PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das...

147
0 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 - 2017 PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP de VIÑAGRANDE - DEIRO

Transcript of PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das...

Page 1: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

0 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

CURSO 2016 - 2017

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL

CEIP de VIÑAGRANDE - DEIRO

Page 2: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

1 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

ÍNDICE

1.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA O CURSO ACADÉMICO. .................................................. 2

2.- MEDIDAS A DESENVOLVER PARA A SÚA CONSECUCIÓN. .................................................. 8

3.- RECURSOS PREVISTOS PARA O EFECTO. ......................................................................... 10

4.- CONCRECIÓN ANUAL DO PROXECTO EDUCATIVO (PE).................................................... 13

5.- MODIFICACIÓN DO PROXECTO EDUCATIVO ................................................................... 27

6.- ESTRATEXIAS METOD. E ORGANIZATIVAS DE ATENCIÓN AO ALUMNADO CON NEE......... 27

7.- CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA ...................................................................... 47

8.- PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRGANOS COLEXIADOS ........................................................ 47

9.- PLAN DE ACTUACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO ................................................................ 49

10.- XORNADA ESCOLAR E HORARIO DO CENTRO ............................................................... 49

11.- QUENDAS DE VIXIANCIA DOS RECREOS ....................................................................... 50

12.- PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DAS REUNIÓNS DOS ÓRGANOS DE GOBERNO ........... 51

13.- PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DAS REUNIÓNS DE COORDINACIÓN DOCENTE ........... 52

14.- PARTICIPACIÓN EN PROGRAMAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA.................................... 55

15.- LIBROS DE TEXTO E DEMAIS MATERIAIS CURRICULARES ESTABLECIDOS NO CENTRO .... 91

16.- PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES ........... 91

17. PLAN DE AUTOPROTECCIÓN ......................................................................................... 94

18.- PLAN DE ORGANIZACIÓN DAS TAREFAS DO PERSOAL NON DOCENTE ........................... 94

19.- HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO .......................................................................... 96

20.- PLAN DE TRANSPORTE ESCOLAR .................................................................................. 96

21.- PLAN PARA A UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO ........................................ 98

22.- PLAN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS POLA ANPA .......................................................... 99

23.- PLAN XERAL DE AVALIACIÓN DO CENTRO .................................................................. 100

25.- MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN ......................................................................... 102

26.- PLAN ANUAL DE LECTURA ......................................................................................... 103

27.- PLAN PARA A INTEGRACIÓN DAS TIC ......................................................................... 111

28.- ADDENDA DO PROXECTO LINGÜÍSTICO...................................................................... 112

29.- PROXECTO LINGÜÍSTICO DO CENTRO ......................................................................... 114

30.- ACTIVIDADES PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA. CONSTITUCIÓN O EDNL .......... 122

31.- CONCRECIÓN ANUAL DO PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE ......................... 131

32.- ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DAS SECCIÓNS BILINGÜES ................................. 136

33.- ACCIÓNS DE MELLORA DERIVADAS DA ANÁLISE DE RESULTADOS DA AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO PRIMARIA. GUÍA DE INTERVENCIÓN ............................... 141

34.- ACTIVIDADES LEVADAS A CABO DENTRO DOS PROGRAMAS DO PLAN PROXECTA. ...... 144

Page 3: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

2 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

1.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA O CURSO ACADÉMICO.

1.1.- Obxectivo xeral

Plantexamos un centro educativo que teña como obxectivo final o

desenvolvemento armónico e integral do neno/a. Entendemos que cada

alumno é un ser global ao que temos que atender dende multitude de aspectos

como: o desenvolvemento emocional, social, individual, cognitivo... A estrutura

de centro que se plantexa nesta programción daralle a oportunidade ao

alumnado de ser, vivir e, como non, aprender. Queremos desenvolver as súas

capacidades e que sexan competentes á hora de utilizar as ferramentas

necesarias para a vida (ferramentas físicas, virtuais, emocinais, etc.).

Axudaremos ao alumnado a decidir, a pensar, a expresar, a manifestar como é

e a ser consciente das súas propias particularidades.

Queremos que sexan persoas con entusiasmo, con ganas de saber,

emprendedoras e activas: que se enfronten aos seus retos persoais e aos do

grupo con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico.

1.2.- Obxectivos centrados no alumnado

Dado que o modelo de centro que estamos configurando está única e

exclusivamente pensado no alumnado, desenvolvemos a continuación os

obxectivos que pretendemos acadar en catro dimensións clave no

desenvolvemento integral do neno/a:

DESENVOLVEMENTO EMOCIONAL

O desenvolvemento emocional esta baseado na creación dun

autoconcepto real e positivo de si mesmos de cara a lograr unha autoestima

equilibrada que lles permita xestionar as súas emocións e sentimentos.

Autocoñecemento e autoestima:

- Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada

alumno para construír e reforzar a súa identidade.

- Partindo cada un do seu potencial, fortalecer a autoconfianza do

neno/a e desenvolver o seu carácter individual.

- Coñecer e aceptar o seu corpo.

- Coidar a saúde física e psíquica.

- Reforzar a capacidade de enfrontarse ás dificultades e de tomar

decisións.

Page 4: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

3 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Equilibrio emocional:

- Aprender a expresar o mundo afectivo.

- Observarse a sI mesmo e intentar entender o que lle pasa.

- Recoñecer as emocións e aprender a regulalas.

DESENVOLVEMENTO SOCIAL

O desenvolvemento social do alumnado lograrase na escola aprendendo a

convivir e desenvolvendo o traballo en grupo.

Relacións:

- Tomar conciencia do “outro”: aceptar e valorar as características

individuais e rexeitar as actitudes discriminatorias.

- Valorar a amizade e gozar dela.

- Expresar e aprender a defender cada un as súas ideas e intereses.

- Respectar as opinións dos demais.

Convivencia:

- Respectar os costumes e cumprir as normas sociais nas relacións ou en

calquera actividade social.

- Coñecer os dereitos e as obrigas que temos as persoas.

- Utilizar o diálogo e os principios éticos para buscar solucións aos conflitos

tendo en conta que estes forman parte da vida.

Cooperación:

- Aceptar e aprender a ofrecer axuda.

- Aproveitar as oportunidades que ofrece a interacción para aprender

estratexias para traballar en grupo.

- Utilizar o pensamento crítico para o beneficio propio e para o beneficio do

grupo.

Colectividade:

- Sentirse partícipe da realidade cultural e sociolingüística galega.

- Valorar a riqueza da diversidade cultural.

Page 5: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

4 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Ter responsabilidade e actitude activa nos servizos colectivos.

- Potenciar actitudes responsables para conservar un ecosistema escolar,

persoal e ambiental saudable.

DESENVOLVEMENTO COGNITIVO

Para que o noso alumnado medre no seu desenvolvemento cognitivo

procuraremos ensinalos a pensar, a aprender e a utilizar o aprendido para

facerlle fronte aos retos diarios.

Espertar a curiosidade e as ganas por saber.

- Ter interese e motivación para aprender.

- Ter gañas de superar as dificultades e valorar os logros conseguidos.

Aprender a pensar

- Aprender a identificar, plantear e resolver problemas.

- Desenvolver a capacidade de aplicar o aprendido na vida cotiá.

Impulsar a aprendizaxe autónoma.

- Aprender a realizar as actividades de forma autónoma e responsable.

- Valorar o esforzo que hai que facer para acadar os obxectivos.

Aprender a aprender

- Tomar conciencia das capacidades que necesita o alumnado para

aprender: atención, concentración, planificación e control do proceso.

Competencia para autocontrolar a aprendizaxe

- Tomar parte no proceso de aprendizaxe, valorar o realizado, detectar as

dificultades e tomar as medidas para mellorar.

Tratamento da información

- Aprender a buscar, seleccionar e utilizar de forma crítica a información.

Page 6: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

5 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

As linguas

- Entender e expresarse correctamente en calquera contexto comunicativo

a través de mensaxes orais e escritos nas linguas oficiais.

- Ser capaz de entender e producir textos básicos, orais e escritos,

en lingua estranxeira vivenciándoa en multitude de contextos de

aprendizaxe.

Tecnoloxía

- Coñecer o desenvolvemento da ciencia e da tecnoloxía.

- Capacitar ao alumnado na utilización das TICs para as TACs

(Tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento).

DESENVOLVEMENTO MOTRIZ

Para conseguir unha educación integral no noso alumnado promoveremos

unha vida activa e saudable.

Desenvolver as habilidades neuromotrices correspondentes a cada

momento evolutivo:

- Desenvolver e afianzar as habilidades motrices perceptivas como base

dos futuros aprendizaxes, favorecendo un adecuado desenvolvemento

neuromotor que sirva de prevención de futuros trastornos de

aprendizaxe e atención. (Ed. Infantil e primeiros cursos da Ed.

Primaria).

- Dar ao alumnado multitude de experiencias motrices que faciliten a

creación da maior cantidade posible de conexións interneuronais para

unha maior coordinación de ambos hemisferios cerebrais.

- Desenvolver e afianzar as habilidades motrices básicas e específicas

buscando que a evolución psicomotriz non se deteña e vaia sempre na

procura da excelencia física e da superación de un mesmo (Ed. Primaria).

Mellorar as capacidades físicas buscando sempre beneficios

neurofuncionais e de saúde.

Page 7: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

6 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Traballar as diferentes capacidades físicas: flexibilidade, forza,

resistencia e velocidade.

- Mellorar a capacidade cardiorespiratoria do alumnado co fin de que o

aporte de oxíxeno ao cerebro aumente, e con iso o rendemento tanto

físico como cognitivo.

Vivenciar e disfrutar da práctica de todo tipo de activiade física polo simple

pracer de sentir o corpo en movemento e o seu beneficio na saúde física e

emocional propia, máis aló de logros puramente deportivos.

- Participar no deporte escolar co fin de compartir experiencias deportivas

con nenos e nenas doutros centros, mellorando a competencia social do

alumnado.

1.3.- Obxectivos Pedagóxicos

• Actualizar a metodoloxía didáctica nos procesos de ensino e

aprendizaxe incorporando modificacións da organización espacial e

temporal na acción educativa.

• Apostar por un ensino multidisciplinar con actuacións específicas e

sistemáticas.

• Promover unha verdadeira coordinación horizontal e vertical do

currículo.

• Incorporar dun xeito real e efectivo as Tecnoloxías para a Aprendizaxe e

o Coñecemento.

• Iniciar dende idades temperás de xeito sistemático un programa de

estimulación neurolóxica que nos axude a prever, detectar e actuar ante

dificultades nas aprendizaxes.

• Promover un novo concepto da avaliación no que se respecte e valore o

ritmo de desenvolvemento do alumnado.

• Darlle ao alumnado a posibilidade de vivenciar en primeira persoa as

aprendizaxes: artísticas, lingüísticas, de valores, científicas, matemáticas...

• Impulsar dende a escola os cambios que deberan producirse na sociedade

máis cercana con proxectos de traballo que partan da contorna máis

próxima.

Page 8: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

7 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

• Definir o traballo cooperativo como principio inviolábel no traballo na aula

e no centro

1.4.- Obxectivos de organización e funcionamento do centro.

• Posibilitar a participación do alumnado na toma de decisións sobre o

funcionamento do centro.

• Crear novos procesos de formación do profesorado dentro do centro.

• Propoñer ao claustro a participación en programas educativos estatais

e/ou europeos que promovan o intercambio de experiencias, metodoloxías,

linguas, culturas, etc.

• Fomentar e priorizar o desenvolvemento sostible e o respecto polo medio

ambiente.

• Crear a corresponsabilidade no coidado e mantemento das nosas

instalacións na comunidade

• Deseñar unha coordinación docente máis operativa e que cumpra coas

finalidades e obxectivos deste proxecto.

• Potenciar e fomentar a participación da Comunidade Educativa.

• Participar da innovación educativa e formar parte dela.

• Contribuír a un novo modelo lingüístico no centro potenciando o uso do

galego e o respecto á nosa lingua, cultura e patrimonio inmaterial así como

incentivando o plurilingüismo e o tratamento integral das linguas.

• Deseñar un proxecto para mellorar o embelecemento interno e externo

do noso centro.

• Garantir a coordinación coas institucións “adscritas”: IES, Concello de

Vilanova de Arousa, Servizos Sociais…

• Conseguir os mellores e maiores recursos para o noso centro (persoais,

tecnolóxicos, didácticos…

• Conformar unha rede de centros “Por unha nova escola” na contorna.

• Solicitar ante a administración educativa as necesidades de mellora e de

inversión que precisa o noso centro (ventanas, portas, elementos de

seguridade e accesibilidade…).

1.5.- Obxectivos centrados na mellora da convivencia

Page 9: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

8 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

• Velar pola igualdade de xénero entre a Comunidade Educativa.

• Iniciar un novo estilo de relación coa Comunidade Educativa con

estratexias específicas que permitan ter máis posibilidades na toma de

decisións e participar máis activamente na vida educativa do centro e no

desenvolvemento cultural da contorna.

• Entender a atención á diversidade como un valor de crecemento para a

institución.

• Fomentar unha convivencia pacífica e democrática entre todos os

membros da Comunidade Educativa, apreciando a importancia dos valores

básicos que rexen a vida e a convivencia, e obrando de acordo con eles

2.- MEDIDAS A DESENVOLVER PARA A SÚA CONSECUCIÓN.

Para a consecución destes obxectivos propoñemos unha serie de

medidas moi concretas que haberá que executar ao longo deste curso

académico:

Para o alumnado:

- Traballar dentro do Departamento de Orientación con aqueles alumnos/as

que posúen dificultades nalgún eido do seu desenvolvemento educativo e

non educativo.

- Facilitarlle todos aqueles recursos e metodoloxías de traballo que lles

permitan asimilar os contidos que son obxecto de estudo nas aulas e no

centro.

- Asegurar que todo o alumnado ten as axudas necesarias para o

desenvolvemento integral dentro e fóra do centro.

- Proporcionarlle todas aquelas estratexias que garantan o éxito no seu

traballo académico dentro do centro e non permitir que o alumnado non

teña a oportunidade de desenvolver as súas capacidades por motivos que

atinxen ao centro.

- Fomentar a súa participación na vida do centro a través de programar

diversas iniciativas ou actuacións nas que se traballen determinados

contidos ou poidan provocar melloras no rendemento académico do

Page 10: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

9 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

alumnado.

- Ofrecer ao alumnado programas, proxectos e ideas que posibiliten

aumentar a súa motivación cara o ensino e a poñer en valor o centro no

que se desenvolven.

- Ensinalos a traballar dun xeito cooperativo onde a axuda entre iguais sexa

unha ferramenta que lles axude na súa formación para a vida.

Para o profesorado:

- Dispoñer de canles claras de coordinación entre os distintos órganos de

coordinación docente e establecer xuntanzas periódicas (semanais) nas

que o profesorado teña a oportunidade de comunicar inquedanzas,

dúbidas, propostas...

- Facilitar dentro do centro a formación do profesorado a través da

planificación de variados formatos que garantan a actualización

metodolóxica e pedagóxica do profesorado.

- Deseñar un modelo claro de organización e funcionamento do noso centro

dende un punto de vista metodolóxico.

- Iniciar procesos de diálogo e reflexión conxunta entre o profesorado de

cara a promover modificacións importantes nos procesos de ensino e

aprendizaxe que se levan a cabo co alumnado.

- Promover a participación do profesorado en proxectos motivadores,

interesantes e que permitan ter unha visión do centro positiva e orgullosa.

- Decidir qué escola queremos para os vindeiros anos coa colaboración da

comunidade educativa.

Para as familias e demais comunidade educativa:

- Fomento da participación das familias na vida do centro a través de

estratexias variadas formais e non formais.

- Mellora do intercambio de información ás familias do alumnado do noso

centro con xuntanzas ao inicio e fin de curso e cunha nova aplicación

informática para o envío de circulares informativas.

Page 11: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

10 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Programar actuacións nas que as familias teñan a oportunidade de

participar nos procesos de ensino e aprendizaxe.

- Seguir programando actividades nas que as familias teñen un papel moi

especial e nas que os nenos e nenas do centro teñen a oportunidade de

elaborar conxuntamente coa familia diversos traballos.

- Facilitar a presenza das familias do alumnado nas actividades máis

importantes que se programan dende os distintos equipos de mestres. É

necesario que as familias sexan coñecedoras de primeira man do traballo

que os seus fillos e fillas fan no centro e para iso temos que permitirlle a

entrada no centro e fomentar a súa participación nelas.

- Seguir mantendo boas relacións institucionais co Concello e iniciar

procedementos de mellora na coordinación cos distintos estamentos do

Concello (concelleiros/as, educadoras, psicólogas...etc).

- Iniciar procesos de coordinación máis cercanas co Instituto de Educación

Secundaria ao que estamos adscritos para un correcto paso da Educación

Primaria á Educación Secundaria.

3.- RECURSOS PREVISTOS PARA O EFECTO.

Para acadar os obxectivos establecidos anteriormente e para poñer en

práctica as medidas que este ano queremos promover no noso centro temos

que ter en conta os recursos (limitados nalgúns casos) que posúe o noso

centro.

Recursos humanos

Profesorado : Este curso o noso centro conta cun total de 15 profesoras e profesores:

3 de E. Infantil, 6 de E. Primaria, 1 especialista en Lingua Inglesa, 1

especialista en Música, 1 especialista en Educación física, 1 especialista en

Pedagoxía terapéutica, 1 profesora de Relixión compartida co CEIP Sestelo

Baión, 1 orientadora compartida co CEIP de San Roque de Corón e 1

especialista en Audición e Linguaxe itinerante dous días a semana que ten

como centro base o CEIP San Roque de Corón.

Persoal non docente:

Page 12: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

11 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Postos polo Concello: 1 conserxe que tamén fai funcións de persoal de limpeza

e 1 persoa a media xornada para limpeza das instalacións.

Instalacións

O noso Centro está composto por un único edificio de dúas plantas.

Nel hai seis aulas de E.Primaria, 3 de E. Infantil, unha sala de

profesores, unha aula compartida para PT e AL, unha aula de música,

biblioteca, aula de informática, aula de inglés e aula de psicomotricidade

(espazo utilizado tamén como pavillón), servizos sanitarios en cada planta para

o alumnado, conserxería, administración que inclúe despacho de dirección,

secretaría e xefatura de estudos, despacho de orientación, servizos para o

profesorado na planta baixa e diferentes almacéns nas dúas plantas.

Ademais contamos con determinadas deficiencias arquitectónicas e de

cerramento que ocasiona moitas perdas de temperatura que nos obriga a dotar

dunha maior partida orzamentaria para o gasto de calefacción.

Este verán pasado, ademais, tivo lugar unha importante mellora na planta

inferior: novas portas exteriores, creación de novos espazos dentro das aulas

de música e Educación Infantil, modificación da estética da entrada e dos

corredores… Esta mellora foi realizada fundamentalmente con diñeiro do

propio centro (a excepción das portas exteriores que foron pagadas con diñeiro

cedido pola a Xefatura Territorial de Educación no marco dos acordos para o

mantemento do centros educativos coas entidades locais).

Estamo intentando configurar novos espazos na planta superior:

- Unha nova biblioteca: Este curso teremos a oportunidade de desenvolver o

PLAMBE que nos foi concedido. Nel se establece unha importante

modificación espacial para garantir unha nova biblioteca que permita

múltiples posibilidades: arte, lectura, reláx, tecnoloxía, traballo cooperativo,

xestión documental, realización de traballos, visitas da comunidade

educativa…etc.

- O INFORMADEIRO: Un novo espazo educativo no que integrar os medios

Page 13: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

12 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

de comunicación con catro espazos destinados á Televisión (cun plató

televisivo), á Radio (cun recanto para a gravación e a edición de audios para

a emisión en directo de programas de radio nunha emisora real, á produción

dun Xornal Escolar e unha zona para a produción en Internet (páxinas

web, blog, redes sociais…) onde o alumnado teña a oportunidade de

vivenciar en primeira persoa a posibilidade de crear contidos online,

xestionalos e actualizalos periódicamente)

Recursos Materiais e Mobiliario.

Este centro conta con recursos materiais (didácticos, funxibles, non

funxibles…) escasos por mor do reducido número de alumnos/as que non

permite obter maiores cotas de financiamento.

Neste senso, e ao longo deste curso, iniciaremos un novo procedemento

para a mellora dos recursos económicos que o centro posúe para esta tipoloxía

de material. Consiste en facer partícipe ás familias de determinados custos que

o noso Proxecto Educativo require: gastos por fotocopias, tóners, cartuchos de

tinta e dalgúns materiais necesarios para a realización de determinadas

actividades (saídas, experiencias científicas, obras literarias, materiais

matemáticos manipulativos, material necesario para a creación de obras

artísticas, material necesario para a realización de actividade psicomotora

diaria ou da expresión artístia).

No referente ao mobiliario, e inda que o ano pasado nos chegou algún

material do que solicitamos á Consellería de Educación, temos que afirmar que

a medida que imos desenvolvendo o proxecto de centro que queremos, vai

xurdindo a necesidade de novos espazos e novo mobiliario que axude e

favoreza a nosa particular forma de ver a educación. O ensino cooperativo, a

integración de contextos reais de aprendizaxe, os minicontextos de

aprendizaxe en Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria, o ensino artístico

integrado, a intervención psicomotriz diaria… esixen unha tipoloxía de material

e mobilidario que estamos obrigados a integrar no noso centro.

Con respecto aos recuros tecnolóxicos, todas as aulas contan con conexión

a internet por cable e dispoñen de varios ordenadores para o traballo das

Page 14: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

13 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

competencias clave co alumnado.

Ese curso decidiuse eliminar a aula de informática e integrar a informática

como un elemento natural no interior das aulas. Ademais contamos con 26

dispositivos móbiles que nos permiten axudar ao alumnado a crear contido

propio cando traballamos cos contidos curriculares.

Polo tanto, estamos en disposición de iniciar unha nova etapa na que os

recursos materiais van ser moi importantes. Esperamos ter a oportunidade de

ampliar a dotación deste tipo de material como condición necesaria para que a

aprendizaxe do alumnado sexa de calidade e se relacione coas súas

experiencias vitais.

4.- CONCRECIÓN ANUAL DO PROXECTO EDUCATIVO (PE).

O proxecto educativo do noso centro é un documento que ano tras ano

se vai concretando en distintas intervencións pedagóxicas, didácticas,

metodolóxicas e organizativas que permiten acadar os obxectivos que na PXA

nos propoñemos.

Este curso e por mor de importantes modificacións na estruturación

organizativa e pedagóxica do noso centro, iniciaremos a renovación total do PE

coa finalidade de integrar nun documento todas as actuacións presentes e

futuras que o noso centro vai desenvolver e as señas de identidade que van

configurar un novo modelo de centro educativo.

Antes de que isto sexa unha realidade e coa finalidade de integrar nesta

Programación Xeral Anual algunhas das actuación que van configurar o PE,

imos describir as intervencións pedagóxicas, didácticas, organizativas e

metodolóxicas que se están desenvolvendo xa na actualidade e que son, en

definitiva, a concreción para este curso do futuro Proxecto Educativo do CEIP

de Viñagrande Deiro.

Así, e comezando polos traballos dos distintos equipos,

consideramos importante salientar a nova organización da coordinación

docente e os traballos que levarán a cabo ao longo do curso e que máis tarde

describiremos

Page 15: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

14 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP

Viñagrande-Deiro, ten previsto a realización dunha serie de actividades que

darán continuidade ao traballo realizado os anos anteriores nos que se

pretendía que o alumnado contestara á seguinte pregunta: Que é o que se

pode facer co Galego?

Nas diferentes actividades realizadas ao longo dos cursos xa pasados o

alumnado comprobou que absolutamente todo se pode facer co galego.

Partindo desta premisa, neste curso incidiremos que a utilización do galego

nestes diferentes contextos se faga de xeito natural e habitual.

Para isto partiremos dunha serie de actividades que se desenvolverán

ao longo do curso escolar, ben sexa nalgún trimestre en concreto ou ao longo

de todo o curso. Estas actividades serán unha continuación daquelas que

funcionaron ben no curso pasado, aquelas que por diferentes motivos non se

puideron levar a cabo e outras novas que pretendemos sexan do agrado do

alumnado e que axuden a alcanzar os obxectivos previstos no Plan de Uso e

Fomento do Galego.

Dende o Equipo de Tics existen novidades a ter en consideración. Este

ano o equipo de TICs non vai funcionar como un equipo integrado por uns

docentes determinados. Todo o claustro forma parte deste equipo e

periodicamente se reunirá para desenvolver determinadas actuacións. Estas

actuacións esixen duns responsables que son os encargados de

desenvolvelas, organizalas e planificalas:

a) Formación para o profesorado no eido da Informática. Esta actuación

busca un obxectivo fundamental: que o profesorado do noso centro saiba e

posúa as competencias dixitais necesarias para adaptarse á rápida

velocidade coa que evoluciona a tecnoloxía. A competencia dixital debe

ofrecérselle ao alumnado de modo transversal pero, para que esta sexa

factible, é necesario que o profesorado coñeza e saiba qué tipo de recursos

están ao seu alcance e cómo se poden utilizar na súa labor docente co

alumnado.

b) Ademáis, todo o claustro participará activamente na organización e

Page 16: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

15 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

funcionamento do proxecto Samsung Smart School que desenvolvemos

dende o pasado ano e que consiste en traballar con dispositivos móbiles a

través dunha metodoloxía que posibilite asegurar e mellorar a adquisición

de contidos e coñecementos por parte do alumnado a través da creación e

construción de contidos para ser publicados.

c) Actualizar e fomentar o uso da páxina web do noso centro dentro da

comunidade educativa. O obxectivo principal é que o profesorado e a

ANPA teñan unha ferramenta a través da cal publicar os traballos e

experiencias de aprendizaxe do seu alumnado (proxectos, saídas, visitas,

exposicións, traballos de aulas). Para iso será necesario facer partícipe ao

profesorado e facilitarlle, á ANPA, a posibilidade de coñecer as distintas

maneiras que hai de colgar novidades na páxina web do centro. Para

facelo, haberá sesións formativas dedicadas a este fin.

d) Continuar coa formación continuada no eido tecnolóxico. A formación

cooperativa entre o claustro e a posibilidade de visitar e que nos visiten

profesionais destacados neste eido vai ser outra das actuacións a

desenvolver.

O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias tamén

participará activamente na organización de actividades e ocuparase da

importante labor de desenvolver, xunto co EDNL, as conmemoracións e

celebracións máis importantes na nosa contorna e da nosa Comunidade

Autónoma.

O Equipo de Biblioteca ten a importante labor de desenvolver o PLAMBE

que este ano nos foi concedido e que se presenta como un dos proxectos máis

ambiciosos e necesarios que ten o noso centro. A biblioteca multidisciplinar

será un lugar no que o alumnado poida acceder e traballar con diversidade de

material e para fins moi variados: artísticos, literarios, científicos, tecnolóxicos,

sociais…etc.

Con respecto á introdución de dinámicas e proxectos favorecedores

dunha mellor calidade no ensino, este ano acordamos a participación en

determinados proxectos que consideramos vitais para potenciar e acadar os

Page 17: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

16 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

obxectivos establecidos nesta PXA e que levan unha dirección moi concreta:

- Darlle ao alumnado o maior número de experiencias, axudas e

aprendizaxes que lles permitan mellorar as súas competencias.

- Promover unha metodoloxía de traballo común entre o profesorado do

centro que nos axude a deseñar procesos de ensino e aprendizaxe que

favorezan a consecución do éxito no noso alumnado a través dun traballo

que garanta o desenvolvemento integral dos nenos e nenas do noso

centro.

- Converter o noso centro nun lugar de referencia para a comunidade

educativa e onde o alumnado estea motivado cara a aprendizaxe a través

da organización de tarefas e actividades que garantan a

formación de persoas comprometidas no traballo escolar e no conxunto

da sociedade.

As dinámicas ou proxectos que nos propoñemos a iniciar este ano e que irán

configurando o futuro PE son os seguintes:

1.- PROXECTO DE MODIFICACIÓN METODOLÓXICA NO CENTRO

O primiero dos proxectos que xa se están desenvolvendo no centro é o

establecemento dunha liña común no traballo co alumnado. Neste cadro

mostramos a nova organización temporal do CEIP de Viñagrande Deiro.

Page 18: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

17 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Dende Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria a metodoloxía de

traballo co alumnado debe garantir que o paso polos distintos niveis e etapas

non se realice con cambios metodolóxicos inconexos. Por iso, plantexamos

unhas novas estruturas metodolóxicas e programáticas que a continuación se

especifican:

ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DAS ESTRUTURAS ESPACIO-TEMPORAIS

PROGRAMA DE

ESTIMULACIÓN

TEMPERÁ

Dende o curso 2015-2016 estase a poñer en marcha este proxecto de

estimulación temperá con sesións de psicomotricidade diarias de 30 minutos nos

tres niveis de Educación Infantil. O profesorado implicado inclúe ás titoras de

Infantil, a mestra especialista de Educación Musical e a mestra especialista de

Educación Física, que é a coordinadora.

Xustificación: O termo psicomotricidade fai referencia a dous tipos de

estruturas que definen o ser humano, as estruturas motrices e as estruturas

psíquicas, principais compoñentes do desenvolvemento humano e da formación

da súa personalidade. Na idade infantil o desenvolvemento psicomotor abarcao

Page 19: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

18 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

todo, é dicir, o neno/a ten unha forma de aprender, de actuar, onde o motriz, o

emocional e o cognitivo van totalmente unidos, sendo o xogo a actividade

principal a través da cal se realizan os aprendizaxes básicos: “Toda aprendizaxe

parte dun movemento” (Glen Doman). Para iso, os educadores, deben propoñer

experiencias motrices axeitadas ás súas posibilidades, que faciliten o

desenvolvemento neurolóxico.

