PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a...

31
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e COMPLEMENTARIAS Curso 2019 / 2020

Transcript of PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a...

Page 1: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

PROGRAMACIÓN DE

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e COMPLEMENTARIAS

Curso 2019 / 2020

Page 2: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

2

ÍNDICE

1. Introducción

2. Obxectivos:

A)Obxectivos xerais

B) Obxectivos específicos

3. Funcionamento do departamento de actividades extraescolares

4. Actividades e eventos programados

A) Celebracións

B) Xornadas

C) Colaboración con outras entidades

D) Proxectos e plans

E) Festuvais e Eventos

5. Actividades por departamentos didácticos

6. Actividades multidisciplinares

Page 3: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

3

1.- Introducción

As características do noso centro, en canto ao número de actividades propostas e a implicación dos

distintos Departamentos, fai das actividades extraescolares e complementarias un punto de grande

importancia dentro da nosa programación xeral anual.

Así mesmo no noso centro lévase a cabo varios plans, proxectos e programas que implican a diferentes

estamentos e que conlevan a organización de eventos e actividades moi diferentes tanto na súa natureza

como nos seus participantes. Seguirase a solicitar dentro do Contrato-Programa coa Consellería de

Educación a actuación “Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia” o que conleva a

organización e xestión dunha serie de actividades extraescolares e complementarias para acadar este fin.

Unha característica deste centro e que contamos con alumnado de ESO, Bacherelato e Ciclos de

Formación Profesional, dous horarios lectivos diferentes e e dous edificios o que dificulta grandemente

a organización de actividades conxuntas.

Neste curso o horario de vicedirección só contará cunha hora lectiva cada 15 días para coordinar e traballar

co profesorado responsable da biblioteca o que dificultará a coordinación de actividades propostas pola

biblioteca.

Contamos tamén este ano con dúas seccións bilingües en Inglés e Francés así como cunha Auxiliar de

conversa para Francés. Esperamos que estas incorporacións conleven un enriquecemento e un aumento

de actividades onde os idiomas sexan o eixo vertebrador.

Seguimos a contar neste curso cun coro que organiza e leva o profesor de Música, Paco Jordá.

Programaránse varias actuacións do mesmo dentro do centro e participará en encontros e festivais fóra.

Asemade, fixéronse cambios no protocolo de solicitude e organización das actividades extraescolares e

complementarias co fin de mellorar a coordinación entre os distintos estamentos que están implicados na

realización dunha actividade. Tamén engadíronse novas normas que se teñen que cumplir nas actividades

extraescolares co fin de cubrir e paliar situacións que se poden dar sobre todo cando a actividade é fóra

do recinto escolar.

Page 4: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

4

2.- Obxectivos

A) Obxectivos xerais

Esta vicedirección proponse os seguintes obxectivos xerais:

a) Dinamizar as actividades de tipo cultural e deportivas no noso centro buscando a colaboración dos/as

alumnos/as na organización, control e desenvolvemento das mesmas.

b) Procurar que as actividades programadas sirvan para que o alumnado se relacione con outras persoas

e participe en actividades de grupo con actitudes tolerantes e solidarias, superando inhibicións e

prexuicios e mostrando unha actitude crítica e reflexiva.

c) Fomentar a convivencia entre os distintos membros da comunidades educativa.

d) Fomentar a celebración de datas e conmemoracións mais salientables do ano con actividades didácticas

nas aulas e no centro.

e) Procurar a colaboración en actividades extraescolares con outros centros educativos e institucións da

zona.

f) Potenciación da participación dos alumnos en actividades interdisciplinares promovidas polo concello,

asociacións... a través da titoría ou outras materias.

g) Implicar aos alumnos das ensinanzas de ciclos e de adultos nas actividades do centro.

B) Obxectivos específicos

Esta vicedirección proponse os seguintes obxectivos específicos:

- Os obxectivos específicos de cada unha das áreas involucradas nas distintas actividades.

- Contabilizar o número de horas de actividades extraescolares e complementarias por nivel e grupo para

repartir o mellor posible estas para un maior aproveitamento. Asemade, con este control preténdese

cumprir coas normas para a realización de actividades extraescolares e complementarias aprobadas polo

Consello Escolar e que entraron en funcionamento no curso 17/18 e a súas modificacións que se aplicarán

a partir deste curso.

- Dar a coñecer a toda a comunidade educativa, país e veciños as actividades extraescolares e

complementarias e de colaboración con diversas entidades, que aquí se realizan.

Page 5: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

5

- Unha maior implicación e colaboración da vicedirección na organización de eventos cos grupos

dinamizadores do centro: biblioteca, normalización lingüística, departamentos didácticos e orientación.

- Unha maior implicación e organización na organización de eventos cos responsables dos distintos plans

e proxectos que se levan a cabo no centro: Rede de centros solidarios, Acción Titorial , convivencia e

mediación…...

- Mellorar a difusión entre o profesorado de toda a oferta que ao longo de todo o curso vai chegando á

vicedireccíón e que abrangue a moitos campos e moitas institucións.

- Manter e mellorar si cabe a relación do centro coas institucións da súa contorna: Colexios adscritos, IES

Urbano Lugrís, e Centro Cívico entre outros.

- Mellorar todo o posible a organización de actividades extraescolares para un maior aproveitamento das

mesmas.

- Coordinar aos distintos departamentos didácticos para que unha mesma actividade poda ser de

aproveitamento para varias materias.

- Colaborar co Club de Lectura do centro.

- Utilización e mellora da páxina web do centro como instrumento de comunicación e difusión das

actividades realizadas no centro.

- Implementar no centro proxectos e plans que sexan de interés e proveito para toda a comunidades

educativa.

- Colaborar co coro do instituto.

- Colaborar e fomentar actividades relacionadas coas seccións bilingües do centro.

