Presentación proyecto auxnavalia
-
Upload
auxnavalia -
Category
Technology
-
view
218 -
download
1
description
Transcript of Presentación proyecto auxnavalia
PROXECTO AUXNAVALIA -
PROXECTO AUX-NAVALIA
PROYECTO AUX‐NAVALIA
Mellora da capacidade de innovación e a competitividade da industria auxiliar do sector naval do Espacio Atlántico
1. INTRODUCIÓN
AUX‐NAVALIA ten como obxectivo xeral mellorar a competitividade da industria auxiliar de servizos da construción naval, mediante a posta en marcha de recursos e actividades que melloren a súa capacidade de innovación.
Enmárcase, polo tanto, nunha iniciativa orientada a reforzar a competitividade e a capacidade de innovación nos nichos de excelencia da economía marítima do EspazoAtlántico, como é o sector naval e en concreto o da súa industria auxiliar.
Proxecto AUX‐NAVALIA
2. ACTIVIDADES
O proxecto AUX‐NAVALIA estrutúrase en 12 grandes actividades homoxéneas:
– Programa de concentración sectorial de industrias auxiliares para reforzar a súa competitividade.
– Deseño de instrumentos financeiros adaptados á industria auxiliar do naval para poder crecer en innovación.
– Plan de colaboración da industria auxiliar cos Centros Tecnolóxicos sectoriais
– Programa conxunto de vixilancia tecnolóxica e de seguimento de patentes de interese para o auxiliar do naval
– Unha rede de técnicos expertos en promoción e difusión da I+D+i do sector auxiliar do naval.
– Unha rede de empresarios mentores para a mellora competitiva do sector
– Un foro atlántico do sector auxiliar do naval
Proxecto AUX‐NAVALIA
2. ACTIVIDADES
– A aposta pola internacionalización da industria auxiliar a través da identificación das oportunidades de negocio
– Unha campaña de mercadotecnia e comunicación
– Unha agrupación transnacional innovadora de industrias auxiliares da construciónnaval
– Promoción e difusión do proxecto
– Dirección, xestión, avaliación do proxecto e transferencia de resultados.
Proxecto AUX‐NAVALIA
3. SOCIOS
Os socios que configuran este proxecto son os seguintes:
‐ Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia (Xefe de fila) (ES)
‐ ACLUNAGA – Asociación Cluster do Naval Galego (ES)
‐ Bic – Minho (PT)
‐ AIM – Associaçao das Indústrias Marítimas (PT)
‐ SSA ‐ Shipbuilders & Shiprepairers Association (UK)
‐ University of Strathclyde (UK)
Proxecto AUX‐NAVALIA
4. RESULTADOS AGARDADOS
Cronoloxicamente, o proxecto abordarase por fitos temporais, seguindo unha planificación
temporal que prevé a realización das accións nunha secuencia lóxica e integrada, de acordo cos
resultados agardados que serán os seguintes:
– 4 proxectos de I+D+i conxuntos de colaboración entre a industria auxiliar naval e Centros tecnolóxicos sectoriais
– 1 Servizo de vixilancia tecnolóxica transnacional da industria auxiliar do naval
– 1 Bolsa de técnicos expertos (40) en dinamización da I+D+i na industria auxiliar do naval
– 1 Rede de empresarios mentores del Espazo Atlántico que realicen polo menos 30 procesos de mentorizaxe
Proxecto AUX‐NAVALIA
4. RESULTADOS AGARDADOS
– 1 Foro anual do sector auxiliar naval
– 1 Agrupación transnacional innovadora de industrias auxiliares de construción naval asícomo un Plan de acción que garanta a continuidade das actividades
Proxecto AUX‐NAVALIA