PROGRAMA DE

APRENDIZAXE

LÚDICO

Este programa consiste na organización dun amplo espazo do centro (unión de

dúas aulas) no que se ubiquen distintos recantos de traballo para adquirir

determinados contidos. Este programa só se desenvolverá en Infantil.

Neste espazo o alumnado, mesturado en idades diferentes, semella estar

xogando dun xeito libre e lúdico, mentres que o profesorado é o artífice da

integración nel de determinadas actividades sistematizadas que buscan o

desenvolvemento integral do alumnado e a aprendizaxe de conceptos básicos

establecidos nas programacións.

Os espazos que poden organizarse nesta macroaula están determinados polos

tipos de contidos que neles se traballan: xogo simbólico (representacións),

recanto artístico (traballos plásticos), construcións (conceptos básicos),

modelado (grafomotriciade), biblioteca (pracer pola lectura e escritura), música

(audicións sonoras, bailes, ritmos…), ecolóxico (responsabilidades coa

natureza), tertulia (comunicación oral e interacción espontánea), etc.

APRENDIZAXE

BASEADO EN

PROXECTOS

O alumnado de Educación Infantil, mesturados en idades distintas, desenvolven a

súa aprendizaxe atendendo á seguinte estratexia pedagóxica, organizativa e

didáctica:

A aprendizaxe baseada en proxectos (ABP): A ABP facilita enormemente a

consecución dos obxectivos que nos marcamos co noso alumnado: son

motivadores, integradores, axudan a socializar, son significativos, parten das

intereses do alumnado e posibilitan un ensino globalizado dos contidos escolares e

unha aprendizaxe integral (non dividida por disciplinas).

Ademais de traballar co ABP, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, tamén

mesturados en idades, desenvolverá a súa aprendizaxe atendendo á seguinte

estratexia metodolóxica:

No interior das aulas existirán espazos (aos que chamamos minicontextos de

aprendizaxe) nos que se traballa principalmente unha materia que, unido a outros

temas diversos e aos demáis minicontextos, interrelacionan as áreas,

complementan o currículo e desenvolven un proxecto didáctico.

Así, ao longo do curso escolar estableceranse nas aulas distintos minicontextos de

Page 20: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

19 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

APRENDIZAXE

BASEADO EN

PROXECTOS

aprendizaxe: das tecnoloxías, das artes, dos números e das palabras, etc. En cada

un traballan diariamente un equipo de tres ou catro alumnos/as que, dun xeito

cooperativo e colaborativo, van desenvolvendo as competencias básicas a través

do estudo dun determinado proxecto didáctico.

Todo o alumnado se sitúa diariamente nos distintos minicontextos completando a

formación multidisciplinar ao longo de toda a semana. Ademáis, en determinados

momentos, o alumnado conta co apoio doutros mestres dentro da aula e deciden,

en moitas ocasións, aproveitar outros espazos que existen no centro para poder

elaborar os seus traballos con maior concentración e autonomía (biblioteca, patio,

aulas vacías, os corredores, aula de informática…).

Neste tipo de organización os minicontextos soen ser estables ao longo de todo o

ano. Esto quere decir que o alumnado pasa, periódica e sistemáticamente, por

todas as zonas para traballar nun proxecto determinado dun xeito multidisciplinar

desenvolvendo as competencias clave. Esta estabilidade ofrécelle ao alumnado a

posibilidade de profundar no coñecemento e desenvolver as súas capacidades.

Os minicontextos son complementarios. En todos eles, á parte da aprendizaxe

de conceptos e procedementos tamén axudan a ir desenvolvendo a

personalidade e as relacións sociais. A organización social destes minicontextos

posibilita a expresión de emocións e a interacción. Por medio desta interacción

os esquemas conceptuais e actitudinais van evolucionando, e ao mesmo tempo

vaise desenvolvendo a identidade de cada persoa e a do grupo.

PROGRAMA

CURRICULAR

ESPECÍFICO

En Educación Primaria, cada grupo de alumnos/as, do mesmo nivel, sitúase na

aula co seu titor/a para desenvolver tarefas centradas en determinados contidos

establecidos no currículo para estes niveis da Educación Primaria e que están

previamente determinados nas programacións didácticas: principalmente contidos

referidos á competencia en comunicación lingüística e matemática que son propios

de cada nivel: ortografía, vocabulario e gramática das linguas, cálculo, xeometría e

algúns contidos máis que é necesario traballar dun xeito máis específico co grupo

de igual idade.

APRENDIZAXE

BASEADO EN

CONTEXTOS DE

APRENDIZAXE

Os alumnado de 3º e 4º, mesturados, e de 5º e 6º (tamén mesturados)

desenvolven a súa aprendizaxe atendendo á seguinte actuación pedagóxica,

organizativa e didáctica:

Contextos de Aprendizaxe: En cada contexto trabállanse proxectos dunha área

que, unido a outros temas diversos, interrelaciona coas distintas áreas de

coñecemento e complementan o curriculo dun xeito multidisciplinar. En cada

contexto traballa un docente como mínimo. As aulas de 3º, 4º, 5º e 6º

Page 21: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

20 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

APRENDIZAXE

BASEADO EN

CONTEXTOS DE

APRENDIZAXE

convertiranse nos seguintes contextos de aprendizaxe e neles traballarase

atendendo ás seguintes dinámicas:

- O LABORATORIO: Proxectos Científicos nos que se desenvolven todas as

competencias clave dun xeito integral e con naturalidade, e nos que se traballan

establecendo relacións entre os contidos da competencia científica e os de outras

competencias (lingüística, tecnolóxica, lóxica e matemática, social…etc.).

- O CALCULADEIRO: Proxectos Matemáticos nos que é moi importante acercar

os conceptos matemáticos á vida e á posibilidade de vivencialos dun xeito práctico

e manipulativo. Neste contexto haberá distintos espazos (recantos) que, dun xeito

global, nos permitirán comprender a utilidade das matemáticas na vida real.

- O VERBADEIRO: Proxectos Literarios ou Lingüísticos nos que se desenvolverán

dun xeito multidisciplinar e transversal contidos variados e de distintas disciplinas:

ciencias, valores, linguas, conmemoracións especiais, os temas transversais…etc.

Neste contexto terán especial tratamento a linguaxe oral e a linguaxe escrita a

través do establecemento de recantos que permitirán traballar con diferentes

tipoloxías de textos e programar distintas actividades.

- HUMANIDEIRO: Dende unha perspectiva actual e atendendo sempre a realidade

social e cultural onde vive e se desenvolve o alumnado, este contexto vai ser vital

para comprender o que nos rodea. Serán proxectos nos que tamén van intervir

varias disciplinas e onde se tratarán fundamentalmente temas relacionados coas

ciencias sociais dende unha perspectiva determinada: entendendo o que sucede

ou sucedeu ao noso redor, poderemos entender o que sucede ou sucedeu en

contextos máis amplos e descoñecidos.

- O INFORMADEIRO: Todas as actividades teñen un paraqué en sí mesmas,

unhas veces é gozar ao realizalas, e outras veces na saída que teñen cara ao

exterior a través dos medios de comunicación: radio, prensa, televisión, internet,

exposicións, presentacións, representacións, debates, etc.

Á vez que lle dan sentido e funcionalidade ás actividades, os medios de

comunicación fan que medre o interese e a motivación. O tipo de saída que teñan

as actividades determinará a planificación, a responsabilidade do alumnado e o

uso de recursos. Contaremos cun espazo no centro no que colocaremos os

recursos necesarios para desenvolver nel programas de radio, televisión,

elaboración da prensa escrita e confección e edición dun caderno de bitácora

online. Este espazo non ten un grupo asignado; pode ser utilizado polos distintos

grupos en funcion dun horario de uso.

Page 22: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

21 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Neste tipo de organización, os contextos de aprendizaxe soen ser estables ao

longo de todo o ano. Esto quere decir que o alumnado pasa, periódica e

sistemáticamente (2 semanas), por todas as zonas para traballar nun proxecto

determinado dun xeito multidisciplinar desenvolvendo así todas e cada unha das

competencias clave. Esta estabilidade ofrécelle ao alumnado a posibilidade de

profundar no coñecemento e desenvolver as súas capacidades.

Os contextos de aprendizaxe son complementarios. En todos eles, á parte da

aprendizaxe de conceptos e procedementos tamén axudan a ir desenvolvendo a

personalidade e as relacións sociais.

A organización social destes espazos posibilita a expresión de emocións e a

interacción. Por medio desta interacción os esquemas conceptuais e actitudinais

van evolucionando, e ao mesmo tempo vaise desenvolvendo a identidade de cada

persoa e a do grupo. Para logralo, fomentamos o traballo en grupo, xa que a

interación mutua serve para enriquecer o proceso de aprendizaxe de cada

individuo.

PROGRAMA DE

APRENDIZAXE

VIVENCIAL

Constitúe un tempo de aprendizaxe vivido: a música, a arte, a segunda lingua

estranxeira, os valores sociais e cívicos, os obradoiros manipulativos… deben ser

aprendidos dende unha perspectiva moito máis práctica. Para iso, o profesorado

especialista organizará sesións didácticas nas que o alumnado teña a

oportunidade de sentir, vivir e emocionarse coas aprendizaxes.

Impartirase en espazos determinados e específicos que posibilitarán un traballo

manipulativo, directo, eminentemente práctico e moi conectado coas vivencias do

propio alumnado. Así, os contidos curriculares referidos á música, ó inglés, aos

valores sociais e cívicos, aos obradoiros científicos, matemáticos, lingüísticos e

artísticos serán tratados dende unha vertente moito máis real e significativa: bailes,

cancións, ritmos e melodías, manualidades, obradoiros en inglés, obradoiro do

supermercado… son exemplos nos que desenvolvemos determinados contidos

destes niveis e das áreas de coñecemento.

En Educación Primaria a tipoloxía de actividades son xa máis específicas e cun

maior grado de dificultade e estarán centradas en retos e plans de traballo ou

proxectos nos que se desenvolva o currículo das especialidades de: Música, EF,

Inglés e outros contidos que poden ser ensinados e aprendidos en obradoiros:

marquetería, traballo con barro, sesións de ganmificación, aprendizaxes

vivenciais en situacións reais ou simuladas (supermercado)…etc.

Non son só estas as modificacións metodolóxicas que se establecen este ano

Page 23: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

22 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

no centro. Tamén integramos dentro deste proceso as seguintes:

A mestura de idades é un elemento máis que amplía tanto o marco da

diversidade como o da interación social. Nos grupos de Infantil e Primaria

(1º con 2º, 3º con 4º e 5º con 6º) xúntase o alumnado dos dous niveis

diferentes dos xa desaparecidos ciclos. Deste xeito, posibilitamos a

interación e ofrecemos a posibilidade de desempeñar roles diferentes.

Programas de ciclo. Pensamos que a mellor maneira de organizar a

planificación didáctica no relativo ao currículo é deseñando programas

curriculares por ciclos de dous anos. Este feito ofrece a posibilidade a cada

individuo de desenvolver o seu propio potencial e avanzar segundo o seu

ritmo real de aprendizaxe.

A integración real e efectiva das TACs. Dende o curso pasado o centro

participa no proxecto de cooperación MECD - Consellería de Educación e

Samsung Co. “SAMSUNG SMART SCHOOL” no que tratamos de integrar

as TICs nas aulas cunha metodoloxía determinada que posibilite ao

alumnado, no interior das aulas, contar con recursos tecnolóxicos e

aplicacións informáticas para a elaboración dos proxectos e plans de

traballo. .

A Mediateca e a Biblioteca son os lugares de recursos, son as fontes

básicas de información e material didáctico para realizar as actividades dos

minicontextos e contextos de aprendizaxe. O libro de texto non é un

recurso básico. Traballamos con moitos mateirias e compártense.

Utilizamos plans de traballo: son listados de procedementos ordenados e

sistemáticos para realizar as actividades presentes nos distintos contextos

e minicontextos de aprendizaxe, que axudan ao alumno a planificar o

traballo, a centrarse na actividade, a situarse no proceso de aprendizaxe e

a desenvolver a súa autonomía.

Implicamos ao alumnado na avaliación. O alumnado, a través de

rúbricas, debe coñecer de antemán o plantexamento das actividades,

exercicios e tarefas a desenvolver e as compentencias e coñecementos

Page 24: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

23 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

que se van avaliar. Esto axudará ao alumnado a tomar conciencia da súa

propia evolución nos procesos de aprendizaxe que se desenvolvan.

O traballo en equipo do profesorado é imprescindible para deseñar e

xestionar os programas e proxectos didácticos, avaliar o proceso de

aprendizaxe, cumplir co traballo diario e levar a cabo os proxectos do

centro.

2.- CONTRATO – PROGRAMA DE REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO

Este ano, de novo, estamos decididos a participar na “posible”

convocatoria da Consellería de Educación deste programa que posibilitará a

organización no centro dun espazo e dun tempo no que o alumnado con

maiores dificultades de estudo e traballo académico teña a oportunidade de

contar cun mestre que, fora do horario lectivo, atenda de forma

individualizada a este alumnado coa conseguinte mellora que se produciría no

seu rendemento académico.

Ademáis, tamén se estudará a posibilidade de aumentar o potencial

deste programa incluíndo unha nova liña de actuación centrada na mellora das

competencias lingüística e matemática do alumnado.

3.- PLAN DE MELLORA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Coñecedores xa da concesión deste proxecto ao noso centro, este curso

iniciaremos o desenvolvemento do proxecto presentado e que se integra nesta

PXA (Anexo I). É un proxecto que favorecerá enormemente as posibilidades de

converter o noso centro nun lugar de enriquecemento cultural e onde o

alumnado vai ter a oportunidade de mellorar as súas competencias. Ademais

posibilitaría dotar a biblioteca duns recursos bibliográficos e de mobiliario que

nos permitirían abordar ambiciosos cambios na estrutura e funcionamento da

biblioteca escolar.

4.- PLAN PROXECTA

Page 25: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

24 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Este ano temos un grupo mestres de Educación Infantil e Educación

Primaria que participarán nos seguintes programas pertencentes ao Plan

Proxecta: Recíclate con Sogama e Xogade.

5.- SECCIÓNS BILINGÜES

Neste curso, ao igual que os últimos dous anos, desenvólvense no noso

centro catro Seccións Bilingües, abarcando os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de

Educación Primaria. Impártense na hora de Educación Artística: expresión

plástica, sendo unha iniciativa satisfactoriamente valorada polas familias e que

este ano, por desgraza, non conta coa presenza dunha persoa auxiliar de

conversa que favorecería a competencia en comunicación lingüística en lingua

inglesa no noso alumnado.

6.- “COIDADO CO CHANZO”. PASO DA ED. PRIMARIA Á SECUNDARIA.

Dende fai dous anos, e despois dun proceso de coordinación entre o

noso centro e o IES ao que estamos adscritos, contamos cun programa claro,

conciso e ben estruturado para o paso do alumnado da Educación Primaria á

Educación Secundaria e que levará por título “Coidado co chanzo: transición de

Primaria a Secundaria.

Este programa pretende mellorar a coordinación entre ambos centros

educativos, CEIP e IES, para mellorar o tránsito do alumnado de sexto curso.

Para iso debemos actuar tanto dentro coma fóra do centro escolar, seguindo

unha serie de fases:

Etapa de pretransición: Acción que deben ser previas ao cambio de

centro, polo tanto levaranse a cabo no centro de Educación Primaria. A

súa temporalización será o terceiro trimestre.

Etapa de cambio: Accións que se tomarán durante o primeiro trimestre,

ou meses do curso, xa dentro do IES.

Etapa de adaptación: levarase a cabo a partires do primeiro trimestre,

Page 26: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

25 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

durante todo o curso, e supón garantir e corrixir os problemas, sobre

todo a nivel académico que teñan xurdido.

7.- SAMSUNG SMART SCHOOL

Dende o ano pasado o CEIP de Viñagrande Deiro participa neste

proxecto que ten como obxectivo principal crear máis posibilidades educativas

nos centros educativos españois con marcado carácter rural. O

desenvolvemento deste proxecto no noso centro ten unhas particularidades

especiais.

O proxecto, financiado por Samsung e organizado polo INTEF, está

dirixido ao alumnado de 5º de Educación Primaria inda que no noso centro

(polo reducido número de alumnos) poderemos implementalo en todos os

niveis de Infantil e Primaria.

A nova organización pedagóxica do noso centro e a modificación

metodolóxica na que estamos inmersos vai posibilitar demostrar cómo o uso

dos dispositivos móbiles no ensino mellora a aprendizaxe do alumnado si se

traballa atendendo a un método de traballo centrado na produción de contidos

por parte do alumnado e na colaboración entre o alumnado para crear ese tipo

de contidos: programas de radio, audios, videos, carteis, mapas mentais,

audiocontos, revistas online, xornais, diferentes tipos de textos, tutoriais…etc.

O uso de aplicacións de alto potencial educativo vai permitir ao

alumnado crear unha infinidade de produtos. Isto unido ao cooperativismo entre

o alumnado vai mellorar a motivación e o interese pola escola e polos contidos

curriculares cos que se traballan.

8.- VOZ NATURA

Este curso, por primeira vez, imos participar en Voz Natura cun proxecto

moi ambicioso e que, resumíndoo moito, vai consistir en:

- Crear un horto escolar.

Page 27: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

26 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Estudar os comportamentos e actitudes do ser humano co medio.

- Sensibilizar á comunidade educativa co respecto polo medio ambiente.

- Iniciar os procedementos básicos para a reciclaxe no centro.

- Promover cambios sustanciais no entorno máis próximo en relación ao

coidado do medio ambiente: familias, institución, concello…

- Denunciar a localización de verquidos incontrolados e lugares

contaminantes.

- Ubicar os traballos nuns mapas físicos (maqueta) e virtuais (google

maps) e darlle publicidade para modificar esta situación.

É un proxecto iniciado o curso pasado e que pretendemos complementar

con novas actuacións este curso 2016 -2017.

9.- PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN TEMPERÁ.

Este curso, tamén continuamos e ampliamos un novidoso e ambicioso

proxecto que se basea na importancia de impartir psicomotricidade tódolos días

nas aulas de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.

Despois dun proceso de reflexión, de formación e de negociación,

chegouse ao acordo de que nas etapas temperás o movemento planificado,

libre e/ou dirixido axuda considerablemente no desenvolvemento integral do

alumnado e mellora as capacidades do alumnado para adquirir mellor as

aprendizaxes e contidos curriculares futuros.

Así, o alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Educación

Primaria coa axuda das súas titoras, da mestra de música e da especialista en

Educación Física dispoñen dunha sesión diaria de psicomotricidade no seu

horario semanal.

O proxecto leva por título: “Estimula o teu corpo, activa o teu cerebro” e

este curso decidiuse amplialo polos resultados positivos que se están obtendo.

Page 28: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

27 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Nota: Tamén queremos sinalar neste apartado que o centro poderá participar

nalgún outro programa ou convocatoria por parte de institucións ou

administracións que sexan interesantes para o noso alumnado e que sempre

saen convocadas ó longo do curso polo que non se poden integrar nesta PXA:

- Así, estamos á espera de que saia a convocatoria do MEC do Programa

"Rutas científicas, artísticas y literarias" por considerar moi oportuno

a participación do noso centro neste tipo de proxectos.

- Participación en convocatorias e concursos que nos permitan o

desenvolvemento de determinadas ideas, actuacións ou proxectos que

se están desenvolvendo no noso centro e que puideran conseguir

financiación para executalos: InspiraTics, Acción Magistral, Fundación

Barrié,

5.- MODIFICACIÓN DO PROXECTO EDUCATIVO

Como xa indicamos anteriormente, este curso 2016 -2017 procederase á

redación dun novo Proxecto Educativo que integre todas e cada unha das

actuacións, señas de identidade, normas, procedementos, dereitos e

deberes…. para os vindeiros lustros.

6.- ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS E ORGANIZATIVAS DE ATENCIÓN

AO ALUMNADO CON NEE.

INTRODUCIÓN

Educar na diversidade comporta asumila e explotar o seu papel

enriquecedor, ensinar a cada alumna e alumno segundo as súas

características (capacidades, motivación, intereses, estilo aprendizaxe,

ritmo,…), facer un currículo aberto, recoñecer e valorar as distintas culturas e

orixes, implicar a toda a comunidade educativa, poñer a disposición do

alumnado todos os medios necesarios e, fundamentalmente, rexerse polos

principios de inclusión e normalización. Recoñécese a heteroxeneidade como

un factor positivo e enriquecedor no marco da calidade educativa.

Page 29: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

28 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

A atención á diversidade é un principio fundamental do actual modelo

educativo que recolle a Ley Orgánica 8/2013, de 9 e diciembre, para la mejora

de la calidad educativa (en adiante LOMCE). Este principio require unha

educación integradora que recoñeza a diversidade da poboación escolar.

Por iso, este Plan faise co ánimo de que a atención ó alumnado non

dependa da arbitrariedade e individualidade senón da responsabilidade, do

traballo compartido, dos medios axeitados e dunha educación de calidade. O

que leva a un axuste das intervencións educativas ás necesidades reais do

noso alumnado

IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN DE NECESIDADES.

Co fin de dar a resposta máis axeitadas ás situacións particulares dos

nosos alumnos e alumnas o principio de cada curso, procederemos a identificar

e valorar as necesidades dos mesmos. Este procedemento se realizará no

menor tempo posible, procurándose que non se estenda máis alá do mes de

setembro.

Se terán en conta as recomendacións finais do curso anterior (informes

de titoría, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe, xefatura do

departamento de orientación,...) sobre a conveniencia de manter con

determinados alumnos e alumnas intervencións xa iniciadas, ou iniciar

intervencións novas.

A identificación inicial será responsabilidade das titoras e titores, para o

cal contarán tamén coa participación das mestras e mestres que imparten

docencia no seu curso. O departamento de orientación colaborará en todo o

que sexa necesario para levar a cabo a identificación inicial de necesidades.

Con tal fin, se poderán realizar, entre outras accións, avaliacións grupais nos

cursos, sempre que así o solicite a titora ou titor correspondente.

Ao iniciar o segundo ciclo da educación infantil a titora ou titor realizará

una avaliación inicial dos seus alumnos e alumnas, tal é como se indica na

Page 30: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

29 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o

desenvolvemento e a avaliación do segundo ciclo da educación infantil na

Comunidade Autónoma de Galicia. No anexo II da citada orde recóllese o

modelo que debe seguir o informe de avaliación inicial.

Na Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se regula a avaliación e a

promoción do alumnado que cursa educación primaria, indícase o seguinte:

Ao comezo de cada nivel e durante o primeiro mes do curso escolar, a

persoa titora realizará unha avaliación inicial coa finalidade de adecuar

as ensinanzas ao alumnado e facilitar a progresión satisfactoria no seu

proceso de aprendizaxe, incidindo na obtención de información sobre o

grao de desenvolvemento das competencias clave. Esta avaliación

incluirá a análise dos informes persoais da etapa ou nivel anterior

correspondentes ao seu alumnado e completarase coa información

obtida das familias.

A avaliación inicial será o punto de referencia para a toma de decisións

relativas ao desenvolvemento do currículo nas programacións de aula,

así como para adoptar aquelas medidas de apoio, reforzo e

recuperación que consideren oportunas para cada alumna ou alumno.

Na primeira reunión do departamento de orientación do mes de setembro

(última semana) os titores informarán das necesidades e valoración de cada

grupo. Nesa reunión se concretarán as medidas de cada caso e se decidirá

iniciar as avaliacións psicopedagóxicas necesarias.

OBXECTIVOS

o Posibilitar o acceso ao currículo de todo o alumnado.

o Establecer unhas medidas, pautas e uns criterios pedagóxicos que

orienten as medidas a adoptar co alumnado con necesidade específica de

apoio educativo.

o Deseñar unha resposta educativa axeitada para o alumnado con

Page 31: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

30 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

necesidade específica de apoio educativo, baseada nos principios de

inclusión e normalización.

o Aproveitar adecuadamente os recursos humanos e materiais existentes

no Centro.

o Guiar a avaliación interna da eficacia da atención á diversidade ao remate

de cada curso e identificar aqueles aspectos que precisen ser mellorados.

o Favorecer a participación das familias e implicalas no proceso educativo

dos seus fillos e fillas.

o Promover a colaboración e coordinación con profesionais e institucións

externas ao centro.

o Respectar o seguinte modelo de resposta educativa:

Valoración e identificación das necesidades educativas

Planificación da súa atención

Desenvolvemento e seguimento

Avaliación

o Garantir o máximo grao de integración ao alumnado con necesidades

educativas especiais en base á proposta curricular segundo as súas

posibilidades.

ACTUACIÓNS E MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

ACTUACIÓNS

O Decreto 229/2011 establece que no marco das actuacións destinadas a

adecuar a resposta educativa á diversidade, os centros docentes deberán:

1. Tomar as decisións e adoptar as medidas que optimicen a acción

educativa, respondan ás necesidades do alumnado e contribúan á

consecución das competencias e dos obxectivos das diferentes

etapas e ensinos.

En base a isto e partindo de que cada alumno e alumna son distintos e

singulares, cómpre diferenciar, polo menos, dous tipos de ACTUACIÓNS:

A) A NIVEL DE CENTRO :

Page 32: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

31 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

PROXECTO EDUCATIVO PROGRAMACIÓNS DOCENTES PROGRAMACIÑON

XERAL ANUAL

Liñas xerais de atención á

diversidade.

Adecuación dos obxecti-

vos xerais de etapa ao

contexto e ás característi-

cas do alumnado.

Criterios xerais sobre a

avaliación e promoción do

alumnado.

Plans específicos para o

alumnado que permaneza

un ano máis no nivel.

Liñas metodolóxicas.

Medidas de atención á diversidade.

Procedementos e instrumentos de

avaliación.

Mínimos esixibles para a obtención

dunha avaliación positiva.

Programas de reforzo para a

recuperación das áreas pendentes

de ciclos anteriores.

Metodoloxía e materiais

curriculares.

Procedementos e instrumentos de

avaliación.

- Plan de Acción Titorial:

programación.

- Plan de atención á

diversidade: actuacións.

- Proxectos de traballo

interdisciplinares.

- Materiais e recursos

didácticos.

- Flexibilización dos

horarios.

- Habilitación de espazos

- Organización do traballo

en equipo.

- Organización dos apoios

e reforzos.

B) A NIVEL DE AULA (ATENCIÓN XERAL)

O profesorado deberá acomodar o proceso de ensino-aprendizaxe ás

condicións particulares de cada neno/a, polo que deberá facer unha

flexibilización metodolóxica, organizativa e de cooperación familiar. Así, haberá

alumnos/as que requerirán explicacións e exercicios específicos, outros/as que

necesitarán estar nun grupo específico dentro da aula (do que recibirán as

axudas que precisan), outros/as ós que haberá que motivar... En síntese,

trátase de que a cada alumno/a se lle ensine partindo do seu nivel de

coñecementos previos, dentro da súa zona de desenvolvemento próximo e se

respecte o seu ritmo de aprendizaxe.

Para isto, é necesario que o titor/a coordine o distinto profesorado; que

coñeza a situación persoal de cada alumno/a, os principais datos evolutivos e

de saúde, o estilo de aprendizaxe de cada un; que reflexione sobre a

metodoloxía axeitada para cada neno/a; que observe as relacións que se

establecen dentro e fóra da aula; que demande o asesoramento preciso.

MEDIDAS:

Page 33: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

32 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

a) MEDIDAS PREVENTIVAS:

Van dirixidas a todo o alumnado do centro. Céntranse no

establecemento de programas a introducir no desenvolvemento do currículo

como poden ser:

Programa de aprender a estudar (técnicas de traballo intelectual).

Habilidades instrumentais básicas:

Programa de cálculo mental.

Proxecto de activación da intelixencia.

Habilidades de expresión e comprensión:

Proxecto lector.

Programa de lectura eficaz.

Programa de Acción Titorial

Programa de habilidades sociais para mellora da convivencia.

Plan de Acollida

Plan TICs.

Estas medidas preventivas serán levadas a cabo polo profesorado titor

e profesorado de área.

Programación de cada área contemplando a atención á diversidade:

- Obxectivos didácticos: a distintos ritmos e niveis.

- Actividades variadas e adaptadas aos distintos ritmos, estilos de

aprendizaxe.

- Desenvolvemento das competencias clave.

- Materiais: variados e diversificados, para distintos niveis, ritmos, e

intereses.

Actividades:

- Con distintos tipos de agrupamento: cooperativo, individualizado,

por proxectos.

- Con dificultade gradual.

- Empregando diversos espazos e recursos.

- Dentro e fóra da aula.

A través de diferentes instrumentos e actividades de avaliación

b) MEDIDAS DE ATENCIÓN ESPECÍFICA (alumnado NEAE):

Page 34: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

33 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Seguindo as directrices establecidas polo Decreto 229/2011, do 7 de

decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado;

poderán darse dous tipos de medidas:

MEDIDAS ORDINARIAS:

RE sen apoio: Son medidas que o propio profesor deseña e aplica

co alumnado que ten unhas certas dificultades de seguimento da

programación diaria (traballos específicos de recuperación).

