Presentación cartos non, traslado da poboación completo

11
Traballo realizado por Ánxela Vázquez Dopico, 2º E de Bach.

Transcript of Presentación cartos non, traslado da poboación completo

Page 1: Presentación cartos non, traslado da poboación completo

Traballo realizado por Ánxela Vázquez Dopico, 2º E de Bach.

Page 2: Presentación cartos non, traslado da poboación completo

Investigando sobre…A historia de Galiza, as súas orixes e, máis adiante, sobre a da miña familia, puiden observar que o papel das mulleres ao longo dos tempos foi moi importante. Agora debo indagar sobre feitos revolucionarios que aconteceron nas Terras de Breogán e que mudaron o futuro do noso pobo, pasando a formar parte da nosa memoria histórica.

O conflito das Encrobas cambiou a vida de toda a comunidade rural da parroquia de Cerceda (A Coruña). Unha vez máis a loita das mulleres tivo un papel decisivo. O caso pasou a ser un exemplo da loita secular do campesinado galego polos seus dereitos sobre a terra.

Page 3: Presentación cartos non, traslado da poboación completo

“Cartos non,traslado da poboación !”

Page 4: Presentación cartos non, traslado da poboación completo

Xosé Castro…foi o responsable de que a revolta das Encrobas trascendera á opinión pública. Fotoperiodista de seu, soubo captar có obxectivo da súa cámara os feitos que estaban a acontecer. Có resultado do seu traballo, publicado no xornal da Voz de Galicia en febreiro de 1977 , deu a coñecer a dimensión do problema fórada comunidade rural. Unha vez máis, a prensa e os medios de comunicación, xogaron un papel moi importante na resolución do conflito.  

Page 5: Presentación cartos non, traslado da poboación completo

“A terra é nosa e non de Fenosa!”

Page 6: Presentación cartos non, traslado da poboación completo

A orixe do conflicto…estivo no expediente de expropiación forzosa aprobada na fin do goberno franquista (1975) para desaloxar o val agrícola sobre o que se asentaba unha grande parte da poboación desta parroquia. A empresa de electricidade Unión Fenosa ía levar a cabo a explotación mineira do lignito aloxado baixo os terreos dos parroquianos.

Page 7: Presentación cartos non, traslado da poboación completo

Para aproximarse…a metade das familias, adicadas total ou parcialmente  á agricultura e á gandeiría, isto supoñía a desaparición das súas propiedades, incluídas casas e terreos de labranza. Antes de proceder á expropiación, e utilizándoa como elemento de presión sobre os propietarios, a empresa fixo diferentes ofertas de compra coas que apenas conseguiu uns poucos terreos. Cando se decretou a ocupación forzosa das terras, os veciños protagonizaron enfrontamentos coa Garda Civil. O último, na mañá do 10 de febreiro de 1977, deu como resultado detencións, desmaios e agresións, e foi portada da maioría dos xornais estatais que conmocionaron á opinión pública.

Page 8: Presentación cartos non, traslado da poboación completo

“Porque unha imaxe vale máis ca mil palabras”

Page 9: Presentación cartos non, traslado da poboación completo

A veciñanza…liderada polo cura Moncho Valcarce, enfrontouse contra máis de douscentos Garda Civís. Os feitos foron narrados e fotografados con gran dramatismo por Xosé Castro e con total protagonismopara as mulleres das Encrobas. A maioría de mullerese vellos que vemos nas fotografías pelexando polo seueran os encargados de cultivar a horta e cuidar osanimais da casa, defendendo así as súaspropiedades, xa que os homes estaban traballando fóra.

Vídeo sobre o conflito das Encrobas:

https://www.youtube.com/watch?v=99f1keVG2Hk

Page 10: Presentación cartos non, traslado da poboación completo

O problema…alcanzou unha gran repercusión e as reivindicacións dos afectados recibiron o apoio da sociedade galega, o que axudou a que comezaran as negociacións entre representantes dos veciños e a empresa Unión Fenosa.  O éxito dos veciños das Encrobas radicou en conseguir unha valoración xusta das súas terras así como outras compensacións económicas que axudaron ás familias a poder ter unha vida digna. 

Page 11: Presentación cartos non, traslado da poboación completo

A forza das imaxes de…Xosé Castro fixo posible que puidera comprender a realidade dun feito da nosamemoria histórica que, de non ser por el, chegaría a investigar con maior ou menor detalle pero nonpodería ver a dureza e dramatismo dos feitos,tan palpables nas súas fotografías. Dende aquí o meu agradecemento a tantas e tantos fotógrafos que, coa súa arte, fan posible que acontecementos importantes da historianon queden no esquecemento.