Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de...
-
Upload
truongdien -
Category
Documents
-
view
229 -
download
0
Transcript of Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 …³ra, tanto doutros centros de ensino coma de...
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
1.PRESENTACIÓN
O IES Nº 1 de Ordes é de ámbito rural abranguendo procedencias de pequenas vilas e
concellos como Tordoia, Mesón do Vento, Cerceda, Mesía, Sigüeiro e o mesmo Ordes e de
zonas rurais máis dispersas.
Temos 437 alumnos matriculados no curso 2011/2012, distribuídos en 22 unidades: 7
unidades de ESO, 8 unidades de Bacharelato, 2 unidades do PCPI Auto, 2 unidades do CM
de Administrativo, 2 unidades do CM de Electromecánica de Vehículos 1 unidade de ESA.
Polas tardes temos no noso centro unha sección da EOI con máis de 300 alumnos.
No IES Nº 1 de Ordes desenvolveuse historicamente unha importante batería de proxectos e
actividades que tiveron a dinamización da lingua galega como principal eixo condutor. Aínda
que estas iniciativas existen desde sempre neste centro, o EDLG do IES Nº 1 de Ordes vén
funcionando desde o curso escolar 1993-1994, e desde aquela existe un proxecto global de
dinamización da lingua galega que se revisa curso a curso para melloralo. Porén, e dado que
un centro de ensino non pode illarse do tecido social do que forma parte, sendo mesmo
reflexo, en moitas ocasións, do que naquel acontece, este proxecto global está aínda lonxe de
acadar todos os seus obxectivos.
Compre recoñecer que temos a base dun bo proxecto, froito do traballo realizado durante
anos, e as ideas claras para seguir avanzando e mellorando, pois non é, nin foi nunca, unha
simple declaración de intencións. Sabemos que as actividades de dinamización lingüística
son efectivas, de xeito progresivo, a medio e longo prazo; así que seguiremos analizando a
realidade do noso centro educativo e comarca, establecendo os obxectivos máis específicos,
deseñando as actuacións máis dinamizadoras e abertos a propostas e iniciativas que veñan de
fóra, tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente
valoraranse antes debidamente e realizaranse sempre e cando nos parezan viables e se
adapten ás nosas posibilidades.
1
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
Antes de presentar o proxecto do presente curso, cómpre facer notar unha serie de
circunstancias que lle van afectar de forma directa ao traballo do EDLG e que se poden
agrupar en dous apartados:
1) O primeiro ten que ver cos medios humanos que forman o equipo:
• Reduciuse o número dos membros do equipo para facer máis operativo o
funcionamento do EDLG, sobre todo para as xuntanzas nas que, ao ter que realizarse
nos recreos, atopabamos dificultades por falta de tempo e posibilidade de asistencia.
• Aparece a figura dos colaboradores. Dependendo da actividade a realizar contamos
coa colaboración: dos departamentos didácticos, dos coordinadores de especialidade,
do alumnado, do profesorado, do persoal non docente, das familias, doutros centros
educativos, doutras institucións e a sociedade.
• Aumentar a participación do alumnado no EDLG (membros e colaboradores) para
que os alumnos asuman a tarefa normalizadora como algo propio e se impliquen dun
xeito directo na realización e organización das actividades e non sexan, polo tanto,
meros receptores.
2) O segundo está en relación cos medios económicos:
• A dirección do centro colaborou sempre facilitando as xestións e os medios
económicos para poder desenvolver moitas actividades do EDLG. Sen esta axuda non
poderiamos realizar os proxectos de fomento do uso do galego no noso centro.
Fixemos para este curso un axuste orzamentario importante para intentar levar acabo
este proxecto na súa totalidade
• Este curso sufrimos un novo e importante recorte nas axudas aos proxectos de
fomento do uso do galego que posiblemente repercutirá na cantidade das actividades
ofertadas pero intentaremos contrarrestalo cunha maior calidade das mesmas.
• O EDLG do IES Nº 1 de Ordes agarda que a dotación económica, da Secretaría Xeral
de Política Lingüística da Consellería de Educación para o curso 2011-2012, sexa
2
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
acorde co traballo realizado por este equipo para poder desenvolver as actividades
programadas e así acadar os obxectivos do seu programa. Estamos moi contentos
pola valoración do noso proxecto nos dous cursos anteriores e esperamos seguir na
mesma liña.
• Queremos seguir avanzando na dinamización da lingua e desexamos que non se
recorten as medidas e os orzamentos no futuro, polo ben do ensino público.
2.ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO
1. O contorno sociolingüístico do centro é maioritariamente galegofalante. O galego
é a lingua empregada habitualmente nas comunicacións orais nas familias dos
nosos alumnos, dado que esa é a lingua materna da maioría deles. No 93 % das
familias predomina o uso do galego (máis galego 23% e só galego 70%).
2. Cómpre comentar que a pesar desta realidade lingüística indiscutible, detectamos
prexuízos claramente asentados neste sector en relación coa lingua que falan
como comentarios típicos sobre a falta de utilidade do galego fóra de Galicia.
Estas observacións demostran que algúns pais cren que impulsar o galego supón
ir en detrimento do castelán, idioma oficial do Estado; por outra banda, tamén
abondan comentarios do xeito “está ben potenciar o galego, pero non impoñelo e
sempre respectando o castelán”.
3. Se se comparan estes resultados do uso lingüístico nas familias con en que lingua
preferirían que fosen as clases, diminuíu a un 77% os que as queren en galego
(máis galego 57% e sempre galego 20%), fronte a un 19% de predominio
castelán.
4. O ensino impártese aproximadamente nun 65% en galego e 35% en castelán
fundamentalmente pola procedencia urbana e a escolarización nesta lingua do
persoal docente, ou ben pola orixe foránea dalgúns docentes. A actitude xeral do
profesorado é de claro apoio ás iniciativas normalizadoras que quizais serían máis
3
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
frutíferas se houbese unha proposta seria de axuda efectiva a aqueles profesionais
interesados, por parte da Administración.
5. A lingua utilizada habitualmente polos nosos alumnos/as é o galego, aínda que se
observa unha certa tendencia ao cambio entre as novas xeracións: unha mínima
porcentaxe comeza a usar o castelán como lingua de relación cos seus
compañeiros e profesores, como potenciando dalgunha maneira un afán de
diferenciación. Esta tendencia é máis acusada entre os rapaces que proveñen das
pequenas vilas. Tamén entre os galegofalantes se percibe unha actitude ambigua
cara á lingua, xa que ante un interlocutor en lingua castelá hainos que abandonan
automaticamente a súa. A estes cómpre engadir os inmigrantes que soen adoptar o
castelán como o vehículo de expresión e relación, tendo en conta que algúns xa o
teñen pois proceden de Hispanoamérica (Colombia, Venezuela, Uruguai...).
6. Tras unha sinxela observación, determinamos que a presenza da lingua galega na
documentación administrativa, rotulado, notas informativas dos taboleiros... é
ampla e non plena porque sempre hai algún profesor ou alumno que usa o
castelán para as comunicacións, ou incluso isto sucede por parte de anunciantes
que ás veces ofrecen produtos de interese para o alumnado. O mesmo sucede nas
interaccións co alumnado, familia e con outras institucións e nas interaccións co
alumnado en contextos informais. Non obstante é pleno o emprego do galego por
parte do persoal non docente do centro e tamén na realización das actividades
complementarias e extra escolares xestionadas polo centro. Os representantes dos
pais dos alumnos e o representante do Concello de Ordes no Consello Escolar do
centro utilizan sempre o galego nas súas intervencións.
7. A dotación de fondos en galego na biblioteca é moi boa, a presenza no uso das
TIC pensamos que aceptable e a visibilidade das accións do EDLG, moi elevada.
O curso pasado elaboramos o proxecto lingüístico seguindo a nova normativa, o
Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de
Galicia.
Ante estas circunstancias, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Nº 1 de
Ordes preparou o plan de actuación cuns obxectivos xerais e específicos, así como unha
programación de actividades para o presente curso 2011-2012.
4
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
3.OBXECTIVOS
A dinamización lingüística debe ser unha acción planificada global e transversalmente,
flexible, integradora, consensuada e adecuada á realidade educativa coa finalidade de
fomentar a extensión e diversidade dos usos sociais da lingua e desactivar os prexuízos
lingüísticos.
A avaliación dos puntos fortes e febles que ofrece o centro e o seu contorno educativo
determina os elementos que poden favorecer ou dificultar os avances do proxecto de
dinamización.
