Presentación lingua galega 1º bach
-
Upload
manuel-anton-mosteiro-garcia -
Category
Education
-
view
887 -
download
3
description
Transcript of Presentación lingua galega 1º bach
CONTIDOSLINGUA GALEGA E LITERATURA
1º BACHARELATO
BLOQUE I: O TEXTO
Compresión expresión. Tres preguntas: 5 puntos dentro da proba.
Dúas breves de comprensión de 1 punto cada una.Resumo breve do texto ou de parte delEstrutura do textoIdeas principais e secundariasIntencionalidade do texto, opinión do autor sobre algún aspecto que se indiqueSignificado concreto no texto dalgunha palabra ou expresión.
E unha máis longa de expresión de 3 puntos. Na pregunta longa de expresión, en aproximadamente 200 ou 250 palabras,
pedirase nela a elaboración dun texto relacionado co texto proposto no exame. Valorarase na súa puntuación o xuízo crítico sobre ideas que conteña o texto, a capacidade de estruturación e exposición de ideas ademais da expresión correcta.
BLOQUE II: A GRAMÁTICA
Dúas son as preguntas de gramática que se lle proporán ao alumnado, cunha valoración de 1 punto cada una.
As preguntas de gramática centraranse en conceptos relacionados coa fonética, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe, semántica.
BLOQUE III: SOCIOLINGÜÍSTICA A pregunta de sociolingüística centrarase nalgunha das seguintes propostas:
1. As orixes de galego. 2. A lingua galega na Idade Media.3. A lingua galega nos Séculos Escuros. 4. O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto
histórico e situación sociolingüística. 5. O galego de 1936 á actualidade: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico
e situación sociolingüística. 6. A situación lingüística en Europa.7. A situación linguística en España.8. O proceso de normalización do galego.9. O proceso de normativización do galego.Malia a posibilidade de estenderse nestas preguntas, será necesario que a resposta sexa
resumida, aproximadamente nunhas 200 ou 250 palabras,. É moi importante centrarse no contido da pregunta e non pararse en consideracións xerais.
BLOQUE IV: LITERATURAAs preguntas que se proporán ao alumnado son as seguintes: 1. O contexto literario medieval.2. A lírica amorosa medieval: cantiga de amigo e de amor.3. A lírica non amorosa medieval: cantigas satíricas, relixiosas e
xéneros menores. 4. A prosa medieval. 5. A literatura galega nos Séculos Escuros. 6. A literatura galega no Século XIX. 7. Os autores do Rexurdimentos: Rosalía de Castro, Eduardo
Pondal e Manuel Murguía.
BLOQUE IV: LITERATURANesta pregunta non se poderán limitar o alumno a ofrecer unha
listaxe de autores e obras, senón que deberá presentar unha explicacións das características da escrita dos autores, das tendencias ou das etapas. Verbo da extensión da proba oscilará entre as 400 e 500 palabras dependendo do grao de profundidade na exposición do tema.
CRITERIOS DE CORRECCIÓN Aplicarase unha penalización máxima sobre a proba de 2
puntos por erros ortográficos. Cada erro ortográfico ou de uso da lingua será penalizado nas probas con 0.1.
No cos das probas escritas esta valoración negativa negativa non se aplicará sobre a pregunta 3, xa que na propia valoración da pregunta irá incluído o desconto.
LECTURAS OBRIGATORIAS
• Miguel Anxo Fernández: O sabre do francés, editorial Galaxia
• Álvarez Cáccamo: O bosque de levas, editorial Galaxia
• Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro, Edicións Xerais
Porcentaxes de Avaliación• O reparto das porcentaxes de avaliación de cada un dos trimestres serán
os seguintes:
• Preguntas temas: 20%
• Comentarios críticos: 20%
• Libro de lectura: 10%
• Proba escrita: 50%