PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE...

30
Grupo do Procedemento PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO Sumario de recomendacións Rede de Saúde Procedementos de enfermería: canalización e coidados de vías vasculares

Transcript of PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE...

Page 1: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

Grupo do Procedemento

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO

DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

Sumario de recomendacións

Rede de Saúde

Procedementos de enfermería: canalización e coidados de vías vasculares

Page 2: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E
Page 3: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTOS DE ENFERMERÍA

Consellería de SanidadeServizo Galego de Saúde

Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria

Santiago de Compostela 2015

Xunta de Galicia. 2015. Procedementos de enfermería

Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón: http://www.sergas.es/A-nosa-organizacion/Publicacións-da-Organización

Esta obra distribúese cunha licenza Atribución–Non comercial-CompartirIgual 4.0 Internacional de Creative Commons (CC BY-NC-SA 4.0). Para ver una copia da licenza, visite:

https://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/deed.gl

Page 4: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

DATA DE EDICIÓN Xullo 2013.

EDITA: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Servizo Galego de Saúde. Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria. LUGAR: Santiago de Compostela.ANO: 2015.

DESEÑO E MAQUETACIÓN: everis Spain, S.L.U.

AUTORES

Álvarez Larrán, María, enfermeira do Centro Saúde Rosalía Castro. EOXI Vigo.

Antolín Rodríguez, Rosa, enfermeira do Centro Saúde Chapela. EOXI Vigo.

Flores Fernández, Josefa, enfermeira do Centro Saúde Rúa Cuba. EOXI Vigo.

González Formoso, Clara, enfermeira do Gabinete Técnico AP. EOXI Vigo.

López Meléndez, Concepción, subdirectora Enfermería. EOXI Vigo.

Miguélez Blázquez, M.ª Luisa, enfermeira do Centro Saúde Colmeiro. EOXI Vigo.

Rodríguez Graña, Begoña, enfermeira do Centro Saúde Rosalía Castro. EOXI Vigo

Soto Davila, Carmen, enfermeira do Centro Saúde Nicolás Peña. EOXI Vigo.

Vázquez Pacheco, Belén, subdirectora de procesos asistenciais da área de enfermería. EOXI Vigo.

Page 5: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

2

1 / 7

5

8

XUSTIFICACIÓN

DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E PALABRAS CLAVE OBXECTIVO Obxectivo xeral / Obxectivos específicos /

ÁMBITO DE APLICACIÓN Diagnósticos de enfermería relacionados /Poboación diana / Profesionais aos que vai dirixido /Ámbito asistencial de aplicación /

DESENVOLVEMENTO DO PROCEDEMENTO A. CANALIZACIÓN A.1 Medios materiais / A.2 Procedemento / A.3 Observacións /

B. PERFUSIÓN B.1 Materiais / B.2 Procedemento / B.3 Observacións /

C. EXTRACCIÓN DO SANGUE C.1 Materiais / C.2 Procedemento / C.3 Observacións /

D. SELADO D.1 Materiais / D.2 Procedemento / D.3 Observacións /

E. DESOCLUSIÓN E.1 Materiais / E.2 Procedemento / E.3 Observacións / 5.1 Rexistros / 5.2 Avaliación e seguimento /

RESPONSABILIDADES BIBLIOGRAFÍA Bibliografía referenciada / Bibliografía consultada /

ANEXOS

/ 8

9

/ 9

/ 21

/ 22

12

15

16

18

/ 24

2223

4

567

89

123 3

4 4

5 5

6 67 7

8 8

/ 6

/ 8

Page 6: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

1 1 XUSTIFICACIÓNEste procedemento pretende documentar os coidados que se lle van realizar ao paciente portador dun reservorio subcutáneo in-corporando a mellor evidencia existente. A súa finalidade é a es-tandarización dos criterios de actuación e reducir a variabilidade clínica coa incorporación das mellores prácticas na actividade asistencial diaria dos profesionais, e garantir en todo momento a seguridade, confort, así como a continuidade asistencial do paciente en todos os niveis asistenciais.

Coa incorporación dos catéteres totalmente implantables na dé-cada dos oitenta, as alternativas terapéuticas a través dun acce-so venoso vense incrementadas especialmente nos pacientes oncolóxicos, nos enfermos con accesos venosos con dificultade e naqueles que por diferentes motivos requiren nutrición paren-teral total. Grazas a esta evolución tecnolóxica, increméntase a calidade de vida dos pacientes tanto pola maior facilidade de uso, como na redución do número de ingresos hospitalarios, mellorando así o balance custe/beneficio.

O mesmo que en calquera outra técnica médico-cirúrxica, non están exentos de complicacións derivadas ben do implante, do emprego ou do mantemento no tempo destes dispositivos.

Polo tanto, para reducir a gran morbilidade e o importante custo sanitario que supoñen as bacteriemias relacionadas co catéter, débense implementar medidas multidisciplinarias destinadas a reducir a incidencia destas complicacións.

A estandarización da técnica de implante e a unificación de cri-terios á hora de realizar o mantemento destes por parte dos equipos sanitarios, reducirá o número de complicacións, sendo as infeccións unha das causas máis frecuentes (4,9-16,4 %, se-guida das tromboses (1,1-16,3 %), obstrucións (0,1-9,1 %), extra-vasacións (0,9-6,5%) e migracións do catéter (1,3-5,4 %) 1 .