MEDIDAS EXTRAORDINARIAS:

RE con apoio: Son medidas que contemplan o apoio temporal dun

mestre/a especialista en audición e linguaxe e/ou en pedagoxía

terapéutica. Para que se produza este tipo de atención, que seguirá

os criterios de utilización establecidos neste plan, será necesario

que así o aconselle a avaliación psicopedagóxica realizada polo

departamento de orientación, sendo o procedemento para a

demanda de intervención do dito servizo o seguinte:

- Comunicado do titor/a á xefa do D. Orientación da necesidade

de que o D.O. realice unha avaliación das necesidades do

alumno.

- Comunicado desa demanda á xefatura do D.O.

- Por parte do titor/a, Cubrir a folla de datos aportada pola

xefatura do D.O.

- Proceso de avaliación e informe de atención ao alumnado.

Adscrición dun titor/a definitivo: Esta medida pretende que aquelas

unidades que escolarizan alumnado con necesidades educativas

específicas debidamente informadas, conten con profesorado definitivo,

que comece e remate os correspondentes dous cursos establecidos na

normativa.

ADAPTACIÓN CURRICULAR SIGNIFICATIVA:

Esta medida seguirá o procedemento establecido nas disposicións legais

do novo Decreto 229/2011, do 7 de decembro. (DOG. 21/12/2011), así coma

Page 35: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

34 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

pola Orde do 6 de outubro de 1995 (DOG. 07/11/95); contemplando o proceso

establecido no anexo 3. Protocolo elaboración ACS. Axúntase no anexo 7.

Boletín de ACS

AGRUPAMENTOS FLEXIBLES

Esta medida , recollida no artigo 18 da Orde do 27 de decembro do

2002, ten carácter temporal e extraordinaria, por precisar autorización da

Inspección educativa, coa finalidade de dar resposta ás necesidades de

aprendizaxe de carácter básicas nas áreas instrumentais. No anexo 1.

Avaliación das necesidades do centro, recóllense as condicións nas que

debe organizarse.

ESCOLARIDADE:

1. ALUMNADO QUE PROMOCIONA CON ÁREAS PENDENTES

Tendo en conta que, en xeral, as competencias clave implican máis

dunha área, pode darse a circunstancia que un alumno as desenvolva no

grao axeitado a pesar de non ter acadado todos os obxectivos dunha ou

varias áreas. En consecuencia, na última sesión de avaliación do nivel,

poderase promocionar a un alumno/a cunha ou máis áreas pendentes.

No caso de que un alumno/a promocione con áreas pendentes, a

recuperación realizarase ao longo do nivel seguinte. Para iso, o profesorado

que imparte esa área debe aplicar as medidas específicas de reforzo que se

consideren necesarias para que o alumno/a poida superar as dificultades de

aprendizaxe que motivaron a avaliación negativa.

Estas medidas de reforzo deberán aplicarse conforme ao Plan de

Atención á Diversidade do centro e deberá ter en conta que todas as

materias do ciclo contan con contidos progresivos, polo que aprobar un área

nun nivel implica necesariamente a superación desa área como pendente en

niveis anteriores.

A avaliación deste alumnado realizarase, cando menos, nas pertinentes

xuntas de avaliación do curso onde está escolarizado ese alumno/a.

As medidas que se poderán tomar serán:

Page 36: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

35 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- RE polo profesorado de área.

- RE polo profesorado de área coa colaboración do profesorado

especialista en PT e/ou AL.

- ACS coa colaboración do profesorado especialista en PT e/ou AL.

Nos casos de RE, explicitaranse as medidas organizativas adoptadas

no correspondente documento de reforzo educativo (ver anexo 4. Medidas

organizativas RE/ACS). Este documento terao o profesorado implicado no

programa:

- Dificultades atopadas na marcha escolar do alumno/a.

- Aspectos nos que debe incidir o RE.

- Aspectos metodolóxicos.

- Aspectos curriculares e organizativos propostos.

- Persoal implicado.

- Horario e lugar de apoio.

- Materiais a utilizar.

- Plan de seguimento.

2. ALUMNADO QUE PERMANECE UN ANO MÁIS NUN NIVEL.

Tendo en conta como referencia o presente PAD, o PAT e o PO, así

como a lexislación vixente, especificamos as medidas a tomar co alumnado

que deba permanecer un ano máis nun nivel.

Esta é unha medida ordinaria que ten como finalidade adquirir as

capacidades básicas necesarias para enfrontarse con máis garantías de

éxito no seguinte nivel.

Complementariamente a esta medida adoptaranse as máis convenientes

das existentes, sen prexuízo das medidas ordinarias, reforzo educativo, que

marca a normativa vixente nestes casos.

Segundo se indica neste PAD, o alumnado repetidor debeu seguir nos

dous anos anteriores un programa de RE. A última decisión en canto a

permanencia dun alumno/a un ano máis no nivel será do equipo de

profesorado coordinado polo titor/a do alumno ou alumna.

Os criterios a ter en conta para a aplicación desta medida son os

Page 37: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

36 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

seguintes:

- Para que un alumno/a promocione ou permaneza un ano máis nun

nivel será necesario que así o aconselle o equipo educativo que

intervén con el/ela, primando o criterio do titor/a.

- Segundo a lexislación vixente, o alumnado promocionará ao nivel

seguinte sempre que acade o desenvolvemento adecuado das

competencias básicas e un axeitado grao de madurez acorde á súa

idade.

- Accederá igualmente ao nivel seguinte cando as aprendizaxes non

acadadas non sexan obstáculo para seguir satisfactoriamente o

novo nivel, adoptando as medidas precisas para que o alumnado

reciba os reforzos e apoios necesarios para a recuperación desas

aprendizaxes.

- A permanencia dun ano máis nun curso só se poderá levar a cabo

unha vez ao longo da etapa educativa e terá que ir acompañada

dun plan específico de reforzo educativo.

- Á hora de tomar decisións sobre a conveniencia ou non de repetir

curso deberán terse en conta: as características do alumno/a, o

ámbito de socialización, a integración no grupo, os recursos e as

condicións que reúne o centro.

As medidas que se poderán tomar serán:

- RE polo profesorado de área.

- RE polo profesorado de área coa colaboración do profesorado

especialista en PT e/ou AL.

- ACS coa colaboración do profesorado especialista en PT e/ou AL.

Nos casos de RE, explicitaranse as medidas organizativas adoptadas no

correspondente documento de reforzo educativo (anexo 4. Medidas

organizativas RE/ACS).

Este documento terao o profesorado implicado no programa.

- Dificultades atopadas na marcha escolar do alumno/a.

- Aspectos nos que debe incidir o RE.

Page 38: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

37 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Aspectos metodolóxicos.

- Aspectos curriculares e organizativos propostos.

- Persoal implicado.

- Horario e lugar de apoio.

- Materiais a utilizar.

- Plan de seguimento.

Prestarase especial atención en:

- Procurar a integración e adaptación do alumnado repetidor no

novo grupo e co novo profesorado, para o que se terán en conta

as orientacións dos titores/a.

- Conseguir a motivación e interese do alumnado repetidor cara ás

súas actividades escolares e a adquisición de hábitos de traballo e

estudo acordes coa súa idade.

- Elixir materiais motivadores, evitando a repetición constante das

mesmas actividades realizadas o curso anterior.

Realizarase un seguimento periódico da evolución do alumnado para

modificar o programa de reforzo en función dela. Neste seguimento

participará todo o profesorado implicado.

3. FLEXIBILIZACIÓN

Para a aplicación desta medida extraordinaria será imprescindible a

constatación da aplicación previa doutras medidas das previstas para a

atención das necesidades específicas do alumnado.

A duración do período de escolarización do alumnado con necesidades

educativas especiais poderase modificar de xeito excepcional:

Aumentando un ano respecto do disposto con carácter xeral tanto na

etapa de Educación Infantil como na de Primaria. Neste último caso

poderase aumentar nun segundo ano con carácter excepcional no

caso de non ter permanecido un ano máis na educación infantil.

Medidas previas: Reforzo educativo con apoio específico,

Page 39: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

38 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

ACS, permanencia dun ano máis nun nivel...

Redución da escolarización para as NEAE asociadas a condicións

persoais de sobredotación. Axustarase ao disposto no Decreto

229/2011 do 7 de decembro polo que se regula a atención á

diversidade do alumnado da CCAA de Galicia, a Orde do 28 de

outubro de 1996, á Orde do 27 de decembro de 2002 e á Orde do 23

de novembro de 2007. Medidas previas: Programa de enriquecemento

curricular ou adaptación curricular de ampliación.

O procedemento para a aplicación da flexibilización da escolaridade será fixado

legalmente:

- Solicitude da dirección do centro ao Departamento Territorial da

Consellería de Educación previo informe da Inspección educativa.

- Informe do Departamento de Orientación que xustifique a medida.

- Conformidade expresa da familia.

- Certificación académica.

- Proposta de adaptación do currículo segundo o disposto

nas correspondentes Ordes.

Page 40: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

39 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

ALUMNADO OBXECTO DE ATENCIÓN ESPECÍFICA

TIPO DE NECESIDADES

Alumnado sen

NEAE

. Con desfase con respecto ao grupo nas técnicas

instrumentais, de forma temporal.

. Con problemas no ritmo de aprendizaxe.

Alu

mn

ado c

on

NE

AE

NEAE

temporais

Necesidades no desenvolvemento das

funcións superiores:

No desenvolvemento motor

No desenvolvemento perceptivo

No desenvolvemento lingüístico

No desenvolvemento lóxico-

conceptual

No desenvolvemento socio-

afectivo

Necesidades na aprendizaxe das

técnicas instrumentais básicas.

NEAE

permanentes

De carácter psíquico.

De carácter sensorial

De carácter físico-motórico.

Sobredotación intelectual

Trastornos de conduta.

Trastornos por déficit de atención con

hiperactividade (TDAH).

Trastornos xeneralizados do

desenvolvemento

De carácter afectivo-emocional

De carácter sociocultural

Page 41: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

40 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

PROCEDEMENTO DE DETECCIÓN :

O titor/a e/ou profesor/a de área, no desenvolvemento das diversas accións

que implica a avaliación continua, detecta necesidades educativas (retraso,

alteracións, dificultades, problemas...) nalgún ámbito de desenvolvemento nun

alumno ou alumna.

Recolle información: avaliación inicial, observación de informes, traballos...

Intercambia información coa familia.

Tenta dar resposta ás necesidades plantexadas con medidas ordinarias de

forma normalizada.

Se o logra, pecha o ciclo de detección

Se non o logra, demanda colaboración ao departamento de orientación para

que o orientador valore o caso e determine as medidas educativas a adoptar

en función da necesidade que presente.

O titor/a informará a familia das medidas dispostas.

PRIORIDADES DE ATENCIÓN

A. Atenderase aquel alumnado que así o aconselle o correspondente

informe.

B. Atenderase ao alumnado con ACS.

C. Continuarase cos apoios iniciados, priorizando de 1º a 6º.

D. Buscarase un apoio de calidade fronte a un de cantidade.

E. Atenderase primeiro os RE que repiten curso que os que non.

F. O apoio será dentro da aula ordinaria, salvo os casos nos que se

aconselle realizalo de forma individualizada.

G. Para o establecemento dos apoios en aula teranse en conta os

momentos do horario do grupo nos que se imparte a materia obxecto

de dificultade.

Page 42: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

41 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

H. Nos casos en que o alumnado reciba o apoio fóra da aula ordinaria,

buscarase a coincidencia horaria da materia a reforzar: agrupamento e

apoio á ACS.

I. O alumnado suxeito a medidas de reforzo educativo que non puidese

(por non ter dispoñibilidade horaria) ou non se considerase necesario o

apoio especializado (PT/AL), recibirá ese apoio por parte do titor/a,

profesorado do nivel, ciclo ou nivel máis afín.

CRITERIOS ORGANIZACIÓN

Apoio na aula ordinaria sempre que sexa posible, tratando de que incida o

menor número posible de profesores/as no grupo clase.

Apoio fóra da aula ordinaria (aula de apoio) nos seguintes casos:

- Alumnado que precisan atención logopédica: atención específica

na Aula de Audición e Linguaxe, procurando que as sesións

sexan curtas (20-30 minutos) salvo casos de NEAE permanentes.

- Alumnado que contan con ACS ou aos que previamente se lle

teñen aplicado medidas de atención ordinaria e que o seu retraso

escolar lle impida o seguimento adaptado da clase.

- Alumnado, que despois da correspondente avaliación inicial se

detectan problemas de aprendizaxe que precisan un apoio

específico de xeito individualizado.

- As intervencións específicas serán realizadas prioritariamente

polo profesorado de apoio (especialistas en PT e AL) e polo resto

de profesorado con dispoñibilidade horaria, tratando de que incida

o menor número posible de profesores no grupo clase.

COORDINACIÓN – RESPONSABILIDADE DO PROFESORADO

O éxito do proceso de atención á diversidade pasa polo traballo

coordinado e cooperativo de todos os implicados, de todo o Equipo educativo

esgotando en primeiro lugar as posibilidades dun determinado nivel antes de

pasar ao nivel seguinte, así como esgotar as medidas ordinarias antes de

pasar ás extraordinarias.

Page 43: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

42 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

A tal fin, empregaranse as seguintes medidas:

COORDINACIÓN DO EQUIPO DOCENTE

O Equipo de profesores que imparten docencia nun grupo manterán

reunións coordinadas polo titor/a correspondente e coa colaboración do

Departamento de Orientación para:

- Ter criterios comúns de actuación.

- Analizar as necesidades educativas do grupo e cada alumno/a.

- Poñer en común as distintas informacións.

- Introducir acordos e prioridades nas distintas programacións.

- Na organización do centro deberá facerse previsión de tempos e

espazos para este cometido.

AVALIACIÓN INICIAL

Medida dirixida a todo o alumnado do centro, especialmente ao alumnado

de nova incorporación e ao comezo de ciclo e/ou etapa para:

- Deducir necesidades do grupo e de cada alumn@.

- Establecer prioridades de traballo

- Adoptar outro tipo de medidas para unha mellor atención das

necesidades detectadas.

- Adaptaranse as medidas ao nivel de competencia curricular e as

necesidades do alumnado.

Esta medida será levada a cabo polo profesorado de cada área coa

colaboración do Departamento de Orientación e/ou profesorado de apoio no

caso do alumnado con necesidades educativas específicas.

XUNTAS DE AVALIACIÓN

Posta en común, coordinada polo respectivo titor/a, do Equipo Docente para

analizar o proceso ensino-aprendizaxe e, a partir dos datos recollidos:

- Tomar decisións conxuntas.

- Realizar o seguimento do proceso de todo o grupo e de cada alumn@,

- Estimar o grao de competencia do alumnado.

- Valorar o progreso de cada alumno/a e establecer as medidas a adoptar

Page 44: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

43 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

e/ou a eficacia das xa adoptadas.

- Avaliar a adecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación

ás necesidades do alumnado.

ACCIÓN TITORIAL

Poñer en práctica as actuacións (alumnado, profesorado e familias) que

recolle o Plan de Acción Titorial coa colaboración do Departamento de

Orientación e coa coordinación da Xefatura de Estudos como medida que

axuda á personalización e individualización do proceso de ensino-aprendizaxe

en cada alumno/a.

EQUIPO DE APOIO

O profesorado de apoio PT,e AL manterá reunións de coordinación coa

Orientadora do centro para planificar e facer seguimento de todos os apoios

específicos. Manterá os contactos sistemáticos cos respectivos titores/as para

o seguimento da evolución do alumnado no que interveñen. A súa intervención

coas familias será indirecta, xa que case sempre se canalizarán a través do

titor/a correspondente.

No tocante á atención do alumnado por parte da mestra especialista en

Audición e Linguaxe, tomáronse as seguintes decisións:

- Atenderanse os alumnas/os que presenten necesidades específicas

relacionadas coa linguaxe.

- Se o horario da mestra o permite, faranse intervencións de cara á

prevención das dificultades de linguaxe nas aulas de E.I. cun Programa

de Estimulación da Linguaxe, cunha frecuencia de 40 minutos semanais

por grupo.

- Con respecto á atención do alumando por parte da mestra especialista

en Pedagoxía Terapéutica, en liñas xerais tomáronse as seguintes

decisións:

- Priorizaranse os apoios dentro da aula ordinaria.

- Levaranse a cabo programas grupais dentro da aula de cara a: mellora

da conduta, promoción da educación en valores, adquisición de

estratexias de aprendizaxe (técnicas de estudio), etc.

Page 45: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

44 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Recibirán apoio fóra da aula aqueles alumnas/os que presenten

dificultades de aprendizaxe moi concretas que lles impidan seguir o fío

da clase co seu titor/a.

ORIENTADOR/A

É responsable da Avaliación Psicopedagóxica e da toma de decisións que se

leven a cabo. Unha vez se poña en marcha a medida de atención á diversidade

decidida, que preferiblemente debe ser consensuada co equipo

docente, o seu papel será, especialmente, o de coordinar todo o proceso e a

todos e todas os implicados.

De maneira máis específica sinalamos as principais funcións:

Coordinar a planificación e desenvolvemento das actividades de

orientación a través do Plan de Acción Titorial e do Plan de Orientación.

Asesorar á CCP proporcionando criterios psicopedagóxicos e de atención

á diversidade.

Colaborar na prevención e detección de problemas de aprendizaxe.

Participar na planificación e desenvolvemento das medidas específicas co

alumnado que o precise.

Colaborar cos titores/as na toma de decisións de promoción final de ciclo

e/ou etapa.

Coordinar a avaliación psicopedagóxica do alumnado que o precise,

realizando os informes pertinentes.

Solicitar a intervención do Equipo de Orientación Específico cando sexa

preciso.

Manter comunicación e colaboración cos servizos externos que actúen

sobre o alumnado do centro para realizar a coordinación e seguimento

das distintas actuacións.

SEGUIMENTO

Todo o equipo de profesores/as participa no seguimento e avaliación.

A avaliación será realizada polo profesorado implicado nas sesións de

Page 46: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

45 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

coordinación e avaliación marcadas na PXA e na programación da

Acción Titorial.

Realizarase unha avaliación continua para o seguimento das propostas

individualizadas de Reforzo Educativo introducindo as medidas

correctoras consecuentes coa evolución do alumnado.

No caso do alumnado que recibiu atención específica, cumprimentarase

o Documento de Reforzo Educativo onde se reflectirá, ademais do

traballo desenvolvido, a valoración do apoio realizado e as propostas

para o próximo curso.

No boletín de información trimestral ás familias, recollerase o grao de

consecución dos obxectivos programados.

CANLES DE COLABORACIÓN-INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Tal e como establece o Decreto 229/2011, as nais, pais ou titores e titoras

legais do alumnado deberán compartir o esforzo educativo, participando e

colaborando, nos termos legalmente establecidos, nas decisións que afecten á

escolarización e aos procesos educativos do alumnado. É por iso que se

establecen unha serie de reunións, entrevistas,...etc, que permitan manter e

sempre mellorar, a relación do centro coas familias.

Esta colaboración familia-escola é moito máis importante cando falamos do

alumando con NEAE, porén dende o D. O. levaranse a cabo as seguintes

actuacións:

No momento da matrícula ou incorporación informaráselle do

funcionamento do centro e os servizos que ofrece: Departamento de

Orientación, profesorado de apoio, programas e proxectos do centro...

Cando se vaia a aplicar unha medida de intervención con apoio

específico, o titor/a correspondente comunica esta situación á familia,

preferiblemente de xeito persoal, para informarlles do motivo,

funcionamento (horario, materiais...) e xeito de colaborar, co apoio do

D.O. se é posible.

Información do proceso ao remate de cada avaliación a través dos

Page 47: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

46 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

boletíns trimestrais.

Reunións individuais cando sexa necesario co titor/a e/ou Dpto. de

Orientación se é preciso.

Ao alumnado que segue unha ACS ou programa de RE moi diferenciado

do traballo do grupo clase entregaráselle un boletín informativo

complementario ao boletín de cualificacións ordinario, onde se

especificarán os obxectivos traballados e o seu nivel de consecución.

RECURSOS – MATERIAIS

Todo o profesorado do centro así como os seus espazos e materiais poderán

ser empregados para o desenvolvemento deste Plan.

No caso do alumnado con atención específica, os informes pertinentes,

documentos de reforzo ou adaptacións curriculares indicarán:

- Material específico a empregar.

- Profesorado especialista que require.

- Ubicación do apoio: aula PT, aula AL, aula ordinaria...

No seguimento e avaliación do Plan farase proposta de adquisición de

materiais específicos necesarios para o seu desenvolvemento.

AVALIACIÓN E REVISIÓN DO PLAN

Ao final de curso analizarase a adecuación do Plan á realidade do centro e

deseñar as modificacións necesarias.

O proceso a seguir será:

Análise e avaliación nas reunións de ciclo e dos Equipos docentes.

Análise e avaliación no Departamento de Orientación tendo en conta os

seguintes datos:

Valoración dos Equipos Docentes e de Ciclo.

Datos aportados polo profesorado de apoio: PT e AL.

Datos aportados polo orientador.

Posta en común na CCP

Elevación de conclusións e posibles modificacións ao Claustro de

Profesorado.

Inclusión das valoracións na Memoria Anual.

No momento de redactar a PXA, redactarase a súa concreción anual tendo

Page 48: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

47 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

como base as conclusións do curso anterior e as realidades nese momento.

7.- CADRO DE ORGANIZACIÓN PEDAGÓXICA

Reproducimos neste epígrafe o cadro de organización pedagóxica do CEIP de

Viñagrande Deiro.

8.- PLAN DE ACTUACIÓN DOS ÓRGANOS COLEXIADOS

O CONSELLO ESCOLAR está constituído do seguinte xeito:

Page 49: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

48 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Equipo directivo:

Javier García García , como Presidente

María Castro Estudos

Rocío Bernárdez Cibeira, como Secretaria ( con voz pero sen voto ).

Representantes do profesorado:

Jose María Armas Martínez

Blanco Silva, Isabel

María Josefa Mollinedo García

Coa marcha de varios docentes o pasado curso os representantes do

profesorado reducíronse a 3. Será necesaria a incorporación de dous novos

representantes do profesorado a finais deste ano 2016.

Representantes dos pais:

Susana Varela Santos como representante da ANPA

Lucía Rey Vila

Silvia Gonçalves Santorum

Jessica Belvis Reverón

Jose Manuel Otero Vidal

Representante do PAS

Benito Viñas Morgade

Representante do Concello:

Manuel Sineiro Cores

COMISIÓN ECONÓMICA

PRESIDENTE: Javier García García

REPRESENTANTE DOS PAIS/NAIS: Jéssica Belvis Reverón

SECRETARIA: Rocío Bernárdez Cibeira

O CLAUSTRO DE PROFESORES está constituído segundo o cadro que

se insiriu na páxina anterior. As xuntanzas terán lugar segundo o disposto no

Regulamento orgánico (DOG do 21-10-96) unha vez por trimestre e sempre

Page 50: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

49 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

que sexan convocadas por quen as preside, ou polo menos, por 1/3 dos seus

membros.

9.- PLAN DE ACTUACIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO

DIRECTOR: Javier García García

XEFA DE ESTUDOS: María Castro Nine

SECRETARIA: Rocío Bernárdez Cibeira

Horario de dedicación ao cargo:

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES TOTAIS

DIRECCIÓN 1h30´ 1h30´ 1h30´ 1h30´ 1h30´ 7h30´

XEFATURA 1h30´ 1h30´ 0 30´ 1h30´ 5h

SECRET. 45´ 0 45´ 1h30´ 1h30´ 4h30´

Horario de atención ao público:

Dirección: Os venres de 12:30 a 14:00 horas.

Xefatura: Os martes de 12:30 a 14:00 horas.

Secretaría: Os xoves de 9:00 a 10:30 horas.

10.- XORNADA ESCOLAR E HORARIO DO CENTRO

O horario lectivo do centro.

De luns a venres de 9:00 da mañá ás 14:00 horas.

As portas do centro ábrense para o alumnado transportado ás 8:45h. e

organizáronse gardas para atender a estes alumnos/as que son realizadas polo

profesorado en quendas de dous. Para o resto do alumnado o centro abre as

súas portas as 9:00 da mañá.

Distribución horaria:

1ª Sesión 09:00 – 10:30

2ª Sesión 10:30 – 12:00

Page 51: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

50 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Recreo 12:00 – 12:30

4ª Sesión 12:30 – 14:00

- O horario de atención a pais e nais é o martes de 18:00 a 19:00 horas.

- A biblioteca abre os luns, mércores e xoves de 16:00 a 18:00 horas

atendida polo profesorado do centro.

- A ANPA utilizará as nosas instalacións (aula de informática) en horario

de tarde para o desenvolvemento de actividades extraescolares en

horario de 16:00 a 18:00 organizadas por eles mesmos.

- Os martes pola tarde de 16:00 ás 18:00 horas se celebrarán as reunións

de coordinación de ciclo e dos diferentes equipos de dinamización.

Aproveitaremos os martes pola tarde para facer reunións de todo o

profesorado sempre que sexa necesario tomar decisións ou falar temas

que afecten o normal desenvolvemento do centro ou das actividades

lectivas.

*Os horarios dos grupos e do profesorado serán remitidos proximamente á

inspección educativa no DOC cumpríndose coa normativa vixente no referido á

distribución horaria de coordinacións,áreas, materias e actividades docentes”.

11.- QUENDAS DE VIXIANCIA DOS RECREOS

No seguinte cadro móstrase a organización dos recreos no noso centro.

Dado o número de alumnado en cada unha das etapas correspóndelle a dous

mestres cubrir a garda de recreo en Educación Infantil e outros dous farán a

garda en Educación Primaria.

Por outra banda, tamén se reflicten as gardas de biblioteca que o equipo

de mestres responsables da mesma ten para a atención ao alumnado que

solicita os préstamos bibliográficos no momento do recreo ou prefire quedar na

biblioteca nos momentos de lecer.

Page 52: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

51 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

12.- PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DAS REUNIÓNS DOS ÓRGANOS

DE GOBERNO

O equipo directivo traballará de xeito coordinado no desempeño das

súas funcións, procurando dinamizar tódalas actividades do centro e que este

funcione o mellor posible. Para facilitar esta coordinación están previstas nos

horarios sesións semanais nas que o os integrantes do equipo directivo terán a

oportunidade de organizar e estruturar o traballo semanal.

As normas de convivencia están rexistradas no Regulamento de Réxime

Interno (RRI) que está incorporado no Proxecto Educativo de Centro (PEC).

Este ano iniciamos un novo mandato de catro anos. O pasado curso, e

despois dun intenso debate sobre o futuro do noso centro, tivemos a

oportunidade de trasladarlle ao claustro cal era a nosa visión e o camiño que

debería percorrer este centro durante os vindeiros anos. Foi un debate moi

interesante no que saíron ideas que se están desenvolvendo no actual curso e

que foron plasmadas no Proxecto de Dirección presentado ante a

administración educativa para a súa valoración.

Page 53: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

52 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

A tarefa máis importante que temos por diante é elaborar un novo PE

que conteña, no Proxecto Curricular, o modelo de centro que queremos dende

o punto de vista pedagóxico, organizativo e de funcionamento.

O NOF tamén será preciso modificalo coa finalidade de adapatalo ás

modificacións do modelo pedagóxico que queremos poñer a funcionar.

O Consello Escolar do centro reunirase a lo menos unha vez por

trimestre, ou sempre que existan situacións que o requiran.

O Claustro de Profesores reunirase, a lo menos unha vez por trimestre e

sempre que sexa preciso. As reunión serán os martes pola tarde.

Faranse reunións de todo o profesorado sempre que sexa necesario

tomar decisións ou falar temas que afecten o normal desenvolvemento do

centro ou das actividades lectivas.

13.- PROGRAMACIÓN E CALENDARIO DAS REUNIÓNS DE

COORDINACIÓN DOCENTE

En función da Orde que establece a Consellería con respecto á

dedicación docente, a xornada semanal dos mestres será de 30 horas con

presenza no centro, das cales 25 terán carácter lectivo e 5 non lectivas

dedicadas a: reunións de equipos e departamentos, atención a pais/nais,

claustros, coordinacións de ciclos. Tendo en conta esta normativa

establecemos como día de atención a pais/nais os martes de 18:00 a 19:00 e

os martes de 16:00 a 18:00 para reunións de ciclo, de Claustro e de Consello

Escolar. As 2 horas restantes quedarán para as reunións de equipos,

comisións, Departamento de Orientación, gardas de biblioteca e outras

actividades non lectivas que se desenvolven no noso centro: preparación de

clases, avaliacións, organizar materiais, elaborar exposicións e festivais...etc.

Este ano, a modo de novidade, estruturouse o traballo das distintas

comisións da seguinte maneira: Todo o profesorado do centro pertence a

algunha das comisións existentes (que se nomean a continuación). Os

membros de cada unha das comisións ou equipos reuniranse unha vez á

semana para dinamizar os contidos propios de cada unha delas e utilizarán

diferentes espazos do centro para o seu traballo particular.

Page 54: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

53 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Equipos de ciclo

Integrantes do ciclo de Viñananos de E. Infantil (Aprendizaxe

Baseada en Proxectos).

