Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os...

24
PLAN ANUAL DE LECTURA CURSO 2020-21 I.E.S. PLURILINGÜE ADORMIDERAS

Transcript of Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os...

Page 1: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

PLAN ANUAL DE LECTURA CURSO 2020-21 I.E.S. PLURILINGÜE ADORMIDERAS

Page 2: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.
Page 3: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

1. OBXECTIVOS: ............................................................................................................... 4

2. ORGANIZACIÓN DE ESPAZOS E TEMPOS PARA A LECTURA: .......................................... 4 ESPAZOS: ....................................................................................................................... 4 TEMPOS DE LECTURA: ................................................................................................ 5

3. RECURSOS E MATERIAIS: ............................................................................................. 5 RECURSOS HUMANOS: .............................................................................................. 5 MATERIAIS: ..................................................................................................................... 5

4. SECCIÓNS DA BIBLIOTECA: ........................................................................................... 6

5. LIÑAS DE ACTUACIÓN PRIORITARIAS EN RELACIÓN CO PAPEL DA BIBLIOTECA ESCOLAR NO CENTRO: .......................................................................................................................... 6

6. ACTIVIDADES: ............................................................................................................ 10 ACTIVIDADES DE AULA: ............................................................................................ 10 ACTIVIDADES DE EDUCACION DOCUMENTAL: .................................................. 11 ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN CULTURAL TEMPORALIZADAS: ............... 11

7. ACTIVIDADES PARA A IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS: .................................................. 12

8. CLUB DE LECTURA "ORBALLO DE LETRAS" ................................................................. 12 DESCRICIÓN DO PROXECTO: ................................................................................. 12 OBXECTIVOS: .............................................................................................................. 12 FUNCIONAMENTO: ..................................................................................................... 13 ACTIVIDADES PREVISTAS E RELACIÓN COA BIBLIOTECA: ............................ 13 POSICIONAMENTO EN REDE: ................................................................................. 13

9. ACHEGAS DOS DEPARTAMENTOS AO PROXECTO LECTOR E ITINERARIOS LECTORES .. 13 ARTES PLÁSTICAS ..................................................................................................... 13 BIOLOXÍA E XEOLOXÍA .............................................................................................. 15 FÍSICA E QUÍMICA ....................................................................................................... 16 INGLÉS ........................................................................................................................... 17 LATÍN E GREGO ........................................................................................................... 17 LENGUA CASTELLANA .............................................................................................. 18 LINGUA GALEGA ......................................................................................................... 20 TECNOLOXÍA ................................................................................................................ 21 XEOGRAFÍA E HISTORIA ........................................................................................... 21

10. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN: .................................................................................. 22 INDICADORES DE LOGRO RESPECTO AO PROFESORADO: .......................... 22

Page 4: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

INDICADORES DE LOGRO RESPECTO AO ALUMNADO: ................................... 22

O Plan Anual de Lectura (PAL) é un programa con obxectivos e accións para o desenvolvemento do Proxecto Lector do Centro (PL). Tratamos de deseñar un plan personalizado e adaptado ás características específicas do noso centro, que vaia encamiñado a mellorar as competencias fundamentais de lectura e escritura do noso alumnado desde todas as áreas do currículo, xa que nelas atópase a base de calquera tipo de aprendizaxe. No desenvolvemento do Proxecto Lector de Centro, a través do Plan Anual de Lectura, vanse incorporando, ano tras ano, actividades, propostas e fórmulas de intervención que enriquecerán a seguinte revisión do proxecto

Para o desenvolvemento deste Plan é necesario potenciar o uso da Biblioteca escolar do centro, a través de actividades de dinamización que impliquen a maioría dos departamentos didácticos así como a outros órganos da nosa contorna (biblioteca pública, asociacións culturais, librarías,...). Trátase, en definitiva, de implicar a toda a comunidade educativa no proceso de adquisición do hábito lector.

1. OBXECTIVOS:

Þ Desenvolver a competencia lectora do alumnado.

Þ Contribuír a mellorar a súa competencia na expresión oral e escrita.

Þ Favorecer a competencia literaria a través da lectura de textos pertencentes a distintos xéneros.

Þ Desenvolver as habilidades no proceso de busca de información en distintos soportes.

Þ Educar no uso crítico da información, potenciando no alumnado o sentido crítico e selectivo.

Þ Fomentar o hábito da lectura e escritura, interpretando e producindo textos orais e escritos desde posturas persoais creativas e críticas.

Þ Potenciar o uso da biblioteca escolar como centro de recursos e como elemento dinamizador da actividade lectora.

Þ Incrementar e estimular os hábitos de lectura de toda a comunidade educativa.

Þ Implicar a toda a comunidade educativa no programa de lectura a través da participación en actividades de distinto tipo, organizadas polo centro escolar e outros órganos da contorna.

2. ORGANIZACIÓN DE ESPAZOS E TEMPOS PARA A LECTURA:

ESPAZOS:

• Aulas e talleres. • Aulas de informática. • Biblioteca escolar: durante este curso, o espazo físico da Biblioteca será

empregado como aula de grupo, polo que estará pechada para o público

Page 5: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

5 PLAN ANUAL DE LECTURA

xeral. A biblioteca continuará a ser, na medida do posible, o recurso de referencia para todas as actuacións que pretendan a mellora das competencias de lectura, escritura e habilidades para o uso e produción de información, o lugar privilexiado que ofrece oportunidades de aprendizaxe, de colaboración e de convivencia, e que reforza todos e cada un dos programas e proxectos do centro. Reforzarase a comunicación “en liña”.

• Outras bibliotecas: pola situación actual, cremos que será difícil a visita a outras bibliotecas próximas coa finalidade de coñecer distintos modelos, pero continuaremos cos contactos e propostas comúns.

