Programacións (Resumo)

11
LATÍN 4º TEMPORALIZACIÓN 1ª Avaliación: Unidades 1-3. 2ª Avaliación: Unidades 4-6. O pronome relativo. O imperfecto. 3ª Avaliación: Unidades 7-9. O pretérito perfecto. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN PROBAS (70 % ) Control ao remate de cada Unidade. Probas de varias Unidades. Controis orais. TRABALLO DIARIO (30 % ) Análise e tradución de textos sinxelos. Exercicios de morfoloxía e de léxico. Resumos e esquemas dos temas de Civilización e Cultura. Lectura das obras seleccionadas e actividades de comprensión. Exposición de traballos de investigación facendo uso das T.I.C. (25 %) Atención na aula, coidado do material de traballo, que se deberá traer sempre a clase, realización de tarefas voluntarias, puntualidade. (5 %) Realizaremos por trimestre: a) Unha proba global cos contidos lingüísticos e de Cultura e civilización vistos na avaliación. A parte de Lingua terá máis peso na cualificación (aproximadamente un 60%). b) Controis parciais escritos ou orais para controlar a comprensión e asimilación da materia. O conxunto dos controis parciais fará media entre sí e a cualificación resultante fará a súa vez media co exame global, que realizaremos cara á fin do trimestre. Nas cualificacións seguiranse os seguintes criterios: Análise sintáctica: Recoñecemento de funcións sintácticas básicas. Análise morfolóxico: Sólida base de morfoloxía nominal e verbal acorde co nivel. Tradución: Precisión no contido e corrección na lingua de destino. Léxico: Adquisición dun vocabulario latino básico. Textos latinos : Comprensión global de textos sinxelos que permita responder axeitadamente

description

 

Transcript of Programacións (Resumo)

Page 1: Programacións (Resumo)

LATÍN 4º

TEMPORALIZACIÓN

1ª Avaliación: Unidades 1-3.

2ª Avaliación: Unidades 4-6. O pronome relativo. O imperfecto.

3ª Avaliación: Unidades 7-9. O pretérito perfecto.

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

PROBAS

(70 % )

• Control ao remate de cada Unidade.

• Probas de varias Unidades.

• Controis orais.

TRABALLO DIARIO

(30 % )

• Análise e tradución de textos sinxelos.

• Exercicios de morfoloxía e de léxico.

• Resumos e esquemas dos temas de Civilización e Cultura.

• Lectura das obras seleccionadas e actividades de comprensión.

• Exposición de traballos de investigación facendo uso das T.I.C.

(25 %)

Atención na aula, coidado do material de traballo, que se deberá

traer sempre a clase, realización de tarefas voluntarias,

puntualidade.

(5 %)

Realizaremos por trimestre:

a) Unha proba global cos contidos lingüísticos e de Cultura e civilización vistos na avaliación. A

parte de Lingua terá máis peso na cualificación (aproximadamente un 60%).

b) Controis parciais escritos ou orais para controlar a comprensión e asimilación da materia.

O conxunto dos controis parciais fará media entre sí e a cualificación resultante fará a súa vez

media co exame global, que realizaremos cara á fin do trimestre.

Nas cualificacións seguiranse os seguintes criterios:

• Análise sintáctica: Recoñecemento de funcións sintácticas básicas.

• Análise morfolóxico: Sólida base de morfoloxía nominal e verbal acorde co nivel.

• Tradución: Precisión no contido e corrección na lingua de destino.

• Léxico: Adquisición dun vocabulario latino básico.

• Textos latinos : Comprensión global de textos sinxelos que permita responder axeitadamente

Page 2: Programacións (Resumo)

ás cuestións.

• Temas de Cultura e Civilización: Asimilación dos contidos, corrección na exposición. Capacidade

de síntese.

• Textos en galego ou en castelá sobre diversos aspectos do mundo clásico: Correcta

comprensión e valoración crítica .

• Obras de lectura: resolución de actividades de comprensión lectora.

En canto ó traballo diario, unha das dificultades que se nos prantexan é a de acadar unha

cualificación o máis obxectiva posible. Faise necesario elaborar un diario de clase para tomar

nota do traballo na aula: realización das tarefas propostas, participación etc. Por outro lado, aos

alumnos proporáselles algunhas actividades para realizar na casa, unhas obrigatorias, outras

voluntarias. Para a cualificación das tarefas teremos en conta os seguintes criterios:

- Puntualidade na entrega.

- Presentación axeitada.

- Realización completa.

- Corrección.