Blanco Silva, Isabel

Louzao García, Cristina

Castro Castro, Josefa

Coordinadora: Louzao García, Cristina

Na etapa de Educación Primaria introduciuse unha novidade na

organización do profesorado. Unha vez desaparecidos os ciclos, no noso

centro decidiuse organizar ao profesorado en función da metodoloxía e

tipoloxía de traballo docente que desempeñan no centro. Así, creáronse

distintos equipos de mestres:

Integrantes do ciclo dos Viñapeques na Educación Primaria

(Aprendizaxe Baseada en Proxectos).

Piñeiro Sánchez, Manuel (titor de 1º)

González Lestón, Juán María (titor de 2º)

Calviño Rodríguez, María Jesús (substitura do titor de 2º)

Integrantes do ciclo dos Viñamedios e Viñagrandes na

Educación Primaria (Contextos de Aprendizaxe).

Barreiro Pérez, María Luísa (titora de 3º)

García García, Javier (titor de 4º)

Rosales López, Sergio (titor de 5º)

Estévez Reino, Amalia (titora de 6º)

Integrantes do equipo de especialistas.

Castro Nine, María (mestra de Educación Física)

Martínez Armas, José María (mestre de Inglés)

Mollinedo García, María José (mestra de Relixión)

Bernárdez Cibiera, Rocío (mestra de Música)

Page 55: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

54 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Integrantes do equipo de mestres para atención á diversidade.

Aragunde Soutullo, Jacobo (mestre de PT)

Mouriño Mouriño, María del Carmen (xefa do DO)

González Hermida, Silvia Alba (mestra de AL)

O profesorado especialista reúnese unha vez ao mes con cada un dos

ciclos establecidos garantindo, deste xeito, a coordinación da labor docente de

todo o profesorado.

As xuntanzas terán lugar en diferentes espazos no centro e segundo o

disposto na Orde do 22 de Xullo de 1997 (DOG. Do 2 de Setembro de 1997).

Prioritariamente os martes de 16:00 a 17:00 horas.

O Equipo de Normalización Lingüística está coordinado por Sergio

Rosales López e os compoñentes son os descritos no Plan para o uso e

fomento da lingua galega.

O equipo de Biblioteca, está coordinado por Rocío Bernárdez Cibeira

e os compoñentes son os descritos no Plan Anual de Lectura que recolle as

actividades a realizar este curso desde a nosa biblioteca .

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, está

coordinado por María Luísa Barreiro Pérez, e os compoñentes son os

descritos no Plan de Actividades Extraescolares e Complementarias.

O equipo de TICS está coordinado por Javier García García e

todo o profesorado forma parte deste equipo.

Ademais, este ano temos dúas comisións novas:

A comisión ecolóxica: encargada de desenvolver proxectos como

“Recíclate co Sogama” e “Voz Natura” e organizar todas aquelas

iniciativas e intervecións relacionadas co coidado do medio ambiente.

A comisión de decoración e material didáctico: responsables de

organizar un almacén de material didáctico coas necesidades que o

profesorado solicite e de mellorar a estética interior do centro con novos

espazos, novos elementos decorativos, exposicións artísticas e outras

iniciativas. Durante o curso escolar intentarase levar a cabo diversas

Page 56: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

55 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

actividades encamiñadas ao embelecemento do centro, tanto no interior

como no exterior e a creación dun almacén de material didáctico.

En todas as actividades se fomentará a participación do alumnado e

intentaremos empregar materiais reciclados e que respecten o medio

ambiente.

14.- PARTICIPACIÓN DO PROFESORADO DO CENTRO EN PROGRAMAS

DE INNOVACIÓN EDUCATIVA

Este vai ser un ano algo máis calmado no referido á participación do

centro e do profesorado en Programas de Innovación Educativa. O motivo

desta decisión está determinado polo inicio do PEC. Necesitmaos un curso

algo máis tranquilo para asentar as bases do que vai ser o funcionamento e

organización para o futuro no noso centro.

Inda así, estamos inmersos en algúns proxectos entre os que

destacamos:

Plan Proxecta

1.- Xogade – Deporte Escolar:

Como cada ano dende o CEIP Viñagrande-Deiro queremos fomentar a

práctica de actividade física en idade escolar sendo conscientes da importancia

que ten o movemento no desenvolvemento integral dos nenos. Co fin de

asentar as bases para unha infancia máis saudable e menos sedentaria e

como continuidade do traballo de psicomotricidade que se fai neste centro nas

primeiras idades queremos continuar participando no presente curso 2016-

2017 no programa Xogade para fomentar entre os máis novos o gusto pola

práctica físico-deportiva e sigan, deste xeito, cunha vida activa no futuro.

O alumnado do antigo terceiro ciclo (e nalgunha ocasión o do antigo

segundo ciclo) participará neste programa que pretende que a actividade física

chegue a ser un hábito na nosa poboación e por iso é clave a súa práctica

desde a infancia nos ámbitos educativo e familiar, fundamental para o futuro

estilo de vida e a consolidación de hábitos físico-deportivos saudables.

Page 57: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

56 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Entre os obxectivos están:

• Favorecer o desenvolvemento integral dos nenos e nenas a través do

movemento.

• Desenvolver e afianzar as habilidades motrices básicas a través da

práctica deportiva.

• Fomentar o traballo cooperativo dentro do equipo deportivo.

• Incentivar á práctica, dende un punto de vista educativo e saudable,

de actividades físicas por parte do alumnado.

• Eliminar a presenza de hábitos sedentarios na vida dos escolares.

• Fomentar as relacións sociais entre os nenos e nenas de diversos

colexios.

• Practicar diferentes deportes dun xeito lúdico e recreativo.

• Favorecer a inclusión na práctica deportiva escolar.

En canto á organización, desenvolvemento, metodoloxía e avaliación

atenderanse os seguintes aspectos:

Actividade deportiva-competitiva. Coordinaranse os diferentes

centros participantes en Xogade do Val do Salnés para organizar

diferentes xornadas deportivas intercentros: campo a través,

deportes colectivos, deportes de individuais...

Educación, deporte e valores: unha vez concedida esta

exposición presentarase nos espazos comúns do colexio co fin de

facer chegar a todo o alumnado do centro aqueles valores

fundamentais que se acadan coa práctica físico - deportiva.

Xogos populares: dende o centro esperamos a concesión do taller

itinerante de xogos populares para poder adicar a práctica da

actividade física durante unha semana a práctica dos xogos

populares galegos en tódolos ciclos

Levarase a cabo unha avaliación continua e global, buscando a

máxima obxectividade e tendo en conta o progreso e a

consecución dos obxectivos plantexados. Avaliaranse tanto a

participación do alumnado coma a do profesorado.

Page 58: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

57 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

2.- Recíclate con Sogama.

Título: PLANETA DEIRO

1. Introducción.

Planeta Deiro nace coa finalidade de amosar ás novas xeracións os

perigos do comportamento do ser humano sobre o noso planeta. Dada a

velocidade coa que estamos desfacendo o noso planeta, é necesario máis que

nunca que o alumnado coñeza e sexa capaz de desenvolver un conxunto de

medidas en favor do medio ambiente no planeta Terra e no noso Planeta Deiro

que representa a contorna onde vive e se relaciona socialmente o alumnado do

centro. A necesidade dun ensino significativo lévanos a centrar este proxecto

nesta contorna (parroquia, concello, colexio e nos fogares do noso alumnado).

2. Obxectivo.

O obxectivo principal de este proxecto e que o alumnado sexa o

protagonista do cambio nos comportamentos en relación coa natureza nos

ambientes nos que vive (colexio, casa, parroquia, concello e outros lugares).

Dende o noso punto de vista con este traballo póñense en valor modelos

pedagóxicos e propostas didácticas nas nosas aulas e no noso centro que

ofrezan a posibilidade real de mellorar os procesos de ensino e aprendizaxe.

3. Organización, desenvolvemento e metodoloxía.

Este é un proxecto dirixido a todo o alumnado do CEIP de Viñagrande -

Deiro (Vilanova de Arousa), abarcando as etapas de educación Infantil e

Primaria. Fomentaremos durante todo o curso escolar medidas en favor da

conservación do medio ambiente.

Pretendemos levar a cabo este proxecto dunha forma lúdica e

motivadora para que o alumnado mostre o maior interese e participación

posible.

O produto final consiste na xeolocalización de tódolos colectores que hai

na nosa contorna, nestes colectores ponse unha pegatina na que mediante

dúas apps (Layar e QR Droid) a xente pode acceder a unha chea de

información (localización de colectores, vídeos, imaxes, podcast explicativos do

Page 59: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

58 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

que botar en cada colector,...). Este mapa virtual está acompañado dun mapa

físico no colexio e no que tamén se sitúan os diferentes colectores.

Utilizamos o traballo colaborativo e a cooperación para que o alumnado

sexa protagonista da súa aprendizaxe e que esta estea chea de

significatividade e sexa motivadora. O alumnado terá que ser creativo, crítico,

autónomo,... no

proceso de construción dos seus aprendizaxes

4. Avaliación.

Ao comezo do proxecto avaliaranse os coñecementos previos do

alumnado e o grao de motivación existente. Ao finalizar o programa realizarase

unha avaliación final en base ao cumplimento dos seguintes puntos.

Asimila conceptos relacionados coa conservacón do medio ambiente.

Participa activamente na procura de información e colaboración co resto

do grupo.

Contamos cos medios necesarios para levar a cabo este programa.

As actividades teñen un proceso continuado e coherente.

A planificación está totalmente aberta a suxestións do grupo (nenos/as e

mestres/as)

Mediante enquisas farase un seguimento dos hábitos de reciclaxe nas

familias dos alumnos.

Proxecto Samsung Smart School

Este curso continuamos coa participación en Samsung Smart School. Un

proxecto do que podemos destacar, ademáis do xa dito anteriormente, a

triple vertiente da súa implementación:

- Formación para o profesorado: Elaboración de proxectos didácticos e

execución compartida con centros doutas CCAA). Esta formación está

organizada e planificada polo INTEF e por Samsung.

- Programar tarefas tendo en conta o actual deseño curricular para a

súa aplicación nas aulas. O resultado final da participación neste

proxecto debera ser a demostración da capacidade do profesorado

para progamar tarefas nas que se integren os dispositvos móbiles dun

Page 60: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

59 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

xeito efectivo, eficaz e cunha metodoloxía de traballo cooperativa e

potenciadora da creación e construción de contidos e coñecementos

por parte do alumnado.

- Investigación sobre a metodoloxía de traballo máis eficaz na

introdución desta tecnoloxía na aula. Esta investigación corre a cargo

da Universidade de Tarragona.

Este ano, ademais, solicitamos a Samsung que participara (aportando

financiación e equipamento multimedia) nun proxecto moi ambicioso para nós:

a creación do INFORMADEIRO. Un lugar onde ubicar os medios de

comunicación cos que traballaremos co alumnado e coas familias: un plató de

televisión, un espazo adicado a unha emisora real de radio, unha zona adicada

á edición e publicación dun xornal escolar mensual e un espazo multimedia

para a xestión da produción online (blog, páxinas web, redes sociais...).

Ademais destes programas de innovación que se desenvolverán neste

centro ó longo do curso 2016-2017, é necesario nomear os seguintes proxectos

que o centro ten a disposición de por en funcionamento e que dependerán da

concesión e aprobación por parte da Consellería de Educación:

Contrato-Programa de Reforzo, Orientación e Apoio:

- “Acompañamento escolar fóra do horario lectivo”. Está dirixido ao

alumnado de 2º e 3º ciclo con maiores necesidades de apoio e reforzo

educativo.

- “Mellora das competencias clave”. Coa finalidade de priorizar as

accións para a mellora da competencia matemática, o

desenvolvemento desta actuación incluirá sempre o reforzo desta

competencia e poderá incluír tamén actuacións para a mellora da

competencia en comunicación lingüística e/ou competencias básicas

en ciencia e tecnoloxía.

Destinatarios: Todo o alumnado de educación primaria.

Page 61: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

60 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Plan de Mellora da Biblioteca Escolar (PLAMBE):

Este curso 2016 – 2017 e despois dun intenso traballo de reflexión sobre

como debera ser a futura biblioteca do noso centro, a Consellería de Educación

concedeunos o PLAMBE presentado.

O PLAMBE é un proxecto que convoca a Consellería de Educación tódolos

anos e que ten como finalidade principal ofrecer recursos económicos para a

mellora da biblioteca escolar (multimedia, bibliográficos, mobiliarios...).

A execución do plan de mellora da biblioteca escolar correrá a cargo do

profesorado, alumnado, familias e demáis comunidade educativa e centrarase

en desenvolver diversidade de actividades que incidirán na mellora da

competencia lingüística do alumnado e na formación como usuarios da

biblioteca.

Ademais posibilitaría a modificación actual do espazo da biblioteca e previsión

de ampliación para o futuro para poder abordar variadas actividades e

obradoiros de cine, audio, fotografía e dixitalización de tarefas escolares.

Page 62: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

61 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Por outra parte, tamén consideramos oportuno sinalar aquí o Plan de

Orientación do noso centro que, si ben non é un proxecto de innovación,

constitúe un dos plans máis importantes polas características que posúe e

por ir dirixido a toda a comunidade educativa: familias, alumnado,

profesorado...

Plan de Orientación

A lexislación educativa mais recente outórgalle á función orientadora un

papel relevante, considerándoa un pilar esencial e básico do sistema educativo

con decisiva incidencia na calidade dos procesos que nel se desenvolven:

- A orientación educativa e profesional dos alumnos debe ser un dos

principios que inspira a actividade educativa como medio necesario

para o logro dunha formación personalizada que propicie unha

educación integral en coñecementos, destrezas e valores (Artigo 1º

da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación).

- A orientación educativa e profesional é un dos factores que favorecen

a calidade da ensinanza, aos que os poderes públicos prestarán

unha atención prioritaria (LOE, artigo 2º).

- A orientación educativa, académica e profesional do alumnado como

función do profesorado, en colaboración, no seu caso, cos servizos

ou departamentos especializados. (LOE, artigo 91º.d).

- Un dereito básico do alumnado é recibir orientación educativa e

profesional e o dos pais a ser oídos naquelas decisións que afecten á

orientación académica e profesional dos seus fillos e fillas

(Disposición derradeira primeira da LOE. Modificación da Lei

orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación)

Nesta liña, no CEIP de Viñagrande-Deiro desenvolveremos unha

orientación que incida sobre a comunidade educativa no seu conxunto

(alumnos, profesores e familias), que atenda aos problemas e dificultades de

aprendizaxe e preste apoio e asesoramento ante a diversidade de retos cos

que se enfronta a escola, animando e impulsando a súa acción, as relacións

entre os seus elementos e co entorno, contribuíndo, en definitiva, á mellora da

Page 63: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

62 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

calidade dos procesos que se desenrolan nela e, conseguintemente, da acción

educativa.

A orientación é un deber compartido por todos/as os/as mestres que

traballamos no centro coas responsabilidades propias das diferentes tarefas

que desempeñamos e debe estar coidadosamente planificada, marcándose

uns obxectivos a partir da análise da realidade, programándose actuacións

concretas, deseñándose estratexias específicas e organizándose os espazos e

os tempos nos que se desenvolverá o planificado. Unha previsión que,

ademais, debe contemplar a avaliación e seguimento necesarios para constatar

o grao de consecución dos obxectivos e, no seu caso, as propostas de mellora.

O Plan de Orientación é o instrumento pedagóxico-didáctico que articula,

a medio e largo prazo, as actuacións relacionadas coa orientación e a acción

titorial. Pero esta planificación no pode facerse de maneira illada, é parte da

organización pedagóxico-educativa do centro e, consecuentemente, debe

incardinarse coa actividade e estrutura xeral deste. O Plan de Orientación

conforma pois, un epígrafe propio do PE como documento que planifica e

estrutura a acción orientadora dos equipos docentes e do centro educativo no

seu conxunto, con especial incidencia na atención á diversidade, na orientación

persoal e académica e na acción titorial, sendo o Departamento de Orientación

o responsable de elaborar a proposta do mesmo de acordo coas directrices

establecidas polo Claustro de profesores e a CCP.

O noso PO ímolo desenvolver en seis grandes bloques:

- Descrición do contorno no que se desenvolve o proceso orientador.

- Obxectivos da orientación para o conxunto do sistema.

- Accións de orientación prioritarias.

- Plan Xeral de Atención á Diversidade e Plan de Acción Titorial.

- Criterios e procedementos de avaliación.

- Instrumentos de avaliación.

A escola pública caracterízase por unha serie de principios básicos, pero

cada centro ten autonomía, dentro do marco legal, para facerse cun estilo

Page 64: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

63 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

educativo propio. Éste reflíctese no Proxecto Educativo de cada colexio que

responde ó contexto socioeconómico e cultural, ás peculiaridades do alumnado

e á concepción educativa que os docentes e os pais e nais manteñen.

No curso 2008-2009 creouse o Departamento de Orientación Compartido

(OC) que abrangue dous centros: o CEIP de VIÑAGRANDE-DEIRO, centro

base do Dpto. de Orientación, e o CEIP SAN ROQUE DE CORÓN, ambos

situados no concello de Vilanova de Arousa.

No presente curso 2016-2017 o Dpto. de Orientación está constituído da

mesma forma que en anos anteriores só cambiando o centro base de algún

dos seus membros, quedando deste xeito:

Xefa do Dpto. Orientación compartida nos dous centros, sendo o seu

centro base o CEIP de VIÑAGRANDE-DEIRO.

Mestra especialista en audición e linguaxe compartida nos mesmos

centros anteriores, sendo o seu centro base neste curso o CEIP SAN

ROQUE DE CORÓN.

Dous mestres especialistas en pedagoxía terapéutica a tempo

completo, unha no CEIP San Roque de Corón e outro no CEIP

Viñagrande-Deiro.

XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTORNO.

O noso Plan de Orientación parte dunha realidade con características

singulares que a definen e condicionan, necesidades propias ás que temos

que dar resposta, e recursos e posibilidades concretas que serán os

instrumentos para materializar as propostas da acción orientadora. Así, para

programar a nosa acción de forma eficaz, debemos coñecer as peculiaridades

do contorno ao que vai dirixida e no que se vai desenvolver: características do

alumnado, profesorado e familias, organización do centro educativo, medios

materiais, recursos humanos, etc.

O CEIP de Viñagrande-Deiro está situado nunha zona rural-mariñeira, na

parroquia de San Miguel de Deiro. A poboación correspóndese na súa

Page 65: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

64 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

meirande parte coa clase media-baixa, e a maioría dos seus habitantes viven

da agricultura, marisqueo e comercio. Predomina a poboación cun nivel de

estudos primarios.

Conta con nove unidades: tres en Educación Infantil e seis en Educación

Primaria. Está escolarizado un total de 123 alumnos/as distribuídos do

seguinte xeito:

Educación Infantil:

• 11 de 3 anos.

• 13 de 4 anos.

• 13 de 5 anos.

Educación Primaria:

1º EP: 17 alumnos/as.

2º EP: 19 alumnas/os.

3º EP: 16 alumnos/as.

4º EP: 13 alumnos/as.

5º EP: 12 alumnos/as.

6º EP: 9 alumnos/as.

A mestra de Audición e Linguaxe é de carácter compartido acudindo

a este centro 2 días á semana. A mestra de Relixión é de carácter itinerante,

este é o seu centro base, acudindo a este centro tres días á semana.

A dotación de espazo físico para o Departamento de Orientación é

dunha aula-despacho de xefatura do departamento de orientación para a

atención ó departamento, reunións… que conta cos medios de soporte técnico

e a infraestructura adecuada.

NECESIDADES DA ORIENTACIÓN:

Coa análise dos datos que nos aportan a comunidade educativa vemos que

nos atopamos fronte a :

- Nos últimos anos é salientable a crecente chegada de inmigrantes coa

consecuente incorporación de alumnado estranxeiros a calquera altura

do curso provocando nestes nenos certa inestabilidade ao terse que

Page 66: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

65 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

adaptar a novos hábitos e normas, mentres non superan o período de

adaptación. Ten de positivo o achegamento á diversidade

- Familias cunha crecente preocupación pola formación dos seus fillos

que precisa e demanda, cada vez máis, asesoramento e apoio.

- Un alumnado que require unha atención singular e global que dea

resposta ás súas necesidades.

- Profesorado que precisa asesoramento e apoio para facer fronte aos

novos retos que o ensino demanda e está aberto ás iniciativas e á

colaboración co Departamento de Orientación .

É por iso polo que é preciso un servizo de orientación que contemple unha

intervención nos ámbitos do alumnado, do profesorado e das familias, no

marco das actuacións que se establecen desde a propia Administración

Educativa, pero partindo da realidade e dos condicionantes da zona e do propio

centro educativo.

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO.

Atendendo á normativa vixente, concretamente ao artigo 4 do Decreto

120/1998, polo que se regula a orientación educativa e profesional na

Comunidade Autónoma de Galicia; constitúese o Dpto. de Orientación para o

curso 2016-2017 no CEIP Viñagrande-Deiro do que forman parte:

Coordinadora Ed. Infantil: Dna. Cristina Louzao García.

Titor de 1º de Educación Primaria: Manuel Piñerio Sánchez

Titor de 2º de Educación Primaria :

D. Juan Mª González Lestón (de baixa),

Dna. Mª Jesús Calviño Rodríguez (sustituta)

Titor de 3º de Educación Primaria: Mª Luisa Barreiro Pérez

Titor de 4º de Educación Primaria e director : D. Javier García García.

Titor de 5º de Educación Primaria: Sergio Rosales López

Titor de 6º de Educación Primaria: Dna. Amalia Estévez Reino

Mestre especialista en A.L. : Dna. Silvia González Hermida

Mestre especialista en P.T. : D. Jacobo Aragunde Soutullo

Page 67: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

66 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Orientadora: Dna. Mª del Carmen Mouriño Mouriño.

FUNCIONAMENTO DO DEPARTAMENTO:

Seguindo as directrices da Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se

establece a organización e funcionamento da orientación educativa e

profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto

120/1998, ao largo do escolar levaranse a cabo unha serie de reunións que

quedan organizadas da seguinte forma:

Reunión semanal, mensual e trimestral do Departamento de

Orientación.

Reunións de coordinación co equipo directivo: para tratar todos

aqueles aspectos puntuais referidos ao departamento: establecer

aspectos organizativos, elaborar informes segundo as necesidades

que vaian xurdindo.

Reunión coas familias: para recadar información sobre o alumnado

obxecto de atención cara a unha posible avaliación, para solicitar o

con sentimento da avaliación psicopedagóxica, para informalos e

orientalos sobre aspectos puntuais do seu interese referidos ao

desenvolvemento do alumno/a.

Reunións de coordinación cos titores e profesorado:

Realizaranse xuntanzas cos equipos de ciclo, de nivel, profesorado

que atende aos alumnos con necesidade educativa de apoio

específico, unha vez ao mes e tendo en conta a dispoñibilidade

horaria dos mestres e titores.

O resto do horario da xefa do D.O. dedicarase a elaboración de

documentos, diagnósticos, reunións, recepcións de pais e nais así como de

alumnos (de acordo coa Dirección e a Xefatura de Estudios), reunións da

Page 68: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

67 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

comisión de coordinación pedagóxica, reunións cos equipos didácticos e outras

actividades que poidan xurdir.

OBXECTIVOS

O noso Plan de Orientación é un documento aberto, que nace coa

pretensión de ofrecer un marco estable que guíe a acción orientadora do

centro. De aí que os obxectivos formulados enmarcarán unha proposta de

traballo a medio-longo prazo que se irá enriquecendo anualmente con distintas

aportacións, polo tanto cremos necesaria unha reflexión e toma de decisións

coherente e axustada tendo en conta:

O papel relevante e a importancia que da á función orientadora no

sistema educativo a Lei Orgánica 8/2013, do 9 decembro, para a Mellora

da Calidade Educativa.

As funcións e os ámbitos de actuación do Departamento de Orientación

e da xefatura do departamento que se regulan no Decreto 120/1998, do

23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na

Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 27/04/98). Corrección de

erros, (DOG 14/05/98) e a Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se

establece a organización e funcionamento da orientación educativa e

profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto

120/1998. (DOG 31/07/98).

A análise das necesidades, características e recursos da realidade do

noso centro e o seu contorno.

Os valores, obxectivos e prioridades de actuación e as decisións e

opcións da comunidade educativa referidas ao ámbito pedagóxico,

académico e educativo explicitadas no PE.

Page 69: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

68 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Os criterios fixados polo Claustro de profesores e as directrices da CCP

que nos leva a determinar que os obxectivos que deben guiar a acción

deste Departamento de Orientación son:

1.1 XERAIS:

Participar na elaboración, seguimento e avaliación do PE, incidindo

nos criterios organizativos, metodolóxicos e curriculares de carácter

inclusivo para a atención á diversidade do conxunto do alumnado e

asesorando nas decisións relativas á potenciación das áreas

instrumentais, avaliación, recuperación, criterios de promoción, etc.

Participar no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á

diversidade que optimicen a atención educativa proporcionada ao

alumnado.

Contribuír á identificación e detección temperá das dificultades ou

problemas de desenvolvemento e aprendizaxe e potenciar a posta en

marcha de medidas e accións de carácter preventivo.

Apoiar a convivencia no centro a través da acción titorial e coa

implicación de toda a comunidade educativa.

Promover a comunicación, colaboración e coordinación coas familias,

potenciando a súa implicación no proceso educativo dos seus fillos e

na vida do centro.

Establecer canles de comunicación e coordinar actuacións cos

diferentes servizos e institucións.

Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento

necesarios para favorecer o desenvolvemento persoal, social, e

Page 70: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

69 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

cognitivo dos alumnos e axudarlles a enfrontar adecuadamente os

momentos escolares decisivos ou de maior dificultade.

Asesorar e apoiar ao conxunto da comunidade educativa e aos

órganos de goberno do colexio en particular, para impulsar o

desenvolvemento do centro educativo en todos os ámbitos.

Proporcionar apoio psicopedagóxico ao alumnado e deseñar,

desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.

1.2 ESPECÍFICOS:

A) Con relación ao alumnado:

Desenvolvemento persoal e social

Favorecer e orientar a adaptación do alumnado ao contexto

escolar e a integración no grupo clase.

Axudar a tomar conciencia dos propios sentimentos e emocións,

desenvolvendo habilidades de control e autorregulación dos

mesmos e logrando un desenvolvemento emocional axeitado que

facilite a integración dos nenos no grupo.

Orientar a potenciación do desenvolvemento de hábitos básicos

de autonomía persoal e social coa colaboración das familias.

Facilitar a inclusión educativa e a integración escolar e social do

alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Axudar a desenvolver no alumnado un adecuado coñecemento e

valoración de si mesmo, facilitando a progresiva toma de

conciencia sobre as súas propias capacidades, posibilidades e

intereses.

Page 71: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

70 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Atención á diversidade e apoio aos procesos de ensinanza e

aprendizaxe

Asesorar no desenvolvemento de estratexias e elaboración de

instrumentos para o coñecemento das características persoais,

familiares, sociais e escolares dos alumnos.

Contribuír a mellorar a atención educativa proporcionada ao

alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Asesorar e colaborar na elaboración de rexistros de observación-

avaliación sistemáticos.

Axudar a reforzar a equidade na educación, mellorando a

inclusión e a calidade da resposta educativa proporcionada ao

alumnado en situación de desvantaxe.

Promover a busca de estratexias que favorezan a adquisición de

aprendizaxes instrumentais, competencias básicas, estratexias de

aprendizaxe e técnicas de traballo intelectual.

Potenciar e asesorar na posta en marcha, seguimento e

avaliación de adaptacións curriculares, medidas de reforzo

educativo e calquera actuación destinada á mellora da

aprendizaxe.

Impulsar a eliminación dos obstáculos físicos, organizativos ou

curriculares que dificulten a acollida, a adaptación escolar e o

desenvolvemento educativo do conxunto do alumnado con

necesidade específica de apoio educativo: alumnado con

necesidades educativas especiais, inmigrantes, alumnado con

Page 72: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

71 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

dificultades de aprendizaxe, alumnado afectado por enfermidades

que dificultan o seu proceso educativo, etc.

Orientación académica

Potenciar a adquisición de competencias relevantes no ámbito

educativo tales como a responsabilidade, a perseveranza, a toma

de decisións, o traballo en equipo, a experimentación e a

creatividade.

Convivencia

Contribuír á socialización do alumnado promovendo unha

formación en valores conectada coa realidade social e

comprometida con principios universais propios dunha sociedade

democrática: cooperación, convivencia, respecto e solidariedade,

etc, concibindo o diálogo como ferramenta fundamental para a

resolución pacífica de conflitos.

Potenciar a posta en marcha de medidas preventivas para

mellorar o clima de traballo e convivencia.

Transición e coordinación entre etapas educativas

Orientar no proceso de acollida ao alumnado de novo ingreso no

centro, prestando singular atención ao inicio da Educación Infantil

e ao alumnado inmigrante.

Apoiar o proceso de transición entre etapas educativas.

B) Con relación ás familias:

Asesorar ás familias para afrontar as dificultades que se

presenten na educación dos seus fillos.

Page 73: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

72 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Asesorar ás familias orientándoas aos servizos que lles

proporcionan a asistencia e apoio que poidan precisar por estar

en situación de desvantaxe socioeducativa, pola súa condición de

emigrante, por pertencer a minorías étnicas ou por estar a vivir

situacións complexas ou problemáticas.

Asesorar e colaborar na procura de axudas e asistencia para

alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.

