Perseo

9

Click here to load reader

description

Principais feitos do heroe perseo en imaxes

Transcript of Perseo

Page 1: Perseo

PERSEO•

Perseo era fillo de Zeus e Dánae, filla do rei Acrisio

de Argos.

Un oráculo anunciáralle a Acrisio

que morrería a

mans do seu neto, polo encerrou a súa filla Dánae

nunha torre para

que non se puidese unir a ninguén.

Zeus namorouse de Dánae

e uniuse a ela en

forma de chuvia de ouro, penetrando polas fendas do teito.

Desta unión naceu Perseo

Page 2: Perseo

PERSEO

Cando Acrisio

se enterou, ordenou que nai e fillo fosen botados ao mar, pechados nunha arca.

Grazas á

protección Zeus a arcas chegou flotando até

as praias da illa de Sérifos, onde un pescador, Dictis, ocupouse deles.

Perseo creceu forte e valente e protexía á

súa nai do acoso de Polidectes, tirano da illa e irmán de Dictis.

Page 3: Perseo

PERSEO•

Para librase de Perseo, Polidectes

envíao a unha misión imposible: conseguir a cabeza de Medusa.

Medusa era unha das tres gorgonas, monstros mariños femininos que tiñan cabelos de serpe, cairos de xabaril e escamas de dragón. As gorgonas habitaban no extremo occidente, cerca das Hespérides e petrificaban coa súa mirada

Medusa era a única mortal. Segundo algúns fora unha ninfa moi fermosa, castigada e transformada por Atenea por unirse a Poseidón no seu templo.

Page 4: Perseo

PERSEO•

Hermes aconsellou a Perseo que visitara ás Graias, tres vellas irmáns das Gorgonas, para que lle indicaran o camiño ata a morada das Ninfas, que lle darían os obxectos necesarios para cumprir a súa misión.

As Graias tiñan un só

ollo para as tres. Perseo quitóullelo e a ameazounas con non devolvérllelo se non lle indicaban o camiño.

Page 5: Perseo

Cando conseguiu chegar a morada das ninfas, Perseo recibiu axuda dos deuses para realizar a súa misión. Hermes deulle as súas sandalias aladas e unha fouce, Hades o seu casco da invisibilidade e Atenea o seu escudo reflectinte.

Con estes obxectos conseguiu chegar ata Medusa. Protexéndose co escudo para non mirala, cortoulle a cabeza, meteuna nun saco e fuxiu.

PERSEO

Page 6: Perseo

PERSEO

Do pescozo mutilado de Medusa saíron Crisaor

(pai do xigante Xerión) e o cabalo alado Pegaso, froitos da súa unión con Poseidón.

As outras gorgonas tentaron perseguir a Perseo, pero este escapa gracias o helmo de Hades.

Page 7: Perseo

PERSEO

No camiño de regreso a Sérifos, pasou por Mauritania, onde o reinaba Atlas. Este non quixo acollelo, polo que Perseo sacou a cabeza da Medusa e petrificouno, converténdoo na cordilleira do Atlas.

Page 8: Perseo

PERSEO•

A continuación pasou por Etiopía, onde salvou á

princesa

Andrómeda

de ser devorada por un monstro mariño. A súa nai, Casiopea, presumira de ser máis fermosa que as Nereidas, polo que a filla fora ofrecida en sacrificio a Poseidón para calmar a súa furia.

Despois de liberar a Andrómeda, Perseo tivo que facer fronte ao seu tío Fineo

para casar con ela.

Para elo usou a cabeza de Medusa e converteouno

en

pedra.

Page 9: Perseo

PERSEO•

Regresou

a Sérifos

con

Andrómeda e chegou

a tempo de liberar a súa

nai

do tirano

Polidectes

petrificándoo

coa cabeza da Medusa.

Finalmente regalou

a cabeza da Medusa a Atena, que a colocou

no seu

escudo ou

éxida

para espantar aos

inimigos.

Perseo abandoou

Sérifos

con Dánae

e Andrómeda. Andando o

tempo matou

accidentalmente a seu

avó, ao

lanzar un disco nuns

xogos

deportivos aos

que Acrisio asistía coma espectador.

Cumpríase

así

o oráculo.