Page 6: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

6

3.- Funcionamento do departamento de actividades extraescolares

As actividades extraescolares e complementarias que figuran na programación foron propostas

polos departamentos didácticos, e departamento de actividades complementarias e extraescolares ao longo

do mes de setembro no curso 19/20, ditas actividades foron recollidas polo Departamento de Actividades

Extraescolares e Complementarias e en acordo coa Xefatura de Estudios foi elaborado o calendario que

mais abaixo se recolle.

Estas actividades poden verse ampliadas ao longo do curso a proposta de calquera membro do

colectivo escolar, co consentimento do director e dos profesores que se vexan afectados por ditas

actividades e sempre que non incumpran as normas sobre a organización de actividades extraescolares que

entran en funcionamento neste curso e que se especifican neste documento.

Asemade, algunhas destas actividades non se realizarán por problemas alleos ao noso centro ou

porque o grupo ao que van dirixidas sobrepasa o número de horas lectivas adicadas a actividades

complementarias desa materia.

1. Normas para a organización e desenvolvento das Actividades Extraescolares e

Complementarias.

Cada departamento programará atendendo as seguintes normas:

I. Haberá unha actividade por grupo ou varias que supoñan un máximo de 6 horas lectivas

agás en segundo de bacharelato que só poderán ter actividades organizadas polo

departamento de Orientación e por un máximo de 12 horas. Excepcional mente poderase

organizar algunha actividade para este nivel sempre que o departamento o xustifique , a

dirección á aprobe e o profesorado que tiña clase ceda esa hora lectiva para dita actividade.

II. As actividades do departamento de Orientación non terán a consideración de actividades

complementarias ou extraescolares, aínda que se intentará non sobrepasar as 12 sesións

adicadas a estas labores de orientación en cada grupo.

III. Preferiblemente realizaránse as actividades no 1º e 2º trimestre

IV. Preferiblemente nos cursos de nivel máis baixo

Page 7: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

7

V. Procurarase non poñer as actividades extraescolares para un grupo no mesmo día da

semana e na mesma franxa horario par non afectar sempre a mesma materia.

VI. Non haberá actividades extraescolare e complementarias nas dúas semanas antes de cada

avaliación

VII. Non haberá actividades extraescolares no mes de maio agás as organizadas en torno o Día

das Letras.

VIII. Non haberá actividades extraescoalres e complementarias no mes de Xuño agás na última

semana de curso sempre e cando non interfiran con exames. Excepcionalmente pódese

organizar algunha actividade neste mes sempre que o departamento o xustifique, a

dirección á aprobe e o profesorado que tiña clase ceda esa hora lectiva para dita actividade.

IX. A vicedirección do centro organizará os festivais de Magosto e Antroido sempre en cando

haxa unha participación significativa do alumnado ( O 75% mínimo por grupo). A

vicedirección organizará un festival por vacacións de Nadal e fin de curso sempre en cando

algún departamento didáctico teña algún proxecto para levar a cabo.

X. Anularase unha actividade de non participar os 75% do alumnado matriculado nesa materia

e grupo.

XI. A lista do alumnado participante así como a recaudación para axuda do transporte

entregarase na vicedirección dous días antes da data de realización da actividade

XII. Todo o alumnado que non xustifique documentalmente a falta a unha actividade

extraescolar ou complementaria á que estaba anotado e tiña pagado terá un apercibimento

e será informada a súa familia.

XIII. Non poderá asistir a unha actividade extraescolar o complementaria que se realice fóra do

centro ningún alumno con apercibimentos agás o autorice a Xefatura de Estudios.

XIV. Nas actividades que se realicen nas instalacións do centro o alumnado estará todo o tempo

acompañado do profesorado que tiña clase con eses grupos nese horario.

XV. Cando a actividade se realice fóra das instalacións do centro, o departamento organizador

especificará á vicedirección o profesorado acompañante e procurarase que a ausencia de

ditos profesores afecte o menos posible ao correcto desenvolvemento da xornada lectiva

no centro.

Page 8: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

8

XVI. Nas actividades complementarias e extraescolares fóra das instalacións do centro o

alumnado estará acompañado en todo momento por profesorado nunha proporción

mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15

alumnos por profesor no caso de pernoctar. Naquelas actividades que sexan 20 ou menos

de 20 alumnos irán dous profesores acompañando ao alumnado.

XVII. A vicedirección organizará unha excursión para o alumnado de 4º de ESO de fin de ciclo

sempre en cando estén interesados como mínimo o 50% do alumnado e haxa o profesorado

voluntario suficiente para acompañalos. Esta viaxe será a semana anterior ou posterior á 2ª

avaliación o una última semana de Xuño .

a) Organización:

O Departamento de AEC colaborará cos distintos Departamentos para a organización das

distintas actividades podendo delegar a organización ou contratación de servizos aos Departamentos

implicados na actividades.

Nas actividades propostas deberán de terse en conta unha serie de puntos importantes para o

adecuado desenvolvemento das mesmas:

a) Comunicar coa suficiente antelación á vicedirección as datas e horarios de saída e chegada ao

centro.

b) Concretar os niveis e grupos aos que vai dirixida a actividade.

c) Custo para os alumn@s e prazo de pago.

d) Cumprimentar os permisos necesarios.

Asemade, para solicitar e organizar unha actividade extraescolar ou complementaria seguirase o

seguinte protocolo:

1º.- Escollida a actividade, a data e o alumnado á que vai dirixida, o profesor/a comunícarao á

vicedirección quien comprobará que non hai ningún inconvinte para a realización de dita

actividade (coincidencia con outras actividades, obradoiros en titorias, exames,..)