Unha vez contempladas as actitudes cara á dinamización lingüística presentes na comunidade
escolar do IES Nº1 de Ordes, e unha vez detectados aqueles sectores que precisan dunha
acción máis continuada de sensibilización e asesoramento, estes serán, por orde, os
destinatarios aos que dirixirán os obxectivos e as actividades:
1. Alumnado.
2. Profesorado.
3. O contorno do centro e os diferentes sectores sociais da vila de Ordes.
4. Os pais e nais do alumnado.
5. O persoal de administración e servizos do centro.
5
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
OBXECTIVOS XERAIS
Potenciar o uso do galego en todo tipo de actividades dalgunha maneira
vinculadas ao centro e ao contorno.
Conseguir unha mellora significativa na competencia lingüística e unha
valoración positiva do uso da lingua entre os membros da comunidade
educativa.
Implicar activamente a toda a comunidade escolar, en especial ao alumnado, na
difusión da nosa cultura tentando achegar ao noso centro calquera actividade
que poida contribuír a un recoñecemento da nosa identidade como pobo.
Contribuír á dinamización lingüística do contexto ou contorno.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
Fomentar o uso do galego, a nivel oral e escrito, por parte dos membros da
comunidade educativa de Ordes, para reafirmalo como lingua de uso habitual en
calquera circunstancia.
Asesorar a comunidade educativa por medio da corrección de textos e
subministración de todo tipo de material a quen o solicite.
Organizar charlas para os diferentes niveis educativos coa finalidade de facer
reflexionar o alumnado sobre a realidade da lingua e para dar a coñecer ao
Equipo de Dinamización da Lingua Galega: quen somos, que facemos, como
colaborar, ...
Tentar que os alumnos asuman a tarefa dinamizadora da lingua como algo propio
e se impliquen dun xeito directo na realización e organización das actividades e
non sexan, polo tanto, meros receptores.
6
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
Lograr a implicación dos diferentes seminarios e da vicedirección na organización
de actividades de diverso tipo que poidan contribuír ao proceso normalizador.
Achegar o galego ás novas tecnoloxías. Continuar traballando coas TIC, na
páxina web do noso instituto http://centros.edu.xunta.es/iesn1ordes/ pódese entrar
en NORMALIZACIÓN e atopar toda a información do noso EDLG.
Continuar editando a revista dixital ParaÍso ParaNós.
Fomentar o hábito lector en galego a través do Club de lectura, tanto de prosa
como de poesía, prestando especial atención á literatura xuvenil, o cómic e a
aqueles autores e autoras que conecten ben coa mocidade.
Loitar pola dinamización lingüística e cultural do contorno, alí ata onde a acción
emanada desde o centro teña capacidade de influencia.
Dar a coñecer a figura do homenaxeado nas Letras Galegas.
Provocar que o alumnado do centro escoite música galega, dando publicidade ás
novidades musicais dos diferentes solistas e grupos galegos que aparezan no
mercado.
Potenciar a conservación do patrimonio cultural e facilitar a relación do alumnado
cos seus maiores para que poidan empaparse do universo cultural que atesouran e
así contribuír á conservación de tradicións, técnicas, usos, costumes e saberes.
Coñecer máis e mellor Galicia e a comarca, facendo especial fincapé en
personaxes ilustres, escritores e escritoras, festas tradicionais, o himno, as árbores,
a toponimia, as parroquias, veciños/as destacados de Ordes, mulleres importantes
na historia de Galicia, os Camiños de Santiago en Galicia, etc., dende o firme
convencemento de que só se pode amar aquilo que se coñece.
Levar a cabo reunións periódicas cos integrantes do EDLG co fin de repartir e
organizar as diferentes actividades, expoñer e debater suxestións etc.
Continuar cos intercambios para poder contactar con rapaces dunha realidade
social, cultural e lingüística diferente.
7
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
Proporcionarlles aos membros da comunidade educativa información sobre
actividades do EDLG e de todos aqueles actos e institucións culturais relacionados
coa realidade galega.
Continuar coa actividade de sendeirismo: Os Camiños de Santiago en Galicia,
proxecto colaborativo do IES Nº 1 de Ordes e o Concello de Ordes.
Intercambiar experiencias e materiais e/ou coordinar actuacións conxuntas con
outros EDLG.
8
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
4. ACTUACIÓNS
Como froito de todas as reflexións sintetizadas ata aquí, así como da experiencia acumulada
durante os anos de funcionamento do EDLG do IES Nº 1 de Ordes, facemos a seguinte
proposta de actividades de dinamización lingüística para o curso escolar 2011-2012.
Presentamos as actuacións divididas en grupos:
1. Proxectos plurianuais. Aqueles proxectos que xa comezaron en cursos anteriores
pensados con carácter plurianual e aos que queremos dar continuidade.
1. Revista ParaÍso ParaNós
2. Proxecto Sendeirismo: Os Camiños de Santiago en Galicia
3. Intercambios con outros centros de ensino
4. Xestión dos taboleiros
5. Campañas de animación á lectura
6. Letras Galegas 2012. Homenaxe a Valentín Paz Andrade
7. Imos aos cogomelos
8. Música galega en directo
9. Presentacións do EDLG na web do instituto
10. Cine galego
11. Saídas ao teatro
12. Encontros cos escritores
13. Xogos populares e tradicionais
14. Magosto
15. Colaboración coa asociación cultural e de tempo libre “Tarandeira”
9
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
2. Proxectos novos. Neste apartado incluímos proxectos que, ou ben é a primeira vez
que os realizamos ou xa os fixemos noutras ocasións e conteñen no seu interior
actividades novas.
1. Concurso de poesía Carme Villaverde.
2. Contactos con outros EDLG.
3. Materiais de apoio.
4. Colaboración coa Asociación Micolóxica “Refungando”.
3. Edición de materiais. Ademais da revista:
1. Almanaques
2. Novidades editoriais
3. Postais de Nadal
4. Dípticos / Trípticos / Carteis
5. Exposicións murais
6. Marcadores de páxinas
4. Outras actividades.
1. Concursos
2. Conferencias / Debates / Charlas
3. Colaboración co PRI de 1º ESO
10
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
PROXECTOS PLURIANUAIS
Nesta epígrafe incluímos as actividades que derivan de proxectos postos en marcha con
anterioridade pero isto non quere dicir que non haxa actividade novas na maioría deles.
1. REVISTA ParaÍso ParaNós, Nº 4
Descrición: No mes de setembro de 2011, tal e como adiantábamos na memoria do
curso pasado, editamos a revista do IES Nº 1 de Ordes ParaÍso ParaNós 4. Teño que dicir
que a revista foi para adiante grazas ao esforzo, tesón e coordinación das profesoras Laura
Pérez Vázquez e Susana Barcia Muíño, e o alumno Manuel Rivas Fariñas (todos membros
do EDLG). Tamén contamos coa colaboración dos diferentes seminarios, co traballo dos
alumnos que estiveron interesados en sacar adiante esta publicación e foi de moita axuda
todos os materiais recompilados durante o curso na web do EDLG.
Obxectivos:
➢ Difundir o traballo feito no EDLG.
➢ Promover o uso do galego nos textos escritos e a lectura en lingua galega.
➢ Darlles ao alumnado, profesorado, pais, veciños, … a posibilidade de publicaren os
seus traballos de creación ou investigación en galego.
➢ Achegar o alumnado cara á elaboración de materiais impresos.
➢ Ofrecerlles ós membros do EDLG a capacidade de organizaren e decidiren a revista
do centro intervindo directamente na dirección e redacción da mesma.
➢ Ensinar aos alumnos a establecer comunicacións vía correo electrónico, teléfono ou
fax cos colaboradores da revista.
➢ Achegarlle a toda a comunidade educativa materiais novos en lingua galega.
➢ Ter un órgano de expresión do centro integramente redactado en galego.
11
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
Destinatarios:
- Toda a comunidade escolar: alumnado, profesorado, persoal de administración e
servizos, familias, ex-alumnos.
- Resto de habitantes do concello.
- Centros educativos do contorno.
Colaboracións:
- Alumnado.
- Profesorado dos distintos departamentos didácticos: Electromecánica de Vehículos ,
Lingua e Literatura Galega, Lingua e Literatura Castelá, Educación Física,
Matemáticas, Debuxo, Ciencias Naturais, Música, Xeografía e Historia, Orientación,
Física e Química, …
- Imprenta ALPI.