Page 7: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /7

2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E PALABRAS CLAVEDefinicións/Reservorio (porto ou port-a.cath) - cámara de titanio cunha membrana de silicona au-toselante. Esta parte vai conectada a un catéter flexible, con unha ou dúas vías indepen-dentes (bicameral), chegando o extremo distal a nivel da unión da vena cava superior xusto antes da entrada na aurícula dereita.

Agullas tipo Gripper - para acceso aos portos de silicona dos catéteres implantados.

Infusores - dispositivos que foron deseñados para que a medicación chegue de modo constante e continuo.

Chave de tres pasos - dun só uso, estéril e apiróxena para a infusión e administración intermitente de solucións por vía intravenosa.

Urokinasa - fibrinolítico parenteral indicado para a disolución de trombos.

Heparina sódica (20 UI/ml) - solución inxectable anticoagulante, indicada para realizar o selado de catéteres venosos e arteriais (Fibrilín®).

Desoclusión - desobstrución dun catéter venoso central de longa duración mediante a técnica de presión negativa e posterior introdución dun composto fibrinolítico (Urokina-sa).

Abreviaturas / CDC: Center for Disease Control and Prevention (Centros para o control e a prevención de enfermidades).

cc: centímetro cúbico.

cm: centímetro.

EOXI: estrutura organizativa de xestión integrada

EV: endovenosa

G: gauge (ancho da agulla)

GACELA: Gestión Avanzada de Cuidados de Enfermería Línea Abierta

Page 8: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /8

HICPAC: Comité Asesor de Prácticas Saludables para el Control de Infecciónes.

IANUS: historia clínica electrónica do Servizo Galego de Saúde.

IM: intramuscular

ml: mililitro.

NANDA: North American Nursing Diagnosis Association.

UI: unidades internacionais

Palabras clave / Catéter venoso central, manexo clínico, complicacións.

OBXECTIVOObxectivo xeral /Definir as accións que se van desenvolver para acadar un correcto funcionamento do reservorio subcutáneo.

Obxectivos específicos /1. Manter un acceso venoso eficaz, seguro e aséptico.

2. Evitar a aparición de complicacións (infección, oclusións...).

3 3

4 4Diagnósticos de enfermería relacionadosDiagnóstico NANDA 2

− 00004 Risco de infección.

− 00044 Deterioración da integridade tisular.

− 00047 Risco de deterioro da integridade cutánea.

ÁMBITO DE APLICACIÓN

Page 9: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /9

− 00132 Dor aguda

− 00213 Risco de traumatismo vascular.

Poboación diana

Este procedemento é de aplicación a todos os usuarios do Servizo Galego de Saúde portadores de reservorio subcutáneo.

Profesionais aos que va dirixidoEste procedemento é de aplicación para os profesionais pertencen-tes á rede sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

Ámbito asistencial de aplicaciónEste procedemento é de aplicación na rede sanitaria do Servizo Ga-lego de Saúde en todos os pacientes portadores de reservorio sub-cutáneo.

Di

Pano, luvas e gasas estériles.

Clorhexidina preferentemente ao 2 % (alcohol de 70 % ou povidona iodada) 2

Sistema de agulla tipo Gripper (unha por cámara) de calibre e lonxitude axeitada. (Ver anexo de imaxes)

2 xiringas de 10 cc e 2 agullas (por cámara).

Soro fisiolóxico 10 ml (envase mono-dose).

Tapón do sistema.

Apósito estéril.

Contedor de material punzante.

5 5 DESENVOLVEMENTO DO PROCEDEMENTOA. CANALIZACIÓN

A.1 Medios materiais /

Page 10: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /10

228

229

2210

2214

2215

2216

2217

2218

224

225

226

227

1

222

223

A.2 Procedemento 3, 12 /- Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Ser-vizo Galego de Saúde.

- Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.

- Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se lle vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais (Grao B).

- Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.

- Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.

- Comprobar alerxias do paciente

- Colocar ao paciente en decúbito supino ou sentado nun sofá coas costas apoiadas no respaldo e a cabeza xirada cara ao lado oposto ao catéter.

- Examinar o aspecto da pel (edema, infiltración subcutánea, afectación cutánea, supu-ración).

- Realizar hixiene de mans 11, 12 (categoría IA ) e colocación de guantes non estériles.

- Desinfectar a zona con clorhexidina (no caso de hipersensibilidade á clorhexidina uti-lizarase alcohol ao 70% ou povidona iodada) 11 (categoría IA); deixar secar, 30 segundos no caso da clorhexidina e 2 minutos no caso da povidona iodada 12 (categoría IB )

- Realizar hixiene de mans e colocar os guantes estériles 12 (categoría IA )

- Crear campo estéril, preto da zona de inserción do catéter, colocando o material sobre el.

- Cargar nunha xiringa de 10 cc con agulla, un mínimo de 3 cc de soro fisiolóxico para purgar o Gripper.

- Cargar outra xiringa con 10 cc de soro fisiolóxico para lavar o sistema.

- Purgar o Gripper e deixalo clampado coa xiringa conectada.

- Fixar o portal entre os dedos índice e polgar coa man non dominante.

