PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 1º ESO · modalidades oracionais. Recoñecemento e uso reflexivo dos...

27
Departamento de Lingua e Literatura Galega PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 1º ESO 2013 - 2014 José Antonio Calvo Ces José Antonio González Vilariño

Transcript of PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 1º ESO · modalidades oracionais. Recoñecemento e uso reflexivo dos...

Departamento de

Lingua e Literatura Galega

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

1º ESO

2013 - 2014

José Antonio Calvo Ces

José Antonio González Vilariño

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

2

ÍNDICE

1.- Avaliación Inicial

Modelo xenérico dunha Avaliación Inicial

2.- Obxectivos

3.- Contidos

4.- Procedementos e instrumentos de

avaliación

5.- Competencias básicas

6.- Criterios de Cualificación

7.- Criterios de avaliación

8.- Contidos mínimos exixíbeis para unha

cualificación positiva

9.- Proxecto lector

10.- As TIC e os recursos didácticos

11.- Secuenciación e temporalización.

Programas de Aula

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

3

A MANEIRA DE INTRODUCIÓN…

A aprendizaxe dunha lingua progresa en espiral, o que

significa que a adquisición de novas habilidades debe ir paralela ao

mantemento das xa adquiridas. Por iso, os contidos, as

competencias, os criterios de avaliación e os obxectivos para cada

un dos catro cursos da ESO só se distinguirán no grao de

profundidade en que sexan traballados polo docente e no grao de

autonomía que deberá mostrar o alumnado en función da súa

madureza.

1.- AVALIACIÓN INICIAL

Nos primeiros días do curso, tras as presentacións, realizarase unha

Avaliación Inicial para observar o grao de desenvolvemento das Competencias

Básicas do alumnado. De aí que o importante desa avaliación non sexa

lembrar os contidos traballados no curso anterior senón as habilidades para

poñer en práctica eses contidos. O modelo desa avaliación inicial será

semellante en todos os cursos, cambiarán só os instrumentos de avaliación, é

dicir, os filmes, os textos literarios e os xornais dixitais sobre os que traballará o

alumnado, pois serán elixidos segundo o seu grao de dificultade en relación ao

nivel de aprendizaxe no que se atopa cada alumno/a.

O guión para esa Avaliación inicial será o que segue para 1º da ESO:

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

4

Modelo Avaliación Inicial

1. CUESTIÓNS PERSOAIS

2. AVAL. CONTIDOS

a) Cuestións sinxelas sobre os contidos impartidos en cursos anteriores.

3. AVALIACIÓN DA COMPETENCIA COMUNICATIVA (compr.-expr. Oral)

a) Proxección filme. Recollida notas / apuntamentos. Explicación oral do

recollido.

b) Lectura en voz alta do primeiro texto do curso. Explicación oral do entendido

na lectura.

c) Respostas breves en torno a un cuestionario sobre o filme e/ou o texto..

4. AVALIACIÓN DA COMPETENCIA COMUNICATIVA (compr.-expr. Escrita)

a) Elaboración do argumento do filme.

b) Elaboración dun esquema da lectura.

c) Respostas breves en torno a un cuestionario sobre a lectura.

5. AVALIACIÓN DAS OUTRAS COMPETENCIAS BÁSICAS:

C. para Aprender a

Aprender

C. Dixital C. na Iniciativa

Persoal

C. Social e Cidadá C. Artística

e Cultural

-A través da lectura

do texto e do

esquema sobre o

mesmo.

-A través da

exposición oral do

argumento do filme.

-A través da

capacidade de

autocorrección e

autoavaliación.

-A través da

busca na

rede dun

xornal

dixital e da

súa lectura,

destacando

as novas

importantes

da xornada.

-A través da

busca na rede

dun xornal

dixital e da súa

lectura, sendo

quen de manter

una actitude

crítica ante a

información

recibida.

-A través da

actitude crítica ante

as manifestacións

sexistas e os

valores contrarios

á democracia que

xurdan das

informacións

recibidas nos

distintos filmes e

textos.

-A través da

relación entre

os textos

literarios e as

proxeccións

cinematográfi

cas ou as

audicións

musicais.

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

5

2.- OBXECTIVOS

Tal e como se enumeran no Anexo II do Decreto 133/2007, onde se

desenvolve o currículo da materia de Lingua Galega e Literatura, así

presentamos os obxectivos xerais da área:

1. Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade

social, cultural e académica.

2. Expresarse oralmente de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos

distintos contextos da actividade social, laboral e cultural, adoptando mediante

o diálogo actitudes de respecto e de colaboración cos demais.

3. Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos

distintos contextos da actividade social, laboral e cultural.

4. Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e

analizar información e máis para redactar ou expoñer textos propios do ámbito

académico.

5. Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as Bibliotecas, os medios

de comunicación social e as TIC , para obter, interpretar, elaborar e valorar

informacións de diversos tipos e opinións diferentes.

6. Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de

uso lingüístico para comprender textos orais e escritos e máis para escribir e

falar con adecuación, coherencia e corrección.

7. Comprender as circunstancias que condicionaron a historia social da lingua

galega, afirmándoa como propia de Galiza, así como as que hoxe condicionan

o seu uso, de xeito que se estea en disposición de superar as que supoñen

obstáculos para a súa utilización en calquera contexto e situación.

8. Coñecer e respectar a realidade plurilingüe e pluricultural do Estado Español,

de Europa e do mundo actual, facerse consciente da riqueza que representa e

entender as situacións que provoca o contacto de linguas.

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

6

9. Analizar os diferentes usos sociais das linguas Para evitar os estereotipos

que supoñan xuízos de valor e prexuízos clasistas, racistas ou sexistas.

10. Ler con fluidez, consolidar o hábito lector e facer da lectura fonte de pracer,

de enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo.

11. Comprender textos literarios utilizando os coñecementos sobre as

convencións de cada xénero, os temas e motivos da tradición literaria e os

recursos estilísticos.

12. Aproximarse ao coñecemento do patrimonuio literario e valoralo como un

xeito de simbolizar a experiencia individual e colectiva en diferentes contextos

histórico-culturais.

3.- CONTIDOS

Bloque 1. Comunicación oral. Escoitar e falar.

A) Comprensión de textos.

Tema 1: O acto comunicativo.

Comprensión de textos orais utilizados no ámbito académico, como

presentación de tarefas, instrucións para a súa realización ou

exposicións orais de temáticas variadas.

Desenvolvemento de habilidades de escoita activa. Actitude de interese,

de cooperación e de respecto ante as intervencións dos que falan diante

de nós, sobre todo en exposicións do profesorado ou do alumnado e

mais no traballo colaborativo.

Valoración das producións orais emitidas cunha fonética galega correcta

e actitude crítica ante os prexuízos que se poidan asociar a ela.

Tema 2: Os medios de comunicación.

Comprensión de textos propios dos medios de comunicación,

especialmente de novas de actualidade próximas aos intereses do

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

7

alumnado.

Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes que supoñan calquera tipo

de discriminación, con especial atención ás procedentes dos

informativos dos medios de comunicación.

B) Produción de textos.

Tema 1: O acto comunicativo.

Participación activa en situacións propias do ámbito académico

(aclaracións, opinións, exposicións, conclusións...)

Coherencia entre comunicación verbal e non verbal na produción de

discursos e nas presentacións orais.

Participación en situacións de comunicación reais ou simunladas propias

da vida cotiá do alumnado adoptando o rexistro adecuado.

Valoración do diálogo como medio de resolución de conflitos.

Interese por producir enunciados correctos.

Tema 2: Os medios de comunicación.

Exposición planificada, clara e ordenada coa axuda das TIC, de

informacións da actualidade que interesen ao alumnado tomadas dos

medios de comunicación.

Narración oral coa axuda dos medios audiovisuais e das TIC a partir dun

guión preparado previamente.

Bloque 2. Comunicación escrita. Ler e escribir.

A) Comprensión de textos.

Tema 3: Os textos e os seus tipos.

Comprensión de textos propios da vida cotiá e das relacións sociais en

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

8

ámbitos próximos á experiencia do alumnado (chat, correo electrónico...)

Comprensión de textos do ámbito académico (instrucións, exposicións,

webs educativas, informacións de dicionarios e enciclopedias en

diversos soportes).

Detección do tema e dos subtemas de narracións. Análise do contido de

textos escritos (subliñado das ideas principais, elaboración de esq

uemas, e creación de resumos).

Utilización de modelos para a composición escrita.

Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo correctos, incidindo

especialmente na adecuación aos patróns fonéticos galegos e aos

signos de puntuación.

Tema 4: Os xéneros xornalísticos.

Compresión de textos dos medios de comunicación. Coñecemento da

estrutura dun xornal e atención ao lugar que na mesma ocupan a

información dos feitos e os elementos paratextuais. Distinción das

noticias e das crónicas.

Actitude reflexiva e crítica ante as mensaxes que supoñan calquera tipo

de discriminación, con especial atención ás procedentes das

informacións dos xornais.

B) Produción de textos.

Tema 3: Os textos e os seus tipos.

Produción de textos propios da vida cotiá (normas, mensaxes de chat,

correos electrónicos...)

Composición de textos propios do ámbito académico (conclusións sobre

aprendizaxes realizadas, probas escritas, resumos, esquemas,

exposicións, )

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

9

Composición de narracións e descricións.

Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos,

conrespecto polas normas gramaticais e ortográficas...

Tema 4: Os xéneros xornalísticos.

Composición de textos propios dos medios de comunicación impresos

ou dixitais, especialmente noticias (artigos xornalísticos).

Uso das TIC para elaborar textos escritos aproveitando as posibilidades

dos procesadores de textos, dos correctores ortográficos e de

determinados programas informáticos que axudan a presentar

adecuadamente os traballos.

