PREGUNTAS 1 gal - Cumio · 6 7 Se metiches os pés nunha poza xa sabes que a auga molla. Elemental!...

6
Preguntas que poñen os pelos de punta 1 ¿ Preg Preg que p que p os pe os pe ¿ de pu de pu ¿ ¿ ¿ Carla Baredes e Ileana Lotersztain Ilustracións de Javier Basile cumio

Transcript of PREGUNTAS 1 gal - Cumio · 6 7 Se metiches os pés nunha poza xa sabes que a auga molla. Elemental!...

Page 1: PREGUNTAS 1 gal - Cumio · 6 7 Se metiches os pés nunha poza xa sabes que a auga molla. Elemental! E molla tanto que seguro que puxeches a secar os teus zapatos e cambiaches os calcetíns.

Preguntasque poñenos pelosde punta

1¿Preguntas¿Preguntasque poñen¿que poñenos pelos¿os pelos¿de punta¿de punta¿de punta¿de punta¿¿de punta¿de punta

Carla Baredes e Ileana LotersztainIlustracións de Javier Basile

cumio

Page 2: PREGUNTAS 1 gal - Cumio · 6 7 Se metiches os pés nunha poza xa sabes que a auga molla. Elemental! E molla tanto que seguro que puxeches a secar os teus zapatos e cambiaches os calcetíns.

© da edición orixinal Ediciones Iamiqué, Arxentina

Primeira edición: setembro 2008© das autoras: Carla Baredes e Ileana Lotersztain© das ilustracións: Javier Basile© da tradución: María Lado

Maquetación: Natalia Susavila Moares

© da edición: Edicións do Cumio, S.A.A Ramalleira, 5 – 36140 Vilaboa (Pontevedra)Tel. 986 679 [email protected] / www.cumio.com

Ningunha parte desta publicación, incluído o deseño da cuberta, pode reproducirse, almacenarse ou transmitirse de ningunha forma, nin por ningún medio, sexa éste eléctrico, químico, mecánico, óptico, de gravación ou de fotocopia, sen a previa autorización escrita por parte da Editorial.

ISBN: 978-84-8289-210-8Impresión: C/A Gráfi caDepósito legal: VG – 2008Impreso en España

ÍndiceA auga molla?

Que quere dicir que algo está mollado? .................. 6Coñeces algo que a auga non molle? .......................... 9Por que os patos non se mollan? ................................. 10Sabes como se imprime un libro? ............................... 14Por que os paraugas paran a auga? ............................. 16

A auga limpa?Por que se lixan as cousas? ............................................. 23Sabes por que limpa o xabón? ...................................... 25Tódolos líquidos mollan igual? .................................... 30Podes pousar cousas sobre a auga? ............................ 33

A auga apaga o lume?Que se precisa para facer lume? ................................... 38Por que acenden os mistos? ........................................... 41Sabes por que a auga apaga o lume? .......................... 43A auga sempre apaga o lume? ....................................... 46

De que cor é o lume?Por que queima o lume? ................................................... 54Tódolos lumes queiman igual? ..................................... 55De que cor é o lume? .......................................................... 56Que son os fogos artifi ciais? .......................................... 59Sabes que é o fume? ........................................................... 62Que queda cando se apaga o lume? ........................... 64

Que quere dicir que algo está mollado? 6

A auga apaga o lumeQue se precisa para facer lumePor que acenden os mistosSabes por que a auga apaga o lumeA auga sempre apaga o lume

De que cor é o lumePor que queima o lumeTódolos lumes queiman igualDe que cor é o lumeQue son os fogos artifi ciaisSabes que é o fumeQue queda cando se apaga o lume

Page 3: PREGUNTAS 1 gal - Cumio · 6 7 Se metiches os pés nunha poza xa sabes que a auga molla. Elemental! E molla tanto que seguro que puxeches a secar os teus zapatos e cambiaches os calcetíns.

Aaugamolla?augamollaaugamollaauga?auga?augamolla?mollaaugamollaauga?augamollaauga

Page 4: PREGUNTAS 1 gal - Cumio · 6 7 Se metiches os pés nunha poza xa sabes que a auga molla. Elemental! E molla tanto que seguro que puxeches a secar os teus zapatos e cambiaches os calcetíns.

6 7

Se metiches os pés nunha poza xa sabes que a auga molla. Elemental! E molla tanto que seguro que puxeches a secar os teus zapatos e cambiaches os calcetíns. Pero se esa mañá puxeras as túas botas de auga… mollaríaste? Mollaríanse as botas? Daquela… a auga molla TODO? A auga molla SEMPRE? E ademais…

Que quere dicir que algoestá mollado?