Temporización: Todo o curso 2011-2012.
Orzamento: 0 €. O centro corre cos gastos da revista, sobre 1000 €.
Axuntamos co proxecto varios exemplares do último número da
revista
2. PROXECTO: Sendeirismo: Os Camiños de Santiago en Galicia
Descrición: Este proxecto colaborativo xorde, no curso 2008-2009, dunha proposta
que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Nº 1 de Ordes fai ao Concello de
Ordes, en concreto ás Concellerías de Educación Mocidade e Discapacidade máis Medio
Ambiente, Rural e Sanidade.
O proxecto puxo en marcha, a partir de marzo de 2009, unha actividade plurianual e
interdisciplinar dirixida á comunidade educativa (alumnos, persoal docente e non docente,
pais e familiares, antigos alumnos, antigos profesores, etc.) e a toda a sociedade. Trátase
dunha iniciativa de apertura do centro educativo cara á sociedade, un modelo de escola
aberta, disposta a crear sinerxias e a colaborar cos sectores sociais implicados.
O curso 2008-2009 fixemos o Camiño Inglés en 6 etapas. Nestas etapas participaron
alumnos, antigos alumnos, profesores, familiares, amigos e veciños do concello de Ordes e
12
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
comarca. Co material recompilado en cada unha das etapas e a axuda das TIC elaboramos un
blogue http://endlsendeirismo.blogspot.com/ destacando aspectos xeográficos, históricos,
sociais, artísticos, culturais, relixiosos, ..., así como a sinalización e conservación da ruta. O
Concello de Ordes subvencionou este proxecto, poñendo á disposición de toda a comunidade
a posibilidade de facer unha actividade de sendeirismo a un prezo simbólico.
O curso 2009-2010, coincidindo co Xacobeo, fixemos O Camiño Francés dende O Cebreiro
ata Santiago en 7 etapas. Puxemos toda a información desta actividade na web do centro,
http://www.edu.xunta.es/centros/iesnumero1ordes/ por ser moito máis operativo que o
blogue.
O curso pasado pateamos polo Camiño de Fisterra. Foi xenial!!!
Este curso 2011-2012 temos previsto facer o Camiño Sanabrés.
Gustaríanos moito darlle continuidade a esta actividade que tanto éxito está tendo.
Obxectivos:
➢ Coñecer máis e mellor Galicia, facendo especial fincapé nos Camiños de Santiago en
Galicia, dende o firme convencemento de que só se pode amar aquilo que se coñece.
➢ Desenvolver actitudes positivas cara ao coñecemento, gozo e protección da natureza.
➢ Potenciar a conservación do patrimonio cultural e medio ambiental galegos.
➢ Fomentar o uso do galego nas TIC entre toda a comunidade educativa.
➢ Achegar á comunidade educativa ao ámbito da normalización lingüística.
➢ Motivar á comunidade educativa no traballo do EDLG.
➢ Implicar as familias e as persoas do contorno nas actividades do EDLG. É unha
apertura do centro cara a fóra.
➢ Ofrecer unha alternativa real aos tempos de lecer que poidan competir coas ofertas
fáciles de diversión.
➢ Facer unha actividade física na natureza: o sendeirismo.
➢ Favorecer e estimular a interrelación dos compoñentes do grupo.
➢ Realizar unha actividade en familia.
13
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
Destinatarios: A toda a comunidade educativa e a toda a sociedade. Ao ser
limitado o número de prazas, concederanse as prazas por orde de inscrición,
tendo preferencia os empadroados no concello de Ordes.
Colaboracións:
- Concello de Ordes: Concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade;
Concellería de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade.
- Sociedade Galega de Medio Ambiente.
- Omix Ordes.
- Protección Civil de todos os concellos polos que pasan os Camiños de Santiago en
Galicia.
- Tamén atopamos colaboración, sempre que a pedimos, en todos os concellos polos
que pasan os Camiños de Santiago en Galicia.
- Profesorado dos departamentos didácticos: Educación Física, Lingua e Literatura
Galega, Lingua e Literatura Castelá, Tecnoloxía, Matemáticas, Latín, Xeografía e
Historia, Ciencias Naturais, Electromecánica de Vehículos, …
Temporización: A preparación é durante todo o ano, aínda que as etapas realízanse
entre os meses de marzo e xuño.
Orzamento: 600 €. Este curso temos complicado recibir a subvención do
concello.
3. INTERCAMBIO CULTURAL CON OUTRO EDLG
Descrición: Este curso, igual que os tres anteriores, desenvolveremos un intercambio
co IES Miguel Ángel González Estévez de Carril. O obxectivo principal deste intercambio
é unha convivencia de dúas xornadas falando en galego entre rapaces da costa galega que na
súa maioría son castelán falantes e rapaces do interior galego que
na súa maioría son galegofalantes. Os rapaces, dos dous centros, participantes no intercambio
comprométense durante as dúas xornadas a comunicarse só en galego. Así, os rapaces da
costa farán un esforzopor comunicarse falando en galego e os rapaces do interior farán un
esforzo por manter a comunicación en galego aínda que lles falen en castelán. Nas
respectivas visitas realízanse actividades encamiñadas preferentemente a coñecer os dous
contornos: as súas xentes, a súa historia, as súas paisaxes, o seu patrimonio, …
14
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
A nosa proposta é facer unha ruta de sendeirismo polo concello e a visita ao IES. A ruta do
río Mercurín, deseñado e sinalizado pola asociación cultural de tempo libre Tarandeira, é un
itinerario circular de 15 quilómetros aproximadamente de dificultade media. Nesta fermosa
andaina podemos atopar: aldeas, fragas, muíños, pontes de madeira, fontes e ata un castro.
O intercambio é unha experiencia moi enriquecedora e educativa para os rapaces, pois son
eles os que participan activamente na organización de todas as actividades.
Nas saídas utilizamos como medio de transporte o autobús, pero nestes intercambios
aproveitamos para desprazarnos tamén en tren e barco. Sen dúbida, son unhas xornadas que,
tanto alumnos como profesores participantes, nunca esquecerán.
Obxectivos:
➢ Convivir dous días falando en galego con rapaces e rapazas da costa, castelán
falantes.
➢ Coñecer máis e mellor Galicia, o noso concello, as súas aldeas, a súa historia, a súa
paisaxe, as súas xentes, a súa lingua, ...
➢ Potenciar o galego nas TIC e a súa presenza social na rede.
➢ Ofrecerlle ao alumnado a oportunidade de compartir experiencias con outros mozos
da súa idade.
➢ Compartir experiencias normalizadoras con outro EDLG (actividades, programas,
etc.).
➢ Entrar en contacto con rapaces dunha realidade social, cultural e lingüística diferente.
➢ Profundar máis na propia realidade, contorno socioeconómico e cultural.
➢ Coñecer o patrimonio natural, cultural e socioeconómico doutra comarca do país.
➢ Facer unha ruta de sendeirismo polo concello de Ordes.
➢ Eliminar prexuízos sobre o galego.
Destinatarios: Este ano, os protagonistas, serán os alumnos de 2º ESO. O número
máximo de participantes, para que o intercambio funcione, consideramos que debe ser 40
rapaces, 20 por cada centro educativo.
15
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
Colaboracións:
- Vicedirección.
- Concello de Ordes e concello de Vilagarcía de Arousa.
- Departamentos didácticos: Educación Física, Lingua e Literatura Galega,
Bioloxía e Xeoloxía, …
Temporización: Todo o curso para a preparación, aínda que as viaxes caen no
terceiro trimestre.
Orzamento: 250 €, para desprazamentos.
4. Xestión dos taboleiros
Descrición: Levamos varios anos xestionando os taboleiros de normalización e dende
o ano pasado son os propios alumnos do equipo, coordinados por un profesor, os encargados
de xestionar os taboleiros. Ter un espazo físico que sirva de referencia para todo o que teña
que ver coa dinamización da lingua e coas actividades do EDLG é algo fundamental para
normalizar a lingua no conxunto do IES. Temos dous taboleiros en cada edificio (dous
edificios). Hai varias seccións e están dedicadas a: novidades editoriais, escritores, nosa
música e outras. Ademais énchese cos avisos para as actividades do equipo e con tódalas
novas que queremos transmitir.