C) Con relación ao profesorado:

o Asesorar na elaboración dos documentos do PE.

o Apoiar e asesorar no desenvolvemento das accións derivadas do

desenvolvemento da LOE: avaliación diagnóstica.

o Apoiar e asesorar no desenvolvemento da acción educativa e das

actuacións que forman parte do desempeño da función docente:

programación, avaliación, etc.

o Solicitar a colaboración do profesorado nos procesos de

avaliación psicopedagóxica e na organización da atención á

diversidade do alumnado.

o Asesorar no deseño, implementación e avaliación dos distintos

plans e/ou programas que se elaboren.

o Promover a coordinación, o traballo compartido e a innovación

educativa.

o Asesorar na elaboración, desenvolvemento e avaliación das

medidas de atención á diversidade.

Page 74: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

73 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

o Colaborar no deseño dos distintos documentos que forman parte

do expediente do alumno: informe fin de ciclo, informe fin de

etapa, etc.

D) Con relación a outras institucións e órganos externos:

Colaborar cos servizos de orientación: Equipo de Orientación

Específico, Departamentos de Orientacións dos IES e

Departamentos de Orientación doutros centros de EP da zona.

Coordinar actuacións cos servizos e axentes externos: Saúde,

Servizos Sociais, Concello, etc, aproveitando os recursos

socioeducativos que estas institucións poidan ofrecer.

LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN

A determinación de liñas prioritarias de actuación é un paso necesario

nunha planificación de accións realistas e efectivas, en consecuencia coas

finalidades da orientación reguladas pola normativa e tras a análise das

necesidades da nosa comunidade educativa, que parte da Circular 10/2010 da

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación

Educativa pola que se ditan instrucións para coordinar as actuacións e

establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e

profesional da Comunidade Autónoma de Galicia, que define as liñas

prioritarias de actuación que deben ser tamén referente da nosa acción

orientadora, no sentido de establecer ámbitos de actuación preferente dentro

das accións que o departamento ten determinadas.

Estes ámbitos preferentes e as características e necesidades dos nosos

centros, son os criterios que guían o establecemento das accións prioritarias

para o curso presente. O desenvolvemento de algunha delas precisará da

continuidade do seu tratamento ao longo de varios anos ao ter que responder

Page 75: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

74 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

de xeito prioritario fundamentalmente ás demandas de atención ás

necesidades específicas de apoio educativo que puideran presentarse ao longo

do curso.

Moitas desas accións prioritarias aparecen recollidas nos respectivos plans

que conforman este PO, podemos destacar as seguintes:

Asesorar e colaborar na actualización e elaboración dos documentos

que integran o Proxecto Educativo do Centro.

Asesorar nos procesos de axuste e desenvolvemento das concrecións

curriculares, programacións de curso e/ou ciclo, medidas de RE e ACs e

promover a reflexión sobre os procesos que os integran: avaliación,

recuperación, criterios que deben considerarse á hora de adoptar a

decisión de permanecer un ano máis nun determinado ciclo e/ou etapa,

etc.

Asesorar e colaborar na elaboración de documentos adaptados á

normativa de desenvolvemento da LOMCE para a nosa Comunidade.

Deseñar e colaborar en actuacións que teñan como obxecto a

promoción da convivencia e a resolución pacífica de conflitos.

Plantexar propostas para mellorar as canles de coordinación co

orientador do centro de secundaria e facilitar o tránsito do alumnado entre

estas etapas educativas.

Asesorar á Comunidade Educativa en relación as actuacións

relacionadas co axuste, mellora e desenvolvemento xeral dos diferentes

aspectos do proceso educativo.

Promover a reflexión e a coordinación entre os distintos servizos que

interveñen cun mesmo alumno.

Page 76: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

75 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Asesorar a comunidade educativa sobre as diferentes medidas e

recursos para a atención ao ANEAE.

Axustar as propostas de apoio educativo á realidade do alumnado, con

intervencións inclusivas orientadas polo potencial de aprendizaxe do

alumnado.

ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN.

No Departamento de Orientación proponse:

- Integrar o Plan de Orientación na actividade xeral do centro, afondando na

coordinación entre profesores e departamento.

- A relación de asesoramento, apoio, colaboración e coordinación

permanente co equipo directivo, fundamentalmente coa xefatura de

estudos.

- A importancia da participación activa dos mestres no equipo, como

xeradores de iniciativas e pola implicación que se precisa para desenvolver

de maneira real e efectiva as accións planificadas no Departamento.

- A importancia dos coordinadores, coa función de aunar e ordear medios e

esforzos para unha acción común eficaz.

- Intervir sen aplicación de medidas extraordinarias salvo en casos extremos,

tomando como referencia o principio de normalización. As mestras

especialistas en PT e AL: ninguén mellor para colaborar na necesaria

sensibilización, impulso, mediación, concienciación,... e na coordinación de

accións para optimizar a atención ao alumnado con necesidades educativas

de apoio educativo.

- Promover actuacións preventivas e recuperadoras se son precisas.

- O establecemento dunha relación titorial permanente co alumnado e coas

familias.

A estratexia de intervención deseñada a partir dos obxectivos anteriores é

dobre, e está relacionada co Plan Xeral de Atención á Diversidade (do que

falaremos máis adiante na concreción anual da atención á diversidade) e o

Page 77: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

76 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Plan de Acción Titorial.

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

INTRODUCCIÓN:

Asumido que a acción titorial compromete á totalidade do profesorado no

marco dunha actuación colectiva e debidamente coordinada, e que o seu

desenvolvemento abrangue tanto o ámbito do proceso de ensino-aprendizaxe

coma o relativo ao desenvolvemento persoal, pretendemos que este plan

signifique unha resposta deste centro cara á personalización da educación do

noso alumnado

Naturalmente, este proceso de axuda está condicionado á situación de

partida, á realidade do conxunto deste sistema e ao noso contexto, o que

determinará a elección dos obxectivos a acadar e as actuacións específicas

para o seu logro.

OBXECTIVOS DA ACCIÓN TITORIAL:

Tendo en conta todo o referido anteriormente no documento, con este Plan

de Acción Titorial pretendemos:

- Coñecer as características dos alumnos a nivel persoal, familiar,

socioambiental e escolar (competencia curricular, estratexias de

aprendizaxe, motivación e intereses) coa finalidade de programar respostas

educativas adecuadas que contribúan ao seu desenvolvemento integral.

- Favorecer a integración do novo alumnado, desenvolvendo accións que

faciliten a adaptación e favorezan a súa interacción co grupo.

- Establecer unha liña de comunicación-información permanente do grupo

de alumnos e o equipo docente.

Page 78: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

77 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Contribuír á formación integral do alumnado, en sintonía cos principios

recollidos no PE.

- Favorecer procesos de mellora educativa a través da implementación de

programas e desenvolvemento de actividades formativas por parte dos

equipos docentes, co asesoramento e apoio do Departamento de

Orientación.

- Promover a participación das familias no labor formativo, asesorándoas e

informándoas daquilo que precisen e demanden, en especial da importancia

da estimulación dos fillos, da promoción da súa autonomía, da potenciación

dos valores, da relación familia-alumnado-profesorado e de todo o

relacionado co proceso de ensino-aprendizaxe.

- Contribuír á mellora da coordinación e asegurar a continuidade educativa

entre os distintos centros, ciclos e/ou etapas.

- Favorecer a convivencia, potenciando a formación en valores, o

desenvolvemento das habilidades sociais e a autoestima, que facilite a

adaptación social e persoal e a resolución dialogada de conflitos.

DESENVOLVEMENTO DA ACCIÓN TITORIAL

Para tratar de acadar os obxectivos establecidos anteriormente é necesaria a

realización dunha serie de accións, debidamente planificadas e cun seguimento

regular que permita o seu (re)axuste.

Entre as actuacións que cada un dos ciclos e/ou etapas pode desenvolver

destacan:

Actuacións no 2º ciclo de Educación Infantil.

a) Desenvolvemento das actuacións previstas no Programa de Acollida.

Page 79: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

78 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

b) Realización, nos casos de novas incorporacións, da entrevista persoal a

cada familia, de cara á obtención da información necesaria para a ficha de

avaliación inicial.

c) Cumprimentar, nos casos que corresponda, da ficha de avaliación inicial.

d) Análise do expediente persoal do alumnado e de toda aquela información

que facilite o coñecemento da súa realidade e dos aspectos que poden

incidir no proceso de ensino-aprendizaxe.

e) Sempre que sexa posible, realización dunha reunión trimestral e xeral coas

familias para informarlles de todo o relativo ao proxecto educativo, á

concreción curricular, e ao desenvolvemento do proceso educativo.

Procurarase que a primeira coincida co comezo do curso e nela informarase

sobre todo o relativo a: calendario escolar, horarios, horas de titoría,

actividades extraescolares e complementarias previstas, programas

escolares, criterios de avaliación do grupo, normas organizativas do centro,

colaboración da familia, ...

f) Establecemento dunha liña de coordinación entre os distintos niveis da

etapa.

g) Promoción da coordinación entre as etapas de Infantil e Primaria.

h) Información regular ás familias sobre os progresos e dificultades do alumno

establecendo canles de comunicación e colaboración que favorezan a

educación integral..

i) Elaboración dun informe escrito trimestral que recolla os datos sobre os

progresos e dificultades detectadas na consecución dos obxectivos

establecidos no currículo, sobre o proceso de integración socioeducativa,

sobre o grao de iniciación no desenvolvemento das competencias básicas

e, de ser o caso, sobre as medidas de apoio ou reforzo educativo

adoptadas ou propostas.

j) Cumprimentar as fichas-informe de avaliación anuais.

k) Realización, ao remate da etapa, do informe de avaliación final.

l) Cumplimentación dos datos correspondentes ao informe persoal.

Page 80: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

79 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

m) Control e informe das incidencias relacionadas coa puntualidade,

absentismo, ...

n) Participación no deseño e implementación de programas e actividades que

contribúan á mellora do proceso educativo, ao desenvolvemento persoal e

social do alumno e á promoción da convivencia.

o) Participación no seguimento e avaliación dos distintos proxectos e/ou

programas, nos termos que se establezan.

p) Promoción e coordinación de actividades que fomenten a convivencia, a

integración e a participación responsable do alumnado na vida do centro.

q) Establecemento dun horario semanal de atención individualizada ás

familias.

r) Planificación e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.

s) Coordinación da acción común do profesorado do mesmo grupo de

alumnos.

t) Organización das sesións de avaliación, procurando que o seu

desenvolvemento se axuste aos principios da avaliación global, continua,

formativa, reguladora e orientadora do proceso educativo, coordinando a

mellora da intervención educativa e responsabilizándose da elaboración

das actas.

u) Transmitir aos profesores todas as informacións sobre o alumnado que lles

poidan ser útiles para o desenvolvemento das súas tarefas docentes,

avaliadoras e orientadoras

Page 81: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

80 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Actuacións para a etapa de Educación Primaria.

a) Desenvolvemento, de darse as circunstancias, das actuacións previstas no

Programa de Acollida.

b) Realización da avaliación inicial, revisando os expedientes do alumnado,

analizando a información aportada nos informes do curso e/ou etapa

anterior e considerando todo aquilo que facilite o coñecemento da súa

realidade e dos aspectos que poden incidir no proceso de ensino-

aprendizaxe.

c) Realización dunha reunión trimestral e xeral coas familias para informarlles

de todo o relativo ao proxecto educativo, á concreción curricular e ao

desenvolvemento do proceso educativo. Procurarase que a primeira se

realice durante o mes de setembro e nela informarase sobre todo o relativo

a: calendario escolar, horarios, horas de titoría, actividades extraescolares e

complementarias previstas, programas escolares, criterios de avaliación do

grupo, normas organizativas do centro, colaboración da familia, ...

d) Establecemento dun horario semanal de atención individualizada ás

familias.

e) Asesoramento ás familias sobre todo aquilo que afecte á educación dos

seus fillos, orientando a súa implicación nas tarefas de estudo e na

promoción da autonomía, autoconcepto e autoestima.

f) Promoción da coordinación cos equipos do 2º ciclo de Ed. Infantil, e entre

os distintos niveis da etapa.

g) Participación, nos termos que estableza o Departamento de Orientación, no

desenvolvemento do programa de exploración psicopedagóxica individual

co alumnado de Ed. Primaria, nos casos que sexan necesarios.

Page 82: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

81 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

h) Planificación e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade,

especialmente as contempladas no Plan Xeral de Atención á Diversidade.

i) Participación no deseño e implementación de programas e actividades que

contribúan á mellora do proceso educativo, ao desenvolvemento persoal e

social do alumno e á promoción da convivencia.

j) Organización das sesións de avaliación, procurando que o seu

desenvolvemento se axuste aos principios da avaliación continua, formativa

e orientativa que se propugnan para todas as fases do proceso avaliador,

tratando de coordinar todo o relativo á intervención educativa e á promoción

de cada alumno e responsabilizándose do enchido das actas.

k) Información regular ás familias sobre os progresos e dificultades dos

alumnos, prestando especial atención á información escrita correspondente

ás distintas sesións de avaliación.

l) Procurar a colaboración dos pais e o intercambio e análise de información

en relación co desenvolvemento dos seus fillos promovendo unha actitude

serena, positiva, activa e responsable fronte as dificultades que se

plantexen.

m) Actualización do expediente do alumnado.

n) Control e informe das incidencias relacionadas coa puntualidade,

absentismo, para poder levar a cabo as accións correspondentes.

o) Cumprimentación dos informes de avaliación e, de darse o caso, do informe

persoal por traslado.

p) Participación no seguimento e avaliación dos distintos proxectos e/ou

programas, nos termos que se establezan.

Page 83: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

82 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

q) Promover e coordinar actividades que fomenten a convivencia, a integración

e a participación responsable do alumnado na vida do centro: dar a coñecer

ao principio de curso cales son os nosos dereitos e deberes, normas de

réxime interior e disciplina, funcionamento do centro,.. e determinar as

normas e procedementos de organización e funcionamento do grupo-clase

(normas da aula, xestión de resolución de conflitos,...).

r) Coordinar o seguimento da evolución do grupo e a toma de decisións e

actuacións a desenvolver.

s) Transmitir ao profesorado todas as informacións sobre o alumnado que lles

poidan ser útiles para o desenvolvemento das súas tarefas docentes,

avaliadoras e orientadoras.

t) Incidir na adquisición e mellora dos hábitos de traballo.

PLAN ANUAL DAS ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE

ORIENTACIÓN

2 PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE

ORIENTACIÓN.

1º Trimestre 2º Trimestre 3º Trimestre Ó longo do curso

Organización do propio Departamento de Orientación

ACTUACIÓNS IMPLICADOS

Dar a coñecer a todo o alumnado os

membros do Departamento de

orientación.

Membros do Departamento de

Orientación

Revisión e modificación do Plan de

Orientación

Departamento de Orientación

Xefa de Estudios

Elaboración e aprobación do Plan Anual

de Actividades do Departamento.

Departamento de Orientación

Page 84: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

83 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Creación de material informativo para

implementar o coñecemento das funcións

e tarefas do departamento.

Departamento de Orientación

Responsable da web do centro

Equipo directivo

Proporcionar a todos os titores que o

demanden ó comezo do curso

información relevante dos alumnos de

nova incorporación. Avaliacións Iniciais.

Orientadora

Mestras de PT e AL

Titores

Equipo directivo

Elaboración e aprobación da memoria

final do plan de actividades

Orientadora

Actualización dos arquivos e informes do

departamento

Departamento de Orientación

Seguimento e valoración mensual do

desenvolvemento do Plan Anual de

Actividades do Departamento

Departamento de Orientación

Asistir e participar nas reunións coa

orientadora do IES

Orientadora

Asistir e participar nas posibles reunións

cos orientadores do entorno ou cos

Servizos Sociais.

Orientadora

Plan de Acción Titorial: PAT

ACTUACIÓNS IMPLICADOS

Elaborar un plan marco de acción

titorial, solicitando directrices á CCP

Departamento de Orientación

Director

Xefa de Estudios

Establecer cauces de coordinación

coa orientadora do IES na elaboración

do PAT

Orientadora

Orientadora do IES

Presentar ós titores os eixos e accións

esenciais do PAT

Orientadora

Titores

Page 85: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

84 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Xefa de Estudios

Proporcionar a todos os titores que o

demanden ó comezo do curso

información relevante dos alumnos de

nova incorporación

Orientadora

Mestras de PT e AL

Titores

Equipo directivo

Establecer as directrices do Plan de

Convivencia para o noso centro

Orientadora

Mestras de PT e AL

Comisión de Coordinación

pedagóxica

Equipo directivo

Revisar o Plan de Acollida do

alumnado e incluir neste plan a todo o

alumnado de novo ingreso,

independentemente do momento ou

curso no que se escolarice

Orientadora

Titores

Xefa de Estudios

Elaborar a memoria final do PAT coa

colaboración da Xefa de Estudios e

titores, coas propostas de

modificacións

Orientadora

Titores

Xefa de Estudios

Atender individualizadamente as

demandas dos titores

Orientadora, mestras de PT e AL

Titores

Colaborar na identificación de

necesidades formativas dos titores

para propoñer cursos de formación

Orientadora

Titores

Xefa de Estudios

Participar cos titores na solución de

conflictos que xurdan no seu grupo

poñendo en marcha procesos de

diagnóstico e tratamento

Orientadora

Titores

Participar nas reunións de

coordinación titorial

Orientadora

Titores

Colaborar co equipo directivo e cos

titores no diagnóstico, tratamento e

seguimento dos casos de especial

Orientadora

Equipo directivo

Titores

Page 86: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

85 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

gravidade que se poidan producir:

conducta, absentismo…

Atender ás demandas de

asesoramento e axuda que plantexen

os alumnos, a través dos pais ou

titores ou por propia iniciativa do

Departamento

Orientadora

Alumnos

Facilitar información sobre actividades

culturais e de lecer que se

desenvolvan no entorno

Orientadora

Titores

Alumnos

Intervención directa nas actividades

de titoría grupal cando a temática ou

as circunstancias o demanden

Orientadora

Titores

Alumnos

Colaborar na organización e

desenvolvemento das reunións de

pais que se convoquen

Orientadora

Equipo directivo

Titores

Plan de Atención ó Proceso de Ensino-Aprendizaxe: PAPEA

ACTUACIÓNS IMPLICADOS

Colaboración na avaliación inicial do

alumnado de novo ingreso

Orientadora

Titores

Propoñer criterios e procedementos para

a organización de actividades de reforzo

e apoio dirixidas ó alumnado con

necesidade específica de apoio

educativo: alumnado con necesidades

educativas especiais, alumnado con

sobredotación intelectual ou alumnado

procedente do estranxeiro*

Orientadora

Mestra de PT

Mestra de AL

Xefa de estudios

Titores

Establecemento de criterios para realizar

a avaliación psicopedagóxica que

favorezan a participación do profesorado*

Orientadora

Titores

Page 87: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

86 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Xefa de Estudios

Revisar modelo de informe ós titores

sobre os apoios recibidos polo alumnado

fóra da aula

Orientadora

Mestra de PT

Mestra de AL

Formular propostas para o

desenvolvemento das habilidades

sociales do alumnado e a prevención no

tratamento de problemas de convivencia

(Plan de Convivencia), estudio,

relacións…

Orientadora

Mestras de PT e AL

Equipo directivo

Facilitación do tránsito da etapa de infantil

á de primaria e da etapa de primaria á de

secundaria

Orientadora

Titores

Xefa de estudios

Aplicación da avaliación formativa,

continua e criterial.

Orientadora

Xefa de estudios

Colaborar nas medidas tomadas para

incrementar os hábitos de estudio, as

técnicas de traballo intelectual estratexias

de aprendizaxe

Orientadora

Xefa de estudios

Titores

Realización da avaliación

psicopedagóxica a demanda do

mestre

Orientadora

Titores

Actualización dos procedementos e

recursos empregados na avaliación

psicopedagóxica elaborando novos

materiais

Orientadora

Mestra de PT

Mestra de AL

Apoio na elaboración e

desenvolvemento das ACS por parte

do profesorado de cada área

Orientadora

Mestra de PT

Mestra de AL

Mestres das diferentes áreas obxecto

de adaptación

Colaboración na elaboración dos

informes do alumnado que cambie de

Orientadora

Secretario

Page 88: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

87 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

centro Titores

Asistencia e participación nas sesións

de avaliación dos grupos de alumnos

facendo fincapé na normativa vixente

sobre avaliación

Orientadora

Titores

Mestra de PT

Mestra de AL

Atención e seguimento dos grupos de

risco (non promocionaron, familias

desestructuradas ou con escasos

recursos…)

Orientadora

Titores

Facilitar informes periódicos ó

profesorado titor sobre o alumnado

obxecto de apoio fóra da aula

Orientadora

Mestra de PT

Mestra de AL

Facilitación de información relevante

ás familias sobre a avaliación

psicopedagóxica e orientacións sobre

as dificultades identificadas, os apoios

establecidos e os progresos dos seus

fillos

Orientadora

Plan de Orientación Académica: POA

ACTUACIÓNS IMPLICADOS

Presentar ó inicio do curso os eixos

básicos do POA e as liñas xerais de

actuación

Orientadora

Profesorado

Revisar a páxina web do centro no

enlace ó Departamento de

Orientación no que se proporcione

información sobre o mesmo

Orientadora

Responsable da aula de informática

Establecer eixes básicos do que será

o Plan de Preparación para a ESO

Departamento de Orientación do noso

centro e do IES

Page 89: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

88 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

PPESO

Colaborar co equipo directivo e titores

na organización da visita ó Instituto de

Educación Secundaria

Orientadora

Titores

Equipo directivo

Elaborar a memoria final do POA e

propoñer as modificacións

consecuentes

Orientadora

Titores

Reunións puntuais co equipo directivo

para coordinar e dinamizar as

actuacións e iniciativas que se tomen

no ámbito da orientación

Orientadora

Equipo directivo

Coordinación co Departamento de

Orientación do IES do proceso

orientador do alumnado do 6º curso:

cuestionario previo de avaliación,

charlas informativas, visita ó IES…

Departamento de Orientación do noso

CEIP e do IES

Titores

Colaborar cos titores na orientación

personalizada, especialmente nos

casos de alumnos en situación de

desventaxa socio-educativa

Orientadora

Titores

Atención directa ás demandas de

alumnos e pais relacionadas coa

orientación

Orientadora

Elaboración de información a

proporcionar ós pais sobre aspectos

relevantes en relación coa orientación,

por exemplo, sobre a etapa

secundaria ou outros ámbitos

Orientadora

Titores

Page 90: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

89 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

CRITERIOS E FORMAS DE AVALIACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN.

A avaliación constitúe un elemento fundamental para a mellora de

calquera actividade. Só desde unha reflexión crítica sobre o desenvolvemento

das actuacións emprendidas, poden poñerse en marcha procesos de mellora

fundamentados no ámbito educativo. Este proceso de reflexión debe ser

compartido, de forma que no mesmo se lles dea cabida aos distintos axentes

protagonistas da comunidade educativa, permitindo así enriquecer as

propostas de mellora coas aportacións e perspectivas destes.

No que ao Plan de Orientación se refire, é preciso avaliar o seu

desenvolvemento xunto co do plan anual de actividades do Departamento de

Orientación .Deben fixarse pois, uns criterios xerais de avaliación e establecer

procedementos e instrumentos para valorar o grao de cumprimento do recollido

neste documento de planificación, así como a idoneidade dos obxectivos,

elementos e actuacións derivados do mesmo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

Os criterios que nos van permitir facer un seguimento e/ou avaliación do

Plan de Orientación relaciónanse directamente cos obxectivos plantexados nel

e veñen determinados por:

a) A realización das actuacións previstas nos diferentes plans e proxectos.

b) A resposta ás demandas da comunidade educativa.

c) A satisfacción das necesidades de orientación do centro.

d) O grado de axuste á realidade do colexio.

e) A resposta á diversidade.

f) O apoio á comunidade educativa no desenvolvemento das accións de

mellora da intervención educativa.

Page 91: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

90 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

g) O asesoramento e apoio en relación a todo o relacionado coas accións

de desenvolvemento da LOE.

h) A promoción das relacións dos distintos sectores da comunidade

educativa e a participación na vida do centro.

i) A relación cos axentes externos.

j) O apoio ao alumnado para favorecer o seu desenvolvemento integral.

k) A promoción e apoio á convivencia.

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN DO PLAN:

Para a avaliación deste plan de orientación utilizaremos as seguintes

procedementos e/ou instrumentos:

a) As reunións de coordinación

b) Análise dos resultados escolares e das probas de diagnóstico

c) Entrevistas.

d) Análise do clima de convivencia no centro.

e) Memorias finais

f) Análise de documentos

g) Análise de tarefas

darannos información que nos achegue a:

h) Desenvolvemento das accións prioritarias.

i) As accións previstas e non realizadas.

j) As modificacións e/ou actuacións introducidas.

k) Reunións celebradas.

l) A participación nas reunións do Departamento.

m) O número de demandas recibidas.

Page 92: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

91 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

n) O número de demandas atendidas.

o) Instrumentos e/ou documentos elaborados.

l) O desenvolvemento do propio plan de actividades do DO.

m) E outras que poidan ser de interese, e xurdir durante o curso

escolar..

Ó remate do curso escolar avaliarase o Plan anual de actividades.

Quedará plasmado na Memoria, onde se reflexarán os logros conseguidos ,

así como as dificultades atopadas e tamén os aspectos que incidan positiva

e negativamente no desenvolvemento do mesmo.

15.- LIBROS DE TEXTO E DEMAIS MATERIAIS CURRICULARES

ESTABLECIDOS NO CENTRO

Este curso, e por primeira vez na historia recente deste centro, todo o

profesorado traballa cunha metodoloxía de traballo moi similar en tódolos niveis

e etapas educativas. Non utilizamos libros de texto dun xeito sistemático e

traballamos cunha ampla tipoloxía de material curricular: impreso, multimedia,

tecnolóxico, experimental, matemático manipulativo, simbólico, lóxico, dos

distintos eidos expresivos, sensorial, musical, da natureza, funxible, non

funxible, específico para educación física, xogos didácticos...etc.

A nosa visión é a seguinte: o alumnado debe ter a posibilidade de vivir

as aprendizaxes dende un punto de vista vivencial. É decir, deber aprender con

materiais reais e en situacións reais da vida cotiá. Para iso, será necesario

traballar con material real, da vida cotiá e, ás veces, outro máis específico co

que se traballa na ciencia, na literatura, na música...etc.

16.- PROGRAMA ANUAL DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E

EXTRAESCOLARES

A continuación explicitamos as actividades que organiza, planifica e

desenvolve o Equipo de Actividade Extraescolares e Complementarias.

Page 93: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

92 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

SAÍDAS.

Neste momento temos confirmadas ou realizadas só as seguintes actividades:

- Obradoiro “O sabor da aventura está no mar” (educación infantil e

primaria; o 7 de outubro).

- Saída a visitar as Torres de San Sadurniño, Cálago e as do Oeste en

Catoira (educación infantil; o 11 de outubro).

- Saída de Fin de Curso de todo o centro ao Parque Natural de Carreirón

(A Illa de Arousa).

Están solicitadas e pendentes de confirmar (ou ben pendentes de fixar data

concreta) as seguintes actividades:

- Actividade escolar de Afundación en Pontevedra, teatro de

actor/monicreques “Osiño”(educación infantil; febreiro).

- Atividade escolar de Afundación en Pontevedra, representación musical

“Gatuxo”, (educación infantil; en maio).

- Realización de actividades de educación viaria (colaboración co

Concello e a DXT; educación infantil e primaria).

- Participación no programa “Prensa-escola” de La Voz de Galicia

(educación primaria)

- Actividades organizadas e ofertadas polo Concello de Vilanova e a

Deputación de Pontevedra (educación infantil e primaria).

- Diversas actividades de contacontos, títeres e/ou teatro para os distintos

ciclos (educación infantil e primaria).

- Participación no concurso de caricaturas sobre Valle-Inclán organizado

polo Concello de Vilanova de Arousa(5º de primaria).

- Lectura de textos de Valle-Inclán na casa museo ( primaria).

- Participación no concurso escolar da ONCE ( primaria).

- Actividades organizadas polo Museo de Pontevedra (educación infantil e

primaria).

- Solicitude de actividades do programa de inmersión lingüística (3º ciclo

de primaria).

Page 94: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

93 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Recollida de tradición oral (educación infantil e primaria).

- Representación da compañía “Caracol” en Cambados (educación infantil

e primaria; en maio).

- Distintas excursións e viaxes de fin de curso aínda por concretar as

datas (educación infantil e primaria)

- Saídas para o coñecemento da localidade e o entorno próximo: as

distintas parroquias, O Terrón, lonxa, porto, Praia do Terrón e o seu

entorno, etc (educación infantil e primaria)

- Xornadas de deporte na escola (educación infantil e primaria)

Ademais, o centro poderá participar nas distintas saídas, actividades e

actuacións que vaian sendo ofertadas polas distintas entidades e agrupacións,

ou que poidan xurdir ao longo do curso e sexan valoradas como de interese

para o nivel ou ciclo correspondente.

Para as saídas polo casco urbano de Vilanova e o seu contorno inmediato,

enviamos ás familias unha autorización única que estará vixente durante todo o

curso. Para as demais saídas solicitarase autorización previa.

CELEBRACIÓNS CONXUNTAS:

Márcanse, como celebracións de todo o colexio para o presente curso, as

seguintes:

• Celebración do Samaín.

• Magosto

• Festa Fin 1º trimestre.

• Día da Paz.

• Entroido.

• Día do libro.

• Día das Letras Galegas.

