PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o...

20
Plan acción 2014 PLAN DE ACCIÓN 2014

Transcript of PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o...

Page 1: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 1

Plan acción 2014

PLAN DE ACCIÓN 2014

Page 2: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 2

Plan acción 2014

Page 3: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 3

Plan acción 2014

Liñas de actuación:

1. Mellorar o asesoramento ás entidades

2. Promover a comunicación

3. Promover o modelo de calidade de vida

4. Mellorar a labor dos dirixentes e profesionais

5. Mellorar a situación das familias

6. Mellorar a inclusión das persoas con discapacidade intelectual

INTRODUCCIÓN

Page 4: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 4

Plan acción 2014

Prestaráselle asesoramento ás Asociacións en todos os temas que nos demanden: Contratos sector público, Convenio Colectivo, Carteira Servi-

zos, Formación, Subvencións, Lexislación,...

Adquisición de novos vehículos , actos de entrega e baixa patrimonial da federación dos vehículos que xa cumpriron os 10 anos de antigüidade.

Apoio e asesoramento nas subvencións do PLAN INFRAESTRUCTURAS REXIONAIS (FUNDACIÓN ONCE –FEAPS) e tamén na convocatoria do IRPF

para inversións (MINISTERIO– FEAPS).

Continuarase con todos os foros de participación que hai na federación.

Realización de reunións e traballos por parte das UDS existentes na Federación (Educación, Dependencia, Necesidades Apoio, Vivendas, Empre-

go e Familias).

Realización de reunións por parte do Grupo de Traballo de Desvantaxe, así como de outros grupos que sexa necesario crear para tratar temas

concretos que vaian xurdindo ao longo do ano.

As Comisións de Traballo: Estatutos, Transporte, Inversións e Asesora de Presidentes seguirán reuníndose para traballar nos temas que lle atin-

xen.

Realización de reunións periódicas do Equipo de Xerentes de Galicia.

Realización de varias Xuntas Directivas ao longo de todo o ano e da Asemblea Anual onde se aprobarán as contas, orzamentos, memoria, Plan

de acción, entre outros temas.

Elaboración de informes, estudios,... sobre as temáticas que lles afecten ao noso colectivo no seu día a día na relación coa Administración,

outras entidades,...

Realización de xornadas como: Seminario de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental, Xornada Familias, Convencións de Presidentes,...

LIÑA DE ACTUACIÓN 1:

MELLORAR O ASESORAMENTO ÁS ENTIDADES

Page 5: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 5

Plan acción 2014

Realización de reunións dos directivos da Federación polas entidades federadas co fin de intercambiar opinións e analizar cales son as súas inquietu-

des.

Participación activa en todas as reunións das comisións, equipos,... dos cales forma parte a Federación, tanto coa Confederación FEAPS, como co

CERMI GALICIA, ...

Participación da Federación e dos seus directivos en todos aqueles actos, eventos,... relacionados coa discapacidade que lles sexa posible.

Accións de reivindicación e apoio coa Confederación, Federacións, Entidades Federadas,..

Dinamizarase o movemento asociativo.

Elaboración dos novos estatutos da Federación

Creación dunha Patronal Galega e elaboración dos seus estatutos.

LIÑA DE ACTUACIÓN 1:

MELLORAR O ASESORAMENTO ÁS ENTIDADES

Continuarase coa motivación e asesoramento para a creación, ampliación e contratación nos centros especiais

de emprego federados a FADEMGA , previo coñecemento da súa realidade.

Seguir informando e asesorando ás entidades federadas sobre convocatorias e axudas en relación as políticas

activas de emprego.

Información e difusión do servicio de Fomento do Emprego así como a implantación das medidas activas de

emprego que favorezan a inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual.

Realización da subvención de Programas de Cooperación para a propia Federación.

Prestaráselle asesoramento as entidades que presenten a solicitude de programas de cooperación.

Page 6: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 6

Plan acción 2014

LIÑA DE ACTUACIÓN 2:

PROMOVER A COMUNICACIÓN

50 aniversario de FEAPS “50 anos de inclusión grazas ás familias”: colaboraremos con FEAPS nas actividades de difusión e organización, envío de no-

tas de prensa, convocatorias á medios, difusión en web e redes sociais,... Promocionaremos a imaxe corporativa deste aniversario e daremos apoio

na promoción do acto solemne que presidirá SM. A Reina Dª Sofía.