En realidade defi nir a palabra mollado ponlle os pelos de punta a calquera. Se a buscas no dicionario vas ver que non di demasiado. Mollado é «humedecido cun líquido, empapado, anegado…» algo así como que mollado é mollado.

Claro, a cousa non é tan doada como parece. Se lle preguntas a calquera qué signifi ca que algo está mollado, vaiche falar dos líquidos. E iso está ben: para mollar unha cousa precísase un líquido. Pero só con iso non abonda. Tamén se precisa algo que se deixe mollar.

Se buscas a defi nición de mollado nos libros de ciencia… será difícil que atopes dúas iguais! É que, en realidade, non hai unha soa maneira de explicar por que algo se molla.

A palabra mollado relaciónase con tantos fenómenos que se precisarían moitísimas páxinas (e moita solemnidade) para explicalo.

Para os máis curiosos

QUE ESTÁ

MOLLADO

SEINO PERO NON SEI COMO EXPLICARCHO

QUE TENAUGA

QUE ESTÁ CUBERTO DE

LÍQUIDO

A VER XULIO...

POR QUE ALGO SE

DEIXA MOLLAR? PORQUE NON

PODE SAÍR CORRENDO...

Page 5: PREGUNTAS 1 gal - Cumio · 6 7 Se metiches os pés nunha poza xa sabes que a auga molla. Elemental! E molla tanto que seguro que puxeches a secar os teus zapatos e cambiaches os calcetíns.

8 9

As cousas non poden saír correndo, pero non por iso rematan molladas. Un dos motivos polos que as cousas se deixan mollar é que se sinten atraídas polo líquido que as molla. A auga molla a pel porque a túa pel e a auga gústanse (aínda que a ti non che guste bañarte). Se non houbese atracción entre elas, a auga esvararía polo teu corpo e non te mollarías nin un chisco.

Se puideses mirar a auga cunha superlupa, verías moitísimas cabeciñas do rato Mickey Mouse unidas entre si. Cada cabeciña é unha molécula de auga. A pel tamén ten moléculas, pero con outras formas.

Cando a auga molla a túa pel assúas moléculas péganse ás moléculas da túa pel, da mesma forma que os imáns se pegan á porta do frigorífi co.

A pregunta cae por si soa. Se a auga molla aquelas cousas que lle gustan, daquela…

Que cousas non molla a auga?Pensa un pouquichiño… Acórdache algo que a auga non molle? A resposta é difícil. Sabes por que? Á auga gústalle case todo o que empregas habitualmente. Á auga gústalle a madeira, o algodón co que están feitas as túas camisetas, o papel dos teus cadernos, o teu pelo… Se estás pensando que non hai nada que a auga non molle, fai este experimento:

Somerxe unha vela (apagada) nun vaso con auga e outra nun vaso con aceite. Compara como quedan cando as sacas.

A vela que metiches no vaso con auga queda seca porque a vela e a auga non se atraen para nada. A que metiches en aceite, en cambio, móllase. Se tratas de limpala non che vai resultar nada doado: a vela e o aceite gústanse con loucura.

Para os máis curiosos Mans á obra!

Page 6: PREGUNTAS 1 gal - Cumio · 6 7 Se metiches os pés nunha poza xa sabes que a auga molla. Elemental! E molla tanto que seguro que puxeches a secar os teus zapatos e cambiaches os calcetíns.

10 11

Así como á auga lle gustan moitas cousas, hai outras que odia terriblemente: a graxa e o aceite. E o rexeitamento é mutuo. Nada é máis difícil que mesturar auga con aceite. Fai a proba e verás que en canto deixas de mesturar, as pingas de aceite apártanse e forman unha gran pinga.

Como os convidados dunha festa de aniversario, as moléculas dun líquido, deben ter algo en común coas moléculas doutro líquido

para relacionarse con elas. O problema é que as moléculas de auga non teñen nada que ver coas de aceite.

Algunha vez viches un pato mollado? Aínda que os patos pasan moito tempo na auga, saen dela case secos. Non é que teñan poderes especiais… os patos coñecen este asunto da auga e o aceite. Eles mesmos fabrican un aceite co que recobren as súas plumas. Desta forma logran que a auga non os molle, malia que se somerxan por completo.

Tódolos patiños fóronse bañare o máis pequechiño quixo quedar,a nai enfadada quíxolle pegare o pobre patiño botouse a chorar…

Se estivese enteradode que non se mollaría,o patiño tamén se bañaría.e colorín colorado.

Para os máis curiosos

Quéreme, non me Á auga pato!

quere…ESTES DOUS SON COMA

A AUGA E O ACEITE