PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 16 DE ABRIL DO 2020 · 2021. 3. 1. · Pois como xa temos unhas...
Transcript of PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 16 DE ABRIL DO 2020 · 2021. 3. 1. · Pois como xa temos unhas...
Cra Coristanco-Santa Comba
PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O DÍA 16 DE ABRIL DO 2020
HORARIO ACTIVIDADE
09:00 Aséome e preparo o meu almorzo
10:00 Lecto – escritura:
ALIKE (Igualiños)
11:00 Aséome e preparo o miña merenda
12:00 Xogo libre/xogo só
13:00 Música:
Varias propostas
14:00 Aséome e axudo a preparar a comida e poñer a
mesa
AS ACTIVIDADES PROPOSTAS SON FLEXIBLES E VOLUNTARIAS
CRA de Coristanco – Santa Comba
CURTAMETRAXE “ALIKE”
https://www.youtube.com/watch?time_continue=15&v=kQjtK32mGJQ&feature=emb_title
Hoxe traemos esta curta premiada co Goya á mellor curta de animación na pasada edición,
espero que vos guste, e sobre todo que nos faga reflexionar sobre a situación de confinamento
que estamos a vivir e que nos dea forzas para continuar o curso cheo de COR, SOÑOS E
PROXECTOS PROPIOS.
Nunha vida estreada, Copi, é un pai que intenta ensinar o camiño correcto ao seu fillo Paste.
Pero... Que é o correcto? Deixa de xogar e ponte a traballar! Ésta é a típica frase que
adoitamos dicirlles aos nenos e nenas, non só na casa, senón tamén na escola. Esta curta,
déixanos unha mensaxe, non deixes atrás o nen@ creativ@ que levamos dentro.
Fai a proba, pregunta ao teu nen@, dá igual a idade, que pensan do que ven. Diranos moito de
como entenden o mundo.
Que facemos para non matar a creatividade?
A música, a pintura, o xogo, a danza, a escritura, as manualidades, o teatro… Hoxe traemos
unha proposta centrada na ESCRITURA, na PINTURA e na MÚSICA:
1. Despois de ver a curta preguntámoslles de que cores son os protagonistas?
Por que teñen esa cor? Logo pedirémoslles que DEBUXEN aos membros da
súa familia. De que cor os pintamos hoxe?
2. En que lugar os pintamos? Imos PINTAR o lugar no que máis vos gusta estar
coa vosa familia. O lugar favorito de Paste era á árbore vermella onde soaba
todos os días o violín.
CRA de Coristanco – Santa Comba
3. Imos practicar a escrita como fai o protagonista ESCRIBINDO os nomes da
nosa familia pero como ti queiras! Simplemente sé distint@! (Maiúsculas,
minúsculas, con puntos, raias, curvas distintas cores, formas, cara arriba, cara
abaixo, formando un debuxo con elas, con forma de animais, …)
“Un adulto creativo é un nen@ que sobreviviu”. Ursula K. Le Guin
CRA de Coristanco – Santa Comba
Actividades de música para o 16 de abril do 2020
Ola, amigos! Volvemos ao ataque com novas propostas de actividades. Escoita esta canción que fala sobre os traballos que e fan no campo durante todo o ano. Lembras o nome dos meses do ano? Coñeces todas as palabras que aparecen? Seguro que nom. A ver se averiguas o significado dalgunha delas.
https://www.youtube.com/watch?v=JG2XEBuuId8 Mira que música máis tola a desta curta. O instrumento principal é un violín. A que família de instrumentos pensas que pertence? Corda, vento ou percusión?
https://www.youtube.com/watch?v=badHUNl2HXU Que che parece se aproveitamos estes días para... Aprender a atar os cordóns dos zapatos! Así será moito mais fácil bailar!
https://youtu.be/d-rS8zMqLRE Pois como xa temos unhas maracas e unha guitarra, que tal se esta semana construimos un tambor?
https://www.youtube.com/watch?v=RR7JupIJxKg&t=190s Ata a semana que vén!