PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire...
Transcript of PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire...
![Page 1: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022051914/60055c8a3376bd75d1448226/html5/thumbnails/1.jpg)
Casa da Cultura Pintor Lloréns
PROGRAMACIÓN CULTURAL
SETEMBRO 2018
![Page 2: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022051914/60055c8a3376bd75d1448226/html5/thumbnails/2.jpg)
Teatro
XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire
Sábado 1 de setembro 20h
“Un mal día” Compañía Teatro Lameiro
O que comezaba coma un día marabilloso na vida de Xoán, despois dunha noite de troula e “festa rachada”, trúncase
diametralmente coa entrada en escena de varios personaxes que, aos poucos, van liándolle a manta á cabeza ao seu protagonista.
Primeiro a muller que limpa no seu piso, desesperada pola recente chegada do seu home; logo un dos seus mellores ou peores amigos, segundo se mire, que, vestido cun traxe de
sacerdote, escandaliza e pon patas arriba todo o escenario.
A continuación, o produtor do filme que dirixe Xoán que, ademais, resulta ser o seu sogro; e así toda unha serie de
personaxes que van desfilando, como se fora o camarote dos irmáns Marx...
Comedia. Autor Hugo Daniel Marcos Duración 90 min. Todos os Públicos
Votación directa do público ao finalizar cada representación
![Page 3: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022051914/60055c8a3376bd75d1448226/html5/thumbnails/3.jpg)
Teatro
XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire
Sábado 8 de setembro 20h
“Nosotros, ella y el duende” Compañía Los Cigarrales
Diálogos ocorrentes, situacións esperpénticas, gargalladas,
sátiras burguesas, belisco de sainete e intriga policíaca.
A partir dun equívoco –parella moza que unen as súas vidas e paralelismo dos seus pais viuvos– saltan os personaxes de enredo e loita de sexos onde vencen con folgura as damas gracias a ese “duende” que as apoia e polo cual preguntan
os actores ao público.
Comedia. Autor Carlos Llopis. Duración 90 min. Público Adulto
Votación directa do público ao finalizar cada representación
![Page 4: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022051914/60055c8a3376bd75d1448226/html5/thumbnails/4.jpg)
Teatro
XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire
Sábado 15 de setembro 20h
“Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene
Paco Checo é un cabaleiro errante dos de antes, dos
que van na procura de dragóns e tesouros sen
pensalo, xa que posúe un grande e indubidable valor,
ou iso cre él, pero a verdade é que Paquiño xa coñeceu tempos mellores.
Cando as malvadas forzas
do mal raptan á princesa do Pobo, Paco e o seu fiel
escudeiro, Xaime, lánzanse ao camiño trala aventura e
o misterio.
Maxia, enredos, e entortos vánse sucedendo nunha
trepidante e choqueira historia, onde Paco aprenderá que a vida non é só branca ou negra, senón que está chea de cores.
Comedia. Autor Alejandro Martín. Duración 80 min. Maiores de 12 anos.
Votación directa do público ao finalizar cada representación
![Page 5: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022051914/60055c8a3376bd75d1448226/html5/thumbnails/5.jpg)
Teatro
XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire
Sábado 22 de setembro 20h
“Electra” Compañía El Ruiseñor
Despois que Clitemnestra asesinase o seu marido Agamenón, entrega a súa filla Electra a un
campesiño para evitar que teña descendencia
nobre, pois se isto chegase a suceder
seguramente reclamaría o seu dereito ao trono.
Electra vive no campo, casada co campesiño, o seu irmán Orestes
chega a casa de Electra, quen non o recoñece ó principio e éste, sen se
dar a coñecer, trata de pescudar se a súa irmá estaría disposta a vingar a
morte do seu pai. Cando ao fin os irmáns recoñécense, planean a vinganza
sobre a súa nai e o seu novo marido.
Traxedia. Autor Eurípides Duración 80 min. Maiores de 14 anos.
Votación directa do público ao finalizar cada representación
![Page 6: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022051914/60055c8a3376bd75d1448226/html5/thumbnails/6.jpg)
Teatro
XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire
Sábado 29 de setembro 20h
Gala de entrega de premios - Premio do Público - Premio do xurado
- Recoñecementos especiais
As 21 horas peche da Mostra a cargo do grupo municipal Leneas Teatro, que interpretará “Falsas Profecías”, espectáculo de creación propia a partir de textos
de diversos autores.
Directores: Santiago Fernández e Chus Álvarez
Música: David Karro
![Page 7: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022051914/60055c8a3376bd75d1448226/html5/thumbnails/7.jpg)
Teatro infantil
Venres 14 ás 18:30h
“Saaabor” de Félix Rodríguez e Fran Rei
"SAAABOR! é un espectáculo cómico
que mestura música, maxia,
humor, moito ritmo e participación do público, co
mundo da gastronomía
de fondo.
Os nosos protagonistas
convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen
pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela, ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia. ”
Comedia. Autor Avelino González Duración 55 min. Todos os Públicos
Representación ó aire libre no Parque das Brañas
(Se vai mal tempo trasladaráse á Casa da Cultura)
![Page 8: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022051914/60055c8a3376bd75d1448226/html5/thumbnails/8.jpg)
Contacontos na Biblioteca
Os Contos da Curuxa Catuxa
Programa anual de animación á lectura da Biblioteca Pública Municipal
de Sada
Entrada gratuita, Aforo limitado
Venres 21 de setembro
Función ás 18:30 horas
![Page 9: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022051914/60055c8a3376bd75d1448226/html5/thumbnails/9.jpg)
Casa da Cultura: Exposición de obras
de
Antonio Quintia Basoa
Capela de San Roque:
Exposición de obras de
Manuel Suárez
de Concha
Exposicións
![Page 10: PROGRAMACIÓN CULTURAL SETEMBRO 2018...XIV Mostra de Teatro Afeccionado Premios Lugrís Freire Sábado 15 de setembro 20h “Algo pasa con Paco” Cía. O Aturuxo de Melpómene Paco](https://reader034.fdocumento.com/reader034/viewer/2022051914/60055c8a3376bd75d1448226/html5/thumbnails/10.jpg)
A programación pódese ver alterada por necesidades de axenda ou outras circunstancias
Información actualizada nas páxinas web do Concello:
www.concellodesada.com www.facebook.com/culturasada www.instagram.com/sada.cul/
e no teléfono 981 619 115
Coa colaboración de:
Organiza:
-Aforo Limitado
-No auditorio non está permitido o consumo de alimentos e/ou bebidas
-Rógase a máxima puntualidade
-A taquilla dispón de cambio limitado, pola súa comodidade rogamos veñan co importe
axustado
Concellería de Cultura e Praias