Bloque 3. Funcionamento da lingua.

Tema 5: A ortografía.

Uso reflexivo da puntuación e das normas ortográficas, con aprecio dos

seus valores funcionais e sociais.

Reflexión básica acerca daqueles aspectos da fonética e da fonoloxía do

galego onde poidan producirse interferencias. Práctica mediante a

lectura de textos).

Tema 6: O léxico.

Uso dun léxico suficientemente amplo e preciso, con incorporación de

fraseoloxía e de vocabulario temático a partir de campos

identificados nos textos traballados na aula.

Interpretación e aproveitamento das informacións lingüísticas que

ofrecen os dicionarios e as obras de consulta.

Tema 7: A gramática.

Recoñecemento das intencións comunicativas expresadas a través das

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

10

modalidades oracionais.

Recoñecemento e uso reflexivo dos mecanismos de cohesión textual

(deíxe persoal, nexos e conectores temporais e explicativos).

Recoñecemento da diferenza entre palabras flexivas e non flexivas.

Recoñecemento das categorías gramaticais básicas (substantivos,

adxectivos, pronomes, verbos, adverbios).

Comprensión das regras de concordancia e das funcións sintácticas

básicas no seo da oración.

Uso das estratexias de autoavaliación e autocorrección, aceptando o

erro como parte do proceso de aprendizaxe.

Bloque 4. Lingua e sociedade.

Tema 8: Dúas linguas nunha sociedade.

Coñecemento do feito plurilingüe e pluricultural no mundo e no Estado

español, valorando positivamente o plurilingüismo como expresión da

riqueza cultural da humanidade. (A diversidade lingüística).

Coñecemento da realidade lingüística de Galiza. Observación da

situación socilingüística en canto a usos e actitudes no contorno máis

próximo. (Os hábitos lingüísticos).

Consciencia das potencialidades de enriquecemento persoal e colectivo

do uso normalizado da lingua galega, afirmando o plurilingüismo. (A loita

contra os prexuízos lingüísticos).

Observación das principais diferenzas entre usos de distintos niveis e

rexistros. (Os niveis de lingua).

Pequena aproximación á historia da lingua galega. (As orixes do galego:

elementos constituíntes do Léxico).

Bloque 5. Educación literaria.

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

11

Tema 9: Literalúdica.

Comparación entre textos literarios e non literarios. Recoñecemento dos

tres grandes xéneros literarios.

Selección guiada e lectura orientada das obras adecuadas á idade do

alumnado.

Lectura expresiva e comprensiva e audición de poemas.

Lectura expresiva e comprensiva e audición de relatos breves.

Lectura dramatizada e comprensiva e visionamento de obras de teatro.

Creación de textos de intención literaria partindo dos modelos lidos e

traballados na aula.

Coñecemento doutras linguaxes estéticas: o cómic.

Aproveitamento da biblioteca escolar. Coñecemento das bibliotecas

virtuais.

4.- INSTRUMENTOS E PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN

Todos os cursos da ESO reparten o seu labor en catro apartados, que

constitúen os instrumentos de avaliación (recollidos nas Programacións de

Aula, no apartado 10.- Secuenciación e Temporalización dos Contidos):

Labor diario na aula e actitude cara ao mesmo

Traballo de investigación

Lecturas (mínimo 1)

Exame

O Desenvolvemento desta Materia rexerase pola distribución da mesma do

seguinte xeito:

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

12

Exposición, explicación e debate dos contidos conceptuais (do temario)

na aula, coa axuda do Libro de Texto / Libro de Apoio e do material

aportado polo profesor/a. A avaliación dos mesmos realizarase a través

dun exame por Avaliación, así como dunha Recuperación (se o

profesor/a a cre conveniente ou se o alumno/a así o demandase) unha

vez realizada a Sesión de Avaliación.

Elaboración e Exposición, na aula cada trimestre dun Traballo de

Investigación, sobre a Historia da Lingua en 3º e 4º ESO e sobre

Cultura e Tradicións Galegas en 1º e 2º ESO, que o alumnado realizará

a través da súa investigación persoal e individual coa axuda dos

recursos sinalados pola docente e o material do que se poida servir na

Biblioteca, no centro ou na súa propia casa. Para a investigación e

exposición deste traballo será imprescindíbel o manexo das novas

tecnoloxías da información e a comunicación. (PTIC)

Realización de variadas Lecturas por trimestre sobre as que se irá

informado ao profesor/a a través do correo-e ou do Blogue de aula

mediante a realización de informes, comentarios ou creacións literiarias

que imiten o texto lido, e que servirán de instrumento para a avaliación

deste apartado da materia. Tratarase sempre de fomentar a realización

de Lecturas Voluntarias para as que non pode haber un "exame" ao

finalizar a devandita lectura, posto que perderían a súa función

pracenteira. O “control de lectura” será só preceptivo no caso das

Lecturas Obrigatorias. (PL)

A Educación Secundaria Obrigatoria, como o seu nome indica, é unha

etapa obrigatoria, polo tanto a asistencia a clase, as adecuadas posturas e

formas na clase, así como o interese pola materia e a atención a

compañeiros/as e profesores/as, será tan importante ( ou máis, pois estamos

educando en valores, formando persoas, antes que ningunha outra cousa) que

un exame Trimestral ou Final.

