PLAN DE CONVIVENCIA

27

description

ESTE ES UN PLAN DE CONVIVENCIA PARA TODO EL COLEGIO

Transcript of PLAN DE CONVIVENCIA

Page 1: PLAN DE CONVIVENCIA
Page 2: PLAN DE CONVIVENCIA

2

INDICE

XUSTIFICACIÓN 1. O CENTRO DOCENTE: CARACTERÍSTIAS E CONTORNO

1.1. Características do centro. 1.2. Situación actual da convivencia. 1.3. Respostas do centro a estas situacións. 1.4. Relación coas familias e ca comunidade. 1.5. Experiencias realizadas no centro coa relación á convivencia. Actitudes que favorecen a convivencia 1.6. Necesidades de formación e recursos.

2. OBXECTIVOS A CONSEGUIR E ACTITUDES QUE PRETENDE FAVORECER O PLAN

DE CONVIVENCIA Normas de convivencia.

3. ACTIVIDADES PREVISTAS PARA Á CONSECUCCIÓN DOS OBXECTIVOS SINALADOS

4. PROCEDEMENTOS DE ACTUACIÓN:

4.1. Procedementos xerais 1- Conductas contrarias ás normas de convivencia. 2- Conductas gravemente prexudiciais para a convivencia no centro. 3- As medidas correctoras das conductas contrarias ás normas de convivencia (paliativas e

acentuantes)

5. EXPEDIENTE DISCIPLINARIO 6. FALTAS DE ASISTENCIA 7. TEMPO FÓRA DA CLASE 8. OBSERVATORIO DE CONVIVENCIA ESCOLAR

Competencias Infraestructura e recurso Periodicidade de reunións Información das decisións Coherencia na aplicación das normas

9. NORMAS DE CONVIVENCIA DE EDUCACIÓN INFANTIL NORMAS DE CONVIVENCIA PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA- ACTUACIÓN NORMAS DE CONVIVENCIA SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA- ACTUACIÓN NORMAS DE CONVIVENCIA TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA- ACTUACIÓN

10. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN 11. ANEXOS

Page 3: PLAN DE CONVIVENCIA

3

XUSTIFICACIÓN

No C.E.I.P.de Casás aspírase a un ensino de calidade que implica:

o Ensinanza para a vida en sociedade, insertada nas necesidades do medio máis

próximo, pero que mire o conxunto dos problemas da humanidade.

o Ensinanza en valores, na que se aprenda convivindo de maneira

responsable, solidariamente, libre e resolvendo os problemas mediante a cooperación.

o Ensinanza democrática, na que todos e todas desexemos e poidamos

participar co interese que a nosa actividade merece xestionándoa democraticamente.

o Ensinanza sen exclusións, que intente obter o mellor e o máximo nivel posible de

todas as persoas que participamos no proceso.

Ademais están sinalados como obxectivos a conseguir: o Preparación para participar na vida social e cultural. o Formación para a paz, a cooperación e a solidariedade entre persoas e pobos.

Consideramos que a convivir apréndese interactuando, fomentando boas relacións

interpersoais dende o diálogo, a escoita activa, a participación e a asunción de responsabilidades,

sempre dende o autocoñecemento e a autoestima.

Para os/as que compartimos o espazo do C.E.I.P.de Casás “convivir” é vivir coas persoas que

nos rodean e co medio en harmonía.

Para facer o sinalado debemos aprender a:

a) Desenvolver o autocoñecemento e a autoestima e fomentar a

autonomía.

b) Respectarse.

c) Relacionarse: • Aceptar o diferente. • Ser empático/a. • Aceptar normas. • Ser tolerantes. • Dialogar. • Compartir. • Traballar en grupo.

d) Participar: • Fomentando a crítica construtiva. • Tomando decisións e consensuando. • Adquirindo compromisos

Page 4: PLAN DE CONVIVENCIA

4

Co presente plan de convivencia preténdese elaborar un documento que nos permita ter

como referencia a disciplina, no seu sentido máis positivo, o respecto ás normas democráticas de

convivencia, elaboradas e asumidas como propias por toda a comunidade educativa na aula, no

centro ou en calquera actividade complementaria ou extraescolar, e que a propia

autodisciplina guíe os nosos pasos na nosa vida en xeral.