Campaña mundial pola educación: o 2014 é o ano Mundial da Educación Inclusiva, e colaboraremos activamente coa organización da campaña

“Sumemos capacidades. Polo dereito a unha educación inclusiva”. Para o cal estaremos en contacto coa Ong “Educación par ao Desenvolvemento”,

coa que colaboraremos. Nenos e nenas con discapacidade participarán nun evento no mes de abril, no cal ofrecerán unha proposta didáctica para

traballar o dereito a unha educación inclusiva.

2014 “Ano das Familias”: Barcelona os días 15 e 16 de maio terá lugar o II Congreso Internacional sobre Familias onde participarán 3 persoas de Gali-

cia.

Adaptación de textos a lectura fácil: un dos principais obxectivos é facilitar o acceso á información das persoas con discapacidade intelectual. Para o

cal traballaremos na adaptación dos textos en lectura fácil (web, INFO XXI,..)

Traballaremos na constitución dunha rede de comunicación federativa. Para o cal contactaremos coas entidades. O obxectivo último é establecer un

responsable/mediador/enlace de comunicación en cada asociación, creando unha rede comunicativa entre asociación e federación.

Campaña o Meu voto conta: Con motivo das eleccións ao Parlamento Europeo en maio, retomaremos esta campaña de FEAPS: facilitaremos as perso-

as con discapacidade intelectual información e materiais sobre as eleccións de forma clara e accesible; difundiremos entre os partidos políticos a ne-

cesidade de que adapten os seus programas electorais a lectura fácil e promocionaremos esta campaña entre os medios de comunicación, para así

sensibilizar á sociedade.

Este ano elaborarase e difundirase novo material promocional da federación, mediante o cal queremos actualizar a imaxe federativa e chegar a un

maio número de persoas.

Colaboraremos en campañas con outras ONG, como campaña X Solidaria, Somos 2014, Muller traballadora, Campaña Mundial pola Educación,...

Comunicaremos de maneira periódica as novidades, publicándoas na web, Info XXI, correo electrónicos, twiter, facebook,... . Creación dun espazo na

web onde diariamente se publiquen todas as noticias relacionadas con discapacidade intelectual (que ata agora xa se facía , pero só internamente).

Traballaremos xunto co resto de Federacións na implementación da nova imaxe de FEAPS.

Seguiremos dando apoio e difusión ás actividades federativas e das entidades a nivel comunicativo.

Page 7: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 7

Plan acción 2014

LIÑA DE ACTUACIÓN 3:

PROMOVER O MODELO DE CALIDADE DE VIDA

Dentro desta liña principal de actuación que ten por obxectivo promover o modelo de calidade de vida, tamén temos outras liñas de actuación e

obxectivos:

Materializar a calidade FEAPS nas entidades do movemento asociativo:

Organizaranse xornadas informativas e difundirase o Sistema de Avaliación de Calidade FEAPS á vez que se informará sobre os requisitos mínimos de

pertenza a FEAPS e se buscaran directrices sinxelas para cumprir as esixencias de FEAPS de pertenza ao movemento asociativo.

Crearase un grupo de entidades que se inicien ao mesmo tempo no proceso de Calidade FEAPS e habilitaranse espazos no que compartan experien-

cias a vez que se apoien.

Xestionaranse e axilizaranse todas aquelas demandas en relación ao Sistema de Avaliación de Calidade FEAPS á vez que se asesorará ás entidades que

estean involucradas no proceso de Calidade FEAPS.

Formarase a responsables de calidade e equipos de autoavaliación no proceso de acreditación na etapa elixida de calidade FEAPS.

Proporcionaranse ferramentas para mellorar os sistemas de xestión de calidade das entidades federadas, para medir e proporcionar maior calidade

de vida aos seus clientes.

Facilitaranse as entradas necesarias para acadar o plan de mellora resultado da autoavaliación.

Dar a coñecer o modelo de calidade FEAPS en diferentes sectores da sociedade:

Formarase aos novos profesionais da federación no novo paradigma da discapacidade, o modelo de calidade FEAPS, o modelo de calidade de vida, a

importancia dos apoios e todas aquelas cuestións que lles axuden a traballar de acordo cos valores e principios de FEAPS.