2º.- O profesorado responsable da actividade elaborará as listas do alumnado asistente e

recaudará a aportación dos alumnos para o autobús, e elaborará e recollerá firmado polas

Page 9: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

9

familias un permiso de asistencia á actividade.Tanto a listaxe como a recaudación entregaránse

en vicedirección 48 horas antes da realización da actividade e o permiso das familias o

gardará o profesorado. Asemade, o profesorado organizador da actividade buscará

profesorado voluntario para acompañar ao alumnado preferiblemente entre os profesores

que tiñan clase con eses alumnos e tendo en conta a ratio de 20 alumnos/profesor.

3º.- O profesorado organizador da actividade será o encargado de revisar os listados co xefe

de estudios para detectar a aquel alumnado que por diversas razón (faltas de orden, problemas

de comportamiento,…) non deba asistir á actividade. Unha vez revisados, o profesorado

organizador e/ou a vicedirección dará aos titores unha copia para que poidan xustificar as

faltas do alumnado asistente.

4º.- Rógase a todo o profesorado que teña clase con grupos asistentes a actividades, pase lista

e cargue as faltas no XADE co fin de detectar ao alumnado que non tendo permiso para

asistir a unha actividade, non asiste ao instituto.

Page 10: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

10

4.- Actividades e eventos programados

A) Conmemoracións

A presente programación xurde en total acordo coa ORDEN de 20 de xuño de 2019 pola que

se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos

públicos na Comunidad Autónoma de Galicia, tendo presente as datas de inicio do 16 de setembro

do 2019 e a de remate o 19 de xuño do 2020, ambos os dous inclusive, así como os períodos de

vacacións.

Nesta Orde veñen reflectidos as seguintes datas de conmemoracións:

– 20 de novembro de 2019: Día Universal da Infancia.

– 25 de novembro de 2019: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

– Do 2 al 9 de decembro de 2019: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.

– 3 de decembro de 2019: Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

– 10 de decembro de 2019: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

– 30 de xaneiro de 2019: Día Escolar da no Violencia e da Paz.

– 8 de marzo de 2020: Día Internacional da Muller.

– 15 de marzo de 2020: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

– Do 9 al 13 de marzo de 2020: Semana da Prensa.

– 7 de abril de 2020: Día Mundial da Saúde.

– Entre o 20 e o 24 de abril de 2020: Semana do Libro.

– 2 de maio de 2020: Día Internacional contra o Acoso Escolar.

– 9 de maio de 2020: Día de Europa.

Page 11: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

11

– Do 11 ao 15 de maio de 2020: Semana das Letras Galegas.

– 5 de xuño de 2020: Día Mundial do Medio Ambente.

B) Xornadas

Ao longo do curso organizaránse dende a dirección do centro e coa colaboración do departamento de

Orientación as seguintes xornadas:

- Xornada de acollida ao alumnado de 6º de primaria dos centros adscritos no mes de febreiro.

- Xornada de acollida aos pais do alumnado de 6º de primaria dos centros adscritos, no mes de

febreiro.

C) Colaboración con outras entidades

Como en cursos pasados, este centro colaborará con diversas entidades e fundacións. Están

programadas as seguintes actividades:

- Charlas informativas para 2º de Bacharelato, a cargo de persoal do Centro de Transfusión de

Galicia, co obxecto de concienciar ao alumnado, potenciais doantes no futuro, sobre as virtudes

deste acto altruísta.

- Doazón de sangue de alumnos de Ciclos Formativos, bacharelato e profesorado na unidade

móbil do Centro de Transfusión de Galicia que estacionará diante do Instituto; no mes de

decembro.

- Recollida de roupa de segunda man e calzado en colaboración con GLORR Fundación no mes

de outubro e maio.

- Recollida de alimentos para o Banco de Alimentos Rías Altas.

- Visita da Cruz Vermella ao alumnado de ciclos para unha charla–conferencia sobre primeiros

auxilios.

Page 12: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

12

- Programa “Antenas de Información Xuvenil” Encárganse de intermediar entre o Centro

Municipal de Información Xuvenil e o centro, trasladando a información relevante para o

alumnado. Para elo manteñen actualizados dous taboleiros (un no edificio de FP e outro no de

ESO), coordínanse co CMIX e asisten a reunións e encontros formativos. O Xefe de Estudos de

Adultos (Mariano Pazos) e a orientadora do centro colaboran incorporando á web do centro un

boletín informativo semanal que nos envía o CMIX.

- Obradoiros do plan Educa do concello da Coruña que se programarán dentro do Plan de Acción

Titorial do centro.

- O programa “Emprendimiento en FP” da Fundación Repsol ca colaboración do Centro

Internacional Santander Emprendimiento (CISE). Parte do noso alumnado de ciclos de FP e

profesores do mesmo participarán durante este curso neste proxecto da Fundación Repsol que

pretende fomentar a cultura emprendedora no ámbito de FP a través dun modelo de traballo

que pon en contacto a empresas, sistema educativo en FP mercado e sociedade.

- Programa “Di K Non”: Talleres para a prevención do consumo de drogas da Fundación

Barrié: O departamento de Orientación solicita a participación do noso alumnado de 2º e 3º de

ESO nesta iniciativa. A Fundación Barrié organiza, en colaboración coa Unidade Terapéutica e

Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro (A Coruña), estes talleres Di K Non para a

prevención do consumo de drogas en adolescentes.

A actividade, basada no intercambio de experiencias con internos da Unidad Terapéutica

Educativa do Centro Penitenciario de Teixeiro, desenvólvese en duas sesións: a primeira ten

lugar no centro educativo; a segunda realizarase no Centro Penitenciario, permitindo ao

alumnado adentrarse na realidade das persoas privadas de liberdade. As datas de celebración

marcáas a Fundación e son desde outubro 2019 ata abril 2020.

