Programa magosto uncas radio escolar

3
1 PROGRAMA RADIO ESCOLAR - MAGOSTO CUÑA DE ENTRADA Ola! Benvidos, unha vez maís, ao noso programa de Radio Escolar Uncas! Hoxe adicamos este programa ó Magosto. E que é o Magosto? O Magosto, ademais doutros significados relacionados, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, día de San Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas. Nós celebraremos o Magosto, se as condicións meteorolóxicas o permiten , o propio día de San Martiño, o vindeiro venres 11 de novembro. Ese día poderemeos disfrutar da CARREIRA POLO CASELLES. Nesta carreira participarán tódolos cursos de 1º a 6º de Primaria onde os nenos e nenas darán unha serie de voltas. Se o neno ou nena ten patrocionador ou patrocinadores, estes donarán os cartos que servirán para realizar un investimento na mellora de recursos para o noso colexio. Deste xeito, será para uso e desfrute dos alumnos e alumnas do CEP PEDRO CASELLES BELTRÁN. Logo, ó finalizar a carreira, desfrutaremos dunha xornada de xogos populares, onde os nenos e nenas de 6º de primaria encargaranse de ser os monitores de cada un dos xogos. O resto do alumnado

Transcript of Programa magosto uncas radio escolar

1

PROGRAMA

RADIO ESCOLAR - MAGOSTO

CUÑA DE ENTRADA

Ola! Benvidos, unha vez maís, ao noso programa de Radio Escolar Uncas!

Hoxe adicamos este programa ó Magosto.

E que é o Magosto?

O Magosto, ademais doutros significados relacionados, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas.

O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as

castañas, atrasouse ata o día 11, día de San Martiño.

Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas.

Nós celebraremos o Magosto, se as condicións meteorolóxicas o permiten , o propio día de San Martiño, o vindeiro venres 11 de novembro.

Ese día poderemeos disfrutar da CARREIRA POLO CASELLES.

Nesta carreira participarán tódolos cursos de 1º a 6º de Primaria onde os nenos e nenas darán unha serie de voltas. Se o neno ou nena ten patrocionador ou patrocinadores, estes donarán os cartos que servirán para realizar un investimento na mellora de recursos para o noso colexio. Deste xeito, será para uso e desfrute dos alumnos e alumnas do CEP PEDRO CASELLES BELTRÁN.

Logo, ó finalizar a carreira, desfrutaremos dunha xornada de xogos populares, onde os nenos e nenas de 6º de primaria encargaranse de ser os monitores de cada un dos xogos. O resto do alumnado

2

repartirase por curso en cada un dos xogos. Deste xeito, haberá nenos de 1º a 5º de Primaria mesturados en cada un dos xogos que haberá repartidos polo patio, como poden ser: os zancos, a mariola, a corda entre outros xogos.

Mentres se realiza a xornada de xogos populares, un grupo de nenos e nenas de 6º de Primarai xunto con varias profes estarán preparando as fogueiras para asar as castañas.

Para rematar a xornada do Magosto, todo o colexio poderá desfrutar da degustación destas castañas.

Como cada ano, desfrutaremos moito con esta festa de Outono!!!!

MÚSICA Nº1 - NON CHAS QUERO, NON CHAS QUERO

E de onde sae a castaña?

Dunha árbore, o castiñeiro. O castiñeiro recibe en Galicia os nomes de castañeira, castañeiro, castiñeira, castiro e restre; existen castiñeiros bravos, que se denominan rebolos, bravádegos ou castiñeiróns. A denominación abundancial máis común é a de souto, pero tamén temos castañal, castañar, castañeira, castañeiro, castiñeiral, soutelo e tropezal.

O número de castiñeiros diminuíu en Galicia a pesar das repoboacións, diminuíndo tamén a produción cada ano. Cada vez máis, a invasión de piñeiros e eucaliptos denigra os nosos montes e fainos presa dos incendios.

MÚSICA Nº3 CHEGOU O MAGOSTO

Xa para rematar con oso programa imos con refráns e adiviñas do Magosto. Coñecedes algún refrán de Magosto?

Se coñecedes algún ou se preguntades por algún refrán podedes participar no concurso de refráns que organizan o equipo de

3

Normalización e dinamización da Lingua Galega e o equipo de Biblioteca. Para facelo tedes que escribir o voso refrán nun papel que hai na mesa de Biblioteca, co voso nome e curso e deposítalo na caixa de refráns.

Tamén haberá un concurso de adiviña. Se sabedes a resposta, escribídela nun papeliño co voso nome e curso e o depositades na caixa da adiviñas. A adiviña é a seguinte:

Alto vivo,

mírame a xente

e se me río

quedo sen dente

Repetimos a adiviña: Alto vivo,

mírame a xente

e se me río

quedo sen dente

Con todos os papeliños, as que sexan respostas válidas á adiviña e refráns axeitados á temática, serán seleccionados os gañadores; un por categoría: adiviña e refráns.

O gañador ou gañadora para cada unha das categorías recibirá un agasallo.

Con todo isto, rematamos o programa de Radio Escolar!

Agardamos que o pasárades ben!

Deica logo!

CUÑA DE SAÍDA