Persépolis, M. Satrapi

4
Persépolis. IES de Melide. Páx. 1 PERSÉPOLIS Persépolis (2007) é un filme de animación realizado por Marjane Satrapi en colabora- ción con Vincent Paronnaud. Está baseada no cómic do mesmo título, realizado Satrapi e publicado en Francia entre 2000 e 2003. SINOPSE Persépolis é unha historia autobiográfica que comeza en Irán en 1979, cando a autora ten nove anos e vive un cambio social e político importante: a caída do Sha de Persia e a revolución islámica liderada polo Ayatolah Jomeini. Case na adolescencia, trasládase a Austria para cursar estudios no Liceo Francés de Viena, a instancias dos seus pais, unha familia de clase media que quere que Marjane reciba unha educación máis liberal. En Europa coñece outra cultura e outro modo de vida, pero a súa integración non será fácil. Marjane decide regresar e, xa en Irán, decátase de que a vida baixo un réxime islámico non é doada e que segue a ter problemas de adaptación. Máis información www.guiadelcomic.com/comics/persepolis.htm www.vertigofilms.es/persepolis/ IRÁN, UN POUCO DE HISTORIA A República Islámica de Irán foi coñecida dende o I milenio a. C. ata 1935 como Persia. - III milenio a. C.: Imperio Elamita. Apa- rece unha forma de escritura en Susa (sueste de Irán). - II milenio a. C.: pobos iranios (indoeuropeos) establécense na mese- ta de Irán. - I milenio a. C.: - S. VI créase o Imperio Persa baixo o mandato de Ciro II o Grande, da dinas- tía do Aqueménidas, quen extende o seu poder ata o mar Mediterráneo. - S. V a. C. Darío I reorganiza a admi- nistración do Imperio e ataca as cidades gregas de Asia Menor. Teñen lugar as Guerras Médicas entre Persas e Gregos, nas que estes resultan vencedores. - s. III a. C. Alexandre Magno invade e conquista o Imperio Persa e adopta costumes orientais. Na súa campaña queima e saquea a cidade de Persépolis, unha das capitais do Imperio Aqueménida, con magníficas construccións palaciais. Trala morte de Alexandre (323 a. C.), os seus xenerais repártense o seu Imperio, formando parte Irán do Impe- rio Seléucida. - S. III d. C. créase o Imperio Sasánida, que tenta recuperar a antiga gloria dos Aqueménidas. Prodúcense enfrontamentos co Imperio Romano.

description

Pequena unidade didáctica do filme animado e cómic Persépolis, de Marjane Satrapi. contén un resumo da historia de Irán e cuestionario sobre a película e o cómic

Transcript of Persépolis, M. Satrapi

Persépolis. IES de Melide. Páx. 1

PERSÉPOLIS

Persépolis (2007) é un filme de animación realizado por Marjane Satrapi en colabora-ción con Vincent Paronnaud. Está baseada no cómic do mesmo título, realizado Satrapie publicado en Francia entre 2000 e 2003.

SINOPSE

Persépolis é unha historia autobiográfica que comeza enIrán en 1979, cando a autora ten nove anos e vive uncambio social e político importante: a caída do Sha dePersia e a revolución islámica liderada polo AyatolahJomeini. Case na adolescencia, trasládase a Austria paracursar estudios no Liceo Francés de Viena, a instanciasdos seus pais, unha familia de clase media que quere queMarjane reciba unha educación máis liberal. En Europacoñece outra cultura e outro modo de vida, pero a súaintegración non será fácil. Marjane decide regresar e, xaen Irán, decátase de que a vida baixo un réxime islámiconon é doada e que segue a ter problemas de adaptación.

Máis informaciónwww.guiadelcomic.com/comics/persepolis.htmwww.vertigofilms.es/persepolis/

IRÁN, UN POUCO DE HISTORIA

A República Islámica de Irán foi coñecidadende o I milenio a. C. ata 1935 comoPersia.- III milenio a. C.: Imperio Elamita. Apa-rece unha forma de escritura en Susa(sueste de Irán).- II milenio a. C.: pobos iranios(indoeuropeos) establécense na mese-ta de Irán.- I milenio a. C.:- S. VI créase o Imperio Persa baixo omandato de Ciro II o Grande, da dinas-tía do Aqueménidas, quen extende o seupoder ata o mar Mediterráneo.- S. V a. C. Darío I reorganiza a admi-nistración do Imperio e ataca as cidadesgregas de Asia Menor. Teñen lugar as Guerras Médicas entre Persas e Gregos, nas queestes resultan vencedores.- s. III a. C. Alexandre Magno invade e conquista o Imperio Persa e adopta costumesorientais. Na súa campaña queima e saquea a cidade de Persépolis, unha das capitaisdo Imperio Aqueménida, con magníficas construccións palaciais. Trala morte de Alexandre(323 a. C.), os seus xenerais repártense o seu Imperio, formando parte Irán do Impe-rio Seléucida.- S. III d. C. créase o Imperio Sasánida, que tenta recuperar a antiga gloria dosAqueménidas. Prodúcense enfrontamentos co Imperio Romano.