Novidades editoriais: Esta actividade consiste en reproducir co escáner a portada de libros en
galego que veñan de ser publicados, acompañados dunha ficha básica na que aparezan os
seguintes datos: autor, editorial, ano de publicación e argumento; en fin, trátase de describir
minimamente o libro coa finalidade de informar das máis recentes novidades literarias en
galego que se expoñerán nas aulas e en diferentes lugares do instituto.
Esta iniciativa pretende animar os alumnos/as a atopar na lectura un entretemento e un xeito
de buscar resposta ás súas inquietudes a través dos libros.
16
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
A nosa música é un escaparate das novidades musicais galegas. Este ano informaremos
tamén sobre a música portuguesa e brasileira.
Obxectivos:
➢ Implicar ao centro na actividade dinamizadora da lingua galega.
➢ Informar das actividades do EDLG no centro.
➢ Informar das actividades dinamizadoras doutros centros ou institucións.
➢ Crear espazos de referencia da lingua e literatura galegas no centro.
➢ Dar a coñecer as novidades editoriais e musicais en lingua galega.
➢ Eliminar prexuízos enquistados na poboación entorno ao galego.
Destinatarios: Toda a comunidade educativa.
Colaboracións:
- Persoal de administración e servizos.
- Vicedirección.
- Alumnos do EDLG.
Temporización: Todo o curso.
Orzamento: 30 € para materiais de papelería: rotuladores, tinta, cartolinas,
cores, …
5. Campañas de animación á lectura
Descrición: Outros anos fixéronse campañas de animación á lectura na que
colaboraban a biblioteca, vicedirección, profesorado dos departamentos didácticos e o
EDLG. O curso 2008-2009 empezou a funcionar o Club de Lectura por iniciativa da
biblioteca do centro. Para este curso seguiremos colaborando co Club de Lectura coa
intención de potenciar a lectura de libros en galego e galegos.
Obxectivos:
➢ Animar a lectura especialmente en lingua galega.
➢ Crear interese polas obras escritas en galego, eliminando prexuízos existentes ao
respecto.
17
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
➢ Demostrar que o galego serve para achegar á literatura universal.
➢ Favorecer o uso da biblioteca, tanto a do centro coma outras.
➢ Dinamizar a vida sociocultural do contorno educativo.
➢ Axudar á xuventude a definir criterios para determinar as súas escollas perante una
abundante oferta.
➢ Fomentar nos rapaces espírito crítico a partir da lectura.
➢ Participar nunha discusión literaria, dando, defendendo e respectando os diferentes
puntos de vista.
➢ Buscar un trato coa lectura distinto do académico e amosar que profesores e alumnos
poden gozar e aprender xuntos grazas á lectura e á imaxinación.
Destinatarios: Toda a comunidade: educativa e non educativa.Colaboracións:
- Club de lectura da biblioteca do centro.
- Profesorado dos distintos departamentos didácticos.
- Biblioteca do centro.
Temporización: Todo o curso. Orzamento: 0 €. A cargo da Biblioteca e Club de lectura.
6. Letras Galegas 2011. Homenaxe a Valentín Paz Andrade
VALENTÍN PAZ ANDRADE SERÁ HOMENAXEADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
DO ANO 2012
O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o día 4 de xuño de 2011,
acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2012 a Valentín Paz Andrade (Lérez,
Pontevedra, 1898 - Vigo, 1987).
Valentín Paz Andrade licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela
en 1921 e foi durante a súa etapa de estudante cando se achegou ao movemento galeguista,
participou na II Asamblea Nacionalista de Santiago de Compostela (1919). Era director do
xornal Galicia en 1926 cando foi cerrado pola ditadura de Primo de Rivera. Presidiu o
Grupo Autonomista Galego (1930), foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 xunto con
18
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
Castelao e Ramón Cabanillas, colaborador da redacción do anteproxecto de Estatuto de
Galicia presentado polo Seminario de Estudos Galegos (1931) e membro activo do Partido
Galeguista, do que foi nomeado secretario en 1934.
Durante a Guerra Civil axudou a fuxir e defendeu a moitos intelectuais galeguistas. Por
causa da súa actividade política e da publicación dalgúns artigos foi detido en diversas
ocasións.
As súas colaboracións foron frecuentes nos xornais El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e La
Noche, onde aparecían asinadas cos pseudónimos M., Xan Quinto e Mareiro. Desde 1945
xuntábase no café Alameda, de Vigo, con intelectuais e artistas como Carlos Maside,
Laxeiro, Prego de Oliver, Fernández del Riego, os irmáns Xosé María e Emilio Álvarez
Blázquez, entre outros, para falaren e debateren.
Os seus escritos literarios, históricos e económicos reflicten a súa preocupación polo
progreso e o avance de Galicia, Galicia como Tarea (1959), La anunciación de Valle-Inclán
1967), La marginacíón de Galicia (1970), Castelao na luz e na sombra (1982), Galiza lavra
a sua imagem (1985).
Da súa faceta poética temos achegas como, Soldado da morte (1921), Pranto matricial
(1954), Sementeira do vento (1968), Cen chaves de sombra (1979) ou Cartafol de homenaxe
a Ramón Otero Pedrayo (1985).
Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1964 e numerario desde 1978,
cando deu lectura ao preceptivo discurso, que titulou A galecidade na obra de Guimarães
Rosa, e que foi respondido en nome da institución por Álvaro Cunqueiro.
Descrición: Na Semana das Letras Galegas, este ano dedicado ao xurista,
economista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista galego Valentín Paz Andrade,
faremos un esforzo por dinamizar o noso centro, como o curso pasado, e ofertar toda unha
serie de actividades e actos: conferencias, documentais, debates, concursos, exposicións,
actuacións musicais, ...
Aínda non temos pechada a programación, e intentaremos que sexa o máis
interdisciplinar e multidisciplinar posible.
Obxectivos xerais:
➢ Dar a coñecer a figura do homenaxeado.
➢ Difundir a obra de Valentín Paz Andrade entre toda a comunidade.
19
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
➢ Ligar a literatura e oralidade.
➢ Poñer en valor o rexistro culto do galego.
➢ Eliminar prexuízos sobre a literatura galega.
➢ Valorar a poesía en lingua galega.
➢ Dinamizar a festividade das letras galegas.
➢ Implicar a toda a comunidade educativa nas actividades do EDLG.
Destinatarios: Toda a comunidade educativa.
Colaboracións:
- Departamentos didácticos: Lingua Galega e Literatura
- Vicedirección.
- Outras.
Temporización: Todo o curso.
Orzamento: ? Sen pechar.
Actuacións:
Quen é o homenaxeado
Daremos información do persoeiro homenaxeado dende os taboleiros do EDLG, dende o
noso espazo na web, proxectando algún documental, facendo algunha exposición, ...
Semana culturalIgual que no curso pasado, no mes de abril, na Semana Cultural organizaremos as actividades
para celebrar as Letras Galegas. Como non está totalmente pechada a programación,
informaremos na memoria de fin de curso.
20
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
7. Imos aos cogomelos
Descrición: Esta é unha actividade que xa fixemos varios anos co nome de Xornadas
Micolóxicas e de seguir co mesmo nome estas serían as VI Xornadas Micolóxicas. Con esta
actividade temos a oportunidade de realizar unha saída ao monte, acompañados por un
experto en micoloxía, para coñecer un pouco mellor os fungos que poboan os nosos bosques,
recollendo as especies máis interesantes para posteriormente expoñelas no centro. A
actividade complementarase a nivel didáctico, cunha charla do experto Jesús Parada
Miniño da Asociación Micolóxica Refungando e a posterior identificación e exposición dos
exemplares recollidos máis relevantes. Tamén degustaremos algunha tortilla de cogomelos.
Na saída participa alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos.
Esta actividade segue dúas máximas, unha do saber popular, “só se valora e se pode
conservar aquilo que se coñece”, e a outra do noso gran fabulador Álvaro Cunqueiro, “…
dicir rula e abidueira e dorna e fonte… fanme dono da rula e da abidueira e da dorna e da
fonte…”, para indicar que só existe e posuímos aquilo que ten un nome, aquilo que
coñecemos.
Obxectivos:
➢ Achegar aos membros da comunidade educativa á natureza, para gozala, coñecela
mellor e conservala.
➢ Facer da micoloxía unha maneira de divertirse no tempo de lecer.
➢ Identificar e expoñer as especies recollidas.