- Pedir o doente que inspire profundamente (o portal acercarase máis á superficie e quedará más fixo).

- Coa man dominante coller o Gripper e puncionar firme e perpendicular á pel ata atopar coa agulla o solo metálico do portal, evitando puntos de punción anteriores. Non facer movementos coa agulla para non danar a cuberta de silicona.

2211

2212

2213

Page 11: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /11

2219

22192220

22192221

22192222

22192223

- Desclampar e aspirar suavemente un mínimo de 5 a 7 cc para comprobar o refluxo do sangue e retirar o selado anterior.

- Clampar e a continuación retirar a xiringa.

- Conectar a xiringa preparada con 10 cc. de soro fisiolóxico, desclampar e lavar o re-servorio.

- Exercendo presión positiva coa xiringa, clampar o Gripper e continuar co procedemen-to que teramos que facer ou instalar un obturador no sistema.

- Fixar o Gripper protexéndoo, e cubrir cun apósito transparente ou de gasa estériles 11,

12 (categoría IA ).

- Desbotar o material.

- Retirar as luvas.

- Hixiene de mans.

A.3 Observacións /- Só se deberá canalizar o reservorio se se vai utilizar de inmediato.

- Non se manterá a mesma agulla máis de 7 días.

- Para uso rutineiro utilizaranse agullas Gripper calibre 22 G.

- Para fluídos del alta viscosidade e hemoderivados utilizaranse agullas calibre 20 G.

- Non manipular a agulla nin realizar movementos de rotación ou inclinación unha vez inserida na membrana.

- As xiringas de 2 ou 5 cc só se utilizarán para extracción.

- As xiringas de 10 ou 20 cc exercen menor presión e serán as que utilicemos para in-troducir os fluídos.

- No caso de sistemas de dobre cámara, os coidados aplicaranse a cada unha delas.

22192224

22192225

22192226

Page 12: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /12

B. PERFUSIÓN

B.1 Materiais /

Material para canalización (4.1.1.), en caso necesario:

Luvas e gasas estériles.

Clorhexidina preferentemente ao 2% (alcohol de 70% ).

2 xiringas de 10 cc e 2 agullas (por cámara).

Soro fisiolóxico 10 ml (envase mono-dose).

Perfusión a administrar purgada.

Equipo adecuado á perfusión.

Tiras de aproximación / esparadrapo.

Apósito transparente semipermeable e estéril.

Chave de 3 vías.

B.2 Procedemento 3, 12/RESERVORIO NON CANALIZADO

Procederase previamente á súa canalización segundo o “Desenvolvemento: 4.1.Cana-lización”.

RESERVORIO PREVIAMENTE CANALIZADO

- Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Ser-vizo Galego de Saúde.

- Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.

- Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se lle vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais (Grao B).

- Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.

- Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.

- Comprobar alerxias do paciente.

- Examinar o aspecto da pel (edema, infiltración subcutánea, afectación cutánea, supu-ración).

- Realizar hixiene de mans 11, 12 (categoría IA ) e colocación de luvas.228

224

225

226

227

1

222

223

Page 13: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /13

- Desinfectar as conexións con clorhexidina (no caso de hipersensibilidade á clorhexidi-na, utilizarase alcohol ao 70%) 12 (categoría IB) deixar secar 30 segundos. Desclampar a Gripper e aspirar suavemente un mínimo de 5 cc para confirmar a correcta colocación da agulla e observar que reflúa sangue, o que indica que está ben situada e o funciona-mento do catéter é bo.

- Clampar a Gripper de novo ao sistema e retirar a xiringa.

- Cargar unha nova xiringa co 10-20 ml de soro fisiolóxico, conectar o sistema desclam-par e lavar o reservorio.

- Conectar o equipo de perfusión á chave de tres vías e purgalo.

- Conectar o equipo ao alongamento da Gripper.

- Axustar ritmo pautado e observar a fluidez da perfusión.

- Fixar o alongamento a pel e colocar o apósito transparente e rexistrar preto deste a data de colocación.

- Lavar o catéter entre distintas medicacións.

RETIRADA DA PERFUSIÓN

- Cerrar a pinza.

- Desconectar o equipo de perfusión.

- Abrir a pinza.

- Lavar o catéter con soro fisiolóxico ( 10 cc) e clampar.

- Cerrar a pinza.

- Heparinizar.

- Clampar o sistema.

- Unha vez finalizada a perfusión, retirar o equipo do alongamento da gripper e, se non se vai utilizar inmediatamente, é necesario A SELAXE/ HEPARINIZACIÓN DO RESER-VORIO.

DESCONEXIÓN

- Retirar a agulla do reservorio suxeitando cos dedos índice e polgar da man dominante as aletas do sistema, mentres que coa outra man se suxeita o reservorio.

- Extracción da agulla realizando unha forza perpendicular a pel do paciente.

- Premer 1-2 minutos sobre o punto de punción cunha gasa estéril para evitar sangrado.

2214

2215

2216

2211

2212

2213

229

2210

228

224

225

226

227

1

222

223

1

222

223

Page 14: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /14

- Colocar apósito estéril.

- Recoller o material.

- Retirar as luvas.