Page 13: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

13

D) Proxectos e plans

Neste curso levaránse a cabo os seguintes proxectos e plans:

- Plan Proxecta: Rede de Centros Escolares Solidarios : IES A Sardiñeira decide participar un

ano mais na Rede de Centros Escolares Solidarios e, ante o éxito de participación do curso

pasado do alumnado de Formación Profesional, decídese continuar co mesmo proxecto. A

educación en valores e, especialmente a solidaridade, debe ser un tema trasversal a ter en conta

en todos os niveis educativos. Por esta razón, aínda que o peso do proxecto recaerá no alumnado

de Formación Profesional, vaise involucrar a todo o alumnado do instituto.Este proxecto está

tan arraigado na comunidade educativa e no entorno que xa antes de solicitalo temos previstas

duas colaboracións, unha coa Fundación Glorr, para recollida de roupa, e outra, co Banco de

Alimentos Rías Altas, para participar na gran recollida de alimentos que organizan cada ano no

mes de decembro.

- Plan Proxecta: “Donas de si”: Este proxecto ten como propósito común, tanto para o

alumnado como para os docentes, promover a educación en igualdade, a visualizaciónda figura

feminina e a súa contribución ao desenvolvemento social e histórico. Neste proxecto

participarán tres grupos de 1º da ESO. Os docentes que imparten clases nestes grupos,

planificarán o traballo de modo organizativo e interdisciplinar baseándose no material didáctico

ofrecido pola Consellería, mais tamén no material de elaboración propia.

- Plan Proxecta: “Centros Activos e Saudables”: Neste curso levarase a cabo este proxecto por

primeira vez. Os obxectovos xerais do mesmo son fomentar na totalidade da comunidade

educativa hábitos de vida saudables, referidos especialmente á actividade física, empregando esta

última como mecanismo para ocupar o seu tempo de lecer e como forma de recreación e

desfrute , loitar contra o sedentarismo e o uso abusivo dos dispositivos dixitais(móbiles,

tablets...), creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a súa vida e

fomentar a capacidade tanto en docentes como alumnado para actuar dedinamizadores dunha

vida activa e saudable entre os axentes sociais (familias, amigos) da súa contorna, coñecendo

tódolos recursos existentes na mesma entre outros obxectivos. O enfoque fundamental do

Proxecto Deportivo do noso centro baséase nos chamados “Recreos Activos” , no cal se poñen

en práctica diferentes actividades fisico-deportivas a través da practica de deportes, tanto

convencionais coma alternativos, organizados e estruturados previamente.

Page 14: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

14

- Contrato- programa : O noso instituto solicitará un contrato-programa coa Consellería de

Educación que contemplará varias actuacións sendo aunha delas “Mellora do nivel de

coñecementos para acadar a excelencia”. Neste curso programarase unha serie de actividades

encamiñadas a fomentar o coñecemento das Ciencias e da Tecnoloxía entre todos os alumnos do

centro. Asemade, traballarase a competencia lingüística sobre todo na súa vertiente oral mediante

un obradoiro de radio que impartirá unha periodista deste medio para o alumnado da materia de

Oratoria da sección bilingüe en francés. Tamén se traballara dentro da materia de 1º de

Bacharelato “Obradoiro de expresión oral e escrita” esta competencia elaborando un spot

publicitario que participará nun concurso da Deputación Provincial.

- Dentro do marco deste contrato se solicitará tamén as actuacións “Iguala-T, Convive e Inclúe-

T nas que se integrarán toda unha serie de obradoiros e actividades encamiñadas á mellora da

convivencia no noso centro, como un obradoiro sobre Acoso Escolar o a presentación ao

alumnado de 1º e 2º de ESO da Mediación. Tamén traballaremos aspectos como a Igualdade,

Sensibilización sobre a Diversidade ou Relacións de Parella entre moitos outros.

Dentro dos contratos programa, pedirase a actuación Refórza-T para alumnado de 1º e 2º de

ESO. O programa pretende: potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado

mellorando as expectativas sobre as súas propias capacidades; axudarlle na formación do seu

autoconcepto e na súa integración social; facilitar a continuidade na progresión da acción educativa;

incrementar a relación e a comunicación coas familias, favorecendo así a súa implicación no

desenvolvemento dos seus fillos e das súas fillas, etc.

Seguindo con este tipo de programa, solicitaránse por primeira vez a actuación segunda “Mellora

das competencias clave. Comunicación lingüística” para o alumnado de 1º de ESO.

Traballarase a competencia lingüística en lingua galega mediate un obradoiro de radio impartido

unha tarde a semana por unha periodista especializada nese medio.

- Clubes de lectura: O profesorado dinamizador da biblioteca organizará varios clubes de lectura:

De adultos, Interniveis,…que desenvolverán ao longo do curso toda unha serie de actividades. Unha

sección do club de lectura participará os días 11 de febreiro e 12 de maio entre as 17 e as 18 horas na realización

de dous programas en directo na emisora de RADIO CUAC FM.

- Proxecto "Emprendimiento en FP 2019" cos alumn@s dos Ciclos de grao Superior, organizado

pola Fundación Repsol e como Partner o Centro Int. Santander de Emprendimiento (CISE).

Page 15: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

15

Obxectivo: promover a cultura do emprendemento de base tecnolóxica entre estudantes de ciclos

superiores de FP e seus profesores.

- Coruña Educa 19/20: O departamento de Orientación ten programado toda unha serie de

Obradoiros incuídos no Plan de acción titorial pertencentes a plan Coruña Educa.

- Proxecto ERASMUS: O noso centro pentence a un consorcio para programas de movilidade de FP, tanto de alumnado como de profesorado. Os proxectos nos que estamos participando actualmente son:

KA102: movilidades de profesorado e alumnado de CM.

KA103: movilidades de profesorado e alumnado de CS.

KA107: movilidades entre países do programa e asociados para CS

Neste curso solicitarase un novo proxecto Erasmus para o centro, concretamente será o KA101 “Movilidade de persoal de Educación Escolar” . A convocatoria será en xaneiro e solicitarase un proxecto dun curso ou dous de duración para movilidades de alumnado e profesorado.