Dar a coñecer os valores, principios e código ético de FEAPS nos diferentes servizos, programas, accións formativas e xornadas para profesionais,

voluntarios, familiares, directivos e persoas con discapacidade intelectual.

Trataremos de influír na confección de lexislación da nosa Comunidade Autónoma intentando que se teñan en conta os principios de calidade FEAPS

(carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e atención a persoas en situación de dependencia, carteira de servizos sociais

para persoas con autonomía con discapacidade …).

Page 8: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 8

Plan acción 2014

LIÑA DE ACTUACIÓN 3:

PROMOVER O MODELO DE CALIDADE DE VIDA

Fomentar o traballo con calidade e a posibilidade de compartir o coñecemento entre as entidades:

Como membro da rede de calidade FEAPS planificarase o VI Encontro de Boas Prácticas que terá lugar no ano 2015; posteriormente difundirase toda a

información e impulsarase que as entidades federadas presenten as súas actuacións.

Asesorarase ás entidades atendendo as consultas e dúbidas que lles poidan xurdir en relación ao VI Encontro de BBPP: comprensión da documenta-

ción, presentación inicial, aceptación e presentación de Boas Prácticas, loxística, etc. E faranse as xestións necesarias para presentar as súas boas

prácticas.

Asesoraremos e promoveremos o cumprimento da Lei orgánica de Protección de datos:

Informaremos e asesoraremos ás entidades federadas da importancia do cumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos e LSSIC.

Seremos auditados baixo a Lei Orgánica de Protección de datos co fin de garantir que cumprimos coas medidas que o regulamento establece e implan-

taremos as medidas derivadas da mesma.

Mellorar o sistema de xestión de calidade da Federación na busca de ofrecer ás entidades, familias e persoas con discapacidade intelectual servizos e

programas con mais calidade:

Xestionaremos e actualizaremos o sistema de xestión de calidade implantado na área de emprego e formación e no servizo de respiro familiar.

Incrementaremos o alcance do sistema de xestión de calidade a outros servizos.

Realizaremos as auditorías internas nas 4 delegacións da federación e implementaremos ás accións correctivas das incidencias ou non conformidades

detectadas.

Preparemos a documentación para poder facer a auditoría externa de renovación do certificado do SXC.

Analizaremos os resultados dos obxectivos, indicadores de procesos, cuestionarios de satisfaccións, non conformidades,...na busca de incrementar a

satisfacción das entidades con respecto aos servizos, programas e áreas da federación.

Compartir coñecementos, xerar alianzas mediante o traballo en rede e levar a cabo aquelas accións encomendadas á rede de calidade FEAPS para acadar

os obxectivos fixados polo movemento asociativo de familias no Plan Estratéxico de FEAPS:

Realizaremos en tempo e forma aquelas accións encomendadas á rede de calidade FEAPS dirixidas a acadar os obxectivos fixados polo movemento

asociativo de familias no Plan Estratéxico de FEAPS

Page 9: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 9

Plan acción 2014

LIÑA DE ACTUACIÓN 4:

MELLORAR A LABOR DOS DIRIXENTES E PROFESIONAIS

En canto á formación para profesionais, temos previsto facer un curso de ética en actuacións diarias de 24 horas durante

os días 5, 6 e 7 de maio.

Está prevista a realización dun curso sobre Envellecemento de persoas con discapacidade intelectual de 21 horas o 2, 9 e

16 de xuño.

Trataremos de xestionar unha nova edición de FEAPS EN FORMA no 2º semestre do ano para todos os dirixentes das enti-

dades que nolo demanden, co fin de transmitir a cultura FEAPS aos máximos responsables das entidades.

Organizarase un curso para voluntarios de entidades no 2º semestre do ano.

No mes de decembro está prevista a realización dun curso destinado aos monitores que participan nas quendas do servizo

de respiro familiar da federación.

Ademais pretendemos realizar un plan agrupado de formación entre FADEMGA e as entidades para xestionar o crédito de

formación bonificada de empresa.

Está prevista a realización dun curso sobre Competencias, que terá unha duración aproximada de 30 horas. Este curso irá

destinado a xerentes, directivos e responsables de Recursos Humanos das Entidades.

Realizaremos un curso de responsables de voluntariado, outro de abuso sexual para profesionais e trataremos de homolo-

gar a aula de FADEMGA para cursos AFD para realizar cursos de ordenanza/administrativo

En canto á formación para desempregados, faremos dous cursos de autodeterminación, un en Vigo e outro en Santiago,

nos meses de marzo a maio de 210 horas.