- Hixiene de mans. 11, 12 (categoría IA)

B.3 Observacións /- Non forzar a entrada de fluídos para liberar unha obstrución. Non se pode garantir o funcionamento correcto dun sistema no que a infusión se realice con dificultade e sexa imposible obter fluxo hemático.

- Nunca inxectar líquidos a través do reservorio con xiringas menores a 10, para evitar o exceso de presión sobre o catéter.

- A presión exercida ao inxectar e extraer debe ser suave.

- Non deixar parada a infusión máis de 5 minutos.

- Non manipular a agulla nin realizar movementos de rotación ou inclinación, unha vez inserida na membrana.

- Lavar o catéter entre distintas medicacións; numerosas substancias poden precipitar ao contacto coa heparina producindo unha obstrución irreversible do catéter.

- Manter sempre a pinza cerrada mentres se desconecta o sistema. 11 (categoría IB)

- Os sistemas de infusión, incluídas chaves de tres vías e alargadeiras, cambiaranse c/72 h, a no ser que se sospeite ou se teña certeza de bacteriemia. 12 (categoría IA)

- En caso de perfundir infusións lipídicas o cambio de sistemas realizarase c/ 24h. 12 (categoría IA)

- Cambio de agulla obrigatorio ao realizar hemocultivos, se aparecen signos de irrita-ción ou infección, dificultade na infusión ou extravasación.

- No caso de infusores para a administración de citostáticos, ao retirar o infusor, tapar o sistema con agulla EV o IM e introducir no contedor de citostáticos. Non tocar cone-xións e evitar roces.

224

225

226

227

Page 15: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /15

C. EXTRACCIÓN DO SANGUE

C.1 Materiais /

228

224

225

226

227

1

222

223

Luvas e gasas estériles.

Clorhexidina preferentemente ao 2% (alcohol de 70% ou povidona iodada).

Soro fisiolóxico 10 ml (envase mono-dose).

Carcasa con adaptador.

Tubos para a obtención de mostras sanguíneas de acordo co tipo de análise.

Tubo ou xiringa de 8 a 10 cc para desbotar.

2 Xiringa de 10 cc con soro fisiolóxi-co.

Contedor de material punzante.

C.2 Procedemento 3, 12 /RESERVORIO NON CANALIZADO

Procederase previamente a súa canalización segundo o “Desenvolvemento: 4.1.Cana-lización”.

RESERVORIO PREVIAMENTE CANALIZADO

- Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Ser-vizo Galego de Saúde.

- Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.

- Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais (Grao B).

- Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.

- Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.

- Comprobar as alerxias do paciente.

- Examinar o aspecto da pel (edema, infiltración subcutánea, afectación cutánea, supu-ración).

- Realizar hixiene de mans 11, 12 (categoría IA) e colocación de guantes.

Page 16: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /16

- Desinfectar as conexións con clorhexidina (no caso de hipersensibilidade á clorhexi-dina utilizarase alcohol ao 70% ou povidona iodada) (categoría IB); deixar secar 30 segundos 12

- Lavar con 10 cc de soro fisiolóxico y extraer un mínimo de 5- 7 cc de sangue.

- Conectar o adaptador para a extracción, e a continuación encher os tubos de mostras necesarios. Volver clampar.

- Identificar os tubos das analíticas.

- Conectar a xiringa preparada con 10 cc de soro fisiolóxico, desclampar e lavar o re-servorio.

- Ao rematar, heparinizar o catéter se non se vai a usar (ver “heparinización do reservo-rio: 4.4 ”) ou restablecer a perfusión dos fluídos prescritos.

- Recoller o material.

- Retirar as luvas.

- Hixiene de mans 11, 12 ( categoría IA).

C.3 Observacións /- Manter sempre clampada a alargadeira entre conexión e desconexión.

- A presión exercida ao inxectar e extraer debe ser suave.

- Cando sexa necesario extraer hemocultivos, extraeranse mostras de cada cámara e da vía periférica, sinalar na mostra a que vía pertencen.

- No caso de petición de probas de coagulación, antes da extracción desbotar 10 cc de sangue e extraer o volume necesario de sangue 13.

D. SELADOD.1 Materiais /

Luvas e gasas estériles.

Clorhexidina preferentemente ao 2% (alcohol de 70% ).

3 xiringas de 10 cc e 3 agullas (por cámara).

Soro fisiolóxico 10 ml (envase mono-dose).

Fibrilín® ou heparina sódica ao 1% (dilución 1cc de heparina/9 cc de soro fisiolóxico).

229

2210

2214

2215

2216

2211

2212

2213

2217

Page 17: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /17

D.2 Procedemento 3, 12 /RESERVORIO NON CANALIZADO

Procederase previamente á súa canalización segundo o “Desenvolvemento: 4.1.Cana-lización”.

RESERVORIO PREVIAMENTE CANALIZADO

- Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Ser-vizo Galego de Saúde.

- Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.

- Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais (Grao B).

- Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.

- Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.

- Comprobar alerxias do paciente.

- Examinar o aspecto da pel (edema, infiltración subcutánea, afectación cutánea, supu-ración).

- Realizar hixiene de mans 11, 12 (categoría IA) e colocación de guantes.

- Desinfectar as conexións con clorhexidina (no caso de hipersensibilidade á clorhexi-dina utilizarase alcohol ao 70% ou povidona iodada) (categoría IB); deixar secar 30 segundos 12

- Desclampar o sistema da Gripper.