- Programa Inicia do Concello da Coruña: Programa de difusión do espíritu

emprendedor entre o alumnado de Ciclos formativos, mediante a titorización/mentorización dos

seus proxectos empresariais. Teremos ao longo do curso 3 sesións de traballo de dúas horas de

duración co alumnado de 2º curso de Química Industrial. Este programa foi solicitado polas

profesoras de FOL.

- Movilidades da FP Dual: Este curso solicitouse participar co noso alumnado de Dual Repsol

neste proxecto da Consellería de Educación. Faránse visitas a empresas doutros países. A

primeira visita que se fará será a Portugal, visitando entre outras cousas a refinería de Galp en

Sines.

- Proxecto PROEM: O departamento de Economía participará no proxecto PROEM, en

colaboración coa Asociación de Empresarios do Polígono Indsutrial de A Grela, que implica a

realización de actividades na aula por parte dunha técnico pertencente á asociación e a realización

de, como mínimo, dúas saídas do alumnado fora do IES para a visita de empresas e institucións.

O alumnado implicado será o que cursa “Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial”

en 4º de ESO.

Page 16: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

16

E) Festivais e Eventos

Neste curso organizaránse os seguintes festivais e eventos:

- Día da Ciencia en Galego: O alumnado dos ciclos de FP organizarán obradoiros divulgativos para

todo o alumnado de ESO y Bacharelato.

- Magosto: celebrarase como remate do Día da Ciencia en galego para todo o alumnado e todo o

profesorado do centro.

- Concurso de disfraces dirixido a todo o alumnado co gallo da celebración do Antroido e organizado

pola vicedirección.

- Graduación da promoción 2018/2020 de bacharelato .

Page 17: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

17

5.- Actividades por departamentos didácticos

Bioloxía e Xeoloxía

- Todas las actividades están sometidas a la solicitud de cita previa, y por lo tanto las fechas para su

realización las deciden las Instituciones que se visitan.

- Por estrategia pedagógica, siempre se procura que coincidan con los desarrollos de las unidades

respectivas, pero no siempre es posible.

- Los alumnos que realizan las visitas son siempre los de Primer curso de Bachillerato, matriculados en las

asignaturas de Biología y Geología, y Cultura Científica, pero si las circunstancias lo permiten pueden

arbitrarse otras para los alumnos de ESO.

Unidad del Agua:

Visita a la Planta Potabilizadora de aguas de La Telva.

Visita a la EDAR de Bens.

Unidad de Sostenibilidad:

Visita a la Central Térmica de Lignito, de Pontes de García Rodríguez.

Visita a la central Térmica de Ciclo Combinado, de Pontes de García Rodríguez.

Visita al Parque Eólico Experimental de Sotavento.

Astronomía:

Jornadas Anuales de Astronomía.

Esta actividad se organiza por la tarde – noche, y su realización depende de la disponibilidad de los

astrónomos que la imparten, las características astronómicas del momento (visibilidad de la Luna, planetas,

etc.), y obviamente, de las condiciones meteorológicas.

Consideraciones generales:

La duración de las actividades es de jornada de mañana completa, de 8:45 a 14:15, a excepción de las que

corresponden a la unidad del Agua, que son más cortas, y las de Astronomía, que son nocturnas.

Independientemente de estas actividades, cuya programación y realización se viene produciendo en los

últimos 15 años, hay otras que resulta imposible preverlas, por aparecer su oferta para solicitarlas de forma

sobrevenida, por lo que resulta imposible incluirlas en esta relación.

Page 18: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

18

Todas las actividades están supervisadas y desarrolladas EXCLUSIVAMENTE por profesores de este

departamento.

Departamento Ciclos de Química.

Celebración do “Día da ciencia en galego”, montando prácticas para amosalas a comunidade educativa, coincidindo ca celebración do magosto no Instituto. Excursións-visitas. Realización de tres saídas por trimestre, cos alumnos (un ou dous grupos por excursión, segundo o número

de alumnos que nos acepten nas empresas), para visitar empresas do sector relacionadas co Currículo dos

Ciclos de FP Química. En xeral, unha das visitas do trimestre durará todo o día (cando a viaxe é lonxe,

visitarase unha empresa pola mañá e outra pola tarde, para aproveitar dita saída). Intentarase que cada

curso teña dúas saídas durante o curso.

Posibles empresas a visitar:

AIMEN, Porriño.

Fundación Galega de Medicina Xenómica, Santiago.

APPLUS, Sada.

LIGAL, Mabegondo.

Laboratorio de Mediambiente de Galicia, A Coruña.

ENCE, Pontevedra.

EMALCSA, Cambre.

EDAR de BENS, A Coruña.

Bioetanol.

Estrella Galicia

Navantia

Nota: Estas actividades poden sufrir modificacións tanto no trimestre da súa realización como a empresa

a visitar (problemas na xestión cas distintas empresas). Tamén podería aparecer algunha nova visita ou

actividade, si durante o curso a ofertara algunha empresa ou institución e fora de interese para os nosos

alumnos de Ciclos.

Page 19: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

19

Economía:

Durante o curso 2019/20, o Departamento de Economía ten previsto realizar as seguintes actividades:

Participación no proxecto PROEM, en colaboración coa Asociación de Empresarios do

Polígono Industrial de A Grela, que implica a realización de actividades na aula por parte dunha

técnico pertencente á asociación e a realización de, como mínimo, dúas saídas do alumnado fora

do IES para a visita de empresas e institucións. O alumnado implicado será o que cursa

Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial (IAEE) de 4º de ESO.

Diversas charlas que podan xurdir no IES ou noutras institucións próxima relacionadas coas

materias do Departamento (cámaras de comercio, asociación de jóvenes empresarios, etc.).