➢ Coñecer os nomes populares galegos dos cogomelos do contorno: Figado de boi,
lingua de vaca, andoa de pé vermello, peido de lobo, rebentabois ou brincabois,
coliflor de monte, bóla de neve, zarrota ou choupín, pistonuda, sendeiriña, carallo do
demo, tortullo, netorra, cantarela, pantorra…
Destinatarios: Alumnado do centro, profesorado e persoal non docente.
Colaboracións:
- Departamentos didácticos: Ciencias Naturais, Lingua Galega e Literatura, Educación
Física, …
- Persoal de Administración e Servizos.
21
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
- Vicedirección.
- Asociación Micolóxica Refungando .
Temporización: Xoves, 24 de novembro.
Orzamento: 200 €.
Axuntamos o cartel das Xornadas Micolóxicas realizadas con gran
éxito o xoves, 24 de novembro de 2011.
8. Música galega en directo
Descrición: Tentaremos manter unha actividade, proposta polo departamento de
Música e que, os anos que se fixo, tivo moito éxito. Son os raps do festival de fin de curso.
Os rapaces escriben as letras en galego para despois musicalas e rapealas.
Traeremos un grupo galego de música actual que cante en galego para que veña dar un
concerto en fin de curso. Ademais de cantar váiselles pedir que nos falen un pouco da súa
música, das razóns que os levaron a empregar o galego e que animen o noso alumnado a
escoitar e mesmo a facer música en galego.
Obxectivos:
➢ Ligar a lingua galega á música.
➢ Potenciar a escoita de música galega.
➢ Comunicar utilizando a música e a lingua galegas.
➢ Promover o uso do galego nos espectáculos.
Destinatarios: toda a comunidade educativa.
Colaboracións:
- Departamentos didácticos: Música, Lingua Galega e Literatura, …
- Vicedirección.
Temporización: Terceiro trimestre (fin de curso)
Orzamento: 250 €
22
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
9. Presentacións do EDLG na web do instituto
Descrición: Temos asentadas as bases para unha mellor promoción e difusión do
galego dentro e fóra do noso centro. Levamos dous anos traballando coas TIC. Na páxina
web do noso instituto http://centros.edu.xunta.es/iesn1ordes/ pódese entrar en
NORMALIZACIÓN e atopar toda a información do noso EDLG.
Consideramos importante espallar ao EDLG para implicar maiormente a todo o alumnado,
profesorado, familias e persoal non docente. En cursos pasados organizamos sesións de
presentación práctica, en diferentes quendas a cargo do coordinador do EDLG, que acolleron
a todo o alumnado durante o horario lectivo. O obxectivo non é só familiarizalos cos
enderezos, senón máis ben achegalos aos contidos, animándoos a participar e
demostrándolles cal é o funcionamento. Presentaranse, os contidos que o EDLG ten na web
do instituto, coas súas estruturas, seccións, organización e incidirase sobre todo nas formas
de colaborar a través dunha sesión práctica no salón de actos.
A presentación para o alumnado farase en horas lectivas, en sesións de 50 minutos e por
niveis educativos. Este curso queremos implicar ao maior número de alumnos nas
actividades. Convidarase a todo o profesorado para que asista na quenda que mellor lle
conveña.
Seguiremos incidindo no alumnado, buscando unha maior participación e máis activa. O
próximo curso organizaremos, para os pais, unha presentación un día diferente. A esta
reunión serán convidados os membros do persoal de administración e servizos. Tamén
aproveitaremos a visita dos pais dos alumnos de 6º de primaria, futuros alumnos do centro,
do CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao para presentarlles ao EDLG.
Obxectivos:
➢ Contar cunha plataforma de presentación do EDLG na rede.
➢ Mostrar o traballo do EDLG e deixalo a disposición de quen quixese facer uso del.
➢ Ofrecerlle a toda a comunidade un lugar de referencia do EDLG na rede onde poidan
localizar facilmente calquera material.
➢ Animar a participar aos catro sectores da comunidade educativa.
➢ Motivar ao alumnado no traballo do EDLG.
➢ Implicar as familias nas actividades do EDLG.
23
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
➢ Ligar a normalización lingüística coas novas tecnoloxías.
Destinatarios: Alumnado do centro, profesorado, persoal non docente e pais do
alumnado.
Colaboracións:
- Dirección.
- Orientación.
- EDLG.
Temporización: mes de outubro e mes de xaneiro.
Orzamento: 0 €
10. Saídas ao teatro
Descrición: Como en anos anteriores os alumnos/as asistirán a diversas
representacións teatrais. A oferta de obras de teatro en galego en Ordes é moi limitada, por
iso sempre que temos oportunidade de asistir a unha representación teatral en galego non o
dubidamos. Este curso xa realizamos varias saídas a dúas representacións teatrais:
• “Memorias das memorias dun neno labrego” para os alumnos de 2º e 3º de ESO. O
14 de outubro de 2011.
• “Pelos con lingua” para os alumnos de 4º ESO e 1º de bacharelato. O 31 de xaneiro
e o 2 de febreiro de 2012.
Obxectivos:
➢ Ligar a lingua galega ao teatro.
➢ Unir a idea de ocio á lingua propia.
➢ Impulsar a afección polo teatro galego.
➢ Ofrecer unha alternativa real aos tempos de lecer que poidan competir coas ofertas
fáciles de diversión.
Colaboracións:
- Vicedirección.
24
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
- Departamento de Lingua e Literatura Galega.
- Profesorado voluntario dos distintos departamentos didácticos.
Destinatarios: Alumnado.
Temporización: Todo o ano.
Orzamento: 150 € aprox. dependendo das saídas que se fagan.
11. Cine galego
Descrición: O EDLG pon a disposición do profesorado un DVD de Mr Mixto Films,
para poder traballar cos alumnos seis historias moi diferentes que teñen algo en común: son
cine en galego. Os Mr Misto {Bits} son paquetes temáticos de curtametraxes para ser
proxectados en multiplicidade de espazos. Unha forma de ver o mundo a través do cine en
curta duración. Pezas audiovisuais de calidade que non deixan indiferente ó espectador.
As posibilidades de gozar dunha programación variada e rica en contidos fai que este
programa sexa ideal para achegarse dunha forma distinta aos alumnos, facéndoos máis
críticos e capaces de reflexionar sobre o mundo dun xeito diferente, anovador e divertido.
Distracción e cinema a un tempo. Os {bits} son sesións de curtas de, aproximadamente,
unha hora de duración, que inclúen pezas audiovisuais de calidade cuxos contidos xiran
arredor dunha temática común: medio ambiente, inmigración, igualdade de xénero,
violencia… Así, ademais de divertirnos vendo cine, poderemos reflexionar tamén sobre o
tema que suxiren as películas, a través dun debate moderado nos contidos a tratar.
Obxectivos:
➢ Ligar a lingua galega ao cine.
➢ Unir a idea de ocio á lingua propia.
➢ Impulsar a afección polo cine galego.
Colaboracións:
- Vicedirección.
- Profesorado voluntario dos distintos departamentos didácticos.
Destinatarios: Alumnado de distintos niveis.
25
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
Temporización: 2º ou 3º trimestre.
Orzamento: 0 €
12. Encontros cos escritores
Descrición: Continuaremos con esta interesante actividade. Os nosos alumnos len un
libro (trátase de libros de lectura obrigada de Lingua e Literatura Galega), e o seu autor visita
o noso centro para falarlles da súa obra ou realizar un pequeno obradoiro. No primeiro
trimestre o escritor e debuxante Abraham Carreio mantivo un encontro cos alumnos de 1º
de ESO para falar sobre a súa obra Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata e inicialos no
debuxo.
No segundo e terceiro trimestres visitarannos:
• Carlos G. Reigosa Pepa A Loba
• Fernando Méndez Deus xogando aos dados
Obxectivos:
Animar á lectura en galego.
Achegar o proceso de creación literaria aos alumnos.
Colaboracións:
- Departamento de Lingua Galega e Literatura
- Editorial A Nosa Terra.
- Editorial Galaxia.
- Outras editoriais.
Destinatarios: Alumnado e profesorado interesado.
Temporización: Todo o ano.
Orzamento: Falaremos coas editoriais para que esta actividade sexa de balde.
26
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
13. Xogos populares e tradicionais
Descrición: Como vimos facendo desde hai uns cantos anos, celebraremos unha
xornada de exaltación de xogos populares e tradicionais no noso instituto. Contaremos coa
colaboración de Horacio Souto Pol, profesor do departamento de Educación Física, e os
alumnos de 1º de bacharelato para a organización e realización desta actividade. O ano
pasado celebrouse o último día do curso e invitamos a alumnos e profesores do IES Maruxa
Mallo o outro centro de ensino secundario da vila. A xornada foi moi animada e alumnos e
profesores dos dous institutos de Ordes xogamos e confraternizamos nun fermoso día.