Impartición da formación que anualmente se lle da aos novos traballadores que se incorporan á Federación, co fin de ex-

plicarlle uns coñecementos básicos sobre o que é a Federación, as súas entidades, a discapacidade intelectual, a protec-

ción de datos, a calidade na xestión, etc.

Page 10: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 10

Plan acción 2014

A UDS de Familias continuará sendo a voz das familias na Federación, facendo propostas e traballando pola mellora dos apoios que reciben. Dous

dos seus integrantes tamén continuarán formado parte da UDS Estatal de Familias de FEAPS.

SRF (Servizo de Respiro Familiar)

Ao longo do 2014 está prevista a realización das quendas de respiro familiar que se reflicten nas táboas seguintes:

LIÑA DE ACTUACIÓN 5:

MELLORAR A SITUACIÓN DAS FAMILIAS

LUGAR DATA DE ENTRADA DATA DE SAÍDA Nº DE PRAZAS

ALVARELLA 28 de febreiro 04 de marzo 10

AMICOS 16 de abril 20 de abril 10

ALVARELLA 30 de abril 4 de maio 10

A QUEIMADA 9 de xullo 13 de xullo 10

O LAR DA AVOA 14 de xullo 18 de xullo 10

ASFAVAL 23 de xullo 27 de xullo 10

ASPAS 30 de xullo 03 de agosto 10

ASPAS 6 de agosto 10 de agosto 10

LUGAR DATA DE ENTRADA DATA DE SAÍDA Nº DE PRAZAS

ASPAS 6 de agosto 10 de agosto 10

ASPAS 13 de agosto 17 de agosto 10

ASPAS 20 de agosto 24 de agosto 10

ASPAS 25 de agosto 29 de agosto 10

AMICOS 09 de outubro 12 de outubro 5

A QUEIMADA 30 de outubro 2 de novembro 5

ALVARELLA 5 de decembro 8 de decembro 10

Grupo de irmáns e de cuñados. Participará na organización de actividades dirixidas a familiares e estará en contacto coa UDS de Familias. Mante-

rán reunións cada 2 meses.

II Congreso Internacional sobre Familias y Discapacidad. Será en Barcelona o 15 e 16 de maio, irán unha nai e un profesional.

Super-Encontro de Familias. Será o 31 de maio, pretendemos que asistan familias de todas as entidades

II Encontro Autonómico de Irmáns. Será o 4 de outubro na Federación (prazas limitadas a 80 persoas).

Encontro Estatal de Familiares. Con motivo do 50 aniversario de FEAPS o 21 e 22 de novembro.

Page 11: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 11

Plan acción 2014

# Asesoría Xurídica, estará dispoñible durante todo o ano. As modalidades de atención: charlas xurídicas ou consultas individuais. Terán lugar as seguintes:

DATAS DO SERVIZO PROVINCIA

30 de XANEIRO A CORUÑA

27 de FEBREIRO PONTEVEDRA

27 de MARZO OURENSE

24 de ABRIL LUGO

29 de MAIO A CORUÑA

26 de XUÑO PONTEVEDRA

17 de XULLO OURENSE

28 de AGOSTO LUGO

25 de SETEMBRO A CORUÑA

30 de OUTUBRO PONTEVEDRA

27 de NOVEMBRO OURENSE

18 de DECEMBRO LUGO

Apoiaremos aos grupos de familiares que existan nas entidades ou que queiran formarse: grupos de nais e pais ou grupos de irmáns

Apoiaremos as accións formativas, mesas redondas ou charlas dirixidas a familias que organicen as entidades, priorizando os seguintes temas:

autodeterminación, dereitos e ética.

Facilitaremos información aos familiares e profesionais que o requiran a través dos profesionais da Federación do Fondo Documental dispoñible.

Difundiremos e divulgaremos as actividades e accións dirixidas a familias a través de diferentes formatos: páxina web, charlas, reunións infor-

mativas, carteis, dípticos, boletín INFO XXI. Enviarase un calendario a tódalas entidades de FADEMGA FEAPS GALICIA coas actividades programadas

para familias no 2014: estancias de respiro familiar, consultas de asesoría xurídica, Encontro de Irmáns e Super Encontro de Familias.

Reunións de apoio cos profesionais de entidades que o requiran.