• Maios.

• Semana dos xogos populares.

• Día Mundial do Medio Ambiente.

• Festa Fin de curso.

Page 95: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

94 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Ademáis tamén se traballarán, en maior ou menor medida, as

conmemoracións fixadas no decreto de calendario escolar.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

Son aquelas actividades que se desenrolan fóra do horario maioritariamente

organizadas pola ANPA a excepción da apertura da biblioteca que corre a

cargo do profesorado:

• Biblioteca aberta polas tardes o luns, mércores e xoves de 16:00 a 18:00

que estará supervisada polo profesorado, facendo quendas.

FESTIVIDADES LOCAIS - DÍAS NON LECTIVOS

O Claustro aprobou solicitar como días non lectivos:

- 9 de decembro, Ao cadrar o 15 de xaneiro (festividade local de San

Amaro) en domingo, tivemos que elexir outro día.

- 8 de maio. Ffestividade local de San Miguel.

Estamos á espera da aprobación por parte da Inspección Educativa.

17. PLAN DE AUTOPROTECCIÓN

Na actualidade o Plan de Autoprotección segue vixente. Revisarase ao

longo deste curso antes de levar a cabo o simulacro anual no que se

presenta ao novo profesorado o seu funcionamento, se comproba a súa

adecuación e se corrixen posibles erros ou problemas que puideran darse.

18.- PLAN DE ORGANIZACIÓN E COORDINACIÓN DAS TAREFAS DO

PERSOAL NON DOCENTE

Neste punto contémplanse as tarefas destinadas ó conserxe no centro.

Tamén se fai mención das normas de apertura

para as actividades extraescolares a realizar dentro do centro.

TAREFAS DE CONSERXERÍA

8:30............. Abrir a portas exterior do centro.

Apertura de secretaría, dirección e acender a fotocopiadora.

Percorrido polo centro para comprobar que todo está en orde.

Page 96: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

95 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

9:00............ Atender ao correcto funcionamento do timbre de entrada.

Colaborar para que os/as nenos/as entren ordenadamente.

9:05............ Pechar todas as entradas.

Estar na conserxería por se alguén toca o timbre mentres as

portas están pechadas.

Cando os/as pais/nais ou titores veñan recoller un alumno/a

deberán asinar o impreso correspondente para levarlle ao titor/a e

agardar en conserxería mentres se vai buscar o/ neno/a á aula.

11:00 – 11:30..........Descanso.

11:45........... Abrir a saída traseira para que os/as nenos/as saian ao patio.

11:50........... Controlar o timbre de saída ó recreo. Situarse na porta traseira

para controlar que se saia sen correr.

12:20............Controlar o timbre para entrar do recreo e volver colocarse na

porta traseira para que entren con orde.

12:25............Pechar as portas e revisar os servizos de Infantil.

13:50............Abrir as portas para saír.

14:00............Controlar o timbre para saír. Vixiar a saída dos alumnos/as pola

saída principal do centro.

14:10............Pechar todas as portas.

14:15............Percorrido de mantemento polo centro. Apagar a fotocopiadora..

Os períodos comprendidos entre as horas sinaladas estará a disposición do

profesorado e do equipo directivo para facer todas aquelas tarefas que sexan

precisas.

Sempre que sexa preciso encargarase do mantemento dos xardíns .

CONTRATO – PROGRAMA REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO.

A participación do colexio nos Contratos – Programa supón a apertura do

centro escolar dúas tardes á semana. O conserxe, o mestre responsable da

garda de biblioteca ou o mestre responsable do Contrato - Programa serán

os encargados de abrir e de pechar o centro.

Nota: Sempre e cando sexa aprobado e concedido pola Admón Educativa.

Page 97: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

96 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

APERTURA DO CENTRO PARA AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

Os días que o conserxe permanece pola tarde no centro é él quen se

encarga de abrir e pechar. Os mestres que están de garda de biblioteca así

como o persoal de limpeza tamén poderá abrir as portas do centro para que

familias, alumnado ou outras persoas poidan dirixirse ao interior do centro

para distintas finalidades (entrega de paquetes, visitas, lectura na

biblioteca...).

19.- HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Neste punto contemplaranse o plan de atención ó público dos membros do

equipo directivo.

HORARIO DE ATENCIÓN POR PARTE DO EQUIPO DIRECTIVO.

Dirección: Os venres de 12:30 a 14:00 horas.

Xefatura: Os martes de 12:30 a 14:00 horas.

Secretaría: Os xoves de 9:00 a 10:30 horas.

20.- PLAN DE TRANSPORTE ESCOLAR

Dende fai xa varios anos o noso centro dispón do servizo de transporte escolar.

O procedemento para solicitar praza será o seguinte:

- Preguntar en dirección si hai prazas vacantes nesa liña de autobús.

- Cubrir a solicitude de transporte escolar dispoñible na dirección do

centro.

- A dirección do centro introducirá os datos na aplicación correspondente

e informará a familia da dispoñibilidade.

- O alumnado que, por algún motivo, quixera modificar a súa ruta deberá

cubrir outra solicitude para actualizar os datos.

- As normas do uso do transporte escolar reflíctense no RRI e deberán

respectarse. Velarán polo seu cumprimento as coidadoras do transporte

escolar. Todo o alumnado de Educación Infantil irá acompañado ata a

porta do autobús para garantir a súa seguridade.

GARDA DE TRANSPORTE DO ALUMNADO:

Page 98: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

97 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

O profesorado fará as gardas do alumnado transportado dende a

chegada do transporte escolar ata o horario de entrada no centro e dende a

saída do alumnado ata que o transporte escolar sae da parada establecida no

centro.

Tódalas familias que fagan uso deste servizo deberán ser coñecedoras das

normas. Para eso firmarán un documento de aceptación das normas que rixen

o transporte escolar e que se xuntarán á enquisa que teñen que cubrir e que

se lle facilitará previamente na dirección do centro conxuntamente coa

inscripción.

Nota ao pé: Solicitude para ser usuario do transporte escolar.

Page 99: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

98 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

21.- PLAN PARA A UTILIZACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO

Ao igual que para a utilización do transporte escolar, toda aquela persoa,

organización ou institución que queira facer uso das instalacións do centro,

deberá cubrir unha solicitude que será estudada pola dirección do centro e

consensuada cos órganos colexiados (claustro e consello escolar) que

axudarán ao equipo directivo a tomar unha decisión.

As normas de uso das instalacións do centro así como os criterios para a

súa concesión están recollidas nas Normas de Organización en Funcionamento

do Centro.

As asociacións de pais de alumnos poderán utilizar as instalacións do

Centro para a realización das súas actividades, sempre despois do acordo do

Consello Escolar.

O director concederá a autorización sempre que o destino sexa a

finalidade propia das ditas institucións e mentres non se altere o normal

funcionamento do centro.

As instalacións do centro poranse sempre a disposición da

Administración para a formación do profesorado, para a realización de cursos

para a educación de adultos,...

Os posibles danos polo uso das instalacións será responsabilidade dos

interesados, debendo deixar todo en perfecto estado.

Nota: Na seguinte páxina xúntase a solicitude para usar as instalacións do centro.

Page 100: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

99 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

22.- PLAN DE ACTIVIDADES PROPOSTAS POLA ANPA

A continuación detállanse as actividades programadas pola AMPA e que

contan coa aprobación para a utilización dos espazos do centro no caso de que

os precisen para cubrir posibles imprevistos nos espazos que se determinan.

Page 101: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

100 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Para a inscrición nas actividades ofertadas a ANPA establece unhas

normas de organización e funcionamento que se entregan conxuntamente coa

propia solicitude de participación.

23.- PLAN XERAL DE AVALIACIÓN DO CENTRO

Para realizar a AVALIACIÓN DO ALUMNADO teremos en conta o Orde

de Avaliación do 9 de xuño de 2016 para Primaria e a Orde de Avaliación do 25

de xuño de 2009 para Infantil.

Farase unha avaliación continua, global e que teña en conta o progreso

do/a alumno/a no conxunto das áreas e a adquisición das competencias

Page 102: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

101 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

básicas. Os criterios e os estándares de avaliación das áreas serán referente

fundamental para valorar tanto o grao de adquisición das competencias básicas

como da consecución dos obxectivos.

Este curso tamén temos novidades neste eido e por primeira vez se

entregarán informes cuatrimestrais ás familias (en febreiro e en xuño) nos que

o titor/a informará de todo o proceso de ensino e aprendizaxe do alumnado

titorizado dun xeito individualizado ao longo de 20 minutos. Desta maneira

queremos garantir que as familias coñecen o rendemento académico e persoal

dos seus fillos e fillas.

Como valoración do funcionamento do centro e do desenvolvemento do

proceso educativo realizarase unha AVALIACIÓN EXTERNA e una

AVALIACIÓN INTERNA.

Avaliación Externa:

Será o Consello Escolar do centro o encargado de realizala e atenderá

ós seguintes aspectos:

- Proxecto Educativo de Centro.

- Programación Xeral Anual, en especial as actividades

complementarias e extraescolares

- Proceso de ensinanza.

- Evolución do rendemento escolar dos/as alumnos/as.

- Eficacia dos recursos humanos e materiais. Para poder realizala terá

que ter en conta:

- Os obxectivos específicos do centro.

- A participación dos distintos sectores da Comunidade Educativa.

- O ambiente educativo e de convivencia no centro.

- O ambiente de estudo creado.

- A atención á diversidade do alumnado.

- Os resultados educativos que alcanzan os/as alumnos/as.

- As relacións do centro co seu entorno social e cultural.

Avaliación Interna:

Ó remata-lo curso o Claustro avaliará:

Page 103: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

102 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Proxecto Curricular de cada Etapa.

- Proceso de ensinanza-aprendizaxe.

- Participación nos diferentes Proxectos.

- Evolución do rendemento escolar atendendo a:

Grao de consecución dos obxectivos.

Adecuación das actividades ós destinatarios.

Adecuación e suficiencia dos recursos.

Adecuación da temporalización.

Implicación dos participantes.

Grao de satisfacción dos implicados.

DATAS DAS XUNTAS DE AVALIACIÓN DO CURSO ESCOLAR 2016-17

1ª AVALIACIÓN

EDUCACIÓN INFANTIL, 1º e 2º DE PRIMARIA 12 DE DECEMBRO

3º,4º, 5º e 6º DE PRIMARIA 13 DE DECEMBRO

ENTREGA DE NOTAS: 20 DE DECEMBRO

2ª AVALIACIÓN

EDUCACIÓN INFANTIL, 1º e 2º DE PRIMARIA 4 DE ABRIL

3º,4º, 5º e 6º DE PRIMARIA 5 DE ABRIL

ENTREGA DE NOTAS: 7 DE ABRIL

3ª AVALIACIÓN

EDUCACIÓN INFANTIL, 1º e 2º DE PRIMARIA 12 DE XUÑO

3º,4º, 5º e 6º DE PRIMARIA 13 DE XUÑO

ENTREGA DE NOTAS: 21 DE XUÑO Para as diferentes sesións de avaliación, previamente os especialistas

deberán poñer en coñecemento das súas notas ós/ás titores/as.

25.- MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN

O claustro de profesores tomou a decisión de que nos niveis de 4º e 6º

de Educación Primaria a materia de libre configuración será o REFORZO E

AFONDAMENTO DA LINGUA GALEGA por ser esa a lingua minoritaria de uso

entre o alumnado do noso centro.

Page 104: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

103 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

26.- PLAN ANUAL DE LECTURA

1.- INTRODUCIÓN. FUNDAMENTACIÓN

Como desenvolvemento do Proxecto Lector de centro, neste Plan Anual

de Lectura recollemos as actuacións que se pretenden levar a cabo nos

distintos niveis de Educación Infantil e Primaria e de xeito coordinado cos

distintos equipos e proxectos nos que participa o centro.

Este plan vai encamiñado ao alumnado, tratando de estimular e

desenvolver a necesidade e o pracer de ler, á implicación do profesorado

como motor fundamental e ás familias como base esencial na formación do

alumnado.

2.- OBXECTIVOS

Inculcar e fomentar nos nenos o hábito e o pracer da lectura, a

aprendizaxe e a utilización das bibliotecas ao longo de toda a súa vida.

Contribuír ao desenvolvemento da competencia lingüística tanto oral

como escrita.

Transformar a biblioteca escolar nun centro de recursos integrado

plenamente nas prácticas educativas de aula e do centro.

Converter a biblioteca nun lugar de lectura, información e aprendizaxe,

onde formar usuarios competentes da información.

Posibilitar o traballo por proxectos achegando os recursos necesarios.

Integrar as tecnoloxías da comunicación e da información que promovan

dun xeito sinxelo a creación de contidos por parte do alumnado.

Conseguir unha biblioteca compensadora de desigualdades.

Cambiar a práctica educativa facilitando a introdución da innovación e a

aprendizaxe compartida entre iguais, tanto adultos como alumnado.

Promover o uso e o achegamento de toda a comunidade educativa á

biblioteca.

3.- LIÑAS DE ACTUACIÓN PRIORITARIAS EN RELACIÓN COA

BIBLIOTECA ESCOLAR DO CENTRO

Este curso, grazas á incorporación do centro ao Plan de Mellora da

Biblioteca Escolar teremos a oportunidade de realizar importantes cambios na

Page 105: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

104 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

biblioteca do noso centro, tanto no que se refire á modificación do espazo físico

como á mellora na dotación de recursos de diferente tipoloxía. Este será, polo

tanto, unha das prioridades de cara a este curso.

3.1) Necesidades en canto a equipamento

- O mobiliario é insuficiente, antigo e desgastado, ademais de non ser

apropiado para a función de cada un dos espazo que queremos crear na

biblioteca: distribuidor, área de infantil, área polivalente, “informadeiro”/ área de

xogos, área de expresión plástica, área de lectura relaxada, área de xestión,

quiosco e áreas de música.

- Escaseza de ordenadores.

- É necesario incorporar libros electrónicos como dispositivos de lectura,

pola súa presenza, cada vez maior, na sociedade.

- Equipos de música que permitan crear zonas para este fin.

3.2) Necesidades en canto a fondos

- As referencias bibliográficas que temos son escasas, pouco

actualizadas e non axeitadas a todas as idades, sobre todo no que se refire a

documentos informativos e de consulta que permitan desenvolver diferentes

proxectos.

- Apenas temos revistas ou publicacións periódicas.

- É preciso incorporar material multimedia actualizado: vídeos

documentais, xogos interactivos...

- É necesario ampliar os libros de consulta para o profesorado

- Non dispoñemos de materiais para as familias.

3.3) Equipo de biblioteca. Organización e funcionamento.

A biblioteca permanecerá aberta 9:00-14:00 e de 16:00-18:00 co fin de

que estea a disposición da toda comunidade educativa. Durante toda a mañá

estará aberta para as titorías e especialidades seguindo un horario

preestablecido que axude a organizar a utilización dos distintos espazos, pero

sempre cun carácter flexible. Durante os períodos de lecer estará atendida por

Page 106: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

105 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

un membro do Equipo de biblioteca e nenos do equipo de voluntarios. Polas

tardes estableceranse quendas para todo o profesorado

O equipo de biblioteca está formado por cinco mestres de diferentes

ciclos ou especialidades, co fin de que todos os ámbitos do centro estean

representados.

Responsable do equipo: Rocío Bernárdez Cibeira (especialista de

Educación Musical)

Compoñentes do equipo de apoio:

- Josefa Castro Castro: titora de 5º de Educación Infantil

- María Jesús Calviño Rodríguez: titora de 2º de Educación

Primaria (en substitución de Juan María González Lestón)

- María del Carmen Mouriño Mouriño: orientadora

- Javier García García: titor de 4º de Educación Primaria e

responsable do contexto lingüístico

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

Xestión de biblioteca

Coordinadora

(9:00- 10: 30)

Xestión de biblioteca

Coordinadora

(9:00- 10: 30)

Garda recreo Garda recreo Garda recreo Garda recreo Garda recreo

Garda profesorado

(16:00- 18:00)

Xestión de biblioteca

Equipo de biblioteca

(17:00- 18:00)

Garda profesorado

(16:00- 18:00)

Garda profesorado

(16:00- 18:00)

Page 107: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

106 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

3.4) Xestión técnica e organización

1º TRIMESTRE 2º TRIMESTRE 3º TRIMESTRE ANUAL

-Reorganización do espazo e

presentación da biblioteca

- Organización do horario

- Inicio do préstamo

(individual e de aula)

-Recollida de propostas do

profesorado para a

adquisición de fondos

- Creación da Comisión de

Biblioteca no Consello

Escolar

- Boletín de recomendacións

-Elaboración do Plan Anual

de Lectura.

- Avaliación formativa do

desenvolvemento do

PLAMBE

- Revisión de catálogos

e novas adquisicións

- Presentación de

novidades

- Subscricións a revistas

ou publicacións

periódicas

-Finalización do préstamo

- Boletín de recomendacións e

axenda cultural

- Avaliación dos servizos

levados a cabo (gráficas/

enquisas/porcentaxes...):

actividades realizadas, libros

máis lidos, mellores

lectores,fondos máis solicitados,

tipo de fondos adquiridos e

existentes ...

- Memoria final

- Catalogación

MEIGA

- Expurgo

- Selección e

exposición de fondos

-Organización de

actividades

-Coordinación cos

demais equipos

-Achega de material

documental para os

proxectos

-Actualización do

Proxecto Lector

3.5) Formación de usuarios

1º TRIMETRE 2º TRIMETRE

TRIMETRE ANUAL

-Xornadas formativas/ informativas

(profesorado, familias e

voluntariado) sobre o uso da

biblioteca.

- Divulgación de boletíns

informativos/ presentacións con

normas de funcionamento da

biblioteca e a utilización dos

espazos.

- Préstamos/ devolucións a través

do MEIGA.

- Servizo de Axudantes de Chaveta

(SACH- o equipo de voluntarios de

biblioteca): organización, formación

e asignación de tarefas.

-Formación en

CDU:

organización e

localización

dos fondos.

- Utilidade das

etiquetas

- Partes dun

libro

- Guía de uso

de libros

electrónicos

-Formación

en OPAC

MEIGA

- O SACH axúdache. Os axudantes de

biblioteca guían e axudan aos demais

compañeiros na realización de préstamos

e devolucións, busca de libros, colocación

nos andeis …

-O SACH informa: elaboración do Xornal

Escolar

- Crear murais interactivos sobre os usos

dos espazos

- Inserir códigos QR coa información sobre

a biblioteca.

- Uso do Bee- bot

Page 108: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

107 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

4.- ACTIVIDADES PROGRAMADAS

4.1) Actividades para o fomento da lectura e a comprensión lectora

Entrevistamos. Preparación, realización e publicación de entrevistas a

diferentes persoas en relación ao centro de traballo que se desenvolva na aula.

Sesión multisensorial medorenta. Escoitar, ver, tocar e sentir relatos de

medo, traballando as emocións.

Obradoiro literario terrorífico. Creación de contos, poemas, curtas,

ilustracións... arredor desta temática.

O clube da retranca galega. Voluntariamente, o alumnado que o desexe

poderá achegarse ao estudo de Televiñagrande para contar chistes en galego.

Biografía/autobiografía - retrato/autoretrato de persoas do entorno do

alumno, relacionadas co traballo que a desenvolver na aula, de personaxes

literarios ou creados polo imaxinario dos nenos ou deles mesmos.

Semana do teatro. Interpretación de obras, dramatizacións, marionetas... para

toda a comunidade educativa.

Describimos. Despois do traballo sobre biografías e retratos, realizaranse

descricións de persoas ou personaxes imaxinarios, pero tamén de lugares,

espazos, obxectos...

Recanto poético. Traballo arredor da poesía, tanto de autor como de creación

por parte do alumnado, con ilustracións e gravacións das mesmas, para

finalizar coa celebración do día da poesía recitándoas en público.

Falando co patio. Retransmisión ao patio, dende Raiodeiroonline, de historias,

contos, relatos ou novas de interese por parte de alumnado voluntario.

A xanela de Viñagrande. Creación dun xornal que recolla noticias relevantes

na vida do centro, actividades ou acontecementos que teñan lugar,

celebracións, traballos do alumnado...

Traballamos a... Elección dun autor, ilustrador... e traballo da súa obra,

finalizando coa visita ao centro.

Crucicontos. Lemos contos de forma cruzada, nenos dunha aula len aos

compañeiros doutra aula diferente.

Obradoiro de textos expositivos. A través de Televiñagrande o alumnado

das diferentes aulas expón oralmente os contidos do PDI traballados.

Page 109: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

108 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Cantando contos. Realización de versións musicais de contos e gravación da

interpretación do alumnado.

Conta un conto animado. Narración e gravación dun conto ou historia creada

polo alumnado e utilización de aplicacións multimedia para convertelas en

vídeos de animación.

Videoconferencias para compartir experiencias a través da comunicación oral

con nenos doutros centros.

Recoméndoche. Ao longo de todo o curso e para todos os niveis o alumnado

realizará recomendacións de lecturas co fin de potenciar o hábito lector e

desenvolver a lectura crítica e a opinión persoal sobre o lido.

Caixa de suxestións. Caixa de correo para que o alumnado deixe suxestións

para novas adquisicións Ademais, continuaremos con actividades que xa se

veñen realizando nos últimos cursos: hora de ler, apadriñamentos lectores...

1º TRIMETRE 2º TRIMETRE 3º TRIMETRE ANUAL

- Sesión

multisensoria

l medorenta

- Obradoiro

literario

terrorífico

- Conta un

conto

animado

- Entrevistamos

- Describimos

- O clube da

retranca

galega

- Recanto

poético

- Biografía/autobiografía-

retrato/autoretrato

- Obradoiro de textos

expositivos

- Semana do teatro

- Traballamos a...

- Cantando contos

- Falando co patio

- A xanela de Viñagrande

- Crucicontos

- Videoconferencias

- Recoméndoche

- Caixa de suxestións

- Hora de ler

- Apadriñamentos

lectores

4.2) Competencia informacional e mediática

Propoñemos a posta en práctica de procesos de ensino e aprendizaxe

onde o alumnado, en grupos cooperativos, realice traballos onde é fundamental

a lectura, análise, filtrado, intercambio... de información sobre os distintos

contidos curriculares, co fin de elaborar as tarefas que se lle presentan.

Partindo das modificacións metodolóxicas e de organización introducidas este

curso en base ao novo Proxecto Educativo que estamos a elaborar,

establécese unha nova organización espazo temporal, segundo a cal, todo o

Page 110: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

109 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

alumnado terá no seu horario un momento de unha hora e media de duración

de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP). A partires de 3º de Educación

Primaria, traballaremos en contextos de aprendizaxe (Laboratorio,

Calculadeiro, Informadeiro, Verbadeiro e Humanidade) nos que se

desenvolverán diferentes proxectos que interrelacionan áreas de aprendizaxe.

Na realización dos proxectos abarcaranse os tres momentos en relación

á competencia informacional e mediática: busca e recuperación de información,

o seu tratamento e a comunicación da mesma.

4.3) Proxecto Documental Integrado

Ao longo do curso levaremos a cabo o Proxecto Documental Integrado

“Arte e natureza”, no que están implicados todos os niveis e equipos do centro

e no que, o proxecto de biblioteca, se interrelacionan cos demais proxectos que

se levan a cabo: o proxecto do equipo de dinamización da Lingua Galega, de

actividades complementarias e extraescolares, o proxecto Samsung Smart-

School, as seccións biblingües, o proxecto Voz Natura…

4.4) Implicación das familias e colaboración con outras bibliotecas

Anímote a ler. Convidamos á comunidade educativa a achegarse ás aulas

para contar contos.

Tertulias literarias. No contexto lingüístico- literario realizaranse sesións nas

que diferentes membros da comunidade educativa dialogan sobre unha

determinada obra literaria.

Outras actividades que xa se veñen realizando e nas que participan as

familias son: mochilas viaxeiras, sentadas lectoras, participación en

proxectos…

Ademais das mencionadas, tamén se levarán a cabo outras actividades

que poidan xurdir no centro durante o curso, así como actividades en

colaboración con outras bibliotecas (biblioteca municipal, bibliotecas escolares

da contorna…)

5.- AVALIACIÓN

Os criterios de avaliación tratarán de comprobar se conseguimos:

Page 111: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

110 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

ITEMS SI NON EP

Organización

espazo-

temporal

- A distribución espacial favorece unha mellor utilización

- O horario establecido foi axeitado.

- Os recursos dos que dispón son suficientes e axeitados

- Favoreceu a integración das tecnoloxías da información.

Con respecto

ao alumnado

- Favoreceu hábitos de consulta, tanto impresos como dixitais.

- Axudou a avanzar no proceso de ensino e aprendizaxe.

- Desenvolveu competencias básicas.

- Favoreceu o hábito lector.

- Axuda na mellora de técnicas de escritura e de oralidade.

Con respecto

ao profesorado

e familias

- Implicáronse na realización das actividades propostas.

- Logrouse a coordinación de todo o equipo de mestres.

Con respecto

ás actividades

- Resultaron motivadoras.

- Foron axeitadas a cada nivel.

- Facilitaron as aprendizaxes do currículo.

- Estiveron ben documentadas.

- Xiraron en torno aos temas desenvolvidos nos proxectos

6.- PROPOSTAS DE MELLORA

Como instrumentos de avaliación faremos enquisas e/ou cuestionarios a

profesorado e alumnado para ver se os obxectivos foron os axeitados e se

alcanzaron e tamén obteremos datos a través dos listados do MEIGA. Os

resultados desta avaliación serán recollidos na memoria de final de curso na

que se reflectirán os obxectivos conseguidos e os non acadados, así como as

modificacións introducidas e as propostas de mellora para o vindeiro curso.

Ao longo do curso escolar o equipo de biblioteca realizará unha

avaliación formativa coa axuda dos usuarios que permita facer achegas,

Page 112: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

111 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

introducir modificacións e propoñer melloras para un mellor funcionamento e/ou

xestión da biblioteca escolar.

27.- PLAN PARA A INTEGRACIÓN DAS TIC

Recollemos neste epígrafe o xa antedito no referido á nova organización

do equipo de TICs.

Dende o Equipo de Tics existen novidades a ter en consideración.

Este ano o equipo de TICs non vai funcionar como un equipo integrado por

uns docentes determinados. Todo o claustro forma parte deste equipo e

periódicamente se reunirá para desenvolver determinadas actuacións. Estas

actuacións esixen duns responsables que son os encargados de

desenvolvelas, organizalas e planificalas:

c) Formación para o profesorado no eido da Informática. Esta

actuación busca un obxectivo fundamental: que o profesorado do noso

centro saiba e posúa as competencias dixitais necesarias para

adaptarse á rápida velocidade coa que evoluciona a tecnoloxía. A

competencia dixital debe ofrecérselle ao alumnado de modo transversal

pero, para que esta sexa factible, é necesario que o profesorado coñeza

e saiba qué tipo de recursos están ao seu alcance e cómo se poden

utilizar na súa labor docente co alumnado. Para iso, este curso,

organizaranse sesións nas que se indagará sobre o potencial educativo

do uso dos dispositivos móbiles nas aulas de Intantil e Primaria.

d) Ademáis, todo o claustro participará activamente na organización e

funcionamento do proxecto Samsung Smart School que

desenvolvemos dende o pasodo ano e que consiste en traballar con

dispositivos móbiles a través dunha metodoloxía que posibilite asegurar e

mellorar a adquisición de contidos e coñecementos por parte do

alumnado a través da creación e construción de coñecementos polo

propio alumnado.

e) Actualizar e fomentar o uso da páxina web do noso centro dentro

Page 113: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

112 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

da comunidade educativa. O obxectivo principal é que o profesorado

teña unha ferramenta a través da cal publicar os traballos e experiencias

de aprendizaxe do seu alumnado (proxectos, saídas, visitas, exposicións,

traballos de aulas). Para iso será necesario facer partícipe ao

profesorado e facilitarlle, ao profesorado que o solicite, a posibilidade de

coñecer as distintas maneiras que hai de colgar novidades na páxina

web do centro. Para facelo, haberá sesións formativas adicadas a este

fin.

f) Continuar coa formación continuada no eido tecnolóxico. A

formación cooperativa entre o claustro e a posibilidade de visitar e que

nos visiten profesionais destacados neste eido vai ser outra das

actuacións a desenvolver.

28.- ADDENDA DO PROXECTO LINGÜÍSTICO

O Estatuto de Autonomía de Galicia, no seu artigo 5, define o galego como

lingua propia de Galicia e dispón que os idiomas galego e castelán son oficiais

en Galicia e que todos teñen o dereito de coñecelos e usalos. Así mesmo,

establece que os poderes públicos de Galicia potenciarán o uso do galego en

todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e que disporán dos

medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

A Lei 3/1983, de 15 de xuño, de normalización lingüística, de conformidade

coas disposicións precedentes, garante a igualdade do galego e do castelán

como linguas oficiais de Galicia e posibilita a incorporación da lingua galega á

Administración, á ensinanza e aos medios de comunicación públicos,

favorecendo un cambio de tendencia na súa consideración social e na

incorporación do idioma a novas esferas da vida social. O artigo 14 desta lei

indica que ao final da ensinanza obrigatoria se garantirá a igualdade de

competencia lingüística dos dous idiomas oficiais.