Teremos tamén en conta a claridade e corrección na expresión lingüística (coherencia, cohesión,

ortografía) e a presentación. Unha avaliación negativa destes aspectos podería restar ata un

punto da cualificación global.

O sistema de cualificación e de avaliación presupón un proceso de aprendizaxe gradual e

continuo, no que o alumno deberá tomar conciencia da importancia da disciplina de traballo e da

constancia no estudo.

CONTIDOS MÍNIMOS

1. Análise sintáctica e tradución de textos latinos sinxelos.

2. Adquisición dunha base morfolóxica elemental.

3. Coñecemento dun vocabulario latino básico.

4. Clasificación das linguas indoeuropeas. A formación das linguas romances.

5. Distinción entre palabras patrimoniais, semicultismos e cultismos.

6. Cambios fonéticos máis frecuentes na evolución das palabras. Mecanismos na formación das

palabras: composición e derivación.

7. Terminoloxía científico-técnica de orixe grecolatina.

8. Latinismos e locucións latinas máis frecuentes.

9. Marco xeográfico e histórico da sociedade romana: expansión territorial e esquema

cronolóxico.

10. Aspectos principais da organización social e política dos romanos. A vida cotiá.

11. Principais pegadas da romanización en Hispania e, en particular, na Gallaecia.

12. Os mitos e a súa interpretación en diferentes manifestacións artísticas e literarias.

Page 3: Programacións (Resumo)

13. Lectura e comprensión das obras e dos textos literarios ou sobre diversos aspectos da

civilización clásica.

SISTEMA DE RECUPERACIÓN E REFORZO

Ofreceremos aos alumnos con maiores dificultades para seguir a marcha do curso tarefas

personalizadas que reforcen os conceptos que deben asimilar. Concretamente,

presentarémoslles exercicios de dificultade graduada para os aspectos lingüísticos e léxicos; para

os aspectos culturais, pedirémoslles a realización de breves lecturas con actividades e esquemas

dos temas.

Non haberá probas especiais de recuperación. Se un alumno ten unha avaliación suspensa,

poderá recuperala na seguinte avaliación. As probas escritas de cada avaliación incluirán

cuestións sobre os contidos non lingüísticos anteriores que o alumno ten que recuperar (temas

de Cultura e Civilización, Literatura, lecturas).

Os alumnos con dúas ou tres avaliacións suspensas deberán facer en Xuño unha proba global da

materia.

Na avaliación final teremos en conta a evolución do alumno ao longo do curso, evitando que un

rendemento puntualmente baixo lle cause un prexuízo excesivo. Como consecuencia, se un

alumno suspende só a terceira avaliación cunha nota non inferior a 4, reconsideraremos o

suspenso, sempre e cando valoremos positivamente o traballo e o seu esforzo persoal.

Por último, se un alumno suspende a terceira avaliación, pero non está no caso anterior, deberá

facer tamén a proba global, cos contidos das avaliacións anteriores.

Page 4: Programacións (Resumo)

LATÍN I

TEMPORALIZACIÓN.

AVAL. LINGUA CULTURA E CIVILIZACIÓN. LITERATURA

1ª Unidades 1-12 - Historia e evolución da lingua latina.

- Lectura e actividades de comprensión das Unidades

1-12

- A poesía épica.

- Lectura e comentario de textos da Ilíada e da

Odisea. Lectura da Eneida.

2ª Unidades 13-21 - Lectura e actividades de comprensión das Unidades

13-21.

- A novela: Petronio e Apuleyo.

- Lectura da “Fábula de Amor y Psique”.

3ª Unidades 22-30 - Lectura e actividades de comprensión das Unidades

vistas no trimestre.

- O teatro. A comedia e a traxedia.

- Lectura dunha comedia de Plauto.

Os contidos lingüísticos explicaranse de xeito graduado tendo en conta a súa dificultade e

frecuencia nos textos. Con carácter orientativo, faríamos a seguinte distribución:

1ª Avaliación:

- Repaso xeral da morfoloxía vista no curso anterior.

- Verbos irregulares : possum, eo.

- O imperativo.

- Ampliación do uso das preposicións.

- Pronomes-adxectivos demostrativos. O relativo.

- Tempos do tema de presente en activa.

2ª Avaliación

- Os pronomes-adxectivos is, ea, id, idem,eadem,idem e ipse,-a,-um.

- Os pronomes persoais e os adxectivos posesivos.

- Verbos irregulares: uolo, nolo, fero.

- Imperativos irregulares.

- Tempos do tema de perfecto en activa.

- Numerais.

- Expresións de lugar e de tempo.

- O locativo.

- A cuarta e a quinta declinacións.

