Proxecto

2
PROXECTO INTERDISCIPLINAR 1º DE ESO “ENTENDER A PUBLICIDADE” GUIÓN PARA A ANÁLISE DUN ANUNCIO 1. Tipo de anuncio: a) Comercial: produto que se publicita e empresa. b) Institucional: actitude ou comportamento que se trata de correxir ou de promocionar e a institución que o promove. 2. Público ao que vai destinado: a) Menciónase expresamente. b) Intúese por… 3. Partes ou estrutura do anuncio. a) Imaxe: - Tipo: fotografía, debuxo, esquema… - Descrición. - Uso da cor. - Mensaxe que transmite. - Uso de elementos como metáfora, comparación,… b) Música: no caso de ser un anuncio audiovisual. - Importancia no anuncio. - Canción coñecida: orixinal ou versionada. c) Clincher ou gancho: aquilo que pica a curiosidade e chama a atención do espectador - Tipos: atractivo sexual, personaxe coñecida, imaxe chamativa, promoción con regalo especial, etc. d) Eslogan: frase breve que vende o produto. e) Corpo ou texto: parte escrita ou falada no anuncio. - Tipos: argumentación, información que se da ou historia que se conta para vender o produto.

description

Instruccións para a análise de anuncios

Transcript of Proxecto

Page 1: Proxecto

PROXECTO INTERDISCIPLINAR 1º DE ESO “ENTENDER A PUBLICIDADE”

GUIÓN PARA A ANÁLISE DUN ANUNCIO

1. Tipo de anuncio:

a) Comercial: produto que se publicita e empresa. b) Institucional: actitude ou comportamento que se trata de correxir ou de

promocionar e a institución que o promove.

2. Público ao que vai destinado:

a) Menciónase expresamente. b) Intúese por…

3. Partes ou estrutura do anuncio.

a) Imaxe: - Tipo: fotografía, debuxo, esquema… - Descrición. - Uso da cor. - Mensaxe que transmite. - Uso de elementos como metáfora, comparación,…

b) Música: no caso de ser un anuncio audiovisual. - Importancia no anuncio. - Canción coñecida: orixinal ou versionada.

c) Clincher ou gancho: aquilo que pica a curiosidade e chama a atención do

espectador - Tipos: atractivo sexual, personaxe coñecida, imaxe chamativa, promoción con

regalo especial, etc.

d) Eslogan: frase breve que vende o produto. e) Corpo ou texto: parte escrita ou falada no anuncio.

- Tipos: argumentación, información que se da ou historia que se conta para

vender o produto.

Page 2: Proxecto

4. Características lingüísticas.

En xeral hai unha tendencia á economía lingüística: aforrar palabras. Recursos retóricos empregados:

- Elipsis: supresión de termos. - Hipérbaton: distinta posición dos elementos dunha frase. - Comparación: mediante as palabras “como”, “tal”, “así”… - Metáfora: despraza o significado dun termo a outro. - Paralelismo: repetición de oracións equivalentes. - Aliteración: repetición de sons parecidos. - Frases feitas: é común cambiar algún dos seus termos. - Xogos de palabras: co Nome do produto.

5. Estilo.

a) Vía da razón: de tipo informativo, demostra propiedades do produto, presenta o testimonio de alguén coñecido…

b) Vía da emoción: busca argumentos que capten os desexos profundos e ocultos do comprador, utiliza metáforas, reclamo sexual…

c) Mezcla de ambas vías: mezcla argumentos obxectivos con estímulos emocionais.

6. Valores sociais que transmite:

- Modelos de comportamento social que censura ou promove directa ou indirectamente.

--------------------------------------------------------------------------------------------

Condicións de entrega: - O traballo debe ser entregado nunha carpetiña. Na portada deben figurar os nomes dos

componentes do grupo, o tema escollido e un índice cos anuncios analizados. - Dentro da carpetiña deben ir grapados os anuncios aos folios nos que se analice no caso

da publicidade en prensa; ou coa referencia de youtube para a visualización do anuncio no caso da publicidade audiovisual.

- As fichas estarán escitras en galego, á man e en folio blanco. - No terceiro trimestre esta mesma ficha servirá como guion para a elaboración de

anuncios.