TEMPOS DE LECTURA:

• Tempos empregados á lectura durante as sesións de titoría e das clases de Lingua Galega, Castelá, Inglés e Francés.

• Tempos empregados a través dos distintos grupos do Club de lectura, de poderse levar a cabo.

• Uso da Biblioteca escolar por parte dos Departamentos didácticos dentro o horario lectivo, con actividades previamente deseñadas polo profesorado que imparte a materia e que contará cun horario reservado.

• Actividades de formación de usuarios na biblioteca, sobre todo a través das titorías. Neste curso faremos fincapé no uso dos recursos online.

3. RECURSOS E MATERIAIS:

RECURSOS HUMANOS:

Formación dun equipo de biblioteca, con profesorado pertencente a distintos departamentos didácticos, que colabore en actividades relacionadas coa Biblioteca Escolar e que se comprometa a recibir formación específica para levalas a cabo. Durante este curso, debido ás necesidades do centro, o equipo viuse mermado.

As persoas integrantes do equipo son: Inés Sánchez Pereiro e Ruth Yebra Fernández, sendo a persoa coordinadora Montserrat Llamas Blanco.

Coordinación entre os distintos departamentos didácticos e outros equipos (Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Departamento de Actividades Complementarias e/ou Extraescolares, Departamento de Orientación, titorías...).

MATERIAIS:

Adquisición de fondos documentais, tanto impresos como audiovisuais, para a biblioteca escolar de cada unha das materias que se imparten no centro.

Page 6: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

PLAN ANUAL DE LECTURA 6

Incremento do número de lecturas de carácter xuvenil e novidades, para fomentar o hábito lector dunha maneira máis atractiva e novidosa que pretenden motivar ao alumnado en actividades como a “hora de ler”, pondo a disposición do alumnado material atractivo.

Incremento do número de libros de non ficción, adaptados relacionados coas materias impartidas nos cursos e cos intereses do alumnado, tentando que resulte tamén o máis atractivo posible.

Este curso continuaremos coa posta en funcionamento do programa de catalogación MEIGA, que permitirá unha consulta máis dinámica e ademáis “en liña”. O proceso de trasvase do catálogo desde o actual programa ABIES ata o MEIGA suporá un traballo por fases de longo percorrido.

4. SECCIÓNS DA BIBLIOTECA:

Durante este curso, por mor do protocolo COVID, as bibliotecas foron retiradas das aulas, para permitir un maior aproveitamento do espazo.

5. LIÑAS DE ACTUACIÓN PRIORITARIAS EN RELACIÓN CO PAPEL DA BIBLIOTECA ESCOLAR NO CENTRO:

*Documento presentado na solicitude do PLAMBE 2020-21.

1. EN RELACIÓN COA ORGANIZACIÓN E XESTIÓN: : A BIBLIOTECA COMO “LABORATORIO CREATIVO DE APRENDIZAXES”

1.1. A situación sanitaria actual está creando unha grande incerteza sobre o discorrer do próximo curso escolar, que nos obrigará a establecer novos protocolos de uso para o vindeiro curso en función de como evolucione a situación sanitaria e as autoridades nos indiquen.

1.2. Poñemos no primeiro lugar entre os nosos obxectivos o continuar co proceso de recatalogación desde cero de todos os nosos fondos para telos integrados na rede de catalogación de BE, co programa Meiga. Teremos que compatibilizar o seu uso co actual ABIES

1.3. Revisión dos fondos que necesitan ser expurgados.

1.4. Establecer un criterio para a adquisición dos fondos. Revisar os libros obrigatorios e recomendados dos distintos departamentos. Establecer un sistema de comunicación para as suxestións de compra.

1.5. Ampliar o espazo de lectura informal. Establecer grupos de diferentes tamaños e mesmo postos de lectura individual.

Page 7: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

7 PLAN ANUAL DE LECTURA

1.6. Renovar o posto do profesorado responsable e cambialo de lugar.

1.7. Instalación dun espazo creativo.

1.8. Creación dun espazo para xogos de mesa.

1.9. Revisión das normas de uso de ordenadores.

1.10. Proba de traballo con alumnado colaborador voluntario. Xa se intentou hai un tempo e non funcionou segundo o esperado, pero volveremos tratar de facelo.

1.11. Creación dun pequeno espazo de Biblioteca das visitas na zona de espera das familias.

1.12. Instalación definitiva do cartel de normas de uso da biblioteca que está instalado actualmente de xeito provisional.

1.13. En canto os andeis de libros revisados e recatalogados estean listos, colocaremos a sinalización nova, adaptada á CDU que modificamos o curso pasado.

1.14. Sinalización da zona de uso de ordenadores.

1.15. Sinalización da zona de lectura informal.

1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días.

1.17. Volveremos a tratar de abrir a Biblioteca ao acceso do noso alumnado o maior número de horas posible.

2. EN RELACIÓN COA DINAMIZACIÓN E PROMOCIÓN DOS RECURSOS DA BIBLIOTECA, A SÚA INTEGRACIÓN NO TRATAMENTO DO CURRÍCULO E A SÚA CONTRIBUCIÓN Á ALFABETIZACIÓN MÚLTIPLE E AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS DO ALUMNADO

2.1. Contribución á educación en igualdade a través da posta en práctica do Plan de Igualdade do centro.

2.2. Continuar promocionando os nosos recursos fronte a toda a comunidade a través dos nosos distintos espazos en liña: blog, Facebook, Instagram, Twitter...

2.3. Acceso e difusión do novo catálogo Meiga na rede.

2.4. Promoción dos boletíns de información cultural, científica e artística feitos pola Biblioteca en cursos anteriores a través dun taboleiro permanente.