- Aspirar 5–7 cc para retirar a heparina do selado previo.

- Clampar e desbotar.

- Lavar o catéter con 10 cc. de soro fisiolóxico.

- Volver clampar.

- Heparinizar con 5 ml da disolución de heparina xa preparada (Fibrilín®) ou 5 cc da dilución de heparina ao 1%.

- Clampar o sistema exercendo presión positiva no émbolo da xiringa.

- Retirar a agulla gripper no caso de que o repouso sexa maior de 7 días.

228

224

225

226

227

1

222

223

229

2210

2214

2215

2216

2211

2212

2213

2217

Page 18: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /18

- Cubrir con un apósito transparente ou de gasa estériles 11, 12 (categoria IA).

- Desbotar o material.

- Retirar as luvas.

- Hixiene de mans (categoría IA).

D.3 Observacións /- Verificar a colocación da agulla mediante aspiración para asegurar o acceso venoso.

- O reservorio debe selarse con heparina tras cada manipulación, e cada 12 semanas cando o catéter estea en repouso.

- A retirada da agulla da cámara debe realizarse exercendo unha presión positiva, para evitar o refluxo do sangue cara ao sistema; por iso clamparase a alargadeira á hora de retirar a agulla.

- No caso de sistemas de dobre cámara, os coidados aplicaranse a cada unha delas.

- Dilución da heparina ao 1%: 9 cc. de S. fisiolóxico + 1 cc. Heparina sódica ao 1%

E. DESOCLUSIÓN

E.1 Materiais /

Pano, luvas e gasas estériles.

Clorhexidina preferentemente ao 2% (alcohol de 70% ou povidona iodada).

Sistema de agulla tipo Gripper (unha por cámara).

3 xiringas de 10 cc .

Soro fisiolóxico 10 ml (envase mono-dose).

Tapón do sistema.

Apósito estéril.

Agullas.

Urokinasa (100.000 UI/5 cc). Dilu-ción: 2,5 cc Urokinasa + 7,5 cc soro fisiolóxico.

1 chave de 3 vías

2218

2219

22192220

22192221

Page 19: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /19

E.2 Procedemento 3-12 /- Comprobar a prescrición facultativa de Urokinasa.

- Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Ser-vizo Galego de Saúde.

- Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.

- Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolvendo as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátri-cos explicarlles o procedemento aos pais (Grao B).

- Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.

- Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.

- Comprobar alerxias do paciente.

- Colocar o paciente en decúbito supino ou inclinado cara a atrás no sofá e coa cabeza xirada cara ao lado oposto o catéter.

- Realizar hixiene de mans 11, 12 (categoría IA).

- Clampar o catéter, se precisa, e desinfectar o tapón con clorhexidina (no caso de hi-persensibilidade á clorhexidina utilizarase alcohol) 12 (categoria IB); deixar secar 30 se-gundos.

- Realizar hixiene de mans e colocar os guantes estériles.

- Crear campo estéril, preto da zona de inserción do catéter, colocando o material sobre el.

- Reconstituír a solución de Urokinasa a unha concentración de 100.000 UI/5 cc.

- Cargar unha das xiringas con 2,5 cc da solución de Urokinasa + 7,5 cc soro fisiolóxico e a outra con 10 cc de soro fisiolóxico.

- Purgar a chave de 3 vías coa xiringa de soro fisiolóxico, e deixala conectada á chave.

- Conectar a chave á alargadeira da Gripper en posición pechada.

- Conectar a xiringa coa solución de urokinasa na conexión libre da chave, abrila e intro-ducir a cantidade de urokinasa pautada polo médico.

Se é posíble introducir a solución:

- Lavar o catéter con soro fisiolóxico.

- Selar con heparina se o catéter vai quedar sen repouso ou proceder á súa utili-

228

224

225

226

227

1

222

223

229

2210

2214

2215

2216

2211

2212

2213

2217

Page 20: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /20

zación segundo o procedemento a levar a cabo.

- Recoller e/ou desbotar o material utilizado.

Se non é posíble introducir a solución:

- Substituír, na chave de 3 vías, a xiringa de soro fisiolóxico por unha xiringa de 10 cc baleira.

- Exercer presión negativa coa xiringa baleira aspirando suavemente ata retro-ceder o émbolo 7-8 cc e xirar a chave de 3 vías cara a xiringa con solución de Urokinasa, e permitir que a solución ocupe o baleiro realizado anteriormente.

- Clampar o sistema e esperar de 15 a 30 minutos. Repetir ata 3 veces esta ma-nobra se fose necesario.

Se non reflúe: consultar co facultativo e seguir as súa sindicacións.

Sereflúe:

- Lavar o catéter con soro fisiolóxico.

- Selar con heparina se o catéter vai quedar en repouso ou proceder á súa utilización segundo o procedemento.

- Recoller/ou desbotar o material utilizado.

- Hixiene de mans (categoría IA).

E.3 Observacións /- Con anterioridade á desoclusión, realizar RX de tórax para controlar a posición do ca-téter.

- Previamente á administración de Urokinasa cambiarase sempre a agulla tipo Gripper.

- Para evitar a formación de coágulos é necesario a selaxe con heparina cada vez que se utilice de forma intermitente.