Avaliarase a actitude do alumno/a cara a materia e cara ao proceso de

ensinoaprendizaxe no día a día, mediante a realización continuada de todo tipo

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

13

de exercicios que nos axuden a poñer en práctica os conceptos explicados na

aula.

5.- COMPETENCIAS BÁSICAS

Ademais dos instrumentos de avaliación sinalados antes, servirémonos,

no marco dos mesmos, das seguintes actividades e exercicios na aula para

avaliar o grao de desenvolvemento das competencias básicas.

Actividades para a avaliación das Competencias Básicas

COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN

Utilización da linguaxe como

instrumento de comunicación, oral e

escrita.

1. COMPRENSIÓN:

-Saber escoitar.

- Saber escribir.

2. EXPRESIÓN:

-Saber falar.

-Saber ler.

ACTIVIDADES:

Comentarios de texto: (orais e escritos)

-libres

-críticos

-literarios: poéticos e narrativos

FONTES:

-Prensa e medios de comunicación en

xeral.

-Textos ensaísticos.

-Textos literarios.

COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER

Utilización da linguaxe para a construción de

coñecementos (instrumento de acceso a novos

coñecementos).

1. Ler comprensivamente.

2. Elaborar resumos e esquemas que organicen as

ideas.

3. Interpretar as informacións lcas. dos dicionarios.

4. Expor conclusións sobre tarefas académicas...

5. Autocorrección.

6. Autoavaliación e coavaliación.

ACTIVIDADES:

Lecturas (con apoio do

dicionario) e informes sobre

as lecturas.

FONTES:

-Relatos e poemas

seleccionados polo docente.

-Obras recollidas no PL.

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

14

COMPETENCIA DIXITAL E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN

Utilización da linguaxe para desenvolver destrezas para

a busca e selección de información relevante, así como

para a súa reutilización na elaboración de textos orais e

escritos propios.

1. Uso de dicionarios.

2. Uso de correctores ortográficos.

3. Uso de enciclopedias.

4. Uso de xornais dixitais.

5. Produción de textos propios tras a selección, análise,

esquematización e síntese da información.

6. Uso de soportes electrónicos para a exposición de

traballos de investigación.

ACTIVIDADES:

Traballo de

investigación con

elaboración dunha

presentación en power-

point para expor na aula.

FONTES:

-Manuais da Biblioteca.

-Páxinas web indicadas.

-Libro de texto / apoio.

COMPETENCIA NA AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL

Utilización da linguaxe para a regulación da propia

actividade con progresiva autono-

mía. Aprender a usar a lingua para aprender a analizar e

resolver problemas, trazar plans e tomar decisións.

1. Manter unha actitude crítica ante as mensaxes recibidas.

2. Localizar a información.

3. Fomentar a autoestima lingüística.

4. Ser quen de realizar unha lectura dramatizada.

5. Ser quen de usar autonomamente os medios de

comunicación social (lectura do xornal)

6. Ser quen de servirse das TICs para o propio proceso de

aprendizaxe.

ACTIVIDADES:

-Comentarios

críticos.

-Selección de

lecturas voluntarias.

-Uso da Sala de

Prensa, da

Biblioteca e da Sala

de informática fóra

das horas de

docencia directa.

-Posta en marcha

dunha obra de

teatro?

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

15

COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ

Utilización da linguaxe como instrumento de

representación, interpretación e comprensión da

realidade. Aprender lingua é aprender a comunicarse cos

outros, a comprender o que estes transmiten e a

aproximarse a outras realidades.

1. Analizar criticamente os usos discriminatorios da

linguaxe mediante os cales se transmiten prexuízos e

imaxes estereotipadas do mundo.

2. Comentar de xeito crítico distintos tipos de textos

(procedentes dos medios de comunicación)

3. Exercicio dos valores democráticos e dos dereitos

civís.

ACTIVIDADES:

-Comentarios críticos.

-Exercicio do diálogo

e do respecto polo

que discrepa.

FONTES:

-Prensa e medios de

comunicación en xeral.

-Linguaxe non sexista.

CIG-ensino.

COMPETENCIA ARTÍSTICA E CULTURAL

Utilización da linguaxe para valorar a riqueza

cultural, a diversidade lingüística e a

expresivita de popular dun patrimonio literario

e uns temas recorrentes que son ex

presión de preocupacións esenciais do ser

humano.

1. Relacionar as manifestacións literarias con

outras manifestacións artísticas: pintura,

música, cinema...