Por outra parte, a realidade social europea na que vivimos, nun contexto de

globalización e de mobilidade laboral, nos sitúa nun espazo internacional de

plurilingüismo. Esta nova realidade esixe un marco educativo que atenda esta

necesidade social, posibilitando a capacitación efectiva do alumnado nas dúas

linguas oficiais ou nunha ou varias linguas estranxeiras, seguindo para iso o

Page 114: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

113 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

marco delimitado pola nova Lei Orgánica de Mellora da Calidade no Ensino.

Tendo todo isto en conta, trátase de garantir a competencia plena e en

igualdade das dúas linguas oficiais e o de conseguir a adquisición dun

coñecemento efectivo en lingua(s) estranxeira(s).

A LINGUA NAS ETAPAS EDUCATIVAS

Educación infantil.

Segundo este resultado e seguindo o Decreto 79/2010, do 20 de maio,

para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, a lingua

empregada polo profesorado do centro no 4º nivel de educación infantil no

presente curso é a lingua galega. No resto dos niveis mantense o establecido

nos anos anteriore.

Educación primaria.

Seguindo as directrices que aparecen no Decreto 79/2010, do 20 de

maio, para o plurilingüismo na etapa de educación primaria, que establece que

as áreas de coñecemento do medio natural, social e cultural será impartida en

galego, e a asignatura de matemáticas será impartida en castelán, quedando a

lingua das demais asignaturas determinada na súa elección polo claustro

sempre garantindo que as asignaturas en galego e en castelán se distribúan na

mesma porcentaxe de horas semanais, e segundo decisión adoptada en

claustro o día 10 de xuño de 2010, na etapa da educación primaria

impartiranse as materias como segue: en toda a etapa da educación primaria

impartiranse obrigatoriamente en galego as áreas de lingua galega,

coñecemento do medio natural social e cultural, educación física, inglés e

música. En lingua castelá serán impartidas as áreas de lingua castelá,

matemáticas, plástica e relixión de acordo co artigo 6º.4. do decreto 79/2010

para o plurilingüismo, segundo decisión adoptada en Claustro o día 10 de xuño

de 2010.

Desde o curso 2013/2014 funcionan catro seccións bilingües e

inglés na área de expresión artística: educación plástica no 3º, 4º, 5º e 6º

nivel, quedando o reparto de horas impartidas nas tres linguas da

seguinte maneira:

Page 115: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

114 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Materiais 1º 2º 3º 4º 5º 6º Lingua

E.

Artística

Música 1h 1h 1h 1h 1h 1h Galega

Plástica 1h 1h Castelá

1h 1h 1h 1h Inglés

Educación Física 2h 2h 2h 2h 2h 2h Galega

Relixión/Valores 1h 2h 1h 1h 1h 2h Castelá

Ref. e afondamento da lingua galega

1h 1h Galega

29.- PROXECTO LINGÜÍSTICO DO CENTRO

O NOSO MODELO LINGÜÍSTICO

O modelo lingüístico que plantexamos reflicte a nosa realidade e, inda

que está determinado polas leis e normativas vixentes, introduce novidades no

tratamento educativo na competencia lingüística no que se refire aos tres

idiomas que son obxecto educativo e como elementos que configuran a

realidade e identidade do lugar no que vivimos.

O modelo que aquí presentamos recolle os aspectos relacionados co

ensino das linguas e a o uso que delas facemos. Especificamos o tratamento

que damos ás linguas dentro do currículo.

Está dirixido a todos os membros da comunidade educativa e esixe o

seu compromiso e participación para que sexa unha realidade e non só un

documento máis que se queda no caixón e quere reflectir o desenvolvemento

da nosa práctica educativa. Evidentemente está suxeito a adecuacións e

innovacións.

Realidade lingüística no noso centro

No curso 2014 elaborouse un rigoroso estudo sociolingüístico do noso

centro. Estes datos reflicten unha situación case alarmante! O galego está a

piques de converterse nunha lingua residual.

En Educación Infantil a situación é crítica xa que a lingua galega apenas

se usa na escola nas interaccións entre o alumnado máis pequeno.

En Educación Primaria a situación tamén é moi preocupante dende o

noso punto de vista. Dos seis cursos, só no segundo nivel o galego tiña un uso

maioritario. Nos demais cursos o galego quedaba como segundo idioma (a

Page 116: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

115 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

excepción de 6º e 3º nos que o uso do galego e do castelán estaba en

equilibrio porcentual) e mesmo cun uso excesivamente baixo (en 5º, 4º e 1º).

Con esta realidade, non cabe outra iniciativa máis que unha intervención

eficaz, progresiva e motivante de cara a que o alumnado vaia progresivamente

aumentando o uso do galego entre eles, na escola, nas súas casas e na

relación co resto de persoas. Debera ser unha intervención que vaia máis aló

da escola e intentar intervir no eido familiar de cara a modificar a actual

situación.

Da análise sociolingüística do centro, do profesorado e do alumando

sacamos unha conclusión ben clara: non é suficiente con plasmar nun proxecto

(de uso e fomento do galego) unha serie de actividades que temos que

desenvolver durante varios cursos; máis ben temos que presentar un proxecto

que inicie procedementos que se consoliden no tempo para garantir o éxito da

nosa intervención. Non podemos pretender que nun ano vaiamos a conseguir

unha milagre e revirar esta situación.

É por iso polo que plantexamos un modelo lingüístico moito máis ambicioso

con dinámicas que fomenten principalmente a oralidade en lingua galega e que

permanezan no noso centro moitos anos.

Obxectivos

Con respecto á competencia comunicativa, os deseños curriculares das

etapas de Educación Infantil e Educación Primaria determinan que o alumnado

debera conseguir tanto en Lingua Galega como en Lingúa Castelá un nivel de

coñecemento B2 e en lingua estranxeira o B1 seguindo a clasificación da

“Association of Language Testers in Europe”

Tomando este punto de partida, queremos acadar os obxectivos que se

marcan a continuación. Son obxectivos que debemos asumir tanto o

profesorado, o persoal non docente, os monitores das actividades

extraescolares que se desenvolvan no centro, xa que “todos somos mestres de

Lingua”:

Considerar todas as linguas como patrimonio cultural e instrumento de

comunicación.

Utilizar o galego, colaborando no esforzo que moitas asociacións e

colectivos están facendo para fortalecer dita lingua.

Page 117: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

116 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Comprender tanto en galego como en castelán os textos orais e escritos

que se utilizan nas conversas cotiás e nos distintos contextos de

aprendizaxe. Falar de maneira correcta e coherente tendo en conta o

sistema e as normas de cada lingua.

Comprender en inglés conversas cotiás e textos orais e escritos. Falar

de forma axeitada e coherente nos contextos habituais e permitir que a

lingua estranxeira participe con naturalidade nos distintos contextos e

situacións de aprendizaxe.

Un único modelo

Nos últimos anos sucedeu un cambio na sociedade galega, e en

consecuencia na nosa escola, que nos debe levar a replantexarnos un modelo

lingüístico cun claro carácter de discriminación positiva cara a lingua galega.

A normativa no ano 1983 dou un importante empuxón do uso do galego,

pero a medida que van pasando os anos a sociedade foi mudando así como as

súas necesidades e demandas. Nos últimos anos, tal e como reflicte o estudo

sociolingüístico do noso centro, constatamos un cambio na actitude hacia o

galego tanto por parte do alumnado como por parte das familias; non contamos

coa colaboración necesaria e, ás veces, percibimos falta de gañas, baixo

compromiso e esixencia e inclusive actitudes negativas.

Este tipo de prexuízos fan moito dano á normalización da lingua galega;

por iso, neste momento defendemos un único marco lingüístico para todo o

alumnado.

Este marco conlevará as súas dificultades, e pode que tamén algúns

prexuízos, pero é imprescindible fomentar a actitude positiva coa Lingua

Galega. Esto non o conseguiremos se seguimos pensando e sentindo que

pertencemos a dúas comunidades diferentes: a galega e a castelá.

Tamén somos conscientes de que a lingua materna do neno que chega ao

centro por primeira vez no primeiro nivel da etapa de Educación infantil

condiciona o noso modelo. Nós respectamos ese dereito, pero ás familias

novas no período de matrícula comunicarémoslles o noso proxecto lingüístico a

este respecto.

Dende a nosa perspectiva, para aprender ben unha lingua o alumnado

ten que ter contacto directo e de calidade con esa lingua. A clave está na

Page 118: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

117 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

cantidade e na calidade do que recibe nesa lingua (imput: datos e/ou

informacións). Os adultos, exercendo o seu rol de guía, teñen moitísima

importancia na interación co alumnado: por unha parte a súa linguaxe é un

modelo para o alumnado e, por outra, as estratexias que utiliza na

comunicación oral inflúen na construción da súa linguaxe.

Tamén queremos destacar a importancia da produción (output: saída que

teñen os datos ou información coas que o alumnado traballa). Os produtos

deben reunir esas características de cantidade, variedade e calidade (a lingua

estruturase co uso e cos intentos, cos erros, coas dúbidas, coas correccións…

son imprescindibles para aprender unha lingua).

Presenza das tres linguas

Sendo a lingua galega minoritaria, para acadar os obxectivos descritos

anteriormente utilizarase a lingua galega como lingua vehicular e, se houbera

posibilidade, ampliariamos o seu uso e fomento dentro e fora do horario lectivo.

Galego:

En Educación Infantil fomentariamos que a presenza do galego fose

máxima. Queremos garantir a adquisición dos coñecementos básicos do

galego – no caso do alumnado que chegue ao centro coa lingua castelá como

lingua materna – e o enriquecemento da lingua – no caso do alumnado

galegofalante.

En Educación Primaria o galego tamén será a lingua vehicular principal: a

que se utilizará prioritariamente como vehículo de comunicación.

Castelán:

O castelán é a outra lingua oficial da Comunidade Autónoma Galega e a

lingua materna de moitos alumnos/as. Pensamos que, inda que é sinxelo

adquirir a linguaxe coloquial na nosa contorna, en xeral a escola ten como

función desenvolver esta lingua como ferramenta para que o alumnado poida

levar a cabo as súas aprendizaxes nas áreas nas que é, por normativa,

obrigatorio impatir en castelán.

Dada a nosa metodoloxía de traballo integral, multidisciplicar e

globalizadora, e que se desenvolve dende a Educación Infantil ata o último

curso da Educación Primaria, consideramos que é moi difícil separar o uso

lingüístico en función do contexto, momento, tarefa, proxecto ou actividade que

Page 119: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

118 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

se estea desenvovendo. O sentido común no uso das linguas oficiais é o

indicador máis importante a ter conta en todos os procesos de ensino e

aprendizaxe. Deste xeito, en Educación Primaria a lingua castelá impartirase

como asignatura no interior dalgúns contextos de aprendizaxe e asegurarase

que participe, con naturalidade, en todos os intercambios comunicativos orais e

escritos que teñan lugar no centro.

Inglés:

Comezamos co ensino do Inglés en Educación Infantil. A nosa aposta é a

seguinte:

- En Educación Infantil e no 1º ciclo da Educación Primaria o ensino do Inglés

debe ser moi vivencial. O alumnado ten dereito a aprender esta lingua nas

mesmas condicións que as demais linguas (con variedade, cantidade e

calidade nos inputs e outputs que se lle presenten) e se un dos nosos

principios e a programación por actividades vitais, o inglés ten a obriga de

participar por igual (coas condicións horarias establecidas) que o castelán e o

galego neste tipo de actividades: na oralidade continuada, no movemento, na

aprendizaxe emocional con esta lingua, cancións, nos obradoiros... son

estratexias didácticas que estarán presentes.

A pretensión vai ser que o inglés teña unha presenza total nas aulas dende que

o mestre entra ata que sae. O idioma vehicular nas sesións nas que se utilice

esta lingua será única e exclusivamente o inglés. Supón un cambio de

concepción, pero pensamos que unha lingua se debe ensinar e aprender en

contacto directo con ela, que se viva con emoción, entusiasmo e en situacións

reais e cotiás (inda que na escola teñan que persentarse en formatos

simulados: supermercado, radio, tv…)

- A partir de 3º de Educación Primaria está implantado o programa das

Seccións Bilingües ampliando o crédito horario que se asigna a esta lingua

para desenvolver, neste caso, o currículo da expresión plástica: obradoiros de

arxila, marquetería, experimentación artística, novas vertentes plásticas… son

posibilidades que poden ser executadas o vindeiro curso en lingua inglesa.

Nestes niveis (de 3º a 6º) a Lingua Inglesa estará presente en todos os

momentos: colectivo, vivencial, de traballo por proxectos e no interior dos

contextos de aprendizaxe.

Page 120: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

119 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

O ensino das linguas: criterios

Utilizamos a mesma metodoloxía para o ensino das tres linguas, o que

facilita a transferencia entre elas: “Todas las lenguas se insertan en un tronco

común; no las asimilamos de forma autónoma. Se dan transferencias entre

ellas, y por consecuencia, las competencias adquiridas en una lengua se

transfieren al aprendizaje de las otras” - J.Cummins.

Na nosa metodoloxía teñen moita importancia os medios da comunicación

da escola, sobre todo porque dan sentido a moitos dos traballos que se

realizan e porque serven de motivación para o alumnado. A linguaxe oral e a

linguaxe escrita se ven desenvolvidas axeitadamente co uso destes recursos e

deste contexto de aprendizaxe (O INFORMADEIRO).

Inda que a linguaxe oral e escrita se sustentan mutuamente, hai que

diferenciar e traballar os rexistros tanto o oral coma o escrito.

Linguaxe oral

Inda que o punto de partida sexa o diálogo vivencial sobre temas cotiás e

contextualizados, situamos os obxectivos a niveis máis formais: queremos que

o noso alumnado adquira unha linguaxe técnica e a utilice en situacións

variadas. Inda que, como xa quedou dito, no caso do galego, temos que facer

un esforzo engadido para que o alumnado utilice a linguaxe coloquial no seu

día a día.

A conversa convértese, polo tanto, no procedemento fundamental na

adquisición da linguaxe. Describimos dous tipos de conversas:

- Interacional: Xorde arredor dos rituais e costumes cotiás. Dáse nun contexto

coñecido e concreto y trátanse temas e vocabularios básicos.

- Transacional: é unha actividade máis elaborada. Dáse arredor dos temas de

traballo. Hai que utilizar un vocabulario máis específico e falar con máis

propiedade. O obxectivo da conversa é a transmisión exacta da mensaxe.

Pedímoslle ao alumnado que no uso da linguaxe oral utilicen a linguaxe

coloquial nas relacións interpersoais e unha linguaxe máis culta para as

aprendizaxes escolares.

Ademais do diálogo vivencial, tamén dedicaremos gran parte do tempo a

exposicións orais, contos, representacións teatrais, gravacións de audio,

Page 121: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

120 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

memorización de textos, recitados, etc. Os medios de comunicación son moi

importantes neste proceso de enriquecer e afianzar unha lingua.

Linguaxe escrita

Dominar o linguaxe escrito é fundamental na sociedade actual. É unha

ferramenta imprescindible tanto para comunicarse cos demais como para

construír o pensamento e o coñecemento. En consecuencia, ler ben e escribir

ben son competencias básicas para afrontar o día.

Así como a linguaxe oral, a linguaxe escrita tamén se traballará en

situacións comunicativas, funcionais e significativas. Por iso, nas actividades

cotiás utilizaremos distintos tipo de textos e xéneros respectado a variedade,

calidade e cantidade de información suministrada (imputs) e a saída que van

ter cara ao exterior (outputs).

En Educación Infantil dáse comezo ao proceso de lectoescritura dun xeito

natural e seguindo o ritmo, intereses e capacidades do alumnado. Neste

primeiro contacto é fundamental a vertente emocional. O neno e a nena deben

sentir que achegarse á lectura e escritura ten un compoñente emocional moi

importante. Temos que conseguir que os sentimentos positivos dominen esta

pre-aprendizaxe.

Alumnado procedente doutros países ou comunidades:

Neste curso 2016 – 2017 topámonos ante unha situación nova e pouco

frecuente no noso centro pero que pode ser máis común nos vindeiros anos e,

polo tanto, debemos atendela dun modo axeitado: escolarizar alumnado que

ven doutros países e que non coñece o galego e, ás veces, tampouco o

castelán.

Para a aprendizaxe das linguas con este alumnado temos os mesmos

obxectivos que para o resto do alumnado, pero temos que ter en conta que o

punto de partida non é o mesmo e, en consecuencia, o tempo necesario para

aprender o outro idioma cambia. A maioría das investigacións afirman que

unha metodoloxía activa é a mellor maneira de aprender un novo idioma na

escola.

A intervención do profesorado do Programa de Adquisición das Linguas é

necesaria e imprescindible no desenvolvemento e seguimento do proceso de

aprendizaxe deste alumnado. Este profesorado traballará, na aula específica,

Page 122: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

121 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

as nocións e coñecementos básicos do galego e/ou do castelán en

coordinación co profesorado titor e ou profesorado responsable do contexto

lingüístico (a partires do 3º nivel de Educación Primaria) para adecuar os

recursos necesarios. A presenza na aula específica, regulada pola normativa

vixente, será para reforzar aqueles conceptos que se traballan na aula ordinaria

e, así, pouco a pouco, o alumno/a irá adquirindo maior competencia lingüística.

É importante coidar a información que se transmite á familia. Esta debe

saber o beneficio que supón manter e reforzar a lingua materna para a

aprendizaxe doutras linguas. Ademais, a actitude que mostra a familia ante a

lingua escolar determinará a valoración que constrúa o alumno/a sobre dita

lingua. A actitude do alumno así como a do seu entorno condiciona totalmente

a aprendizaxe dunha nova lingua.

Por outro lado, o centro ten que mostrar sensibilidade ante as linguas e

costumes dos recentemente chegados.

Normalización do galego

Expresamos o noso compromiso activo co esforzo que se está realizando

en determinados estamentos, institucións, asociacións e plataformas cívicas a

prol da lingua galega e en favor da súa normalización (Proceso levado a cabo

nunha comunidade lingüística para promover o uso e igualdade funcional da

súa lingua con respecto a outra coa que está en contacto - RAG).

Desgraciadamente, e máis na nosa contorna, temos que volver a falar de

normalización do galego. O noso reto non só é que o alumnado aprenda

galego, senón que o utilice no seu día a día dentro e fóra da escola.

Tendo en conta a importancia do tema, uniremos as nosas forzas e

fomentaremos a implicación dos compoñentes da comunidade escolar.

Queremos que se coñeza o esforzo que estamos realizando pola recuperación

da nosa lingua e que nos sintamos partícipes desta iniciativa.

Os esforzos que se veñen realizando nos centros educativos para que o

alumnado utilice o galego nas súas relacións e os avances que se logran, se

debilitan facilmente por moitas razóns. Para facerlle fronte a esta situación

temos que traballar de forma sistemática; hai que manter a atención e o punto

de tensión en todo momento. Este e sen dúbida un dos alicerces da nosa

intervención neste eido.

Page 123: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

122 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

30.- ACTIVIDADES PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA.

CONSTITUCIÓN O EDNL

O equipo de dinamización e normalización lingüística está constituido dende

o primeiro claustro deste curso (02-09-2016) coas seguintes persoas:

- Sergio Rosales López (Coordinador)

- Jacobo Aragunde Soutullo (Representante dos Especialistas)

- Isabel Blanco Silva (Representante de Educación Infantil)

- Amalia Estévez Reino (Representante de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria)

- Manuel Piñeiro Sánchez (Representante do antigo 1º ciclo)

É o equipo responsable de planificar, organizar e executar as actividades do

proxecto de uso e fomento do galego que tódolos anos este centro desenvolve.

A continuación mostramos as actividades que este curso se programaron

para inserir en dito proxecto.

ACTIVIDADES QUE SEN VAN A DESENVOLVER PARA O FOMENTO E

DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.

Dende o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP

Viñagrande–Deiro de Vilanova de Arousa pretendemos continuar co traballo

desenvolvido nestes últimos anos e levar a cabo unha serie de procesos que

permitan provocar un xiro na situación que o galego está a vivir na actualidade

no noso centro e na contorna máis próxima. Consideramos como prioritario

nestes intres que o galego se converta no idioma vehicular dentro e fóra da

escola. Na actualidade, a nosa lingua está a padecer un deterioro que vai

camiño de facer co galego sexa unha lingua esquecida.

Partimos dunha situación bastante pobre e mesmo de tristeza cando

comprobamos cómo a lingua galega está desaparecendo das contornas máis

rurais coma na que nos atopamos, esta desaparición é moi salientable nestes

últimos anos incrementándose dun xeito vertixinoso. Pasamos de ser a lingua

de uso habitual da poboación máis nova, a ser na actualidade unha lingua

minoritaria nesta franxa de idade.

Dende o Equipo de Normalización Lingüística non podemos deixar pasar

Page 124: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

123 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

máis tempo, e entre todos debemos construír un futuro esperanzador para a

nosa lingua, dignificándoa e poñéndoa en valor.

As actividades que propoñemos serán unha continuación daquelas que

funcionaron ben no curso pasado, aquelas que por diferentes motivos non se

puideron levar a cabo e outras novas que pretendemos sexan do agrado do

alumnado, orientadas como dixemos anteriormente a que o alumnado vexa o

prestixio da lingua.

Con este proxecto pretendemos co noso alumnado teña unha visión o

máis positiva posible da nosa cultura, da nosa realidade, dos nosos costumes

e, como non, da nosa lingua. O obxectivo principal é construír unha base sólida

na que os participantes reflexionen sobre as implicacións e consecuencias que

tería esquecernos da nosa oralidade, da nosa música, do noso teatro, do noso

cine e publicidade, da nosa expresión plástica, das nosas tradicións, da nosa

historia e costumes... sen que a nosa lingua sexa o eixe da nosa realidade e o

canal a través do cal poidamos mostrarlle a todos a nosa forma de vivir e a

nosa historia vivida.

A nosa idea e intentar conformar un proxecto no que tanto titores,

especialistas alumnado, coordinadores, equipo directivo, familias, institucións e

entidades próximas traballen de xeito coordinado e cooperando cara á

consecución das nosas metas e obxectivos que neste plan propoñemos e que

afectan a tódalas disciplinas de coñecementos e á adquisición das

competencias básicas en tódalas áreas de coñecemento.

Este proxecto conta coa participación de todo o profesorado e, para

levalo a cabo na práctica, co compromiso de cooperación de tódalas comisións

que están presentes no noso centro.

Cabe destacar que nos atopamos no ámbito dunha comunidade

educativa na que o emprego do galego é unha pobre realidade que abrangue

dende os nenos e nenas máis pequenos ata un elevado porcentaxe de pais,

mestres,.... O éxito desta aposta pola nosa lingua depende, en gran medida, da

implicación de todos os sectores da comunidade educativa. A mellora da

Page 125: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

124 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

situación da nosa lingua é unha obriga de todos nós.

OBXECTIVOS

A nosa realidade sitúase nun alumnado castelán falante que convive

nunha contorna galego falante (avós e pais galego falantes) pero que se inician

na fala a través da lingua castelá.

En función desta realidade lingüística do noso centro, iniciamos un camiño

que terá como grandes obxectivos:

Lograr a competencia e o uso do galego como primeira lingua.

Consolidar a competencia do castelán sen que o fomento do galego

implique un retroceso nas competencias lingüísticas en castelán.

Poñer en valor a lingua galega implicando a todos os axentes escolares

neste proceso.

Dar a coñecer a toda a comunidade educativa aspectos culturais do

entorno e de Galicia vinculados ao emprego do galego.

Darlle ó noso alumnado a posibilidade de percibir as innumerables

utilidades que ten o noso idioma.

Mellorar a valoración da nosa lingua.

Lograr a plena normalización do noso idioma na vida diaria do centro por

parte de toda a comunidade educativa, tanto nas aulas como fóra delas.

Iniciar un camiño de cooperación e participación do profesorado e

familias ante un proxecto común referido á nosa lingua.

Lograr unha actitude positiva da comunidade educativa en favor da

normalización.

Aumentar progresivamente os espazos e tempos nos que se desenvolve

o alumnado en lingua galega.

Comprometer na tarefa normalizadora o maior número posíbel de

membros da comunidade educativa.

Concienciar os sectores máis próximos ou afíns á nosa realidade para

lograr un cambio progresivo da súa actitude lingüística.

Promover o uso do noso idioma en carteis, murais, festivais e todo tipo

de actividades que se realicen dende o centro.

Page 126: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

125 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Dar os pasos necesarios para a definición da liña lingüística do centro,

planificando o emprego do galego como lingua vehicular do ensino,

partindo do coñecemento detallado e realista da situación.

Deseñar e coordinar un proxecto de sensibilización e actividades a prol

da normalización lingüística dirixidas á comunidade educativa no seu

conxunto.

Concienciar á comunidade educativa de que o galego é unha lingua que

pode servir perfectamente para desenvolverse en todos os campos

(artísticos) e realidades (médico, casa, colexio, con amizades...).

Amosar ante o alumnado que a aprendizaxe e utilización da nosa lingua

ten interese e utilidade social.

Acadar que o alumnado tome conciencia de que o futuro da lingua non

vai ser indiferente á nosa actuación social concreta e de que a nosa

participación e uso individual van ser elementos positivos na

recuperación de usos.

Potenciar en toda a comunidade educativa as actitudes positivas cara ao

noso idioma.

ACTIVIDADES

As actividades que se propoñen están inmersas dentro dun proxecto

global de traballo no que terá cabida toda a comunidade educativa. Partiremos

dunha serie de actividades que se desenvolverán ao longo do curso escolar,

ben sexa nalgún trimestre en concreto ou ao longo de todo o curso. Estas

actividades serán unha continuación daquelas que funcionaron ben no curso

pasado, aquelas que por diferentes motivos non se puideron levar a cabo e

outras novas que pretendemos sexan do agrado do alumnado.

Entrevistas con personaxes coñecidos. Pretendemos que mediante a

realización de diferentes entrevistas a personaxes públicos que utilizan

habitualmente o galego como lingua uso cotiá, esta gañe en valoración entre o

alumnado.

Curtas en galego. Queremos que o alumnado experimente o arte do

cine mediante a realización dalgún corto mediante técnicas coma o Stop Motion

ou gravacións con cámara de vídeo.

Page 127: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

126 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

O xogo da tarxeta vermella ó castelán. Xogo mediante a realización

dunhas tarxetas que “sancionarán” aquel alumnado que non empregue o

galego no tempo que dure esta actividade.

O club da retranca galega. Consiste fundamentalmente na gravación

en vídeo do alumando que, voluntariamente, quere contar “un chiste” en

galego. A finalidade principal é conseguir que o alumnado utilice a lingua

galega para comunicarse con sentido do humor e mostrárllelo ao resto do

alumnado e familias do centro.

Telexornal. Realización dun telexornal para que o alumnado se exprese

en galego e deste xeito traballar a expresión oral.

Radio. Ao igual que na actividade anterior pretendemos co alumnado se

exprese en galego e mellore a súa expresión oral. Esta actividade ten un

traballo previo de expresión escrita na realización de guións, noticias,...

Maio. Poñemos en valor unha tradición e axudamos deste xeito a súa

conservación. Neste curso o alumnado terá que elaborar e recitar coplas dos

Maios.

Os nomes galegos. Mediante unha app de nube de palabras o

alumnado realizará murais para dar a coñecer os nomes en galego que temos

no noso colexio.

Postais en galego. Realización de postais en galego para felicitar as

festas e o ano novo. Traballamos a expresión escrita en galego e as

felicitacións na nosa lingua.

Anuncio en defensa do galego. Consistirá na realización de carteis

publicitarios elaborados polas familias onde farán notar a importancia que ten o

uso da lingua galega entre as xeracións máis novas

Teatro en Galego. Realización dunha pequena obra de teatro no que o

alumnado utilice a lingua galega e así concienciarnos da importancia da

utilización da nosa lingua.

Videoconferencias. Comunicación oral co alumnado doutros colexios

ou personaxes de interese para promover a intercambio comunicativo na lingua

galega e así facer uso da mesma.

Contando contos. Para festexar o Día do Libro queremos celebrar un

festival de contos en galego. Prepararemos un conto por ciclo e gravaranse as

Page 128: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

127 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

voces do alumnado, ao mesmo tempo o alumnado fará debuxos e outras

actividades plásticas para acompañar os contos.

Cantemos en galego. En colaboración coa mestra de Educación

Musical pretendemos que o alumnado do centro cante unha cantiga galega

tradicional para os pais/nais en datas sinaladas.

Postais. Realizamos postais para felicitar o novo ano e as festas, estas

felicitacións teñen que estar en galego.

O Entroido galego. Nesta celebración achegarémonos á celebración do

Entroido nas diferentes zonas do noso pais por medio da realización de murais,

documentais, videoconferencias,…

Torneo de buxainas. En colaboración ca mestre de Ed. Física

realizaremos un torneo de buxainas no que se premiará a habilidade á hora de

lanzar e dominar este xogo.

Certame fotográfico. Dedicamos este certame ás festas do noso pais

onde o alumnado terá que presentar unha fotografía xunto un pé de foto e o

lugar onde foi sacada.

Xogamos, cantamos, recitamos,...en galego. Organizaranse unha

variedade de actividades conmemorativas que coinciden con datas de especial

interese para o centro e para o alumnado e que gardan estreita relación coa

identidade galega: Samaín, Magosto, Entroido...

Autor galego. Traballarase xunto coa biblioteca a obra dun autor galego

que nestes momentos aínda está por determinar.