Obxectivos:
➢ Favorecer a recuperación dos xogos populares e a creatividade.
➢ Concienciar da importancia de manter vivas as tradicións e da transmisión xeracional.
➢ Fomentar a través de xogos e outras actividades lúdicas, o uso do galego nas
actividades informais do alumnado.
➢ Aprender dunha maneira lúdica novo vocabulario.
Destinatarios: Comunidade educativa.
Colaboracions:
- Dirección e Vicedirección.
- Departamento de EF.
- Alumnos de 1º de bacharelato.
- Profesorado voluntario.
Temporización: 3º trimestre
Orzamento: 0 €
27
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
14. Colaboración coa asociación “Tarandeira”
Descrición: Seguiremos en contacto con Tarandeira para ver a posibilidade de facer
algunha actividade colaborativa con eles.
Tarandeira é unha asociación cultural e de tempo libre de Ordes que dedica o seu esforzo a
promover o coñecemento e valoración do entorno natural e á recuperación da cultura
tradicional.
Deste xeito, ven organizando saídas mensuais a aqueles lugares onde pódese gozar do medio
natural, poñendo en práctica o seu coñecemento e mesturando deporte, cultura, aventura e,
por que non, gastronomía; nestas actividades, ten cabida a participación de xente de todas as
idades e lugares, sen que sexa precisa unha condición física especial.
No eido cultural, ademais do que o coñecemento e valoración do medio natural supón nese
senso, a tarefa de Tarandeira desenvólvese fundamentalmente na recuperación de pezas
tradicionais, co desexo de acadar algún día un museo etnográfico. Neste mesmo ámbito,
ocupan tamén un papel destacado a organización de xornadas micolóxicas, participación en
feiras e exposicións, e actividades con escolares.
Tarandeira é un proxecto aberto e as actividades que desenvolve van dirixidas ao público en
xeral, sen que sexa necesario pertencer á asociación para participar nelas.
Obxectivos:
➢ Desenvolver actitudes positivas cara ao coñecemento, gozo e protección da natureza.
➢ Potenciar a conservación do patrimonio cultural e medio ambiental galegos.
➢ Implicar as familias e as persoas do contorno nas actividades do EDLG. É unha
apertura do centro cara a fóra.
➢ Colaborar cunha asociación cultural e de tempo libre de Ordes.
Destinatarios: Comunidade educativa.
Colaboracións:
- Dirección e Vicedirección.
- Tarandeira.
Temporización: Todo o ano.
Orzamento: 0 €
28
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
15. Magosto
Descrición: O curso pasado, por iniciativa da dirección do centro e o EDLG,
recuperamos o magosto.
O venres, 18 de novembro a comunidade educativa do noso centro celebramos un magosto
con castañas e chocolate quente.
Obxectivos:
➢ Valorar e respectar o Magosto asumindo as responsabilidades que supoñen a súa
conservación e mellora.
➢ Concienciar da importancia de manter vivas as tradicións e da transmisión xeracional.
➢ Fomentar a través desta celebración outras actividades e o uso do galego nas
actividades informais do alumnado.
Destinatarios: Comunidade educativa.
Colaboracions:
- Dirección e Vicedirección.
- EDLG.
Temporización: 1º trimestre: Venres, 18 de novembro.
Orzamento: 0 €. A cargo do centro.
29
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
PROXECTOS NOVOS
1. Concurso de poesía Carme Villaverde
Descrición: O IES Nº 1 de Ordes , en colaboración co departamento de Lingua e
Literatura Galega e o Equipo de Dinamización da Lingua, convocan o I Premio de Poesía
Carme Villaverde, en lembranza da profesora Carme Villaverde Raña.
Obxectivos:
➢ Dar a coñecer e lembrar a figura da nosa querida Carme Villaverde Raña.
➢ Eliminar prexuízos sobre a literatura galega.
➢ Valorar a poesía en lingua galega.
Destinatarios: alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato, ESA e Ciclos Formativos
que cursen estudos en Galicia e non teñan cumpridos 20 anos a 31 de decembro de
2012.
Colaboracións:
– Dirección e Vicedirección
– Departamento de Lingua e Literatura Galega
– EDLG
Temporización: 2º trimestre
Orzamentos: 0 €. A cargo da Dirección do IES Nº 1 de Ordes.
2. Contactos con outros EDLG
Descrición: Durante este curso contactaremos con outros equipos de dinamización
lingüística da comarca para intercambiar experiencias e materiais e/ou coordinar actuacións
conxuntas. Empezaremos polo IES Maruxa Mallo que é o centro máis próximo e esta tamén
na vila de Ordes.
Obxectivos:
➢ Entrar en contacto cos membros doutros EDLG.
30
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
➢ Realizar actuacións conxuntas con outros EDLG.
➢ Intercambiar experiencias dinamizadoras da lingua galega.
Destinatarios: Comunidades educativas dos centros implicados.
Colaboracions:
- Dirección e Vicedirección.
- Departamentos didácticos.
- Equipos de dinamización da lingua galega implicados.
Temporización: Todo o ano.
Orzamento: 0 €. Actividade nova.
3. Materiais de apoio
Descrición: Para axudar a resolver as dubidas relacionadas co galego, poñeremos á disposición de quen o precise diferentes materiais de apoio e un listado de enderezos web de interese. É esta tamén unha maneira de facer ver como normal o uso do galego na rede.
Obxectivos:
➢ Acadar unha competencia lingüística correcta superando os prexuízos relacionados
coa lingua autóctona.
➢ Normalizar o galego na escrita.
➢ Animar ao emprego da lingua galega.
➢ Ampliar os coñecementos de lingua galega.
➢ Proporcionar materiais coas TIC.
Destinatarios: Comunidade educativa e usuarios da web.
Colaboracións:
- Departamento de Lingua e literatura Galega.
- Vicedirección.
- Alumnos do EDLG.
Temporización: Todo o ano.
Orzamento: 150 €. Actividade nova.
31
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
EDICIÓN DE MATERIAIS
Ademais da revista do centro ParÍso ParaNos, editamos:
1. O Almanaque
Descrición: A edición do almanaque xa ten unha tradición asentada no EDLG. Todos
os cursos editamos o almanaque. Este ano, despois do éxito de cursos pasados, repetimos o
formato de automontable de mesa, que leva o calendario escolar do noso centro con 10 fotos
de alumnos realizando distintas actividades en espazos diferentes e un pequeno texto sobre
Valentín Paz Andrade. Distribuímos os almanaques entre toda a comunidade educativa e
tamén entre os centros de ensino da comarca, EOI, concello, … Editamos 600 almanaques.
Obxectivos:
➢ Normalizar a lingua escrita entre a poboación.
➢ Achegar as actividades do EDLG a toda a comunidade.
Colaboración:
- Gráficas Alpi de Ordes.
- Dirección.
Destinatarios: Toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, pais,
persoal non docente). Centros educativos da comarca, concello, EOI, …
Temporización: novembro e decembro.
Orzamento: 340 €.
2. As novidades editoriais
Nas actuacións, proxectos plurianuais, punto 4 Xestión dos taboleiros está descrita esta
actividade.
32
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
3. IV Concurso de postais de Nadal
Descrición: Despois do éxito das anteriores edicións daremos continuidade a esta
actividade. Fixemos o IV Concurso de postais de Nadal cunha exposición das postais. Houbo
dúas categorías: ESO, PCPI, ESA e BACHARELATOS CICLOS. Da postal gañadora
editamos 600 para felicitar o Nadal. Na postal incluímos un poema de Luís Amado
Carballo. A participación do alumnado nesta actividade temos que agradecerlla á
colaboración das profesoras do Departamento de Educación Plástica e Visual.
Obxectivos:
➢ Implicar as familias nas actividades do EDLG.
➢ Achegar as actividades do EDLG a toda a comunidade.
➢ Normalizar a lingua escrita entre a poboación.
➢ Ligar a lingua galega á educación plástica e visual.
➢ Achegar a comunidade educativa ao ámbito da normalización lingüística.
➢ Eliminar prexuízos sobre o galego.
Colaboracións:
- Departamentos didácticos: Educación Plástica e Visual, Lingua Galega e Literatura, …
- Vicedirección.