Page 5: Programacións (Resumo)

3ª Avaliación

- Ampliación dos usos dos casos.

- O participio de presente e de perfecto.

- Pronomes e adxectivos indefinidos de uso máis frecuente.

- A voz pasiva nos tempos dos temas de presente e de perfecto.

- Nexos subordinantes máis comúns.

Ao longo do curso faremos tamén exercicios de léxico que consistirán basicamente na evolución

fonética de termos latinos e na formación de palabras en latín e nas linguas romances coñecidas

polos alumnos.

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN.

PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

PROBAS

(70 %)

• Probas globais.

• Controis escritos e orais.

TRABALLO DIARIO

(30 %)

• Análise e tradución de textos.

• Exercicios de morfoloxía e de léxico.

• Resumos e esquemas dos temas de Civilización e Cultura.

• Lectura das obras seleccionadas e actividades de comprensión.

• Exposicións de traballos de investigación facendo uso das T.I.C.

(25 %)

Atención na aula, coidado do material de traballo, que se deberá

traer sempre a clase, realización de tarefas voluntarias,

puntualidade.

(5 % )

Realizaremos por trimestre:

a) Unha proba global cos contidos lingüísticos e de Cultura e civilización vistos na avaliación. A

parte de Lingua terá máis peso na cualificación (aproximadamente un 70%).

b) Controis parciais escritos ou orais para controlar a comprensión e asimilación da materia.

O conxunto dos controis parciais fará media entre sí e a cualificación resultante fará a súa vez

media co exame global, que realizaremos cara á fin do trimestre.

En canto ó traballo diario, unha das dificultades que se nos prantexan é a de acadar unha

cualificación o máis obxectiva posible. Faise necesario elaborar un diario de clase para tomar

nota do traballo na aula: realización das tarefas propostas, participación etc. Por outro lado, aos

alumnos proporáselles algunhas actividades para realizar na casa, unhas obrigatorias, outras

Page 6: Programacións (Resumo)

voluntarias. Para a cualificación das tarefas teremos en conta os seguintes criterios:

- Puntualidade na entrega.

- Presentación axeitada.

- Realización completa.

- Corrección.

Teremos tamén en conta a claridade e corrección na expresión lingüística (coherencia, cohesión,

ortografía) e a presentación. Unha avaliación negativa destes aspectos podería restar ata un

punto da cualificación global.

O sistema de cualificación e de avaliación presupón un proceso de aprendizaxe gradual e

continuo, no que o alumno deberá tomar conciencia da importancia da disciplina de traballo e da

constancia no estudo.

CONTIDOS MÍNIMOS

- Morfoloxía

1. Flexión nominal, pronominal e verbal:

As cinco declinacións.

Declinación dos sustantivos e dos adxectivos. Concordancia.

Os pronomes persoais e o relativo , demostrativos, anafórico (is,ea,id), o pronome de

identidade (idem,eadem,idem) e enfático (ipse,-a,-um).

O sistema verbal en activa (modo indicativo): Tempos do Tema de Presente (Presente, P.

Imperfecto e Futuro imperfecto) e do Tema de Perfecto (P. Perfecto, P. Pluscuamperfecto e

Futuro Perfecto).

O sistema verbal en pasiva (modo indicativo): Tempos do Tema de Perfecto (P. Perfecto, P.

Pluscuamperfecto e Futuro Perfecto).

Verbos irregulares (sum, possum,eo, uolo, nolo, fero).

O participio de Presente e de Perfecto. O infinitivo de Presente.

- Análise sintáctica.

1. Análise sintáctica de textos latinos recoñecendo as funcións sintácticas básicas.

- Tradución

1. Tradución mínimamente coherente de textos latinos similares aos recollidos no libro de texto.

2. Lectura comprensiva de textos latinos verificada por medio de cuestións.

- Léxico

1. Nocións básicas sobre a evolución fonética, e semántica das palabras latinas ao galego e ao

castelá.

Page 7: Programacións (Resumo)

- Cultura e civilización. Literatura.

1. Visión panorámica dos aspectos máis relevantes da vida cotiá dos romanos. Selección dos

temas e lecturas que se realizaron ao longo do curso : a muller en Roma, os nomes dos

romanos, a educación , o calendario, clases sociais e maxistraturas, os espectáculos públicos

etc.