2. Participar nas saídas didácticas a museos.

3. Participación en concertos.

4. Asistencia a representacións tetarais.

5. Desenvolver a capacidade creativa.

ACTIVIDADES:

-Participar activamente en todas

as saídas didácticas incluídas

na programación da materia.

-Creación de textos (ou calquera

outra manifestación artística)

xurdidos das aprendizaxes

previas ou dos modelos

utilizados.

FONTES:

-Saídas didácticas.

-Posta en marcha dunha obra de

teatro?

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

16

6.- CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Cada avaliación o alumno/a será avaliado polo seu labor cotián na

aula e a súa actitude cara ao mesmo. Este apartado suporá a

suma de até 3 puntos sobre a nota obtida. Pero unha actitude

inadecuada na aula (por acción ou por omisión), o non emprego do

galego na aula, tanto na relación co/a profesor/a coma cos/as

compañeiros/as, será valorado negativamente. Por cada vez que

algo disto suceda serán descontados 0,5 puntos. Aínda que o

máximo que ao alumno/a se lle poida descontar das

cualificacións será de 2 puntos.

Cada avaliación o alumnado realizará unha lectura obrigatorias,

unha lectura na aula (guiados pola profesora) e as lecturas

voluntarias da súa preferencia. Cada unha desas lecturas será

avaliada a través de distintos procedementos (especialmente dun

informe) e suporán un 10% no cómputo global da materia ao finalizar

a avaliación. É dicir, suporá até 1 punto sobre 10.

Cada avaliación o alumnado realizará un traballo de investigación

sobre a Cultura e Tradición Galega, para o cal deberá servirse das

TIC. Este apartado suporá un 20% no cómputo global da materia ao

finalizar a avaliación. É dicir, suporá até 2 puntos sobre 10.

Cada avaliación o alumnado realizará un exame sobre os contidos

conceptuais traballados na aula. Este apartado suporá un 70% no

cómputo global da materia ao finalizar a avaliación. É dicir, suporá

até 7 puntos sobre 10.

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

17

OBSERVACIÓN IMPORTANTE:

NON SERÁ POSIBLE APROBAR A UN ALUMNO/A QUE NUN OU

VARIOS DOS APARTADOS ANTERIORES OBTIVESE UN CERO OU

ABANDONASE ESE LABOR.

MODELO DE EXAME

I. TEXTO

II. CUESTIÓNS SOBRE O TEXTO

a. Explicación do contido do texto (resumo e/ou esquema)

b. Definición de termos do propio texto

c. Cuestións de Gramática:

1. Clasificación de palabras do texto

2. Formación do plural e/ou do feminino

3. Análise das distintas partes dun enunciado

d. Cuestións de Sociolingüística:

1. Corrección de castelanismos

2. Interpretación dalgunha tira cómica

e. Exercicio de ortografía

f. Identificación das imaxes literarias nun poema breve

g. Redacción dun tema sobre algún autor ou época literaria

traballado na aula

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

18

7.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. O alumno/a debe ser quen de narrar, describir e expoñer oralmente

sucesos, informacións, valoracións, etc. con corrección lingüística,

respecto ás regras sociocomunicativas e actitude dialogante e atenta ás

expresións e opinións dos demais. O alumno/a debe ser quen de

reproducir, oralmente e por escrito, o asunto de textos oídos (noticias,

instrucións, exposicións...).

O alumno-a debe ser quen de escoitar e falar correcta e

comprensivamente para desenvolver a súa competencia

comunicativa.

2. alumno/a debe ser quen de comprender e resumir contos, noticias,

mensaxes electrónicas, informacións de enciclopedias, etc. Tamén debe

ser quen de recoñecer o tema principal separándoo dos temas

secundarios, a través da xerarquización das ideas dun texto expresadas

a través dun esquema. O alumno/a debe ser quen de demostrar que é

capaz de escribir textos breves e sinxelos (mensaxes de correo

electrónico, noticias, contos, resumos...) e de coidar a súa presentación

(marxes, sangrados, tamaños de letra, subliñados, ilustracións...)

aproveitando as posibilidades, por exemplo, dos procesadores de texto.

O alumno/a debe ser quen de ler e escribir correcta, comprensiva e

expresivamente para desenvolver a súa competencia en

comunicativa.

3. O alumno/a debe ser quen de manexar textos en distintos soportes para

tirar deles informacións precisas para a elaboración dun traballo de

investigación.

O alumno/a debe ser quen de buscar e seleccionar información para

desenvolver a súa competencia no tratamento da información e na

habilidade dixital.

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

19

4. O alumno/a debe ser quen de servirse das estratexias de autoavaliación

e autocorrección, aceptando o erro como parte do proceso de

aprendizaxe.

O alumno/a debe ser quen de aprender a aprender para desenvolver

a súa competencia neste aspecto.

