POBOAMENTO E HABITAT RURAL

4
O POBOAMENTO E O HÁBITAT RURAL . O poboamento e o hábitat rural experimentaron notables transformacións. O POBOAMENTO RURAL Integrado polos núcleos de poboación menores de 10.000 habitantes , considerándose núcleos rurais ós inferiores a 2000 habitantes, e núcleos semiurbanos ós comprendidos entre 2000 e 10000 habitantes. A orixe dos emprazamentos rurais está relacionado con factores naturais, económicos e históricos (o crecemento ou decrecemento está condicionado polas circunstancias de cada periodo histórico). A tipoloxía do poboamento rural responde a dous grandes modelos: No poboamento disperso, a casa rural está rodeada de campos de cultivo, bosque ou prados e separada das outras casas. Presenta varias modalidades: -Disperso absoluto: non inclúe ningún tipo de poboación agrupada. É excepcional e dáse en espacios reducidos de montaña media baseados na explotación gandeira ou agrícola-gandeira e forestal. -Concentrado laso: son pequenas agrupacións de casas formando aldeas, parroquias ou pequenas vilas. Aparecen separdas unhas das outras. -Disperso intercalar: son casas rodeadas do seu propio agro, espalladas entre núcleos concentrados primitivos. Débese ó crecemento demográfico e o desexo de explotar novos terreos de cultivo ou de monte. No poboamento concentrado, as vivendas dispóñense unhas xunto ás outras, fora da súa localización no agro. De acordo co seu plano presenta modalidades básicas: -Lineal, coas casas dispostas ó longo dunha vía ou estrada. -Apiñado, coas casas agrupadas ó redor dun núcleo, irregular ou máis ou menos regular. Transformacións experimentadas polo poboamento rural: -No interior reduciuse o tamaño dos núcleos, especialmente ós situados en áreas de poucos recursos ou de difícil accesibilidade. Actualmente, inténtase revitalizar estes núcleos a partir das súas actividades tradicionais ou fomentando outras novas.

description

Apuntamentos de alumnos e manual de Anaya

Transcript of POBOAMENTO E HABITAT RURAL

O POBOAMENTO E O HÁBITAT RURAL.

O poboamento e o hábitat rural experimentaron notables transformacións.

O POBOAMENTO RURAL

Integrado polos núcleos de poboación menores de 10.000 habitantes, considerándose núcleos rurais ós inferiores a 2000 habitantes, e núcleos semiurbanos ós comprendidos entre 2000 e 10000 habitantes.A orixe dos emprazamentos rurais está relacionado con factores naturais, económicos e históricos (o crecemento ou decrecemento está condicionado polas circunstancias de cada periodo histórico).

A tipoloxía do poboamento rural responde a dous grandes modelos:

No poboamento disperso, a casa rural está rodeada de campos de cultivo, bosque ou prados e separada das outras casas. Presenta varias modalidades:-Disperso absoluto: non inclúe ningún tipo de poboación agrupada. É excepcional e dáse en espacios reducidos de montaña media baseados na explotación gandeira ou agrícola-gandeira e forestal.-Concentrado laso: son pequenas agrupacións de casas formando aldeas, parroquias ou pequenas vilas. Aparecen separdas unhas das outras.-Disperso intercalar: son casas rodeadas do seu propio agro, espalladas entre núcleos concentrados primitivos. Débese ó crecemento demográfico e o desexo de explotar novos terreos de cultivo ou de monte.

No poboamento concentrado, as vivendas dispóñense unhas xunto ás outras, fora da súa localización no agro. De acordo co seu plano presenta modalidades básicas:-Lineal, coas casas dispostas ó longo dunha vía ou estrada.-Apiñado, coas casas agrupadas ó redor dun núcleo, irregular ou máis ou menos regular.

Transformacións experimentadas polo poboamento rural:-No interior reduciuse o tamaño dos núcleos, especialmente ós situados en áreas de poucos recursos ou de difícil accesibilidade. Actualmente, inténtase revitalizar estes núcleos a partir das súas actividades tradicionais ou fomentando outras novas.