Reunións de coordinación do Programa de apoio Familiar que terán lugar na Confederación Nacional FEAPS.

LIÑA DE ACTUACIÓN 5:

MELLORAR A SITUACIÓN DAS FAMILIAS

Page 12: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 12

Plan acción 2014

ENVELLECEMENTO: Intervención un día á semana na asociación ASPNAIS, para desenvolver programas de intervención axustados as necesidades e demandas das persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento. Participación en actividades e recursos da comunidade para fomentar as relacións interpersoais e promover a inclusión social. Información, orientación e asesoramento a familias. Taller de duelo para familias. TRASTORNO DUAL: Reunións do Grupo de traballo sobre trastornos mentais e/ou alteracións de conduta. Difusión da Guía “En consulta con una persoa con discapacidade intelectual”, en centros médicos, hospitais e unidades de saúde mental. IV Sesión Clínica (20 de outubro). VIII Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental (21 de novembro). Taller de promoción na saúde mental e benestar en persoas con discapacidade intelectual (B+). CIDADANÍA ACTIVA: Área I: Defensa e Protección de Dereitos Cursos de formación en dereitos para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Traballo conxunto con axentes sociais e políticos (apoio na participación de persoas con discapacidade na Comisión non Permanente de Discapacida-

de do Parlamento de Galicia) Colaboración coa asesoría xurídica para a análise do proceso de incapacitación xudicial co obxecto de elaborar unha guía de recomendacións. Área II: Capacitación en Autodeterminación Participación das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento en todos os espazos que se trate a autodeterminación das persoas

con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. Talleres para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento sobre as dimensións da Autodeterminación, (a través das persoas de

prácticas dos Cursos de Autodeterminación para desempregados). Área III: Fortalecemento da Autoxestión

Reunións do Grupo de Autoxestores de FADEMGA onde se tratarán temas como: a incapacitación xudicial, o voluntariado das persoas con discapaci-dade intelectual, o emprego, o traballo coas familias...

LIÑA DE ACTUACIÓN 6:

MELLORAR A INCLUSIÓN DAS PERSOAS CON DIS-

CAPACIDADE INTELECTUAL

Page 13: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 13

Plan acción 2014

LIÑA DE ACTUACIÓN 6:

MELLORAR A INCLUSIÓN DAS PERSOAS CON

DISCAPACIDADE INTELECTUAL

Reunións de coordinación de todos os grupos de autoxestores. Neste ano vaise a traballar entre todos o tema do emprego. Encontros entre diferentes grupos de autoxestores, para compartir experiencias e actividades a realizar. Encontros Autonómico de todos os Grupos de autoxestores. Elaboración en colaboración con FEAPS dos requisitos mínimos dos grupos de autoxestores e das entidades que teñan un grupo ou o queiran formar. Definición en colaboración con FEAPS dos Grupos de representación. Formación en pensamento libre, a través de FEAPS aos membros dos grupos de autoxestores.

Área IV: Apoio ao Voto e á Participación Pública

Información e asesoramento sobre a capacidade xurídica ás persoas con discapacidade intelectual coa colaboración da Asesoría Xurídica. Talleres sobre os procesos electorais: planificación dun taller piloto na entidade PRODEME de Monforte con persoas que solicitan a revisión da súa

incapacidade xudicial. Un dos obxectivos da revisión é a recuperación do dereito a votar. Área V: Promoción da Vida Independente

Xestión de recursos e apoios que permitan a vida independente. Talleres de habilidades sociais, de autonomía persoal e de integración e participación comunitaria, un día á semana cos usuarios do Servizo de Em-

prego de FADEMGA FEAPS GALICIA de Lugo, no Cei Nodus (aula cedida polo Concello de Lugo).

Área VI: Mellora da Accesibilidade Cognitiva do Entorno

Formación en accesibilidade cognitiva: participación nun curso do 24 ao 27 de marzo dunha persoa con discapacidade intelectual e unha persoa de apoio.

Formación en Lectura Fácil a autoxestores e persoas de apoio dos grupos Cursos de ruptura de brecha dixital: planficado 1 curso con usuarios do Servizo de Emprego de Ourense.

Área VII: Promoción do benestar emocional

Formación sobre afectividade-sexualidade en colaboración co recurso Quérote+ da Xunta de Galicia.