- O uso de heparina non está indicado na desobstrución dun catéter.

- Non se pode garantir o funcionamento correcto dun sistema no que a infusión se rea-lice con dificultade e sexa imposible obter fluxo hemático

MEDIDAS XERAIS NO COIDADO DO RESERVORIO (ver anexo de localización e resolución de problemas)

- Protexer o apósito e as conexións no momento da hixiene do paciente.

Page 21: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /21

- Informar o paciente das precaucións que se van adoptar e dos coidados precisos can-do non se retire a Gripper, para evitar desconexións ou saídas.

- No caso de que o paciente non estea ingresado indicaráselle que o apósito transpa-rente o pode retirar na súa casa ao día seguinte, despois de lavar as mans.

- Non realizar ningunha presión sobre o reservorio.

- Non colocar nada sobre o reservorio que poida desprazalo, premelo, danalo etc.

- Substituír o apósito da zona de inserción do catéter se está húmido, frouxo ou visible-mente sucio 11, 12 (categoría IB).

- Observar a zona de inserción do catéter diariamente, mediante palpación sobre o apó-sito co fin de indagar a sensibilidade, ou mediante inspección no caso de utilizar un apósito transparente 11, 12 (categoría I).

- Vixiar permeabilidade e signos de infección.

5.1 Rexistros /Rexistrar 11, 12 (Grao C, categoría II) sempre toda a actividade realizada, permeabilidade do acceso venoso e valoración de signos de infección ou extravasación, no aplicativo informático GACELA, IANUS, na folla de enfermería ou en calquera outro sistema de rexistro co que conte a unidade. Deberase anotar a realización da técnica, día de cana-lización, heparinización e rexistro de coidados e complicacións.

Rexistrar no plan de coidados do/a paciente as accións derivadas do procedemento

5.2 Avaliación e seguimento /O presente documento será actualizado no prazo de cinco anos ou cando a evidencia científica poida afectar ao recollido no procedemento.

RESPONSABILIDADESAs accións derivadas da posta en práctica deste procedemento son responsabilidade do persoal sanitario do Servizo Galego de Saúde. A dispoñibilidade do procedemento e das ferramentas necesarias para a súa aplicación na práctica asistencial son responsa-bilidade da dirección do centro sanitario.

6 6

Page 22: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /22

BIBLIOGRAFÍABibliografía referenciada /1. Freire, E.; De la Iglesia, A.; Rodríguez, C.; López, M. A.; González, M.; Peleteiro, R.; Camba, M. A. “Reservorios venosos centrales totalmente implantables, tipo Port-A-Cath, en pa-cientes oncológicos: Revisión de complicaciones”. Rev. Soc. Esp. Dolor.7: 451-462; 2008.

2. NANDA Internacional. Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación 2009-2011. Editado por T. Heather Herdman. Elsevier. 2010.

3. Bellido Vallejo, J. C.; Carrascosa García, M. I.; García Fernández, F. P.; Tortosa Ruiz, M. P.; Mateos Salido, M. J.; Del Moral Jiménez, J. et al. “Guía de cuidados en accesos venosos periféricos y centrales de inserción periférica”. Evidentia [Revista en liña], 2006. [acceso 17 de xaneiro de 2013]; 3(9). Dispoñible en: http://www.index-f.com/evidentia/n9/guia-avp.pdf

4. Hospital Universitario Reina Sofía. Unidad de Docencia, Calidad e Investigación de En-fermería. Accesos venosos centrales. Guía de cuidados. [acceso 17 de xaneiro de 2013]. Dispoñible en: http://www.juntadeandalucia.es/servicioandaluzdesalud/hrs3/fileadmin/user_upload/area_enfermeria/enfermeria/publicaciones_enfermeria/accesos_venosos.pdf

5. Carrero Caballero, M.ª C. et al. Actualización enfermera en accesos vasculares y terapia intravenosa. Ediciones DAE (grupo Paradigma). 2008. [acceso 17 de xaneiro de 2013]. Dispoñible en: http://www.asociaciondeenfermeriaeti.com/pdfs/manual_completo.pdf

6. Bishop, L.; Dougherty, L.; Bodenham, A.; Mansi, J. et al. Guidelines on the insertion and management of central venous access devices in adults. Jnl. Lab. Hem. 2007 [acceso 17 de xaneiro de 2013]; 29, 261–278. Dispoñible en: http://mobile.bcshguidelines.com/documents/central_venous_access_management_guidelines_2006.pdf

7. The Royal College of Nursing. Standards for infusion therapy. The RCN IV Therapy Forum. Third edition, January 2010 [acceso 17 de xaneiro de 2013]. Dispoñible en: http://www.rcn.org.uk/__data/assets/pdf_file/0005/78593/002179.pdf

8. Hospital de Navarra. Guía audiovisual sobre acceso venoso central con reservorio sub-cutáneo del hospital de día del Hospital de Navarra. [acceso 17 de xaneiro de 2013]. Dispo-ñible en: http://www.youtube.com/watch?v=pgMXyqjFe8g&feature=youtube_gdata_player

9. American Society of Anesthesiologists Task Force on Central Venous Access. Prac-tice guidelines for central venous access: a report by the American Society of Anes-thesiologists Task Force on Central Venous Access. Anesthesiology 2012 Mar [acceso 17 de xaneiro de 2013];116(3):539-73. Dispoñible en: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pub-med/22307320

10. Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Manexo do catéter venoso central con reservorio subcutáneo. 2010. Código: CHUVI.ENF.A-TM/PRD15.081.

