Petroglifos proyecto

13
PROXECTO DE TRABALLO. CURSO 2012-13 Os petroglifos de Ames Aprender do entorno ensinando a amalo Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte rupestre do Concello de Ames co obxectivo de preparar unha exposición, unha guía de localización e toda a documentación necesaria para dar a coñecer o patrimonio do noso entorno ANTROPOLOXÍA NO BACHARELATO http:// www.antropoque.blogspot.com.es/

Transcript of Petroglifos proyecto

Page 1: Petroglifos proyecto

PROXECTO DE TRABALLO. CURSO 2012-13

Os petroglifos de AmesANTROPOLOXÍA NO BACHARELATO

http://www.antropoque.blogspot.com.es/

Page 2: Petroglifos proyecto

1

IES DE AMES. DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA E ANTROPOLOXÍA

ÁMBITO DE TRABALLO: HISTORIA, ARQUEOLOXÍA, ARTE

O proxecto pretende:

Levar a cabo unha investigación sobre os elementos patrimoniais vinculados ao Arte Rupestre Galaico no termo municipal de Ames. Esta investigación ten dous obxectivos: localizar aqueles conxuntos aínda non catalogados pero dos que se ten noticia por diferentes vías, fundamentalmente a obra de Ramón Sobrino e o traballo dos afeccioados e oriundos da zona.

Preparar unha exposición e todo o material vinculado a ela (posters, guías, materiais audio-visuais, elaboración de maquetas 3D que permitan un mellor coñecemento dos petroglifos da zona…). O obxectivo desta exposición será a súa presentación dentro do Centro Escolar e no Concello De Ames.

A elaboración dunha páxina web con todo o material teórico e práctico recollido para a súa publicación na Rede.

Recuperar a figura do afeccioado como elemento clave na preservación do patrimonio.

Converter ao alumnado en axentes de patrimonialización, formandoos, tanto desde unha perspectiva teórica coma práctica, e dando a coñecer no ámbito da comunidade municipal o resultado do traballo teórico e práctico levado a cabo polo alumnado.

Ofrecer un servizo á comunidade, ao mesmo tempo que se familiariza ao alumnado cos elementos claves da investigación teórica e documental, aplicando eses coñecementos no seu entorno inmediato.

Realizar un traballo narrativo a partir da experiencia vital que xurde da actividade de investigación e o traballo de campo. Este traballo plasmaráse nun documento narrativo e/ou periodístico.

TEMPORALIZACIÓN:

Investigación documental e histórica: Setembro 2012-Outubro 2012 Investigación metodolóxica: Novembro 2012 (formación para a

documentación gráfica dos petroglifos, a toma de fotos e planos) Traballo práctico: Decembro-Marzo 2013 Redacción e elaboración de documentos: Maio de 2013

PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES

Page 3: Petroglifos proyecto

2

Presentación da Exposición no Centro Educativo e no Concello de Ames Xuño de 2013

PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES

Page 4: Petroglifos proyecto

3

COLECTIVO IMPLICADO:

Dirección do traballo: Profesores Anxo Sampedro Millares e Eva Garea Traba.

Profesorado de Historia e Historia da Arte: Pilar Tobar Profesorado de Educación Plástica e Visual: Renata Otero Profesorado de Educación Física: Federico Bouza Alumnado: alumnado da materia de antropoloxía (cursos 2011-12, 2012-

13) Concello de Ames: Concellería de Educación e Cultura: Alfonso Rei

Pais implicados:

Enrique Monteagudo Romero Dolores Vilavedra Fernández María José Fernández Gesto José Manuel Teo Cosgaya María Luisa Mato Montoto.

Convidados (que xa confirmaron a súa disponibilidade para a formación teórico-práctica)

Antonio Fernandez Iglesias. Experto en rutas de montaña, afecioado á arqueoloxía e bo coñecedor da maioría dos petroglifos da zona.

Jorge Guitián, Licenciado en Historia del Arte por la Universidad de Santiago de Compostela (1999). A súa tese doutoral versou sobr a Arte Rupestre no suroeste da provincia da Coruña e é autor de varias publicaciones sobre o tema.

Nieves Herrero, Profesora titular de Filosofía e Antropoloxía social da USC. Coordenadora do grupo de Investigación en Antropoloxía, cuxas liñas de investigación fundamentais son: a antropoloxía simbólica, o patrimonio cultural e as actividades turísticas asociadas a el.

PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES

Page 5: Petroglifos proyecto

4

XUSTIFICACIÓN DO TRABALLO.

Por qué os petroglifos?

Partimos dun feito clave na vida do Centro, a construcción do seu logotipo. Como queira que ese logotipo construiuse sobre o debuxo dun dos petroglifos catalogados no municipio de Ames “A Nave de Mourigade”, xurden entre o alumnado moitas preguntas en relación co valor, situación e importancia deste tipo de restos arqueolóxicos.

Por outra banda os petroglifos teñen unha fonda resoancia mítica a un pasado común que nos enlaza coa historia europea, tal é como poñen de manifesto os restos de arte rupestre cunha simboloxía común. O valor destes xacementos foi posto de manifesto coa resolución que ven de aprobar o Consello de Europa para a catalogación dos Camiños de Arte Rupestre Prehistórica (CARP), unha asociación internacional de carácter transnacional que ten por obxectivo a promoción e divulgación de centros de arte rupestre en Europa, como Itinerario Cultural Europeo.

Por qué no Concello de Ames?

O Concello de Ames ten como particularidade fundamental unha composición da poboación moi ecléctica e provinte de diferentes lugares de Galicia e España. Pola súa cercanía a Santiago de Compostela o crecemento da pobación foi en aumento nos derradeiros anos sen que isto levara aparellado a conformación dunha identidade cultural común.

Poñer en valor o patrimonio cultural común, coñecer e recoñecer a importancia do entorno arqueolóxico e toponímico permite xestar a identidade da comunidade a través do coñecemento do pasado do seu entorno e, este coñecemento axudará na súa conservación e transmisión.

Por outra parte esa orixe diversa da poboación fai que o coñecemento da toponimia sexa pouco frecuente e, ante o despoboamento do medio rural, estea en risco de perderse. Iso terá como consecuencia, non só unha palautina perda de coñecemento histórico, senón tamén dificultará, cada vez máis, a localización de diferentes xacementos ou restos dos que se teñen noticias a raíz de diferentes estudios e nos que estes se nomean coa toponimia tradicional, hoxe case en desuso.

Por iso se fai necesario recoller de novo esa información situando a través da información oral os diferentes elementos tradicionais, vinculando a súa situación topográfica coa toponímia tradicional e actual que lles corresponde.

ESTADO DA CUESTIÓN

PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES

Page 6: Petroglifos proyecto

5

Respecto ao coñecemento dos diferentes xacementos

Na actualidade estánse a producir diferentes actuacións de catalogación de este tipo de xacementos polas diferentes institucións do Estado e tamén a través de Organismos dependentes do Consello de Europa, sen embargo a actuación no Concello de Ames redúcese só á catalogación dos petroglifos máis accesibles.

Na investigación previa de documentación poidemos constatar a existenciade cando menos os seguintes xacementos na contorno do municipio: Liñaredo, Oca e A Pedra Estivada (Ames); O Vilar (Bertamiráns); Pena da Mina (As Buceleiras-Bugallido); A Nave (Mourigade-Bugallido); Castelo, Laxe do Monte de Pedras, A Laxe Negra e Outeiro de Pedrouzos (Covas); Monte Grande (Piñeiro); Castrigo (Castrigo-Ortoño). Os Batáns; Monte Pumariño.

Sen embargo, a través do sistema de información do Concello de Ames só están accesibles fotos e información de tres deles (A Nave, A Pedra Estivada e os Batans). Tamén é posible atopar a través de diferentes blogues de traballo afeccioada e profesional algunhas referencias fotográficas aos petroglifos de Monte Pumariño ou a Laxe Negra. Dos outros non atopamos información fiable nin facilmente accesible.

É chamativa a especial situación do xacemento de Oca, que pese a ser descrito de forma exahustiva na obra do arqueologo afeccioado Ramón Sobrino, non ten sido aínda referenciado en forma oficial polo Concello, nin é accesible na actualidade.

Respecto á localización dos xacementos e a toponimia dos lugares de referencia

Faise necesario establecer con precisión a denominación dos enclaves en que se sitúan os petroglifos a fin de unificar a información que, sobre eles, aparece na Internet. En moitos casos xacementos que aparecen coa mesma referencia fotográfica se denominan con topónimos diferentes.

Tamén sería relevante recoller a orixe de tales denominacións e establecer a súa situación exacta así como poder precisar os camiños de acceso. En só dous destes xacementos ese acceso é hoxe posible (Os Batáns e a Nave) por estar catalogados por Patrimonio.

