Proceso de urbanización. A cidade industrial

11
A CIDADE INDUSTRIAL ( séculos XIX-XX ) ( páx 14 ) O desenvolvemento do modelo urbano actual está intimamente ligado á Revolución Industrial A localización das novas actividades industriais nas cidades propiciou o crecemento espectacular da poboación urbana en detrimento da rural ( éxodo rural )

Transcript of Proceso de urbanización. A cidade industrial

Page 1: Proceso de urbanización. A cidade industrial

A CIDADE INDUSTRIAL

( séculos XIX-XX ) ( páx 14 )

O desenvolvemento do modelo urbano actual está intimamente ligado á Revolución Industrial

A localización das novas actividades industriais nas cidades propiciou o crecemento espectacular da poboación urbana en detrimento da rural ( éxodo rural )

Page 2: Proceso de urbanización. A cidade industrial

Este fenómeno tivo lugar en España, como nos resto de Europa, pero en datas máis tardías ás que experimentaron países como Gran Bretaña, Francia, Alemaña…

Desde mediados do século XIX o crecemento urbano foi moi intenso, aínda que presentou, xeograficamente, fortes contrastes

A partir dos anos 50 do século XX o desenvolvemento do fenómeno urbano alcanza cifras descoñecidas ata entón

Page 3: Proceso de urbanización. A cidade industrial

Os cambios físicos que experimentaron as cidades fixéronse patentes en tres ámbitos

1. Reformas interiores e ampliacións ( dos recintos urbanos existentes )

Desde finais do século XIX e inicios do XX, en moitas vellas cidades españolas

abríronse grandes avenidas derrubando parte do casco antigo

Construcción da Gran Vía de Madrid

Estas grandes vías que se abren nas vellas cidades medievais tiñan como obxectivo mellorar as condicións hixiénicas, a súa accesibilidade e o control social

Ao mesmo tempo levántanse novos edificios residencias e comerciais ( empregándose novos materiais: cemento, ferro, cristal… )

Page 4: Proceso de urbanización. A cidade industrial
Page 5: Proceso de urbanización. A cidade industrial

2. A construcción dos ensanches

Xunto ás reformas introducidas nos vellos recintos urbanos, prodúcese a propia expansión física da cidade

Derrúbanse as vellas murallas e levántanse os novos barrios

Os ensanches nacen co obxectivo de das

resposta ao déficit de solo urbanizable que

existía na cidade intramuros. Pero

tamén para satisfacer ás novas inquedanzas

e necesidades da burguesía

Page 6: Proceso de urbanización. A cidade industrial

Sobre o solar das vellas murallas ábrense rondas de circunvalación

( Valencia )

Page 7: Proceso de urbanización. A cidade industrial

Estos barrios desenvolven o novo modelo de cidade burguesa

O Modernismo convértese no estilo artístico que empata co gusto e o refinamento da burguesía catalana

Page 8: Proceso de urbanización. A cidade industrial

Ensanche de Barcelona, 1859. Ildefonso Cerdá

Ensanche de Madrid, 1860. Carlos María de Castro

A estrutura dos ensanches tende a formas xeométricas,

sobre todo aos planos en cuadrícula

Non só se deseña o plano senón a dotación de todo tipo de servizos e infraestruturas

Page 9: Proceso de urbanización. A cidade industrial

Rede de sumidoiros e acometida de auga, gas, comunicacións ( tranvías ), alumeado,

Xardíns e espazos públicos, mobiliario urbano…

Page 10: Proceso de urbanización. A cidade industrial

Os seus usos foron variados: residencial e comercial sobre todo

Nos seus límites exteriores podían aparecer tamén fábricas

Ensanche de Barcelona

Page 11: Proceso de urbanización. A cidade industrial

A burguesía vai trasladarse a estas novas áreas urbanisticamente planificadas, caracterizadas polos planos ortogonais con viais anchos e grandes mazás de edificios. Estes ensanches aparecen a finais do século XIX nas cidades máis desenvolvidas, destacando Madrid e Barcelona

Conclusións: Ata o século XIX o crecemento da cidade producíase intramuros, aumentando a edificación no propio recinto amurallado. A Revolución Industrial supón unha primeira etapa de forte expansión, co derrubamento das murallas e a anexión dos arrabaldes extramuros

Ensanche de San Sebastián