Semana das letras galegas. O obxectivo principal desta semana será

mostrarlle ao alumnado a riqueza do noso idioma, das nosas costumes e

realidades e da nosa cultura. Para iso desenvolveremos actividades dirixidas

ao profesorado e alumnado e outras dirixidas tamén ás familias para que gocen

delas e así comezar coa idea de que un proxecto para o uso e fomento do

galego debe contar sempre coas familias como axente principal de cambio.

Ao igual que o ano pasado, pretendemos contar cun contacontos, unha

representación musical e un teatro.

Conservación do noso patrimonio. Traballaremos algún elemento

patrimonial da nosa contorna, informándonos da súa historia e axudando a

difundilo, deste xeito contribuír a súa conservación.

Page 129: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

128 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Este traballo realizarase con códigos QR e realidade aumentada.

Difusión das actividades no blog e nas redes sociais. O alumnado

será quen de ter ao día o blog de normalización e compartir nas redes sociais

as actividades que se vaian realizando, twitter, facebook, pinterest,

instagram,...

Ademais destas actividades tamén poderemos realizar outras en función da

participación ou organización doutras institucións próximas o noso centro como

as familias, o concello, centros educativos, entidades, etc. Entre estas

podemos mencionar:

Asistencia a diferentes representacións teatrais.

Participación en concursos relacionados coa lingua galega.

Organización de diferentes exposicións así como asistencia a aquelas

que sexan de interese.

Colaboración coas actividades programadas polas diferentes comisións

que se acollan aos obxectivos marcados polo ENLG.

TEMPORALIZACIÓN

Mes Actividade Obxectivo

Outubro Samaín Dar a coñecer as tradicións e

costumes a través de lecturas,

traballos, debuxos e recollida de

cabazas.

Novembro Torneo de buxainas

Magosto

Dar a coñecer xogos tradicionais

galegos e divertirse con eles.

Vivir esta data como propia da

cultura galega asando e comendo

castañas, participando nos xogos

tradicionais, facendo debuxos…

Decembro Pandigueiro Recuperar e dar a coñecer a

Page 130: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

129 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Cantemos en galego

Postais

figura do Pandigueiro como parte

da nosa cultura.

Cantar e dar a coñecer unha

cantiga típica galega que o

alumnado terá que interpretar.

Realizar felicitacións mediante a

utilización da lingua galega.

Xaneiro Os nomes galegos Coñecer diferentes nomes en

galego.

Febreiro Entroido

O Entroido galego

Participar nas festas tradicionais.

Habituar ao alumnado a facer

crítica construtiva coas coplas,

cancións, etc.

Recoñecer e informar doutras

formas de celebrar esta data no

noso país.

Marzo O club dos contos

galegos

Cantemos en galego

O club da retranca

galega

Iniciar no alumnado de infantil a

utilización do galego para contar

ou expresar un conto ou un feito.

Cantar e dar a coñecer unha

cantiga típica galega que o

alumnado terá que interpretar.

Conseguir que o alumnado utilice

a lingua galega para comunicarse

con sentido de humor.

Abril Anuncio en defensa

do galego

Contando contos

Traballar no fogar en compañía

dos seus pais/nais na realización

dun anuncio en galego para

defender e valorar a utilización

desta lingua.

Page 131: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

130 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Comunicar e transmitir un conto

en galego.

Maio Semana das letras

galegas:

o Contacontos

o Actuación musical

o Teatro

Conmemorar esta data tan

importante e resaltar a importancia

do uso e conservación que ten a

nosa lingua como parte da nosa

cultura.

Xuño

Cantemos en galego Cantar e dar a coñecer unha

cantiga típica galega que o

alumnado terá que interpretar.

Anual

Anual

Videoconferencias

Autor galego

Telexornal

Radio

Conservación do

patrimonio

Blog e redes sociais

Entrevistas

O xogo da tarxeta

Curtas en galego

Transmitir información en galego e

ser quen de recibir e manter unha

conversa nesta lingua.

Coñecer e traballar a obra dun

autor galego.

Traballar un autor que realiza o

seu traballo en lingua galega.

Expresar información oralmente

en lingua galega en un medio

audiovisual.

Expresar información en audio en

lingua galega.

Dar a coñecer o noso patrimonio e

axudar a coñecer a súa historia

mediante o uso das TIC.

Usar as TIC para transmitir

información das actividades

Page 132: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

131 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

realizadas.

Realizar entrevistas en galego

mediante a elaboración de un

guión.

Xogar en galego e entreterse na

nosa lingua.

Realizar diferentes tipos de curtas

de diferente temática empregando

o galego

31.- CONCRECIÓN ANUAL DO PLAN XERAL DE ATENCIÓN Á

DIVERSIDADE

INTRODUCCIÓN:

Atender á diversidade implica a acomodación da escola ás necesidades

de todo o alumnado, polo tanto dende esta perspectiva asumimos,

establecendo estratexias e medios educativos que permitan o

desenvolvemento óptimo de todo o alumnado, adaptando para iso os

elementos do currículo e provéndoo dos servizos necesarios que, dada a

complexidade e pluralidade de aspectos que deben considerarse, entendemos

deben articularse mediante o Plan Xeral de Atención á Diversidade.

Este plan xeral de atención á diversidade estrutúrase en tres bloques:

- Os obxectivos, que definen aquilo que pretendemos coa elaboración

deste plan.

- As actuacións, onde se contemplan unha serie de instrumentos que

deben achegarnos aos obxectivos perseguidos.

Page 133: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

132 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- A avaliación, que nos permitirá coñecer en qué medida se acadaron os

obxectivos e as modificacións que será preciso introducir.

OBXECTIVOS

- Adecuar o desenvolvemento do currículo á diversidade do alumnado.

- Deseñar respostas educativas e planificar actuacións para o alumnado

con necesidade específica de apoio educativo: exploracións

psicopedagóxicas, apoios, reforzos educativos, etc.

- Optimizar o uso dos recursos do centro tanto humanos como persoais.

- Establecer criterios pedagóxicos que orienten na adopción de decisións

respecto do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

DESENVOLVEMENTO. ACTUACIÓNS.

Modalidades de atención xeral:

Coma norma xeral, o profesorado acomodará o proceso de

ensino-aprendizaxe ás condicións particulares do alumnado. De modo que a

cada alumno se lle ensine partindo do seu nivel de coñecementos previos e

dentro da súa zona de desenvolvemento próximo, respectando o seu ritmo de

aprendizaxe, co obxecto de que vaia construíndo o seu coñecemento e

desenvolvéndose conforme ás súas potencialidades.

Neste tipo de actuacións é preciso que o profesorado coñeza a situación

persoal do alumnado: os principais datos evolutivos e de saúde, o estilo e o

ritmo de aprendizaxe de cada quen, que reflexione sobre a metodoloxía máis

adecuada que facilite o seu achegamento ao currículo, que analice as relacións

que se establecen dentro e fóra da aula e a súa utilidade nos agrupamentos

dentro da aula, etc, sendo fundamental que dende a titoría se estableza unha

rede coordinadora entre o distinto profesorado (equipo docente).

Atención no caso do alumnado con necesidade específica de apoio

educativo:

Page 134: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

133 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Na atención daquel alumnado con necesidade específica de apoio

educativo e dende o punto de vista propiamente académico, poden levarse a

cabo varios tipos de actuacións de carácter organizativo, pedagóxico e

curricular:

A. RE sen apoio: son medidas que o propio profesorado deseña e

aplica con aqueles alumnos que teñen dificultades de seguimento

da programación diaria, ben por exceso ou por defecto (traballos

específicos de recuperación, traballos de ampliación, ...).

B. RE con apoio especializado: son medidas que contemplan o apoio

temporal dun profesor especialista en audición e linguaxe e/ou en

pedagoxía terapéutica. Para que se produza este tipo de atención,

que seguirá os criterios de utilización establecidos neste plan, o

alumno será avaliado polo Dpto. de Orientación.

O procedemento para a demanda de intervención do servizo de orientación é o

seguinte:

- Comunicado do profesor á xefatura de estudos do centro da necesidade

de intervención.

- Comunicado desa demanda ao xefe do Departamento de Orientación

por parte da xefatura de estudos.

- Cuberto por parte do profesor da folla de datos (cuestionario previo)

aportada pola orientadora.

- Proceso de avaliación e informe de atención ás necesidades específicas

de apoio educativo .

C. RE con apoio de profesorado do colexio: esta medida contempla o

apoio de profesorado do centro nas áreas instrumentais. Poderá

poñerse en funcionamento ao comezo de cada curso en función das

dispoñibilidade horaria do profesorado. A xefetura de estudos

informará á orientadora desta medida aos efectos de elaborar a

proposta de apoios.

D. Adaptación Curricular: esta medida seguirá o procedemento

establecido na Orde do 6 de outubro de 1995 da Consellería de

Educación e Ordenación Universitaria.

Page 135: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

134 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

E. Flexibilización: a escolarización do alumnado con altas capacidades

intelectuais flexibilizarase de tal forma que se poida anticipar un

curso o inicio da escolarización nesta etapa educativa ou reducir a

súa duración cando se prevexa que estas son as medidas axeitadas

para o desenvolvemento do seu equilibrio persoal e a súa

socialización, ou poderá enriquecerse o currículo, nos termos que

estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

F. Prolongación da escolaridade: sen prexuízo da permanencia

durante un curso máis no mesmo ciclo, prevista no artigo 9.4º do

Decreto 130/2007do 28 de xuño, polo que se establece o currículo

da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG

09-07-07), a escolarización do alumnado con necesidades

educativas especiais na educación primaria poderá prolongarse un

ano máis, sempre que se favoreza a súa integración

socioeducativa.

CRITERIOS DE UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DE APOIO:

Tendo sempre como referentes os principios de integración e

normalización, a orientadora elevará a proposta de organización da docencia

para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Para o deseño

desta atención teranse en conta os seguintes criterios prioritarios:

1. Atenderase a aquel alumnado que así o aconselle a

correspondente avaliación psicopedagóxica.

2. Atenderase ó alumnado obxecto dunha ACS.

3. Buscarase un apoio de calidade fronte a un de cantidade.

4. Evitarase o exceso de horas de permanencia do alumno fora do

grupo ordinario.

5. Evitarase a ausencia nas materias non instrumentais que

favorecen a integración.

6. A atención diferenciada aos alumnos con NEAE fora da aula será

temporalizada compatibilizándoa nas materias obxecto de apoio

coa atención docente directa dentro da aula por parte dos

Page 136: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

135 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

profesores do grupo ordinario non podendo prescindirse desta

última en ningunha das áreas do currículo.

CRITERIOS NA DECISIÓN SOBRE A NON PROMOCIÓN DO ALUMNADO:

Á hora de decidir sobre a non promoción dun alumno ó curso seguinte

teranse en conta o lexislado respecto da avaliación en Infantil e en Primaria así

coma os criterios de promoción aprobados polo claustro do profesorado;

criterios que se concretan en:

EDUCACIÓN INFANTIL: promocionará todo o alumnado, contemplando,

de ser necesario, o establecido na Orde do 25 de xuño do 2009, pola que se

regula a implantación, o desarrollo e a avaliación do 2º ciclo de Educación

Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

EDUCACIÓN PRIMARIA: Promocionará, segundo a orde que regula a

avaliación da Educación Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

- O alumnado que alcanzou o desenvolvemento adecuado das competencias

básicas e un axeitado grao de madurez consoante a súa idade.

- O alumnado que permaneceu un ano máis na etapa.

- O alumnado con áreas sen superar cando as aprendizaxes non alcanzadas

non sexan un obstáculo para seguir satisfactoriamente o novo ciclo.

ACTUACIÓNS A NIVEL DE DOTACIÓN.

- No ámbito escolar: A atención ao alumnado con necesidades específicas

de apoio educativo deberá contar cunha dotación adecuada de material e

de profesorado especialista (PT, AL, ...).

- No ámbito infraestrutural: a escolarización de alumnos con necesidades

específicas de apoio educativo requirirá que o centro adecúe os seus

servizos ás necesidades que estes presenten. De aí que a supresión de

barreiras, a ubicación nunha determinada aula, a adaptación dos baños, o

Page 137: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

136 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

servizo de transporte, o comedor escolar, etc. deberán considerar as

circunstancias específicas destes nenos.

32.- ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DAS SECCIÓNS BILINGÜES

INTRODUCIÓN. FUNDAMENTACIÓN

Xustificación

O C.E.I.P de Viñagrande-Deiro é un centro dunha única liña que está situado

na parroquia de San Miguel de Deiro e está formado por tres niveis de Educación

Infantil (3, 4 e 5 anos) e seis de Primaria (dende 1º ata 6º). Entre as áreas que

conforman o currículo da Educación Primaria, a de Plástica desenvólvese a través de

ensinanzas bilingües nos niveis de 3º, 4º, 5º e 6º.

Tendo en conta as características da nosa contorna, en principio, existen unha

serie de circunstancias que nos impulsan a desenvolver un proxecto bilingüe en Inglés:

primeiro, facilitar a unha ampla comarca rural o acceso a un ensino bilingüe que

responda ás necesidades educativas actuais e permita mellorar o seu nivel de inglés;

e segundo desenvolver a competencia lingüística nunha lingua que se converteu na

porta para o acceso á tecnoloxía, á ciencia e é case un idioma universal nas

comunicacións entre persoas de diferentes nacionalidades.

A Xunta de Galicia xustifica a creación de seccións bilingües (ORDE do 18 de

abril de 2007) nos procesos de globalización e plena integración no marco da Unión

Europea, nos que se demanda unha educación plurilingüe como compoñente básico

da formación dos cidadáns. Ademais, considérase que a aprendizaxe doutras linguas

achega un valor engadido aos sistemas educativos, fomentando o desenvolvemento

de diferentes capacidades e integrando valores como o respecto e a tolerancia.

O CEIP Viñagrande-Deiro esfórzase en procurar ao seu alumnado unha oferta

educativa acorde coas innovacións propostas desde as administracións, unha oferta

que responda ás necesidades de desenvolvemento da nosa contorna e permita

mellorar o dominio das linguas estranxeiras.

As clases bilingües constitúen unha resposta adaptada á diversificación

lingüística e cultural de Europa, á mobilidade profesional, á cooperación entre

estados/países, á participación nos programas educativos europeos e á intensificación

dos intercambios escolares.

As vantaxes lingüísticas, culturais e pedagóxicas das clases bilingües.

- Reforzo da educación lingüística

Page 138: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

137 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Todas as investigacións, observacións e análises demostran que se aprende

correctamente unha lingua cando se utiliza para aprender: así, neste caso, dominarase

mellor a lingua inglesa se esta lingua serve para aprender outra cousa que non sexa o

inglés.

Máis aló deste razoamento considerable da aprendizaxe dunha lingua,

probouse igualmente que se mellora o coñecemento e o dominio da lingua materna.

De feito, competencias metalingüísticas póñense de manifesto no alumno, a partir de

comparacións, de confrontacións, de reflexións sobre o funcionamento de dúas

linguas.

As capacidades de lector do alumno desenvólvense igualmente de maneira

considerable, cando este está exposto regularmente a un ensino bilingüe, os pasos

para a adquisición do sentido perfecciónanse. As capacidades de tradutor, de

intérprete, pódense igualmente utilizar de forma natural.

En resumo, un ensino bilingüe desenvolve as capacidades "de educación

lingüística" útiles á súa vez para aprender outras linguas, tanto a nivel fonético como a

nivel do léxico e da sintaxe.

- Desenvolvemento das capacidades xerais para aprender

Un ensino bilingüe permite tamén desenvolver as competencias xerais de

aprendizaxe. O alumno está sometido a dous códigos lingüísticos, sabe xogar coas

dúas linguas, sabe situarse, está en estado de "alerta intelectual" sostida e

permanente, desenvolvendo así unha "flexibilidade cognoscitiva" para a aprendizaxe

intelectual.

Por outra banda, aprender nocións e coñecementos grazas a unha segunda

lingua (non materna) permite confrontar as capacidades de abstracción (a palabra non

é o obxecto) e de conceptualización.

O ensino en dúas linguas aumenta tamén a creatividade e a imaxinación.

- Apertura cultural

A utilización regular dunha segunda lingua de ensino, permite tamén,

naturalmente, poñer en relación distintas maneiras de describir e de percibir a

realidade, favorecendo naturalmente o interese por outras culturas, por outras formas

de pensar no mundo: desenvolvemento das calidades de tolerancia, de aceptación do

outro e dun sentido de pertenza á cidadanía europea.

Esta apertura cultural é moi importante na formación do cidadán do mañá.

Page 139: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

138 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Promoción da mobilidade xeográfica do alumnado

O coñecemento doutras linguas facilita a posibilidade de cursar futuros estudos

ou realizar estancias formativas noutros países e mellorar o acceso aos programas da

Unión.

Elección do Inglés para a nosa Sección Bilingüe.

Elixiuse como idioma da sección bilingüe o inglés polas seguintes razóns:

- Consideramos que é o máis demandado na nosa contorna.

- É o que aparece no noso currículo como primeira lingua estranxeira.

- É ao que se lle dá prioridade desde a Xunta de Galicia, como o demostra a

xeneralización da súa implantación desde os tres anos en todos os centros

públicos da comunidade.

- É o que dominan un número tal de profesores que fai viable este proxecto.

ORGANIZACIÓN DAS SECCIÓNS

A sección bilingüe para a área de Educación Plástica é impartida pola

profesora especialista de Educación Musical nos niveis de 3º, 4º e pola titora de 6º de

primaria nos niveis de 5º e 6º.

Incluirase no horario das profesoras encargadas da sección bilingüe unha hora

de coordinación semanal destinada a preparar as clases e acordar os proxectos que

se realizarán de maneira conxunta ao longo de todo o curso.

TEMPORALIZACIÓN

ORGANIZACIÓN

TEMPORAL EDUCACIÓN PRIMARIA 3º, 4º, 5º e 6º

MOMENTO

COLECTIVO

(1h 30 min)

Programa curricular específico

MOMENTO

VIVENCIAL

Constitúe un tempo de aprendizaxe sentido, vivido e estimulante: a

aprendizaxe da música, da arte, da lingua estranxeira, dos valores

sociais e cívicos, … debe realizarse dende unha perspectiva moito

máis práctica (con obradoiros, tarefas, experiencias). Para iso, o

profesorado titor e especialista organizará sesións didácticas nas que

Page 140: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

139 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

(1h 30 min) o alumnado teña a oportunidade de sentir, vivir e emocionarse con

estas aprendizaxes.

MOMENTO

DE LECER

(30 min)

É o momento que goza todos o alumnado do centro e que

consideramos de vital importancia xa que é onde teñen a

oportunidade de xogar dun xeito moito máis espontáneo e libre.

Pensamos que é un momento educativo máis dentro do horario

lectivo e como tal debemos incorporar todo tipo de elementos que

axuden ao alumnado a desenvolver esa necesidade de xogo libre e

espontáneo tanto a nivel de dotación de recursos materiais como de

dotación de recursos psicolóxicos, sociais e persoais.

É un momento no que o alumnado debe aprender a xestionar o seu

tempo libre.

MOMENTO

COMPARTIDO

(1h 30 min)

Aprendizaxe baseado en contextos de aprendizaxe

A área de Educación Plástica desenvólvese no tramo momento vivencial

durante hora e media á semana para cada grupo de alumnos. As actividades están

agrupadas en diferentes proxectos comúns ao longo do curso escolar nos que

traballaremos en cada trimestre tres aspectos distintos: Debuxo-Pintura, Educación

Audiovisual e Creacións Manuais.

DEBUXO-PINTURA ED. AUDIOVISUAL CREACIÓNS MANUAIS

1º Trimestre Bodegón Curta animación

Samaín

2º Trimestre Proxecto Lita Cabellut Meco

3º Trimestre Ilustración literaria Arte Fugaz

Arte con papel

Debuxo- Pintura: estas actividades irán encamiñadas a descubrir e experimentar

diferentes instrumentos, técnicas e materiais de debuxo e pintura que permitan a

creación de produtos artísticos.

- Bodegón. Proxecto relacionado co traballo sobre alimentación lavado a cabo nos

Page 141: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

140 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

contextos de aprendizaxe. A través desta actividade incidiremos na mestura de

cores, busca de tonalidades, luces e sombras...

- Proxecto de Lita Cabellut. Este proxecto, organizado por institucións da contorna e

no que participan centros educativos do noso concello e doutros, permitiranos

coñecer a esta destacada artista, a súa obra e experimentar diferentes técnicas de

pintura de gran formato. Tamén elaboraremos flores de papel para participar

nunha homenaxe colectiva á autora.

- Ilustración literaria. Neste proxecto partiremos de obras literarias e contos elixidos

polo alumnado e incluso creados por eles mesmos para o debuxo de personaxes.

Educación Audiovisual: trataremos de integrar de forma efectiva o uso das

novas tecnoloxías nas creacións artísticas, a través do uso de ordenadores,

dispositivos móbiles, cámara de fotos e de vídeo… e apps de alto poder educativo que

permitan ao alumnado utilizar estas ferramentas como medios de expresión artística

realizando as súas propias creacións.

- Curta de animación. Neste proxecto traballaremos a modelaxe de plastilina para a

creación de personaxes e decorados e coa cámara de fotos e a técnica Stop

Motion faremos a montaxe dunha curta de animación que versará sobre o contido

dunha canción.

- Arte fugaz. Este proxecto, estreitamente relacionado co Proxecto Documental

Integrado “Arte e natureza” que desenvolveremos este curso no centro, será unha

creación colectiva entre os catro niveis que participan nas seccións bilingües, na

que se empregarán elementos da natureza e de reciclaxe para crear unha

composición de grandes dimensións no patio do colexio. Ademais, crearemos un

pequeno documental para amosar o proceso de planificación e realización deste

arte fugaz, así como o produto final.

Creacións Manuais: neste apartado incluímos actividades relacionadas coa

escultura, explorando diferentes técnicas e actividades manipulativas.

- Samaín e Meco. En relación a estas dúas festividades realizaremos creacións

manuais con distintas técnicas que sirvan, ademais, de decoración e ambientación

do colexio para estas datas.

- Arte con papel. Para levar a cabo este proxecto contamos coa axuda dunha

persoa colaboradora externa ao centro que nos guiará na elaboración de

diferentes obxectos (cestas, lapiseiros...) empregando tiras de papel.

Page 142: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

141 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

En relación ao proxecto Samsung Smart School no que particioa o centro

empregaremos os dispositivos móbiles de xeito habitual para que o alumnado cree

composicións que amosen as súas realizacións e así poder subilas na páxina web do

centro, compartíndoas con toda a comunidade educativa e aproveitándoas tamén

como un medio de expresión e comunicación co exterior en lingua inglesa.

Ao longo dos diferentes proxectos aproveitaremos para coñecer artistas,

pintores, escultores... destacados da Historia do Arte.

Ademais das actividades mencionadas, realizaranse outras que poidan xurdir

ao longo do curso.

AVALIACIÓN DAS SECCIÓNS BILINGÜES

Ao longo do curso realizaremos unha avaliación do desenvolvemento das

seccións bilingües. Partiremos dunha avaliación inicial que nos permita definir as

principais dificultades do alumnado para o entendemento e uso da lingua inglesa e

valoraremos os progresos que se vaian acadando atendendo aos seguintes criterios:

- Valoración da aprendizaxe dunha lingua estranxeira.

- Interese e esforzo por mellorar a competencia lingüística en inglés.

- Incorporación de vocabulario e expresións en inglés que se usan de xeito habitual

nas clases.

- A lingua inglesa convértese na lingua vehicular nas interaccións entre alumnado e

mestras.

- A lingua inglesa convértese na lingua vehicular nas interacción entre iguais.

- Interese polo uso dunha lingua estranxeira na comunicación dos traballos

realizados.

Nas reunións de coordinación farase un seguimento do progreso das seccións

bilingües, introducindo as modificacións e melloras que se consideren oportunas, as

cales serán recollidas na memoria de final de curso.

33.- ACCIÓNS DE MELLORA DERIVADAS DA ANÁLISE DE RESULTADOS

DA AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO PRIMARIA. GUÍA DE

INTERVENCIÓN PARA A MELLORA, ELABORADA A PARTIR DA ANÁLISE

DOS RESULTADOS

1.- Comisión de coordinación da avaliación de diagnóstico

Page 143: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

142 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Composición:

- Director – presidente: D Javier García García

- Xefa de Estudos: Dª María Castro Nine

- Xefa do Departamento de Orientación: Dª María del Carmen Mouriño

Mouriño

- Titora de 3º de E. Primaria Dª María Luisa Barreiro Pérez

As súas funcións son as seguintes:

- Informar a comunidade educativa sobre o sentido e a finalidade da

avaliación individualizada.

- Coordinar o proceso desta avaliación no centro.

- Colaborar coa Administración educativa e cos servizos de inspección

naqueles aspectos do proceso para os cales sexa requirida.

2.- Proceso de análise e valoración dos resultados.

Unha vez recibida a información dos resultados da avaliación

individualizada, celebrada no noso centro no curso anterior, procedemos ao

seu análise seguindo os seguintes pasos:

1. Facilitáronse a todo o profesorado, independentemente do nivel

educativo, pois parécenos moi importante ter unha visión global da nosa

realidade.

2. A nivel de Claustro e segundo ciclos fíxose un análise dos datos

e elaboráronse as propostas de mellora para levar a cabo no presente

curso.

3. Os resultados acadados na avaliación individualizada son os esperados.

Para nós é unha información máis pero non determina como é realmente o

nivel dos nosos alumnos-as, habería que ter en conta outros aspectos do

proceso de ensino- aprendizaxe dos mesmos e outros parámetros.

Por outra banda, o propio proceso en si dificulta que a actuación dos

alumnos-as sexa a esperada, pois saíron as seguintes reflexións:

Page 144: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

143 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

- Os nenos-as non están acostumados a este tipo de probas, non lles

chega o tempo, como todo é demasiado formal para uns nenos-as tan

pequenos…

- Para os alumnos-as de primaria son demasiadas probas xuntas, a

proposta do profesorado sería unha proba cada día.

- Necesitamos que as familias se implique máis nos procesos de

ensino e aprendizaxe.

3.- Propostas de Mellora:

RESPECTO AO CURRÍCULO

ACCIÓN 1.- Adaptar os nosos recursos educativos ás competencias que se

miden mediante a avaliación de diagnóstico.

ACCIÓN 2.- Mellorar e actualizar a nosa metodoloxía de traballo á hora de

traballar competencias, compartindo recursos e actividades entre profesorado

dos distintos ciclos.

ACCIÓN 3.- Avaliar actualizando o enfoque deste proceso, tendo en conta

novos modelos de avaliación que midan as competencias dun xeito máis

práctico.

ACCIÓN 4.- Incorporar na práctica diaria competencias semellantes as que se

avalían nas probas.

ACCIÓN 5.- Potenciar nas diferentes áreas as Competencias Lingüísticas e

Matemáticas.

RESPECTO Á PRÁCTICA DOCENTE E O ALUMNADO

ACCIÓN 1.- Realizar reunións periódicas de coordinación entre o profesorado

dos distintos niveis educativos, a nivel vertical e horizontal.

ACCIÓN 2.- Realizar prácticas tomando como base probas de avaliación

individualizada e diagnóstica doutros anos. Primeiro para que o profesorado se

familiarice coa metodoloxía utilizada nas mesmas e segundo para que a súa

realización sexa coñecida e incorporada no proceso de aprendizaxe dos nosos

Page 145: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

144 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

alumnos-as.

ACCIÓN 3.- Concluímos que non se trata de traballar máis, senón de traballar

doutro xeito máis funcional e práctico.

RESPECTO Á ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO

ACCIÓN 1.- Potenciación do Proxecto Lector e da “ hora de ler”

ACCIÓN 2.- Seguir implicándonos nas actividades propostas pola Biblioteca, o

Departamento de Orientación, o equipo TICs, o equipo de Normalización

Lingüística e o de Actividades complementarias.

ACCIÓN 3.- Coordinación entre os distintos niveis educativos e seguimento da

posta en práctica dos acordos tomados.

RESPECTO Á TITORÍA

ACCIÓN 1.- Seguimento e control individualizado da evolución dos alumnos-as,

contando co apoio do Departamento de Orientación do centro.

ACCIÓN 2 .- Contacto de calidade coas familias, establecendo pautas de

actuacións coordinadas no proceso de seguimento dos alumnos-as.

RESPECTO Á FAMILIA E AO ENTORNO

ACCIÓN 1.- Implicación dos pais co centro no seguimento do traballo do seu

fillo/a.

ACCIÓN 2.- Aproveitar os numerosos recursos do noso entorno: concello,

asociacións culturais, propostas de actividade socioculturais da zona…

34.- ACTIVIDADES LEVADAS A CABO DENTRO DOS PROGRAMAS DO

PLAN PROXECTA.

Xa no apartado 13 “Participación do profesorado do centro en programas

de innovación educativa” xa se desenvolve a organización e funcionamento dos

dous plans proxecta que se desenvolven no noso centro: Xogade e Recíclate

con Sogama.

Page 146: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

145 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Esta programación xeral anual foi presentada para a súa aprobación ao

Claustro e ao Consello Escolar en sesións celebradas o día 25 de outubro de

2016.

A xefa de Estudos

Asdo: María Catro Nine

Page 147: PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL - edu.xunta.gal Autocoñecemento e autoestima: - Ter conciencia das características, capacidades e límites de cada alumno para construír e reforzar a súa

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO CURSO 2016 -2017

146 CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

ANEXO I

CURSO 2016 - 2017

PLAN DE MELLORA DA BIBLIOTECA

ESCOLAR

CEIP de VIÑAGRANDE - DEIRO