Filosofía

"No momento en que se redacta esta programación, tórnase imposíbel facer unha planificación detallada

de actividades complementarias, pois dependerá moito da oferta cultural dispoñíbel na cidade e da

natural necesidade de non perturbarmos o desenvolvemento das actividades estritamente académicas por

parte do profesorado e doutros departamentos.

Colaborarase, como xa vén sendo habitual, coas actividades propostas pola Biblioteca do centro e tamén

con aquelas outras que poidan resultar de interese para o noso alumnado."

Page 20: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

20

Inglés:

DATA ACTIVIDADE GRUPOS

16 decembro

2ª sesión

Sesión de contacontos galego inglés. 1º E.S.O.-

16 decembro

1ª sesión

Sesión de contacontos galego inglés. 2º E.S.O.

Sin determinar. Asistencia obra teatro. Sin determinar.

Sin determinar. Roteiro pola Coruña visitando lugares

relacionados coa lingua inglesa.

Sin determinar

Todas aquelas que puideran xurdir para

completar a formación do alumnado.

Page 21: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

21

Física e Química:

Durante o curso escolar, para afondar nos estándares de aprendizaxe avaliables máis prácticos,

realizaranse as seguintes actividades en conxunto co departamento de Tecnoloxía:

DATA ACTIVIDADE GRUPOS

17, 18 e 19 de

DECEMBRO

MUNCYT – VISITA GUIADA + TALLER

ELECTRICIDADE/QUÍMICA

2º-3º ESO

FEBREIRO CONMEMORACIÓN DÍA DA NENA E DA

MULLER NA CIENCIA (TALLER,

CHARLA...)

2º-3º ESO

2ª TRIMESTRE TALLER REPSOL (NO PROPIO CENTRO) 3º ESO

PRIMEIRO

SÁBADO DE MAIO

XXV DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2º,3º,4º

ESO e 1º

Bach

15 DE MAIO CIQUS - VISITA GUIADA 4º ESO-1º

Bach

Ademais realizaranse todas aquelas actividades que ao longo do curso poidan xurdir e sexan de

interés para o departamento.

Francés:

As actividades do Departamento de francés están dirixidas exclusivamente ao alumnado de francés.

-Saídas ó teatro escolar en lingua francesa en Galicia.

-Participación no Festival anual da Francofonía. (2º ESO a 1º Bacharelato)

- Colaboración con outros Departamentos, especialmente cos que teñen asignada a Sección Bilingüe

de Francés, na realización de actividades.

-Celebración de festividades.

-Contacontos en francés.

-Roteiros culturais plurilingües (Ex. Pegada dos pobos celtas)

-Presentación de alumnos, de forma voluntaria, as probas DELF.

-Participación nas actividades propostas pola biblioteca.

-Semana Cultural: participación nos obradoiros e outras actividades.

Page 22: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

22

-Saídas culturais do centro para visitar exposicións, realizar actividades culturais,…

-Ateliers gastronómicos e culturais: concours de desserts.

-Concursos, gymkanas para estimular ó alumno na aprendizaxe

-Dentro da aula ou noutros espazos , se é o caso, celebraremos distintas actividades de cultura

francesa. Se é posible intentarase agrupar ós alumnos de francés e invitar o resto do alumnado na

celebración da algunha actividade.

Intentaremos conmemorar estas actividades:

-Le 25 novembre: la Sainte Catherine. Porter un chapeau extravagant

- Le 31 octobre: halloween

-Noël

-La Chandeleur: le 2 février on mange des crêpes.

- Le14 février: La Saint- Valentin ou fête des amoureux.

-Mardi Gras

-Pâques

- Le 8 mai: fin de la Seconde Guerre Mondiale

- Le 9 mai: Journée de l’Europe

- Le 21 juin: la fête de la musique. Festival de baile e canción francesas para final de curso.

- Aquelas outras que a profesora considere de importancia relevante para o achegamento do

alumno á cultura e realidade francesas e francófonas.

Latín e Grego

DATA ACTIVIDADE GRUPOS

Marzo

(data sen confirmar)

Teatro Grecolatino

(A Coruña)

3º ESO B (Cultura

Clásica)

3º PMAR (Cultura

Clásica)

4º ESO B (Latín)

Page 23: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

23

Lingua castelá e literatura:

*Nota 1: Require financiación.

*Nota 2: En principio, con seguridade para 4º da ESO; dependendo do número de alumnos para o bus,

engadiríamos tamén o alumnado de 3º.

Observación: Esta programación pode sufrir variacións ou ampliacións: non contamos aínda con toda

a oferta de actividades (obras de teatro, exposicións…) e se chegara algunha outra proposta de

interese para o alumnado trataríamos de organizala.

DATA ACTIVIDADE GRUPOS

1ª avaliación (data

exacta pendente de

determinar)

Representación teatral de Don Juan Tenorio 4º ESO e 1º BAC

Pendente de

determinar

Obradoiro de poesía (no centro, un martes pola

tarde)*

1º BAC

2ª avaliación Visita das instalacións de La Voz de Galicia 4º ESO e ¿3º ESO?*

Page 24: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

24

Lingua e literatura galega:

Outras actividades nas que o departamento quere participar pero que aínda non están programadas por

motivos alleos ao departamento son:

a.- Participación na oferta municipal Todo público:

S1º Contos da fantástica tía Pilar

S4º Feirantes

B1º A carreta pantasma

b.- Saídas e roteiros culturais:

S3ºMuseo do Pobo Galego

S3º Casa- Museo Rosalía de Castro/ Rianxo

S4º Roteiro Irmandades da Fala/Visita RAG

B1º Casa-Museo Manuel María

c.- Encontros con autores:

Ana Mª Fernández, Páxinas da carricanta

DATA ACTIVIDADE GRUPOS

Por determinar

decembro

Roteiro Irmandades da Fala/Visita RAG 4º A e 4º B de ESO

Por determinar,

decembro

Casa-museo Manuel María 1º BAC

3 decembro, por

confirmar

Encontro con Antía Yáñez 1º e 2º BAC

16 decembro Contacontos inglés -galego 1º ESO (A,B,C)