2. A poesía épica grega: Homero. Argumento, persoaxes, estilo da Ilíada e da Odisea.

3. A poesía épica latina: Virxilio. Argumento, persoaxes, estilo da Eneida.

4. A oratoria e a retórica: Cicerón. Principais discursos.

5. Metodoloxía axeitada na elaboración e presentación de traballos facendo uso das T.I.C.

SISTEMA DE RECUPERACIÓN E REFORZO

Non haberá probas especiais de recuperación. Se un alumno ten unha avaliación suspensa,

poderá recuperala na seguinte avaliación. As probas escritas de cada avaliación incluirán

cuestións sobre os contidos non lingüísticos anteriores que o alumno ten que recuperar (temas

de Cultura e Civilización, Literatura, lecturas).

Os alumnos con dúas ou tres avaliacións suspensas deberán facer en Xuño unha proba global da

materia.

Na avaliación final teremos en conta a evolución do alumno ao longo do curso, evitando que un

rendemento puntualmente baixo lle cause un prexuízo excesivo. Como consecuencia, se un

alumno suspende só a terceira avaliación cunha nota non inferior a 4, reconsideraremos o

suspenso, sempre e cando valoremos positivamente o traballo e o seu esforzo persoal.

Por último, se un alumno suspende a terceira avaliación, pero non está no caso anterior, deberá

facer tamén a proba global, cos contidos das avaliacións anteriores.

Faremos un seguimento personalizado dos alumnos que presenten especiais dificultades na

aprendizaxe, controlando o seu traballo diario e ofrecéndolles, se fose necesario material

adaptado, para que a preparación da materia non lles resulte unha meta insuperable e poidan

acadar as esixencias mínimas do curso.

Pediráselles, en concreto, a realización de traducións e de exercicios para consolidar os

coñecementos básicos. Así mesmo, terán que elaborar resumos e esquemas dos temas de

Literatura e sínteses das obras de lectura.

Page 8: Programacións (Resumo)

LATÍN II

TEMPORALIZACIÓN

AV

LINGUA LITERATURA

CULTURA E CIVILIZACIÓN

1ª Repaso xeral

Unidade 24: Graos do adxectivo. O triunfo. Oexército romano.Unidade 25: Superlativos irregulares. Comparaciónnos adverbios.Unidade 27: O Futuro Perfecto.Unidade 30: Os tempos do Tema de Perfecto napasiva.

- O ablativo absoluto.- O cum histórico.

LÉXICO: Regras fonéticas na evolución depalabras, cambios semánticos de termos latinos.Composición, derivación. Latinismos.

- O triunfo. O exército romano.

- A Retórica.

O teatro en Roma

- Plauto e Terencio.

- A traxedia.

- Outros xéneros dramáticos.

- Lectura dunha comedia de Plauto.

A poesía épica

- A épica homérica.

- Virxilio e Ovidio.

-Lecturas das Metamorfoses de

Ovidio: “Orfeo e Eurídice”, “Píramo e

Tisbe”, “Apolo e Dafne” .

2ª- O subxuntivo.- O infinitivo.- Usos dos principais nexos subordinantes (ut, ne,dum, si, nisi etc.).

LÉXICO: Regras fonéticas na evolución depalabras, cambios semánticos de termos latinos.Composición, derivación. Latinismos. Topónimos.

A Historiografía

- A analística.

-César, Salustio, Tito Livio e Tácito.

-Lectura : “A traxedia de Lucrecia” (Tito

Livio: Ab urbe condita)

A Oratoria e a Retórica

- Evolución da oratoria en Roma.

-Cicerón: discursos e obras reóricas.

-Tácito

-Lectura: Discursos de Calgaco e

Agrícola (Tácito: Agricola).

3ª- O xerundio e o xerundivo.- A perifrástica activa e pasiva.

LÉXICO: Regras fonéticas na evolución depalabras, cambios semánticos de termos latinos.Composición, derivación. Latinismos. Topónimos.

A Poesía Lírica

- A lírica grega.

-O movemento neotérico: Catulo.

-A elexía: Ovidio, Tibulo, Propercio.

- Horacio.

-Lecturas: poemas de Catulo.

Page 9: Programacións (Resumo)

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

PROBAS

(80 %)

• Probas escritas.

• Controis escritos e orais.

TRABALLO DIARIO

(20% puntos)

• Análise e tradución de textos.

• Exercicios de morfoloxía e de léxico.

• Resumos e esquemas dos temas de Civilización e Cultura.

• Lectura das obras seleccionadas e actividades de comprensión.

• Exposicións de traballos de investigación facendo uso das T.I.C.

(17.50 %)

Atención na aula, coidado do material de traballo, que se deberá

traer sempre a clase, realización de tarefas voluntarias,

puntualidade.

(2.50 %)

Realizaremos por trimestre un exame cos seguintes contidos:

▪ Textos: Análise sintáctica , tradución de textos en Latín e cuestións de morfoloxía e de léxico.