-Nas costas desenvolveuse un poboamento novo dedicado ó ocio, que encheu o campo de urbanizacións, hoteis e chalés, con perda do carácter agrario.

-Nas áreas periurbanas, o crecemento demográfico e económico da cidade vai incorporando ós núcleos rurais próximos ata formar parte do continuo urbano. Os núcleos máis afastados e con valor ecolóxico acaban dedicadas tamén a usos residenciais.

O HÁBITAT RURAL

Constituído polas vivendas e outras dependencias. A súa morfoloxía depende do material usado na construcción e do plano da casa.Os materiais tradicionais son os existentes na zona, poidendo dar lugar a varios modelos de vivenda:

-A casa de pedra pódese aparellar sen escardar, e sen cemento da unión ou con cemento de barro ou cal.

-Na casa de madeira entramada, a estructura de madeira proxéctase ó exterior e énchese con cachotes ou ladrillos.

-A casa de barro tradicional utiliza como material barro cru mesturado con palla. Pódese moldear en bloques ou colocarse entre grandes paneis de madeira.

O plano da casa está en relación coa actividade agraria realizada polos seus habitantes. Pode dar lugar a varios modelos:

-A casa bloque encerra todas as dependencias baixo o mesmo teito. A casa a rentes do chan ten un só piso. A casa en altura está dividida en plantas: baixa, superior e, a miúdo, baixo o tellado hai un pallar ou celeiro.

-A casa composta está integrada por varios edificios ó redor dun patio interior cerrado ou aberto.

As transformacións recentes no hábitat rural teñen como resultado a ruptura da harmonía coa paisaxe tradicional e a perda de patrimonio.

O POBOAMENTO E O HÁBITAT RURAL EN GALICIA

Os asentamentos rurais no noroeste peninsular distribúese de modo disperso, pero conformando numerosas células de poboación. Tal circunstancia, permite falar dunha tipoloxía de poboamento e de hábitat peculiares da nosa comunidade:

Tipoloxía de poboamento rural. A C.A. de Galicia conta con máis de 30.000 entidades de poboación, e unha elevada media de máis de 1,1 núcleos por km2. Arredor do 65% das poboacións rurais contan con menos de 50 habitantes, e máis dun 90% non chegan ós 200. Esta situación supón un obstáculo para establecer unha dotación homoxénea de servicios como estradas , electricidade, etc. Tradicionalmente os lugares e aldeas, as células básicas do asentamento no mundo rural, organízanse nunha entidade superior: a parroquia.

Tipoloxía de hábitat en Galicia. Os contrastes no medio físico e nas actividades económicas, así como de factores históricos, deron lugar á existencia de varias tipoloxías:-Na zona centro predomina o tipo de hábitat formada por un grupo ou varios grupos de casas ao marxe dos terreos cultivables do contorno.-No sector oriental os núcleos adoitan ser de maior tamaño, formando grupos moi compactos.-Na zona prelitoral e na costa o aumento das densidades favorece a configuración de núcleos cunha estructura laxa, que se intercalan dentro do espacio cultivado e de uso gandeiro. A incidencia do turismo e da segunda residencia propia das áreas periurbanas provocou unha degradación e a introducción de elementos propios do xeito de vida urbano. Para paliar este grave problema, o goberno autonómico prevé a próxima aprobación da “Lei de Conservación e Promoción do Patrimonio Arquitectónico Rural” que pretende protexer a riqueza e variedade da vivenda tradicional en cada lugar de Galicia.

Conclusión: Na actualidade preséntanse contrastes evidentes entre os espacios costeiros e o interior, patentes na diferente densidade de poboación, na morfoloxía, na diferente intensidade coa que incidiu o proceso de periurbanización, etc.

AUTORÍA: NOELIA CAMPOS E BEATRIZ FREAZA