PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de...
Transcript of PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A · descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de...
PROGRAMA FORMATIVO ACELERATIC PARA A
TRANSFORMACIÓN DIXITAL DAS PEMES
ÍNDICE
ACELERATIC
Obxectivo
Destinatarios e enfoque
Sesións de formación
Profesorado
Onde e cando
Selección de participantes
PRESENTACIÓN
Programa formativo Aceleratic
para a transformación dixital das pemes
Na actualidade, a transformación dixital non é unha opción. As empresas de hoxe en día
non poden dubidar sobre a adaptación a este novo contorno, pois xa non hai outra maneira
de renovarse e competir que a través dela.
Calquera organización, independentemente do seu tamaño, debe interiorizar, explotar e
adaptarse á canle dixital para converterse nunha empresa que poida aproveitar todas as
súas potencialidades. A transformación dixital é un proceso no que toda empresa debe
pensar, pois é imprescindible para poder competir no mercado actual.
Todos sabemos que nunha peme nunca sobran recursos, formación nin tempo. Por estas
razóns este programa está creado a medida das pequenas e medianas empresas galegas,
pensado desde as necesidades básicas da transformación dixital da peme e buscando
aproveitar ao máximo recursos e tempo para lograr unha formación e uns coñecementos
adecuados ás súas necesidades.
Trátase dun programa de transformación dixital con catro módulos que abordan as
temáticas fundamentais para afrontar a transformación dixital e un plan de
asesoramento/titorización dixital para cada participante, que persegue un alto impacto para
a transformación dixital de calquera peme galega.
OBXECTIVOS O programa Aceleratic permitiralles aos participantes reflexionar sobre os aspectos e as
novidades tecnolóxicas que poden ser de utilidade no día a día das súas empresas e
descubrir, dunha maneira práctica e enfocada en casos de éxito, as vantaxes que para
pemes e empresariado pode supor a implantación e adopción de novas ferramentas de
transformación dixital. Trátase de proporcionar unha folla de ruta a cada participante que lle
permita afrontar este desafío na súa empresa. O programa achégalles as novas estruturas
organizativas, os novos modelos de relación coa clientela e a xestión do cambio, e outorga
ferramentas estratéxicas, tácticas e operativas para avanzar nese eido.
O programa presenta unha serie de accións que serven de difusión, sensibilización e
formación para o persoal directivo das pemes galegas e están encamiñadas a que os
asistentes reflexionen sobre os aspectos e as novidades tecnolóxicas que poidan ser de
utilidade no día a día nas súas empresas.
En definitiva, trátase de construír un perfil directivo que manexe o dixital dende un punto de
vista estratéxico, que coñeza a contorna dixital, adquira as habilidades necesarias para
entender que valor pode achegar a tecnoloxía ao negocio e impulse os cambios necesarios
na empresa para unha verdadeira transformación dixital.
DESTINATARIOS
Un total de 25 xerentes, con empresas en propiedade ou mandos intermedios de carácter
directivo con capacidade de decisión e influencia na empresa de sectores, preferentemente
non tecnolóxicos.
ENFOQUE
A transformación dixital dunha empresa implica un cambio a todos os niveis: cultura,
persoas, produción, clientes e provedores. Este programa formativo céntrase en formar
nestes aspectos cun enfoque práctico e operativo.
O programa ten as seguintes características:
Consta de catro sesións formativas de transformación dixital de 8 horas cada unha en
temas relativos a ferramentas de transformación dixital cun relator experto na materia.
Para dotar de maior impacto a acción formativa e obter un efecto máis práctico nos
proxectos participantes, realizaranse dúas sesións de titorización (unha ao inicio do
programa e outra a modo de peche, ao finalizar este). Trátase de dúas sesións de 2
horas de titorización/consultoría personalizada para cada asistente co fin de establecer
a ruta para seguir en cada materia abordada na sesión formativa por parte de cada
proxecto.
Todas as sesións combinarán coñecementos avanzados sobre a materia con
metodoloxías eminentemente prácticas que impliquen a realización de casos e
exercicios de utilidade para a posterior adaptación aos seus proxectos.
SESIÓNS
FORMATIVAS
Cada unha das catro sesións formativas de transformación dixital
desenvolverase en xornadas de día completo co seguinte horario:
As sesións de titorización para o desenvolvemento do plan de
transformación dixital personalizado realizaranse por medio de
videoconferencia.
09:30 Primeira parte da
sesión formativa
14:30 Fin da primeira parte
16:00 Segunda parte da
sesión formativa
19:00 Fin da xornada
Sesión 1. Transformando dixitalmente a estratexia da nosa peme. Big data,
cloud computing, AppEconomy, IoT, robotización e industria 4.0:
A sociedade da información, a era dixital, a economía en rede… son termos que
constantemente aparecen nos medios de comunicación. A sociedade está a transformarse
a unha velocidade vertixinosa e os cambios nas relacións económicas tradúcense en
novos modelos de negocio e en novas formas de competir. As tecnoloxías da información e
as comunicacións (TIC) convertéronse en ferramentas básicas para as organizacións deste
novo escenario económico.
Contidos principais:
1.Empresas que xeran valor e riqueza no novo escenario do sector TIC
2. Breve análise dos principais cambios tecnolóxicos e sociais
3. Robotización hardware e software, e impacto no emprego
4. Cambios no comportamento dos consumidores e economía colaborativa
5. A AppEconomy
6. ERP, cloud computing e big data
7. Novas tecnoloxías de gran potencial para o futuro: realidade aumentada, wearables,
interner of the things…
8. Consellos para competir na economía dixital
Sesión 2. Transformando dixitalmente o marketing na nosa peme. Novas
canles de comunicación co cliente. Ferramentas de marketing dixital.