2º ESO (A,B,C)

Page 25: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

25

Departamento de Orientación:

Todas as actividades programadas e organizadas polo Departamento de Orientación están coordinadas a través do Plan de Acción Titorial. Levaranse a cabo fundamentalmente nas sesión titoriais presenciais (no caso de ESO) e tamén en sesión lectivas. A proposta de actividades para este curso 2019/2020 será a seguinte:

1º ESO: OBRADOIROS TITORÍA Nº SES. DATAS

Obradoiro "A que tren te sobes?: prevención do consumo de tabaco e alcol". (Coruña Educa)

3 1º Trimestre

Obradoiro de control da ira e resolución de conflitos (Impartido por Fundación Amigo).

2 2º trimestre

Obradorios da OMIC: Novas tecnoloxías e consumo. (Coruña Educa)

1 2º Trimestre

Prevención do acoso escolar (Formación Contrato -Programa)

2 2º trimestre

A rede e as súas redes: Prevención de riscos asociados ao uso de internet. (Coruña Educa)

3 2º trimestre

Nin máis nin menos, só diferentes: Sensibilización sobre a diversidade. (Coruña Educa)

4 3º trimestre

2º ESO + 2ºPMAR: OBRADOIROS TITORÍA Nº SES. DATAS

Obradoiro "Sentidiño na rede: prevención de adicións dixitais". (Coruña Educa)

3 1º trimestre

Obradoiro de control da ira e resolución de conflitos (Impartido por Fundación Amigo).

2 2º trimestre

Prevención do acoso escolar (Formación Contrato -Programa)

2 2º trimestre

Obradoiro "Fuga de cerebros, habilidades sociais frente a ás drogas". (Coruña Educa)

3 2º trimestre

Obradoiro "Libres de etiquetas, socialización diferenciada". (Coruña Educa)

3 3º trimestre

Obradoiro de Primeiros Auxilios (Coruña Educa)

2 1º trimestre

Departamento de Matemáticas Data ACTIVIDADE GRUPOS Novembro-Xaneiro Concurso Fotografía Matemática Todos Febreiro-Abril Concurso Esopías Todos Abril Olimpiada matemática 2º ESO (4 alumnos de 2º ESO) Xaneiro Olimpiada Matemática 2º

Bacharelato (Algún interesado, se houbese, de 2º Bach)

Marzo-Abril Canguro Matemático Alumnos voluntarios de todos os cusos (é pola tarde)

Todas as que poidan xurdir ao longo do curso e o Departamento considere de interese para o alumnado

Page 26: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

26

3º ESO + 3ºPMAR: OBRADOIROS TITORÍA Nº SES. DATAS

Obradoiro "Prevención, abordaxe e xestión de conflitos". (Coruña Educa)

4 1º trimestre

Saúde afectivo - emocional e sexual. (Coruña Educa)

6 2º trimestre

Todos contamos 1: Prevención do consumo de drogas. (Coruña Educa)

3 2º trimestre

Obradoiro "Regularte en parella, como evitar as relacións tóxicas". (Impartido por Fundación Amigo).

2 3º trimestre

4º ESO: OBRADOIROS TITORÍA Nº SES. DATAS

Todos contamos 2: Surfeando as drogas (Coruña Educa)

3 1º trimestre

Obradoiro GENERAZION: Acoso, identidade dixital e marca persoal. (Fundación Cibervoluntarios)

2 1º trimestre

Prevención no uso de internet, redes sociais e xogos interactivos. (Coruña Educa)

2 2º trimestre

Somos dous, eu tamén conto (Relacións de parella sas) (Coruña Educa)

3 2º trimestre

Obradoiro de Primeiros Auxilios (Coruña Educa)

2 2º trimestre

1º CICLO MEDIO FP e 1º CICLOS SUPERIORES: OBRADOIROS TITORÍA Nº SES. DATAS

Obradoiro de prevención de hábitos nocivos asociados ó comezo do consumo de drogas. ALCANCE. (Coruña Educa)

2 1º CS LACC Venres 17 e 24 de xaneiro de 13´25 a 14´15 1º CM Mércores 15 e 22 de xaneiro de 9´35 a 10´25

Obradoiro "Regularte en parella, como evitar as relaciones tóxicas" (Fundación Amigó)

2 1º CS LACC Venres 14 de febreiro de 12´35 a 14´15 1º CM Mércores 12 de febreiro de 9´35 a 11´15

Page 27: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

27

ESO, BACH SESIÓNS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL IMPARTIDAS POLA

ORIENTADORA

Destinatarios 2º ESO (2 sesións) 3º ESO (2 sesións) 4º ESO (4 sesións) 1º BACH (2 sesións) 2º BACH (4 sesións)

Temáticas Orientación académica adaptada a cada curso.

Datas e horario 3º trimestre en titorías e sesións lectivas.

Responsables Orientadora

4º ESO, BACH, FP

IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA

Destinatarios 4º ESO (4 sesións) 1º BACH (8 sesións) 2º BACH (8 sesións) FP (nº de sesións sin concretar)

Temáticas Seminarios de Orientación laboral (Coruña Educa)

Información bolsas - emprego

Información Rede Eures

Acceso á universidade

Coñecemento das titulacións da UDC, USC, UVIGO

Acceso a estudos de FP.

Acceso a ensinanzas de Réxime Especial.

Datas posibles Segunda semana de decembro (Do 9 ó 13 de decembro)

Responsables Departamento de Orientación

4º ESO, BACH, FP

INSCRICIÓN DO ALUMNADO NAS XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E

PROFESIONAL DO CONCELLO (XOUP)

Destinatarios Alumnado de FP, Bach e 4º ESO.

