PRESENTACIÓN: CONSELLO ASEMBLEAR DE ESTUDANTES DE MEDICINA (CAEM)*

7
PRESENTACIÓN: CONSELLO ASEMBLEAR DE ESTUDANTES DE MEDICINA (CAEM)* *nome provisional

description

PRESENTACIÓN: CONSELLO ASEMBLEAR DE ESTUDANTES DE MEDICINA (CAEM)*. *nome provisional. De onde sae?. O CAEM é un proxecto impulsado por varios estudantes da facultade de medicina entre os que se encontran membros de MEIGA, Liga estudantil galega, GIME, AGIR, delegados e independentes. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of PRESENTACIÓN: CONSELLO ASEMBLEAR DE ESTUDANTES DE MEDICINA (CAEM)*

Page 1: PRESENTACIÓN:  CONSELLO ASEMBLEAR DE ESTUDANTES DE MEDICINA (CAEM)*

PRESENTACIÓN: CONSELLO ASEMBLEAR DE ESTUDANTES DE MEDICINA (CAEM)*

*nome provisional

Page 2: PRESENTACIÓN:  CONSELLO ASEMBLEAR DE ESTUDANTES DE MEDICINA (CAEM)*

De onde sae?

O CAEM é un proxecto impulsado por varios estudantes da facultade de medicina entre os que se encontran membros de MEIGA, Liga estudantil galega, GIME, AGIR, delegados e independentes

Page 3: PRESENTACIÓN:  CONSELLO ASEMBLEAR DE ESTUDANTES DE MEDICINA (CAEM)*

Que quere ser?

O CAEM quere establecerse no RRI da facultade como o órgano de coordinación da representación do seu estudantado no que todo estudante de medicina teña dereito a participar independentemente de que participe noutra organización ou colectivo estudantil

Page 4: PRESENTACIÓN:  CONSELLO ASEMBLEAR DE ESTUDANTES DE MEDICINA (CAEM)*

Como se articula? (I)

Está formado por unha ASEMBLEA XERAL e un COMISIÓN COORDINADORA

A ASEMBLEA XERAL:1. Informará ao estudantado e recollerá os seus intereses,

preocupacións e problemas2. Dará lexitimidade e informará do traballo da comisión

coordinadora3. Definirá as liñas de traballo do CAEM4. Aprobará os orzamentos e usos do diñeiro5. Convocará novas asembleas e aprobará a acta da sesión

anterior6. Dará coñecemento aos estudantes de quen son os seus

representantes nos órganos universitarios e nas súas comisións

Page 5: PRESENTACIÓN:  CONSELLO ASEMBLEAR DE ESTUDANTES DE MEDICINA (CAEM)*

Como se articula? (II)

A COMISIÓN COORDINADORA (I). Estará formada por 2 representantes de asociacións de estudantes con representación en órganos de goberno, 1 representante das mesmas que non teñen representación e os delegados xunto cun voto de todas as persoas que queiran participar. As súas funcións son:• Manterá o fluxo de información co estudantado• Encargarase do manexo e salvagarda dos fondos dos que

dispoña o CAEM• Creará a orde do día das Asembleas Xerais e das súas

propias reunións• Garantirá a toma de actas das Asembleas Xerais e das súas

propias reunións, así como a súa aprobación na seguinte sesión

Page 6: PRESENTACIÓN:  CONSELLO ASEMBLEAR DE ESTUDANTES DE MEDICINA (CAEM)*

Como se articula? (III)

A COMISIÓN COORDINADORA (II):• A representación do CAEM ante os órganos universitarios,

recaendo nela a designación e comunicación aos estudantes e á Asemblea Xeral dos representantes de estudantes neses órganos así como nas súas comisións, tendo especial relevancia a Comisión Permantente da Xunta de Facultade

• O mantemento dunha estreita relación entre representantes de estudantes de Medicina e Odontoloxía como titulacións vinculadas que son

• A representación do CAEM ante entidades ou órganos externos, sendo requisisto ser representante de estudantes en órganos da universidade e/ou delegado

Page 7: PRESENTACIÓN:  CONSELLO ASEMBLEAR DE ESTUDANTES DE MEDICINA (CAEM)*

Que buscamos con todo isto?

Que tanto as organizacións de estudantes, como os representantes de estudantes, os delegados e máis o resto de alumnado estemos en comunicación constante. Falicitando e difundindo o traballo de todos

[email protected]