Destinatarios: Toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, pais,
persoal non docente). Centros educativos da comarca, concello, EOI, …
Temporización: Meses de novembro e decembro.
Orzamento: 250 € para premios e edición (600 copias) da gañadora final.
33
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
4. Dípticos / Trípticos / Carteis
Descrición: Elaboración de dípticos, trípticos e carteis relacionados con diferentes
actividades como sendeirismo, xornadas micolóxicas, magosto, semana das Letras Galegas,
receitas das sobremesas de entroido, materiais de apoio para o alumnado e profesorado, etc.
Obxectivos:
➢ Ligar a lingua galega á educación plástica e visual.
➢ Achegar a comunidade educativa ao ámbito da normalización lingüística.
➢ Crear materiais de interese en lingua galega.
➢ Achegar as actividades do EDLG a toda a comunidade.
Colaboracións:
- Departamento de Lingua Galega e Literatura.
- Vicedirección.
- Gráficas ALPI.
Destinatarios: Toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, pais,
persoal non docente). Centros educativos da comarca, concello, EOI, …
Temporización: Todo o ano.
Orzamento: 120 €.
34
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
5. Exposicións
Descrición: Durante o curso fanse diversas exposicións no centro, ben promovidas
polos departamentos didácticos ou relacionadas coas diferentes actividades do EDLG
(postais de Nadal, caretas de entroido, marcadores de páxinas, homenaxeado das letras
galegas, ...).
Obxectivos:
➢ Potenciar o uso da lingua galega escrita.
➢ Ligar a lingua galega á educación plástica e visual.
➢ Achegar a comunidade educativa ao ámbito da normalización lingüística.
➢ Animar ao emprego da lingua galega.
Colaboracións:
- Vicedirección.
- Todos os departamentos didácticos.
Destinatarios: Toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, pais,
persoal non docente).
Temporización: Todo o ano.
Orzamento: 0 €.
35
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
6. Marcadores de páxinas
Descrición: Despois do éxito das anteriores edicións daremos continuidade a esta
actividade. Faremos o V Concurso de marcadores de páxinas, cunha exposición. Haberá
dúas categorías: ESO, PCPI, ESA e BACHARELATOS, CICLOS. Dos marcadores
gañadores editaremos 600 para repartir entre a comunidade educativa. A participación do
alumnado nesta actividade temos que agradecerlla á colaboración dos profesores do
Departamento de Educación Plástica e Visual.
Obxectivos:
➢ Potenciar o uso da lingua galega escrita.
➢ Ligar a lingua galega á educación plástica e visual.
➢ Animar ao emprego da lingua galega.
Colaboracións:
- Departamentos didácticos: Educación Plástica e Visual, Lingua Galega e Literatura, …
- Vicedirección.Destinatarios: Toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, pais,
persoal non docente). Centros educativos da comarca, concello, EOI, …
Temporización: 2º trimestre. 23 de abril, día do libro.
Orzamento: 100 € para premios e 180 € de imprenta para editalos. Total: 280 €.
36
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
OUTRAS ACTIVIDADES
1. Obradoiro de beatbox e hip-hop
Descrición: Impartirá este obradoiro Carlinhos. Carlos Gende (Carlinhos de Cerceda) é un dos poucos galegos que domina esta disciplina musical derivada do hip-hop e que se popularizou en Europa nos últimos anos. Os que o practican son algo parecido aos chamados homes orquestra, pero todos os sons os conseguen controlando o aire que sae polo nariz e a boca. De feito, Carlos ten claro que aínda que sexa un fenómeno recente, a esencia do beatbox non é nova e pon como exemplo a capacidade de John Balan para simular o son dunha trompeta. «Non creo que ou beatbox consista xo en imitar vos instrumentos musicais» e, por iso, Carlos adoita introducir todo tipo de efectos e sons nas súas improvisacións.
O beatboxing, é a habilidade de imitar sons coa boca (principalmente instrumentos e caixas de ritmos), aínda que tamén se usa como colchón rítmico ao rap improvisado na rúa. É considerado para moitos como o quinto elemento do hip hop, aínda que para outros é un instrumento por si só, que pode ser usado sen encasillalo en ningún estilo. A idea do mesmo é crear desde algo simple como beats, rhytms, e melodías, ata imitacións de instrumentos musicais, efectos especiais ou scratching, entre outros, podendo crear ata cancións estruturadas con diversos patróns rítmicos ou melódicos. O seu nome deriva da primeira xeración de máquinas de ritmos, máis comunmente chamadas "Beat Boxes".
Obxectivos:
➢ Promover o uso da lingua galega a ritmo de hip-hop.
➢ Potenciar a escoita de música galega.
➢ Comunicar utilizando a música e a lingua galega.
➢ Promover o uso do galego nos espectáculos.Colaboracions:
- Vicedirección.
- Departamentos de Música e Lingua e Literatura GalegaDestinatarios: Está por determinar a cantos alumnos e de que que niveis.
Temporización: 2º ou 3º trimestre.
Orzamento: 200 €.
37
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
2. Concursos
Este curso convocaremos catro concursos:
1. IV Concurso de Postais de Nadal
2. VII Concurso de Sobremesas de Entroido e outras procedencias
3. V Concurso de marcadores de páxinas
4. I Concurso de poesía Carme Villaverde
Os concursos de postais de Nadal e marcadores de páxinas, xa foron descritos con
anterioridade.
VII Concurso de Sobremesas de Entroido
Descrición: Desde hai uns anos organízase habitualmente no ximnasio do noso
centro un concurso de pratos típicos do Entroido, consistente na degustación e selección da
mellor receita.
As sobremesas de Entroido poderán ser galegas ou doutras orixes. Os alumnos de países e/ou
culturas que non celebren esta festa poderán concorrer con sobremesas ou larpeiradas típicas
do seu país. O prato irá acompañado dun sobre pechado no que figuren o nome, apelidos e
curso do participante, así coma a receita redactada en lingua galega. Os alumnos/as optarán a
tres premios de 40 €, 30 € e 20 €, respectivamente, que serán destinados para mercar libros,
discos ou material escolar ou informático. Os pratos presentados ao concurso serán valorados
en función do sabor, presentación, orixinalidade e dificultade da receita.
Promoverase que os alumnos poidan participar de xeito activo coas súas receitas que
posteriormente poderán ser editadas nuns dípticos. Ademais, as receitas gañadoras serán
publicadas en internet e na revista do centro.
As sobremesas que cociñan alumnos e moitos pais son extraordinarias, tanto no número
como na calidade gastronómica.
38
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
Obxectivos:
Recoller parte da riqueza culinaria do entroido, festa popular e ancestral, e non exclusivamente galega.
Axudar a normalizar o galego na escrita.
Animar a participar a alumnado, profesorado, persoal non docente e pais dunha actividade normalizadora.
Colaboracións:
- Vicedirección.
- Departamentos didácticos: Educación Física, Lingua Galega e Literatura, …
- Persoal de administración e servizos.
Destinatarios: A comunidade educativa: alumnos, profesores, persoal non docente e familias.
Temporización: Entroido, no 2º trimestre (venres, 17 de febreiro).
Orzamento: 90 €.
3. Conferencias / Debates / Charlas
Descrición: Desde o EDLG do IES Nº 1 de Ordes consideramos que a realización de
conferencias/debates/charlas sobre a lingua e literatura, coa visión de investigadores,
profesores universitarios, escritores e creadores en xeral, pode influír de maneira moi
positiva sobre o alumnado. Algúns dos poñentes que tivemos a sorte de escoitar foron:
• Fernando Cabeza Quiles que disertou sobre a toponimia galega.
• Manuel Núñez Singala falou sobre os prexuízos lingüísticos do galego.
• Antón Riveiro Coello deu unha conferencia sobre a súa obra narrativa e a literatura
galega en xeral.
• Charla relatorio de Carlos Callón da historia da lingua desde o comezo da
democracia.
39
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
• Charla sobre Luís Seoane. Poñente: Xosé Luís Cousillas.
• Helena Queirós, lectora de portugués na EOI da Coruña, impartiú unha charla sobre
Portugal a súa cultura e costumes.
• Emilio Cao falounos do seu amigo Uxío Noveneira e interpretou coa súa arpa varios
temas con letras do poeta do Courel.
Para estas actividades buscaremos bos comunicadores que conecten cos alumnos.
Obxectivos:
Darlle a coñecer ao alumnado os seus dereitos lingüísticos.