Temáticas - Charlas informativas sobre o acceso á universidade, bolsas, graos,

estudos militares.

- Visitas a centros da cidade para coñecer os ciclos de FP e as

Ensizanzas de Artes.

Datas Abril (a concretar polo Concello), fóra de horario lectivo.

Responsables Dto.de orientación e titores.

Page 28: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

28

ESO, BACH, FP XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE DIVERSIDADES

Destinatarios Alumnado de FP, Bach e ESO.

Temáticas No marco do Contrato - Programa ofreceranse obradoiros de debate e

reflexión para os grupos de alumnos, sobre diferentes diversidades

existentes, contando con diferentes organismos da contorna:

ONG SOS Racismo: Racismo e xenofobia.

ONG ACCEM: Inmigración, refuxio e asilo.

Fundación Secretariado Gitano: Cultura gitana.

Cogami: Discapacidade.

Feafes Galicia: Saúde mental.

Asociación Asperga: Trastorno Ásperger.

Asociación Anhida Coruña: TDAH.

Espazo diverso_Concello A Coruña: Diversidades sexuais.

Datas 1ª XORNADA: 20 de decembro 2019

2ª XORNADA: 3 de Abril 2020

Responsables Dto. de orientación e Vicedirección

2º ESO, 3º ESO PROGRAMA DI K NON (Fundación Barrié)

Destinatarios Alumnado de 2º/ 3º ESO.

Temáticas - Visita ó centro penitenciario de Teixeiro.

- Actividades de sensibilización

Datas 28 de abril 2020: Obradoiro de sensibilización o centro.

5 de maio 2020: Visita ó cárcere de Teixeiro.

Responsables Dto. Orientación, titores e profesorado que colabore no acompañamento.

3º ESO

VISITA FP INNOVA

Destinatarios Alumnado de 3º ESO.

Temáticas Visita grupal e inscrión en obradoiros para coñecer a dimensión práctica

da FP.

Datas Maio (unha xornada lectiva).

Responsables Dto. Orientación, titores e profesorado que colabore no acompañamento.

BACH, FP

VISITA USC (UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Destinatarios 1º e 2º Bacharelato, alumnado de CS interesado.

Data aproximada Un día pola mañá e pola tarde no mes de febreiro. A data é determinada pola UDC.

Responsables Dto. de Orientación e profesorado que colabore no acompañamento.

Page 29: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

29

TODO ALUMNADO

PROGRAMA ANTENAS DE INFORMACIÓN XUVENIL

Actividade - Encárganse de intermediar entre o Centro Municipal de Información Xuvenil e o centro, trasladando a información relevante para o alumnado.

- Coa colaboración dos consexes manteñen actualizados dous taboleiros (un no edificio de FP e outro no de ESO), coordínanse co CMIX e asisten a reunións e encontros formativos.

- O Xefe de Estudos de Nocturo (Mariano Pazos) e a orientadora do centro colaboran incorporando á web do centro un boletín informativo semanal que nos envía o CMIX.

- Os alumnos Antenas son elixidos polo CMIX de todos os alumnos que presenten as súas candidaturas. Haberá dúas Antenas (dous alumnos ou equipos de alumnos), unha no Edificio de FP e outro no Edificio de ESO.

Destinatarios Todo o alumnado

Data De novembro a xuño

Responsables Departamento de Orientación

Relixión Católica:

DATA ACTIVIDADE GRUPOS

1º trimestre

(decembro)

VISITA AO MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS ESO OU 1º BAC

2º trimestre

(marzo)

Taller na escola ecolóxica de Vilasantar e visita a

parroquia A Raíña de Cabrui

ESO

" E todas aquelas que ao longo do curso poidan xurdir

e sexan de interés para o departamento"

Page 30: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

30

Departamento de Xeografía e Historia:

DATA ACTIVIDADE GRUPOS

2º/3º TRIMESTRE VISITA AO MUSEO ARQUEOLÓXICO E

HISTÓRICO DE A CORUÑA OU

VISITA AO DOLMEN DE DOMBATE

1ºA-B-C ESO

2º TRIMESTRE VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

3º A-B-C ESO

2º TRIMESTRE VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES OU

VISITA Á FUNDACIÓN Mª JOSÉ JOVE

4º A-B ESO

1º BACH. HUM

--- CALQUERA EXPOSICIÓN, CONFERENCIA,

ACTIVIDADE… QUE HAXA AO LONGO DO

CURSO E SEXA DE INTERESE PARA O

DEPARTAMENTO

TODOLOS CURSOS

Page 31: PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES e …€¦ · mínima de 1 profesor por 20 alumnos se a actividade non implica pernoctar e de 15 alumnos por profesor no caso de pernoctar.

31

6.- Actividades multidisciplinares

O departamento colaborara ademais outras actividades para o centro:

a) Realización de actividades interdisciplinares para conmemorar aquelas datas de interese

educativo que se producen ó longo do curso, (día da paz, día da constitución, ...) coa

colaboración do claustro, alumnos e distintas institucións.

b) Colaborará na :

a. Semana da Letras en Maio.

b. Celebración do Día da Ciencia en Galego.

c. Celebración da muller e a nena na Ciencia.

d. Conmemoración dos dereitos Humanos, Día das Linguas, Día da Muller

traballadora.

c) Dinamización do centro animando ó alumnado, profesorado e aos pais/nais na realización

de actividades nos últimos días de clase de cada trimestre.

d) Propoñer aos demais titores a posibilidade de viaxar cos alumnos dos seus cursos o remate

do curso a albergues cercanos a pasar unha noite de convivencia entre eles.

e) Colaboración na organización de exposicións nas instalacións do centro que podan xurdir

ao longo do curso.

A Coruña a 1 de outubro de 2018

A Vicedirectora do IES A Sardiñeira

Asdo.: Mª Jesús Pérez Alvariño