Page 14: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 14

Plan acción 2014

LIÑA DE ACTUACIÓN 6:

MELLORAR A INCLUSIÓN DAS PERSOAS

CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

EXCLUSIÓN SOCIAL

Estudar as necesidades e características das persoas con discapacidade que sofren algunha adición tóxica.

Poranse en marcha talleres e accións cun grupo de beneficiarios do programa.

Continuarase co seguimento daqueles casos detectados, dándolles apoio e asesoramento.

Estableceranse contactos cos recursos e servizos públicos de atención a este colectivo.

RECLUSOS

Intervención nos Centros Penitenciarios de A Lama, Teixeiro e Pereiro, elaborando programas individualizados tendo en conta as necesida-

des específicas de cada usuario.

Iniciarase un programa de prevención nas entidades interesadas con aquelas persoas que presenten risco de cometer algún acto delitivo.

Seguimento das persoas exreclusas colaborando coas persoas de referencia e axentes sociais implicados.

Proseguirase coa difusión do documental “A cada lado”.

Elaborarase material con información sobre a discapacidade intelectual para difundir ós funcionarios e profesionais dos centros penitencia-

rios.

Realizaranse saídas programadas e seguimentos de permisos penitenciarios con usuarios do programa.

Traballarase de xeito coordinado con Érguete para dar apoio a unha usuaria do programa de Reclusos no programa INCORPORA.

Page 15: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 15

Plan acción 2014

LIÑA DE ACTUACIÓN 6:

MELLORAR A INCLUSIÓN DAS PERSOAS

CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

SIOL (Servizo de Orientación é información Laboral):

Realizaremos visitas ás entidades Federadas de cara a difundir o servizo. Aos usuarios/as que estean apuntados e tutelados no noso servizos pro-

porcionarémoslle a posibilidade de participar en talleres mensuais/bimensuais (dependendo da demanda) e impartiremos talleres específicos de

mellora da súa empregabilidade (busca de emprego, taller de entrevistas, dereitos e deberes dos traballadores, resolución de conflitos etc).

Programas integrados para o emprego: irá dirixido a 60 persoas con discapacidade intelectual (Santiago de Compostela 20, Lugo 8, Ourense 12 e

Vigo 20). Programa integral de información, orientación, formación e inserción laboral cun compromiso de contratación dun 35%.

Presentarémonos ás convocatorias de axudas de F. Barclays: 15 persoas con discapacidade intelectual poderían beneficiarse de accións de orien-

tación, información, formación, prácticas en empresas,... seguindo un novo modelo que está implantando FEAPS. Ás de F. Mapfre para facer unha

acción formativa específica de Ordenanza e as de O.S. La Caixa.

Programa X Talento: plantexamos realizar catro cursos: na Coruña e Ourense de Ordenanza e para Santiago de Compostela e Vigo posibles cursos

de limpeza.

SFORE (Servizo de formación para o emprego):

Continuaremos desenvolvendo o Plan Integral de Formación para Persoas con Discapacidade Intelectual para a súa capacitación laboral, desen-

volvendo diversos cursos de formación prelaboral en entidades federadas; buscar liñas de financiación para o mesmo.

Seguiremos coa Formación en Competencias Clave iniciada: a través desta formación preténdese que os alumnos (pcdi interesadas en obter a

certificación en competencias clave para acceder a formación ocupacional de nivel 2) acaden os coñecementos previos precisos nas distintas áre-

as requiridas para conseguir as competencias claves.

Page 16: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 16

Plan acción 2014

SAE (Servizo de apoios para o emprego)

Continuarase prestando apoios de xeito individual e personalizado a cada demandante de cara a acompañalo antes e durante o seu contra-

to laboral. Tamén este servizo seguirá prestando apoio ós demais elementos presentes en todo proceso de inserción: a familia, o empresa-

rio e os profesionais que interveñan, co obxectivo de favorecer o éxito da contratación e asegurar o mantemento dos postos acadados.

Centraremos a nosa atención na prestación de apoios ás PCDI (Persoas Con Discapacidade Intelectual) que atopen emprego. Así para este

ano 2014 temos xa prevista a contratación de 7 persoas con discapacidade intelectual nun centro especial de emprego que durante o ano

2013 contratou 7 persoas, e nos inicios do 2014 contratou outras 7, todos eles indefinidos como peón de manipulados.