Crear conciencia lingüística no alumnado.
Facer reflexionar o alumnado sobre a lingua como sinal de identidade.
Ensinarlle ao alumnado outra forma de adquirir coñecementos fóra da aula.
Eliminar prexuízos sobre o galego.
Colaboracións:
- Vicedirección.
- Departamento de Lingua Galega e Literatura.
Destinatarios: Comunidade educativa.
Temporización: Todo o ano.
Orzamentos: ?
4. Colaboración co PRI de 1º ESO
Descrición: Como outros anos colaboraremos no Proxecto Interdisciplinar de 1º de
ESO proposto para este curso 2011-2012. O tema a investigar este ano é a auga.
Orzamento: 0 €.
40
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
Neste meu cuarto ano como coordinador do EDLG estamos satisfeitos polo traballo
realizado ata agora e motivados para continuar dinamizando a lingua galega no noso
centro e a súa comarca.
Dende o EDLG do IES Nº 1 de Ordes temos a base dun bo proxecto e a experiencia de
anos para seguir avanzando e mellorando. Sabemos que as actividades de dinamización
lingüística son efectivas, de xeito progresivo, a medio e longo prazo. Seguiremos
analizando a realidade do noso centro educativo, establecendo os obxectivos máis
específicos e deseñando as actuacións máis dinamizadoras.
Este EDLG queda aberto a propostas e iniciativas dinamizadoras que veñan de fóra,
tanto doutros centros de ensino coma de organismos ou institucións. Loxicamente
valoraranse antes debidamente e realizaranse sempre e cando nos parezan viables e se
adapten ás nosas posibilidades.
MEMBROS DO EQUIPO
Laura Pérez Vázquez (Dpto. de Lingua Galega) Susana Barcia Muíño (Vicedirectora) (Dpto. de Filosofía)Marisa Conde Ferreiro (PAS administrativo)Manuel José Rivas Fariñas (2º bacharelato)Salma Boutafant (1º bacharelato)Juan Negreira Blanco (CM Electromecánica de )Xosé Antón Bravo Pombo (Dpto. de Educación Física) (Coordinador)
41
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
Cadro resumo das actividades programadas
Temporización Actividade Responsable/s e
Departamento/s
Destinatarios Orzamento
Actividade Plurianual
(1º trimestre)Presentacións EDLG na web do instituto
EDLG
Antón Bravo
Comunidade
educativa e
internet
0,00 €
Edición de materiais
(1º trimestre)Almanaque EDLG
Gráficas Alpi
Dolores Dirección
Comunidade
educativa máis a
súa contorna
340,00 €
Actividade
Plurianual
(1º trimestre)
Magosto Dolores Dirección
Susana Vicedirectora
Comunidade
educativa
0,00 €
Edición de materiais e
Concursos
(1º trimestre)
IV Concurso de postais de Nadal
Beatriz e Cristina de
EpeV
Alumnos EDLG
Marisa PAS
Comunidade
educativa e a súa
contorna e internet
270,00 €
Actividade Plurianual
(1º trimestre)Imos aos cogomelos.VI I Xornadas
micolóxicas
EDLG
Eduardo de CN
Jesús Parada de
“Refungando”
Comunidade
educativa
200,00 €
Outras actividades e
Concursos
(2º trimestre: entroido)
VII Concurso de sobremesas de Entroido
Isabel PAS
Alumnos do EDLG
Profesorado
voluntario
Toda a
comunidade
educativa
90,00 €
Outras actividades
(2º trimestre)Obradoiro de beatbox e hip-hop
Alumnos EDLG
Antón Bravo
Carlinhos
Comunidade
educativa e a súa
contorna
200,00 €
Proxectos Novos e
Concursos
(2º trimestre)
I Concurso de poesía Carme Villaverde
Dolores e Susana
Dirección
Profesorado
voluntario
Antón Bravo
Alumnado de
ensino non
universitario da
Comunidade
Galega
0,00 €
Edición de materiais e
Concursos
(2º trimestre)
V Concurso de marcadores de páxinas
Alumnos EDLG
Marisa PAS
Beatriz e Cristina de
EpeV
Comunidade
educativa e a súa
contorna
280,00 €
Actividade
Plurianual
(2º e 3º trimestres)
Sendeirismo: Os Camiños de Santiago en Galicia
Antón Bravo EF
Dolores Dirección
Marisa PAS
Concello de Ordes
Comunidade
educativa mais a
súa contorna
600,00 €
42
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
Temporización Actividade Responsable/s e
Departamento/s
Destinatarios Orzamento
Actividade plurianual
(2º ou 3º trimestre)Cine galego Antón EDLG
Susana Vicedirectora
Alumnos EDLG
Comunidade
educativa
0,00 €
Actividade plurianual
(3º trimestre: fin de curso)
Música galega en directo
Raps e concerto dun grupo galego
Alumnos EDLG
Ana Música
Laura Vicedirección
Comunidade
educativa
250,00 €
Actividade
Plurianual
(3º trimestre)
Xogos populares e tradicionais
Horacio EF
Alumnos 1º BACH.
Profesorado
voluntario
Comunidade
educativa
0,00 €
Actividade
Plurianual
(3º trimestre)
Intercambios con outro centro de ensino IES Miguel
Ángel González
Estevez de Carril
Dolores Dirección
Alumnos EDLG
Laura Pérez LGeL
Antón EF
Comunidades
educativas dos
centros educativos
implicados
250,00 €
Actividade Plurianual
(Todo o ano)Revista ParaÍso ParaNós
Susana Barcia
Vicedirectora
Alumnos do EDLG
Departamentos
didácticos
Toda a
comunidade e
internet
0,00 €
Actividade plurianual
(Todo o ano)Encontros cos escritores
Editoriais
Laura LGeL
Alumnado de ESO
e Bach.
0,00 €
Actividade
Plurianual
(Todo o ano)
Xestión dos taboleiros
Alumnos do EDLG
Laura Pérez LgeL
Comunidade
educativa
30,00 €
Actividade
Plurianual
(Todo o ano)
Letras Galegas 2012
Alumnos do EDLG
Antón Bravo
Susana Barcia
Vicedirectora
Comunidade
educativa
???
Actividade Plurianual
(Todo o ano)Campañas de animación á lectura
Profesores do
departamento de
LgeL
Profesorado
voluntario
Club de lectura
Comunidade
educativa
0,00 €
43
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
Temporización Actividade Responsable/s e
Departamento/s
Destinatarios Orzamento
Actividade
Plurianual
(Todo o ano)
Colaboración coa asociación cultural e de tempo libre “Tarandeira”
Antón Bravo EDLG
Manolo Recouso de
Tarandeira
Comunidade
educativa
0,00 €
Proxectos novos
(Todo o ano)Materiais de apoio Laura e Bestilleiro
LGeL
Comunidade
educativa
150.00 €
Proxectos novos
(Todo o ano)Contactos con outros EDLG
Alumnos EDLG
Laura Pérez LGeL
Antón EDLG
Comunidades
educativas dos
centros implicados
0,00 €
Actividade
Plurianual
(Todo o ano)
Saídas ao teatro Laura Pérez LGeL
Antón Bravo EDLG
Susana Barcia
Vicedirectora
Comunidade
educativa
150,00 €
Edición de materiais
(Todo o ano)Novidades editoriais
Laura Vicedirección
Alumnos do EDLG
Toda a
comunidade
0,00 €
Edición de materiais
(Todo o ano)Dípticos / Trípticos
Carteis
Alumnos EDLG
Laura Pérez LgeL
Antón EDLG
Toda a
comunidade e a
súa contorna
120.00 €
Edición de materiais
(Todo o ano)Exposicións Laura Vicedirección
Alumnos EDLG
Departamentos
didácticos
Toda a
comunidade e a
súa contorna
0,00 €
Outras actividades
(Todo o ano)Colaboración co PRI de 1º ESO
EDLG
Titores dos grupos de
1º ESO
1º de ESO 0,00 €
TOTAL 2.680,00 €
44
Proxecto de fomento do uso do galego do IES Nº 1 de Ordes 2011/2012
O EDLG do IES Nº 1 de Ordes comprométese a desenvolver as actividades programadas no caso de obter o financiamento suficiente.
Ordes, 23 de febreiro de 2012
O Coordinador do EDLG Vº e Pr. da Sra. Directora
Asdo.: Xosé Antón Bravo Pombo Asdo.:Dolores Iglesias Remuñán
45