2.5. Dedicar un espazo para promoción das novas da biblioteca no taboleiro da sala de profesores.

Page 8: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

PLAN ANUAL DE LECTURA 8

2.6. Crear un espazo na biblioteca para os libros e revistas con historia.

2.7. Colaboración nos proxectos de traballo con distintos departamentos.

3. EN RELACIÓN COA FORMACIÓN DE USUARIOS E ADQUISICIÓN DA COMPETENCIA INFORMACIONAL

3.1. Elaboración dun programa de formación de usuarios, facendo fincapé no recoñecemento dos espazos da biblioteca e da CDU que lle permita ao alumnado a autonomía de uso.

3.2. Reedición da guía de usuarios e promoción en papel e tamén dixital a través de código QR.

3.3. Programación de visitas á biblioteca por parte de alumnado novo (1º de ESO e 1º de BAC).

3.4. Participación na actividade da Biblioteca Municipal de Monte Alto para formación de usuarios que se nos suxeriu o curso pasado.

3.5. Posible organización dunha xornada de portas abertas para os usuarios actuais ou para os futuros, coincidindo coa xornada de portas abertas do centro.

3.6. Recompilación de recursos dixitais os departamentos e materias. Solicitaranse aos responsables.

3.7. Creación dun espazo para incluír os recursos dixitais nas webs e nos ordenadores do centro.

3.8. Deseñar un programa de formación para que o alumnado acceda aos recursos dixitais.

4. EN RELACIÓN CO FOMENTO DA LECTURA E CO DESENVOLVEMENTO PROXECTO LECTOR

4.1. Seguir implicando á comunidade escolar nos nosos proxectos e actividades.

4.2. Continuar recollendo recomendacións de lectura, tanto dos nosos propios fondos como doutras publicacións, a través do blog e da elaboración de guías de lectura (intentar que sexan 3 ao ano).

4.3. Dinamización da zona de exposición de novidades con cambios periódicos dos libros expostos (1 vez ao mes).

4.4. Dinamización da zona de exposicións temáticas, en consonancia coas distintas actividades de conmemoración e fomento da lectura (segundo actividades e conmemoracións).

4.5. Dinamización da zona de exposicións bibliográficas arredor de temas conectados co currículo e as competencias básicas.

Page 9: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

9 PLAN ANUAL DE LECTURA

4.6. Estudar as publicacións periódicas ás que estamos subscritos.

4.7. Continuidade dos distintos grupos do Club de Lectura e apoio no que sexa necesario.

4.8. Continuar coas actividades relacionadas coas conmemoracións que contribúen ao fomento da lectura e nos resultan de interese. Algunhas estaban programadas para este curso e por mor da suspensión das actividades presenciais non se puideron realizar. Outras continuarán organizándose como ata o de agora: Día das Escritoras, Día das Bibliotecas, Samaín: en colaboración co EDLG, Día contra a Violencia contra a Muller, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, Concurso Marcadores: en colaboración co EDLG, Nadal, Día da Ilustración: en colaboración co DAP, Semana de San Valentín: en colaboración con varios departamentos, Viaxe de Intercambio a Italia: en colaboración co DXeH., Día da Muller: en colaboración co DAP, Día de Europa: en colaboración co DLeG, Día do Libro, Día das Letras Galegas: en colaboración co EDLG.

4.9. Dinamizar as suxestións de compra de libros.

4.10. Entregar premios aos alumnos máis lectores.

4.11. Revisión do Proxecto Lector.

5. EN RELACIÓN COS AVANCES CARA A UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA

5.1. Continuar co redeseño os carteis que indican como moverse pola biblioteca e atopar libros, facéndoos máis visuais e comprensibles.

5.2. Se a situación sanitaria o permite, crearemos un espazo dedicado aos xogos pedagóxicos, tanto individuais como en equipo.

5.3. Executaremos na súa totalidade o gasto da partida finalista de Biblioteca Inclusiva a través da adquisición de fondos bibliográficos, películas e xogos.

5.4. Revisar os materiais adaptados a alumnado que chega procedente do estranxeiro e necesita aprender as nosas linguas ese material e catalogalo dun xeito máis organizado.

5.5. Reorganizar os espazos de traballo e de lectura informal, para permitir maior variedade na creación de grupos de relación entre o alumnado. Gustaríanos contar con máis asentos cómodos para ler en soidade ou pequenos grupos. As medidas que a situación sanitaria nos pode obrigar a tomar condicionarán estes reagrupamentos.

5.6. Continuar coa visibilización e normalización da diversidade e identidade sexual, a través de moitas das nosas actividades, como as do Día de San Valentín, os Días da Muller e da Muller na Ciencia e o Día da non Violencia contra a Muller.

6. OUTRAS ACTUACIÓNS

Page 10: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

PLAN ANUAL DE LECTURA 10

Continuar cos contactos coa Biblioteca Municipal de Monte Alto e realización, se procede, da actividade de formación que nos propuxeron na última reunión celebrada, a celebrar no noso centro.

7. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

Criterios de avaliación:

• Número de visitas á biblioteca e cantidade de préstamos realizados.

• Preferencias en canto aos materiais levados en préstamos.

• Adecuación das actividades programadas para o fomento de lectura e formación de usuarios e de educación para o acceso á información.

Procedementos e instrumentos de avaliación:

• Recollida das suxerencias do claustro, do alumnado e das familias.

• Rexistro estatístico do número de préstamos.

• Cuestionario para avaliar a biblioteca escolar por parte do claustro.

• Cuestionario para avaliar o funcionamento da biblioteca por parte do alumnado.

8. PERSOA DESIGNADA COMO RESPONSABLE DA BIBLIOTECA. EQUIPO DE APOIO. HORARIO PREVISTO

A persoa responsable da Biblioteca para o curso 2020/21 será Mercedes Montserrat Llamas Blanco (dende o curso 2019/20). O equipo estará constituído polos seguintes profesores: Gema Cilleros Cembellín, Antonio Jesús García Bastida, María Xosé González Quintela, María del Carmen Orro Arcay, Lucía Sáez Baquedano, Inés Sánchez Pereiro e Ruth Yebra Fernández.