5. O alumno/a debe ser quen de poñer en práctica as regras lingüísticas,

que deba asimilar nesta etapa, mediante o uso da propia lingua e dunha

terminoloxía necesaria para seguir as explicacións e as actividades da

aula.

O alumno debe ser quen de demostrar competencia gramatical,

léxica e ortográfica para desenvolver a súa competencia en

comunicación lingüística.

6. O alumno/a debe ser quen de utilizar a lingua galega con normalidade, é

dicir, comprender o contexto sociolingüístico, rexeitar a presenza de

prexuízos e adoptar actitudes positivas cara o uso normalizado do

galego. O alumno/a debe ser quen de recoñecer a riqueza que supón a

diversidade lingüística do mundo en xeral e de España en particular,

como un reflexo do dereito dos pobos e dos individuos á súa identidade.

O alumno/a debe ser quen de coñecer o funcionamento da lingua en

sociedade e colaborar na normalización da lengua para desenvolver

a súa competencia social e cidadá.

7. O alumno/a debe ser quen de ler con regularidade obras literarias

adecuadas á súa idade, desenvolvendo criterio lector. Debe ser quen de

recoñecer os trazos literiarios así como de expoñer unha opinión persoal

dun texto a través dun comentario. O alumno/a debe ser quen de crear

textos de intención estética seguindo modelos dados polo profesor/a na

aula.

O alumno/a debe ser quen de descubrir a Literatura como unha fonte

de pracer e enriquecemento persoal para desenvolver a súa

competencia cultural e artística.

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

20

O alumno/a debe ser o actor e protagonista na aula. A súa actitude, a

súa capacidade para reutilizar as aprendizaxes recibidas e o seu labor como

lector constituirán o soporte básico do seu proceso de avaliación, no cal a

asimilación de contidos conceptuais serán só un banzo máis na escaleira da

adquisición e desenvolvemento da competencia comunicativa.

8.- CONTIDOS MÍNIMOS EXIXIBLES PARA

ACADAR UNHA AVALIACIÓN

POSITIVA AO FINALIZAR 1º ESO

1. Comprensión de textos orais utilizados no ámbito académico, como

presentación de tarefas, instrucións para a súa realización ou exposicións orais

de temáticas variadas.

2. Comprensión de textos propios dos medios de comunicación, especialmente

de novas de actualidade próximas aos intereses do alumnado.

3. Participación activa en situacións propias do ámbito académico (aclaracións,

opinións, exposicións, conclusións...)

4. Detección do tema e dos subtemas de narracións. Análise do contido de

textos escritos (subliñado das ideas principais, elaboración de esquemas, e

creación de resumos).

5. Lectura en voz alta con dicción, entoación e ritmo correctos, incidindo

especialmente na adecuación aos patróns fonéticos galegos e aos signos de

puntuación.

6. Planificación, revisión e boa presentación dos textos escritos, con respecto

polas normas gramaticais e ortográficas...

7. Recoñecemento das categorías gramaticais básicas (substantivos,

adxectivos, pronomes, verbos, adverbios).

8. Pequena aproximación á historia da lingua galega. (As orixes do galego)

9. Comparación entre textos literarios e non literarios. Recoñecemento dos tres

grandes xéneros literarios.

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

21

10. Uso das estratexias de autoavaliación e autocorrección, aceptando o erro

como parte do proceso de aprendizaxe.

9.- PROXECTO LECTOR

LECTURAS OBRIGATORIAS

As lecturas do primeiro ciclo de ESO desenvolveranse no marco da

actividade LIBRO FORUM, a través da cal o alumnado lerá unha obra de

actualidade, recentemente publicada, cuxo autor/a estea disposto a

interactuar cos seus lectores, polo que contaremos coa presenza dos autores

das obras lidas no centro.

Nestes momentos iniciais do curso, resúltanos imposible sinalar que

autores van participar na actividade e, polo tanto, só podemos sinalar a obra

do 1º trimestre. Porén, estaremos en estreito contacto coa responsable da

Biblioteca do centro, así como coa responsable da Biblioteca do concello,

para informalas tan pronto como nos sexa posible.

1ª AVALIACIÓN

2ª AVALIACIÓN

3ª AVALIACIÓN

Palabras de auga

Marcos Calveiro

Ed. Xerais

Pendente do autor

Pendente do autor

Non poderá promocionar de 1º a 2º curso de ESO un

alumno/a que non posúa as habilidades mínimas de lecto-escritura.

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

22

LECTURAS VOLUNTARIAS

Cecilia Monllor A orquestra do fin do mundo

Carlos Mosteiro O día que Indurain....