É importante referenciar tamén o estado actual deste tipo de xacementos que, en moitos casos, é obxecto de actos de vandalismo que destrúen e deterioran os petroglifos.

OBXECTIVOS:

PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES

Page 7: Petroglifos proyecto

6

Elaboración dunha guía temática sobre o Arte Rupestre en Galicia: significado, relacións coa identidade europea e galega, simbolismo e significado

Elaboracion dunha pequena guía turística sobre a localización e principais características dos principais petroglifos do Concello de Ames (Explicacións, Fotografías, Esquemas e Rutas de acceso)

Elaboración de Posters sobre cada un dos petroglifos estudiados (fotografías, características, denominación, esquema, significado….)

Elaboración de maquetas 3D (tamaño realista) para a representación en exposición dos principais petroglifos de Ames.

Elaboración dun catálogo de denominacións toponímicas a través da recollida de testemuñas orais e referencias escritas.

METODOLOXÍA:

A metodoloxía a empregar usará fundamentalmente tres estratexias básicas: a teória do aprendizaxe servizo, un aula virtual como espazo de colaboración e aprendizaxe, e o traballo de campo como ferramenta fundamental de obtención de datos.

O aprendizaxe servizo1:

A nosa proposta integrase metodoloxicamente na idea dunha educación experiencial, máis coñecida como aprendizaxe-servicio. Nesta metodoloxía téntase integrar a prendizaxe teórica co servicio comunitario como vía para enriquece-la experiencia educativa, ensinar valores cívicos, animar a implicación social e fortalecer o ben común da comunidade.

A Antropoloxía é unha materia especialmente indicada para implantar esta metodoloxía. O seu campo teórico, a lo menos no Bacharelato, abrangue multitude de aspectos, tanto materiais como inmateriais, da realidade social circundante. O traballo educativo desta materia, non é só de carácter teórico, senón que debe ser fundamentalmente de vinculación co entorno próximo.

A metodoloxía do Aprendizaxe servicio implica:

Conexións curriculares: O traballo debe estar fundamentado sobre nexos académicos claros. O traballo que leve a cabo o alumnado debe estar construido sobre habilidades existentes na disciplina.

1 Seguiremos para esta fundamentación metodolóxica o estudio VV.AA. "Aprendizaje servicio (ApS): educación y compromiso cívico". GRAO, 2009. Para ampliar información pódese consultar a web da principal impulsora do aprendizaxe servizo en España Roser Batlle http://roserbatlle.net/aprendizaje-servicio/dudas-frecuentes/que-mania-con-el-curriculum/

PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES

Page 8: Petroglifos proyecto

7

Neste sentido é funamental resaltar que a proposta de traballo da materia de Antropoloxía sustentase fundamentalmente na actividade investigadora “de campo” e esta debe realizarse nun entorno próximo. A nosa proposta consiste en recoller nunha mesma investigación un traballo de campo sobre patrimonio material (os petroglifos) e sobre patrimonio inmaterial (a toponimia e a tradición oral).

Reflexión: A actividade debe crear unha estrutura que permita pensar, conversar e escribir e se sosteña sobre un equilibrio entre reflexión e acción que permita ao alumnado tomar conciencia do impacto da súa labor.

De novo nos atopamos con que o traballo proposto cumple con este requisito ao reunir unha actividade teórica cunha alta implicación do alumnado na investigación sobre o terreo. Ambas actividades conducen a unha proposta de exposición que permitirá visualizar os resultados e ofertalos á comunidade, conseguindo un cambio de actitude no entorno cara o patrimonio histórico.

Alianza coa comunidade: que permitirá identificar necesidades reais e proporcionar unha guía e medios para o éxito do proxecto.

Ao respecto da comunidade debemos dicir que o noso proxecto parte das conversas cos servizos municipais do Concello e da necesidade que este ten de que a poboación se vincule na conservación do Patrimonio. O alumnado do grupo de Antropoloxía quixo comezar esta colaboración co Concello tentando avanzar nalgúns aspectos esquecidos da Arte Rural e achegar, co seu traballo, algúns avances no coñecemento deste Patrimonio. A colaboración estableceuse a través da Concellería de Educación Cultura e Patrimonio.

Participación do alumnado: O alumnado debe estar activamente implicado no propio proxecto, pero ademáis debe ter a oportunidade de seleccionar, deseñar , por en práctica e avaliar a súa actividade.