A biblioteca permanecerá aberta para o alumnado durante o tempo de lecer. Engadiranse as horas que se asignen no horario persoal do profesorado integrante do equipo, que solicitaremos que sexa o máis amplo posible. Este horario poderá verse condicionado polas medidas sanitarias vixentes.

6. ACTIVIDADES:

ACTIVIDADES DE AULA:

- Incluír en todas as materias a lectura de textos en distintos soportes, potenciando o uso do dicionario e a realización de esquemas e resumes.

- Fomentar a lectura de textos de diferente tipo en linguas estranxeiras. - Fomentar a práctica de distintos tipos de lectura en cada unha das materias. - Fomentar a dedicación dun tempo de lectura periódico.

Page 11: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

11 PLAN ANUAL DE LECTURA

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN DOCUMENTAL:

- Potenciar a busca de información en diferentes fontes (biblioteca escolar, biblioteca pública e tecnoloxías da información e a comunicación).

- Potenciar a realización de exposicións escritas e orais propias, a partir da información existente e a súa presentación en soportes variados (presentacións, portfolios, bitácoras, gráficos, artigos...).

- Fomentar o traballo en grupo coa finalidade de potenciar o intercambio de opinións e o respecto polos demais.

- Potenciar a participación en actividades a través da páxina web do instituto e os distintos blogs e redes sociais existentes no centro (biblioteca, club de lectura...).

- Elaboracións de boletíns, trípticos, guías de lectura, etc., en formato dixital. - Potenciar a consulta dos fondos de biblioteca a través do manexo do programa

MEIGA, segundo o catálogo neste programa vaia crecendo. - Colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega na elaboración de

actividades e artigos para a revista do centro “Mapoula”.

ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN CULTURAL TEMPORALIZADAS:

No momento da presentación deste Plan Anual, debido á situación sanitaria, as actividades que impliquen presencialidade e agrupamentos de alumnado estanse vendo restrinxidas. Intentaremos levar a cabo moitas destas actividades a través do blog e das redes sociais.

OUTUBRO Día da biblioteca escolar (24 de outubro)

- Mostra dixital “Bibliotecas polo mundo”. Concurso "A miña biblioteca favorita"

NOVEMBRO Samaín - Concurso- de cabazas decoradas, en

colaboración co EDLG. Exposición de libros de terror e misterio.

DECEMBRO Nadal - Realización de actividades para conmemorar

estas datas, partindo das achegas dos departamentos didácticos.

XANEIRO

Día da Paz (30 de xaneiro)

- Realización de actividades concretas para conmemorar esta data, partindo das achegas dos departamentos didácticos.

FEBREIRO

Semana do amor (14 de febreiro)

- Concurso de postais de San Valentín, en colaboración co Departamento de Latín e Grego.

- Concurso-exposición “O amor na arte”, alumnado Bacharelato de Artes.

MARZO

Día da muller (8 de marzo)

- Realización de actividades concretas para conmemorar esta data, partindo das achegas dos departamentos didácticos.

Page 12: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

PLAN ANUAL DE LECTURA 12

ABRIL Día do libro (23 de abril)

- Organizar exposicións e actividades de diferente tipo ao longo destes días, que teñan como temática “o libro” en colaboración cos departamentos didácticos e outras entidades culturais.

MAIO “Semana das Letras Galegas” (17 de maio)

- O departamento de lingua galega en colaboración co EDLG, biblioteca escolar e demais departamentos didácticos, realizará actividades ao redor da figura homenaxeada.

7. ACTIVIDADES PARA A IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS:

Resulta interesante a implicación das familias na promoción da lectura. Ata o momento estanos resultando complicado, debido a que a meirande parte do alumnado do noso centro ten o seu domicilio en zonas afastadas do centro, noutros barrios e mesmo fóra do Concello.

Intentaremos que haxa unha maior comunicación coas familias a través da ANPA e dos seus representantes no Consello Escolar. Consideramos que a comunicación “en liña”, a través dos blogs e as redes sociais pode facilitar o acercamento entre eles e as actividades realizadas no centro.

O uso do programa de catalogación MEIGA tamén pode favorecer a comunicación, xa que permite a súa consulta “en liña”.

8. CLUB DE LECTURA "ORBALLO DE LETRAS"

DESCRICIÓN DO PROXECTO:

Os clubs de lectura defínense como unha actividade enmarcada dentro do proceso de animación lectora, na que o alumnado sexa capaz de compartir as súas experiencias no proceso de lectura, compartir gustos, opinións... nun proceso de socialización ao redor dun libro no que poden incorporarse tamén alumnas e alumnos que poden presentar certas resistencias ou problemas de integración no contexto escolar.

OBXECTIVOS:

Os nosos obxectivos poderíamos sintetizalos nos seguinte:

1. Promover o hábito da lectura nun ámbito de encontro e relación entre distintos membros da comunidade educativa, dentro do Proxecto Lector do Centro.

2. Fomentar o uso e relación coa Biblioteca como espazo de reunión e dinamización.

3. Facilitar o desenvolvemento das capacidades de expresión, comunicación e construción do pensamento e coñecemento entre os participantes, así como impulsar a lectura en galego.

Page 13: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

13 PLAN ANUAL DE LECTURA

4. Crear un ámbito lúdico nas reunións para facilitar a interrelación. 5. Favorecer a integración e participación do alumnado con necesidades

específicas. 6. Desenvolver a capacidade de participar nunha experiencia que leva a reflexión

dunha forma pausada e lenta, tan afastada da procura dunha satisfacción inmediata á que están tan habituados os nosos alumnos.