11. Instituto Aragonés de Ciencias de la Salud. Estrategia de mejora de la calidad de

7 7

Page 23: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /23

los cuidados: Protocolos de Enfermería basadas en la evidencia. 2009. [acceso 17 de xaneiro de 2013]. Dispoñible en: http://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&fr-m=1&source=web&cd=1&sqi=2&ved=0CC0QFjAA&url=http%3A%2F%2Fwww.iacs.aragon.es%2Fawgc%2Fcontenido.verFichero.do%3FidBinario%3D11571&ei=fmgCUerjNcLB0gX-dg4HQCA&usg=AFQjCNF-ev8LYZ6O6MSvRgtEHuwDQBNcuA&sig2=6wT2_dHH9NGubt-282LW76w&bvm=bv.41524429,d.d2k

12. Medicina Interna de Galicia [sede Web]*. Lugo: Sociedad Gallega de Medicina Inter-na; 2005 [acceso 17 de xaneiro de 2013]. De Pablo Casas, M.; Pena Río, J. L. Guía para la prevención de complicaciones infecciosas relacionadas con catéteres intravenosos. Dispoñible en: http://www.meiga.info/guias/cateteres.asp

13. Hospital Donostia. Osakidetza. Punción y mantenimiento del catéter central con reservorio (port-a-cath). IT-103_PG07_06. 2008. [acceso 17 de xaneiro de 2013]. Dis-poñible en: http://www.urgenciasdonostia.org/Portals/0/DUE/Protocolos/Tecnicas/IT-103%20Puncion%20reservorio.pdf

Bibliografía consultada /- Servicio de Salud del Principado de Asturias (SESPA). Dirección de Servicios Sanita-rios. Subdirección de Gestión Clínica y Calidad. 2010. Catéteres venosos centrales: Guía para Enfermería. [Acceso 17 de xaneiro de 2013]. Dispoñible en: http://www.asturias.es/Astursalud/Ficheros/AS_Calidad%20y%20Sistemas/AS_Calidad/SEGURIDAD%20DEL%20PACIENTE/guia%20cateteres%2028%20marzo%202011.pdf

- Practice guidelines for central venous access: a report by the American Society of Anesthesiologists Task Force on Central Venous Access. Anesthesiology 2012 Mar;116(3):539-73.

- O’Grady, N. P.; Alexander, M.; Burns, L. A.; Dellinger, E. P.; Garland, J.; Heard, S. O.; Lipsett, P. A.; Masur, H.; Mermel, L. A.; Pearson, M. L.; Raad, I. I.; Randolph, A.; Rupp, M. E.; Saint, S. Healthcare Infection Control Practices Advisory Committee (HICPAC). Guidelines for the prevention of intravascular catheter-related infections, 2011. Atlanta (GA): Centers for Disease Control and Prevention (CDC); 2011.

- Camp-Sorrell, D. “State of the Ciene of Oncology Vascular Access Devices”. Seminars in Oncology Nursing, Vol. 26, No 2 (May), 2010: pp. 80-87

- Asociación Profesional de Enfermeras de Ontario (2004). Valoración y selección de dis-positivos de acceso vascular. Toronto, Canadá: Asociación Profesional de Enfermeras de Ontario.

- Mimoz, O., Villeminey; S., Ragot, S.; Dahyot-Fizelier, C.; Laksiri, L.; Petitpas, F.; Debaene, B. “Chlorhexidine-based antiseptic solution vs alcohol-based povidone-iodine for central venous catheter care”. Arch Intern Med 2007; 167:2066-2072.

- Heffner, A. C.; Androes, M. P. Overview of central venous access. UpToDate. Apr 2013. [acceso 17 de xaneiro de 2013]. Dispoñible en http://www.uptodate.com/contents/over-view-of-central-venous-access?source=search_result&search=Overview+of+central+venous+access&selectedTitle=1%7E150#H3103759

Page 24: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /24

ANEXOS8 8

Reservorio (porto ou port-a.cath)

Anexo I: Imaxes /

/ Plataforma acolchada para maior comodidade do paciente

/ Agarradeira contorneada extraíble para colocación controlada da agulla

/ Agulla de aceiro inoxidable de calidade médica, non enu-cleadora e sen silicona, para asegurar a súa retención

Page 25: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /25

PROBLEMAS Signos e síntomas Causas posibles Solucións posibles

Dificultadeparapurgar o portal

Nótase resistencia cando se empuxa o émbolo da xiringa.

Non se pode purgar nin infundir fluídos a través do portal.

Infusións lentas.

As pinzas dos tubos e/o do equipo de extensión poden estar cerradas.

O catéter pode estar obstruído nun vaso máis pequeno ou contra a parede do vaso.

O catéter pode estar dobrado.

A agulla pode non estar inserida completamente ou ser moi curta.

O catéter pode estar ocluído debido a un precipitado do medicamento, unha formación de fibrina na punta do catéter ou un coágulo intraluminal.