Seguiremos prospectando o tecido empresarial co fin de captar ofertas para o noso colectivo, así como buscar recursos e entidades que

apoien e fomenten a inserción laboral das persoas con discapacidade.

Continuar coa Formación de Centros Quérote +

Planificar, organizar e desenvolver accións formativas a través do programa FSC INSERTA

(empresa de recursos humanos da Fundación ONCE, especializada na inserción laboral de

persoas con discapacidade intelectual).

Tratarase de planificar, organizar e desenvolver accións de formación ocupacional a través

de liñas de subvencións de entidades públicas e privadas.

LIÑA DE ACTUACIÓN 6:

MELLORAR A INCLUSIÓN DAS PERSOAS

CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

Page 17: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 17

Plan acción 2014

OCIO:

Xestión da Convocatoria do Programa de Vacacións FEAPS IMSERSO 2013-2014, que ten como fonte de financiamento ao Ministerio de Sanidade, Polí-

tica Social e Igualdade e ao IMSERSO.

Está previsto que se organicen 8 quendas de 30 participantes cada unha, cunha media de 22 clientes e o resto monitores e persoal de coordinación.

Nestas quendas os beneficiarios/as elixirán os lugares de destino, así como as actividades de ocio a desenvolver en cada viaxe.

LIÑA DE ACTUACIÓN 6:

MELLORAR A INCLUSIÓN DAS PERSOAS CON

DISCAPACIDADE INTELECTUAL

DESTINO DATAS HOTEL

Sevilla 23 ao 28 febreiro Hotel Don Paco

Tenerife 08 ao 15 de marzo Hotel Trovador

Benalmádena 17 ao 23 de marzo Hotel Bali

Gijón 26 ao 30 de marzo Hotel Silken Gijón

Benidorm 05 ao 11 de abril Hotel Helios

Salou 08-14 de abril Hotel Pirámide Salou

Ibiza 02 ao 9 de maio Hotel Mar Amantis

Mallorca 06 ao 13 de maio Hotel Palmabay

No tocante ao ámbito de formación, impartiranse diversas accións tanto grupais como individuais para persoas con discapacidade intelectual, como

por exemplo: habilidades sociolaborais, técnicas de busca de emprego, prevención de riscos laborais, educación víal, educación para a vida diaria, edu-

cación da saúde, resolución de conflitos… Así mesmo, seguirá habendo accións formativas e informativas coas familias dos beneficiarios partícipes en

procesos de inserción.

Ademais, levaranse a cabo actividades de sensibilización tanto na contorna familiar como do sector empregador; avaliaranse os servizos en función

das demandas, das accións grupais…

Page 18: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 18

Plan acción 2014

ACTIVIDADES AUTONÓMICAS

15 de marzo Xogos Autonómicos Deportes Minoritarios ASPRONAGA A Coruña

26 de abril Xogos Autonómicos de Baloncesto SAN FRANCISCO Vigo

24 de maio Xogos Autonómicos de Campo a Través PRODEME Monforte

14 de xuño Maratón Autonómico Urbano ASPANANE Viveiro

4 de outubro Xogos Autonómicos de Atletismo ASPAS Santiago

25 de outubro Xogos Autonómicos de Fútbol Sala AS BURGAS Ourense

15 de novembro Xogos Autonómicos de Natación AMICOS Riveira

13 de decembro Entrega de Premios Ligas 2014 SEN CONCRETAR Santiago

OUTRAS ACTIVIDADES

Xaneiro Entrega Premios tarxetas de nadal Santiago

1 de marzo Xornadas de técnicos deportivos, ocio e promoción do voluntariado

Santiago

6 de xullo Convivencia familiar O Carballiño

Xuño, xullo e agosto Campamentos de verán Galicia

Setembro II Marcha Cicloturista unificada Galicia

Nadal 2014 Certame de tarxetas de nadal Galicia

28-30 de novembro V Encontro Nacional de Probas Motrices Lugo

13 de decembro Gala entrega de premios ligas Santiago

Toda a tempada Partidos Celta de Vigo Vigo

SPECIAL OLYMPICS GALICIA

Page 19: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 19

Plan acción 2014

Page 20: PLAN DE ACCIÓN 2014 - Galiciafademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2014... · traballar o dereito a unha educación inclusiva. 2014 ^Ano das Familias: Barcelona os días

Páxina 20

Plan acción 2014