Manuel Lourenzo Glez Tanis I, O Mocos

Xosé Antonio Perozo Camiño de fantasía

Concha Blanco Quero que veñan meus pais

Antón Cortizas O ladrón de ar

Silvestre Gómez X. Hit Déixao medrar

Pepe Carballude De como o santo dos Croques se fai peregrino

Neira Vilas Memorias dun neno galego

Ramón Carredano Cobas Unha branca de cobre para Martiño

An Alfaya O caderno azul Sireno, Sireno

María Raimóndez Usha

Fina Casalderrey Mutacións xenéticas

Xosé Miranda Amancio Amigo e o Demo da Botella

Anxo Fariña Os Megatoxos 1-2-3-4

Xabier Docampo

A casa da Luz O misterio das badaladas

Pepe Carreiro Hª da Lingua Galega

Jaureguizar Un corazón de Chocolate

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

23

Anton Caride Ameaza na Antartida

Marilar Alexandre Expedición do Pacífico

Abraham Carreiro Xoeliki 1-2

Conchi Regueiro A herdanza do Marqués

Un marciano neste mundo

Xabier A. Barreiro Liz A pantasma telefónica

David D. Vázquez Álvarez Orballo da mañá

Rafael Dieste Dos arquivos do trasno

A. Fdez Paz Lúa de Senegal

As flores radioactivas

Jaureguizar Un corazón de Chocolate

Abraham Carreiro Xoeliki: O grande apagamento

Andrea Maceiras O segredo do largarto arnal

Agustín Agra Trampa de luz O tesouro da lagoa de Reid’Is

Andrea Maceiras Nubes de evolución

Anxo Fariña Os megatoxos. 1-2-3-4

Manuel Lourenzo Tanis I “O Mocos”

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

24

10.- AS TIC E OS RECURSOS DIDÁCTICOS

1. Libro de Apoio: Lingua Galega e Literatura 1. Edicións Xerais

de Galicia

2. Libros de lectura.

3. Prensa cotiá.

4. Dicionarios dixitais.

5. Páxinas web suxeridas polo docente.

6. Presentacións sobre distintos temas.

7. Páxina de 1º-2º E.S.O. www.gorinho.gl

8. Correo electrónico: [email protected]

11.- SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN. PROGRAMAS DE AULA

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

25

PROGRAMACIÓN DE AULA PARA 1ºESO (1ª AVALIACIÓN). Temas 1-2-3

I. TRABALLO E ACTITUDE NA AULA

(Libro de Apoio: Lingua Galega e Literatura 1. Edicións Xerais de Galicia)

0. Avaliación Inicial.

1. Comunicación oral: O acto comunicativo.

2. Comunicación escrita: Os textos e os seus tipos.

3. Funcionamento da lingua: Ortografía, Léxico e Gramática

4. Lingua e sociedade: Dúas linguas nunha sociedade. A diversidade lingüística.

5. Educación literaria: Literalúdica. Textos narrativos.

II. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A CULTURA GALEGA (PTIC)

(A súa Cualificación suporá 20% da nota global do trimestre, é dicir, até 2 puntos sobre 10)

TÍTULO: O Samaín.

1. Elaboración dun tema (máximo 15 liñas) partindo dos resumos feitos de artigos da prensa cotiá e

das Páxinas web recomendadas polo profesor/a.

2. Realización dun traballo mediante o uso das TIC que ilustre os contidos recollidos no tema escrito.

3. Exposición oral do tema na aula co apoio instrumental das TIC

DATAS: Entrega: 1º día de Novembro. Exposición: primeira semana de Novembro.

III. LECTURAS (PL)

(A súa Cualificación suporá 10% da nota global do trimestre, é dicir, até 1 punto sobre 10)

Lectura obrigatoria: Palabras de auga. Marcos Calveiro

(A Avaliación desta lectura realizarase a través de distintos procedementos: informes, comentarios,

traballos, controis…)

DATA: Última semana de Novembro.

Outras Lecturas: Realizadas as lecturas requeridas polo profesor/a, o alumno/a escollerá libremente

outra/as da listaxe que figura nesta programación. Ao longo do trimestre o alumno/a irá realizando as

lecturas voluntarias que estime oportunas e dará conta delas a través dos seus comentarios

depositados na páxina de 1º-2º ou ben a través dos informes enviados ao enderezo electrónico (PL)

(PTIC)

IV. EXAME

(A súa Cualificación suporá 70% da nota global do trimestre, é dicir, até 7 puntos sobre 10)

As probas que se realicen serán sobre os contidos do libro e as actividades realizadas durante o

trimestre.

OBSERVACIÓN: NON SERÁ POSIBLE APROBAR A UN ALUMNO/A QUE NUN OU VARIOS DOS APARTADOS ANTERIORES OBTIVESE UN CERO OU ABANDONASE ESE LABOR.