FUNCIONAMENTO:

No momento da presentación deste Plan Anual, debido á situación sanitaria, as actividades que impliquen presencialidade e agrupamentos de alumnado estanse vendo restrinxidas. Por este motivo, aplazaremos a posta en marcha do club ata que a situación nolo permita.

ACTIVIDADES PREVISTAS E RELACIÓN COA BIBLIOTECA:

En relación coa Biblioteca, tentaremos traer a aqueles autores cos que traballemos, para un encontro cos alumnos. Así mesmo, participaremos nas actividades que se organicen dende a Biblioteca.

Igualmente, temos pensado colaborar con outros clubs de lectura de centros próximo para intercambiar e compartir experiencias.

POSICIONAMENTO EN REDE:

O club de lectura estará presente na rede a través das páxinas web do centro e da biblioteca, así como no blog da biblioteca. Asemade, crearase o instagram do noso club no que participarán o integrantes do mesmo, tanto o alumnado como o profesorado.

9. ACHEGAS DOS DEPARTAMENTOS AO PROXECTO LECTOR E ITINERARIOS LECTORES

Unha das propostas a levar a cabo neste curso é a elaboración e, no seu caso, recompilación, de itinerarios lectores das distintas materias impartidas no centro, a través dos seus departamentos. Recollemos a continuación as achegas dos departamentos.

ARTES PLÁSTICAS

Nas materias de Fundamentos da Arte I e II, de 1º e 2º de Bacharelato, recoméndase a lectura de dous libros, que complementarán a información aportada polas profesoras a través da Aula Virtual e servirán de guía visual e textual durante o curso:

- Fundamentos del Arte I. 1º Bachillerato LOMCE, de Jesús Vicente Patiño Puente (accesible de xeito gratuíto)

- FDA 1. Fundamentos del arte, de J. R. Triadó, M. Pendás, X. Triadó, Ed. Vicens Vives

Page 14: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

PLAN ANUAL DE LECTURA 14

- FDA 1. Fundamentos del arte, de J. R. Triadó, M. Pendás, X. Triadó, Ed. Vicens Vives

Na materia de Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica, de 2º de Bacharelato, proponse a lectura e visionado de películas da lista indicada a continuación, de xeito voluntario. O alumnado deberá realizar un traballo por cada un deles, que entregará para a súa avaliación. Libros: novelas, libros técnicos e ensaios: - El misterio Velázquez, Eliacer Cansino - El nervio óptico, Maria Gainza - El caso del artista cruel, Elia Barceló - La chica danesa, David Ebershoff - Lujuria de vivir, Irving Stone - El Paraíso en la otra esquina, Mario Vargas Llosa - Matices, Thais Duthie - La vía del creativo. Guía para reinventar nuestra práctica y nuestra mirada,

Guillaume Lamarre - Manchas y trazos. El arte de fusionar pintura y dibujo, Felix Scheinberger - Acuarela creativa. Guía paso a paso para principiantes, Ana Victoria Calderón - Explorar la pintura, Beverly Philp, Sam Piyasena - Ser ilustrador. 100 maneras de dibujar un pájaro o cómo desarrollar tu profesión,

Félix Scheinberger - Dibuja primero, piensa después, Mike Yoshiaki Daikubara - Conexiones creativas. La herramienta secreta de las mentes innovadoras, Dorte

Nielsen y Sarah Thurber - El complot del Arte. Ilusión y desilusión estéticos, Jean Baudrillard - Mirar, John Berger - Qué estas mirando. 150 años de arte moderno en un abrir y cerrar de ojos, Will

Gompertz - Piensa como un artista, Will Gompertz - Miró. Yo trabajo como un hortelano, Yvon Taillandier - Cartas a Theo, Vincent Van Gogh - Conversaciones con Marcel Duchamp, Pierre Cabanne - Retrato del artista adolescente, James Joyce - Los cornudos del viejo arte moderno, Salvador Dalí Películas: documentais:

- Carmen Herrera, The 100 Years Show - Finding Vivian Maier - Bill Cunningham New York - Qué tienes debajo del sombrero - Lucien Freud, A Painted Life

Page 15: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

15 PLAN ANUAL DE LECTURA

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

As lecturas e actividades propostas desde a área de Bioloxía e Xeoloxía pretenden contribuir ó desenvolvemento das seguíntes competencias básicas: competencia en comunicación lingüística, competencia no tratamento da información, competencia dixital e competencia en aprender a aprender. O noso plan lector inclúe:

- Lectura e interpretación de textos variados relacionados directa ou indirectamente cos contidos das unidades didácticas para traballar a lectura comprensiva dos textos seleccionados.

Os textos utilizados serán obtidos de diversos tipos de fontes de información: lecturas seleccionadas nos libros de texto e/ou materiais elaborados polo profesorado, noticias de prensa, revistas, páxinas en Internet (recomendadas ou de búsqueda libre), etc.

- Actividades de consulta de fontes diversas para informarse sobre temas concretos e elaborar un traballo-resumen sobre ditos temas. Con estos resúmenes traballarase a expresión escrita, potenciarase a adquisición de conceptos esenciais ligados ó noso coñecemento do mundo natural, e a adquisición de destrezas ligadas ó traballo científico como a integración de coñecemientos e búsqueda de coherencia global.

- Búsqueda nos medios informativos de noticias de actualidade relacionadas co desenvolvemento dos contidos e a súa análise e comentario. Preténdese fomentar a lectura e a escritura para aprender a aprender: técnicas de síntese na elaboración dos comentarios, realización de esquemas, mapas conceptuais, etc.

- Recomendación de lectura de libros de contido variado: que traten sobre contidos científicos, problemas ambientais, biomédicos, biografías,… entre os que o alumnado poda elexir según as súas preferencias. Preténdese así contribuir a fomentar o hábito lector.

