PINACOTECA - Hoxe | Vigocultura PINACOTECA_GALE… · O salón de autor Dedicado de xeito...

5
PINACOTECA FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO GALEGO

Transcript of PINACOTECA - Hoxe | Vigocultura PINACOTECA_GALE… · O salón de autor Dedicado de xeito...

PINACOTECAFRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

GA

LEG

O

A Pinacoteca Francisco Fernández del Riego é o espazo expositivo do Museo Municipal Quiñones de León no centro da cidade, destinado á exhibición dos seus fondos da Colección de Arte Galega Contempo-ránea, a partires de ideas temáticas ou antolóxicas ao redor dun artista, desenvolvidas por comisarios inde-pendentes, especializados en arte galega.

‘O Fermoso Rostro do País’, ademais de ser o primeiro itinerario por esta importante colec-ción de arte do patrimonio vigués, é tamén un percorrido pola expresión plástica de Galicia dende mediados do século XIX ate finais do XX. O seu subtítulo, ‘identidade e universalidade’, anticipa que esta mostra tamén sitúa a arte galega no seu contexto internacional e ao mesmo tempo a define como unha forma de expresión identitaria dun pobo. A exposición está arte-llada en dez seccións: Costumismo, primitivismo e identidade, Mater Gallaeciae, Escenarios, Natureza morta, Retrato, Europa, Sentimento de terra, Temática social, Entre a abstración e a nova figuración e Arrecendo Atlántico. ‘O Fermoso Rostro do País’ achega ao espectador ao máis selecto do elenco de artistas galegos dos séculos XIX e XX.

Arte Galega ContemporáneaConstitúe o eixo principal do espazo museístico. Tomando como referencia as obras dos 133 artistas que conforman o catálogo desta colección, un comisario desenvolve o seu proxecto expositivo. A exposición inaugural ‘O Fermoso Rostro do País’, foi comisariada polo crítico e historiador da arte, Carlos L. Bernárdez. Distintas visións permitirán percorrer en sucesivas exposicións un fondo artístico integrado por 578 obras entre pintura, escultura, gravado e de-buxos, pero sempre seguindo unha líña de exposicións de longa duración.

O salón de autorDedicado de xeito monográfico a un artista galego a partires das obras dos fondos mu-nicipais, complementada puntualmente por obras de préstamo doutras coleccións, públi-cas ou privadas. Na actualidade ofrece unha antolóxica de Manuel Colmeiro, un dos re-ferentes esenciais da xeración da Vangarda Histórica, coñecidos como Os Novos, que su-puxeron a gran renovación da arte en Galicia antes da guerra civil.

A GaleríaFocaliza o seu espazo a partires dunha pro-posta artística, sexa de carácter temático, cronolóxico, etcétera. A exposición inaugural, ‘Natureza Morta, Natureza Viva’ amosa a visión de dous xéneros clásicos, a paisaxe e o bodegón, nos séculos XVII a XIX a partires da Colección de Pintura Europea do Museo Municipal.

Outros servizosRecepción: Punto de información, control e venda de libros, catálogos e merchandising.

Espazo didáctico: Situado na planta segun-da, conta con gradas nas que os visitantes poden participar en actividades didácticas ao redor dos contidos das exposicións.

Miradoiro: Na planta cuarta do edificio, ofre-ce unha interesante panorámica do centro da cidade, dende unha perspectiva singular. O edificio dispón de ascensor e aseos adapta-dos para persoas con mobilidade reducida.

Recensión históricaO 24 de marzo de 2011 inaugúrase a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego. O novo equipa-mento levántase nun edificio proxectado a partires dun dos pazos urbanos da antiga vila amu-rallada de Vigo: o Pazo de Arias Taboada. O seu primeiro propietario, Diego Arias Taboada, fora gobernador da praza de Vigo e mestre de campo do exército español durante a guerra hispano portuguesa que remataría en 1668 co Tratado de Lisboa. O pazo foi levantado no primeiro tercio do século XVII, e amosa na súa fachada principal o escudo de armas da familia propietaria: os Taboada e Figueroa. Malia que estamos diante dun pazo de sobria factura, resultan salientables os elementos ornamentais traballados na cornixa, as gárgolas e as ménsulas que o enmarcan nunha das primeiras construcións barrocas da antiga vila de Vigo e tal vez a máis antiga aínda en pé dentro do ámbito da arquitectura civil.

A actuación municipal devolveulle o protagonismo ao pazo de Arias Taboada, como entrada principal dun edificio trazado consonte as necesidades que implican os novos usos e que ao mes-mo tempo recuperou para a cidadanía un espazo urbano noutronte degradado.

Edita: Servizo de Museos Municipais do Concello de Vigo. Área de Cultura, Festas e Museos Redacción de textos: Francisco J. Gil Supervisión de textos: José Ballesta de Diego, director do Museo Quiñones de León Revisión lingüística: Denís Vicente Rodríguez Fotografía: Carlos R. Prieto Deseño: Juan Gallego Estudio Gráfico Actualización de datos: decembro 2013 Depósito legal: VG 895-2013

Enderezo:Rúa Abeleira Menéndez, 8 36202 VigoTel.: 986 295 070 / 986 226 966 (en horario de apertura ao público)Fax: 986 239 372http://museodevigo/[email protected]

Horarios: Martes a venres: 18.00 a 21.00 h. Sábados: 12.00 a 14.00 h. 18.00 a 21.00 h. Domingos e festivos: 12.00 a 14.00 h. Pechado todos os luns, incluídos os festivos, e os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro.

Entrada: Gratuíta.

Información adicional (exposicións temporais, visitas guiadas e outras accións). No Servizo de Atención Ci-dadá 010 do Concello de Vigo. Cha-madas desde liñas fixas en Vigo: 010. Chamadas desde móbil ou desde fóra de Vigo: 986 810 260. Enderezo elec-trónico: [email protected]. Horario: luns a venres de 8.00 a 20.00 h. e sábados de 10.00 a 14.00 h.www.vigocultura.org

Condicións de visita e acceso:O acceso finalizará 20 minutos antes do peche e o abandono das salas comeza 10 minutos antes. Recoméndase que, para garantir a súa entrada á hora desexada, os grupos de máis de 20 persoas contacten anticipadamente co museo. Por razóns de seguridade e conservación das coleccións non está permitido realizar no museo ningunha das seguintes actividades:• Comer,beber,fumar,tocarasobrasousentarenlugaresnonhabilitados.• Fotografarconflashe/outrípode;efilmaragáspreviasolicitudeautorizadapolomuseo.• Introduciranimais,agáscansguíadepersoasinvidentes.• Desenvolvercondutasinadecuadasquepuideranpórenperigooselementosexpostosoualterarenavisitadoutrosusuarios.• Portarbolsas,mochilas,paraugase,enxeral,obxectosquepolassúascaracterísticaspoidanafectaráseguridadedascolec-

cións expostas.