Introducirémonos no mundo do marketing dixital e abordaremos os principios do inbound
marketing ou marketing de atracción. A partir deste contexto, máis próximo ao cliente,
trataremos cuestións operativas e estratéxicas que nos axuden a alcanzar os obxectivos
que perseguimos. Xa definidas as pautas para a comunicación no ámbito dixital,
exploraremos as diferentes ferramentas operativas.
Contidos principais:
1. O marketing non cambia… cambia a contorna e as ferramentas
2. Evolución do marketing e a publicidade dixital
3. Ferramentas de marketing dixital para a transformación dixital: medios dixitais propios,
de pago e gañados; inbound marketing; analítica web
4. Medios propios: web, e-comerce, blog, canles propias RRSS, boletíns, posicionamento
orgánico en buscadores
5. Medios de pago: SEM, publicidade dixital, email marketing, social ads
6. Medios gañados: eventos con influencers, microinfluencers
Sesión 3. Transformando dixitalmente o marketing na nosa peme. Novas
canles de comunicación co cliente. Social Media:
Contidos principais:
1.Social Media Marketing
2.Contorna actual do marketing en liña
3.Estratexia e plan de marketing dixital
4.Canles e medios dixitais para comunicarnos cos clientes/persoas usuarias: -Estado actual do social media
-Optimización, como xerar alcance e crear oportunidade
-Community management, funcións, tarefas, operativa e ferramentas
5.Análise de uso das principais redes sociais: Facebook, Instragram, Twiter, Linkedin
6. Contido e planificación
7. Social ads: -Introdución a social ads
-As plataformas implicadas
-Analizando propostas efectivas
-A segmentación
-Crear anuncios en Facebook, Twiter, Linkedin e Instagram
-Estatística
-Tips e claves
Sesión 4. Transformando dixitalmente a canle de venda da nosa peme. O
comercio electrónico como unha alternativa estratéxica
Nesta sesión perséguense como principais obxectivos os seguintes:
-Comprender as claves da estratexia de vendas en liña
-Coñecer como se está integrando a canle en liña coa canle física tradicional en
diversas industrias
-Aprender a discernir cales das estratexias de prezo e servizo en liña cadran co
negocio do asistente e cales non
-Ser capaz de recoñecer os principais procesos e escollos no desenvolvemento dun
proceso de integración da tenda en liña con outros asistentes da compañía
-En definitiva, entender que competencias e organización son necesarias para
comandar a canle en liña
Contidos principais:
1. Importancia do comercio electrónico en España
2. Estratexia en liña no sistema de valor
3. A creación de ingresos da canle en liña
4. Estratexia de xeración de tráfico, de mellora da taxa de conversión, de mellora do carriño
medio, estratexia de aumento de recorrencia
5. A ecuación de marxe bruta da canle en liña
SESIÓNS DE
TITORIZACIÓN
Dúas sesións de titorización por proxecto, co obxectivo de
que cada sesión personalizada lle sirva de axuda e de guía
ao asistente na súa transformación dixital. Unha das sesións
realizarase ao inicio do programa, para trazar os retos que se
deben seguir, e a outra desenvolverase ao final do programa,
coa finalidade de avaliar os avances e as accións de futuro
que se poden implementar no ámbito da transformación
dixital de cada proxecto.
As sesións realizaranse por videoconferencia, co obxectivo
de avanzar en dúbidas concretas sobre a temática exposta
nas sesións formativas.
PROFESORADO
Álvaro Gómez Vieites
Enxeñeiro técnico Superior en Telecomunicacións
pola Universidade de Vigo. Doutor en Administración
de Empresas. Diploma in Business Administration e
Executive MBA pola Escola de Negocios
Afundación. Foi responsable de Sistemas da Escola
de Negocios Afundación, socio-consultor de EOSA
Consultores e director de SIMCE. Actualmente é
profesor asociado de IESIDE.
Gonzalo Garre Rodas
Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña.
MBA pola Escola de Negocios Caixanova. Foi
consultor de EOSA Consultores. Actualmente é
CMO de Livelopic e profesor colaborador de IESIDE
nas áreas de marketing e de dirección de empresas.
PROFESORADO
Javier Varela González
Consultor de marketing, estratexia e comunicación
en Toctocmedia. Interim Marketing Manager en
Gradiant e administrador de Theorangemarket.com.
Mestrado en Dirección de Marketing pola Escola de
Negocios Afundación. Licenciado en Administración
e Dirección de Empresas pola Universidade de
Santiago de Compostela.
Carlos Otero Barros
Licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade
Autónoma de Madrid. MBA pola Escola de Negocios
Afundación. Foi director xeral e co-fundador de
Fractal Info Enxeñeiros. Actualmente é director de
Marketing de Alotofus e profesor colaborador de
ESIC, ESEUNE e IESIDE.
ONDE E CANDO:
30 de outubro
Titorías: do 5 ao 9 de novembro
13 de novembro
20 de novembro
27 de novembro
Titorías: do 28 de novembro ao 5 de decembro
Sala 1 da Biblioteca e Arquivo de Galicia
Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
PREINSCRICIÓNS:
Prazas dispoñibles: 25 Do 10 ao 21 de outubro (ás 18.00 h):
https://cdtic.xunta.gal/aceleratic2018
ou no correo electrónico [email protected]
PROCESO DE SELECCIÓN PARTICIPANTES:
Os solicitantes ordenaranse alfabeticamente polo primeiro apelido
segundo letra establecida mediante sorteo público.
Requírese unha fianza de 300 €. Recupérase no caso de acreditar o
aproveitamento do 85% das horas de formación e titoría.
Documentación xustificativa:
Xustificante bancario da copago
Cabeceira da nómina
Último recibo de autónomo/IAE
Listaxe de asistentes de reserva