Page 5: PLAN DE CONVIVENCIA

5

1 O CENTRO DOCENTE: CARACTERÍSTICAS E CONTORNO

1.1 CARACTERÍSTICAS DO CENTRO:

Os alumn@s do colexio CEIP de Casás de Lugo proceden de familias cunha situación económica

media –baixa dentro do contexto provincial. A maioría son traballadores por conta allea, en

fábricas, construción, servizos... A este centro veñen alumn@s procedentes doutras vilas.

O ambiente familiar, económico e afectivo é estable, sen grandes conflitos e problemas influíndo de

forma positiva na tarefa educativa e na relación coa escola.

1.2 SITUACIÓN ACTUAL DA CONVIVENCIA:

As actuacións no centro van encamiñadas a promover o crecemento integral da persoa, o

desenvolvemento de comportamentos axeitados para convivir mellor, previr e crear

actitudes positivas cara ós demais e resolver os conflitos a través do diálogo.

Para iso elaboráronse unhas normas de convivencia e unha normativa que regula o funcionamento do

centro.

Na actualidade o clima de convivencia é bo. Non se observan serios problemas, aparecendo de cando

en vez, algún conflito esporádico, que se resolve fundamentalmente con diálogo e algunha medida

disciplinaria de carácter menor (quedarse sen recreo facendo as tarefas que se lle impoñan).

Os conflitos máis frecuentes adoitan ser os seguintes: insultarse uns a outros, pórse “alcumes”, algunha

pelexa por mor do xogo, falta de acordo e nalgúns casos, non facer caso ás indicacións dos titores ou

non realizar as tarefas escolares.

1.3 RESPOSTAS DO CENTRO A ESTAS SITUACIÓNS:

· Os titores resolven os conflitos con diálogo e pactando cos seus alumn@s normas que van a rexer a

boa marcha da clase.

· O Equipo Directivo apoia este labor reforzando as medidas disciplinarias aplicadas.

· Infórmase ós pais permanentemente dos conflitos ben no momento que xorde ou ben nas frecuentes

Page 6: PLAN DE CONVIVENCIA

6

entrevistas dos titores xa que, debido á curta idade, cómpre utilizar os conflitos que xurdan como

medio para educar e ir formando o carácter e a personalidade de noso alumnado.

Si xorde algún problema, a actuación séguese o seguinte procedemento:

1. Falar cos alumn@s ou cos implicados.

2. Intentar que se aclaren as cousas.

3. Facer as paces, pedirse perdón, se é unha situación de pelexa ou insulto.

4. Segundo a gravidade:

· Amoestación só.

· Quedarse sen recreo e facer algún traballo relacionado co conflito (por exemplo escribe tres razóns

para non insultar, os pequenos que fagan un debuxo...)

· Chamar os seus pais e poñelos á corrente do acontecido

1.4 RELACIÓNS COAS FAMILIAS E CA COMUNIDADE:

A colaboración e diálogo cos pais é continuos, sobre todo en educación infantil . Os pais acoden ó

centro con moita frecuencia e a colaboración é excelente.

1.5 EXPERIENCIAS REALIZADAS NO CENTRO CON RELACIÓN Á CONVIVENCIA

Page 7: PLAN DE CONVIVENCIA

7

Este centro vén traballando as actitudes que favorecen a convivencia como parte do currículo e

dándolle moita importancia, por iso elaboráronse unha listaxe de actitudes que favorecen a

convivencia e son estas:

· Realizamos unhas charlas coloquio en cada titoría en colaboración co Departamento de

Orientación do centro para tratar temas relacionados ca educación dos fill@s insistindo na

necesidade de educar e intervir na relación dos seus fill@s cos iguais e cos adultos, pais,

profesores..

· Difusión dos dereitos e deberes dos alumn@s a través dunhas fichas que se traballan na aula e

logo lévanas á casa para coñecemento dos pais ou titores.

· En cada titoría adáptanse as normas de convivencia para que sexan comprendidas polos mais

pequenos e incidindo naqueles aspectos que o precisen máis.

· A Comisión de Convivencia elaborou unha listaxe de actitudes que favorece a convivencia e

traballarase nas aulas.

ACTITUDES QUE FAVORECEN A CONVIVENCIA

Que os /as alumn@s sexan educados e amables : Saúdan sempre: Bo día!,Adeus!,...

· Pide as cousas ós teus compañeir@s e na casa por favor e dá as grazas.: grazas! .Grazas por...

· Cede o paso ós teus compañeiros e compañeiras, ós adultos. Aprende a ceder a palabra ós demais

para que tod@s nos entendamos..

· Mostra interese polos demais e polo que din os outros. Os demais teñen cousas boas que achegar.

Dialogar é cousa de varios: escoita, dialoga con naturalidade, sen berros, espera a que alguén

termine de falar, mira de fronte á persoa con quen falas.

· Busca sempre facer amigos e amigas respectando as súas cualidades.

Page 8: PLAN DE CONVIVENCIA

8

Colabora cos teus amigos. Ás veces temos problemas cos compañeiros, pero debemos resolvelos

dialogando.

· Fai un esforzo por perdoar e esquecer os rozamentos e conflitos que xorden con outros. Aprende a

pedir desculpas se fixeches algo que non está ben.

· Realiza o teu traballo con bo humor, alegría e optimismo. Hai moitos motivos polos que estar

alegras, contentos e felices.

· Acepta ós que che rodean como son e axúdalles a que sexan mellores.

· Fala con tódolos con bos modais e respecta as súas opinións.

1.6 NECESIDADES DE FORMACIÓN E RECURSO

· A formación do profesorado é un dos aspectos claves que poden contribuír á fomento da convivencia

e á prevención de situacións na que esta se vexa afectada negativamente, por iso intentárase facer

algunha actuación de formación dirixida á fomento da convivencia, o desenvolvemento da competencia

social e das capacidades afectivas, a prevención e resolución de conflitos e a non violencia e o fomento

da igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.

· Difusión das páxinas de INTERNET referida a este tema para pór en coñecemento de toda a

comunidade escolar e da bibliografía existente referida á convivencia escolar

2. OBXECTIVOS A CONSERGUIR E ACTITUDES QUE PRETENDE

FAVORECER O PLAN DE CONVIVENCIA:

Consideramos que a convivencia é un obxectivo formativo en se mesmo e fundamental no proceso

educativo e non só un conxunto de normas disciplinarias.

O conflito é inherente á vida común e é normal no desenvolvemento das relacións entre iguais por

iso débense establecer feitos para o aprendizaxe da convivencia de forma dialogada e pacífica.

Cando sexa necesaria unha corrección ou sanción terá un propósito formativo xa que a disciplina

debe favorecer obxectivos educativos estimulando cambios cognitivos, emocionais e condutuais.

Polo tanto este plan pretende:

Page 9: PLAN DE CONVIVENCIA

9

1. Favorecer o desenvolvemento das relacións entre tódolos compoñentes da comunidade educativa

garantindo o seu sentido positivo favorecendo a colaboración das familias co centro educativo.

2. Efectuar un diagnóstico preciso da realidade escolar no terreo da convivencia e expoñer

propostas de actuación.

3. Tomar medidas que afronten a influencia do contexto social próximo do alumnado.

4. Desenvolver con tódolos membros da comunidade educativa habilidades sociais de

comunicación e resolución de conflitos.

5. Traballar coas normas de convivencia no centro e adaptadas ós distintos niveis de idades do

centro.

6. As actitudes a desenvolver deberán basearse nas seguintes

NORMAS DE CONVIVENCIA:

a) Asistir clases con puntualidade e participar nas actividades orientadas ó desenvolvemento do

estudo das diferentes materias.

b) Cumprir e respectar os horarios aprobados para o desenvolvemento de

as actividades do centro.

c) Seguir as orientacións do profesorado respecto de seu aprendizaxe e mostrarlle o debido

respecto e consideración.

d) Respectar o exercicio do dereito ó estudo dos seus compañeiros.

e) Respectar a liberdade de conciencia e as conviccións relixiosas e morais, así como a dignidade,

integridade e intimidade de todos os membros da comunidade educativa.

f) Non discriminar a ninguén por razón de nacemento, raza, sexo ou por calquera outra

circunstancia persoal ou social.

g) Coidar e utilizar correctamente os bens e as instalacións do centro e respectar as pertenzas dos

membros da comunidade educativa.

3. ACTIVIDADES PREVISTAS PARA A CONSECUCIÓN DOS

OBXECTIVOS SINALADOS:

Page 10: PLAN DE CONVIVENCIA

10

Con carácter xeral intentárase realizar cada curso escolar as seguintes actividades:

1. Debate e discusión das Normas de Convivencia en cada titoría.

2. Elaboración en cada clase das normas que van a rexer a marcha da clase baseadas nas normas

xerais de convivencia do Centro

3. Comunicación ós pais de cada titoría das devanditas normas.

4. Charla, debate e difusión do Plan de Convivencia do centro ós pais.

5. Difusión dos “Estatutos Europeos para os centros educativos democráticos sen violencia”.

6. Traballar na titoría a forma de proceder para evitar que non se dé o maltrato, acoso e intimidación

entre iguais de maneira especial no terceiro ciclo de primaria. ( Titoría)

7. Traballar cos pais, mediante unha charla de formación, onde se lle incida nas estratexias

familiares que son máis recomendables para favorecer a resolución de conflitos.

( Departamento de Orientación).

8. Traballárase en cada titoría, polo menos unha vez ó trimestre, e sempre que se considere

oportuno a marcha da convivencia e todo aquilo que potencie as boas a relacións do grupo e da

clase..

9. Fomentar os valores democráticos: a tolerancia, a igualdade, a xustiza, a aceptación da

diversidade, a resolución de conflitos de forma pacífica e non violenta.( Plan de acción Titorial)

10. Elaboración dunha ficha anecdotario para recoller as incidencias dos alumn@s que presenten

alteracións de comportamento cos seguintes apartados.

• Información previa.

• Prognóstico.

• Toma de decisións.

• Avaliación da evolución dos alumno/a

4.PROCEDIMIENTOS DE ACTUACIÓN:

Page 11: PLAN DE CONVIVENCIA

11

4.1.-PROCEDEMENTOS XERAIS:

Os procedementos xerais de actuación no CEIP de Casás para situacións puntuais onde se observen

alteracións do comportamento guiaranse fundamentalmente por ordenes vixentes da Consellería

de Educación, relativa ó fomento da convivencia nos centros da Comunidade Autónoma Galega

1. Serán condutas contrarias ás Normas de Convivencia:

a) Faltas inxustificadas a clase.

b) Atrasos inxustificados.

c) Non facer uso das orientacións e indicacións dos profesores e persoal non docente.

d) Desafío á autoridade do profesor.

e) Acoso e / ou intimidación entre alumn@s.

f) Agresións verbais entre alumnos.

g) Agresións físicas entre alumnos.

h) Agresión (física e / ou verbal) a profesores ou outro persoal do centro.

i) Absentismo escolar.

j) Roubo do material do centro ou de obxectos persoais doutros.

k) Incumprir as sancións impostas.

2. Condutas gravemente prexudiciais para a convivencia no centro:

a) Os actos de indisciplina, inxuria ofensas graves contra os membros da comunidade educativa.

b) A reiteración nun mesmo curso escolar, de condutas contrarias ás normas de convivencia.

c) A agresión grave física ou moral dos demais membros da comunidade escolar

d) A suplantación de personalidade en actos da vida docente e a falsificación ou substración de

documentos académicos..

e) Os danos graves causados por uso indebido ou intencionalmente nos locais, material, documentos

do centro ou nos bens doutros membros da comunidade educativa.

f) Actos inxustificados que perturben gravemente o normal desenvolvemento das actividades do

Page 12: PLAN DE CONVIVENCIA

12

centro.

g) As actuacións prexudiciais para a saúde e a integridade persoal dos membros da comunidade

educativa do centro, ou a incitación ás mesmas.

h) O incumprimento das sancións impostas.

3. As medidas correctoras das condutas contrarias ás Normas de Convivencia serán (paliativas e

acentúantes).

As correccións que haxan que aplicarse polo incumprimento terán un carácter educativo e

recuperador, deberán garantir o respecto ós dereitos do resto dos alumn@s e procurarán, a mellora

nas relacións de tódolos membros da comunidade educativa:

a) A amoestación privada e verbal do profesor, do titor ou do Xefe de Estudos e o compromiso

de modificación da súa conduta

b) A amoestación por escrito do profesor, do titor ou do Xefe de Estudos e comunicación ós

pais ou titores.

c) Quedarse sen recreo.

d) Realización de tarefas que contribuían á mellora e desenvolvemento das actividades do

centro, se procede, dirixidas a reparar o dano causado ás instalacións ou ó material do centro

ou ás pertenzas doutros membros da comunidade educativa ou repor o material estragado.

e) Suspensión do dereito a participar en actividades complementarias.

Para os efectos da graduación das correccións:

1. Considéranse circunstancias paliativas:

a) O recoñecemento espontáneo da súa conduta incorrecta.

b) A falta de intencionalidade.

2. Considéranse circunstancias acentúantes:

Page 13: PLAN DE CONVIVENCIA

13

a) a premeditación e a reiteración.

b) Causar dano, inxuria ou ofensa ós compañeiros de menor idade.

5. EXPEDIENTE DISCIPLINARIO:

As condutas gravemente contrarias ás Normas de Convivencia do centro serán corrixidas con

medidas que impoña o Consello Escolar, previa apertura de expediente e seguiranse as instrucións

que fixe a lexislación vixente.

6. FALTAS DE ASISTENCIA:

a) As faltas de asistencia dos/as alumn@s consignaraas todo o profesorado do centro nuns cadros

de persoal apropiadas para iso. A xefatura de estudos levará o control mensual e fai un

seguimento en estreita colaboración co titor poñendo en marcha os mecanismos necesarios en caso

de constatar absentismo escolar.

b) Os alumno deberán xustificar e informar sobre o motivo de súas faltas ó titor ou tamén mediante

chamada telefónica de seus pais ou titores.

c) Se un alumno/a ten necesidade de abandonar o centro en horario lectivo farao acompañado por

unha persoa adulta con permiso do titor ou profes@r, é imprescindible que os pais pasen a

recollelos e firmen autorización que entregarán ao profes@r tit@r.

7. TEMPO FÓRA DA CLASE .

A exclusión do alumnado das aulas constitúe un recurso excepcional, tan só xustificable en

beneficio do bo clima de traballo dos compañeiros do seu grupo. Se un profesor se ve neste caso,

informará de tal incidencia á Xefatura de Estudos expresando as causas que motivaron a adopción

de tal medida. De esta forma dáse unha información conxunta que levará a unha maior rapidez e

veracidade. O xefe de estudos imporalle, despois de escoitar, unha sanción acorde coa falta ( pode

Page 14: PLAN DE CONVIVENCIA

14

ser simplemente unha corrección verbal) e esixiralle un compromiso de modificación da súa

conduta.

Desta amoestación informárase ós pais cunha chamada telefónica ou cunha notificación.

O profesor imporalle o castigo axeitado do que se fará responsable.

8. OBSERVATORIO DE CONVIVENCIA ESCOLAR

a) O director ou directora do centro, a quen lle corresponderá a presidencia.

b) O xefe ou xefa de estudos, a quen lle corresponderá a vicepresidencia.

c) Dous profesores

d) O orientador ou orientadora.

e) Un pai ou nai.

f) Unha persoa representante do persoal non docente.

COMPETENCIAS :

· Dinamizar, realizar propostas, avaliar e coordinar todas aquelas actividades do Plan de

Convivencia.

· Estudar con urxencia os problemas que puidesen producirse e velar polo cumprimento do

regulamento.

· Ser informada pola Xefatura de Estudos e a Dirección dos casos que se produzan.

· Adoptar medidas correctoras ou sancionadoras, por delegación do Consello Escolar.

· Elaborar o informe trimestral sobre a situación da convivencia no centro.

INFRAESTRUTURA E RECURSO.

A Comisión de Convivencia do C.E. I. P de Casás,buscará medios necesarios para desenvolver a

súa labor e intentará na medida que lle sexa posible resolver calquera conflito que xurda no centro.

PERIODICIDADE DE REUNIÓNS:

Page 15: PLAN DE CONVIVENCIA

15

A Comisión de Convivencia no C.E.I.P. de Casás reunirase, cada vez que cumpra, por temas

disciplinarios e polo menos unha vez ó trimestre para elaborar un informe que debe recoller as

incidencias producidas durante ese período, as actuacións levadas a cabo e os resultados

conseguidos.

Planificaranse as convocatorias intentando conciliar a dispoñibilidade horaria de tódolos seus

membros para facilitar a súa asistencia.

INFORMACIÓN DAS DECISIÓNS:

Unha copia do informe será entregado para o seu estudio ó Consello Escolar e o Consello Escolar

dese trimestre estudarao.

Informárase ó Claustro para que sexan incorporadas as decisións por tódolos titores.

COHERENCIA NA APLICACIÓN DAS NORMAS:

A Comisión de Convivencia garantirá que as normas se apliquen de forma coherente, cunha

finalidade educativa

Page 16: PLAN DE CONVIVENCIA

16

9. NORMAS DE CONVIVENCIA DE EDUCACIÓN INFANTIL:

1.Saudar ó entrar e saír da clase.Dialogar. Vivenciar distintos tipos de saúdos. Ós reincidentes

mandaráselles saír e saudar ó entrar.

2.Respectar a quenda de palabra. Pedirlle que pense o que pode pasar se todos falamos a un tempo.

Se o fai para chamar atención cambiaráselle de lugar algúns minutos.

3.Compartir os materiais e xoguetes en cada actividade. Guialo para que fale de como se ten que

sentir o/a nen@ que se quedou sen o xoguete que quería.

4.Coidar os materiais comúns. Dialogar e vivenciar a situación ( clase onde non se ordena nin coida

nada) Non ser responsable un día.

5.Non pelexarse na fila Lembrar como se debe saír e entrar na fila. Se o realizo por hábito que saia

e entre ese día o último.

6. Nos xogos espontáneos non excluír a ningún compañ[email protected] do neno/a o seu propio punto de

vista do problema de forma non acusatoria. Que ocorreu?, por que fixo iso?

7.Pedir as cousas “por favor” e dar as grazas”Repetir a mestra, as veces que cumpra. Por imitación

os nenos / as empezarán a pedir as cousas “por favor” e a dar as grazas.

8.Recoller e ordenar os materiais e xoguetes utilizados. Esperar a quenda e colaborar para que ó

recoller os xogos fágase con orde e sen pelexas.

9.Respetar o traballo do compañeiro/a nas tarefas colectivas e individuais Dialogar con el ou ela. Se

algún neno / a estraga con intención o traballo en equipo, quedarase sen participar na próxima

actividade

Page 17: PLAN DE CONVIVENCIA

17

NORMAS DE CONVIVENCIA PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA

1. Asistir clase con puntualidade e regularidade.

2. Participar nas actividades de clase activamente, cada un e na medida das súas posibilidades.

3. Tratar con respecto e cordialidade a tódalas persoas da comunidade educativa: profesores,

compañeiros.

4. Utilizar correctamente tódalas instalacións do centro.

5. Respectar o clima de traballo sobre todo en cambios de clase e desprazamentos.

6. Asistir clase ben aseado.

7. Evitar palabras e xestos que poden ofender a outras persoas.

8. Aprender a compartir o material.

ACTUACIÓN

1. Dialogar cos alumn@s para que comprendan as consecuencias da súa actuación.

2. Estar en estreito contacto cos pais.

3. Mandarlle facer unha pequena copia , onde se poña en valor un comportamento axeitado nese

momento.

4. Baixar ó recreo sen participar no xogo.

5. Repoñer ou arranxar o material estragado por mal uso.

Page 18: PLAN DE CONVIVENCIA

18

NORMAS DE CONVIVENCIA SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA

1. Chegar con puntualidade ó colexio e saudar ó entrar e saír da clase.

2. Atender na clase e seguir as orientacións dos profesores.

3. Tratar ós profesores e persoal do centro con respecto.

4. Tratar ós compañeiros e compañeiras con respecto non insultando nin poñendo “motes” (agresión

verbal).

5. Resolver os conflitos con diálogo e non pelexarse cos compañeiros e compañeiras (clase, recreo e

filas) ( agresión física).

6. Utilizar na clase un ton de voz suave e respectar a quenda de palabra.

7. Ser responsable do estudo e facer as tarefas de casa.

8. Coidar as cousas comúns do colexio e o material propio e o dos demais.

9. Cumprir as sancións ou tarefas impostas

ACTUACIÓN

1. En caso de incumprimento falar cos alumn@s e axudarlle a reflexionar sobre o seu

comportamento para que se dé conta das consecuencias da súa actitude.

2. Se é reiterado o incumprimento, comunicarllo ós pais por escrito e falar con eles, para solucionar

a situación.

3. Quedarse sen recreo.

4. Quedarse a realizar tarefas no tempo de lecer.

5. Arranxar ou repor o material estragado por mal uso.

6. Pór en coñecemento da Comisión de Convivencia a situación para tomar as medidas

disciplinarias contempladas no Plan de Convivencia.

Page 19: PLAN DE CONVIVENCIA

19

NORMAS DE CONVIVENCIA TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA

1. Ser educado e amable: Saúda sempre: Bo día!,...

2. Pide as cousas ós teus compañeiros e na casa por favor e dá as grazas.: grazas!,Grazas por...

3. Cede o paso ós teus compañeiros e compañeiras, ós adultos. Aprende a ceder a palabra ós demais

para quen os entendamos todos.

4. Mostra interese polos demais e polo que din os outros. Os demais teñen cousas boas que achegar.

Dialogar é cousa de varios: escoita, dialoga con naturalidade, sen berros, espera a que alguén

termine de falar, mira de fronte á persoa con quen falas.

5. Busca sempre facer amigos e amigas respectando as súas cualidades. Colabora cos seus amigos.

Ás veces temos problemas cos compañeiros, pero debemos resolvelos dialogando.

6. Fai un esforzo por perdoar e esquecer os rozamento e conflitos que xorden cos outros. Aprende a

pedir desculpas si fixeches algo que non está ben.

7. Realiza o teu traballo con bo humor, alegría e optimismo. Hai moitos motivos polos que estar

alegras, contentos e felices.

8. Acepta ós que che rodean como son e axúdalles a que sexan mellores.

9. Fala con todos con bos modais e respecta as súas opinións.

Page 20: PLAN DE CONVIVENCIA

20

ACTUACIÓNS DO TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA :

1. En caso de incumprimento falar cos alumn@s e axudarlles a reflexionar sobre o seu

comportamento para que se dé conta das consecuencias da súa actitude.

2. Pedir perdón o profesor/ra, compañeiros/as ou con quen se portou mal.

3. Escribir dez frases con actitude positiva a persoa con quen tivo o conflito.

4. Quedarse sen recreo.

5. Quedarse a realizar tarefas no tempo de lecer.

6. Arranxar ou repor o material estragado ou por mal uso.

7. Por en coñecemento da Comisión de Convivencia a situación para colaborar e axudar a

tomar as medidas disciplinarias contempladas no Plan de Convivencia.

8. Que o alumn@ tome conciencia que a relación cos demais baséase no diálogo, colaboración

e respecto. (Trataremos de solucionar os problemas a través do diálogo)

9. No centro haberá unha caixa de correo de suxerencias para que tódolos alumn@s poidan

manifestar as súas inquedanzas ou habilidades para a resolución de conflitos.

Page 21: PLAN DE CONVIVENCIA

21

10. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN:

Consideramos que é necesario un traballo de diálogo e acordos que nos implique a toda a

comunidade escolar nun esforzo común por solucionar cada dificultade que xurda no noso ámbito

ou para prever actuacións que aínda non se deron e que se poden evitar. Colaborando na

dinamización do plan de convivencia xunto co Observatorio de Convivencia do Centro.

A modo de conclusión, compre sinalar que este plan responde a un desexo de mellora e prevención

porque trala análise do noso colexio púidose comprobar que o estado da nosa convivencia non

amosa graves conflitos. Unha vez que se poña en práctica o presente plan, ao final de cada curso

comprobarase se houbo melloría e cales foron as súas causas. En función dos resultados desta

implantación deseñaremos propostas para mellorar os puntos débiles detectados.

Cada catro anos farase unha nova sondaxe entre o alumnado para reformar o plan, se fose necesario,

e propoñer as melloras que se precisen.

A persoa dinamizadora da convivencia do centro será a responsable de elaborar ao final de cada

curso escolar unha memoria onde se recollan:

- O grao de cumprimento dos obxectivos do plan.

- Participación da comunidade educativa no desenvolvemento do plan.

- Adecuación dos espazos e dos recursos materiais ao plan de actuación.

- Propostas para modificación e/ou mellora do plan para o curso seguinte.

Page 22: PLAN DE CONVIVENCIA

22

ANEXOS

Page 23: PLAN DE CONVIVENCIA

23

TIPOS DE FALTAS OU INCIDENCIAS • Pola súa gravidade, conlevarán amonestación as faltas sinaladas en negriña, asi coma aquelas nas que se reincida por

terceira vez durante un curso académico.

PERTURBACIÓN DAS CLASES

A1 Falar ou rir de forma continuada

A2 Xestos, ruídos ou actos improcedentes

A3 Uso de móbil, MP3 ou similares

A4 Abandonar a clase sen permiso

RELACIÓN CO PROFESORADO E CO PERSOAL

B1 Ignorar as indicacións do profesor ou do persoal

B2 Dirixirse de forma insolente ou maleducada

B3 Falta de respecto ao/á profesor/a ou membro do persoal non docente

RELACIÓN COS COMPAÑEIROS

C1 Molestar fisicamente

C2 Ofender verbalmente ou con accións

C3 Participar en pelexas

C4 Proferir ameazas

C5 Agredir fisicamente

MATERIAIS E INSTALACIÓNS DO COLEXIO

D1 Usar con neglixencia ou maltratar as instalacións

D2 Ensuciar ou deteriorar o material ou as instalacións

D3 Furtar material do centro

ÚTILES E PROPIEDADES DOS COMPAÑEIROS

E1 Usar sen permiso obxectos dos compañeiros

E2 Maltratar ou deteriorar obxectos dos compañeiros

E3 Furtar obxectos dos compañeiros

DEBER DE ESTUDO E ASISTENCIA ÁS CLASES

F1 Non traer material ou indumentaria necesarios para o desenvolvemento da clase

F2 Non facer as actividades de aula; non sacar o material necesario para o desenvolvemento da clase

F3 Adicarse a materias ou contidos alleos á clase

F4 Provocar falta manifesta de orde no mobiliario da clase (mesas, sillas, mochilas, papeis...)

F5 Saír do centro sen permiso

OUTROS COMPORTAMENTOS

G1 Acceder ou permanecer en espazos non permitidos

G2 Perturbar a orde en calquera momento na clase e sen clase

G3 Comportarse inadecuadamente en actividades complementarias e extraescolares ou clases do PROA

G4 Comportarse inadecuadamente no uso dos servizos de transporte ou comedor escolar

G5 Producir expresións, ruídos ou actos groseiros

G6 Comer ou beber en aulas ou corredores (inclúense chicles e golosinas)

G7 Enganar en xustificantes e outros documentos; furto ou falsificación de documentos oficiais

G8 Outros

Page 24: PLAN DE CONVIVENCIA

24

ANEXO I: FICHA DE ENVÍO Á COMISIÓN DE CONVIVENCIA

DATOS DO/A ALUMNO/A

Apelidos: Nome:

Curso:

DATOS DO/A PROFESOR/A QUE O ENVÍA

Apelidos: Nome:

Curso:

Data: Hora:

MOTIVOS POLOS QUE SE ENVÍA

1. Sinala no reverso a falta cometida 2. Describe o sucedido da maneira máis clara e precisa posible:

O/A profesor/a Asdo:_.................

Page 25: PLAN DE CONVIVENCIA

25

ANEXO II: FICHA ALUMNADO QUE CHEGA POR 1ª VEZ OU POR 2ª VEZ POR MOTIVO DISTINTO Á COMISIÓN DE CONVIVENCIA

DATOS DO/A ALUMNO/A

Apelidos: Nome:

Curso:

1. Que foi o que pasou (obxectivamente, sen críticas nin valoracións: que, como, cando e con quen pasou)?

2. Por que actuaches así? Causas da túa actuación

3. Como te sentiches? 4. Que consecuencias tiveron os teus actos?

5. De que outra maneira poderías ter actuado? 6. Podes facer algunha cousa para compensar o que fixeches e evitar que volva a pasar?

COMPROMISO

Ante esta situación comprométome a:

En Lugo, a ____ de ________________ de 20___

Asdo. _________________________________

Page 26: PLAN DE CONVIVENCIA

26

ANEXO III: FICHA ALUMNADO QUE CHEGA POR 2ª VEZ POR MOTIVO SIMILAR

DATOS DO/A ALUMNO/A

Apelidos: Nome:

Curso:

Unha vez teñas lida a ficha que cubriches a última vez, contesta con atención as seguintes preguntas:

1. Escribe os teus compromisos da ficha 1.

2. De todo o que te planificaras, que saíu mal?

Por que? 3. Que podes facer para que as cousas saian mellor?

NOVO COMPROMISO Para corrixir a miña actuación persoal, comprométome a:

En Lugo, a ____ de ________________ de 20___

Asdo. _________________________________

Page 27: PLAN DE CONVIVENCIA

27