Deberemos resaltar que a proposta de traballo xurde, en todo momento, do gruo de estudiantes que comezan este traballo no contexto dunha actividade Comenius. O alumnado percibe a importancia de buscar un nexo cultural co alumnado europeo ao que se vai visitar. A partir desta idea inicial xurde a necesidade de coñecer máis sobre o seu entorno e comeza o interese por un verdadeiro proxecto de investigación-servizo.

Responsabilidad cívica: Este tipo de traballos debe contribuír a desenvolver a responsabilidade cívica dos participantes.

PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES

Page 9: Petroglifos proyecto

8

O noso grupo de traballo ten a intención de ir un paso máis aló nesta intención e converter ao alumnado implicado en verdadeiros axentes de patrimonialización que consegan, coa súa labor transmitir á sociedade a importancia de preservar o patrimonio, ao mesmo tempo que se convirten en custodios e preservadores do seu valor.

A aula virtual2:

A plataforma Moodle nos permitirá implementar un entorno flexible un entorno educativo flexible, intuitivo e amigable para adquisición das ferramentas de traballo intelectual, a através da realización de tarefas vinculadas ao traballo que permitirán aprender facendo. Nos permitirá tamén ter un entorno amigablee privado, onde o alumnado poida compartir experiencias e achegar as súas propostas a través de diferentes ferramentas comunicación. Tamén permitirá ter un lugar onde se poida obter información dixitalizada, que non é accesible a través de medios escritos. O alumnado pode obter unha retroalimentación directa sobre a súa aprendizaxe e a súa implicación co traballo.

Esta aula virtual incluirá:

Un directorio coa documentación teórica necesaria para a realización do traballo, no que se irán introducindo os textos necesarios e as ligazóns onde se poda atopar información, análises e estudios relevantes sobre o tema.

Un módulo de capacitación no traballo investigador que capacitará ao alumnado para traballar coas metodoloxías de investigación a través da realización das diferentes tarefas necesarias para a realización do traballo.

Unha webquest que permitirá ao alumnado conseguir e traballar coa documentación teórica preexistente sobre o tema.

Un blogue que se utilizará como diario de campo xeral do grupo, e onde se reflectirá, día a día o quefacer práctico do alumnado.

Un cuestionario para investigadores para valorar e analizar o proceso de recollida de datos sobre o estado, resultados e dificultades da investigación.

Unha wiki para xestionar o traballo colaborativo e escribir o documento final da investigación do proxecto.

O traballo de Campo3

2 Seguiremos as teses de David Kolb (La Filosofía en el Laberinto. 1984 en Landow. Hipertexto. Edit Paidós), que aborda as teses dunha educación experiencial con apoio tecnolóxico. Para saber más podese obter información xeral sobre metodoloxía usando as Tics na web de Enxergo. http://personales.ya.com/enxergo/ntics2/gu%EDa.htm3 Heather Burke, Claire Smith. Manual de Campo del Antropólogo. Edit. Ariel

PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES

Page 10: Petroglifos proyecto

9

Consistirá en buscar, atopar e rexistrar os xacementos da zona a investigar para o que usaremos:

Mapas antigos da zona e mapas de afeccioados4(unha vez solicitados os pertinentes dereitos de autor).

Localización sobre mapas topográficos dos xacementos situándoos mediante latitude e lonxitude, mediante sistema de coordenadas GPS

Entrevistas aos residentes na zona sobre a toponímia tradicional dos diferentes lugares e ubicación nos mapas.

Diario de Campo. Como elemento fundamental da investigación práctica e como fonte primaria da investigación.

4 http://aconcagua25000.blogspot.com/2009/04/blog-post.html

PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES

Page 11: Petroglifos proyecto

10

FASES DO TRABALLO

1ª Fase: Traballo de documentación teórica: traballo coas fontes, recollida de datos, debuxos, e aprendizaxe da metodoloxía de traballo arqueolóxica…

Para levar a cabo este primeiro achegamento utilizaráse a aula virtual na que se implementarán diferentes modulos de aprendizaxe que se realizarán co alumnado na primeira fase do proxecto:

Un módulo de iniciación á actividade investigadora: que abarcará a aprendizaxe daquelas ferramentas básicas para levar a cabo unha investigación en ciencias sociais e humanas, así como para a redacción e elaboración do documento final.

Unha webquest na rede que permita recabar a información teórica fundamental para o achegamento ao tema.