Persépolis. IES de Melide. Páx. 2

- S. VII Invasións árabes, que impoñen a relixión islámica.- S. VIII-XV: sucédense no poder dinastías árabes e iraníes de relixión islámica. Invasiónsmongois e seliúcidas (turcos).- S. XVI: Créase Imperio Safaví, unificado e independente, que reafirma a identidadeiraní. O mandatario recibe o nome de «sah», recuperando a tradición sasánida.- S. XIX: baixo a presión de Rusia e Gran Bretaña iníciaseun proceso de modernización.- S. XX: O descubrimento de petróleo provoca a hexemoníabritánica e a súa intervención na economía do país.- 1925: Riza Pahlevi faise co poder e noméase emperadorco apoio británico. O novo sah acelera a modernización,evitando a formación dun estado relixioso.- Na Segunda Guerra Mundial Persia foi ocupada por sovié-ticos e ingleses, celebrándose alí a conferencia de Teheránen 1943. O sah é derrocado e sucédeo o seu fillo MohamedRezah.- 1951 Mossadeg, xefe de goberno, intenta a nacionaliza-ción do petróleo, o que provoca a intervención da CIA. Osamericanos someteron ao país a un bloqueo que prohibía aexportación do petróleo. Mossadeq foi substituído eMohamed Reza, que fuxira do país volveu subir ao trono.- 1979 prodúcese a Revolución contra o sah, que acabaexiliándose. Mediante eleccións o pobo elixe creación dunestado relixioso liderado por Jomeini, un dos principais opo-sitores ao sah que regresara do exilio. En abril de 1979 créase aRepública Islámica de Irán.- 1980 Irak invade Irán co beneplácito de EEUU e os paísesoccidentais. O seu presidente, Saddam Hussein, temía a influenciarelixiosa do país veciño no réxime laico do seu país e pretendíaanexionarse territorios iraníes. A guerra rematou en 1988 sen unvencedor claro, deixando un millón de mortos, dous millóns deferidos e a economía do dous países destrozada.- Tras a morte de Jomeini en 1989, Alí Jamenei foi nomeado xefede estado, quedando a xefatura de goberno aberta a elecciónscada catro anos.

Coronación do Sah en 1967

O Ayatolá Jomeini

CUESTIÓNS

Coa axuda de Google ou outro buscador investiga

1. Quen é o presidente de Irán e a que partido ou ideoloxía pertence.

2. Ultimante Irán ven ocupando numerosos titulares tanto na prensa como nos noticieirosde televisión. Por que? Como son as súas relacións políticas cos países occidentais? Calpensas ti que é a causa destes problemas?

3. Irán é un dos países do mundo no que se producen máis execucións. Entra na páxinade Amnesty Internacional e anota as noticias relacionadas coa pena de morte en Irán.Hay noticias positivas?

4. Se es capaz, busca información e imaxes de execucións en Internet e comenta asprincipais formas nas que se realiza.

Persépolis. IES de Melide. Páx. 3

5. Como cres que reacciona o pobo iraní ante as execucións públicas?

6. Cres que en Irán se respectan os dereitos humanos? Cres que ti podes contribuírdalgún xeito a que se respecten?

En grupos dun máximo de cinco persoas comenta e prepara unha pequenaintervención sobre os seguintes aspectos da película:

7. Coñeces a historia recente da túa familia, do teu entorno?Pensas, como o tío Anouche, que é importante «non perder amemoria»? Que está a pasar agora coa memoria histórica enGalicia, España... ?

8. Comenta as seguintes viñetas.Estás de acordo co tío Anouche?Cres que houbo situacións simi-lares á de Irán noutros países?

9. Comenta esta imaxe. Coñeces outros contextos nos que seempregase este tipo de propaganda?

10. Comenta estas imaxes. Cales son as consecuencias para Marji?Cres que unha relación amorosa pode destruír a unha persoa?.

Persépolis. IES de Melide. Páx. 4

10.

11. Como é o regreso a Irán de Marji, por que?

12. A avoa é un personaxe importantena vida de Marji. Comenta os trazosda súa personalidade e a influencia queten sobre a súa neta partindo destasviñetas.

13. Comenta esta viñeta. Cal é a imaxe que tes tidas mulleres musulmanas?

No cómic podes encontra moitos máis detalles sobre a historia de Marjane.Anímate a lelo! está na bilbioteca do instituto