Os traballos referidos a documentos aparecerán nas libretas dos alumnos e alumnas e serán controlados e valorados polos profesores correspondientes en cada curso e grupo.

Ademáis, nos grupos da ESO, con estas lecturas e traballos os alumnos elaborarán un glosario con aquelas palabras ou terrmos científicos que descoñecesen. Este glosario recolle tamén, palabras e termos científicos dos libros de texto dos que descoñecían o seu significado, pretendéndose con esto que os alumnos e alumnas amplíen o seu vocabulario.

A elaboración por parte dos alumnos de traballos de investigación, bibliográficos ou de cualquera índole, conlevarán a exposición dos mesmos e a súa lectura ó resto do alumnado.

Por último, en cada nivel o profesorado proporcionará unha lista de libros de lectura voluntaria. A súa lectura e entrega dun resumo e comentario personal serán valorados positivamente.

Page 16: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

PLAN ANUAL DE LECTURA 16

FÍSICA E QUÍMICA

O Proxecto lector constitúe un dos proxectos máis interesantes que se levan a cabo no centro. A práctica da lectura comprensiva é fundamental para que o alumnado poida acadar as competencias clave.

A lectura comprensiva dos enunciados das actividades é condición "sine qua non" para a realización correcta das mesmas. Así mesmo, a lectura crítica de textos científicos será un procedemento a ter en conta para os membros deste departamento.

Nas materias impartidas en inglés este aspecto é, se cabe, máis importante. Aínda que os alumnos e alumnas comprendan os textos referidos ás actividades realizadas, para asegurar esta comprensión, farase unha lectura en voz alta de parágrafos seleccionados do libro de texto, dos lab reports, etc. Rotarase esta lectura, para que todo o alumnado interveña na mesma. Comprobarase a comprensión da linguaxe empregada e realizarase unha listaxe do novo vocabulario que vaia aparecendo.

Ademais da lectura na aula, cada alumno poderá ler algún dos libros recomendados durante o curso (de divulgación científica, ou novelas con contidos relacionados coa ciencia). Tamén realizaranse actividades sobre comprensión lectora de textos científicos (moitos deles sobre aspectos directamente relacionados cos estándares das materias).

O departamento de Física e química recomendará os seguintes libros de divulgación científica que completan os libros de consulta e problemas:

• Breve historia de la química (I. Asimov); para 4º ESO. • Biografía de la física (G. Gamow); para 4º ESO. • La creación del Universo (G. Gamow), para 4º ESO. • Historia del tiempo (S. Hawking), para 4º ESO. • El Universo desbocado (P. Davies), para 4º ESO. • Thirty years that shook physics (G. Gamow); para o alumnado de Física de 2º

bacharelato. • Siete breves lecciones de física (C. Rovelli), para o alumnado de Física de 2º

bacharelato.

Tamén o departamento poderá propor lecturas que ademais de ter contido científico, formulen dilemas morais e consecuencias do uso da ciencia.

Moitos dos libros propostos figuran nos fondos da biblioteca do centro. Outros serán obxecto de proposta de adquisición para a biblioteca. En canto a isto, comentar a intención do departamento de axudar ao equipo de biblioteca no que respecta basicamente ao ordenamento e adquisición de libros científicos de interese para o alumnado, con especial atención ao incremento de material científico en galego.

Page 17: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

17 PLAN ANUAL DE LECTURA

INGLÉS

O Departamento de Inglés non ten un tempo fixo semanal asignado á lectura pero, durante as clases, realízanse actividades de comprensión lectora de textos curtos con moita frecuencia. Resulta especialmente importante en 2º de Bacharelato, xa que o exame de ABAU sempre se basea nun “Reading Comprehension”.

Por outra banda, a lectura de libro é unha actividade voluntaria que axuda aos alumnos para subir nota, ata un punto máis. Adoitan escoller un dos libros que temos na Biblioteca de Aula (agora no Departamento) ou na Biblioteca do centro e teñen que presentar un traballo seguindo as pautas que se lles dan. Na ESO o traballo é escrito e en bacharelato grávanse en vídeo e entrégannolo para cualificalo. Poden ler un libro ao trimestre.

LATÍN E GREGO

O Departamento decidiu colaborar co Plan Lector do Centro propoñendo as seguintes lecturas e formatos, que serán seleccionadas según o nivel do curso:

- Metamorfosis de Ovidio (adaptación de Agustín Sánchez). - Yo Julia de Santiago Posteguillo - Y Julia retó a los dioses de Santiago Posteguillo - Fragmentos do libro e DVD Última Lexión. - Antoloxía da Ilíada e A Odisea. - Los doce trabajos de Hércules y Jasón y Los Argonautas. - Gladiadores de Fernando Lillo Redonet. - Teseo y el Minotauro de Vivet-Remy. - Gabinete de curiosidades romanas. - Las Águilas de Roma (cómic). - Mirena (cómic). - Hablemos como los dioses. - Latin lovers de Emilio del Río - ¿Nos hacemos unos griegos? (LGTBI en el Olimpo) de José Picos Freire - Percy Jackson y el ladrón del rayo, DVD - Furia deTitanes, DVD - Xogos: Colosseum, Veni, Vidi, Vici (locucións e frases latina)

Páxinas web recomendadas para profundizar nos contidos lingüísticos e culturais:

- Ludus Litterarius http://www.luduslitterarius.net/ - Almacén de clásicas http://almacendeclasicas.blogspot.com/

En colaboración co equipo da biblioteca realizaremos actividades como a relación da mitoloxía e a táboa periódica e a influencia da cultura clásica na publicidade.