Abra as pinzas dos tubos.

Coloque a cabeza e os ombreiros do doente en outra posición.

Considere realizar control radiolóxico.

Introduza a agulla ata que se sinta o fondo do portal ou volva acceder cunha agulla de lonxitude axeitada.

Considere a administración de urokinasa por prescrición facultativa.

Dificultadeparaaspirar sangue

Nótase alta resistencia cando se aspira.

O fluído de aspiración adquire unha coloración rosada.

Non se pode extraer sangue do catéter pero pode ou non ser posible a irrigación.

O catéter pode estar atorado nun vaso máis pequeno, ou contra a parede dun vaso.

O catéter pode estar dobrado.

A agulla pode non estar inserida completamente, ou ser moi curta.

O catéter pode estar ocluído debido a un precipitado do medicamento, unha formación de fibrina na punta do catéter ou un coágulo intraluminal.

Realizar manobras para aumentar a presión torácica como provocar a tose ou respirar profundamente. Irrigar con soro salino e aspirar sen forzar, para crear baleiro, utilizando a técnica de presión negativa. Coloque a cabeza e os ombreiros do doente noutra posición.

Considere realizar control radiolóxico.

Introduza a agulla ata que se sinta o fondo do portal ou volva facer o acceso cunha agulla de lonxitude adecuada.

Cunha xiringa de 10 ml ou de maior capacidade, irrigue con solución salina normal, alternando entre irrigación e aspiración.

Considere a administración de urokinasa por prescrición facultativa.

Anexo II: Localización e resolución de problemas /

Page 26: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /26

Dor durante a palpación do portal

Avermellamento, hipersensibilidade ou inchazón en, ou arredor, do sitio do portal ou ao longo da rexión onde está colocado o catéter.

A pel está quente ao tacto.

Pode haber ou non drenaxe no sitio de introdución do catéter.

Infección na bolsa do portal ou no sitio de introdución do catéter.

Irritación da vena.

A agulla pódese haber saído do septum; o fluído pode estar infundíndose no tecido.

Revise se hai drenaxe ou descarga no sitio de introdución; se é así, notifíquello ao facultativo

Revise se o doente presenta outros signos ou síntomas de infección, como febre e calafrío; se é así, notifíqueo ao facultativo

Volva a avaliar o réxime de coidado do sitio e o procedemento de implantación

Alarma de oclusión ou de alta presión

Cando se usa unha bomba de infusión, activase a alarma de alta presión durante a administración da terapia IV.

O dispositivo elastomérico ou o sistema de gravidade non mostra redución do volume inicial, ou esta redución é máis lenta do normal.

As pinzas dos tubos e/o do equipo de extensión poden estar pechadas.

O catéter pode estar obstruído nun vaso máis pequeno ou contra a parede dun vaso.

O catéter pode estar dobrado.

A agulla pode non estar inserida completamente ou é moi curta.

O catéter pode estar ocluído debido a un precipitado do medicamento, unha formación de fibrina na punta do catéter ou un coágulo intraluminal.

Abra as pinzas dos tubos.

Coloque a cabeza dos ombreiros do doente noutra posición.

Introduza a agulla ata que se sinta o fondo do portal ou volva a facer o acceso con unha agulla de lonxitude axeitada.

Considere o cambio da bomba de infusión, o tubo ou o dispositivo elastomérico.

Considere la administración de urokinasa.

Considere realizar control radiolóxico.

Humidade arredor do lugar de inserción

Apósito húmido.

Notable acumulación de líquido debaixo do apósito.

Inchazón debaixo do apósito.

Fuga de fluído no sitio do portal durante a palpación.

O apósito está exposto á humidade excesiva

A conexión entre o tapón de inxección e o conector Luer pode estar frouxo.

Púidose desprazar a agulla.

Púidose introducir a agulla no tecido circundante no lugar do septum.

Púidose danar a integridade do septum e haber unha fuga do fluído no portal.

Pregúntelle ao doente sobre as súas actividades máis recentes.

Aperte a conexión entre o tapón de inxección e o conector Luer.

Verifique que a agulla sexa non siliconada.

Introduza a agulla ata que se sinta o fondo do portal ou volva a acceder usando una agulla da lonxitude adecuada.

Aspire sangue para determinar se a agulla está ben colocada.

Considere realizar control radiolóxico con contraste.

*Fonte: Reservorio Venoso Subcutáneo y demás catéteres de larga duración. Dispoñible en: “http://www.eccpn.aibarra.org/temario/seccion3/capitulo45/capitulo45.htm”http://www.eccpn.aibarra.org/temario/seccion3/capitulo45/capitulo45.htm

Page 27: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /27

Anexo III: Diagrama de fluxo. “Manexo do reservorio: canalización” /

Page 28: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTÁNEO

/ /28

Anexo IV: Diagrama de fluxo. “Manexo do reservorio: perfusión, extracción e selaxe” /

Page 29: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E
Page 30: PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO … · 2016-08-04 · PROCEDEMENTO DE CANALIZACIÓN E COIDADOS DO RESERVORIO SUBCUTNEO / /7 2 2 DEFINICIÓNS, ABREVIATURAS E

Procedementos

Asistencia Sanitaria

D

37

Servizo Galego de Saúde