos. Desde 2009 a 2018.

• Rehabilitación da escola de N’ Zida. Grand Lahou. Costa do Marfil.

• Rehabilitación do orfanato de Youpougon. Costa do Marfil. • Rehabilitación, sostemento e dotación de víveres do comedor

escolar. Colexio Lowa Beugre. Costa do Marfil. • Apoio a pacientes con VIH. Youpougon. Costa do Marfil. • Doazón de víveres a Aldeas Infantís SOS. Abobo. Costa do Marfil. • Formación en España de dous estudantes de Costa do Marfil en

formación profesional agropecuaria. • Dotación de microcréditos ás cooperativas de mulleres Viwo,

Brafedom, Benewende e Ehmyn- oYi. Grand Lahou. Costa do Marfil.

• Construción dunha maternidade en Nandibou. Costa do Marfil. • Dotación de alimentos, medicinas e financiamento á casa de

acollida de nenos orfos de Madame N’ Zi. Grand Lahou. Costa do Marfil.

Nun futuro próximo, teñen pensado construír un Centro de Formación Profesional Agropecuario en Grand Lou.

Cada un co que poida, todos que temos que seguir colaborando con Égueire. Ademais, deberiamos sentirnos orgullosos pois, como contou Desiré na súa visita ao centro, cando lles falan aos habitantes de Costa de Marfil das persoas que lles axudan, sempre pensan en Mazaricos e creo que para nós é un gran honor. Rubén Blanco Pereira, 2º ESO

Page 24: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

23

O SAN VALENTIN NA PICOTA

Uns días antes de San Valentín os profesores do colexio da Picota poñen o

"Buzón do Amor". Consiste en que unha persoa escribe unha carta para un

amigo, un namorado...e o 14 de febreiro, o propio día dos namorados, recollen

as cartas que hai no buzón e despois chaman a Cupido, o deus do amor, para

que as reparta polas clases xunto cun axudante para que lle leve as cartas.

Estes van de clase en clase repartindo as cartas desde os máis pequenos ata os

máis maiores e se hai algunha carta para toda a clase, pois léea Cupido en alto e

despois ou dálla ao profesor ou ao encargado da clase. Cando acaban, o

axudante e Cupido marchan e non volven ata o seguinte día de San Valentín,

pero a ben seguro que deixaron moita felicidade

e amor entre os nenos/as do colexio.

Moi bo traballo fixeron estes.

Page 25: PERIÓDICO ANUAL DO CPI PLURILINGÜE DA PICOTA *Nº 29* … · 2021. 2. 12. · tallar caveiras en melóns e cabazas e de vestir como esp íritos oupantasmas que eran deixadas nos

PARRAFADAS 2019 Revista anual do CPI Plurilingüe da Picota

24

O pasado día 6 de febreiro os alumnos de 2º e 4º da ESO tivemos unha

excursión a Santiago de Compostela para ver o Pórtico da Gloria da Catedral e unha exposición sobre Castelao na Cidade da Cultura. Os profesores que nos acompañaron foron Rafael Lobelle e María Parada.

Saímos ás 9 da mañá do CPI Plurilingüe da Picota. Ao chegar a Santiago fomos á Praza das Praterías e logo á casa do Cabido onde mostraban unha exposición de arte moderna feita con elementos reciclados como papel e cartón. Tamén nos achegamos ao museo das Peregrinacións; aquí puidemos ver reliquias, estatuas, instrumentos, cadros e outros elementos relacionados coa catedral de Santiago e o Camiño de Santiago.

Máis tarde dirixímonos á Praza do Obradoiro e despois á Catedral. Dentro da Catedral dividímonos en dous grupos para ver o Pórtico da Gloria. Na Catedral, unha guía explicounos cousas sobre o Pórtico. Nel represéntase a Apocalipse e está formado por 3 arcos de medio punto. Nun dos arcos laterais, represéntanse nenos que ascenden ao ceo e no outro arco, pecadores sendo torturados por monstros. Na parte central, represéntase a Xesús e aos 24 vellos da Apocalipse afinando os seus instrumentos, simbolizando que a profecía está a piques de chegar. Entre os tres arcos represéntanse os 12 apóstolos e os 4 evanxelistas. Na parte posterior está o Mestre Mateo, o creador do Pórtico.

Despois dun pequeno descanso para comer, dirixímonos á Cidade da Cultura para ver a exposición “ Castelao Maxistral” na que nos explicaron a situación do ensino en Galicia a principios do século XX. Ademais de falarnos da vida e obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a figura máis sobranceira da cultura galega do século pasado. Foi un home polifacético (médico, escritor, debuxante, pintor, político e profesor) que naceu en Rianxo en 1886 e que morreu en Bos Aires en 1950.