Page 18: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

PLAN ANUAL DE LECTURA 18

LENGUA CASTELLANA

Como prescribe el Decreto 89/2015 que regula las enseñanzas de educación secundaria y bachillerato en la Comunidad Autónoma de Galicia y con el fin de impulsar no sólo el fomento de la lectura para disfrute personal, sino también la formación de lectores críticos, impulsaremos cuantas actividades sea posible llevar a cabo, organizadas en el centro, durante este tiempo de restricciones para evitar la propagación del coronavirus Covid-19, pues impiden el uso habitual de las bibliotecas de aula y la biblioteca escolar o del salón de actos.

Continuaremos llevando a cabo:

- Selección de obras de lectura obligada (ver lista de lecturas seleccionadas en los distintos niveles).

- Recomendación de lecturas que puedan ser de interés para los alumnos, según su edad.

- Fomento de la solicitud de préstamos de la biblioteca escolar por medio del correo electrónico habilitado para este fin.

- Participación en las actividades propuestas por el equipo de dinamización de la Biblioteca Escolar o de Dinamización da Lingua Galega.

- Celebración del Día del Libro (23 de abril) con lecturas en voz alta de poemas, monólogos teatrales, breves textos narrativos, etc. Esta celebración, que se lleva realizando en este centro varios años, tiene lugar en el salón de actos y participan todos los alumnos del centro. Sin embargo, el espacio este año tendrá que ser modificados, pues se ha transformado en aula convencional.

- Lectura en el aula: tanto silenciosa como en voz alta. - Participación en el club de lectura, si se organizase. - Dramatizaciones de alguna de las obras del programa de Literatura Universal, si llegase

a mejorar la situación actual a lo largo de este curso.

Para la adquisición progresiva de las destrezas de lectoescritura, el departamento ha propuesto para este curso la siguiente selección de lecturas por cursos:

En el primer curso de ESO, el alumnado deberá realizar lecturas, además de numerosos textos breves, de tres obras completas correspondientes a los diferentes géneros:

-la novela La lección de August, de R. J. Palacios;

-el cómic Blacksad 2. Artic-Notion, con guion de Juan Díaz Canales y dibujos de Juanjo Guarnido;

-los relatos Mujeres de la cultura, de Rosa Huertas.

La lírica se trabajará desde las antologías que el profesorado preparará para este nivel.

Faltan por establecer aquellas destinadas al alumnado del grupo de Apoyo, que se hará tras la rrealización de la evaluación inicial.

En segundo de ESO, además de numerosos textos breves, leerán obligatoriamente tres obras completas:

Page 19: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

19 PLAN ANUAL DE LECTURA

-la novela El príncipe de la niebla, de Carlos Ruiz Zafón;

-la obra teatral Las piernas de Amaidú, de Luis Matilla; -la novela La leyenda del rey errante, de Laura Gallego García.

La lírica se trabajará como en 1º de ESO. Con el alumnado del grupo de Apoyo se trabajarán en el aula dos obras:

-la novela: 35 kilos de esperanza, de Anna Gavalda;

-el cómic: Arrugas, de Paco Roca.

En 3º de ESO, tres obras completas correspondientes a diferentes géneros y momentos históricos seleccionadas son:

-la novela contemporánea Finis Mundi, de Laura Gallego García, con el fin de tratar los temas correspondientes a la literatura medieval;

-la narración renacentista Lazarillo de Tormes;

-la obra teatral Fuenteovejuna. La lírica se trabajará según lo indicado para los cursos anteriores.

En 4º de ESO, leerán:

-El sí de las niñas, de Leandro Fernández de Moratín. Cátedra Letras Hispánicas.

-Niebla, de Miguel de Unamuno. Ed. Espasa Libros. -Un viejo que leía novelas de amor, de Luis Sepúlveda. Ed. Tusquets.

En primer curso de Bachillerato, henos propuesto: -La Celestina, de Fernando de Rojas

-El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, Miguel de Cervantes (Primera parte) -Don Juan Tenorio, de José Zorrilla.

Para la optativa Literatura Universal de 1º de Bachillerato se han escogido dos obras por trimestre:

-Lisístrata, de Aristófanes o Edipo, rey, de Sófocles;

-Sueño de una noche de verano, de Shakespeare; -Penas del joven Werther, de Goethe;

-El jugador, de Dostoievski;

-El principito. de Antoine de Saint-Éxupéry; -La elegancia del erizo, de Muriel Barbery.

En segundo curso de Bachillerato, las lecturas no varían: -Romancero gitano, de García Lorca;

-La Fundación, de Buero Vallejo;

Page 20: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

PLAN ANUAL DE LECTURA 20

-Crónica de una muerte anunciada, de Gabriel García Márquez;

-El lector de Julio Verne, de Almudena Grandes.

A pesar de no poder disponer de la biblioteca del centro como hasta ahora ni de las bibliotecas de aula (como era habitual en las Aulas Materia Español 1, 2 y 3) debido a la necesaria reorganización de las instalaciones para aplicar las medidas preventivas destinadas a evitar el contagio por Covid-19, daremos indicaciones para el acceso del alumnado a la biblioteca digital (eGalicia), habilitado en la red de bibliotecas públicas gallegas a través de la plataforma GaliciaLe, con el objetivo de facilitar el acceso a estas obras en formato digitalizado, si fuese necesario.

LINGUA GALEGA

• Fomentar a lectura a través do comentario das obras de lectura obrigatoria. • Fomentar a lectura a través das propostas das diversas lecturas optativas. • Exposición nos corredores de diverso material relativo á lectura: revistas,

publicidade, fotografías... • Celebración do día do libro 23 de abril. • Celebración do 17 de maio, día das Letras Galegas. • Coordinación coa biblioteca do centro en todas as actividades que

desenvolva. • Nos niveis de ESO e Bacharelato entrégaselle unha listaxe de libros

axeitados ao seu nivel para potenciar a lectura en galego. Estes libros de lectura voluntaria son valorados positivamente na cualificación global do alumnado polos membros do departamento.

