Presentación semana do_medo

7
A quincena do medo

Transcript of Presentación semana do_medo

Page 1: Presentación semana do_medo

A quincena do medo

Page 2: Presentación semana do_medo

A exposición na bibliotecaDurante a quincena do 2 ao 12 de

novembro, o interior da biblioteca se transformou temporalmente para permitir a realización dunhas actividades terroríficamente especiais.

Na 1ª mesa se expuxeron os fondos rescatados dos andeis que tratan o tema do medo, xunto con libros prestados polos departamentos de linguas e tamén polo profesorado.

Page 3: Presentación semana do_medo

En cartolinas que pendían das estanterías presentouse o tema baixo os seguintes títulos:

“O medo e os medos do ser humano”, “Medo aos fascismos, totalitarismos, ...”, “Medo na casa”, “Entre o medo e a esperanza”, “Simboloxía do medo”, “Libros recomendados” e “Enlaces”.

Page 4: Presentación semana do_medo

Con algúns dos grupos participantes se fixeron lecturas a media luz de historias como “Os difuntos falaban castelao”, de Anxel Fole, no 1º ciclo da E.S.O., ou “A máscara da morte vermella”, de A. Poe, no 2º ciclo.

Tamén se proxectaron videos como a adaptación do conto de “El Cuervo” en “Los Simpsons”.

Pediíuselle ao alumnado que contestase anónimamente a unha pregunta: “A que lle tes medo?”.

Coas respostas elaborouse un gráfico que vos presentamos a continuación.

Page 5: Presentación semana do_medo

A que lle tes medo?file:///home/pptfactory/temp/20110208094951/Diagrama%20enquisa%20sobre%20o%20medo.jpg

Page 6: Presentación semana do_medo

En “Morte” sinalamos que o 12% desas respostas corresponden a “Morte dun familiar”.

Baixo o epígrafe de “Animais” englobamos o medo a serpes, arañas, lobos e ratos.

Os “Monstros” quedan exemplificados en zombis, pantasmas, Frankestein e Michael Jackson.

Queremos destacar que hai respostas dun voto cada unha que non se recolleron no diagrama pero que interesa nomear: películas, matóns, policía, amor, guerra, paiasos, alturas, perder todo, lume, violacións, monte, tormentas.

Page 7: Presentación semana do_medo

Parece que isto do medo dá moito que tremer.

Que llo digan ao dire, que confía en ganar votos de aquí á próxima enquisa.

Mentres tanto...

Grazas pola vosa colaboración

Fdo:

O equipo da biblioteca

e o EDL