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

26

PROGRAMACIÓN DE AULA PARA 1ºESO (1ª AVALIACIÓN). Temas 4-5-6

I. TRABALLO E ACTITUDE NA AULA

(Libro de Apoio: Lingua Galega e Literatura 1. Edicións Xerais de Galicia)

0. Repaso do visto ao longo do 1º trimestre.

1. Comunicación oral: Os medios de comunicación.

2. Comunicación escrita:.

3. Funcionamento da lingua: Gramática, Léxico, Ortografía,

4. Lingua e sociedade: Dúas linguas nunha sociedade. Os hábitos lingüísticos.

5. Educación literaria: Literalúdica. Textos poéticos.

6. Lectura na aula de textos de distintos tipos. (PL)

II. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A CULTURA GALEGA (PTIC)

(A súa Cualificación suporá 20% da nota global do trimestre, é dicir, até 2 puntos sobre 10)

TÍTULO: O Entroido

1. Elaboración dun tema (máximo 15 liñas) partindo dos resumos feitos de artigos da prensa cotiá e

das Páxinas web recomendadas polo profesor/a.

2. Realización dun traballo mediante o uso das TIC que ilustre os contidos recollidos no tema escrito.

3. Exposición oral do tema na aula co apoia instrumental das TIC

DATAS: Entrega e Exposición: última semana de Febreiro.

III. LECTURAS (PL)

(A súa Cualificación suporá 10% da nota global do trimestre, é dicir, até 1 punto sobre 10)

I. Pendente do autor

DATA: Finalizadas: derrdeira semana de marzo.

Lectura na Aula: Antoloxía de relatos de distintos autores (elaboración propia)

(A Avaliación deste labor de aula realizarase ao longo de todo o trimestre e suporá 1/10 da nota

global do trimestre, é dicir, unha Cualificación de até un 1 punto sobre 10)

Outras Lecturas: Realizadas as lecturas requeridas polo profesor/a, o alumno/a escollerá libremente

outra/as da listaxe que figura nesta programación. Ao longo do trimestre o alumno/a irá realizando as

lecturas voluntarias que estime oportunas e dará conta delas a través dos seus comentarios

depositados na páxina de 1º-2º ou ben a través dos informes enviados ao enderezo electrónico. (PL)

(PTIC)

IV. EXAME

(A súa Cualificación suporá 70% da nota global do trimestre, é dicir, até 7 puntos sobre 10)

As probas que se realicen serán sobre os contidos do libro e as actividades realizadas durante o

trimestre.

OBSERVACIÓN: NON SERÁ POSIBLE APROBAR A UN ALUMNO/A QUE NUN OU VARIOS DOS APARTADOS ANTERIORES OBTIVESE UN CERO OU ABANDONASE ESE LABOR.

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

2013-14

27

PROGRAMACIÓN DE AULA PARA 1ºESO (1ª AVALIACIÓN). Temas 7-8-9

I. TRABALLO E ACTITUDE NA AULA

(Libro de Apoio: Lingua Galega e Literatura 1. Edicións Xerais de Galicia)

0. Repaso do visto ao longo do 2º trimestre.

1. Comunicación oral: Comentarios críticos orais sobre mensaxes dos medios

de comunicación.

2. Comunicación escrita: Os xéneros xornalísticos.

3. Funcionamento da lingua: Léxico. Gramática. Ortografía

4. Lingua e sociedade: Dúas linguas nunha sociedade. Os prexuízos lingüísticos.

5. Educación literaria: Literalúdica. Textos dramáticos.

II. TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A CULTURA GALEGA (PTIC)

(A súa Cualificación suporá 10% da nota global do trimestre, é dicir, até 1puntos sobre 10)

TÍTULO: As Nosas Letras: 17 de maio, Día das Letras Galegas

1. Realización dun traballo mediante o uso das TIC que ilustre os contidos recollidos no tema escrito.

2. Exposición oral do tema na aula co apoia instrumental das TIC

DATAS: Entrega: última semana de Maio. Exposición: primeira semana de Xuño.

III. LECTURAS (PL)

(A súa Cualificación suporá 20% da nota global do trimestre, é dicir, até 2 puntos sobre 10)

Pendente autor

DATA: Finalizadas: primeira semana de Abril e primeira semana de Maio.

Lectura na Aula: Selección poética de varios autores/as.(elaboración propia)

Outras Lecturas: Realizadas as lecturas requeridas polo profesor/a, o alumno/a escollerá libremente

outra/as da listaxe que figura nesta programación. Ao longo do trimestre o alumno/a irá realizando as

lecturas voluntarias que estime oportunas e dará conta delas a través dos seus comentarios

depositados na páxina de 1º-2º ou ben a través dos informes enviados ao enderezo electrónico. (PL)

(PTIC)

IV. EXAME

(A súa Cualificación suporá 70% da nota global do trimestre, é dicir, até 7 puntos sobre 10)

As probas que se realicen serán sobre os contidos do libro e as actividades realizadas durante o

trimestre.

ACTIVIDADES ENTRE AS HORAS LECTIVAS DO CURSO OBSERVACIÓN: NON SERÁ POSIBLE APROBAR A UN ALUMNO/A QUE NUN OU VARIOS DOS APARTADOS ANTERIORES OBTIVESE UN CERO OU ABANDONASE ESE LABOR.

1º ESO (