Esta parte terá maior peso na cualificación (7 puntos aproximadamente).

▪ Cuestións sobre os temas de Literatura, as obras de lectura. Latinismos. Topónimos (3 puntos

aprox.)

Os criterios de cualificación adáptanse aos das PAU.

• Tradución: Terase en conta a exactitude e precisión no contido e a corrección do resultado na

lingua de destino.

• Gramática: Valorarase que se expliquen correctamente as unidades morfolóxicas e as función

sintácticas de estruturas complexas.

• Literatura: Valorarase a exactitude, cantidade (aínda que non se esixe ser exhaustivo) e

calidade dos contidos referidos exclusivamente ao tema preguntado, e a claridade e corrección

da exposición.

• Mundo clásico (latinismos, topónimos, lecturas etc.): Valorarase a explicación clara e precisa das

cuestións.

Ademáis do exame global, levaremos a cabo en cada avaliación controis parciais (escritos e

orais) para verificar a asimilación gradual dos contidos, así coma unha proba sobre textos

traballados na clase para a súa tradución e análise sintáctica, xunto con exercicios de morfoloxía

e de léxico.

O conxunto dos controis parciais e da proba sobre textos vistos fará media entre sí e a

Page 10: Programacións (Resumo)

cualificación resultante fará a súa vez media co exame global.

Por outra parte, para cualificar o traballo diario, faremos un seguimento o máis individualizado

posible, que quedará reflectido nun diario de aula, tendo en conta fundamentalmente os

seguintes criterios:

- Puntualidade na entrega das tarefas encomendadas.

- Presentación axeitada.

- Realización completa.

- Corrección.

Teremos en conta nas cualificacións a claridade e corrección na expresión lingüística (coherencia,

cohesión, ortografía) e a presentación. Unha avaliación negativa destes aspectos podería restar

ata un punto da cualificación global.

CONTIDOS MÍNIMOS

Os contidos mínimos establecidos para o Latín II abranguen, ademais dos mencionados en Latín

de 1º, os seguintes:

1. Peculiaridades da flexión nominal.

2. O infinitivo. A conxugación perifrástica activa e pasiva. O xerundio e o xerundivo.

3. Valores de ut, ne e cum.

4. Análise sintáctica e tradución de textos latinos que integren os contidos gramaticais e

culturais estudados.

5. Recoñecemento de prefixos e sufixos latinos en palabras do galego e do castelán e

dedución do significado das mesmas.

6. Comprensión de latinismos e locucións de uso frecuente.

7. Explicación etimolóxica dos topónimos da lista enviada pola C.I.U.G.

8. Exposición clara dos temas de Literatura.

9. Lectura crítica dos fragmentos seleccionados.

2.4.7. SISTEMA DE RECUPERACIÓN E REFORZO

Faremos un seguimento personalizado dos alumnos que presenten especiais dificultades na

aprendizaxe, controlando o seu traballo diario e ofrecéndolles, se fose necesario material

adaptado, para que a preparación da materia non lles resulte unha meta insuperable e poidan

acadar as esixencias mínimas do curso.

Pediráselles, en concreto, a realización de traducións e de exercicios para consolidar os

Page 11: Programacións (Resumo)

coñecementos básicos. Así mesmo, terán que elaborar resumos e esquemas dos temas de

Literatura e sínteses das obras de lectura.

As probas das distintas avaliacións recollen os contidos de Lingua e Literatura anteriores, é dicir,

a materia non se parcializa. Deste xeito o alumno estará, ao final de curso, en condicións de

afrontar a proba das P.A.U. con maior garantía de éxito.

Non realizaremos probas especiais de recuperación. Se un alumno ten unha avaliación

suspensa, poderá recuperala na seguinte avaliación.

Os alumnos que suspendan só a terceira avaliación cunha nota non inferior a 4, poderán acadar

unha avaliación final positiva, sempre e cando valoremos positivamente o seu traballo e esforzo

persoal.

Os alumnos coa 3ª avaliación suspensa, que non estean no caso anterior, deberán realizar unha

proba global que será cualificada de 0 a 10, tendo que obter como mínimo un 5 para acadar o

aprobado.

CRITERIOS DE PROMOCIÓN

Excepcionalmente serán revisadas as cualificacións daqueles alumnos que teñan un máximo de

tres materias suspensas, incluíndo a materia de Latín. Esta revisión levarase a cabo unicamente

se o alumno ten unha cualificación mínima en Latín de 4 e se valoramos positivamente o seu

traballo.