A preparación dunha visita ao conxuntos arqueolóxicos de Arte Rupestre dispoñibles (Campo Lameiro, Mogor, Baroña…)

Pódese ver a articulación destes traballos na aula virtual do IES de Ames: http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=44

2ª Fase: Traballo práctico: recollida de fotografías e esquemas “in situ”

Para levar a cabo este traballo:

Se capacitará ao alumnado para realizar un “diario de campo” tanto na súa versión tradicional coma dixital (en forma de blogue que se abrirá para esta labor). Poderáse acceder ao blogue desde a aula virtual da materia.

http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=44

Se realizarán as visitas guiadas necesarias ata a ubicación dos petroglifos (tanto os catalogados coma aqueles que son menos coñecidos)

3ª Fase: Construcción de materiais:

Cada grupode traballo se encargará da fabricación e posta en escena dun conxunto arqueolóxico para a elaboración da exposición e levará a cabo:

Unha presentación prezi ou ppt ( que incluirá, fotografías, videos de percorrido, entrevistas….) para a presentación dixital dos resultados obtidos.

Un Poster explicativo do elemento correspondente (5 en total) Unha representación en forexpan de conxunto arqueolóxico

correspondente (Para esta labor usaremos o método, usado por

PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES

Page 12: Petroglifos proyecto

11

moitos escultores, que fan os seus bocetos previos unindo varias planchas de forexpan ata formar un bloque macizo que se pode modelar e recortar mediante pistola de calor)

En Colaboración se elaborará a Guía didáctica e turística para a visita aos diferentes xacementos que se porá a disposición da Comunidade.

Elaboración dunha páxina web que recolla as achegas da exposición e as conclusións do traballo.

ORZAMENTO

Conferencias (emolumentos + gastos de deprazamento)………………………………. 1000€

Desprazamentos………………………….…………………………………………………………………..1000€

Materiais…………………………………………………………………………………………………………. 500€

Impresións Posters…………………………………………………………………………………………….700€

Bibliografía…………………………………………………………………………………………………………300€

Reprografía………………………………………………………………………………………………………..500€

Material fotográfico e audiovisual ……………………………………………………………….…1500€

Material informático e programas………………………………………………………………… 1500€

BIBLIOGRAFÍA

Heather Burke, Claire Smith. Manual de Campo del Antropólogo. Edit. Ariel

Costas Goberna, F. J., J. Hidalgo Cuñarro e Peña Santos, Antonio de la (1999), Arte rupestre no sur da Ría de Vigo, Vigo. Instituto de Estudios Vigueses.

Peña Santos, A. de la (1999), Os petroglifos galegos, A NOSA TERRA.

PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES

Page 13: Petroglifos proyecto

12

Peña Santos, A. de la e Vázquez Varela, J. M. (1996), Los petroglifos gallegos. Grabados rupestres prehistóricos al aire libre en Galicia, Sada. Ediciós do Castro.. (3ª edición)

García Alén, Alfredo e Peña Santos, A. de la]] (1981), Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra, Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Guitián Castromil, Jorge e Xoán Guitián Rivera (2001), Arte rupestre do Barbanza, Noia. Editorial Toxosoutos..

Sobrino Buhigas, Ramón (2000), Corpus Petroglyphorum Gallaeciae, Sada: Ediciós do Castro.. (orixinal de 1935)

Vázquez Varela, J. M. (1990), Petroglifos de Galicia, Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela.

Vázquez Rozas, Roberto (1997), Petroglifos de las Rías Baixas gallegas, Pontevedra. Deputación de Pontevedra.

WEBGRAFÍA

http://www.concellodeames.org/

http://www.petroglifos.org/

http://gl.wikipedia.org/wiki/Grupo_Galaico_de_Arte_Rupestre

https://paleorama.wordpress.com/category/galicia/

http://www.historiayarqueologia.com/group/petroglifos/forum

http://www.aguarda.com/museo/petroglifos.pdf

http://www.geocities.ws/jhantelo/ptr1.htm

http://aconcagua25000.blogspot.com/2009/04/blog-post.html

http://pdf.depontevedra.es/ga/109/piwtqOKGmL.pdf

http://www.boletin.realacademiagalega.org:8080/boletinsweb/paxinas.do?id=2872&d-447263-p=9

http://rupestreweb.tripod.com/bustamante.html

http://books.google.es/books?id=9w6FKyCOgk4C&printsec=copyright&hl=es#v=onepage&q&f=false

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA002.pdf

PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES