Plan proxecta365 días
-
Upload
alcoipontevedra -
Category
Documents
-
view
234 -
download
0
Transcript of Plan proxecta365 días
![Page 1: Plan proxecta365 días](https://reader033.fdocumento.com/reader033/viewer/2022050922/55a137881a28abf46a8b47bd/html5/thumbnails/1.jpg)
«Muller e home escríbense con «i» de igualdade»
PLAN PROXECTA: POR 365 DÍAS DE RESPECTO E IGUALDADE
![Page 2: Plan proxecta365 días](https://reader033.fdocumento.com/reader033/viewer/2022050922/55a137881a28abf46a8b47bd/html5/thumbnails/2.jpg)
INTRODUCIÓNA «igualdade» é un dos valores fundamentais da Declaración Universal dos DD.HH e un dos principios recollidos na Constitución de 1978, nela aséntanse a convivencia democrática e a igualdade de oportunidades e é o camiño cara a unha sociedadexusta e pacífica.
Na nosa sociedade mantéñense, a pesares dos avances, crenzas, actitudes e comportamentos que conducen a situacións dramáticas como a «violencia de xénero».
![Page 3: Plan proxecta365 días](https://reader033.fdocumento.com/reader033/viewer/2022050922/55a137881a28abf46a8b47bd/html5/thumbnails/3.jpg)
OBXECTIVO XERAL
Sensibilizar e previr nas mozas e nos mozos comportamentos tendentes a perpetuar a desigualdade.
«Igualdade» non quere decir que non recoñezamosas diferenzas entre mozas e mozos senón darlles o mesmo valor e acabar coa discriminación.
A «igualdade» valora como algo natural a diferenza, pero non a desigualdade, que significa inxustiza, violencia e dominación dun sexo sobre outro.
![Page 4: Plan proxecta365 días](https://reader033.fdocumento.com/reader033/viewer/2022050922/55a137881a28abf46a8b47bd/html5/thumbnails/4.jpg)
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
o Revisar estereotipos, pensar novos modelos de ser muller e de ser home.
o Reforzar as relacións de xénero desde o respecto, a corresponsabilidade e o recoñecemento mutuo.
o Aprender que a igualdade nos beneficia a todos e todas, poñendo en valor non só o espazo público senón tamén o ámbito familiar e persoal.
o Recoñecer que a igualdade é imprescindible para o benestar dos pobos e sen a plena participación das mulleres non se pode acadar.
o Aprender a atopar un equilibrio entre a vida laboral, privada, social e persoal.
o Impulsar a corresponsabilidade nas tarefas domésticas.
![Page 5: Plan proxecta365 días](https://reader033.fdocumento.com/reader033/viewer/2022050922/55a137881a28abf46a8b47bd/html5/thumbnails/5.jpg)
ORGANIZACIÓN
O proxecto traballarase conxuntamente coIES “Pedra da Auga” e o IES “Pazo da Mercé” e incidirá na adquisición das seguintescompetencias:
Competencia en comunicación lingüística.
Tratamento da información e competencia dixital.
Competencia social e cidadá.
Competencia cultural e artística.
Comprender para aprender a aprender.
Autonomía e iniciativa persoal.
![Page 6: Plan proxecta365 días](https://reader033.fdocumento.com/reader033/viewer/2022050922/55a137881a28abf46a8b47bd/html5/thumbnails/6.jpg)
DESENVOLVEMENTO
QUE PASA?
Igualdade legal e igualdade real van da man.
Investigamos se os comportamentos responden aos valores de igualdade.
Usamos os medios de comunicación para describir situacións de desigualdade.
As novas masculinidades.
![Page 7: Plan proxecta365 días](https://reader033.fdocumento.com/reader033/viewer/2022050922/55a137881a28abf46a8b47bd/html5/thumbnails/7.jpg)
DESENVOLVEMENTOPOR QUE PASA?
Pervivencia de ideoloxías, crenzas e comportamentos que reforzan a desigualdade.
Leis de igualdade.
![Page 8: Plan proxecta365 días](https://reader033.fdocumento.com/reader033/viewer/2022050922/55a137881a28abf46a8b47bd/html5/thumbnails/8.jpg)
DESENVOLVEMENTOCOMO PASA?
Violencia de xénero.
Desigualdade de oportunidades.
Pervivencia de estereotipos sobre o que é ser home e ser muller.
![Page 9: Plan proxecta365 días](https://reader033.fdocumento.com/reader033/viewer/2022050922/55a137881a28abf46a8b47bd/html5/thumbnails/9.jpg)
DESENVOLVEMENTO
CARA ONDE QUEREMOS IR?
• Unhas relacións baseadas na igualdade e no respecto ás diferenzas.
NIVEIS AOS QUE VAI DIRIXIDO:
• 3º e 4º ESO, 1º Bacharelato, Ciclo de Comercio.
![Page 10: Plan proxecta365 días](https://reader033.fdocumento.com/reader033/viewer/2022050922/55a137881a28abf46a8b47bd/html5/thumbnails/10.jpg)
ACTIVIDADES
Facemos unha enquisa no centro sobre como as mozas e os mozos perciven a igualdade. Tiramos conclusións.
Investigamos na familia e no profesorado o reparto das tarefas no fogar.
Coñecemos as Leis de igualdade eo traballo das organizacións e instituciónspromotoras da igualdade.
![Page 11: Plan proxecta365 días](https://reader033.fdocumento.com/reader033/viewer/2022050922/55a137881a28abf46a8b47bd/html5/thumbnails/11.jpg)
ACTIVIDADES
Elaboramos proxectos investigativos.
Charlas-coloquio con responsables de igualdade das diferentes institucións.
Elaboramos lemas sobre igualdade.
Editamos unha revista dixital que recopile os resultados do proxecto.
![Page 12: Plan proxecta365 días](https://reader033.fdocumento.com/reader033/viewer/2022050922/55a137881a28abf46a8b47bd/html5/thumbnails/12.jpg)
METODOLOXÍA
Activa, socio-afectiva, baseada no traballocooperativo en equipos interdisciplinares e en comunidades de aprendizaxe (estudantes de diferentes niveis, profesorado de diferentes áreas, nais e pais, persoal non-docente, expertas/os en temas de igualdade, monitoras/es da Concellería de Xuventude do Concello de Pontevedra.
Perseguirá a adquisición dunha serie de actitudes psicosociais (cognitivas, afectivas e sociais).
ÁREAS INVOLUCRADAS: Ciencias Sociais, OIEM, Ética, HMCO.
![Page 13: Plan proxecta365 días](https://reader033.fdocumento.com/reader033/viewer/2022050922/55a137881a28abf46a8b47bd/html5/thumbnails/13.jpg)
AVALIACIÓN
Será contínua, das actividades e dos procesos. Desenvolverase en diferentes momentos e niveis xa que hai cualificacións obxectivables como son:
Os resultados dos procesos investigativos
A participación nos eventos do centro.
As presentacións públicas dos resultados
A cooperación nos equipos
E outros que fan referencia a criterios subxectivos, tales como:
Os cambios de actitude nos comportamentos diarios
A asunción da igualdade como un valor social e persoal fundamental.
![Page 14: Plan proxecta365 días](https://reader033.fdocumento.com/reader033/viewer/2022050922/55a137881a28abf46a8b47bd/html5/thumbnails/14.jpg)
MECANISMOS DE COORDINACIÓN ENTRE CENTROS
Dúas vías diferentes:
Contacto a través do mail e dos blog das respectivas escuelas.
A través das reunións do profesorado, coincidindo coas reunións mensuais das Escolas Asociadas á UNESCO xa que os tres centros son membros das mesmas.