ITINERARIOS LECTORES

1º ESO 1ª avaliación: Bala perdida de Manuel Rivas 2ª avaliación: Volverás golfiño de Andrea Maceiras 3ª avaliación: O misterio das badaladas de Xabier P. Docampo

2º ESO 1ª avaliación: As confesións de Carlota Doyle de Avi 2ª avaliación: Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz 3ª avaliación: A expedición ao pacífico de Marilar Aleixandre

3º ESO 1ª avaliación: Europa express de Andrea Maceiras 2ª avaliación: Investigación 091 de Pepe Carballude 3º avaliación: Os dous de sempre de Castelao

4º ESO 1ª avaliación: Os comedores de patacas de Manuel Rivas

Page 21: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

21 PLAN ANUAL DE LECTURA

2ª avaliación: Os vellos non deben de namorarse de Castelao. 3ª avaliación: A ferida do vento de Antón Riveiro Coello

1º Bacharelato 1ª avaliación: Os nenos da varíola de Mª Solar 2ª avaliación: Resistencia de Rosa Aneiros 3ª avaliación: Ollos de auga de Domingo Villar

2º Bacharelato 1ª avaliación: Un animal chamado néboa de Ledicia Costa 2ª avaliación: O sol de verán de Carlos Casares. 3º avaliación: O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas.

(A lectura destes libros poderá variar dependendo das ofertas editoriais, tanto nos seus títulos coma nos autores, ou tamén por razóns ligadas a adaptacións dun determinado grupo.)

TECNOLOXÍA

A materia de Tecnoloxías/Tecnoloxía contribuirá ao desenvolvemento do Plan Lector do centro das seguintes maneiras:

• Fomentando o uso da biblioteca do instituto para a lectura de libros/novelas

relacionados coa Tecnoloxía e as Tecnoloxías da información e comunicación como poden ser: “El juego de Ender” de Orson Scott Card”, “Bajo el paraguas azul” de Elena Martínez o “El libro de los rostros” de Ana Alonso y Javier Pelegrín.

• Suscribíndose a algunha revista de informática para prestárllela posteriormente ao alumnado e fomentar así o manexo de información técnica relacionada cos ordenadores.

• Lendo na aula artigos técnicos sobre innovacións tecnolóxicas que sexan actualidade, tanto aparecidos na prensa como na Internet.

• Empregando fragmentos de libros para a introducción de determinadas unidades didácticas e que inviten á reflexión do alumnado como poden ser “Los Pilares de la Tierra” de Ken Follet para o traballo das fases do proceso tecnolóxico ou fragmentos dos relatos de “Yo, Robot”, de Isaac Asimov para as unidades didácticas relacionadas coa robótica.

XEOGRAFÍA E HISTORIA

Ao longo do curso coa finalidade de promover a comprensión de lectura e de uso da información así como a expresión oral e escrita o profesorado de Xeografía e Historia levan a cabo actividades en consonancia co proxecto lector do centro coordinado pola Biblioteca:

Page 22: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

PLAN ANUAL DE LECTURA 22

No primeiro ciclo da ESO: coa lectura de textos sobre as diferentes épocas históricas obxecto de estudio e coa lectura de artigos de prensa con temas da vida diaria que teñan relación cos temas estudados a través das diferentes unidades.

Ademais no curso de 2º, pensando para alumnos que teñan interese na ampliación de información concreta sobre os períodos históricos traballados na aula, propónselles unha serie de libros para a consulta e realización de pequenas investigacións.

En 3º da ESO ademais dos textos aportados como complementarios, trabállase coa prensa, debendo mirar a prensa semanalmente co fin de recortar, ler e comentar as noticias que teñan relación co dado na aula. Recortes e comentarios que deben ser entregados no momento do exercicio escrito.

En 4º da ESO ademais dos textos complementarios comezamos a traballar con textos históricos básicos.

No caso do Bacharelato a lectura refírese xa a textos históricos.

En 2º de Bacharelato planéase a elaboración dunha revista de Historia. O alumnado deberá actuar de xornalista en diferentes momentos históricos segundo se vai avanzando nos temas impartidos durante o curso.

10. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN:

Este plan anual de lectura debe ser revisado anualmente co obxectivo de modificar aqueles aspectos que non cumpran o seu cometido e engadir aspectos novos que vaian xurdindo cada ano.

O coordinador da biblioteca escolar e o seu equipo confeccionará unha serie de indicadores que lle permitan coñecer o desenvolvemento das actividades do proxecto. A planificación destas actividades estará en continua revisión.

INDICADORES DE LOGRO RESPECTO AO PROFESORADO:

- Utilización do servizo de préstamo e realización de actividades dentro da biblioteca escolar polos distintos departamentos.

- Actividades de formación realizadas no ámbito da biblioteca escolar. - Aplicabilidade do material confeccionado para o fomento da lecto-escritura en

cada unha das materias. - Información recibida respecto ás actividades realizadas durante o

desenvolvemento do plan. Implicación dos axentes participantes e actividades interdisciplinares.

- Apoios da biblioteca escolar aos diferentes departamentos. - Contribución dos departamentos á elaboración do Proxecto Lector e o Plan

Lector.

INDICADORES DE LOGRO RESPECTO AO ALUMNADO:

- Índice de lectura e hábito creado a través das consultas realizadas.

Page 23: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

23 PLAN ANUAL DE LECTURA

- Utilización dos recursos da biblioteca escolar. - Emprego do servizo de préstamo da biblioteca escolar. - Consultas realizadas a través do Programa MEIGA.

Page 24: Plan Anual de Lectura 20-21 · 2021. 4. 8. · 1.16. Deseño dun código identificador para os libros de lectura obrigatoria. Modificar o prazo de préstamo, de 15 a 7 días. 1.17.

PLAN ANUAL DE LECTURA 24